caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · gués, na Marinha...

12
Resistencia de Rosa Aneiros XERAIS «Rosa Aneiros fai en Resistencia un bonito poema da vida. Un poema de amor, escrito con soidade e con alegría. A novela, editada en Xerais, chega a nós correndo e debuxa en nós unha vaca. Está ambientada en Portugal, nese país irmán e precioso. É un libro que nos fai soñar todo o tempo. Que nos chega ao corazón, que nos arrebata. Que nos conmove, que nos ilumina por dentro. Resistencia é unha historia longa, que fai sentir, que fai chorar. É unha historia que nace no corazón e que se escribe coa lentitude da poesía. Coa ilusión da verdade.» Lupe Gómez, O Correo Galego caderno de críticas

Transcript of caderno cader- de críticas no - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · gués, na Marinha...

  • Atuado na brañade Xabier Quiroga

    cader-no

    «Estamos ante un granrelato de consumo que vén confirmar a emerxencia dunha literatura nacional, á altura de calqueraoutra.»

    FFeerrnnaannddoo CCaarrbbaallllaa,, AA NNoossaa TTeerrrraa

    «Un volume que cobreguea nas manssatisfacendo todos os posibles puntos de interese (morbo,intriga, paixón…) dos lectores.»

    XXoosséé MMaannuueell EEnnrrííqquueezz,, FFaarroo ddee VViiggoo

    «Nunha novela na que a natureza ten tantoprotagonismo, o idiomaten que ulir, cheirar,saber, cegar, ten quepoder acariñarse e mastigarse. E aboféque isto é o que acontece aquí. A lectura destas páxinas é unha festapara os sentidos.»

    DDoolloorreess VViillaavveeddrraa,, OO CCoorrrreeoo GGaalleeggoo

    Resistenciade Rosa Aneiros

    X E R A I S

    «Rosa Aneiros fai en Resistencia un bonito poema da vida. Un poema deamor, escrito con soidade e con alegría. A novela, editada en Xerais, chega a nós correndo e debuxa en nós unha vaca. Está ambientada en Portugal,nese país irmán e precioso. É un libro que nos fai soñar todo o tempo. Que nos chega ao corazón, que nos arrebata. Que nos conmove, que nos ilumina por dentro. Resistencia é unha historia longa, que fai sentir, que faichorar. É unha historia que nace no corazón e que se escribe coa lentitude da poesía. Coa ilusión da verdade.»

    LLuuppee GGóómmeezz,, OO CCoorrrreeoo GGaalleeggoo

    cadernode críticas

  • 2 Resistencia

    FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS, El Correo Gallego/O Correo Galego, 26 de xaneiro de 2003

    «Agardareite sempre», as verbas da resistenciaRosa Aneiros agasállanos cunha obra que é literatura con maiúsculas.

    A través dunha saga familiar fainos percorrer a historia lusa das dictaduras fascistas do Estado Novo

    Adedicatoria desta novela de RosaAneiros é daquelas que, xa desdeo porto de saída da fabulación,marcan o rumbo da singradura desta viaxede alta cabotaxe que imos atopar nas súaspáxinas. Rosa Aneiros fabula para todosaqueles, homes e mulleres, que deron eseguen a dar a súa vida pola liberdade. E dun xeito especial para os presos. Paraos presos políticos engaiolados durantecorenta anos na prisión militar de Penichepolo único delicto de gardaren fidelidadeás súas ideas. Tamén para Álvaro Cunhal,un dos poucos presos que lograron fuxirdo penal e que tanta presencia ten naspáxinas desta novela. A xeito de epílogo,esta muller que escribe coa forza coa que asúa proxenie percebeira se agarra ás rochasbatidas pola furia do noso mar, confésanosque os lugares, personaxes e acontecemen-tos da súa historia son reais. Algúns for-man parte da realidade escrita nos librosde Historia e na memoria. Outros habitanna realidade inabranguible da Literatura eresultan reais na súa mensaxe, na súadenuncia, no seu desacougo e, tamén, noseu optimismo.

    Rosa Aneiros, reiterámolo unha vezmáis, é unha singularísima voz emerxente

    na nosa narrativa nos últimos anos.Superou con éxito o seu debut na literatu-ra cun traballo nada doado, unha novelaxuvenil, Eu de maior quero ser (1999). Haiuns meses con Corazóns amolecidos en sali-tre, esta moza nada no Concello deValdoviño, amosábanos os bríos da súacapacidade fabuladora e deixábanos sentire degustar os sons, as cores, o recendo e osaibo salgado dos nosos mares. Estréaseagora cunha peza de longo percorrido quenos mergulla na realidade e na ficción dopaís veciño, na historia política, social e eudiría que tamén sentimental, do Portugalda Dictadura e da Revolución dos Cravosdesde os anos vinte ata a década dosnoventa no século XX. E faino, na miñaestima, cunha peza memorable. Unhanovela que é literatura con maiúsculas,que nos achega unha historia que cumpreco requisito da necesidade, porque, comodi un dos seus personaxes, a memoria é anosa única resistencia contra as aldraxesque sufrimos.

    Resistencia, a través dunha sorte de sagafamiliar aínda que focalizada na parellaformada por Dinís e Filipa, fainos perco-rrer case que toda a historia social e polí-tica do Portugal das Dictaduras fascistas

  • Resistencia 3

    do Estado Novo. Unha voz narrativaomnisciente, que relata en terceira persoa,introduce pouco a pouco ao lector nosámago dunha historia que se desenvolvenomeadamente no oeste oceánico portu-gués, na Marinha Grande, terra ateigada docheiro bravo dun Atlántico voraz, e nacrueldade do cárcere de Peniche.

    No primeiro escenario xorde a inesque-cible historia de amor entre Dinís, o fillo desolteira froito dun verdadeiro amor, eobreiro nunha fábrica de vidro, e Filipa,unha rapaza pertencente á pequena burgue-sía. No segundo atopamos o paradigma darepresión política exercida pola Dictadurasalazarista sobre corpos e almas. E tamén aimaxe-testemuño, escritos con letras bengrandes no museo da fortaleza a partir dosque a autora, tirando do novelo, desenvol-ve a historia central de Resistencia, que pre-tende ser, non a negación da realidade,senón a súa explicitación. As páxinas dafabulación de Rosa Aneiros están suturadaspor unha cadea de terror e outra de épicaque corren parellas. Transitan polos seuscapítulos inmensos lotes de dramatismo, depaixón, de inquietude, de mágoas no cora-zón, de violencia, de derrotas, de utopías,de agarimos, de crueldades sen límite, de

    complicidade, de pelexas afervoadas polaliberdade. E tamén infinitos sufrimentos,arrepíos, lapas acesas. E personaxes ines-quecibles como os que forman a parella deprotagonistas principais, o de dona Leonore outros moitos, entre eles o da muller espi-lidiña, que, soa no mundo, sometida ehumilde, vive a epopea dos revoltosos.

    Ao final resistencia. A resistencia dosvencedores. Resistencia dos protagonistas,tanto política e ideolóxica como resistencianos seus sentimentos, nas súas arelas, assúas promesas, no seu futuro. Entremedias,outros retallos, como as escravitudes doamor, a renuncia, a fe nas lembranzas, avinganza política, o avasalamento, a masa-cre de Mueda…

    Rosa Aneiros resolve a súa trama cunremate inesperado e arreguizante, botandoman no desenvolvemento da trama dunhaarquitectura lineal, que non lles ofrecedemasiados atrancos aos lectores, e dunhaprosa á vez natural, evocadora e chea devigor que obriga a vibrar á lingua, facendoestourar todos os seus rexistros sen desde-ñar certos enfeites líricos e artificios decarácter visual. Isto é Resistencia, unhanovela que nos reconcilia coa literatura nunintre de penuria creadora.

  • 4 Resistencia

    Unha historia de amorna revolución portuguesa

    Rosa Aneiros recupera a forza da narración clásica

    Desaparecida toda certeza absolu-ta, en tempos en que todo é sis-tematicamente (e, moitas veces,irreflexivamente) posto en dúbida, aparecenautores que volven aos sentimentos, á procu-ra do amor, un motor moi poderoso da vida.De aí a volta ás grandes historias, como asque, por exemplo, nos deixaron no ano pasa-do, Xabier Quiroga (Atuado na braña) ouRosa Aneiros con esta Resistencia. Historiasque deixan pouco, que non morren nainmediatez, na virtualidade posmoderna,que tocan a fibra sensíbel, que demostranque o ser humano aínda ten esperanza.Demostran tamén que a novela, mesmo aboa novela, pode existir lonxe de experimen-talismo e efectismos aparentes. E recuperantamén o pracer da lectura, con discursos quenunca poñen en apretos a capacidade com-prensiva do lector, discursos que non querenaumentar nin ser nada máis do que son por-que a historia que encerran é importante ensi mesma.

    Resistencia é unha novela de grandesamores, amores como os de antes, firmes econsistentes. Un é o principal, o que sedesenvolve entre Dinís e Filipa. Pero non oúnico. Os amores entre Isaura e Antonio (ospais de Dinís) son tamén deses que non seesquecen, historia dun amor adúltero eextremadamente sincero, un amor primiti-vo, que se desafoga e cumpre en plena natu-reza. Pero tampouco queda atrás o amor

    xordo de Ana Barbosa polo infiel esposoAntonio, o pai de Rui. Nin o desencontra-do de Leonor, co marido no Brasil, que lloroubou para nunca devolverllo, e todo porculpa dun malentendido. Un tanto máisgris é o de Rui e Inés (os pais de Filipa),pero igual de devoto, igual de abnegado,igual de intenso.

    O conxunto destas historias crea aatmosfera na que se desenvolven o amorentre Dinís e Filipa, a historia das súasvidas, porque nelas o amor é o único eixosignificativo, o único polo que, en realida-de, paga a pena vivir. Os dous, Dinís (fillode solteira, malvive como pode empregadonunha fábrica da Marinha Grande, locali-dade próxima a San Pedro de Moel, cordónumbilical dos seus amores) e Filipa (filla deburgueses acomodados) ficarán presos deldesde adolescentes.

    Desgraciadamente non ha ser a diferen-te condición social o único impedimentoque se poña no seu camiño. Rosa Aneiros–de quen lembramos o recente Corazónsamolecidos en salitre (Laiovento, 2002), ade-mais de Lola, a súa contribución aNarradoras (Xerais, 2000) escribiu aquítamén unha novela social. A Revolucióndos Cravos, esa lección que deixou Portugalpara a Historia, e que aquí quixeron reme-dar coa famosa transición, era só un soñocando Dinís, ávido leitor de Marx, se fixoactivista, un Dinís ao que as guerras colo-

    XOSÉ MANUEL EYRÉ, A Nosa Terra, 23-29 de xaneiro de 2003

  • Resistencia 5

    niais deran unha clara visión moi afastada dapropaganda oficial. Fracasado o motín epreso en Peniche, Dinís chegará á probamáis dura: a tortura que creará unha distan-cia cruel e insalvábel entre el e a súa compa-ñeira.

    Ambas as dúas frontes, social e amorosa,están perfectamente amalgamadas no títulodunha novela na que salientan dous aspec-tos: unhas personaxes ben deseñadas, ricas,densas, tanto as protagonistas como assecundarias (Isaura, Antonio, Leonor,Antoninho, Rui, Inés, o capataz da fábrica,André…) e unha estructura ben calculada(dúas liñas narrativas independentes, quelogo se tocan, que se volven afastar, deicaconfluír no vértice final).

    Só é posible apoñerlle unha cousa a estanovela, como as de tantísimos outros auto-res e é que, en determinados momentos, unmergullamento máis intenso na retórica clá-sica habíalle resultar moi saudábel, porquexestionaría con mellor solvencia o cosido dapalabra ao texto, evitando a lixeireza que véncaracterizando certa narrativa última.

    A perspectiva social e amorosaestán perfectamente amalgamadas

    nesta novela na que sobresaenunhas personaxes ben deseñadas

    e unha estructura calculada.

  • 6 Resistencia

    DOLORES VILAVEDRA, O Correo Galego, 27 de febreiro de 2003

    ¿Cantas novelas hai nestanovela? Para empezar,ninguén dubidaría en

    afirmar que Resistencia de RosaAneiros é unha novela de amorporque nela se tece un sarillode historias de amor, algunhasfrustradas, outras felices, unhasconvencionais e outras hetero-doxas, que se desenvolventendo como telón de fondovarias décadas da historia (e daHistoria) de Portugal. A inteli-xencia da autora suxeriulle nondeterse no 25 de abril de 1974,data doadamente fosilizable,ante a cal o risco de converter anarración nun panexírico eramáis ca evidente, e arriscarse atraernos, logo de percorrer ainterminable dictadura salaza-rista e de asomarnos breve perointensamente á guerra colonialata o desencanto dos 90, aunha democracia desaborida econfusa na que aboiamoscomo naves ó pairo. Pero, porsorte para os lectores,Resistencia é moito máis ca iso.Rosa Aneiros beirea a trapelada erudición histórica, ou a daestampa documental (na que sicae María de Medeiros no seufilme Capitanes de abril), e

    aposta por un tratamento coralda revolución, no que sobran-cean un feixe de personaxessecundarios obsesionados coasúa propia circunstancia vital,cada quen co seu drama huma-no no fardelo, para os calesdende logo, a palabra revolu-ción se escribe con minúscula.Qizais esa mesma prudenciano tratamento do tema explicaa brevidade do capítulo 24,onde a protagonista descubre a–suposta– morte do seuamado, e que coido mereceríaun tratamento menos expediti-vo. O que Rosa Aneiros quixofose intensidade quedousenunha parquidade inexplica-ble, como non fose polo afánde evitar o melodrama, quemalbarata as posibilidadesexpresivas da escena.

    Deixamos a dimensiónammorosa e histórica e descu-brimos en Resistencia un aquelde saga familiar que nosengaiola, quizais polo lonxanoparentesco que pode represen-tar con certos modelos narrati-vos realistas que nos vencellanó país irmán. Que a familia deDona Leonor e Caetano aca-ben portiñando pode ser un

    signo da mudanza dos tempos,mais tamén un elemento dra-mático de primeira magnitude,do que agroma a traxedia, esatraxedia que parece marcar asvidas dos protagonistas. Mais ovizoso abano de personaxesque nos ofrece a novela evitacalquera formulación mani-quea de conflicto. De feito, haivarios personaxes secundariosque resultan extraordinaria-mente suxestivos e mesmoinquedantes. Confeso que teríaque reler a novela para resolvero desacougo que me produce aprimeira Filipa, unha Ofeliaque semella tirada dun malsoño e da que a súa sobriñaserá o contrapunto perfecto, eque fico para sempre seducidapor Isaura, ou pola magoante–por tan común– historia deRaúl.

    Esta é unha novela na quexogan un papel determinanteos silencios: o que os persona-xes calan conta máis có quedin, e iso atrapa ó lector, con-vidado por unha voz narrativaen terceira persoa a ser o seunarratario privilexiado. Unhavoz que consegue, a base deceder en contadas ocasións a

    RR E S I S TE S I S TRosa Aneiros beirea a trapela da erudición histórica, ou da estampa docum

    e aposta por un tratame

  • Resistencia 7

    T E N C I AT E N C I Amental (na que si cae María de Medeiros no seu filme Capitanes de abril), ento coral da revolución

    palabra «en directo» ós perso-naxes, crear un clima de inti-midade cómplice que produceno lector o efecto de terse poloexclusivo e privilexiado desti-natario desta historia. Quizaispor isto (pola complicidade epolo valor semiótico dos silen-cios) o lector está disposto afacer algunha concesión noeido da verosemellanza, e acep-tar que Filipa nunca preguntepor Dinís, non queira saber ascircunstancias da súa falsamorte, creando así un equívo-co dificilmente aceptable e queestá a piques de frustrar defini-tivamente a historia de amorarredor da que xira toda anovela. A axilidade da narra-ción, sen concesións a digre-sións de ningún tipo (a voznarrativa nunca sucumbe átentación de adoutrinarnos oude amosarnos o ímprobo laborde documentación que subxa-ce a esta novela), e un logradotratamento do tempo, queavanta nas décadas polo proce-demento da reducción tempo-ral e recorrendo ocasionalmen-te ó flash-back, fai que a lectu-ra da novela sexa desas quearrebatan.

    Quizais é polo existencialis-mo que desprende de todas ecada unha das páxinas destanovela, na que todo vale odobre, os sentimentos e as pala-bras, por prohibidos e porpouco comúns, que a autoradesenvolveu un estilo depuradí-simo, que contrasta cunha certatendencia á acumulación queapreciabamos nos seus prece-dentes relatos de Corazóns amo-lecidos en salitre. A sintaxe brevee contundete contribúe a levar-nos como no colo polas páxinasdo libro, apreixados por unhaescrita que nos deixa sen folgos,de tan intensa. Mágoa que RosaAneiros abuse dun recurso exce-sivamente marcado, tal é a enu-meración acumulativa de series,en lugares moi próximos, queresultan rechamantes na lectura(véexanse as pp. 13 e 28, 187 e192 ou 244 e 262) (…) Polacontra, a metáfora da fala dasxentes coma un río, unha sortede caudal comunitario incon-trolable, é repetida cunha pru-dencia que sen embargo nonpasa desapercibida nunha lectu-ra atenta. A súa reiteración fun-ciona como un rumor defondo, un ruxe-ruxe que por

    momentos se fai máis percepti-ble e que metaforiza esa dimen-sión coral á que a novela nonquere renunciar.

    O libro está escrito co exem-plar voluntarismo da mocida-de, con esa teimosía que algúnschaman utopismo e que perde-mos sen decatarnos, nalgúnrecanto do camiño, deixándo-nos só en prenda un pouco demelancolía. De aí que a únicatese que aquí se defende é a deque o amor todo o pode.«Amor omnia vincit». Oxaláfose así. En todo caso, se non oé, foi fermoso crelo. Como éfermoso descubrir que alí, enPeniche, na que foi prisiónmilitar e centro de tortura, seconserva un conto escrito porun recluso ós seus fillos, unconto que nunca chegou ó seudestino (igual cás cartas deDinís). Mais Rosa Aneirosaposta con decisión porque atenrura da escena non nos anu-bre os ollos e non nos impidaver a profunda dor que latexanesta carta, como latexa trastodas e cada unha das páxinasdesta novela e ante a cal só nosqueda afirmarnos na vontadedo «nunca máis».

  • 8 Resistencia

    LUPE GÓMEZ, O Correo Galego, 24 de abril de 2003

    Resistir no amor

    Hai na novela vontade de querer cam-bia-lo mundo. Quérese transformar ainxustiza, borrar a dor da dictadura.Abrir o cambio. Loitar, no abismo. No s cárce-res, que nos rouban a nosa dignidade. Eses cár-ceres horribles, onde a veces nos meten, senposibilidades de saír. Pero hai que resistir, sem-pre. Agardar, sempre. Hai que crer no futuro,un futuro difícil pero necesario e poderoso. Coaesperanza, que nos ilumina os ollos. Que nosenche. Bailar, hai que bailar.

    Gustoume este libro, este libro marcou en minun camiño de ledicia. Desfrutei con cada párrafo,con cada palabra. Estar lendo este libro era comoestar todo o tempo envolta en soño. Desexei rom-per as mentiras que nos invaden. Desexei atrave-sar o abismo. Chegar a un lugar cheo de mar epaxaros. Ser libres, despois de todo. Ser libres, des-pois de loitar toda unha vida. Amar, coma caba-los. Como Dinís e Filipa, os protagonistas danovela. Dous rapaces heroicos, dous heroes cala-dos. Namorados vivamente un do outro, como naescola. Namorados dende sempre, e para sempre.

    Ese amor vivo e forte dos nenos e das nenas.Ese amor forte, ese barco no que resistimos todoo tempo que faga falta. Eu sempre quero estarno barco. Resistencia é unha novela poética, uncanto triste pero alegre. Unha forma moi boni-ta de debuxar unha historia. De xeito delicado,doce, como cruzando un ceo azul e limpo echeo de estrelas.

    O alento desta novela bebe no realismo e namaxia, no idealismo e na forza. A forza grandedas palabras, que xorden como unha linguaxenova. Como quen merca vestidos novos naferia. Como quen abraza a súa nai. Como quenrompe a gorxa nos mercados. Como quen aco-

    lle en si mesmo os misterios todos do mundo.Como quen loita, por amor, na guerra.

    Entendo o éxito desta novela, entendo quese venda ben e que se lea moito, e que a cele-bremos. Entendo os ollos soñadores e limpos deRosa Aneiros, a novelista, que sempre vive nabeleza. Que escribe obras importantes do mar eda vida. Obras nas que se soña. Eu non queroun sistema literario baleiro. Eu quero novelascomprometidas co pasado e coa historia comoesta. Esta novela apaixonada, que nos engaiola,que nos estremece. Que nos cruza o lugar noque levamos o corazón, e fainos correr outra vez,correr como cando escapabamos da escola,cando eramos nenos cheos de amor.

    Gústame o romantismo que hai nesta novela.Significa unha forma de reconciliación coa vida eco mundo. Unha forma de integrarnos. Non é unsentimentalismo acedo nin cursi, senón un des-bordamento dos ríos. Saír da canle. Abrir os ollos.Sentir dentro de nós o latexo do mundo. Abrir oamor que levamos na caixa cerrada dos corpos.

    Cóntanse no libro moitas historias, hai moi-tos relatos, entretidos, conformando un baile,unha festa. Non hai unha visión única. Haimoitas visións. É divertido mirarse nos espellosdesta novela. É moi divertido. Unha sente que opeso da vida vai medrando. Unha sente que haimoitas novelas dentro da novela, e que todasnos van levando por ríos internos, marabillosos.Aprendes que tes que estar atenta a todo. Que avida é un conto enorme que alguén nos conta.Que a vida é un conto fabuloso, unha fábulanecesaria, unha historia de amor moi intensa.

    É un libro cheo de metáforas. No que a poesíaxorde coa mirada nova. No que desfrutamosaprendendo no que a autora nos conta. A autora

  • Resistencia 9

    mirouse a si mesma na historia do país veciño, efixo unha colaxe expresionista chea de berros.Berros calados que xorden con moita forza. Aforza do amor, ese barco. A forza calada do cabalo,esa enerxía que todos levamos dentro, rachando osnós das nosas miradas. Abrindo un caudal enormede palabras e sentimentos. Nesa forza cega queempuxa de nós, que nos arrastra, na vida.

    Admiro á xente que, como Rosa Aneiros, sabeconstruír novelas. Facer novelas como quenlevanta casas. Paréceme difícil, e extraordinario, enecesario. Necesario, para todos nós. Para arrin-carnos da sombra. Para facernos máis libres. Aliberdade é moi importante nesta novela. É omotor. A loita incesante por liberarnos, romper aopresión que habita nos nosos ollos. As novelasson necesarias para que os pobos naveguen libres.Na ficción. A ficción marabillosa, que nos instalana felicidade, que nos fai lectores libre e alegres.Correndo, na tarde, nos cabalos, nas bicicletas.

    Estas bicicletas nas que andan os protagonistasdesta novela. Nesas paisaxes portuguesas cheas debeleza, que tan ben a autora nos describe, leván-donos lonxe de nós mesmos e das nosas vidas. Esespobos, esas cidades, en Portugal. Son cidades quese levantan na néboa, na paz, na historia. Dándollevoz aos ricos, pero tamén aos pobres, sobre todoaos pobres. Na heroica batalla. Na Revolución dosCravos. No vintecinco de abril. No orgullo. Nafachenda. Nas fendas que se abren en nós. Na loitaincesante. Na liberación da patria, na liberaciónaberta do amor. No sangue, no sangue que flúe,facendo unha enorme ferida que quizais nunca secure. No exilio, na mentira, na dor. Nos senti-mentos. Sempre os sentimentos, enchendo toda anovela. Como quen fai un cadro coas miradas daxente. Como quen se instala no cárcere, pero esca-pa, porque escapar é necesario. Contra os dictado-res, contra a barbarie, contra a infamia. ContraSalazar, contra unha enfermidade que nos perco-rre. Contra o ritmo que ás veces a historia marca.Porque é necesario mirar todo cara a cara, e coller

    as rendas. Facer folgas, rebentar nas fábricas.Berrar duro nas universidades, nos colexios. Diníse Filipa ámanse dende sempre e para sempre.Viven xuntos, sempre viviron xuntos, sempre vivi-rán xuntos. Mirando o mar en San Pedro de Moel.Sempre estarán nesa aldea perdida no tempo, cosseus nomes, coas súas loitas, cos seus ideais denenos pequenos que viven no amor, que sempreviviron e sempre vivirán no amor.

    O odio non leva a ningunha parte, e fai quenos perdamos no camiño. A aventura da vida éunha aventura chea de amor e nostalxia. As nosasferidas poden curar. Sempre queda a esperanza. Amensaxe desta novela é dura, pero tamén opti-mista. As bágoas que nacen en nós son bágoascheas de tristeza e impotencia, pero tamén cheasde ilusión. Como volver a sentir e xogar na infan-cia. Volver atravesar unhas paredes fortes que nin-guén atravesaba. Ser diferentes, pensar distinto,na homoxénea realidade do mundo e das xentes.As bágoas están cheas de dor, pero tamén de forza.As bágoas nacen como en nós nace a vida.Rompendo o corpo da nai. Esgazando a carne danai. Coa paixón e coa dor. Coa forza toda, quenos invade, e que nos fai máis humanos.Resistencia é unha novela longa que se le rápido,correndo. Que nos instala na alegría. Unha nove-la sentimental, profunda, unha viaxe pola historiade Portugal. Un relato emocionado e arrebatador,que nos fai felices, que nos fai soñar. Unha fer-mosa historia de amor. Na alegría de amar, resis-tir, loitar. Porque hai que vivir na ficción tamén,para poder soportar a vida. Por iso, hai que ler estanovela. Ler, gozando, aprendendo. Hai que leresta novela para comprender o que un día fomos,o que somos, o que podemos ser. Non todo éplano. Hai ángulos. Hai perspectivas. E a pers-pectiva desta novela de Rosa Aneiros é, sempre, aperspectiva da liberdade. Esta forma romántica demirar todo. Ese amor que impregna a mirada. Esemaravilloso sentimento que nos fai estar máisvivos. Que nos fai resistir, no amor.

  • 10 Resistencia

    RAMÓN NICOLÁS, Faro de Vigo, 9 de xaneiro de 2003

    Arredor dun novo librode Rosa Aneiros

    Quen se queira achegar á lecturadesta novela da nova escritoraRosa Aneiros –nova en idade,que non en experiencia narradora, ámbitono que cómpre salientar o seu recente emáis de actualidade ca nunca Corazónsamolecidos en salitre (2002) co mar, co marde Galicia como protagonista omnímodo eirrenunciable– ha lembrar, para sempre, aospersonaxes Dinís e Filipa, ha envexar enparte as súas vidas de ficción que protago-nizan unha historia de amor extraordinariae un feixe de vivencias tamén excepcionais.Mais non só, pois incisivo e convincentesegue a ser o tratamento outorgado á confi-guración doutros personaxes como a avoaLeonor, Isaura e Antonio Gonçalves, ealgúns máis que por esta proposta circulancun alento perdurable na memoria do lec-tor, o que non é pouco.

    Con certo arrecendo a saga familiar,nunha prosa limpa e evocadora, non exentaen ocasións de certos tintes de filiación líri-ca, e allea á mantenta de propostas narrati-vas que focalizan a súa atención en formu-larlle un desmesurado nivel de existencia aolector, esta Resistencia permítenos achegar-nos a un capítulo clave da historia políticade Portugal, con especial atención a todoaquilo que rodeou á férrea represión exerci-da no seo das dictaduras fascistas de Salazare Marcelo Caetano. Novela, pois, agromadadesde unha inequívoca ancoraxe contempo-

    ránea –aínda que o tempo externo dela sesitúe retrospectivamente desde os anos vintedo século pasado– e inzada de referentes rea-listas na localización xeográfica ou nos acon-tecementos históricos recreados, alén de cer-tos actantes colectivos como son a Pide, aFrelimo, os operarios da fábrica de vidro dosIrmaos Stephen ou a incipiente agrupaciónsindicalista, entre outros. Novela posuídapor unha irrenunciable vocación audiovisual–paira por estas páxinas un máis que suxes-tivo guión cinematográfico– patente tantonas descricións de carácter visual como napropia execución dun final, resolto cunhareviravolta inesperada e estremecedora, maisreflexivamente calculada.

    Non se renuncia, cando for preciso, áintroducción de seguementos argumentaisque beirean a crueldade do ser humano,espellada na tortura física e na psicolóxica,dramaticamente espida nas cartas que nuncachegan á man dos seus destinatarios e taménnas que chegan, mercé ás cales sabemos davida, dos sentimentos, das esperanzas e dasderrotas. Novela, pois, tinguida desa cor gri-salla dunha historia que non se quere repetir,a abalar entre o amor entendido como escra-vitude e tamén como forza motriz, como ali-cerce dunha resistencia moral e ética.

    Rosa Aneiros amosa aquí o mellor dassúas posibilidades, convertendo esta entreganunha das novelas máis interesantes, ao meuxuízo, entre as saídas do prelo no pasado ano.

  • Resistencia 11

    SARA FIGUEIREDO COSTA, Canal de libros.com

    Este é o máis recente livro da jornalis-ta e escritora Rosa Aneiros, com aacção centrada no Portugal fascista ecoa característica de ser um romance bemdocumentado, inspirado en factos verídicos eque está a provocar alguma curiosidade ereflexão na Galiza onde nasceu e vive a suaautora.

    A acção parte do eixo entre São Pedro deMoel, Marinha Grande e Coimbra e recuaaté á década de 20, levando a narrativa aatravesar a ditadura e a chegar aos anos 90.Se as personagens centrais são duas, Dinís eFilipa, todas as outras cumprem o seu papelnuma história que se organiza em torno daideia de coerência, de luta por um ideal.Nesse sentido, Resistencia é um livro com-prometido, se não com um ideal determina-do, certamente com a denúncia das atroci-dades do regime fascista, das torturas, dossonhos cortados, da falta de liberdade, dasduras condiçoes de vida escondidas sob olema «pobrezinhos, mais honrados».

    Na linha de um neo-realismo que mar-cou a literatura portuguesa a partir dos anos30/40, este romance joga com a dicotomiaentre opressor e oprimido, prepotente eresistente, num plano de retrospectiva cro-nológica que recua o suficiente para esclare-cer as origens de Dinís e de Filipa, e que

    parte desse ponto para projectar as suas his-tórias entre a luta contra o Estado Novo, asorganizações clandestinas, os diferentesposicionamentos de diferentes grupos sócio-económicos, a prisão e a tortura em Penichee um amor que parece sobreviver a tudoisso, sobrevivendo mesmo á impossiblilida-de da sua concretização.

    Para além da narrativa que se compõe dahistória destas personagens, há un eixo fun-dador neste romance: a ideia de «contar»como resgate de uma memória que não podedesaparecer, sob pena de arrastrar consigo osmotivos para se querer viver en liberdade ouos ideais democráticos que, mal ou bem suce-didos na sua plenitude, vieram a implantar-secom a mudança de regime. E nesse sentido, éinteressante notar que o desfecho, ainda queaberto, desta narrativa se proporciona graçasà existência de um museu como o do Forte dePeniche, onde se preservam, ainda hoje, ele-mentos e relatos sobre a vivência dos presospolíticos que ali (sobre)viveram, e tambémdos que ali morreram, durante o regime deSalazar e de Marcelo Caetano. Esta é umasentida homenagem aos que resistiram, ummodo de lembrar os que capitularam, massempre o resgate de uma memoria que nãoquer perder-se. Podemos aguardar a ediçãoportuguesa? Era bom… Fica a sugestão!

    Da Galiza chega-nos um intenso romance situado no Portugal fascista, uma homenagem

    á resistência contra o Estado Novo.

  • FICHA TÉCNICATítulo: ResistenciaAutor: Rosa AneirosXénero: NarrativaISBN: 84-8302-925-1304 páxinas

    SINOPSEResistencia é unha novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esque-cer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesada man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silen-cio. Para os protagonistas, a militancia política non foi unha opción senón nunhaexistencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios senti-mentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resis-tencia. Dinís, un obreiro da fábrica de vidro Irmãos Stephen, e Filipa, filla dunrico comerciante de Coímbra, namoraron perdidamente sen calibrar as conse-cuencias. O Phinal do Rei, no oeste portugués, converteuse en testemuño davida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantesviuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugalata a Revolución dos Caraveis.

    X E R A I S

    Dep

    ósito

    Leg

    al: V

    G. 9

    29-2

    003