Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección...

22
Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP decembro de 2019 volume XXXI, número 6 EVOLUCIÓN DO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA DE 2005 A 2018 Introdución. Hoxe en día o consumo de tabaco está considerado como o factor de risco susceptible de ser prevido que máis mortes causa no mundo. Estimouse que no ano 2015 o tabaco causou no mundo aproximadamente 65 millóns de mortes 1 . Ata ou de agora, hai evidencia de que aumenta o risco de padecer, entre outras patoloxías, cancro de pulmón, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica e cardiopatía isquémica 2 . Segundo datos do Global Burden of Disease, en 2015 a prevalencia de consumo de tabaco a nivel mundial era do 25% en homes e do 5% en mulleres 1 . España é un dos países europeos cunha prevalencia de consumo de tabaco por riba da media de europea. Así, segundo os datos do Eurobarómetro publicado en 2017, a prevalencia de consumo en poboación maior de 14 anos era do 28% en España e do 26% en Europa 3 . Dende que no ano 1964 o Surgeon General publicara o informe The Health Consequences of Smoking empezouse a tomar conciencia dos efectos prexudiciais que o tabaco tiña na saúde e comezouse a traballar en medidas de control de tabaquismo 4 . Aínda que en España nas últimas décadas do século XX publicárase lexislación orientada ao control do consumo de tabaco, non foi ata o 26 de decembro do 2005 cando se aprobou unha lei que de xeito integral abordaba diferentes aspectos relacionados co consumo de tabaco 5 . A Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venta, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2006. Con esta Lei regulouse o consumo de tabaco en lugares de traballo e espazos públicos, pero establecía excepcións na hostalaría. A Lei, aceptada de maneira positiva pola poboación española 6 , conseguiu diminuír a prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco en todos os ámbitos, excepto na hostalería, onde a regulación parcial deixaba a moitos traballadores desprotexidos 7 . No ano 2010 a Lei modificouse facéndoa máis restritiva co obxectivo de avanzar cara a unha protección global da poboación, en especial dos traballadores do sector da hostalería 8 . Así, en xaneiro de 2011 aprobouse a Lei 42/2010 que estendía a prohibición de fumar a todo lugar público pechado, e a algúns lugares ao aire libre, como aqueles aos que os menores tivesen permitido o acceso, xa fosen parques, sitios docentes ou áreas recreativas. Tras a súa implantación conseguiuse unha diminución drástica na exposición ao fume ambiental de tabaco con efectos positivos na saúde dos non fumadores 9 . EVOLUCIÓN DO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA DE 2005 A 2018................................................ páxina 1 EXPOSICIÓN AO FUME AMBIENTAL DE TABACO EN GALICIA DE 2005 A 2018................................. páxina 11 CONSUMO DE TABACO DURANTE O EMBARAZO EN GALICIA EN 2016............................................. páxina 18

Transcript of Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección...

Page 1: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

1

Dirección xeral de saúde pública – DXSP

decembro de 2019 volume XXXI, número 6

EVOLUCIÓN DO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA DE 2005 A 2018

Introdución. Hoxe en día o consumo de tabaco está considerado como o factor de risco susceptible de ser

prevido que máis mortes causa no mundo. Estimouse que no ano 2015 o tabaco causou no mundo

aproximadamente 6’5 millóns de mortes1. Ata ou de agora, hai evidencia de que aumenta o risco de

padecer, entre outras patoloxías, cancro de pulmón, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica e cardiopatía

isquémica2.

Segundo datos do Global Burden of Disease, en 2015 a prevalencia de consumo de tabaco a nivel mundial

era do 25% en homes e do 5% en mulleres1. España é un dos países europeos cunha prevalencia de

consumo de tabaco por riba da media de europea. Así, segundo os datos do Eurobarómetro publicado en

2017, a prevalencia de consumo en poboación maior de 14 anos era do 28% en España e do 26% en

Europa3.

Dende que no ano 1964 o Surgeon General publicara o informe The Health Consequences of Smoking

empezouse a tomar conciencia dos efectos prexudiciais que o tabaco tiña na saúde e comezouse a traballar

en medidas de control de tabaquismo4.

Aínda que en España nas últimas décadas do século XX publicárase lexislación orientada ao control do

consumo de tabaco, non foi ata o 26 de decembro do 2005 cando se aprobou unha lei que de xeito integral

abordaba diferentes aspectos relacionados co consumo de tabaco5. A Lei 28/2005, de medidas sanitarias

fronte ao tabaquismo e reguladora da venta, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos do

tabaco entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2006. Con esta Lei regulouse o consumo de tabaco en lugares de

traballo e espazos públicos, pero establecía excepcións na hostalaría. A Lei, aceptada de maneira positiva

pola poboación española6, conseguiu diminuír a prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco en

todos os ámbitos, excepto na hostalería, onde a regulación parcial deixaba a moitos traballadores

desprotexidos7.

No ano 2010 a Lei modificouse facéndoa máis restritiva co obxectivo de avanzar cara a unha protección

global da poboación, en especial dos traballadores do sector da hostalería8. Así, en xaneiro de 2011

aprobouse a Lei 42/2010 que estendía a prohibición de fumar a todo lugar público pechado, e a algúns

lugares ao aire libre, como aqueles aos que os menores tivesen permitido o acceso, xa fosen parques, sitios

docentes ou áreas recreativas. Tras a súa implantación conseguiuse unha diminución drástica na

exposición ao fume ambiental de tabaco con efectos positivos na saúde dos non fumadores9.

EVOLUCIÓN DO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA DE 2005 A 2018................................................ páxina 1

EXPOSICIÓN AO FUME AMBIENTAL DE TABACO EN GALICIA DE 2005 A 2018................................. páxina 11

CONSUMO DE TABACO DURANTE O EMBARAZO EN GALICIA EN 2016............................................. páxina 18

Page 2: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

2 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Pero diferentes estudos realizados en España sobre o impacto destas dúas Leis nos diferentes indicadores

que permiten avaliar o consumo de tabaco, como a prevalencia de fumadores ou o número de cigarros

consumidos, suxiren que sobre eles as Leis 28/2005 e 42/2010 non tiveron impacto a curto ou medio prazo9.

En España, dende antes de 2005, xa se viña observando un descenso na prevalencia de fumadores e no

número de cigarros consumidos, así como un aumento da taxa de abandono. A evolución temporal destes

indicadores reflicte a influencia do conxunto de políticas de prevención e control do tabaquismo desenvoltas

nas últimas décadas, ademais da influencia da crise económica na venda de produtos de tabaco. Do

mesmo xeito, pero esta vez a nivel global, unha recente revisión Cochrane puxo de manifesto que o efecto

da prohibición de fumar sobre a redución da prevalencia de tabaquismo e do número de cigarros

consumidos era inconsistente10. Así, algúns estudos incluídos na revisión detectaron diminucións na

prevalencia de consumo, mentres que outros non detectaron cambios nas prevalencias nin nas súas

tendencias despois de introducir as prohibicións lexislativas.

No ano 2008 a OMS introduce a estratexia MPOWER, que comprende un paquete de medidas orientadas a

previr e facer retroceder a epidemia tabáquica no mundo11. Nas Leis 28/2005 e 42/2010 desenvólvense

algúns dos fundamentos da estratexia MPOWER, de acordo co Convenio Marco da OMS para o Control do

Tabaco, que foi ratificado por España en 200312. Esta estratexia comprende un paquete de seis medidas: 1)

vixilancia do consumo de tabaco e políticas de prevención (Monitor), 2) protección da poboación fronte ao

fume ambiental do tabaco (Protect), 3) oferta de axuda aos fumadores para deixar de fumar (Offer), 4)

advertencia dos perigos do tabaco (Warn), 5) facer cumprir as prohibicións sobre publicidade, promoción e

patrocinio (Enforce) e 6) aumento dos impostos ao tabaco (Raise).

A vixilancia, que é a primeira das accións incluídas, permite avaliar a tendencia da prevalencia do consumo

de tabaco e, de forma indirecta, valorar o grao de cumprimento das leis de control do tabaquismo. A OMS

baixo este epígrafe destaca a importancia de dispor de datos válidos que permitan implantar e avaliar as

medidas de control de tabaquismo aplicadas. Apuntan a que unha boa monitorización permite mellorar as

políticas de control e adaptalas ás necesidades de diferentes grupos poboacionais. Tamén destacan a

importancia de difundir a información obtida cara a proporcionarlle á sociedade, en especial aos

lexisladores, unha imaxe clara de como evoluciona a epidemia de tabaquismo.

En España disponse de diferentes fontes que estiman a prevalencia de consumo de tabaco. A nivel global,

a Enquisa Nacional de Saúde de España (ENSE) proporciona datos sobre a prevalencia entre a poboación

de 16 anos en diante; aínda que a información a nivel de Comunidade Autónoma e a periodicidade na súa

realización son insuficientes para facer unha análise en profundidade13.

En Galicia, a prevalencia de consumo empezouse a monitorizar no ano 2005, coa implantación do Sistema

de Información sobre Condutas de Risco para a saúde (SICRI). Coa información aportada polo SICRI

disponse de información máis detallada sobre a evolución da prevalencia de consumo de tabaco a nivel

poboacional.

O obxectivo principal deste traballo é ampliar ata 2018 a información recollida en números anteriores do

BEG sobre a evolución da prevalencia de consumo de tabaco entre a poboación adulta galega.

Metodoloxía. Neste estudo analízanse os datos de 9 enquisas realizadas no marco do SICRI nos anos

2005 (n=6.492), 2006 (n=7.841), 2007 (n=7.819), 2010 (n=7.845), 2011 (n=7.844), 2014 (n=7.874), 2015

(n=7.908), 2017 (n=7.841) e 2018 (n=7.853). Exclúense as enquisas realizadas en 2009 e 2016 por tratarse

de estudos monográficos sobre condutas sexuais (2009) e sobre saúde materno infantil (2016).

O SICRI fundaméntase na realización de enquisas telefónicas periódicas, empregando un sistema CATI

(computer-assisted telephone interview), a unha mostra representativa da poboación galega maior de 15

anos. No ano 2005 a idade dos enquisados censurouse en 74 anos. No SICRI, o marco de mostraxe é o

rexistro poboacional de Tarxeta Sanitaria, coa excepción do ano 2006, no que se empregou un directorio de

teléfonos fixos (DIRINFO). O cuestionario do SICRI inclúe todos os anos un bloque de preguntas orientadas

a valorar o consumo de tabaco, e mesmo o estudo do ano 2005 foi un monográfico sobre tabaco. Excepto

no ano 2006, o bloque de tabaco inclúe preguntas sobre o consumo de tabaco de lear, e desde 2014

pregúntase polo uso de cigarros electrónicos.

Page 3: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

3 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Para describir a evolución da epidemioloxía do tabaquismo en Galicia vanse empregar varios indicadores:

prevalencia de fumadores, exfumadores e nunca fumadores, prevalencia de fumadores diarios e ocasionais,

idade media de experimentación e idade media de consolidación.

A clasificación dos enquisados en función da súa relación co tabaco (fumador, exfumador, nunca fumador)

establécese a partir de dúas preguntas: “Fumou vostede algunha vez?” e “Actualmente fuma?” con tres

opcións de resposta: a diario, ocasionalmente, nunca. Defínese como fumador á persoa que declara fumar

no momento do estudo, exfumador a quen declara que fumou pero que no momento do estudo non fuma e

nunca fumador a quen declara que non fumou nunca. A pregunta “Actualmente fuma?” tamén permite

clasificar aos fumadores en diarios e ocasionais.

Para coñecer a idade de inicio do consumo ou experimentación (probaron por primeira vez o tabaco) e de

consolidación (inicio de consumo regular de tabaco) incluíronse dúas preguntas no cuestionario: “A que

idade probou o seu primeiro cigarro?” e “A que idade empezou a fumar de forma regular?”. A primeira

pregunta fáiselle a todas as persoas que probaron algunha vez o tabaco aínda que só fose unha calada e

se consideren nunca fumadores, mentres que a segunda restrínxese ás persoas que declararon que

fumaron algunha vez na súa vida, é dicir, fumadores actuais e exfumadores.

As prevalencias de consumo preséntanse en global (maiores de 15 anos, excepto en 2005 que están

censuradas aos 74 anos) e en función do sexo e grupo de idade (16-24, 25-44, 45-64 e 65 e máis anos). A

análise realizouse coa versión 14.2 de Stata tendo en conta o deseño complexo da mostra.

Información sobre o deseño, o cuestionario e outros resultados están dispoñibles no espazo adicado ao

SICRI da páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública [ligazón]

Os resultados que se presentan de agora en diante deben ser tomados con cautela, xa que é moi probable

que as prevalencias presentadas estean infraestimadas debido a que se basean na autodeclaración das

conductas socialmente non desexables. Polo demais, os estudos realizáronse seguindo as normas de boa

práctica e a Declaración de Helsinki, de forma que se solicitou e obtívose consentimento expreso verbal da

persoa enquisada.

Resultados. En Galicia, no período 2005-2018 obsérvanse cambios nos diferentes indicadores que

permiten describir a epidemioloxía do consumo de tabaco.

Ao analizar a evolución da prevalencia de consumo dende 2005 obsérvase a estabilización da prevalencia

de nunca fumadores, o aumento da de exfumadores e o descenso da prevalencia de fumadores (Figura 1).

A prevalencia de nunca fumadores, que ao longo do período estudado mantívose estable en torno a

porcentaxes próximas ao 50%, e tivo sempre valores máis altos entre as mulleres, compórtase de xeito

diferente en función do sexo (Figura 2). Así, sen ter en conta a prevalencia de 2005, na que a idade estaba

censurada aos 74 anos, nas mulleres a prevalencia de nunca fumadoras diminúe en 6 puntos porcentuais,

pasando de 68’6% (67’0-70’1) en 2006 a 62’7% (61’1-64’3) en 2018. Nos homes non se observan cambios

relevantes, e as prevalencias oscilan en torno ao valor medio do período, 37’8%, con diferenzas que van de

1’4 puntos porcentuais en 2014 [36’4% (34’8 – 38’0)] a 1’8 en 2017 [39’6% (38’0-41’2)].

En función do grupo de idade a prevalencia de nunca fumadores tamén evoluciona de xeito diferente. Así

entre a poboación de 16 a 24 anos a prevalencia aumenta en 15 puntos porcentuais entre 2005 e 2018,

pasando do 53’2% (51’2-55’3) ao 68’0% (65’9-70’1), mentres que nos grupos de 45 a 64 anos e nos de mais

de 64 a prevalencia diminuíu en aproximadamente 10 puntos porcentuais. Así entre os 45 e 64 anos pasou

do 50’5% (47’6-53’3) en 2005 ao 41’0% (38’8-43’2) en 2018, e entre os maiores de 64 anos pasou do 72’0%

(70’1-73’9) no 2006 ao 62’7% (60’6-64’8) no 2018. No grupo con idades comprendidas entre os 25 e 44

anos mantense estable (Figura 2).

A pesares de que a prevalencia de nunca fumadores na poboación de 65 anos en diante mostra tanto en

homes como en mulleres unha diminución no período a estudo, cómpre salientar a diferenza dos valores

das prevalencias tendo en conta o sexo. Nos homes a prevalencia de nunca fumadores pasa do 39’6%

(36’5- 42’7) en 2006 ao 32’6% (29’7-35’5) no 2018; nas mulleres a prevalencia pasa do 94’8% (93’4-96’2) ao

85’3% (83’1-87’5).

Page 4: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

4 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 1:

Prevalencia de

fumadores, exfumadores

e nunca fumadores na

poboación galega ≥ 16

anos (16-74 anos en

2005).

Figura 2:

Prevalencia de nunca fumadores na

poboación galega ≥ 16 anos (16-74

anos en 2005), por sexo e grupo de

idade.

En relación aos exfumadores, o

aumento que se observa na

prevalencia entre os anos 2005 e

2018, ocorre tanto en homes como

en mulleres. A prevalencia de

exfumadores é, en calquera dos

anos, máis alta entre os homes. A

prevalencia mínima, tanto en global

como en función do sexo,

obsérvase en 2007 e a máxima en

2018 (Figuras 1 e 3). Nos homes a prevalencia mínima sitúase no 32’7% (31’1-34’3) e a máxima no 38’8%

(37’1-40’4), e nas mulleres os valores son 12’1% (11’0-13’2) e 20’7% (19’4-22’1), respectivamente.

Con excepción dos mais novos, nos que as prevalencias se manteñen estables, a prevalencia de

exfumadores aumenta no período a estudo en calquera dos outros tres grupos de idade. O cambio

porcentual mais importante obsérvase nos maiores de 64 anos, nos que a prevalencia de exfumadores

aumentou en 9 puntos, pasando do 22’4% (20’6-24’2) no 2006 ao 31’5% (29’5-33’4) no 2018. (Figura 3).

En relación cos fumadores, como se apuntou antes, a súa prevalencia global diminuíu no período 2005-

2018. O descenso obsérvase na prevalencia de fumadores diarios, mentres que a prevalencia de fumadores

ocasionais non amosa cambios relevantes. A prevalencia máxima de consumo diario obsérvase en 2007

(22’1%) e a mínima en 2017 (16’0%) (Figura 4). Deste xeito, prevalencia global de consumo de tabaco ven

determinada pola prevalencia de fumadores diarios, xa que o consumo ocasional mantense en prevalencias

próximas ao 4% en calquera dos anos variando entre un mínimo do 2’2% e un máximo do 4’8%.

0,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Fumadores Exfumadores Nunca fumadores

36.7 38.5 37.3 37.6 38.1 36.4 37.7 39.6 37.4

62.668.6 66.8 67.3 66.1 65.9 63.2 65.7 62.7

0,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Homes Mulleres

Por sexo

0,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

16-24 años 25-44 años

45-64 años >=65 años

Por grupo de idade

Page 5: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

5 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 3:

Prevalencia de exfumadores na

poboación galega ≥ 16 anos (16-74

anos en 2005), por sexo e grupo de

idade.

Figura 4:

Prevalencia de

fumadores

diarios e

ocasionais, e

prevalencia

global, na

poboación

galega ≥ 16

anos (16-74

anos en 2005).

A prevalencia de fumadores é máis alta entre os homes en calquera dos anos do período estudado.

Ademais, entre 2007 e 2018 obsérvase unha diminución da prevalencia, tanto en homes como en mulleres.

Nos homes, a prevalencia de fumadores varía entre 30’1% (28’5-31’6) en 2007 e 23’9% (22’4-25’3) en 2018,

e nas mulleres entre o 21’1% (19’8-22’5) e o 16’6% (15’4-17’8), respectivamente (Figura 5).

Nos diferentes grupos de idade a evolución do consumo de tabaco foi diferente no período 2005-2018. Así,

entre os máis novos (16 a 24 anos) hai un descenso na prevalencia de consumo de 17 puntos porcentuais

no período a estudo, diminuíndo do 37’4% (35’5-39’4) en 2005 ao 20’0% (18’2-21’8) en 2018. No grupo de

25 a 44 anos a prevalencia de consumo diminuíu en 10 puntos porcentuais entre os anos 2005 e 2014

[38’1% (36’1-40’0) e 28’1% (26’1-30’1), respectivamente] para logo estabilizarse. O grupo con idades

29.0

21.4

25.423.8 22.9

20.9 21.819.7 20.1

25.0

19.3

22.120.1

18.117.0 17.6

16.0 16.8

4.02.2

3.3 3.7 4.8 3.9 4.2 3.7 3.30,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Fumadores F. diarios F. ocasionais

28.834.6 32.7 33.3 34.2

38.4 36.9 36.6 38.8

14.2 14.9 12.1 13.8 15.4 17.2 18.4 18.3 20.7

0,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Homes Mulleres

Por sexo

0,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

16-24 años 25-44 años

45-64 años >=65 años

Por grupo de idade

Page 6: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

6 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

comprendidas entre os 45 e os 64 anos é o único no que se observa un aumento na prevalencia entre 2006,

cando fumaba o 20’4% (18’6-22’2), e o 2011, cunha prevalencia do 25’6% (23’7-27’5); a partir de entón a

prevalencia estabilizouse. No grupo de idades avanzadas a prevalencia permaneceu estable (Figura 5).

Figura 5:

Prevalencia de fumadores na

poboación galega ≥ 16 anos (16-74

anos en 2005), por sexo e grupo de

idade.

Ao ter en conta o grupo de idade,

as prevalencias de consumo de

tabaco máis altas en calquera dos

anos corresponden á poboación de

25-44 anos e as máis baixas aos

maiores de 64. A diminución da

prevalencia de consumo que se

observa no período a estudo entre

a poboación de 16 a 24 anos deixa

ao grupo de 25 a 44 anos como o

segundo con prevalencias máis

altas (Figura 5).

En relación coas idades de experimentación do consumo de tabaco e de consolidación, obsérvase un lixeiro

retraso en calquera das dúas ao longo do período estudado, i.e, parece que a idade á que se proba o

tabaco (experimentación) e a idade á que se consolida o consumo (consolidación) retrásanse ao longo do

período a estudo, se ben os cambios non son relevantes.

A idade media de experimentación era de 16’5 anos (16’4-16’7) no ano 2005, e de 17’2 anos (17’1-17’3) en

2018. Nos homes, en calquera dos anos a estudo, a experimentación prodúcese por termo medio 1 ano

antes que nas mulleres. Así, no ano 2005 a idade media de experimentación nos homes era de 16’1 anos

(15’9-16’3), e no 2018 de 16’8 anos (16’6-16’9); nas mulleres, estas idades eran 17’2 anos (16’9-17’4) en

2005 e 17’8 anos (17’5-18’0) en 2018. En relación coa idade de consolidación, no período a estudo tamén

se observa un lixeiro retraso; así, en 2005 a consolidación producíase de media aos 18’8 anos (18’7-19’0), e

no 2018 aos 19’6 (19’4-19’7). Os homes consolidan o consumo de tabaco antes que as mulleres, se ben as

diferenzas que se observan son menores que na idade de experimentación; por exemplo, a idade media de

consolidación dos homes en 2018 eran os 19’2 anos (19’0-19’5) e nas mulleres os 20’0 anos (19’7-20’3).

Para calquera ano, a diferenza entre as idades medias de experimentación e consolidación varía entre 2 ’0 e

2’6 anos, é dicir, a idade media de consolidación prodúcese entre 2’0 e 2’6 anos despois da idade de

experimentación (Figura 6).

Ao ter en conta o grupo de idade destaca que canto máis novas son as cohortes antes proban o tabaco e

antes consolidan o seu consumo. Por exemplo, por termo medio, os fumadores de mais de 64 anos

declararon idades de inicio e consolidación 3 anos mais altas que as dos fumadores de 16 a 24 anos. Se

ben debe terse en conta o impacto que pode ter nas cohortes, especialmente nas dúas primeiras, o inicio

tardío tanto na idade media de inicio como de consolidación. No grupo de 16 a 24 anos a idade media de

inicio en todo o período de estudo é de 15’7 anos, e a de consolidación de 16’9; no grupo de 25 a 44 anos

estas idades son 16’6 e 18’7, respectivamente; no de 45 a 64, 17’0 e 19’3; e nos maiores de 64 anos, 18’6 e

20’5 anos (Figura 7).

34.526.9 30.1 29.1 27.7 25.2 25.4 23.8 23.9

23.216.5

21.1 18.9 18.5 16.9 18.4 16.0 16.60,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Homes Mulleres

Por sexo

0,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

16-24 años 25-44 años

45-64 años >=65 años

Por grupo de idade

Page 7: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

7 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 6:

Idades medias de

experimentación (proba do

primeiro cigarro) e consolidación

(inicio do consumo regular) na

poboación galega ≥ 16 anos (16-74

en 2005), por sexo.

Figura 7:

Idades medias de experimentación

(proba do primeiro cigarro) e

consolidación (inicio do consumo

regular) na poboación galega ≥ 16

anos (16-74 en 2005), por grupo de

idade.

Os cigarros manufacturados son a

forma de consumo de tabaco mais

frecuente entre os fumadores, se

ben a porcentaxe de fumadores

que declaran o seu consumo

diminuíu ao longo do período a

estudo, e esta diminución ven

acompañada dun aumento da

prevalencia de consumo de picadura (Figura 8).

En 2005, o 95’2% (94,0-96,3) dos fumadores galegos consumían exclusivamente cigarros. O consumo

doutras labores (puros, pipas ou picadura), soas ou combinadas con cigarros, era minoritario. Os fumadores

de cigarros negros concentrábanse no grupo de maiores de 64 anos. No ano 2018 a porcentaxe de

fumadores que declararon fumar cigarros manufacturados era o 86’2% (84’4-88’0), 9 puntos porcentuais por

debaixo do valor en 2005 (Figura 8). A diminución no consumo de cigarros manufacturados nese período

obsérvase só nos grupos de idade que comprenden a poboación mais nova, 16-24 e 25-44; nos primeiros a

16.1 16.1 16.4 16.6 16.9 16.7 16.6 16.8

17.2 17.7 17.7 17.8 18.0 17.8 17.7 17.8

18.6 18.617.4

18.7 19.0 19.4 19.3 19.4 19.2

19.1 19.318.3

19.4 19.6 20.2 20.0 20.0 20.0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Idade media de experimentación

Idade media de consolidación

Homes Mulleres

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Idade media de experimentación

Idade media de consolidación

16-24 años 25-44 años

45-64 años >=65 años

Page 8: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

8 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

diminución foi de 17’3 puntos porcentuais [2005: 99’7% (99’3-100’0) vs. 2018: 82’4% (78’6-86’2)] e nos

segundos de 14’7 [2005: 98’9% (98’2-99’6) vs. 2018: 84’8% (81’8-87’7)]. O consumo de puros e pipas

seguiu a ser minoritario.

Figura 8:

Prevalencia de consumo de

cigarros e picadura en

fumadores galegos >=16

anos (16-74 anos en 2005).

En relación co consumo de picadura obsérvase un aumento na prevalencia a partir do ano 2010. No ano

2005 estimouse a prevalencia de consumo entre fumadores no 0’8% (0’3-1’2) cun consumo concentrado

nos homes [1’1% (0’5-1’8) vs. 0’2% (0’0-0’5)]; no ano 2010 a prevalencia situouse no 7’3% (6’1-8’6)

manténdose as diferenzas entre sexos, razón de prevalencia home/muller 1’9 [9’1% (7’2-10’9) vs. 4’9% (3’3-

6’5)]. A partir do ano 2010 as prevalencias aumentaron e as diferenzas entre homes e mulleres diminuíron.

Así, en 2018 a prevalencia de consumo de picadura entre os fumadores situouse no 25’1% (22’8-27’4) e a

razón de prevalencia home/muller en 1’2 [27’0% (23’9-30’1) vs. 22’6% (19’2-26’0)] (Figura 9).

O aumento na prevalencia de consumo de picadura produciuse de forma independente á idade se ben a

intensidade do aumento diminúe a medida que se avanza no grupo de idade. Entre 2005 e 2018 a

prevalencia de consumo de picadura aumentou en 40 puntos porcentuais entre a poboación de 16 a 24

anos, en 29 puntos nos de 25-44 anos e en 20 puntos nos de 45 a 64 anos (Figura 9). No grupo de

poboación con idades por riba dos 64

anos só se dispón de información a partir

de 2007 que, aínda que reflicte un

aumento da prevalencia a partir da

análise das estimacións puntuais, o

intervalo de confianza non permite emitir

unha conclusión.

Figura 9:

Prevalencia de consumo de picadura en

fumadores galegos >=16 anos (16-74

anos en 2005), por sexo e grupo de

idade.

95.297.7 96.5 96.3

93.189.5 90.8

84.8 86.2

0.8 1.87.3

10.916.7 18.6

22.325.1

0,0

20,0

40,0

60,0

80,0

100,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Cigarrillos Picadura

1.1 2.3

9.111.4

18.4 20.423.0

27.0

0.2 1.24.9

10.314.4 16.3

21.4 22.6

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Homes Mulleres

Por sexo

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

16-24 años 25-44 años 45-64 años

Por grupo de idade

Page 9: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

9 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Comentario. A distribución da poboación galega en función do consumo de tabaco cambiou dende o ano

2005. Obsérvase un descenso na prevalencia de fumadores, máis evidente entre os fumadores diarios. Sen

ter en conta o grupo de idade, a prevalencia de fumadores diminuíu tanto en homes coma en mulleres. Para

calquera ano do que se ten información, o grupo de 25 a 44 anos é o que ten a prevalencia de fumadores

mais alta.

No grupo de idade de 16 a 24 anos a prevalencia de fumadores diminuíu parella ao aumento na prevalencia

de nunca fumadores mentres que a de exfumadores mantense estable. Estes datos suxiren menor inicio de

consumo de tabaco neste grupo de idade.

Entre os 25 e 44 anos a prevalencia de fumadores diminuíu ata 2014, momento no que se estabilizou. Esta

diminución na prevalencia de fumares vai acompañada do aumento na prevalencia de exfumadores.

A partir dos 45 anos, isto é nos grupos de 45 a 64 anos e de 65 anos en diante, obsérvase unha diminución

na prevalencia de nunca fumadores e un aumento na prevalencia de exfumadores. A diminución na

prevalencia de nunca fumadores podería explicarse pola incorporación de mulleres ao consumo (diminución

de nunca fumadoras) e o aumento da prevalencia de exfumadores polo cese nos homes.

No período 2005-2018 obsérvase en global un retraso nas idades de experimentación e de consolidación do

consumo de tabaco. Estas idades diminúen a medida que se avanza nos grupos de idade, así canto máis

novas son as cohortes de idade, antes proban e antes consolidan o consumo.

No período 2005-2018 diminuíu a porcentaxe de fumadores que declaraban consumir cigarros

manufacturados e aumentou a porcentaxe dos que declararon consumir picadura. Aínda así, entre os

fumadores o consumo de cigarros manufacturados é maioritario, se ben no grupo de 16 a 24 anos 4 de

cada 10 fumadores declararon que consumiran picadura no ano 2018.

A partir dos resultados deste estudo non se pode evidenciar se a entrada en vigor das Leis 28/2005 e

42/2010 impactaron nas prevalencias de consumo, xa que non é posible valorar se a prevalencia viña

diminuíndo dende anos anteriores.

Este estudo presenta diferentes limitacións. A máis importante é a autodeclaración do consumo de tabaco,

o que pode producir un nesgo de información. Con todo, hai estudos que avalan a utilización de

cuestionarios para avaliar a prevalencia de consumo, especialmente entre poboación xeral, estando as

limitacións centradas cando se estudan colectivos específicos como as embarazadas. Ademais, débese ter

en conta que neste traballo valórase a evolución da prevalencia de consumo empregando sempre o mesmo

método de recollida de información, polo que calquera nesgo que poida estar presente afectaría da mesma

maneira en calquera dos anos a estudo. Outra limitación deste estudo pasa porque non se dispón de

información nos menores de 16 anos.

En referencia ás fortalezas deste estudo atópase o tamaño da mostra estudada e a representatividade da

mesma, ademais da alta participación, que foi superior ao 70% en calquera dos estudos incluídos.

En resumo, en Galicia a prevalencia de consumo de tabaco diminuíu de xeito considerable dende 2005, en

especial entre os mais novos. Débese prestar atención ao aumento na prevalencia de consumo de

picadura, de xeito especial entre os mais novos.

Nota: Na seguinte ligazón da páxina web da DXSP hai un documento anexo con datos (DADA) que contén

unha serie de táboas coa prevalencia (%), e os seus intervalos de confianza do 95%, de fumadores,

exfumadores e nunca fumadores por sexo (1a) e grupo de idade (1b); a de fumadores diarios e ocasionais,

por sexo (2a) e grupo de idade (2b); a de consumo de consumo de cigarros e picadura en fumadores, e a

de consumo de cigarros electrónicos na poboación, por sexo (4a) e grupo de idade (4b). Hai tamén táboas

coa idade media de proba do primeiro cigarro e idade media de consolidación do hábito de fumar, por sexo

(3a) e grupo de idade (3b).

Page 10: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

10 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Bibliografía

1 Smoking prevalence and attributable disease burden in 195 countries and territories, 1990-2015: a systematic analysis from the Global Burden of Disease Study 2015. Lancet. 2017 May 13;389(10082):1885-906.

2 Surgeon General. The Health Consequences of Smoking-50 Years of Progress: A Report of the Surgeon General. Atlanta (GA) 2014.

3 European Commission. Special Eurobarometer 458. Attitudes of Europeans towards tobacco and electronic cigarettes; 2017.

4 United States Surgeon General's Advisory Committee on Smoking and Health. Smoking and health; report of the advisory committee to the Surgeon General of the Public Health Service. U.S. Govt.; 1964.

5 Ley 28/ 2005 de 26 de diciembre, de medidas sanitarias frente al tabaquismo y reguladora de la venta, el suministro, el consumo y la publicidad de los productos del tabaco (BOE nº 309, del martes 27 de diciembre de 2005).

6 Sureda X et al. Secondhand smoke in outdoor settings: smokers' consumption, non-smokers' perceptions, and attitudes towards smoke-free legislation in Spain. BMJ open 2015; 5: e007554.

7 Perez-Rios M et al Impacto de las leyes de control del tabaquismo en la exposición al humo ambiental de tabaco en Galicia (2005-2011). Gac Sanit 2014; 28: 20-4.

8 Ley 42/2010 de 30 de diciembre, por la que se modifica la Ley 28/2005, de 26 de diciembre, de medidas sanitarias frente al tabaquismo y reguladora de la venta, el suministro, el consumo y la publicidad de los productos del tabaco (BOE nº 309, del viernes 31 de diciembre de 2010).

9 Grupo de Trabajo sobre Tabaquismo de la Sociedad Española de Epidemiología. Evaluación de las políticas de control del tabaquismo en España (Leyes 28/2005 y 42/2010). Revisión de la Evidencia. 2017.

10 Frazer K et al. Legislative smoking bans for reducing harms from secondhand smoke exposure, smoking prevalence and tobacco consumption. The Cochrane database of systematic reviews 2016; 2:CD005992.

11 WHO Report on the Global Tobacco Epidemic, 2008: the MPOWER package. Geneva, World Health Organization, 2008.

12 Organización Mundial de la Salud. Convenio Marco de la Organización Mundial de la Salud para el control del tabaco. [Ligazón]

13 Encuesta Nacional de Salud de España. Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo. Disponible en: ligazón.

Page 11: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

11 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

EXPOSICIÓN AO FUME AMBIENTAL DE TABACO EN GALICIA

DE 2005 A 2018

Introdución. A exposición ao fume ambiental de tabaco (FAT) provoca enfermidade e morte. Ata o de

agora, hai evidencia de que aumenta o risco de padecer, entre outras patoloxías, cancro de pulmón,

enfermidade pulmonar obstrutiva crónica e cardiopatía isquémica1. A Organización Mundial da Saúde

estima que a exposición ao FAT provoca cada ano no mundo a morte de aproximadamente un millón de

persoas2.

Dende que no ano 1986 o Surgeon General publicara o informe The Health Consequences of Involuntary

Smoking3 sobre os efectos do FAT na saúde, empezouse a tomar conciencia dos efectos prexudiciais

asociados á exposición e comezouse a lexislar co obxectivo de protexer a poboación fronte a este

carcinóxeno ambiental. Por exemplo, o estado de California, nos Estados Unidos, aplicou en 1998 unha lei

que prohibía fumar en lugares de lecer como restaurantes ou bares. Irlanda, no ano 2004, foi pioneira en

Europa ao aplicar unha lei similar que regulaba o consumo de tabaco en lugares públicos4.

No 2008 a Organización Mundial da Saúde propuxo seis accións que conformaban a estratexia MPOWER

orientada a diminuír o impacto do tabaquismo na saúde; entre as accións incluídas dúas estaban centradas

no fume de tabaco: protexer á poboación e advertila dos efectos secundarios relacionados coa mesma5.

En España, o 26 de decembro do 2005 aprobouse a Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao

tabaquismo, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2006. Esta Lei, un fito para a Saúde Pública española,

regulou a publicidade e os lugares onde se podía vender tabaco ou limitou os lugares nos que se podía

fumar. Así, a Lei prohibiu o consumo de tabaco en lugares públicos e zonas de lecer en horario no que está

permitida a entrada de menores e recolleu a prohibición de fumar en lugares públicos e de traballo que non

estivesen ao aire libre. Pero na Lei incluíronse excepcións; así, nos locais de hostalaría de menos de 100

m2 eran os propietarios os que decidían se declaraban ao local libre de fume de tabaco6.

A lei, aceptada de maneira positiva pola poboación española7, conseguiu diminuír a prevalencia de

exposición en todos os ámbitos, excepto na hostalería, onde a regulación parcial deixaba a moitos

traballadores desprotexidos2.

No ano 2010 modificouse a Lei 28/2005 para facela máis restritiva e avanzar cara a unha protección global

da poboación, en especial dos traballadores do sector da hostalería9. A Lei 42/2010 aprobouse en xaneiro

de 2011 estendendo a prohibición de fumar a todo lugar público pechado, e a algúns lugares ao aire libre,

como aqueles aos que os menores tivesen permitido o acceso, xa fosen parques, sitios docentes ou áreas

recreativas. Ademais, prohibiuse fumar nas instalacións públicas, incluíndo as zonas ao aire libre que

estivesen comprendidas dentro do seu recinto. Nos hoteis, hostais ou similares obrigouse a identificar

habitacións específicas para os fumadores. En centros sociosanitarios como os centros psiquiátricos,

residencias de maiores ou de discapacitados, así como nas prisións, obrigouse a habilitar zonas illadas e

exteriores onde os residentes puidesen fumar. Con esta Lei restrinxiuse aínda máis a publicidade e a

promoción do tabaco de maneira que ningún medio de comunicación puidese exhibir imaxes que o

publicitasen.

Tras a implantación destas leis conseguiuse unha diminución drástica na exposición ao FAT con efectos

positivos na saúde dos non fumadores4.

A monitoraxe, que é unha das accións incluídas na estratexia MPOWER da OMS, permite avaliar a

tendencia da exposición ao FAT e, de forma indirecta, valorar o grao de cumprimento das leis de control do

tabaquismo. En España disponse de diferentes fontes que estiman a prevalencia de exposición ao FAT. A

nivel global, a Enquisa Nacional de Saúde de España (ENSE) proporciona información sobre a prevalencia

de exposición; aínda que a información que proporciona a nivel de Comunidade Autónoma e a periodicidade

na súa realización son insuficientes para facer unha análise en profundidade.

Page 12: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

12 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

En Galicia, a prevalencia de exposición ao FAT empezouse a monitorizar no ano 2005, coa implantación do

Sistema de Información sobre Condutas de Risco para a Saúde (SICRI)10. Coa información aportada polo

sistema disponse de información detallada da evolución da exposición poboacional ao FAT.

O obxectivo principal deste traballo é ampliar ata 2018 a información recollida nun número anterior do

BEG11 sobre a evolución da prevalencia de exposición ao FAT entre a poboación galega.

Metodoloxía. Neste estudo analízanse os datos de 9 enquisas realizadas no marco do SICRI nos anos

2005 (n=6.492), 2006 (n=7.841), 2007 (n=7.819), 2010 (n=7.845), 2011 (n=7.844), 2014 (n=7.874), 2015

(n=7.908), 2017 (n=7.841) e 2018 (n=7.853). Exclúense as enquisas realizadas en 2009 e 2016 por tratarse

de estudos monográficos sobre condutas sexuais (2009) e sobre saúde materno infantil (2016).

O SICRI fundaméntase na realización de enquisas telefónicas periódicas, empregando un sistema CATI

(computer-assisted interview survey), a unha mostra representativa da poboación galega maior de 15 anos.

No ano 2005 a idade dos enquisados censurouse en 74 anos. O cuestionario do SICRI inclúe todos os anos

un bloque de preguntas orientadas a valorar a exposición ao FAT. A partir do ano 2014 introdúcense

preguntas a maiores co obxectivo de estimar a prevalencia de exposición no coche.

Para estimar a prevalencia de exposición ao FAT na casa, lugares de lecer e lugares de traballo incluíronse

17 preguntas orientadas a valorar a frecuencia de exposición, diaria ou ocasional, e o tempo de exposición

ao día ou á semana, respectivamente.

A prevalencia de exposición ao FAT na casa estímase a partir da pregunta: “Na última semana (desde o

luns ata o domingo), con que frecuencia estivo vostede exposto ao fume de tabaco dos fumadores (no caso

de non fumadores) ou doutros fumadores (no caso dos fumadores) na casa?”.

As preguntas orientadas a valorar a exposición ao FAT no traballo restrinxíronse ás persoas que

contestaron que traballaban ou estudaban no momento da enquisa. A pregunta incluída foi: “Na última

semana (desde o luns ata o domingo), con que frecuencia estivo vostede exposto ao fume do tabaco dos

fumadores (no caso de non fumadores) ou doutros fumadores (no caso dos fumadores) no traballo/centro

de estudos?”

A exposición ao FAT nos lugares de lecer valorouse entre aquelas persoas que afirmaron que acudiran a

lugares de lecer na semana previa ao estudo. A pregunta incluída foi “Na última semana (desde o luns ata o

domingo), con que frecuencia estivo vostede exposto ao fume de tabaco dos fumadores (no caso de non

fumadores) ou doutros fumadores (no caso dos fumadores)?”

En calquera dos casos, as opcións de resposta ás preguntas foron: A diario/ Ocasionalmente/Nunca. Ás

persoas que declararon estar expostas a diario preguntóuselles polo número de horas de exposición ao día

e ás que declararon estar expostas de forma ocasional polo número de horas de exposición á semana.

Defínese como exposta ao FAT nun ámbito específico (casa, traballo ou lecer) á persoa que declara

exposición nese ámbito, ben a diario ou de forma ocasional, con independencia do tempo de exposición. A

exposición global defínese a partir das exposicións específicas, e considérase como exposto a quen declara

exposición nun ou máis dos ámbitos analizados.

As prevalencias de exposición preséntanse en global (maiores de 15 anos, excepto en 2005 que están

censuradas aos 74 anos) e en función do sexo, grupo de idade (16-24, 25-44, 45-64 e 65 e máis anos) e

consumo de tabaco (fumador e non fumador).

Defínese como fumador á persoa que declara fumar no momento do estudo, exfumador a quen declara que

fumou pero que no momento do estudo non fuma e nunca fumador a quen declara que non fumou nunca.

Non fumador fai referencia a exfumador e nunca fumador.

A análise realizouse coa versión 14.2 de Stata tendo en conta o deseño complexo da mostra, e información

detallada do deseño, cuestionario e outros resultados do SICRI están dispoñibles na páxina espazo adicado

ao SICRI na web da Dirección Xeral de Saúde Pública [ligazón].

Page 13: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

13 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Os resultados que se presentan de agora en diante deben ser tomados con cautela, xa que é moi probable

que as prevalencias presentadas estean infraestimadas debido a que se basean na autodeclaración das

conductas socialmente non desexables .

Estes estudos realizáronse seguindo as normas de boa práctica e a Declaración de Helsinki, de forma que

se solicitou e obtívose consentimento expreso verbal da persoa enquisada.

Resultados. No período 2005-2018 a prevalencia autodeclarada de exposición global ao FAT, diaria ou

ocasional, diminuíu en 70 puntos porcentuais. Así en 2005 o 95’2% (94’5- 96’0) dos galegos declararon

estar expostos ao FAT fronte ao 25’1% (24’1- 26’1) que o declararon en 2018 (Táboa 1). A prevalencia de

exposición diaria pasou do 53’0% (51’6-54’4) ao 12’9% (12’1-13’7).

Figura 1: Evolución da prevalencia de

exposición ao FAT en Galicia por ámbito;

enriba, exposición conxunta (diaria ou

ocasional), e abaixo, exposición diaria.

No ano 2005, o 92’8% (91’9-93’8) da

poboación declaraba estar exposta ao FAT

no lecer, ben a diario ou de forma

ocasional. A prevalencia de exposición

neste ámbito diminuíu de forma significativa

entre o ano 2005 e o ano 2006, 30 puntos

porcentuais, pero foi no ano 2011 cando se

observou a diminución máis acusada; así,

en 2010 a prevalencia de exposición no

lecer era do 54’8% (53’6-55’9) e en 2011

do 6’3% (5’8-6’9). Desde ese ano

produciuse un aumento progresivo na

prevalencia ata o ano 2017, 13’5% (12’6-

14’3) (Táboa 1; Figura 1). En canto á

exposición diaria, o lecer é o ámbito coas

prevalencias declaradas de exposición

máis baixas, ao contrario do que ocorre coa

exposición conxunta (diaria máis ocasional)

(Figura 1).

A diminución máis importante na

prevalencia de exposición diaria ou

ocasional ao FAT no traballo observouse

entre o ano 2005 e o ano 2006, pasando do

55’2% (53’5-56’9) ao 17’8% (16’4-19’2). O descenso mantívose ata o ano 2014 [8’0% (7’1-8’9)], momento a

partir do cal se observa un aumento, situándose a prevalencia no 12’2% (11’2-13’3) en 2018 (Táboa 1;

Figura 1). O aumento que se observa na prevalencia conxunta de exposición ao FAT non se observa na

prevalencia diaria, así esta mantense sen cambios relevantes dende 2011 (Figura 1).

No ano 2005 a casa era o ámbito onde os galegos declaraban unha prevalencia de exposición diaria ou

ocasional ao FAT máis baixa, 34’8% (33’4-36’2), pero desde o ano 2011 é o ámbito coa maior prevalencia

de exposición, a pesar de que a prevalencia diminúe en calquera dos anos a estudo en comparación co

dato do ano anterior. En 2014 a prevalencia de exposición na casa duplicaba a prevalencia de exposición

no traballo ou no lecer; aínda que nos anos seguintes as diferenzas diminuíron (Táboa 1; Figura 1).

Page 14: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

14 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Táboa 1. Exposición diaria máis ocasional na poboación de 16 anos e máis (16 a 74 en 2005).

Ano Todos Homes Mulleres

% IC(95%) % IC(95%) % IC(95%)

Casa

2005 34’8 33’4 - 36’2 31’5 29’7 - 33’4 38’2 36’0 - 40’4

2006 20’8 19’9 - 21’7 18’7 17’4 - 20’0 22’7 21’4 - 24’1

2007 20’4 19’4 - 21’3 18’2 16’9 - 19’5 22’4 21’0 - 23’7

2010 19’2 18’2 - 20’1 18’4 17’1 - 19’6 19’9 18’6 - 21’2

2011 18’5 17’6 - 19’4 17’6 16’3 - 18’9 19’4 18’1 - 20’7

2014 17’7 16’8 - 18’6 17’0 15’7 - 18’2 18’4 17’1 - 19’6

2015 18’2 17’3 - 19’1 16’7 15’4 - 17’9 19’6 18’3 - 20’9

2017 15’5 14’7 - 16’4 13’7 12’6 - 14’9 17’2 15’9 - 18’4

2018 15’3 14’5 - 16’2 14’3 13’1 - 15’4 16’3 15’1 - 17’5

Traballo

2005 55’2 53’5 - 56’9 55’6 53’4 - 57’8 54’6 51’9 - 57’4

2006 17’8 16’4 - 19’2 20’8 18’9 - 22’8 13’7 11’8 - 15’6

2007 18’3 17’0 - 19’6 21’1 19’2 - 22’9 15’0 13’3 - 16’7

2010 13’7 12’5 - 14’8 16’0 14’4 - 17’7 10’9 9’3 - 12’4

2011 8’0 7’1 - 8’9 9’9 8’5 - 11’2 5’9 4’9 - 7’0

2014 8’0 7’1 - 8’9 10’0 8’6 - 11’4 5’6 4’5 - 6’7

2015 11’4 10’3 - 12’4 13’9 12’3 - 15’5 8’6 7’3 - 9’9

2017 10’2 9’2 - 11’2 11’7 10’3 - 13’2 8’5 7’2 - 9’8

2018 12’2 11’2 - 13’3 14’8 13’3 - 16’3 9’3 8’0 - 10’6

Lecer

2005 92’8 91’9 - 93’8 95’8 94’9 - 96’7 89’7 88’0 - 91’4

2006 62’1 61’0 - 63’3 72’1 70’6 - 73’6 53’0 51’3 - 54’7

2007 55’4 54’3 - 56’6 65’9 64’3 - 67’5 45’8 44’2 - 47’4

2010 54’8 53’6 - 55’9 66’1 64’6 - 67’7 44’4 42’7 - 46’0

2011 6’3 5’8 - 6’9 5’3 4’6 - 6’0 7’3 6’4 - 8’1

2014 8’2 7’6 - 8’8 9’6 8’6 - 10’5 6’9 6’1 - 7’7

2015 15’0 14’1 - 15’8 16’9 15’6 - 18’1 13’2 12’1 - 14’3

2017 13’5 12’6 - 14’3 14’1 12’9 - 15’3 12’8 11’6 - 14’0

2018 9’4 8’7 - 10’0 10’5 9’5 - 11’6 8’2 7’3 - 9’1

Global

2005 95’2 94’4 - 96’0 97’4 96’7 - 98’2 92’9 91’5 - 94’2

2006 69’6 68’5 - 70’7 77’0 75’6 - 78’4 62’8 61’2 - 64’4

2007 64’8 63’6 - 65’9 72’4 70’9 - 73’9 57’8 56’1 - 59’4

2010 62’7 61’6 - 63’9 72’0 70’5 - 73’5 54’3 52’6 - 55’9

2011 26’2 25’2 - 27’2 25’5 24’0 - 26’9 26’9 25’4 - 28’4

2014 25’2 24’2 - 26’3 26’6 25’1 - 28’1 24’0 22’6 - 25’4

2015 30’6 29’5 - 31’7 32’0 30’5 - 33’6 29’3 27’8 - 30’8

2017 27’2 26’1 - 28’2 27’3 25’8 - 28’8 27’1 25’6 - 28’5

2018 25’1 24’1 - 26’1 26’4 25’0 - 27’9 23’9 22’5 - 25’2

Page 15: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

15 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

En función do sexo, a prevalencia global de exposición ao FAT era máis alta nos homes ata o ano 2011,

momento no que se iguala á das mulleres (Figura 2). O mesmo patrón obsérvase nas prevalencias de

exposición ao FAT no lecer. Con todo, a porcentaxe de homes expostos no traballo é, para calquera ano,

maior que a das mulleres, e menor no

fogar (Táboa 1). A exposición diaria é

similar en homes e mulleres (Figura 3).

Figura 2. Evolución da prevalencia de

exposición (diaria e mais ocasional) ao

FAT en Galicia, por sexo, por idade e

pola relación co tabaco.

En calquera dos anos estudados, a

prevalencia de exposición diaria máis

ocasional ao FAT diminúe coa idade. A

partir de 2005 obsérvanse diferenzas que

sinalan ao grupo de 16-24 anos como o

máis exposto en global e ao de maiores

de 65 como o menos exposto (Figura 2).

En función da idade, a prevalencia de

exposición diaria máis alta obsérvase,

para calquera ano, na poboación de 16 a

24 anos. A prevalencia de exposición diaria segue unha tendencia decrecente nos dous grupos de idade

máis novos e, desde 2006, mantense estable no resto (Figura 3).

Os fumadores declaran estar máis expostos ao FAT que os non fumadores en calquera dos anos a estudo.

Entre os anos 2005 e 2018 obsérvase un descenso da prevalencia de exposición global, tanto en fumadores

como en non fumadores, aínda que o descenso foi máis acusado nos non fumadores, nos que a prevalencia

de exposición diminuíu en 74 puntos porcentuais, fronte aos 53 observados nos fumadores; [2005:

fumadores 99’2% (98’7-99’6), non fumadores 93’6% (92’5-94’6); 2018: 46’1% (43’5-48’8), 19’8% (18’8-20’8),

respectivamente] (Figura 2). A prevalencia de exposición ao FAT a diario en función do hábito tabáquico

móstrase na figura 3.

Comentario. A prevalencia autodeclarada de exposición ao FAT diminuíu en Galicia dende o ano 2005.

Os resultados deste estudo mostran como a entrada en vigor das Leis 28/2005 e 42/2010 impactaron nas

prevalencias de exposición ao FAT, producindo descensos considerables na prevalencia de exposición nos

lugares de traballo, de lecer e nos fogares.

Con todo, a partir do ano 2011 obsérvase certa estabilización na prevalencia autodeclarada de exposición e

nalgúns ámbitos, como os lugares de lecer e de traballo, obsérvanse lixeiros aumentos.

Page 16: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

16 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Para calquera ano do que se ten información, os grupos de menor idade son os que teñen a prevalencia

autodeclarada de exposición ao FAT mais alta.

Desde o ano 2011 é no fogar onde a prevalencia de exposición amosa uns valores máis altos, tanto en

conxunto (a diario ou ocasional) como a diario. O de lecer é o ámbito onde a prevalencia de exposición

diminuíu en maior medida desde o ano 2005 situándose o maior descenso entre os anos 2010 e 2011.

En relación coa exposición nos lugares de lecer, os datos deste estudo reflicten como desde 2011 a

prevalencia de exposición conxunta está aumentado, destacando o feito que en 2018 entre os homes a

prevalencia de exposición ao FAT é o dobre da estimada en 2011. As razóns deste aumento poden ser

varias, entre elas o desgaste da Lei aprobada xa hai 8 anos ou a dificultade que ten a poboación á hora de

declarar o consumo nos lugares de lecer. A pesares de que se lles pregunta por lugares interiores, cada vez

son máis os locais de hostalería que dispoñen de terrazas cubertas, nas que os paramentos case non

permiten distinguir entre terraza e local interior. Diferentes estudos identifican que no lecer a exposición á

que se atopa sometida a poboación desde a entrada en vigor da Lei do 2010 prodúcese nas zonas externas

dos locais, é dicir, as entradas e as terrazas12, 13.

Figura 3. Evolución da prevalencia de

exposición (diaria) ao FAT en Galicia , por

sexo, por idade e pola relación co tabaco.

En relación coa exposición nos lugares de

traballo, do mesmo xeito que sucedeu no

lecer, a partir de 2011 a prevalencia de

exposición autodeclarada aumentou, tanto

en homes como en mulleres. Neste caso,

tamén se pode apuntar a un desgaste das

leis, que se pode traducir nunha relaxación

no seu cumprimento; aínda que non se

debe descartar o impacto que pode ter a

exposición no lecer na prevalencia de

exposición no traballo, e que sexan os

traballadores deste sector os que declaren

exposición.

Desde 2011 a casa é o ámbito onde mais

galegos declaran estar expostos ao FAT. A

aprobación de leis restritivas de consumo

de tabaco en lugares públicos levou á

industria tabaqueira a afirmar que o que se

conseguiría sería aumentar a exposición ao FAT nas casas, por un desprazamento da exposición cara ao

ámbito doméstico14. Non se pode afirmar que a exposición non se desprazara ao ámbito privado xa que a

poboación enquisada é diferente cada ano, pero obsérvase que a prevalencia de exposición na casa en

2018 é a metade da observada en 2005 e que é o único ámbito onde non se observa un aumento na

exposición nos últimos anos; así 2018 é o ano coa menor prevalencia de exposición no fogar.

Page 17: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

17 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Este estudo presenta diferentes limitacións. A máis importante é a autodeclaración da exposición ao FAT, o

que pode producir un nesgo de información. Con todo, hai estudos que avalan a utilización de cuestionarios

para avaliar a prevalencia de exposición. Ademais, débese ter en conta que neste traballo valórase a

evolución da prevalencia de exposición ao FAT empregando sempre o mesmo método de recollida de

información, polo que calquera nesgo que poida estar presente afectaría da mesma maneira en calquera

dos anos a estudo.

En referencia ás fortalezas deste estudo atópase o tamaño da mostra estudada e a representatividade da

mesma, ademais da alta participación en calquera dos estudos incluídos que nunca estivo por baixo do

70%.

En resumo, en Galicia a prevalencia de exposición ao FAT diminuíu de xeito considerable dende 2005, se

ben os aumentos observados nos últimos anos, tanto en global como de xeito especial na poboación máis

nova, deben terse en conta cara analizar o posible desgaste das leis de control do tabaquismo.

Referencias.

1 CDC, National Center for Chronic Disease Prevention and Health Promotion, Office on Smoking. The Health Consequences of

Involuntary Exposure to Tobacco Smoke: A Report of the Surgeon General; 2006.

2 WHO. Tabaco. Consultado: 15 de septiembre de 2019. Dispoñible en: ligazón.

3 1986 Surgeon General's report: the health consequences of involuntary smoking. MMWR 1986; vol 35, nº 50.

4 Grupo de Trabajo sobre Tabaquismo de la Sociedad Española de Epidemiología. Evaluación de las políticas de control del

tabaquismo en España (Leyes 28/2005 y 42/2010). Revisión de la Evidencia. 2017.

5 WHO Report on the Global Tobacco Epidemic, 2008: the MPOWER package. Geneva, World Health Organization, 2008.

6 Ley 28/ 2005 de 26 de diciembre, de medidas sanitarias frente al tabaquismo y reguladora de la venta, el suministro, el consumo y

la publicidad de los productos del tabaco (BOE nº 309, del martes 27 de diciembre de 2005).

7 Sureda X et al. Secondhand smoke in outdoor settings: smokers' consumption, non-smokers' perceptions, and attitudes towards

smoke-free legislation in Spain. BMJ open 2015; 5: e007554.

8 Perez-Rios M et al. Impacto de las leyes de control del tabaquismo en la exposición al humo ambiental de tabaco en Galicia (2005-

2011). Gac Sanit. 2014; 28: 20-4.

9 Ley 42/2010 de 30 de diciembre, por la que se modifica la Ley 28/2005, de 26 de diciembre, de medidas sanitarias frente al

tabaquismo y reguladora de la venta, el suministro, el consumo y la publicidad de los productos del tabaco (BOE nº 309, del

viernes 31 de diciembre de 2010).

10 DXSP. Sistema de Información sobre Condutas de Risco en Galicia (SICRI). Dispoñible en: ligazón.

11 DXSP. A exposición ao fume de tabaco en Galicia. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2006; vol XIX, nº 4.

12 Villaverde Royo MV et al. Impacto de la regulación de espacios sin humo en la exposición referida al humo ambiental de tabaco

en Zaragoza. Aten Primaria 2012; 44: 603-10.

13 Sureda X et al. Second-hand smoke exposure in outdoor hospitality venues: Smoking visibility and assessment of airborne

markers. Environ Res 2018; 165: 220-7.

14 Adda J, Cornaglia F. The effect of bans and taxes on passive smoking. Am Econ J Appl Econ 2009; 2(1): 1-32.

Page 18: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

18 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

CONSUMO DE TABACO DURANTE O EMBARAZO EN GALICIA EN 2016

Introdución. Fumar no embarazo aumenta o risco de preeclampsia, aborto, parto pretermo, baixo peso ao

nacer, síndrome de morte súpeta do lactante e de enfermidades respiratorias como a asma1. Así os efectos

prexudiciais do tabaco non só afectan á embarazada, senón que afectan ao feto e ao nacido. A pesares

disto, a prevalencia global de consumo de tabaco no embarazo sitúase no 1’7%, con variacións importantes

entre rexións xeográficas. Na rexión africana a prevalencia de consumo de tabaco no embarazo está por

baixo do 1%, mentres que na europea supera o 8%2. En España, no período 1993-2014 a prevalencia

ficaba no 26’0%2 e en Galicia, para o período 1995-2002, no 16’8%3.

En Galicia, os datos dos que se dispón precisan ser actualizados sendo do mesmo xeito necesario dispor

de información polo miúdo que permita o deseño de intervencións orientadas ao aumento do cese do

consumo de tabaco no embarazo.

Os obxectivos deste traballo son estimar a prevalencia de consumo de tabaco e a porcentaxe de abandono

no embarazo; caracterizar o consumo antes e durante o embarazo; e por último, identificar os factores

asociados ao mantemento do consumo de tabaco durante o embarazo.

Métodos. Para dar resposta a estes obxectivos, no marco do Sistema de Información sobre Condutas de

Risco de Galicia (SICRI), realizouse en 2016 un estudo transversal. A poboación obxectivo foron as

aproximadamente 19.000 mulleres de 18 anos en diante residentes en Galicia que deron a luz a un fillo vivo

entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016. A partir do rexistro do Programa de detección

precoz de enfermidades endocrinas e metabólicas do período neonatal realizouse una mostraxe aleatoria

estratificada por grupos de idade (18-24, 25-29, 30-34, 35-39 e 40 ou máis). O tamaño de mostra (6.777 en

total) calculouse de maneira independente para cada estrato de idade, considerando unha prevalencia

esperada do 50% e un erro inferior ao 2%.

A recollida de información realizouse entre novembro de 2016 e xaneiro de 2017 mediante entrevista

telefónica asistida por computador (sistema CATI). O cuestionario incluía preguntas sobre comportamentos,

actitudes e experiencias referidas aos 6 meses previos a que a muller soubese que estaba embarazada, ao

embarazo, ao parto e ao momento da enquisa. Neste traballo as variables analizadas foron as

características sociodemográficas da embarazada; diferentes indicadores e condutas relacionadas co

estado de saúde, referidos aos seis meses previos a saber que estaba embarazada; e o consumo de

tabaco, referido aos 6 meses previos e durante o embarazo.

Características sociodemográficas da embarazada: idade, país de nacemento (España, outro), grao de

urbanización (urbano, semiurbano, rural), nivel de estudos (básicos, medios, superiores), situación de

convivencia (en parella ou non), situación laboral (traballa, en paro, inactiva) e paridade (primípara ou

multípara).

Indicadores do estado de saúde e condutas nos 6 meses previos a que a muller soubese que estaba

embarazada: estado de saúde autopercibido (moi bo-bo-normal-malo ou moi malo), tratamento para durmir

ou depresión (tomaba-non tomaba), estado ponderal (baixo peso-peso normal-sobrepeso-obesidade),

cumprimento de recomendacións de dieta (tomar froita e verduras a diario e peixe todas as semanas),

realización de actividade física de forma regular (si-non) e consumo de alcol (consume alcol a diario ou

ocasionalmente-non consume).

Consumo de tabaco: estimáronse as prevalencias de consumo de tabaco, nos seis meses previos e durante

o embarazo. Defínese como fumadora á muller que declarou que fumaba, ben a diario ou de forma

ocasional. Entre as fumadoras estimouse a porcentaxe de consumidoras de cigarros, picadura, cannabis e

cigarros electrónicos. Ademais estimouse a porcentaxe de abandono no embarazo definido como a

proporción de fumadoras que deixaron de fumar cando quedaron embarazadas.

Page 19: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

19 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Para identificar as características sociodemográficas e os estilos de vida anteriores ao embarazo que se

asocian con seguir fumando durante a xestación axustáronse modelos de regresión loxística para cada

unha das variables, e un modelo conxunto no que se incluíron inicialmente as variables con p<0’2 na análise

bivariante. As prevalencias e os OR axustados preséntanse con intervalos de confianza do 95% (IC95%). A

análise realizouse coa mostra ponderada e para os cálculos utilizouse Stata v14.2.

Os resultados que se presentan de agora en diante deben ser tomados con cautela, xa que é moi probable

que as prevalencias presentadas estean infraestimadas debido a que se basean na autodeclaración de

conductas socialmente non desexables.

Este estudo realizouse seguindo as normas de boa práctica e a Declaración de Helsinki, de forma que se

solicitou e obtívose consentimento expreso verbal da persoa enquisada.

Resultados. Neste estudo participaron 6.436 mulleres galegas que tiñan entre 18 e 50 anos. A taxa de

resposta foi do 76%.

O 89’1% (88’3-89’9) das mulleres naceran en España e, entre as nadas noutro país, o 34’6% (30’9-38’3)

procedían de Europa e o 55’7% (51’9-59’5) de América central ou do sur. Tiñan estudos superiores o 44’1%

(42’9-45’4), o 94’7% (94’2-95’3) vivían en parella e o 57’0% (55’8-58’3) eran primíparas (Táboa 1).

A prevalencia de fumadoras antes do embarazo era do 27’8% (26’7–29’0) e diminuíu ao 11’9% (11’1–12’8)

durante o mesmo, o que supuxo unha porcentaxe de abandono do 57’3% (54’9-59’7). Antes do embarazo,

fumaban a diario o 24’6% (23’5-25’7) das mulleres e de forma ocasional o 3’3% (2’8-3’7). A porcentaxe de

abandono foi maior entre as fumadoras ocasionais [92’3% (88’4–96’2) vs. 52’7% (50’1–5’3)], e o consumo

medio entre as fumadoras diarias pasou de 10’0 (9’7-10’3) a 4’4 (4’1-4’7) cigarros/día.

Por grupos de idade, a maior prevalencia de consumo observouse nas mulleres de menos de 30 anos, tanto

antes do embarazo como durante o mesmo (Figura 1); ao contrario do que ocorre coa porcentaxe de

abandono que foi do 50’6% (46’8-54’4) no grupo de 18 a 29 anos fronte ao 60’0% (57’0-63’0) nas de 30

anos ou máis, sen diferenzas dentro deste grupo de idade.

Figura 1. Prevalencia de

fumadoras antes e durante o

embarazo, por grupo de idade.

Antes do embarazo, consumían cigarros o 93’9% (92’7-95’1) das fumadoras, picadura o 18’2% (16’3-20’1) e

cannabis o 5’0% (4’0-6’1). Entre as mulleres que continuaron a fumar durante o embarazo a porcentaxe que

fumaban cigarros foi do 89’6% (87’3-91’9), picadura o 19’6% (16’6-22’6) e cannabis o 0’7% (0’1-1’3). Un

2’9% (2’1-3’7) das fumadoras consumían cigarros electrónicos antes do embarazo, e ningunha durante o

mesmo.

As características das mulleres que fumaban antes do embarazo son similares ás do conxunto de mulleres

(Táboa 1), con excepción do nivel de estudos, da porcentaxe de primíparas e da prevalencia de consumo

de alcol.

Page 20: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

20 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Táboa 1. Características das mulleres e das mulleres fumadoras: Prevalencia (%) co seu IC95%.

Características Todas Fumadoras

Sociodemográficas % IC95% % IC95%

Grupo de idade

18-29 21’3 21’1 - 21’5 28’6 28’2 - 28’9

30-34 34’1 33’9 - 34’3 34’1 33’7 - 34’5

35-39 34’7 34’5 - 34’9 29’4 29’0 - 29’8

40 e máis 9’9 9’8 - 10’0 8 7’8 - 8’1

País de nacemento

España 89’1 88’3 - 89’9 91’2 89’8 - 92’6

Outro país 10’9 10’1 - 11’7 8’8 7’4 - 10’2

Grao de urbanización

Urbano 71 69’9 - 72’1 71’1 69’0 - 73’1

Semiurbano 19’5 18’6 - 20’4 18’9 17’2 - 20’7

Rural 9’6 8’8 - 10’3 10 8’6 - 11’4

Nivel de estudos

Básicos 18’8 17’8 - 19’7 28’6 26’6 - 30’6

Medios 37’1 35’9 - 38’3 41 38’6 - 43’4

Superiores 44’1 42’9 - 45’4 30’5 28’3 - 32’7

Situación de convivencia

Vive en parella 94’7 94’2 - 95’3 92’9 91’7 - 94’1

Non vive en parella 5’3 4’7 - 5’9 7’1 5’9 - 8’3

Situación laboral

Traballa 71’7 70’6 - 72’9 68’1 65’9 - 70’2

En paro 18’6 17’6 - 19’6 22’3 20’4 - 24’3

Inactiva 9’7 9’0 - 10’4 9’6 8’3 - 11’0

Primípara 57 55’8 - 58’3 64’5 62’2 - 66’8

Estado de saúde e estilos de vida % 95%CI % 95%CI

Estado de saúde autopercibido

Moi bo 25’1 24’0 - 26’2 23’5 21’4 - 25’5

Bo 47’6 46’3 - 48’9 46’2 43’7 - 48’6

Normal 25’2 24’1 - 26’3 28’2 26’0 - 30’3

Malo-moi malo 2’1 1’7 - 2’5 2’2 1’5 - 2’9

Tratamento por durmir ou depresión 5’1 4’6 - 5’7 8’5 7’1 - 9’8

Estado ponderal

Baixo peso 4’8 4’3 - 5’4 6’9 5’7 - 8’1

Peso normal 66’3 65’1 - 67’5 65’6 63’3 - 67’9

Sobrepeso 21 19’9 - 22’0 20 18’1 - 21’9

Obesidade 7’9 7’3 - 8’6 7’5 6’3 - 8’8

Cumpría recomendacións de dieta 54’9 53’6 - 56’2 48 45’6 - 50’4

Actividade física regular 34’2 33’0 - 35’5 30’7 28’4 - 32’9

Consumía alcohol 53’9 52’6 - 55’2 65’8 63’5 - 68’1

Page 21: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

21 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

As características das fumadoras que se asocian de forma independente con seguir fumando durante o

embarazo son: ser española, ter maior nivel de estudos, non vivir en parella, estar en paro, ser multípara,

percibir un peor estado de saúde, non cumprir as recomendacións de dieta e fumar a diario antes do

embarazo (Táboa 2).

Táboa 2. Características asociadas a seguir fumando no embarazo na análise multivariante

Característica OR IC95% Valor p

Española 1’49 1’01 2’21 0’044

Nivel de estudios

Básicos 1’92 1’44 2’55 <0’001

Medios 1’35 1’04 1’76 0’025

Superiores 1’00

Non vive en parella 1’74 1’17 2’60 0’007

Está en paro 1’32 1’03 1’69 0’031

Multípara 1’48 1’18 1’85 0’001

Estado de saúde autopercibido

Moi bo 1

Bo-Normal 1’39 1’08 1’79 0’010

Malo-Moi malo 2’34 1’10 4’95 0’026

Non cumpre recomendacións de dieta 1’38 1’11 1’71 0’003

Fumadora diaria 9’14 5’26 15’90 <0’001

Conclusións. Os resultados deste estudo reflicten que máis da metade das fumadoras galegas deixan de

fumar durante o embarazo, e estímanse prevalencias de consumo durante o mesmo do 12%. Diferentes

factores sociodemográficos como ser española, o nivel de estudos ou o estado de convivencia inflúen en

que as embarazadas continúen a fumar.

A prevalencia de consumo de tabaco no embarazo que se obtén neste estudo é menor que a estimada para

España, que foi superior ao 25%2,3. O estudo de Martínez-Frías e colaboradores3 identificou variacións

significativas na prevalencia de consumo de tabaco no embarazo nas diferentes Comunidades Autónomas,

que foron de 23 puntos porcentuais entre a Comunidade Autónoma coa prevalencia máis alta, Extremadura,

e a máis baixa, Galicia cun 16’8% (15’0-18’7).

Entre o presente estudo e o de Martínez-Frías hai diferenzas metodolóxicas (as prevalencias derivan dos

controis dun estudo sobre malformacións conxénitas) e no período de realización (entre 1978 e 2002) que

dificultan a comparación dos resultados. Ademais, en referencia ao período temporal no que se levou a

cabo o estudo de Martínez-Frías, débese ter en conta que os estudos previos a 2005 non captan os

cambios que aconteceron desde a entrada en vigor da Lei 28/2005 de medidas sanitarias fronte ao

tabaquismo e en especial da súa modificación en 20104,5 na epidemioloxía do tabaquismo.

Como limitacións deste estudo cómpre destacar que o consumo de tabaco antes e durante o embarazo foi

autodeclarado nun mesmo momento temporal que variaba entre os 4 e 12 meses posteriores ao parto. Isto

pode ocasionar que a prevalencia de consumo estea infraestimada, especialmente entre as mulleres que

deron a luz a un neno con algún problema de saúde, que poderían ocultar o consumo debido a un nesgo de

desexabilidade social. O impacto que a ocultación do consumo de tabaco pode ter na prevalencia de

fumadoras no embarazo estimouse en España próxima ao 20%6. Outra limitación do estudo é que non se

dispón de información sobre consumo de tabaco da parella, que é unha variable que inflúe no cesamento ou

no mantemento do consumo7.

Entre as fortalezas do estudo destaca que foron incluídas un terzo das aproximadamente 19.000 mulleres

que deron a luz en Galicia ao longo do ano de realización do estudo.

Page 22: Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS...Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP volume XXXI, número 6 decembro de 2019 EVOLUCIÓN

22 BEG 2019; vol. XXXI, nº 6

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

En resumo, o consumo de tabaco durante o embarazo aínda é unha conduta con alta prevalencia en

Galicia. A pesares de que máis da metade das fumadoras galegas deixaron de fumar no embarazo, aínda

hai marxe de mellora. Débese ter en conta que o embarazo constitúe unha das etapas máis apropiadas

para deixar de fumar, e como tal está considerado como un “momento pedagoxicamente aproveitable” 8. A

Organización Mundial da Saúde no documento “Recomendacións sobre a prevención e xestión do consumo

de tabaco e a exposición ao fume alleo durante o embarazo” recomenda que os profesionais sanitarios

valoren nas consultas o consumo de tabaco das embarazadas, asesoren e interveñan cando sexa

necesario; facendo deles uns educadores sanitarios moi valiosos9.

Referencias.

1 Surgeon General Office. The Health Consequences of Smoking-50 Years of Progress: A Report of the Surgeon General. Atlanta

(GA) 2014.

2 Lange S et al. National, regional, and global prevalence of smoking during pregnancy in the general population: a systematic review

and meta-analysis. Lancet Glob Health 2018; 6: e769-e76.

3 Martinez-Frias ML et al. Tobacco smoking during pregnancy in Spain: an analysis according to years, autonomous communities

and maternal characteristics]. Med Clin 2005 ; 124: 86-92.

4 Ley 28/ 2005 de 26 de diciembre, de medidas sanitarias frente al tabaquismo y reguladora de la venta, el suministro, el consumo y

la publicidad de los productos del tabaco (BOE nº 309, del martes 27 de diciembre de 2005).

5 Ley 42/2010 de 30 de diciembre, por la que se modifica la Ley 28/2005, de 26 de diciembre, de medidas sanitarias frente al

tabaquismo y reguladora de la venta, el suministro, el consumo y la publicidad de los productos del tabaco (BOE nº 309, del

viernes 31 de diciembre de 2010).

6 Mateos-Vilchez PM et al. [Smoking prevalence and associated factors during pregnancy in Andalucia 2007-2012]. Rev Esp Salud

Publica 2014; 88: 369-81.

7 Hemsing N et al. Partner support for smoking cessation during pregnancy: a systematic review. Nicotine Tob Res 2012; 14: 767-76.

8 McBride CM et al. Understanding the potential of teachable moments: the case of smoking cessation. Health Educ Res 2003; 18:

156-70.

9 WHO. WHO recommendations for the prevention and management of tobacco use and second-hand smoke exposure in

pregnancy. 2013.