Comarca Ortegal

117
ORTEGAL A NATUREZA

Transcript of Comarca Ortegal

Page 1: Comarca Ortegal

ORTEGALA NATUREZA

Page 2: Comarca Ortegal

Vista da costa da comarca desde Loiba: a Pena do Carro ou das tres Marías, Praia de Sarridal ou Ribeira Grande e punta Bandeira. Ao fondo o cabo Ortegal.

A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico.O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.

Page 3: Comarca Ortegal

SUPERFICIE: 391,17 km2 POBOACIÓN: 16.000 habitantesCONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e OrtigueiraESPAZOS PROTEXIDOS: -LICs “Ortigueira Mera”, “Costa Ártabra” e “Estaca de Bares”. -ZEPA e humidal RAMSAR “Ría de Ortigueira e Ladrido” -SITIO DE INTERESE NACIONAL “Estaca de Bares”.

Page 4: Comarca Ortegal

CLIMAAtlántico húmido, con veráns frescos.

Page 5: Comarca Ortegal

ACTIVIDADESAs principais son a pesca e o marisqueo, os servizos, as explotación forestais, a mineiría (lousas) e algunhas industrias relacionadas cos sectores anteriores.

Porto do Barqueiro

Page 6: Comarca Ortegal

PATRIMONIOAcolle un rico patrimonio cultural: o casco antigo de Ortigueira, numerosos pazos e igrexas, muíños de vento, río e marea, xacementos arqueolóxicos, portos antigos e tradicionais, festas e tradicións, entre as que ocupa un lugar destacado o Festival Celta de Ortigueira que se celebra desde o ano 1978.

Muíños de vento e de auga en Bares

Faro da Estaca de Bares

Page 7: Comarca Ortegal

CONCELLOS

SUPERFICIE: 47,90 km2 POBOACIÓN: 4.241 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cariño, Feás, Landoi, A Pedra e Sismundi.

A vila de Cariño desde o mar

CARIÑOEstá situado ao oeste do concello ocupando parte da península do Cabo Ortegal, con costas ao Atlántico, nos cantís da Capelada e ao interior da ría de Ortigueira.O releve é moi irregular. Dominan os montes que caen bruscamente ao mar formando os cantís máis altos da Península. O cume máis alto é o Vixía Herbeira, con 620 m.Ao interior da ría desaugan pequenos ríos de curso curto e moita pendentes que forman pequenos esteiros: o Lourido e o Seixo de Landoi.

Page 8: Comarca Ortegal

Nasas no porto

As principais actividades son a pesca, as industrias relacionadas co mar e os servizos.Ten importantes valores naturais asociados á costa, aos ríos e á serra da Capelada. Unha grande parte do territorio municipal está protexido nos LICs “Costa Ártabra” e “Ortigueira-Mera”.

Penedo no cantil do Cabo Ortegal

Page 9: Comarca Ortegal

SUPERFICIE: 52,68 km2 POBOACIÓN: 1.249 habitantes (2014)PARROQUIAS:A Barqueira, Os Casás e Cerdido

A Vila da Igrexa

CERDIDOSituado no suroeste da comarca. O releve é moi accidentado, nun territorio de transición entre as serras e a costa. A maior parte é unha antiga superficie de erosión de 200 m de altitude media na que destacan pequenas elevación e con profundos vales escavados polos ríos. O cume méis alto é o Alto do Francoi, con 408 m. O río Mera fai de linde co concello de Ortigueira e recibe os regos Silvao, Loureira e Guntín. O río Porto do Cabo atravesa o concello de SL a NO no seu curso alto e medio e recibe o Felgosa, Pontellas e Mestas.

Page 10: Comarca Ortegal

O Castro: área de lecer e miradoiro dentro da croa do castro que se asenta ao pé da Vila da Igrexa.

É un concello eminentemente rural, sen núcleos importantes de poboación. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e pequenas industrias relacionadas coa madeira. A capital municipal é a Vila da Igrexa.Os lugares de interese natural están asociados aos ríos. O curso do río Mera forma parte do LIC “Ortigueira-Mera”.Conserva un importantes patrimonio cultural: pontes, muíños, igrexas, pazos...

Igrexa de San Martiño de Cerdido. Algunhas partes son de estilo gótico-isabelino, do século XVI. Conserva uns interesantes retábulos barrocos.

Page 11: Comarca Ortegal

SUPERFICIE: 82, 16 km2 POBOACIÓN: 1.454 habitantes (2014)PARROQUIAS: Bares, As Grañas do Sor, Mañón, Mogor e As Ribeiras do Sor.

O Barqueiro, na banda oeste da ría do mesmo nome.

MAÑÓNOcupa unha faixa estreita de terreo no leste da comarca desde a punta de Estaca de Bares e a banda oeste da ría do Barqueiro ata os cumes da serra da Faladoira. É o concello máis septentrional de galiza e da Península Ibérica.O territorio é moi irregular e repártese entre unha aliñación de serras con dirección norte-sur (Serra da Meda, Coriscada e Faladoira) e os terreos costeiros e do val do Sor, que fai de linde do concello, da comarca e da provincia polo leste.

Page 12: Comarca Ortegal

Muíño de vento en Mañón, actualmente utilizado como vivenda.

As principais actividades son a pesca, o marisqueo, os servizos e a agrogandaría.É un concello cunha natureza expléndida que conxuga cantís espectaculares, praias acolledoras e vales fluviais con canóns e fervenzas. Está protexido no LIC e Sitio de Interese Nacional “Estaca de Bares”.Conta tamén cun rico patrimonio etnográfico (muíños hidráulicos e de vento, portos pesqueiros con embarcacións tradicionais, casas mariñeiras...) e histórico-artístico (porto de Bares, pontes, igrexas...).

O Porto de Bares está datado na Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. A escolleira está formada por grandes pelouros de seixo sen labrar. Na zona apareceron restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana (Cancela da Coxa de Arcos).

Page 13: Comarca Ortegal

SUPERFICIE: 208,61 km2 POBOACIÓN: 6.136 habitantes (2015). PARROQUIAS: Barbos, Céltigos, Couzadoiro, Cuíña, Devesos, O Ermo, Espasante, Os Freires, ïnsua, Ladrido, Loiba, Luama, Luía, Mera de Abaixo, Mera de Arriba, O Mosteiro, As Neves, Ortigueira, San Claudio, San Salvador de Couzadoiro, Senra e Veiga.

Vista de Ortigueira desde o Malecón.A vila de Ortigueira conserva un interesante casco histórico no que destacan o convento de San Domingos, a igrexa parroquial de Santa Marta e varios pazos e casas tradicionais.

ORTIGUEIRAÉ o concello máis estenso da comarca que ocupa toda a parte central con fronte á ría de Ortigueira (sobre todo á banda leste). O territorio é moi irregular e a costa moi variada con altos cantís, praias, esteiros e enseadas. As serras oriéntanse de norte a sur e separan os vales dos ríos Mera e Baleo. Ao leste unha aliñación formada polas serras da Meda, Coriscada e Faladoira, no linde con Mañón, e ao oeste a Capelada. O cume máis alto do concello é a Cruz da Palloza, con 616 m, na serra da Faladoira.

Page 14: Comarca Ortegal

Praia de Morouzos

As principais actividades son a agrogandaría, a pesca e o marisqueo, a silvicultura, a mineiría (lousas) e industrias relacionadas, sobre todo, coa madeira e a lousa.A costa do concello está protexida no LIC “Ortigueira-Mera” e nas áreas ZEPA e RAMSAR “Ría de Ortigueira-Ladrido”.Acolle un importante patrimonio histórico-artístico: castros, igrexas, mosteiros e pazos. É dedestacar a celebración do Festival Internacional de Música Celta, declarada de Interese Turístico Internacional.

Vista parcial da ría e o territorio de Ortigueira desde o miradoiro do Castelo do Casón, na parroquia da Veiga. Pódese chegara el seguindo unha ruta a pé ou en coche.

Page 15: Comarca Ortegal

RELEVONa comarca de Ortegal distínguense tres unidades de releve. Ao leste unha aliñación de serras que significan o comezo da Dorsal galega, sistema de serras que atravesa Galiza de norte a sur desde Estaca de Bares, na serra de Meda (Facho da Meda, con 331 m), e van gañando altura na Coriscada e na Faladoira, onde se atopa o cume máis alto da comarca, a Cruz da Palloza, con 616 m. No oeste o macizo da Capelada que se estende polos lindes coa comarca de Ferrol e cae ao mar en abruptos cantís. No centro un terreo máis chan, con pequenas elevacións e atravesado polos vales dos ríos.

Vista desde os cumes da Faladoira cara ao Cabo Ortegal. O relevo descende en altura cara á costa.

Page 16: Comarca Ortegal

Cantil do limo, onde as montañas e o mar se funden

Page 17: Comarca Ortegal

Os materiais son moi variados: lousas, granitos, cuarcitas, neis ollo de sapo, rochas básicas e ultrbásicas.

As cuarcita son rochas que resisten a erosión e coroan algúns cumes da serra da Faladoira.

Detalle do gneis “ollo de sapo”.O ollo de sapo é a máis característica das rochas metamórficas galegas. Está formado por cristais de seixo e feldespatos dentro dunha matriz de filitas.

Page 18: Comarca Ortegal

Cultivos forestais de eucaliptos, unha visión común nas paisaxes costeiras do norte

A maior parte dos montes están cubertos por plantacións de eucaliptos e piñeiros. Nos cumes máis altos hai mato de toxos e breixos, pasteiros ou turbeiras. Só nalgúns vales afastados se conservan pequenas manchas de bosques autóctonos.

Page 19: Comarca Ortegal

Toxo

Breixo (Erica cinerea)

Page 20: Comarca Ortegal

Carricanta (Ephiphiger ephiphiger)

Pica dos prados (Anthus pratensis)

Page 21: Comarca Ortegal

SERRA DA FALADOIRAEsténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha polo norte a Depresión das Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura. Os montes máis altos na comarca son a Cruz da Palloza, con 616 m e a Faladoira, con 605 m.

Vista dos cumes achairados do alto da serra da Faladoira

Page 22: Comarca Ortegal

Gando, terreos achairados e vales profundos, características da serra da Faladoira

A Faladoira está formada maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas.As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera, Rola, Valeo e Esteiro da Loiba. Nalguns vales conserva pequenas carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por eucaliptos. Na parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos.Accedese pola estrada de Ortigueira ou Mañón ás Pontes.

Page 23: Comarca Ortegal

Vista sobre a serra de Meda (Bares) e a ría do Barqueiro. Una ruta permite subir ao monte Facho da Meda, de 331 m de altitude, desde o que se contemplan fermosas vistas panorámicas da costa.

SERRA DA CORISCADA Pódese considerar que comeza en Estaca de Bares, aínda que nalgúns mapas aparece o primeiro tramo co nome de serra do Solleiro ou da Meda. Ten orientación norte-sur e fai límite entre os concellos de Mañón e Ortigueira. Polo leste da serra circula o río Sor. O punto máis alto é o monte de Coriscada con 523 m. As rochas dominantes son lousas, cuarcitas, xistos e unha banda do gneis “ollo de sapo”.

Page 24: Comarca Ortegal

Vista dos cumes da serra da Coriscada

A vexetación dominante son as plantacións de eucalipto, pequenas masas de carballos na parte máis alonxada da costa e, nos cumes, matogueira de breixos e toxos.Un grande tramo está ocupado por un parque eólico. Desde os cumes hai unhas boas vistas do cabo Ortegal, a costa de Ortigueira, Bares e a ría do Barqueiro.Accedese desde distintos puntos pola estrada de Mañón ás Pontes ou desde Espasante.

Page 25: Comarca Ortegal

Vista xeral da serra da Capelada desde Espasante

SERRA DA CAPELADAEsténdese ao longo da costa desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, con orientación NE-SO. O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E cara ao leste. A vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís.O cume máis alto é o Vixía Herbeira con 613 m de altura.

Page 26: Comarca Ortegal

Vixía Herbeira, o cume máis alto da Capelada, moi próximo ao mar, sobre o que forma uns dos cantís máis altos de Europa.

Page 27: Comarca Ortegal

Cumes da Capelada. A forza e a constancia do vento nesta serra son aproveitadas para producir enerxía eléctrica.

Page 28: Comarca Ortegal

O Penido

Page 29: Comarca Ortegal

Rochas na Capelada. Segundo os últimos estudos poden ter unha antigüidade de 1.160 millóns de anos.

A Capelada é un punto de interese xeolóxico internacional, polo grande interese dalgunhas das súas rochas, as máis antigas da Península Ibérica, con máis de 1.100 millóns de anos. Unha parte está protexida no LIC “Costa Ártabra”.Accedese desde Cariño.

Page 30: Comarca Ortegal

Os fortes ventos e a composición química dos solos (rochas ultrabásica con alto contido en magnesio, ferro e metais pesados como cromo e níquel) dificulta o desenvolvemento das plantas, polo que esta zona é rica en especies pouco comúns ou únicas, como os endemismos locais Centaurea borjae (en perigo de extinción), Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel mundial que so se coñece en Canarias e no noroeste ibérico).Nos montes hai rebaños de vacas e cabalos en libertade.

Centaurea borjae, un endemismo mundial que so se atopa na serra da Capelada, en perigo de extinción.

Page 31: Comarca Ortegal

Nas partes da serra abrigadas do vento, especialmente cara á ría de Ortigueira, a vexetación dominante son as plantacións de piñeiros e eucaliptos.

Page 32: Comarca Ortegal

OS RÍOS

Muíño e fervenza no río Pontella en Cerdido

O sistema fluvial da comarca está organizado arredor de varias concas, todas orientadas cara ao norte. Dous ríos de maior entidade: o Sor e os seus afluentes pola esquerda, e o Mera; varios ríos de curto percorrido (Esteiro, Cota, Baleo, Maior, Pequeno, Casón e Lourido) que desaugan no Cantábrico, na ría de Ortigueira; e os cursos alto e medio do Porto do Cabo que desemboca na ría de Cedeira, no océano Atlántico.

Nos cursos altos son característicos os vales estreitos e fortes pendentes, do que é unha boa mostra este tramo do río Sor.

Page 33: Comarca Ortegal

Woorwardia radicans, no río Seixo, un fento relicto do Terciario que só se conserva nalgúns ríos do norte de Galiza.

Son ríos de réxime pluvial, con tramos encaixados nos cursos altos, e dunha grande riqueza biolóxica. Na súa contorna consérvanse especies de grande interese, algunhas moi raras ou en perigo de extinción.

Page 34: Comarca Ortegal

Caltha palustris, florece en primavera nas zonas húmidas (brañas, beiras dos ríos)

Anemone nemorosa, florece en primavera nos bosques e prados húmidos

Page 35: Comarca Ortegal

Estalotes (Digitalis purpurea). Unha planta que se pode atopar nas beiras de bosques e camiños que chama a atención polas polas súas inflorescencias de cor rosa púrpura.

Abelás. As abeleiras (Corylus avellana) son frecuentes nas beiras dos ríos da comarca.

Page 36: Comarca Ortegal

Libeliñas copulando

Garza real (Ardea cinerea)

Page 37: Comarca Ortegal

O río Sor encaixado nun estreito val rochoso, entre os concellos de Mañón e O Vicedo

RÍO SORAs súas cabeceiras son o Xantos, que nace no Pico Montouto e o Tras da Serra co Batán e Solloso, que nacen no Alto de San Xoán.Desde o seu nacemento percorre en dirección S-N o linde dos concellos de Mañón con Ourol e O Vicedo e fai de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo. Recolle as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada. Corre bastante rápido e encaixado ata preto da desembocadura onde forma un amplo esteiro na ría do Barqueiro, despois de 49 km.Ten como afluentes pola esquerda o Solloso, Casateite, Seixo, Arganza, Os Castros, San Roque e Barral.

Ribeiras do Sor

Page 38: Comarca Ortegal

Esteiro do Sor, no fondo da ría do Barqueiro

Page 39: Comarca Ortegal

FERVENZA DE AUGA CAÍDA OU A MEXADOIRANa parroquia de Caión, no concello de Mañón.No río do Seixo ou Couce, un afluente do Sor, debaixo da serra da Coriscada. A fervenza principal (Auga Caída ou A Mexadoira) salva un desnivel en granito duns 50 m de altura no río do Seixo e cae no río Sor pola súa marxe esquerda. No río Seixo hai outras fervenzas máis pequenas río arriba que se poden atopar seguindo pola súa beira. O Sor forma un tramo encaixado con rápidos.Accedese desde a estrada de As Pontes a Ortigueira collendo un desvío a Caión (Mañón). Desde alí cóllese un cruce á dereita que indica o miradoiro de auga Caída. Pódese baixar á base da fervenza por un carreiro que hai onde remata a estrada e seguir o río Sor.

Page 40: Comarca Ortegal

RÍO ESTEIRONace no monte Couto Vilariño (serra da Coriscada) e desemboca facendo fronteira entre os concellos de Ortigueira e Mañón.

O río Esteiro chega con dificultade ao mar porque se vai perdendo nas areas da praia de Esteiro en Mañón, pechada entre os cantís da Punta Vilardeira e e Herbosa.

Page 41: Comarca Ortegal

RÍO COTAÉ un pequeno río que nace no monte Couto Vilariño, na serra da Coriscada e desemboca na praia de Espasante (Ortigueira).

Desembocadura do río Cota ou Dola, na praia de Espasante

Page 42: Comarca Ortegal

Frecha do Baleo, sobre a que está a praia de Morouzos

RÍO BALEONace na Serra da Penela (A Faladoira) e percorre o concello de Ortigueira ata desembocar na enseada do Ladrido (ría de Ortigueira). Pola esquerda recibe o Montecalvelo, Roca e Lompao, e pola dereita o Meixón, Castrillón e Reboredo. Na súa desembocadura atópase unha barra que forma a praia de Morouzos, cun importante sistema dunar.O esteiro está protexido dentro do LIC/ZEC “Ortigueira-Mera” e forma parte tamén do espazo “Ría de Ortigueira e Ladrido”, Humidal de importancia internacional (Convenio Ramsar) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

Page 43: Comarca Ortegal

Solpor na enseada do Ladrido, na desembocadura do Baleo

Page 44: Comarca Ortegal

RÍO MAIORNace nas estribacións da Faladoira (Taboada) e desemboca na ría de Ortigueira. Na súa desembocadura consérvanse dous muíños de marea.

O río Maior canalizado preto da desembocadura

Muíño de marea no esteiro do Río Maior

Page 45: Comarca Ortegal

O Mera en Ínsua, entre Ortigueira e As Somozas

RÍO MERANace no monte Caxado e recolle augas dos concellos de As Pontes, Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cun curso tortuoso por vales cada vez máis amplos ata a súa desembocadura na Ría de Ortigueira, despois de 29 km de percorrido. Recibe pola dereita o Pulgueira e pola esquerda o Silvao, Loureira e Guntín.

O Mera está protexido dentro do LIC “Ortigueira-Mera”. O esteiro forma parte tamén do espazo “Ría de Ortigueira e Ladrido”, Humidal de importancia internacional (Convenio Ramsar) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

Page 46: Comarca Ortegal

Área de lecer en Mera

Page 47: Comarca Ortegal

FERVENZAS DO REGO DE LOUREIRONun afluente do Mera, entre Os Casás (Cerdido) e Santa Cruz (Moeche). Na estrada de Neda a Ortigueira, despois de pasar Loureiro, sae unha pista de terra con forte pendente que baixa ao río. Unha vez alí remóntase o curso por un camiño abandoado e chégase aos tres muíños entre os que hai unha serie de rápidos, e por riba do terceiro está a fervenza. Por abaixo dos muíños hai outra fervenza máis pequena.

Page 48: Comarca Ortegal

FERVENZA DO CURUTELONo rego de Guitín, afluente do Mera. Na parrroquia de Santa María de Mera (Ortigueira). Desde Sta María de Mera (Muiños de Pontenoval) séguese o camiño que remonta o río, crúzao, pasa logo por debaixo do viaduto do tren e un pouco máis adiante faise carreiro, crúzase de novo o río por unha pontella de madeira e uns 300 m máis arriba atópase a fervenza.

Page 49: Comarca Ortegal

Esteiro do Mera, coa Capelada ao fondo

Page 50: Comarca Ortegal

Ría de Ortigueira na desembocadura do Mera

Page 51: Comarca Ortegal

POZO DO INFERNONo rego Cerdeiras, unha das cabeceiras do Casón, na parroquia de Santo Adrián de Veiga (Ortigueira). Atópase ao pé dos restos do castelo de Casón.Unha ruta de sendeirismo sube preto do río e permite achegarse en varios puntos. Para localizar as fervenzas hai que baixar ao río seguindo o ruído, por entre o mato. A máis grande está xusto ao pé dunha crista rochosa que baixa desde o castelo. Pódese acceder en coche por unha pista que baixa desde o acceso ao castelo de Casón.

RÍO CASÓN Nace en Concepenido, na serra da Capelada e desemboca na enseda de Mera. No seu curto percorrido salva un grande desnivel con numerosos rápidos e pequenos saltos e fervenzas.

Page 52: Comarca Ortegal

RÍO LOURIDONace na serra da Capelada (Vixía Herbeira) e, despois dun curto percorrido con moita pendente, desemboca na enseada de Caleiro en Cariño, na ría de Ortigueira.

Río Lourido preto da desembocadura

Page 53: Comarca Ortegal

Woodwardia radicans, un fento relicto do Terciario que só se atopa á beira de algúns ríos do norte de Galiza. Culcita macrocarpa, outro fento raro, de gran tamaño, que tén no río do Seixo unha das moi escasas localizacións en Galiza.Outro dos fentos que vive nas beiras do río do Seixo é o Hymenophyllum wilsonii, que ten aquí a única poboación da Península Ibérica.

RÍO SEIXO DE LANDOINace na Serra de Capelada (Cedeira), drena, xunto co Lourido e Casón, o concello de Cariño e desemboca na enseada do Esteiro, da Ría de Ortigueira. O seu afluente principal é o Zarza.É un río de grande valor ecolóxico por acoller nas súas beiras varias especies de fentos en perigo de extinción.O curso alto está protexido no LIC “Costa Ártabra”, e o esteiro no LIC “Ortigueira-Mera”.

Page 54: Comarca Ortegal

Culcita macrocarpa, un fento raro, de grande tamaño, que ten no río do Seixo unha das moi escasas localizacións en Galiza.Outro dos fentos que vive nas beiras do río do Seixo é o Hymenophyllum wilsonii, que ten aquí a única poboación da Península Ibérica.

FERVENZA NO RÍO SEIXO. Accedese pola estrada que sube de Feás a Santo André de Teixido. Atópase na proximidade dunha canteira de Dunita.

Page 55: Comarca Ortegal

FERVENZA DO RÍO MESTASNa parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nome. Unha sucesión de rápidos e pequenas fervenzas en rochas metamórficas. A máis grande ten 2 m de altura. Na estrada de Cedeira a Cerdido, crúzase o río e hai un camiño á esquerda que vai á fervenza (debaixo da ponte).

RÍO DAS MESTASNace en Penela (Montoxo-Cedeira) , percorre os límites entre Cedeira e Cerdido e desemboca na enseada de Esteiro (Ría de Cedeira). Na comarca fai de linde durante un pequeno tramo e recibe ao Porto do Cabo cos sus afluentes Felgosa e Pontellas.A cunca do río das mestas está separada da do Mera polo monte Francoi.

Page 56: Comarca Ortegal

FERVENZA DE CARBALLEIRONa parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nome. O río Pontellas, afluente do Río Porto do Cabo (que á súa vez desemboca no río das Mestas) forma unha fervenza cun amplo fronte en rochas metamórficas de aproximadamente 10 m de altura. Ao seu carón hai un muíño.Na estrada de Cedeira a Cerdido. Despois de pasar a ponte do río hai un camiño á dereita Despois duns 50 m baixa outro camiño á dereita que vai ata a fervenza e un muíño.

FERVENZA DO FORTENa parroquia de Cerdido, no concello do mesmo nomeO río Pombeiro ou Porto do Cabo, xusto antes de xuntarse co Pontellas, ten un pequeno tramo encaixado con rápidos, fervenzas e covas en rochas metamórficas, Accedese desde a fervenza do carballeiro por un camiño que vai á minicentral, río arriba.

Page 57: Comarca Ortegal

A COSTA

Vista da costa desde Pena Furada, cos cantís de Picón e a Estaca de Bares.

A costa da comarca de Ortegal é o tramo comprendido entre a desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro e a Vixía Herbeira, pasado o Cabo Ortegal. Forma parte de dúas unidades diferentes, o Arco Cantábrico e o Arco Ártabro.

Page 58: Comarca Ortegal

É unha costa moi diversa morfoloxicamente e con gran variedade de rochas.

Anfibolitas na Capelada Serpentinas na Capelada

Page 59: Comarca Ortegal

Rochas pregadas no Cabo Ortegal

Page 60: Comarca Ortegal

Punta Herbosa

A sucesión de cantís e areais máis ou menos expostos da lugar a hábitats variados cunha rica biodiversidade de flora e fauna mariña e terrestre.

Page 61: Comarca Ortegal

A vexetación dominante nas áreas rochosas costeiras é o monte baixo (toxos, xestas e queirugas). Nos cantís hai aceda (Rumex acetosa subsp. biformis), herba namoradeira (Armeria pubigera), catalinas (Silene scabriflora subsp. gallaecia), pudia xesta (Cytisus commutatus subsp. merinoi), Linaria Polygalifolia subsp. aguillonensis, (que so se atopa na costa da Coruña do cabo Vilán a Estaca de Bares), Inula Crithmoides...

Page 62: Comarca Ortegal

Colexas (Silene uniflora subsp. uniflora), especie típica de areais e rochedos marítimos.Inula crithmoides, planta de follas carnosas que

medra en marismas e cantís.

Page 63: Comarca Ortegal

Nas marismas hai sebas, herba coral, herba das anduriñas, Spartina maritima, Suaeda maritima, Triglochin maritima, Glaux maritima, Pucinellia maritima, chantaxe de mar, acelga salgada, estrela das xunqueiras, verdoaga mariña, buño, santolina de auga, xuncos, esparganio e nas beiras pudia xesta (Cytisus commutatus subsp merinoi)

Chantaxe mariña (Plantago maritima)

Herba coral (Sarcocornia perennis)

Page 64: Comarca Ortegal

Nas dunas destacan: Limonium binervosum, feo, amores pequenos, melga de mar, Ononis diffusa subsp. intermedia, correola de praia, alhelís, paxariños amarelos, espigadilla do mar e as orquídeas abelleira (Ophrys apifera) e neotia (Spiranthes aestivalis).

Alhelí (Malcomia littorea)Rabo de lebre (Lagurus ovatus), unha gramínea típica das dunas fixadas.

Page 65: Comarca Ortegal

Os mascatos (Sula bassana) son aves mariñas oceánicas que non se achegan á costa pero é posible observalas con prismáticos mergullándose para pescarGarzota (Egretta garzetta),

unha especie asídua dos esteiros

Page 66: Comarca Ortegal

Vista panorámica da ría de Ortigueira, desde Cariño ata a Estaca de Bares.

O ARCO CANTÁBRICO, chamado tamén Rías Altas, abrangue o tramo de costa orientado ao norte, desde Ribadeo ata o Cabo Ortegal, á beira do mar Cantábrico. É unha zona moi exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con rías e pequenos esteiros. As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de profundidade) e forma de funil. Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo. Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas de area e lama, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fora. Nesta comarca atópanse as de O Barqueiro e Ortigueira.

Page 67: Comarca Ortegal

Ría do Barqueiro desde a ponte sobre o Sor, río que separa as provincias de Lugo (O Vicedo) e A Coruña (Mañón). Á dereita atópase a praia de Arealonga e enfronte a vila mariñeira de O Barqueiro

RÍA DO BARQUEIROÁbrese entre as puntas do Embarcadoiro e Bares. Ten dous tramos ben definidos, o esteiro do Sor, máis pechado e pouco influído polo mar (agás as mareas), con abondantes sedimentos que quedan ao descuberto ao debalar o mar, e a parte que vai desde o porto de Barqueiro, ata a boca da ría, máis aberta e profunda. É unha ría de beiras escarpadas, con cantís, máis altos entre Vicedo e Punta Cabeiro (na parte oriental) e nas puntas Almeiro e do Santo. As rochas dominantes son granitos resistentes, con abundante seixo, e, no esteiro aparecen tamén cuarcitas, lousas e gneises. Na banda oriental da ría aparecen algúnhas bandas de ollo de sapo.

Page 68: Comarca Ortegal

Praia de Bares

Page 69: Comarca Ortegal

Coído do porto de Bares, formado por grandes penedos graníticos. Ao fondo vese a illa Coelleira (O Vicedo). O Porto de Bares data da Idade do Bronce (século VII a. C.) e posiblemente sexa de orixe fenicia. Na zona apareceron tamén restos de ánforas, moedas de Caracalla e unha necrópole romana.

Page 70: Comarca Ortegal

ESTACA DE BARESA Estaca de Bares é o punto máis ao Norte de galiza e da Península Ibérica. Está formada maioritariamente por rochas graníticas (extremo Norte da Serra da Faladoira) que forman cantís de ata 200 m de altura e varios illotes. A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias como as de Esteiro, Sarridal e Picón.

Faro e punta de Estaca de Bares. A erosión nos granitos orixinou unha paisaxe de bolos. Na zona aparece tamén unha parte do dominio do gneis glandular Ollo de Sapo.

Page 71: Comarca Ortegal

Cantís entre Estaca de Bares e punta Maeda iluminados co solpor

Page 72: Comarca Ortegal

Punta Estaca de Bares

Page 73: Comarca Ortegal

A erosión orixinou unha paisaxe granítica de bolos. Na zona aparece unha parte do dominio do gneis glandular Ollo de Sapo e formacións de gabros.Estaca de Bares é unha zona de gran interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e etnográfico.

Forma típica de erosión dos granitos de Bares. Prodúcese en granitos que sufriron unha forte descompresión no momento da súa formación, o que ocasionou a formación de diferentes capas.

Page 74: Comarca Ortegal

Coído de Bares

Page 75: Comarca Ortegal

Vista parcial da Ría de Ortigueira desde a costa de Espasante

RÍA DE ORTIGUEIRAÉ a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi sinuosa e recortada, con numeros entrantes, zonas pouco fondas e lamacentas nos esteiros dos ríos Lourido, Casón e Landoi que caen da Serra da Capelada e Mera, Maior, Baleo, Ladrido e Cota procedentes das serras septentrionais da Dorsal Galega.A parte leste está ocupada por marismas e a oeste por praias e cantís rochosos. Coa marea baixa queda ao descuberto unha ampla chaira intermareal.

Page 76: Comarca Ortegal

Detalle das lousas puídas polo mar. Praia de Esteiro.

A nivel xeolóxico é unha zona moi complexa onde converxen distintas formacións: a parte central e oriental comprende o dominio Ollo de Sapo, no sur hai unha faixa de xistos, e a zona Oeste está ocupada polas rochas ultrabásicas da Capelada.

Xistos en Espasante

Page 77: Comarca Ortegal

Vista da Ría de Ortigueira desde o Castelo do Casón

A ría de Ortigueira é unha importante área de pesca de baixura e marisqueo. Ten un especial interese ecolóxico polas marismas que acollen a numerosas especies de aves acuáticas, sobre todo nos pasos de primavera e outono. Está declarada HUMIDAL DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL (Convenio Ramsar) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Está incluída, ademais, no LIC Ortigueira-Mera.

Page 78: Comarca Ortegal

Punta Herbosa

Page 79: Comarca Ortegal

Praia de Esteiro, entre as puntas Vilardeira e Herbosa

Page 80: Comarca Ortegal

O río Esteiro forma na desembocadura unha pequena marisma pechada cunha barra de area na que hai dunas

Page 81: Comarca Ortegal
Page 82: Comarca Ortegal

Vista desde os Cantís de Picón (Loiba) ata a Estaca de Bares. No primeiro plano a praia do Castro e Pena Furada. A continuación a punta do Rodicio, máis alá a punta Maeda, e ao fondo Estaca de Bares.

Page 83: Comarca Ortegal

Os Aguillóns dos Castros nos cantís de Loiba

Page 84: Comarca Ortegal

Pena Furada nos cantís de Loiba

Page 85: Comarca Ortegal

Recollendo algas na costa do Carro

Page 86: Comarca Ortegal

Praia do Sarrigal, Punta Bandeixa e Pena das Tres Marías, desde a Ribeira do Carro. Ao fondo Cabo Ortegal, pechando a Ría de Ortigueira.

Page 87: Comarca Ortegal

Pena das Tres Marías, chamada tamén Pena Furada e Pena do Carro

Page 88: Comarca Ortegal

Desde o monte de San Antón abránguese toda a enseada de San Antón ata a punta Bandexa, coas praias de San Antón, Eirón e Mazorgán. Na praia de San Antón consérvanse interesantes restos xeolóxicos; lavas almofadadas, pregues...

Page 89: Comarca Ortegal

Praia e porto de Espasante. A praia coñécese tamén cos nomes de A Cuncha e Santa Eulalia e mide algo máis de 1 km de lonxitude.

Page 90: Comarca Ortegal

Rochas na praia de Espasante. Nesta praia atópanse formacións rochosas de grande interese: basaltos, lavas almofadadas procedentes de erupcións submariñas do Paleozoico e xistos con pregamentos.

Page 91: Comarca Ortegal

Esteiro do Baleo

Page 92: Comarca Ortegal

Praia de Morouzos, formada por unha barra de area que pecha parcialmente o esteiro do río Baleo (Ría do Ladrido). Mide 850 m e ten un sistema dunar moi amplo. Na illa de San Vicente houbo un convento de franciscanos que foi abandoado no século XVI.

Page 93: Comarca Ortegal

Muíño de marea en Ortigueira. Atópase no esteiro do Río Maior. Máis adentro hai outro muíño.

Page 94: Comarca Ortegal

Vista parcial da ría de Ortigueira co esteiro do Baleo e a illa de San Vicente. No primeiro plano, á dereita o monte Masanteiro, en Cariño.

Page 95: Comarca Ortegal

A Ría de Ortigueira desde a Capelada. No primeiro plano o porto de Cariño e ao fondo a Estaca de Bares.

Page 96: Comarca Ortegal

Un dos illotes do Cabo Ortegal

Page 97: Comarca Ortegal

Cabo Ortegal, límite oeste da Ría de Ortigueira

Page 98: Comarca Ortegal

Solpor no cabo Ortegal

O ARCO ÁRTABRO comeza no Cabo Ortegal e remata na península de Caión, en Arteixo. O primeiro tramo (costa e cantís da Capelada) é abrupto e de pendentes case verticais con dominio das rochas metamórficas básicas cun alto contido de minerais de ferro e magnesio (anfibolitas, serpentinitas...).

Page 99: Comarca Ortegal

Cabo Ortegal e Punta dos Aguillóns. Forma escarpes verticais de máis de 100 m de altura e prolóngase nun conxunto de illas.

Page 100: Comarca Ortegal

Cabo Ortegal e faro desde o mar

Page 101: Comarca Ortegal

Os Aguillóns de Cabo Ortegal (Cabalo Xoán, Os Tres Irmáns, Ínsua Maior, Rodicio e A Lonxa)

Page 102: Comarca Ortegal

Os Aguillóns de Cabo Ortegal

Page 103: Comarca Ortegal

Vista dos cantís do Limo desde o Cabo Ortegal

Desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardilosa, na entrada da ría de Cedeira esténdese unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento cara ao leste: a vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís. A zona forma parte do LIC “Costa Ártabra”.

Page 104: Comarca Ortegal

Un illote na costa de Ortegal

Page 105: Comarca Ortegal

Cantís do Limo

Page 106: Comarca Ortegal

Cantís do Limo

Page 107: Comarca Ortegal

Cantís de Vixía Herbeira (con 613 m de altura), os máis altos de Galiza, e uns dos máis altos de Europa.

Page 108: Comarca Ortegal

ÁRBORES

Bosque de abelairas na Capelada, a carón do río Seixo

A árbore dominante na comarca é o eucalipto, que ocupa grandes superficies en todos os montes das zonas costeiras. Nalgunhas áreas hai tamén repoboacións de piñeiros.Só nalgúns lugares afastados, nos vales e zonas altas das montañas se conservan algunhas manchas de bosque atlántico formado por carballos acompañados de bidueiros, castiñeiros, avelairas, estripos... Nalgúns parques e pazos consérvanse exemplares monumentais de especies ornamentais. Destaca a plantación de camelias do Pazo de Torre de Lama, en Mañón con máis de catrocentas varidedades.En moitas zonas cultívanse mazáns para a elaboración de sidra sobre todo en Ortigueira, nas parroquias de Mera, San Claudio e Santo Adrián de Veiga.

Eucaliptos en Bares

Page 109: Comarca Ortegal

Fraga atlántica residual na serra da Faladoira

Page 110: Comarca Ortegal

Eucalito de Lagarea, na entrada de Ortigueira

Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa). Xardín do Malecón. (Ortigueira-A Coruña). Impresionante paseo de alciprestes formado por 15 exemplares. Os máis antigos foron plantados a finais do século XIX, miden máis de 22 m de altura e 7 e 6 m de perímetro troncal.

Page 111: Comarca Ortegal

ESPAZOS PROTEXIDOS

O maior interese da Estaca de Bares reside nas aves. É un punto privilexiado para observar as migracións, en marzo en desprazamento cara ao norte e en setembro cara ao sur.

LIC ESTACA DE BARESEspazo costeiro de 926 ha que abrangue a zona comprendida entre a Punta da Bandeixa en Celtigos e a Punta Almeiro en Bares, nos concellos de Ortigueira e Mañón.A maioría da costa é rochosa con altos cantís entre os que se atopan algunhas praias.

Observatorio ornitolóxico de Bares, construído en 1988. Bares é punto de encontro de Grupos Ornitolóxicos e Naturalistas de moitos países para observar os pasos migratorios das aves. Segundo algúns observadores pasan cada ano máis de 80.000 desde mediados de agosto ata finais de outubro, parrulos pentumeiros, corvos mariños, gaivotas (de varias especies), palleiras ou merdeiros, pardelas, falaropos...

Page 112: Comarca Ortegal

SIN ESTACA DE BARESUn espazo de 0,9 ha foi declarado en 1933 como SITIO NATURAL DE INTERESE NACIONAL

Page 113: Comarca Ortegal

LIC ORTIGUEIRA-MERAInclúe a parte interior da ría de Ortigueira, desde a punta de Sartán á punta do Tallo, o curso do río Mera ata Soutochao e o rego de Soutochao (cos seus afluentes Pradovello e Canteira), e áreas de bosque das súas beiras. 3.795 ha, na comarca, nos concellos de Cariño, Cerdido e Ortigueira.

Page 114: Comarca Ortegal

Podemos ver gran variedade e cantidade de especies: cullereiro, gabita, garza, garzota, avoceta, pilro groso, pilro bulebule, pilro curlibico, mazarico rabipinto, mazarico rabinegro, mazarico curlí, píllara real, píllara papuda, píllara cincenta, píllara dourada grande, píllara riscada, avefría, liorteiro, becacina cabra, bilurico común, bilurico craro, bilurico alinegro, bilurico bailón, pato asubión, pato cullerete, pato cincento, cerceta real, alavanco real, pato rabilongo, parrulo pentumeiro común, mobella grande, ganso cabecinegro, águia peixeira, cisne real, gaivota chorona, gaivota patiamarela, carrán cristado, corvo mariño cristado...

HUMIDAL DE IMPORTANCIA INTERNACIONAL (CONVENIO RAMSAR) ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES (ZEPA) RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDOA Ría de Ortigueira é un dos enclaves galegos de maior interese para as aves acuáticas, tanto sedentarias como invernantes.

Mazarico rabinegro (Limosa limosa)

Page 115: Comarca Ortegal

Leucanthemum x corunnense. É un endemismo da provincia da Coruña.Na costa Ártabra atópanse especies pouco comúns entre as que destacan os endemismos locais: Centaurea borjae (en perigo de extinción), Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum corunnese, Dryopteris guanchica (unha especie de fento ameazada a nivel mundial que so se coñece en Canarias e no noroeste ibérico).

LIC COSTA ÁRTABRAAbrangue 7.659 ha desde o cabo Ortegal ata a Enseada de Areosa, en Ares. Na comarca a costa exterior do concello de Cariño formada por elevados cantís e parte da serra da Capelada, incluíndo parte do curso do río Seixo de Landoi. Podemos atopar ecosistemas diversos: cantis rochosos, turbeiras, vales fluviais, bosques de piñeiros de repoboación e algúnhas manchas pequenas de bosques autóctonos con carballos, aveleiras, estripos, amieiras, salgueiros e acivros. Nos cantis máis inacesibles habitan colonias de aves mariñas. A mediados do século XX criaban no cabo Ortegal máis de 6.000 parellas de araos ibéricos. Actualmente non queda ningún. Nos montes hai rebaños de vacas e cabalos en libertade.

Page 116: Comarca Ortegal

As anfibolitas están constituídas por anfíboles, plaxioclasa con minerais accesorios como ilmenita, granates, e epidota.

A Capelada está considerada un PUNTO DE INTERESE XEOLÓXICO INTERNACIONAL Un dos maiores intereses da Capelada reside nas súas rochas, porque alí aparecen formacións metamórficas restos da antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica.

As ecloxitas orixináronse na codia interior e no manto interior a elevadas temperaturas. Están formadas por piroxenos verdes e granates vermellos.

Page 117: Comarca Ortegal

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi Leiro marzo 2017