Campaña avaliación

8
Estudo sobre a realidade actual que se vive nos centros educativos na nosa comunidade autónoma.

Transcript of Campaña avaliación

Page 1: Campaña avaliación

Estudo sobre a realidade actual que se vive nos centros educativos na nosa

comunidade autónoma.

Page 2: Campaña avaliación

Dende a Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (Anedia) estamos poñendo en marcha unha campaña para identificar cal é a realidade existente, isto é cales son as medidas que os centros educativos da nosa comunidade autónoma teñen deseñadas para atender as necesidades dos nosos nenos e nenas con diabete durante a súa estancia no centro escolar.

Page 3: Campaña avaliación

A nosa campaña consiste pois en enviar unha solicitude aos centros de ensino solicitándolles información ou copia do protocolo de actuación que teñen deseñado para dar resposta ás necesidades cotiás dos nenos e nenas con diabete así como as posibles complicacións que poidan xurdir como consecuencia da diabete durante o período de permanencia dos nenos e nenas no centro educativo.

Page 4: Campaña avaliación

Sabemos que os centros que entre o seu alumnado teñen algún neno ou nena con diabete están facendo importantes esforzos para poder dar unha resposta axeitada ás necesidades que se lles presentan e que colaboran coas familias; pero tamén sabemos que se todos traballamos xuntos e chegamos a conseguir a elaboración dun protocolo de actuación no ensino, o traballo de todos será máis sinxelo, e familias e centros educativos sentiranse máis seguros e tranquilos á hora de convivir coa diabete e de dar resposta ás necesidades cotiás destes nenos e nenas.

Page 5: Campaña avaliación

A continuación podedes ver o modelo de carta que a nai, pai ou titor/a legal do neno ou nena debería asinar para autorizar a Anedia a realizar a solicitude de información no centro educativo e máis a solicitude formal de Anedia para poder traballar con eses datos.

Page 6: Campaña avaliación
Page 7: Campaña avaliación
Page 8: Campaña avaliación

Se algún de vós ten interese en participar desta iniciativa no dubidedes en pórvos en contacto connosco por calquera un dos medios que a continuación vos referimos.

Xa que cantos máis sexamos mellor, pois a unión fai a forza.

ANEDIA Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de

Galicia Tlf. 629809086/687760635 http://anedia.blogaliza.org/ [email protected]