CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARESgaiteirosgalegos.gal/xoops/uploads/concursomoxenas2.pdf ·...

5

Transcript of CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARESgaiteirosgalegos.gal/xoops/uploads/concursomoxenas2.pdf ·...

Page 1: CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARESgaiteirosgalegos.gal/xoops/uploads/concursomoxenas2.pdf · 2015. 5. 27. · ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Page 2: CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARESgaiteirosgalegos.gal/xoops/uploads/concursomoxenas2.pdf · 2015. 5. 27. · ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valladares

CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES ESTRADA XERAL DE VALADARES Nº 233 36.315 - VIGO TELF.: 986 467053 FAX: 986 467052 http://www.ctv.es/USERS/cvallada Correo-e: [email protected] CIF:G-36805158

BASES DO CONCURSO DE GAITAS NAZARIO GONZALEZ "MOXENAS" 1. Este será un Concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar todos os Gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado de cuartetos tradicionais. Celebrarase o 26 de xaneiro de 2008 2. As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse , ben en persoa, ben por correo postal, electrónico ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valladares que aparece na ficha de inscrición, antes do 14 de xaneiro 2008 Cada cuarteto proporcionará as partituras das pezas a interpretar, o currículum e a certificación da conta bancaria. A orde de participación será inversa á orde de inscrición. 3. O número de cuartetos participantes limitarase a 15 por estrita orde de inscrición. No caso de superaren o devandito número, terase en conta a orde de entrada ; e só se considerarán inscritos no concurso os 15 primeiros. 4. Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril; non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional galego. 5. Todos os instrumentos han ser de formato e feitura tradicional. quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais. 6. Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo. 7. Os Concursantes farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor, non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizados cun punto de penalización por cada 10 segundos de exceso así como o non achegárense ao tempo estabelecido por cada dez segundos por debaixo dos 4’30” minutos. 8. O veredito do Xurado cos Gaiteiros que se clasifican para a Fase Final darase a coñecer ao remate da fase eliminatoria. 9. Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha Peza obrigada “O San Campio é noso” de Nazario Gonzalez “Moxenas” (esta melodía foi adicada polo autor á nosa parroquia, de aí, aínda que sinxela, o seu simbolismo neste evento), e coa suma destes dous apartados tomarase a decisión final do Concurso. 10. Os Participantes inscritos que non leven premio recibirán en concepto de axuda ou gastos de desprazamento a cantidade de 100 euros. 11. Para recolleren o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos 3 primeiros postos, debendo vestiren o traxe tradicional completo. 12. O Xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio dentro da música tradicional Galega, e seguirase o sistema de puntuación eliminatorio, contabilizándose así as tres puntuacións medias, anulando a puntuación máis alta e a máis baixa. 13. A decisión do Xurado será inapelábel. 14. Calquera dos premios pode ficar deserto se o xurado así o estimar. 15. A mera inscrición supón a total aceptación das bases. 16. O xurado terá a potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida. PREMIOS — 1º Premio 800 euros — 2º Premio 600 euros — 3º Premio 400 euros

Page 3: CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARESgaiteirosgalegos.gal/xoops/uploads/concursomoxenas2.pdf · 2015. 5. 27. · ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valladares

FICHA DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE GAITAS NAZARIO GONZÁLEZ “MOXENAS” Nº DE INSCRICIÓN______ DATOS DO GRUPO

Nome do Grupo ___________________________________________________ Enderezo __________________________________________________________ C.P. ______________ Localidade_____________________________________ Teléfono de contacto ____________________ Compoñentes: Gaiteiro____________________________________________________________ Gaiteiro____________________________________________________________ Bombeiro __________________________________________________________ Tamborileiro________________________________________________________ DATOS DO REPRESENTANTE Nome........................................................1º Apelido..................................... 2º Apelido.................................................D.N.I ............................................ Enderezo........................................................................................................ C.P.........................Localidade........................................................................ Teléfono....................................Correo electrónico......................................... NOME/S DA/S PEZA/S DA FASE ELIMINATORIA Título............................................................................................................. Autor.............................................................................................................. Título.............................................................................................................. Autor.............................................................................................................. Título.............................................................................................................. Autor.............................................................................................................. Título.............................................................................................................. Autor............................................................................................................... En......................................................a..........de................... de....... Atentamente: (Sinatura do representante)

Asdo. D./Dna. .....................................................

Page 4: CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARESgaiteirosgalegos.gal/xoops/uploads/concursomoxenas2.pdf · 2015. 5. 27. · ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valladares

PARTITURA DA PEZA OBRIGATORIA

Page 5: CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARESgaiteirosgalegos.gal/xoops/uploads/concursomoxenas2.pdf · 2015. 5. 27. · ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valladares