Cidade s Medievai Sm on Paz i Er

3
AS CIDADES MEDIEVAIS As cidades durante a Idade Media sufriron un proceso de transformación importante. Así os antigos núcleos urbanos abandonados tras as invasións bárbaras, van recuperando progresivamente os seus habitantes ao longo dos séculos XII-XIV. As cidades convértense agora en dinámicos centros económicos, grazas á chegada de numerosos artesáns, comerciantes e campesiños, que abandonan as súas terras animados polas maiores oportunidades de traballo que había neles. Aparece así un novo grupo social coñecido como burguesía (pequenos artesáns, mercadores e comerciais, que van aumentar as súas riquezas grazas ao desenvolvemento do comercio, principalmente marítimo). Son eles os que viven nas novas cidades que foron xurdindo por toda Europa como París ou Londres. Estas cidades medievais eran moi variadas pero atopamos elementos comúns que as definen: Todas elas protexíanse con murallas de pedra. No seu interior, as vivendas apiñábanse en rúas sucias, estreitas e mal ventiladas. As casas eran altas e de fachadas estreitas. Hai barrios gremiais onde os artesáns se agrupaban segundo oficios: ferreiros, carpinteiros, etc. Ademais existen barrios estramuros é dicir, fóra da muralla, creados cando a cidade se desbordaba coa chegada masiva de poboación. O centro da cidade adoita estar presidido polo concello, núcleo do poder civil; e a catedral, núcleo do poder relixioso. Existen diferentes planos urbanos, plano ortogonal ou en cuadrícula, plano radiocéntrico e plano irregular. Ímonos a centrar nos planos regulares. PLANO REGULAR Ambos son planos que permiten unha organización racional da cidade. A diferenza entre eles, salta á vista, o plano radioconcéntrico ou circular caracterízase por ter avenidas circunvalantes e rúas radioconcéntricas (dende o centro á periferia ou á inversa). Pola contra o plano rectangular caracterízase pola existencia de rúas rectilíneas, que se cruzan perpendicularmente. PLANO RECTANGULAR Coñecido tamén co nome de plano hipodámico. O apelativo hipodámico provén do nome do arquitecto grego Hipodamo de Mileto (en grego: Hippodamos), considerado un dos pais do urbanismo, cuxos plans de organización se caracterizaban por un deseño de rúas rectilíneas e longas que se cruzaban en ángulo recto. Este tipo de plano caracterízase pola construción dunha retícula (forma de rede) marcada pola existencia de rúas rectilíneas e longas que se cruzan perpendicularmente en ángulo recto, formando mazás rectangulares ou cadradas. Aínda que favorece a circulación respecto doutro tipo de planos como o irregular, presenta inconvenientes, ao dificultar o acceso rápido ao centro desde a periferia, o que fomenta a

Transcript of Cidade s Medievai Sm on Paz i Er

AS CIDADES MEDIEVAIS

As cidades durante a Idade Media sufriron un proceso de transformación importante. Así os

antigos núcleos urbanos abandonados tras as invasións bárbaras, van recuperando

progresivamente os seus habitantes ao longo dos séculos XII-XIV.

As cidades convértense agora en dinámicos centros económicos, grazas á chegada de

numerosos artesáns, comerciantes e campesiños, que abandonan as súas terras animados

polas maiores oportunidades de traballo que había neles. Aparece así un novo grupo social

coñecido como burguesía (pequenos artesáns, mercadores e comerciais, que van aumentar

as súas riquezas grazas ao desenvolvemento do comercio, principalmente marítimo).

Son eles os que viven nas novas cidades que foron xurdindo por toda Europa como París

ou Londres.

Estas cidades medievais eran moi variadas pero atopamos elementos comúns que as

definen:

● Todas elas protexíanse con murallas de pedra.

● No seu interior, as vivendas apiñábanse en rúas sucias, estreitas e mal ventiladas.

As casas eran altas e de fachadas estreitas. Hai barrios gremiais onde os artesáns

se agrupaban segundo oficios: ferreiros, carpinteiros, etc. Ademais existen barrios

estramuros é dicir, fóra da muralla, creados cando a cidade se desbordaba coa

chegada masiva de poboación.

● O centro da cidade adoita estar presidido polo concello, núcleo do poder civil; e a

catedral, núcleo do poder relixioso.

Existen diferentes planos urbanos, plano ortogonal ou en cuadrícula, plano radiocéntrico e

plano irregular. Ímonos a centrar nos planos regulares.

PLANO REGULAR

Ambos son planos que permiten unha organización racional da cidade.

A diferenza entre eles, salta á vista, o plano radioconcéntrico ou circular caracterízase por

ter avenidas circunvalantes e rúas radioconcéntricas (dende o centro á periferia ou á

inversa). Pola contra o plano rectangular caracterízase pola existencia de rúas rectilíneas,

que se cruzan perpendicularmente.

PLANO RECTANGULAR

Coñecido tamén co nome de plano hipodámico. O apelativo hipodámico provén do nome do

arquitecto grego Hipodamo de Mileto (en grego: Hippodamos), considerado un dos pais do

urbanismo, cuxos plans de organización se caracterizaban por un deseño de rúas

rectilíneas e longas que se cruzaban en ángulo recto.

Este tipo de plano caracterízase pola construción dunha retícula (forma de rede) marcada

pola existencia de rúas rectilíneas e longas que se cruzan perpendicularmente en ángulo

recto, formando mazás rectangulares ou cadradas.

Aínda que favorece a circulación respecto doutro tipo de planos como o irregular, presenta

inconvenientes, ao dificultar o acceso rápido ao centro desde a periferia, o que fomenta a

conxestión do tráfico nas horas puntas. Coa intención de mitigar esta desvantaxe, a

regularidade deste tipo de plano rompe con rúas diagonais. Outro inconveniente é a escasa

visibilidade que hai nas cruces das rúas e avenidas, o que se palía, en ocasións, recortando

as esquinas.

O seu maior uso e proxección prodúcese na época clásica, nas sociedades grecolatinas.

As cidades medievais carecían de planificación e crecían de forma desordenada e irregular

ao redor de camiños ou lugares de especial relevancia, adaptándose ao terreo, situadas con

frecuencia e por razóns defensivas en zonas de difícil topografía.

Con todo, algunhas cidades da época desenvolvéronse sobre as antigas urbes romanas e

mantiveron o seu plano ortogonal, o trazado das rúas e a disposición das vivendas, que

podemos ver nas cidades italianas Florencia ou Turín.

Este tipo de plano aplicouse tamén durante a Idade Media na creación de cidades novas,

como no caso dalgunhas das bastidas do sur de Francia, como Monpazier ou Sainte Foy A

Grande.

O plano ortogonal veríase relanzado en séculos posteriores coa aplicación dos principios do

urbanismo renacentista, baseado nun concepto de cidade máis funcional e racional,

fundado sobre a planificación e a xeometría.

O plano ortogonal ou de cuadrícula está na base do crecemento urbano presente, moitos

dos barrios actuais das grandes cidades realízanse sobre esta base. Foi tamén, durante o

século XX, o predominante na construción de cidades de nova creación, falamos de

Islamabad e Chandigarh en Asia, ou daquelas novas urbes que se fundaron na antiga Unión

Soviética, ligadas ao acelerado proceso de industrialización do país.

MONPAZIER

É unha pequena localidade do sur de Francia, situada en Aquitania, no departamento de

Dordoña, cuxa poboación apenas supera os 500 habitantes.

As súas orixes remóntanse ao século XIII.

As cidades de nova planta que se fundaron por diversos motivos e que respondían a unha

planificación. Un exemplo eran as bastidas, como o caso de Monpazier, desenvolvidas

sobre todo no suroeste francés na segunda metade do século XIII e primeiras décadas do

século XIV, coa intención de delimitar os dominios do reino de Francia e o de Inglaterra nas

terras de Aquitania. Son pequenos núcleos rurais en torno a grandes cidades pensados

para maximizar a explotación agrícola dun territorio. Xurdían favorecidas polos señores, que

cedían as terras, para asentar a poboación que explotase os recursos agrícolas e

desenvolvese o comercio.

A súa estrutura era en forma reticular, en forma de rede, aínda que moitas veces non tiñan

forma regular, porque se adoitaban adaptar ao terreo. No caso de Monpazier, o seu carácter

ortogonal e regular é moi evidente, ten unha forma xeométrica claramente rectangular. As

rúas van dun lado ao outro paralelas aos lados máis longos, catro cales transversais

crúzanas, partindo así a cidade en compartimentos rectangulares.

Estaba rodeada dunha muralla e tiña como centro a igrexa e a praza do mercado. No

centro, a praza das Cornières está rodeada por casas edificadas entre a Idade Media e o

século XVII, cuxas plantas baixas forman soportais. Todas as vivendas de Monpazier

presentaban na súa orixe a particularidade de ser de tamaño idéntico e separadas as unhas

das outras por estreitos intervalos para que non se propagasen os incendios.

A igrexa que se atopaba na praza, estaba construída no século XIII e arranxada varias

veces, esta igrexa presenta unha nave única, abovedada con ojivas e prolongada por un

abside poligonal. Situada detrás da igrexa, hai unha casa antiga de 3 pisos (século XIII) que

servía de granxa para os diezmos, onde se requisaban e almacenaban as colleitas para o

imposto.