Caderno de Santiago

22
Departamento de Xeografía e Historia -1-

description

Caderno de campo para a visita dos meus alumnos de historia a Compostela

Transcript of Caderno de Santiago

Page 1: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia

-1-

Page 2: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia

-2-

S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A

No ano 813 un ermitán ve preto dun castro unhas lucesenriba dunhas silvas, abraiado ante o prodixiocomunícalle ó bispo de Iria, Teodomiro, que levado olugar atopa un sartego que identifica como o do ApóstoloSantiago.A nova de que o corpo do Apóstolo Santiago xacía enGalicia propágase cunha grande rapidez por tódo omundo cristián e moi axiña Compostela convértese nunlugar de romaxe para as xentes d Europa. Tódolos anos,durante séculos, milleiros de peregrinos camiñaban caraó sartego seguindo un Camiño no que pronto aparecenhospitais, mosteiros, igrexas... O camiño que leva ata a tumba do Apóstolo seguirá ásvellas vías romanas e protexido polos reís dos países poronde pasa, convertese nunha vía de penetración dasideas e costumes que van relacionar "a terra deJakobslan", coma a chamaban os normandos, co resto deEuropa.

Ó longo dos séculos XI e XII, que é a época de maior esplendor doCamiño, a ruta vaise cubrir de poboacións debido a actitude dos reísque eximen de tributos a tódalas persoas que repoben os lugares ábeira do Camiño. Deste xeito centenares de europeos afíncanse naspoboacións que xorden seguindo a ruta de Compostela.

O camiño podíase facer a pé ou a cabalo segundo os recursos de cada quen. O peregrino da pe,o máis numeroso, levaba unha vestimenta moi característica: a roupa debería ser curta para nonmolestar nas longas marchas e o calzado consistente. Para se defender da choiva e do frío levabanun sombreiro de aba ancha e unha capa; mais o que distingue o peregrino eran catro elementosbásicos: o "zurrón" ou bolsa de pel, o "bordón" ou bastón que lle servía para se apoiar e para sedefender dos ataques dos animais; a "cabaza" que levaba na cintura ou pendurada do bordón e quechea de auga ou viño calmaballe a sede, e a "cuncha" de vieira que acabou por ser o símbolo doperegrino compostelán.

1 No debuxo do Camiño francés que tes a continuación escribe os nomes das principaispoboacións e vainas xunguindo para face-lo Camiño

Page 3: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-3-

Plano de Compostela a mediados do s. XII

Sinala as murallas.

1 ¿ Cantas portas ten ? _________________________ Escribe os seus nomes

Neses momentos Compostela non tiña un aspecto urbano con rúas, prazas e barriosespecializados. 1 Atopa no plano o nome dos oficios e fai unha lista deles.

___________________ ________________ ______________________

___________________ ________________ ______________________

1 ¿ Que nome se dába na Idade Media ás asociacións de artesáns dun mesmo oficio ?___________

Na rúa de San Pedro atopábanse os chamados "concheiros". ¿ Que é o que llevendían os peregrinos ?

_____________________________________________________

Page 4: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-4-

Plano moderno de Compostela

1 ¿ Hai murallas ? _______________ ¿ Poderíase vendo o plano saber por onde ían ?___________, si é deste xeito márcalas cun lapis.

1 Atopa e marca no plano as portas que vimos na páxina anterior

Unha delas chámase Porta do Camiño. ¿ Saberías dici-la razón ?____________________________

____________________________________________________________________________________

Marca no plano o camiño que seguirían os peregrinos para chegar ata a catedral.

Nós chegaremos pola rúa Juan XXIII. Atopa e marca no plano o camiño que nos imos seguirata chegar á praza do Obradoiro.

Page 5: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-5-

A C A T E D R A L

A penas descuberto o sepulcro, o rei Afonso II mandouconstruír un primeiro templo con muros de pedra e barro noano 829. Esta igrexa é substituída por outra ó remata-lo séculoIX. Almanzor, no ano 987, estragaa levando as portas e ascampás cara a Córdoba a ombreiros dos prisioneiros cristiáns.A igrexa actual comézase no 1075 baixo a dirección do mestreBernardo, o vello. Baixo o bispado de Diego Xelmírezinterveñen o mestre Estebo que fai o Pórtico do Paraíso (N) eo das Praterías (S), e o mestre Bernardo, o novo, que remataa nave central. No ano 1168 comeza a traballar no Pórtico da Gloria (W) omestre Mateo, quen cobrará polo seu traballo 100 marabedísó ano, rematándolo no 1188. O aspecto da igrexa era moi diferente ó actual. Ó longodos séculos fixéronse nela obras que transformaron o seuaspecto exterior como verás nas páxinas seguintes.

1 Quen foi Almanzor ? _________________________________________

1 Escribe os nomes dos mestres constructores da catedral

_________________________________________________________________________

Cantos marabedís cobrou en total o Mestre Mateo polo seu traballo no Pórtico da Gloría ?

Lembrarás o nome doutra moeda medieval da que xa falamos. " os pipións ". Si temos en contaque 1 marabedí son 180 pipións, Cantas destas moedas gañaba ó ano o Mestre Mateo ?

_________________

1 E nun día ? _________________

1 Un boi estaba valorado en 1.620 pipións e unha vaca en 900. ¿ Cantos días tiña que traballa-lo Mestre Mateo para merca-los animais ?

_________________

Page 6: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-6-

Nesta páxina tes uns debuxos que nos indican como era a Catedral pola segunda metade doséculo XII. Decataraste que o aspecto actual, desde o exterior, é ben distinto. Fíxate tamén napranta da catedral por esa mesma época.

Orienta o debuxo sinalando os catro puntos cardinais

1 Numera as absidiolas do debuxo da parte superior e poslle-los mesmos números áscorrespondentes da pranta da catedral que tes debuxada.

1 Fíxate nas torres da fachada. Olla o estado actual destas. ¿ Ves algo nelas que che lembreno aspecto que tiñan na Idade Media ?

Como é a planta da catedral ? _ _ _ __________________ Cantas naves ten o brazo lonxitudinal ? ____________________E o

Page 7: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-7-

transverso ? ________________________________

Ten deambulatorio ? _________ Sinálano no plano. Que outro nome recibe ? ____________

Lembrarás que na época da construcción da catedral a cultura atopábase nas mans de un dostres grupos nos que estaba dividida a sociedade ¿ Cal era ? ............................... As igrexas tiñanque cumprir unha función didáctica ante a inmensa masa de persoas analfabetas que formabana poboación europea naqueles momentos; por esta razón os templos estaban profusamentedecorados con pinturas e relevos con motivos relixiosos. A catedral tiña tres portadas: A orientada cara o Norte nomeabase " Portada do Paraíso " (desfeita no ano 1757 e feita denovo no estilo da época: o Neoclasicismo), hoxe é coñecida como " Portada da Acibechería ". A orientada cara o Sur, chamada " das Praterías " e a situada ós pés da igrexa denominada" Pórtico da Gloria ".

P O R T A D A D A S P R A T E R Í A S

Imos estudiar esta portada. Obervaá con atención.

1 Primeiro fixarémonos nas dúas ventás da parte superior. Hai un arco que nos chama aatención. Debúxao.

Que orixe ten ? _____________

Cal é o seu nome ? ___________

1 Observa os canzorros. Cantos ves ? _________________

Baixo os canzorros hai un friso cunha morea de relevos. Asemellan amontoados de calquera xeitoe, efectivamente, é así pois algúns deles foron postos moito despois da construcción da Portada.Non obstante lembra que o home medieval era capaz de ler a portada igual que nos lemos untebeo. Cada unha das figuras tiña para el un significado. Imos tentar descifrar e recoñecer algunhadestas figuras.

No friso debuxado na parte inferior intenta colocar mediante un debuxo esquemático as figuras

Page 8: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-8-

que che indican. (Se non es capaz pon un número)

1.- Grupo de 4 apóstolos (un deles é S. Pedro) 5.- A expulsión de Adán e Eva do Paraíso2.- O apóstolo Santiago entre duas árbores. 6.- Outro signo do Zodíaco. ¿ Cal ? _________3.- Un signo do Zodíaco. ¿ Cal ? ____________ 7.- Cristo en actitude de bendicir4.- Crismón 8.- Dous leóns.

Que iniciais aparecen no Crismón ? ________________________________________________

E que letras?_______________Cal é o seu significado ?_________

____________________________________________________________________________

Imos fixarnos agora nos dous tímpanos. Comezaremos polo da túa esquerda. Aparecen diversasescenas:

1 Describe as dúas que mais chamen a túa atención

____________________________________________________________________________

____________________________________________________________________________

Mira agora o da dereita. Aparecen diversas escenas da Paixón de Cristo.

Recoñeces algunha ? _______________________________________________

Cúmprese nos tímpanos a "lei do marco" ? _________ Pon un exemplo ___________________

____________________________________________________________________________________

Olla os pregados dos roupaxes.

Hai desproporción nas figuras ? _______________________

Page 9: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-9-

En Israel houbo un famoso rei que chegou ó poder despois de matar a un xigante chamadoGoliat.

Sabes o seu nome ? _____________________________ Se che digo que foi un grandeafeccionado á música,

Saberías recoñecelo nalgunha das figuras da portada ? __________ ¿ Onde está ? __________

Cantas columnas hai na portada ? _________________

Fíxate nos materiais usados na súa construcción. ¿ Cales son ? _________________________

Despois de ollar tódalas figuras daraste conta que non todas son da mesma calidade.

Pódese deducir por esta razón que na decoración interviñeron varios artistas ? ____________

Localiza na xamba esquerda da porta dadereita uns gravados. Copialos no recadroe intenta interpretalos. Se o conseguessaberás o ano no que se rematou aportada.

Page 10: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-10-

O P Ó R T I C O D A G L O R I A

Imos estudiar agora a terceira das portas da Catedral; terás en conta para face-losexercicios, o alzado e as indicacións das páxinas 18 e 19. Comezaremos pola dataciónda mesma. Observa o debuxo da dereita e a súa traducción. Podes localiza-lainscrición no lintel do tímpano.

"No ano da encarnación do Señor de ......... aera 1226, no día das Calendas de abril, oslinteis do pórtico principal da igrexa doBenaventurado Santiago foron colocados polomestre Mateo, quen dirixiu a obra dende osalicerces dos mesmos portais"

Decataraste que aparecen dúas datas, esto é normal pois neses momentos era cando se estabapasando do antigo xeito de datar os anos usado na península ó novo que aínda hoxe usamos.

1 Intenta interpreta-los primeiros números romanos que aparecen na inscrición; se non escapaz quítalle 38 anos a data que ven despois da palabra "era". Cando xa a teñas, completaa inscrición. Esa é a data na que se rematou o Pórtico.

Que pobo da antigüidade nomeaba un día do mes coa palabra Calendas ?____________________

Page 11: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-11-

Que día é do noso calendario ? _______________________

Observa que o pórtico está formado por tres portas e que cada unha delas se abre a unha dasnaves.

Cal é a mais ancha ? _____________________ Por que ? ___________________________

Fixémonos agora no gran tímpano central. Representa a visión do ceo conforme a descrición quefai San Xoán.

Saberías localizalo no tímpano ? ______ Con que animal vai asociado ? _________________

Cales son os nomes dos outros tres evanxelistas ? ___________________________________

Os catro rodean a figura de Xesús que leva unha coroa de ouro e que mostra nas súas mans asferidas feitas polos cravos. Aparecen tamén uns anxos que levan os símbolos da Paixón.

Cales son eses símbolos ?

___________________________________________________________________________

Na arquivolta vemos uns anciáns tocando uns instrumentos musicais.

Cantos son ? ___________

Debuxa no recadro dous dos instrumentos

Como o tímpano é moi ancho o Mestre Mateo fixo un parteluz e nel colocou unha seriede figuras

Vas describir esas figuras de arriba abaixo usando para elo o alzado do pórtico que tes naspáxinas seguintes._________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________

Page 12: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-12-

1 Escribe os nomes das figuras que aparecen nas xambas

DEREITA ESQUERDA

Contan que o Mestre Mateo quedou tan satisfeito da súa obra que quixo representarse no Pórticodando as gracias ó Apóstolo por lle permitir rematala, e así colocou a súa figura axeonllada naparte posterior do parteluz ollando cara o altar. Na súa man leva unha cartela na que ata hai poucotempo se podía ler en latín a seguinte frase : "O arquitecto que me fixo". Esta figura é a que os galegos chamamos "O SANTO DOS CROQUES" pois temos a crenza deque dando un croque na cabeza do santo pégasenos algo da súa intelixencia.

Page 13: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-13-

Page 14: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-14-

Page 15: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-15-

Na páxina anterior tes a planta actual da Catedral. Se a comparas coa da páxina 13 notarásunhas diferencias moi acusadas posto que a catedral sufriu modificacións ó longo dos séculos.

1 Localiza as seguintes partes:

A basílica do século IX. Pintala de verde. A torre e a muralla do século XI. Pintala de azul. A capela da Corticela Pintala da color encarnada. As capelas do Salvador, San Bartolomé e da Azucena. Pintalas de marrón.

Fíxate no que pintaches de verde. O que ves é o que queda da segunda das igrexas feitas enCompostela e que foi estragada por Almanzor. Baixo o chan da Catedral atópanse tamén restosde construccións romanas e diversas sepulturas de distintas épocas.

Cantas da época romana ? _____________

E de época sueva ? _____________

E da Idade Media ? _____________

Cantas en total ? _____________

Daraste conta que a igrexa era moi pequena e que o terreo entre ela e os sistemas defensivosda cidade ( os seus restos están pintados de azul) ocupabao un cemiterio. Os muros da Catedral románica son os que no plano están marcados de negro. Si o observasben aínda ves a forma de cruz latina. Fíxate na capela da Corticela (está pintada de encarnado);atópaa no plano da páxina 13.

Cando se construíu a Catedral, a Corticela estaba dentro ou fóra ? __________

As únicas capelas que se conservan intactas son as que tes pintadas de marrón, tódalasdemais capelas do ábsida sufriron modificacións e algunhas, tal como ves no plano,desapareceron.

1 Localiza as torres da catedral. Que nome reciben ?

_________________________________________________________________________

Cara onde está orientado o claustro ? _________________

Localiza e pinta da color que queiras a Porta Santa.

Que condición ten que se dar para que sexa ano santo ?

____________________________________________________________________________________

Page 16: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-16-

NOTASNOTASNOTASNOTAS:

Page 17: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-17-

Page 18: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-18-

Page 19: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-19-

Page 20: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-20-

NOTASNOTASNOTASNOTAS:

Page 21: Caderno de Santiago

Departamento de Xeografía e Historia Colexio Martín Códax

-21-

Page 22: Caderno de Santiago