Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS

26
Boletín Epidemiolóxico de Galicia 1 Dirección xeral de saúde pública – DXSP xuño de 2018 volume XXX, número 3 RESISTENCIA A ANTIBIÓTICOS EN E. coli ILLADOS EN OURIÑOS: GALICIA 2016-2017...................... páxina 1 CONSULTAS POR INFECCIÓN URINARIA NA ATENCIÓN PRIMARIA DE GALICIA, DE 2013 A 2017...... páxina 7 A GRIPE EN GALICIA NA TEMPADA 2017/18................................................................................................ páxina 14 INGRESOS CON GRIPE CONFIRMADA EN GALICIA NA TEMPADA 2017/18............................................. páxina 21 RESISTENCIA A ANTIBIÓTICOS EN E. coli ILLADOS EN OURIÑOS: GALICIA 2016-2017 Introdución. As infeccións do tracto urinario (ITU) adquiridas na comunidade son unhas das infeccións bacterianas máis frecuentes. Escherichia coli é a causa máis importante destas, causando o 75-95% dos episodios de cistite aguda non complicada, e a meirande parte dos casos de pielonefrite 1-3 . As ITU causan elevada morbilidade en mulleres (37-40% das mulleres desenvolven unha ITU ao longo da súa vida) 1,4 , nenos e homes maiores. A meirande parte dos casos de ITU son tratados en atención primaria con antibióticos seleccionados de xeito empírico, que ten bos resultados tanto nas ITU complicadas como non complicadas 2,5 . Mais co uso do tratamento antibiótico foron xurdindo cepas resistentes que provocaron un descenso da súa efectividade 4 . Por iso, periodicamente débese estudar o espectro de sensibilidade aos antibióticos máis utilizados para o tratamento das ITU, coa finalidade de poder establecer o tratamento empírico máis axeitado. En 2013, o Grupo de traballo sobre resistencias a antimicrobianos da Sociedade galega de microbioloxía clínica (Sogamic) levou a cabo, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública, un primeiro estudo das resistencias a determinados antibióticos en E. coli illados en mostras de ouriños tomadas na atención primaria de Galicia, previsiblemente por ITU, durante os anos 2011 e 2012 6 . Agora, en 2018, repetiuse esta análise coas mostras tomadas nos anos 2016 e 2017, e os seus resultados resúmense deseguido. Material e métodos. Recolléronse datos dos E. coli illados nos anos 2016 e 2017 en mostras de ouriños, procedentes de pacientes ambulatorios procesadas en 8 dos hospitais públicos galegos; todos excepto dous hospitais comarcais (Hospital Comarcal dá Costa de Burela e Hospital Comarcal de Monforte, ambos da EOXI de Lugo) e POVISA (da EOXI de Vigo). Escolleuse para a análise só unha mostra por paciente e ano, a primeira do ano. As variables analizadas foron: hospital de procedencia; sexo e idade do doente (a idade dividiuse en 6 categorías: 0 a 4 anos, 5 a 14, 15 a 44, 45 a 64, 65 a 74 e 75 anos e máis); data de recollida da mostra; mecanismo de resistencia; e, para cada antibiótico analizado, concentración mínima inhibitoria (CMI) e interpretación da sensibilidade antibiótica. Para a interpretación da CMI en termos de sensibilidade empregáronse criterios do CLSI.

Transcript of Boletín Epidemiolóxico de Galicia - SERGAS

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

1

Dirección xeral de saúde pública – DXSP

xuño de 2018 volume XXX, número 3

RESISTENCIA A ANTIBIÓTICOS EN E. coli ILLADOS EN OURIÑOS: GALICIA 2016-2017...................... páxina 1

CONSULTAS POR INFECCIÓN URINARIA NA ATENCIÓN PRIMARIA DE GALICIA, DE 2013 A 2017...... páxina 7

A GRIPE EN GALICIA NA TEMPADA 2017/18................................................................................................ páxina 14

INGRESOS CON GRIPE CONFIRMADA EN GALICIA NA TEMPADA 2017/18............................................. páxina 21

RESISTENCIA A ANTIBIÓTICOS EN E. coli ILLADOS EN OURIÑOS:

GALICIA 2016-2017

Introdución. As infeccións do tracto urinario (ITU) adquiridas na comunidade son unhas das infeccións

bacterianas máis frecuentes. Escherichia coli é a causa máis importante destas, causando o 75-95% dos

episodios de cistite aguda non complicada, e a meirande parte dos casos de pielonefrite1-3. As ITU causan

elevada morbilidade en mulleres (37-40% das mulleres desenvolven unha ITU ao longo da súa vida)1,4,

nenos e homes maiores.

A meirande parte dos casos de ITU son tratados en atención primaria con antibióticos seleccionados de

xeito empírico, que ten bos resultados tanto nas ITU complicadas como non complicadas2,5. Mais co uso do

tratamento antibiótico foron xurdindo cepas resistentes que provocaron un descenso da súa efectividade4.

Por iso, periodicamente débese estudar o espectro de sensibilidade aos antibióticos máis utilizados para o

tratamento das ITU, coa finalidade de poder establecer o tratamento empírico máis axeitado.

En 2013, o Grupo de traballo sobre resistencias a antimicrobianos da Sociedade galega de microbioloxía

clínica (Sogamic) levou a cabo, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública, un primeiro estudo

das resistencias a determinados antibióticos en E. coli illados en mostras de ouriños tomadas na atención

primaria de Galicia, previsiblemente por ITU, durante os anos 2011 e 20126.

Agora, en 2018, repetiuse esta análise coas mostras tomadas nos anos 2016 e 2017, e os seus resultados

resúmense deseguido.

Material e métodos. Recolléronse datos dos E. coli illados nos anos 2016 e 2017 en mostras de ouriños,

procedentes de pacientes ambulatorios procesadas en 8 dos hospitais públicos galegos; todos excepto

dous hospitais comarcais (Hospital Comarcal dá Costa de Burela e Hospital Comarcal de Monforte, ambos

da EOXI de Lugo) e POVISA (da EOXI de Vigo). Escolleuse para a análise só unha mostra por paciente e

ano, a primeira do ano.

As variables analizadas foron: hospital de procedencia; sexo e idade do doente (a idade dividiuse en 6

categorías: 0 a 4 anos, 5 a 14, 15 a 44, 45 a 64, 65 a 74 e 75 anos e máis); data de recollida da mostra;

mecanismo de resistencia; e, para cada antibiótico analizado, concentración mínima inhibitoria (CMI) e

interpretación da sensibilidade antibiótica. Para a interpretación da CMI en termos de sensibilidade

empregáronse criterios do CLSI.

2 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Os antibióticos elixidos para o estudo foron os máis relevantes no tratamento das ITU: fosfomicina,

nitrofurantoína, cotrimoxazol, ampicilina, amoxicilina con ácido clavulánico, ciprofloxacino, cefotaxima,

cefepime, xentamicina, imipenem e ertapenem. A identificación e o antibiograma do microorganismo

realizouse preferentemente mediante sistemas comerciais normalmente empregados nos laboratorios de

microbioloxía (Vitek® e MicroScan®).

Considerouse como multirresistencia (MDR) a non sensibilidade simultánea a cotrimoxazol, ampicilina,

ciprofloxacino e xentamicina, e ademais faise unha análise adicional coa amoxicilina con acedo clavulánico

no canto da ampicilina, por ser o antibiótico máis prescrito en Galicia7.

Os datos foron procesados mediante o programa Excel® e a análise estatística mediante EPIDAT 3.1.

Calculáronse as porcentaxes de illamentos de E. coli non sensibles (Ie, con sensibilidade intermedia ou

resistencia) por sexo, grupo de idade e hospital. Empregouse o test estatístico chi-cadrado de Pearson para

comparar proporcións (sensibles vs. non sensibles) e a proba de tendencia lineal para comparar as non

sensibilidades nos diferentes grupos de idade, considerando os resultados estatisticamente significativos

cando p<0’05.

Para o estudo da taxa de illamentos empregouse a poboación do padrón de habitantes correspondente ás

áreas de influencia dos hospitais que notificaron illamentos durante os anos 2016 e 2017. Axustáronse as

taxas de illamento por sexo, idade e hospital a partir da poboación global de Galicia. As taxas exprésanse

en illamentos por cen mil habitantes (i/105h).

Resultados. Analizáronse 43.137 E. coli illados de mostras de ouriños remitidas aos Servizos de

Microbioloxía procedentes de pacientes ambulatorios, 20.466 do ano 2016 e 22.671 do ano 2017.

Os illamentos e a taxa bruta de illamentos por ano e EOXI de procedencia móstranse na táboa 1. Nos dous

anos considerados, a maior taxa de illamentos observouse na EOXI de Vigo, como xa ocorrera no estudo

previo, e a menor na de Santiago, con taxas que fican preto da metade das de Vigo. A respecto de 2016, a

taxa de illamento medrou un 11% en 2017, e medrou en todas as EOXI (ata un máximo do 20% na da

Coruña) agás na de Ferrol, na que diminuíu un 2%.

Táboa 1. Número e taxa bruta (i/105h) de illamentos por ano e hospital, e taxa anual por sexo e idade (en anos) no conxunto

de Galicia para o bienio 2016-2017, xunto ao risco relativo (RR) da muller a respecto do home.

EOXI illamentos taxa Idade

( anos)

taxa RR

2016 2017 2016 2017 home muller todos

Ferrol 2.338 2.261 1.206 1.177 0 a 4 267 674 464 2’5

A Coruña 3.731 4.472 678 813 5 a 14 31 434 227 14’2

Santiago 2.567 3.042 571 679 15 a 44 52 817 432 15’8

Lugo (só HULA) 1.686 1.889 767 867 45 a 64 197 1.092 655 5’5

Ourense 2.805 3.035 891 974 65 a 74 502 2.129 1.370 4’2

Pontevedra 2.072 2.284 671 742 75 e máis 977 3.809 2.720 3’9

Vigo (sen Povisa) 5.267 5.688 1.236 1.334 Todos 245 1.464 877 6’0

Galicia 20.466 22.671 831 924

O 87% dos illamentos fixéronse en mostras que procedían de mulleres, o 86% en 2016 e 87% en 2017. A

Táboa 1 amosa tamén as taxas anuais de illamentos por grupo de idade e por sexo, e nela mírase que,

superado o grupo de menor idade, as taxas medran con esta, e que son sistematicamente superiores nas

mulleres que nos homes, especialmente entre 5 e 44 anos, con riscos relativos na contorna de 15.

3 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

As porcentaxes de illamentos de E. coli en ouriños non sensibles a diferentes antibióticos durante o bienio

2016/2017 amósanse na táboa 2. Amósase no conxunto do bienio porque de 2016 a 2017 a porcentaxe de

non sensibilidade non variou para ningún antibiótico, agás para o grupo de carbapenemes, nos que se

duplicou (imipenem) ou triplicou (ertapenem), mais sempre en valores inferiores ao 1%. Neste senso

compre sinalar que o 1’5% de non sensibilidade do HULA ten que ver con que a sensibilidade a ertapenem

informouse en só 174 illados, e que o intervalo de confianza do 95% é moi amplo: 0’14-4’10%.

Practicamente a metade dos illados son non sensibles a ampicilina, e máis dun 20% son non sensibles a

ciprofloxacino (26%) e a cotrimoxazol (24%), coa particularidade de que un 12% dos illados non é sensible a

ningún dos dous, mentres un 66% éo aos dous. Un 18% dos illados é non sensible a amoxicilina con acedo

clavulánico, e entre o 6% (cefepime) e o 8% (cefotaxima) non o é fronte a cefalosporinas. Pola contra, non

se chega ao 5 % de illados non sensibles a fosfomicina, nin a nitrofurantoína ou aos carbapenemes.

Táboa 2. Porcentaxe de illamentos de E. coli en ouriños de orixe comunitaria non sensibles a diferentes antibióticos,

por sexo, grupo de idade (en anos) e hospital, en Galicia no bienio 2016/2017.

AMP A+C CEFO CEFE XENTA CIPRO FOSFO NITRO ERTA IMIP COTR

TODOS 49’2 17’8 6’7 5’7 9’1 26’2 3’3 2’4 0’04 0’05 23’9

Sexo

Home 61’8 26’0 11’0 9’4 13’3 42’7 3’9 3’2 0’08 0’07 31’2

Muller 47’3 16’5 6’1 5’1 8’5 23’6 3’2 2’3 0’03 0’04 22’7

p <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 0’008 <0’001 0’11 0’37 <0’001

Idade (anos)

0 a 4 54’1 18’6 2’5 2’1 8’0 7’1 0’8 1’6 0’00 0’00 20’0

5 a 14 45 13’9 1’6 1’1 6’7 7’6 1’5 1’5 0’00 0’00 16’0

15 a 44 43’9 13’9 2’4 2’0 5’5 12’1 1’9 1’4 0’03 0’03 16’1

45 a 64 46’1 16’4 4’6 4’0 7’9 20’1 2’2 2’1 0’04 0’02 20’5

65 a 74 49’5 17’6 6’4 5’2 9’8 26’2 2’8 2’2 0’01 0’03 25’2

75 + 53’1 20’5 10’4 8’8 11’2 37’6 5’0 3’2 0’05 0’08 29’1

p <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 <0’001 0’37 0’02 <0’001

Hospital

HCVa nc 24’8 12’3 nc 8’3 32’6 3’7 1’7 nc nc 29’5

CHOP 48’7 11’9 5’8 3’8 8’3 22’6 3’3 0’5 0’02 0’00 21’2

CHUAC 44’9 9’5 5’5 5’6 8’0 23’5 3’6 2’1 0’09 0’12 22’5

CHUO 55’6 22’8 9’2 8’4 10’6 32’4 4’5 2’5 0’00 0’05 29’2

CHUS 46’7 14’2 6’5 4’4 9’6 23’6 3’1 3’1 0’00 0’00 22’7

CHUVI 50’1 23’3 7’4 6’4 8’7 22’7 3’3 2’3 0’04 0’06 22’4

HULA 49’9 19’1 5’0 4’7 11’6 32’9 2’9 2’1 1’15 0’03 28’3

HFe 51’5 21’3 5’6 5’0 9’3 32’7 2’1 4’5 0’02 0’00 23’3

AMP: ampicilina; A+C: amoxicilina-acedo clavulánico; CEFO: cefotaxima; CEFE: cefepime; XENTA: xentamicina; CIPRO:

ciprofloxacino; FOSFO: fosfomicina; NITRO: nitrofurantoína; ERTA: ertapenem; IMIP: imipenem; COTR: cotrimoxazol.

HCVa: hospital Comarcal de Valdeorras; CHOP: complexo hospitalario universitario de Pontevedra; CHUAC: complexo

hospitalario universitario da Coruña; CHUO: complexo hospitalario universitario de Ourense; CHUS: complexo hospitalario

universitario de Santiago; CHUVI: complexo hospitalaria universitario de Vigo; HULA: hospital universitario Lucus Augusti de

Lugo; HFe: hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

4 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Na táboa 2 mírase tamén que a non sensibilidade é maior en homes que en mulleres, e que a diferenza é

estatisticamente significativa (p<0’0001) para todos os antibióticos estudados agás para os carbapenemes,

e a diferenza mantense despois de axustar por idade (datos non amosados), porque, con excepción do

ertapenem, para todos os demais antibióticos estudados a non sensibilidade aumenta a medida que o fai a

idade, e esa tendencia é estatisticamente significativa (proba de tendencia lineal, p<0’05).

Ora ben, como o 87% dos illados proceden de mulleres, e a prevalencia de non sensibilidade varía entre

sexos, a distribución etárea desta prevalencia que se amosa na Táboa 2 reflicte maioritariamente os

resultados achados en mulleres. A distribución etárea das prevalencias de non sensibilidade a un conxunto

relevante de antibióticos amósanse amósase na Táboa 3.

Táboa 3. Porcentaxe de illamentos de E. coli en ouriños de orixe comunitaria non sensibles a diferentes antibióticos, por sexo

e grupo de idade (en anos), en Galicia no bienio 2016/2017.

SEXO HOMES MULLERES

IDADE A+C CEFO CIPRO FOSFO NITRO COTR A+C CEFO CIPRO FOSFO NITRO COTR

0 a 4 22’8 3’0 5’2 0’7 2’6 16’5 16’8 2’2 7’9 0’8 1’0 21’4

5 a 14 17’6 0’0 5’9 0’0 2’9 19’5 13’6 1’8 7’7 1’6 1’4 16’2

15 a 44 20’2 4’0 25’1 3’2 2’5 22’4 13’4 2’3 11’2 1’8 1’4 15’7

45 a 49 24’5 7’7 26’1 1’9 3’4 19’5 13’8 2’5 12’8 2’2 1’6 16’2

50 a 54 21’8 5’4 26’8 2’4 4’4 25’5 13’7 2’9 16’4 1’6 2’1 18’1

55 a 59 26’3 8’9 38’9 2’4 2’7 33’6 15’1 5’0 19’4 2’4 1’9 20’8

60 a 64 24’0 9’2 39’1 1’9 2’6 29’0 17’0 5’6 22’1 2’2 2’0 22’0

65 + 27’7 13’9 51’6 5’0 3’5 35’1 18’3 8’4 31’4 4’3 2’8 26’8

A+C: amoxicilina-acedo clavulánico; CEFO: cefotaxima; FOSFO: fosfomicina; CIPRO: ciprofloxacino; NITRO: nitrofurantoína; COTR:

cotrimoxazol.

Por outra banda, aínda que, como se mira na táboa 2, os hospitais da EOXI de Ourense (CHUO e HCVa)

son os que, en xeral, tiveron unha porcentaxe maior de non sensibilidade, feito que podería estar influído

pola distribución por idade dos doentes, pódese dicir que entre hospitais non hai diferenzas importantes na

sensibilidade aos diferentes antibióticos estudados.

Por outra banda, o 42’9% dos illamentos foron sensibles simultaneamente a todos os antibióticos

estudados, e a porcentaxe de illamentos MDR foi do 4’3%, que diminúe ao 2’5% cando se troca ampicilina

por amoxicilina con acedo clavulánico.

Como mecanismo de resistencia, no 6’0% dos illamentos detectouse presenza de betalactamasas de

espectro ampliado (BLEE, polas súas siglas en inglés), e no 0’24% a de betalactamasas cromosómicas

inducibles. O 5’4% dos E. coli sensibles a fosfomicina son produtores de BLEE, e os produtores de BLEE

teñen unha maior prevalencia de non sensibilidade a fosfomicina (19’9%) que os non produtores (p<0’001).

En 6 illamentos identificouse produción de carbapenemasas: 2 illamentos con carbapenemasas sen

especificar illados no CHUVI; 3 de OXA-48, dous no HULA e 1 no CHUAC; e 1 con KPC no hospital

comarcal do Barco, que á súa vez asociouse a BLEE.

Comentario. Neste estudo analizouse o patrón de sensibilidade antibiótica dos E. coli illados en mostras de

ouriños de pacientes ambulatorios remitidas a 8 hospitais públicos galegos, que cobren a maioría dos

habitantes de Galicia. Trátase de mostras clínicas e, polo tanto, previsiblemente neles estean sobre-

representadas as que proveñen de recorrencias ou de infeccións complicadas, porque moitos cadros iniciais

e non complicados son tratados de xeito empírico sen urocultivo previo1. Nestas circunstancias, pódese

esperar un nesgo nos resultados de sensibilidade antibiótica porque nas recorrencias e nas infeccións

complicadas é máis frecuente a resistencia1.

5 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Para minimizar este nesgo, e seguindo a recomendación da “Guía para preparación de informes

acumulados de sensibilidades” que elaborou a Sociedade española de enfermidades infecciosas e

microbioloxía clínica (SEIMC)8, neste estudo analizouse só o primeiro illamento por paciente e ano. Non se

fixo deste xeito no estudo de 2011/2012, e esta diferenza podería ser a razón de que en 2016/2017 fose

menor a non sensibilidade que en 2011/2012, a todos os antibióticos estudados agás a fosfomicina, que foi

semellante nos dous estudos.

A presenza diferencial de mostras procedentes de recorrencias ou de infeccións complicadas entre homes e

mulleres e nos diferentes grupos de idade, podería estar na orixe da maior proporción de illados non

sensibles observada neste, e noutros estudos9-10, nos homes e a medida que aumenta a idade. Pola contra,

non se achou ningunha diferenza relevante nas sensibilidade aos antibióticos estudados entre áreas de

influenza hospitalaria, polo que os resultados sobre sensibilidade antibiótica deste estudo son válidos para

toda Galicia.

Un deles atinxe á selección do antibiótico a empregar no tratamento empírico das IU non complicadas,

posto que E. coli é o axente etiolóxico responsable da meirande parte dos casos, seguido a moita distancia

por outras enterobacterias como K. pneumoniae ou Proteus1.

Neste senso, compre salientar o excelente nivel de sensibilidade que manteñen a fosfomicina e a

nitrofurantoína, que son os antibióticos de elección para o tratamento empírico das cistites non complicadas

das mulleres que non están embarazadas. Pola contra, non pode recuperar esta condición o cotrimoxazol,

posto que para iso os seus niveis de non sensibilidade deberían ser inferiores ao 20%11, e son do 24%.

Este resultado de non sensibilidade a cotrimoxazol complica o selección do antibiótico para o tratamento

empírico da cistite non complicada nos homes, xa que a non sensibilidade do 26% do outro grupo antibiótico

de primeira elección11, o das fluoroquinolonas, supera con moita claridade o 10% que limita o seu uso

empírico11. Nestas circunstancias, haberá que pedir sempre unha mostra para urocultivo.

Se houbese que iniciar un tratamento antes de coñecer o resultado do urocultivo, empregarase unha

cefalosporina de terceira xeración por vía oral (cefditoreno, cefixima)12. Ora ben, cando se coñeza o

resultado do antibiograma, o tratamento adecuarase á sensibilidade do microorganismo illado12. Se a cepa é

sensible, preferirase o cotrimoxazol e, despois, unha fluoroquinolona.

O resultado da non sensibilidade a fluoroquinolonas compromete tamén o tratamento empírico oral das

pielonefrites non complicadas en monoterapia, xa que son as únicas que para esta situación contemplan

guías como a de manexo da infeccións urinarias da European Association os Urology (EAU)11. Neste

senso, a non sensibilidade ás cefalosporinas estudadas fica claramente por baixo do 10% na muller e preto

do 10% nos homes.

Polo demais, a fosfomicina é o antibiótico de elección para a cistite non complicada en idade pediátrica.

Neste estudo empregouse unha definición de MDR que é unha modificación da que empregan Arana et al12,

xa que en lugar de amoxicilina empregouse ampicilina, e achouse unha MDR do 4’3%, semellante a achada

por Arana et al13 nos anos 2011 a 2014 na Comunidade Autónoma de Madrid, 4’6%. Ao substituír a

ampicilina pola amoxicilina con acedo clavulánico a MDR descende ao 2’5%.

Pola súa banda, a non sensibilidade a carbapenemes é pouco frecuente (<1%), aínda que se duplicase en

2017 a respecto de 2016. Con todo, a non sensibilidade de E. coli en ouriños é inferior á observada con

mostras invasoras en 2015/201614.

Para rematar, no que atinxe aos mecanismos de resistencia, só houbo 6 illamentos produtores de

carbapenemasas, mentres a presenza de BLEE acadou o 6% dos illados, e, entre eles, a non sensibilidade

a fosfomicina é superior á observada no resto de illados.

6 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Bibliografía.

1 Alós Jl. Epidemiología y etiología de la infección urinaria comunitaria en adultos. Sensibilidad antimicrobiana de los principales uropatógenos y significado clínico de la resistencia. En: Infección del tracto urinario. E. Salvat, 2013 [Accedido a través da páxina web da SEIMC nesta ligazón]

2 O’Brien VP et al. Drug and vaccine development for the treatment and prevention of urinary tract infection. Microbiol Spectr 2016; vol 4, nº 1: doi: 10.1128/microbiolspec.UTI-0013-2012.

3 Sobel JD, Kaye D. Urinary tract infections. En: Mandell, Douglas, Benett’s. Principles and Practice of Infectious Diseases. Eighth ed. Elsevier ed 2015.

4 Terlizzi ME et al. Uropathogenic Escherichia coli (UPEC) infections: virulence factors, bladder responses, antibiotic, and non-antibiotic antimicrobial strategies. Frontiers in Microbiol 2017; 8: 1566

5 Micali S et al. Cranberry and recurrent cystitis: more than marketing? Crit Rev Food Sci Nutr 2014; 54: 1063-1075.

6 Treviño M et al. Vigilancia de la sensibilidad a antimicrobianos de Escherichia coli productor de infecciones del tracto urinario comunitarias en Galicia. Rev Esp Quimioter 2016; 29: 86-90.

7 DXSP. Aproximación ao uso de antibióticos en Galicia durante 2016. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2017; vol. XXIX, nº 5.

8 Calvo Montes J et al. Preparación de informes acumulados de sensibilidad a los antimicrobianos. 51. Martínez-Martínez L (coordinador). Procedimientos en Microbiología Clínica. Cercenado Mansilla E, Cantón Moreno R (editores). Sociedad Española de Enfermedades Infecciosas y Microbiología Clínica (SEIMC) 2014.

9 Aguinaga A et al. Uncomplicated urinary tract infections. Antimicrobial susceptibility in Navarre. An Sist Sanit Navar 2018; 41: 17-26.

10 Guneysel O et al. Trimethoprin-sulfamethoxazole resistance and fosfomycin susceptibility rates in uncomplicated urinary tract infections: time to change the antimicrobial preferences. Acta Clin Croat 2016; 55: 49-57.

11 Bonkat G et al. Urological Infections. European Association of Urology Guidelines 2018. [Ligazón]

12 Mensa J et al. Guía terapéutica antimicrobiana 2018. Editorial Antares, Barcelona.

13 Arana DM et al. Evolution of antibiotic multiresistance in Escherichia coli and Klebsiella pneumoniae isolates from urinary tract infections: A 12-years analysis (2003-2014). Enferm Infecc Microbiol Clin 2017: 35: 293-298.

14 Informe SOGAMIC sobre resistencias a antimicrobianos en Galicia. Anos 2015 e 2016. [Ligazón].

7 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

CONSULTAS POR INFECCIÓN URINARIA NA ATENCIÓN PRIMARIA DE

GALICIA, DE 2013 A 2017

Introdución. Co obxectivo de proporcionar un contexto ao informe sobre resistencia a antibióticos en E. coli

illados en ouriños que figura neste mesmo número do BEG1, estudáronse as consultas realizadas na

atención primaria do Sergas por mor dunha infección do tracto urinario (ITU), sexa do tracto urinario alto (en

xeral, pielonefrite; ITUA) ou baixo (en xeral, cistite; ITUB).

Mais, antes de pasar a dar conta dos resultados, compre salientar que por varios motivos as consultas non

equivalen a casos de enfermidade. Aínda que, formalmente, toda primeira consulta por unha enfermidade

aguda debería ser rexistrada sempre na historia clínica electrónica como un novo episodio de enfermidade,

e facelo unha soa vez (é dicir, as consultas sucesivas pola mesma enfermidade non se deben rexistrar nun

novo episodio, e as anotacións precisas débense engadir ao episodio aberto coa primeira consulta), sábese

que non sempre se rexistran todas as primeira consultas como un episodio novo, e tamén que se abren

episodios novos por consultas ulteriores pola mesma enfermidade.

Todo isto explica os datos que se amosan na figura 1, que indican unha moi grande heteroxeneidade na

práctica de rexistro de novos episodios en atención primaria; en concreto, hai un número de médicos que,

tendo en conta o tamaño dos seus cupos e durante un período de tres meses, rexistran un número moi

elevado de novos episodios comparado co que rexistra a totalidade de médicos con cupo, mentres que

outros rexistran moi poucos e algúns, ningún.

Figura 1. Número de episodios rexistrados e

número de persoas no cupo (en escala

logarítmica), xunto á taxa de rexistro (episodios

por mil pacientes no cupo) dos médicos que

rexistraron algún episodio no último trimestre de

2016, ordenados pola taxa de rexistro.

Ademais, en procesos como as ITU, nos que as recorrencias son moi frecuentes, non é doado decidir se

haberá que rexistralas, como habería que facer de consideralas un episodio dunha enfermidade nova, ou

non, como habería que facer de consideralas continuación da enfermidade previa.

Polo tanto, os datos que se amosan deseguido hai que tomalos con cautela, pero aínda así poden ilustrar

diversos aspectos da epidemioloxía da ITU en Galicia durante os últimos anos.

Material e métodos. Á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas solicitáronselle os episodios de

consulta en atención primaria codificados cos códigos seguintes (CIAP-2): U70 (pielite/pielonefrite; ITUA) e

U71 (cistite/outras infeccións urinarias; ITUB), e con data do episodio entre o 1 de xaneiro de 2013 e 1 de

decembro de 2017. De cada episodio seleccionáronse a data e o concello no que se rexistrou a consulta, e

o sexo e a idade do doente.

A taxa de consulta, que se expresa en consultas por cen mil habitantes (c/105h), calculouse coa poboación

do padrón continuo de habitantes a 1 de xaneiro de cadanseu ano (IGE).

0

500

1.000

1.500

2.000

2.500

1

10

100

1.000

10.000

T

A

X

A

Persoas no cupo Episodios Taxa

8 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Da análise excluíronse todos aqueles episodios de consulta nos que non constaban a idade e o sexo do

doente, debido a que presuntamente trátase de persoas non residentes que están de visita en Galicia, como

indican os datos de comportamento estacional, que amosan unha preferencia polos meses de “vacacións”

(Figura 2) e o seu aumento co paso dos anos, do 2’5% de todas as consultas en 2013 ao 3’8% en 2017.

Figura 2. Esquerda: número de consultas sen datos de idade e sexo dos doentes por cuatrisemana e ano

pola cuatrisemana na que se realizaron as consultas, en Galicia de 2013 a 2017. Dereita: Distribución (en

porcentaxe) da media anual de consultas con datos da idade e do sexo do doente (“Coñecidos”) e de

consultas sen estes datos (“Descoñecidos”), pola cuatrisemana na que se realizaron as consultas, en

Galicia, de 2013 a 2017 .

Resultados. No quinquenio que vai de 2013 a 2017, na atención primaria do Sergas rexistráronse 311.555

episodios de consulta por ITU, que supoñen una taxa media de 2.278 c/105h ao ano. Co paso dos anos

observouse un descenso lixeiro pero continuo, das 65.863 consultas de 2013 ás 59.086 de 2017, que en

taxa de consulta supuxeron un descenso do 8%, de 2.381 a 2.182 c/105h. O 98% das consultas foron por

ITUB e o 84% foron a mulleres.

ITUB. No quinquenio rexistráronse 304.480 consultas por ITUB, cunha tendencia continua ao descenso,

dende as 2.327 c/105h de 2013 ás 2.132 de 2017. O 84% das consultas foron a mulleres, mais esta

porcentaxe reduciuse algo co paso dos anos, do 85 ao 83%, porque as consultas a mulleres reducíronse

algo máis (12% de 2013 a 2017) que as consultas aos homes (2%). En taxas de consulta, a redución foi do

10% nas consultas a mulleres (de 3.813 a 3.430 c/105h), e non houbo redución nas dos homes.

Figura 3. Taxa anual media de consulta (c/105h) por ITUB na atención primaria do Sergas de 2013 a 2017,

por sexo e grupo de idade (esquerda) e por idades simples ata o 33º ano de vida (dereita).

Nas mulleres a redución na taxa de consulta observouse en todos os grupos de idade agás no de 0 a 4

anos, mais produciuse antes e con maior intensidade (o 18% en 2017 a respecto de 2013) no grupo de 20 a

24 anos (Táboa 1). Con todo, a distribución por idade das taxas de consulta a mulleres e a homes son moi

estable ao longo dos anos (Táboa 1), pero son moi diferentes entre elas (Figura 3).

0

100

200

300

400

500

600

700

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

2013 2014 2015 2016 2017

0%

5%

10%

15%

20%

25%

30%

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

Coñecidos Descoñecidos

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

7.000

0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32

Home Muller

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

7.000

00 a 04

05

a 0

9

10 a 14

15

a 1

9

20

a 2

4

25 a 29

30

a 3

4

35 a 39

40

a 4

4

45 a 49

50

a 5

4

55

a 5

9

60 a 64

65

a 6

9

70 a 74

75

a 7

9

80

a 8

4

85

+

Home Muller

9 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Na Figura 3 mírase que nas mulleres, a taxa anual media de consulta diminúe dende o primeiro ano de vida,

no que é de preto de 3.000 c/105h, de xeito continuo ata os 12 anos, cando acada o mínimo, con preto de

700 c/105h. A partir de entón, a taxa medra rapidamente ata que chega preto das 6.000 c/105h aos 19 anos,

despois vai diminuíndo amodo ata preto dos 3.000 c/105h na sexta década da vida, e volta a medrar de

xeito continuo ata os 5.300 c/105h no grupo de 85 a máis anos de idade.

Nas consultas a homes obsérvase (Figura 3) un maior descenso na taxa anual media do primeiro ao

segundo ano de vida (2.238 versus 763 c/105h), para despois ir diminuíndo moi amodo ata os 12 anos (142

c/105h) e logo comezar a medrar pouco a pouco ata experimentar unha primeira aceleración na sexta

década da vida que se segue doutra a partir dos 80 anos, que leva a taxa de consulta ao seu valor máximo

(3.463 c/105h) no grupo de 85 e máis anos de idade.

En todos os grupos de idade a taxa de consulta a mulleres supera a taxa de consulta a homes, mais o risco

relativo das mulleres de ter unha consulta medra de xeito continuo a partir do 1’3 no primeiro ano de vida, e

supera 10 aos 15 anos, ata acadar o cumio en 24’8 aos 18 anos. A partir de entón diminúe de xeito

continuo, pero mantense por riba de 10 ata os 40 anos, por riba de 3 ata os 70, e remata no 1’5 do grupo de

85 e máis anos de idade.

Para estudar a distribución xeográfica das taxas de consulta por ITUB empréganse as EOXI, mais esta

análise ten a dificultade engadida de que non se dispón do concello –e polo tanto da EOXI– no que se

rexistrou o episodio no 13% dos episodios, cun lixeiro aumento co paso do tempo (do 11 ao 14%), e sen

que haxa diferenzas por sexo nin por grupo de idade. Esta ausencia de datos necesariamente conduce a

unha subestimación da taxa de consulta das EOXI e, se esta subestimación varía entre EOXI, queda

comprometida tamén a comparación destas taxas de consulta, feito que podería explicar en parte o

rechamante que resulta a distribución xeográfica que se achou.

Táboa 1. Taxa de consulta (c/105h) por ITUB na atención primaria do Sergas, por idade, sexo e ano.

IDADE HOMES MULLERES

(anos) 2013 2014 2015 2016 2017 2013 2014 2015 2016 2017

00 a 04 948 919 944 934 944 2.468 2.692 2.748 2.564 2.543

05 a 09 303 307 324 294 302 2.164 2.185 2.139 2.102 1.990

10 a 14 151 168 142 148 139 1.106 1.073 997 935 1.077

15 a 19 227 225 212 181 199 4.661 4.527 4.263 4.408 4.204

20 a 24 306 305 304 281 306 5.688 5.529 4.711 4.812 4.662

25 a 29 297 315 310 318 372 4.535 4.506 4.268 4.048 4.048

30 a 34 297 300 302 281 292 4.073 4.034 3.747 3.503 3.500

35 a 39 363 367 318 331 375 3.842 3.686 3.463 3.261 3.180

40 a 44 414 383 337 368 394 3.589 3.380 3.419 3.173 3.209

45 a 49 472 459 420 427 414 3.334 3.337 3.213 3.149 2.971

50 a 54 529 550 495 524 481 3.276 3.330 3.287 3.010 3.070

55 a 59 671 628 647 669 685 3.313 3.315 3.308 3.145 3.104

60 a 64 926 873 911 823 846 3.563 3.456 3.361 3.123 3.137

65 a 69 1.152 1.167 1.061 1.086 1.164 3.829 3.752 3.515 3.464 3.377

70 a 74 1.444 1.430 1.354 1.420 1.303 4.316 4.276 4.020 3.953 3.752

75 a 79 1.663 1.704 1.719 1.667 1.626 4.295 4.295 4.374 4.159 4.078

80 a 84 2.397 2.453 2.332 2.181 2.208 4.778 4.849 4.842 4.542 4.524

85+ 3.694 3.488 3.447 3.256 3.463 5.406 5.393 5.327 5.274 5.317

Todos 734 734 716 714 735 3.813 3.766 3.625 3.477 3.430

10 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

En efecto, como se mira na Figura 4, pódense definir tres niveis nas taxas de consulta a mulleres por ITUB

nas distintas EOXI, que son válidos para todos os grupos de idade e tanto para consultas a mulleres como

para consultas a homes: un primeiro, con taxas máis elevadas, corresponde á EOXI de Ourense; o

segundo, con taxas intermedias, á EOXI de Vigo; e o terceiro, coas menores taxas, ao resto de EOXI.

Cuantitativamente, nas mulleres, a respecto da taxa bruta de consulta na EOXI de Ourense, a taxa bruta na

de Vigo é un 25% menor, e na do resto de EOXI, entre un 53 e un 59% menor. Esta comparación non se

pode facer coa taxas brutas de consulta aos homes as EOXI, pola la intensa asociación das taxas coa idade

e o diferente grao de envellecemento das distintas EOXI.

Para rematar, non se observa estacionalidade nin nas taxas de consulta a mulleres nin nas de consulta a

homes.

Figura 4. Taxa anual media de consulta (c/105h) por ITUB a mulleres (esquerda) e homes (dereita), na

atención primaria do Sergas de 2013 a 2017, por grupo de idade e EOXI.

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

7.000

8.000

00

-04

05-09

10

-14

15-19

20

-24

25

-29

30

-34

35

-39

40-44

45

-49

50-54

55

-59

60-64

65

-69

70-74

75

-79

80

-84

85

->

FE AC SI LU OU PO VI

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

00

-04

05-09

10-14

15

-19

20

-24

25

-29

30-34

35-39

40

-44

45

-49

50

-54

55-59

60

-64

65

-69

70

-74

75-79

80-84

85

->

FE AC SI LU OU PO VI

ITUA. No quinquenio rexistráronse 7.075 consultas por ITUA, cunha tendencia lixeiramente descendente

dende as 54 c/105h do ano 2013 ás 50 do ano 2017. O 78% das consultas foron a mulleres, e nelas a taxa

de consulta descendeu un 11% de 2013 (83’0 c/105h) a 2017 (73’4 c/105h), mentres as consultas a homes

permaneceron estables ( 23’7 e 24’1 c/105h, respectivamente).

Figura 5. Taxa anual media de consulta (c/105h) por ITUA na atención primaria do Sergas de 2013 a 2017,

por sexo e grupo de idade (esquerda) e por idades simples ata o 33º ano de vida (dereita).

0

20

40

60

80

100

120

140

160

180

00

a 0

4

05

a 0

9

10 a 14

15 a 19

20

a 2

4

25

a 2

9

30

a 3

4

35 a 39

40

a 4

4

45

a 4

9

50

a 5

4

55 a 59

60

a 6

4

65

a 6

9

70

a 7

4

75 a 79

80

a 8

4

85

+

Home Muller

0

50

100

150

200

250

300

350

400

450

500

0 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32

Home Muller

A distribución etárea das taxas de consulta a homes e mulleres é moi estable, como se mira na Táboa 3. Na

Figura 5 mírase que, nas mulleres, as maiores taxas anuais medias ocorren no primeiro ano de vida (429

c/105h), e xa no segundo redúcense un 62% (162 c/105h) e no terceiro un 84% (70 c/105h), para despois ir

minguando amodo ata os 12 anos (19 c/105h), cando comezan a medar ata que, entre os 17 e os 21 anos,

acadan unha meseta con valores próximos aos do segundo ano de vida, na contorna das 150 c/105h. A

partir de aquí comeza un descenso continuo ata as 35 c/105h do grupo de 85 e máis anos de idade.

Tamén nos homes (Figura 5), as maiores taxa anuais medias obsérvanse no primeiro ano de vida (339

c/105h), pero os descensos ulteriores son moito máis marcados, do 85% no segundo (50 c/105h) e do 95%

11 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

no terceiro ano de vida (18 c/105h). Despois as taxas minguan moi amodo ata os 15 anos, cando comezan

un aumento ininterrompido ata aos 60 anos, en que dan paso a unha meseta –con taxas na contorna das

30-35 c/105h– que se mantén ata as idades máis avanzadas.

Como ocorría coa ITUB, na ITUA as taxas de consulta a mulleres superan as taxas de consulta aos homes

en todos os grupos de idade, e os riscos relativos son semellantes ata os 19 anos, e despois dos 24 seguen

un descenso parello aínda que con valores menores no caso da ITUA. Só no grupo de 20 a 24 anos o risco

relativo das mulleres a respecto dos homes de ter unha consulta por ITUA é moito maior, xa que chega a

35.

Para estudar a distribución xeográfica hai o mesmo problema que coas consultas por ITUB, aínda que neste

caso a proporción de consultas que non se pode atribuír a unha EOXI é lixeiramente menor, do 11%, tamén

cun lixeiro aumento co paso do tempo (do 9 ao 12%), e sen que tampouco haxa diferenzas por sexo, aínda

que si as hai por grupo de idade, xa que nos menores de 15 anos a proporción de consultas con EOXI

descoñecida non acada o 7%.

En todo caso, como se mira na Figura 6, na distribución xeográfica das consultas por ITUA hai menor

heteroxeneidade que nas consultas por ITUB. Nas taxas de consulta a mulleres obsérvase que dos 20

anos en diante as da EOXI de Vigo son máis elevadas que as do resto de EOXI, mentres que antes desta

idade, as da EOXI de Ourense son máis baixas, e fóra disto non se observa patrón ningún. Tampouco se

observa ningún nas taxas de consulta a homes, e as únicas diferenzas entre EOXI ocorren no grupo de 0 a

4 anos, e son diferenzas importantes: a taxa máis baixa obsérvase na EOXI de Ourense (8 c/105h ao ano),

as intermedias nas de Pontevedra (51 c/105h ) e Santiago (54 c/105h), co resto de EOXI en valores

semellantes (entre 95 e 103 c/105h).

Tampouco na ITUA obsérvase ningún comportamento estacional.

Táboa 2. Taxa de consulta (c/105h) por ITUA na atención primaria do Sergas, por idade, sexo e ano.

IDADE HOMES MULLERES

(anos) 2013 2014 2015 2016 2017 2013 2014 2015 2016 2017

00 a 04 87 91 75 50 98 165 130 164 158 137

05 a 09 9 5 2 5 12 61 42 43 45 38

10 a 14 6 4 4 2 9 51 29 17 19 26

15 a 19 15 7 8 0 0 132 124 133 101 139

20 a 24 3 8 7 5 5 174 192 133 182 163

25 a 29 10 11 8 12 17 131 134 131 134 122

30 a 34 12 10 11 11 7 102 108 122 124 114

35 a 39 16 19 15 17 23 108 91 108 115 86

40 a 44 24 20 16 24 26 90 100 84 87 74

45 a 49 21 20 26 21 10 71 85 68 73 85

50 a 54 20 27 26 30 22 72 76 68 66 88

55 a 59 28 29 33 38 30 76 59 64 54 60

60 a 64 31 45 33 43 32 43 65 52 47 41

65 a 69 35 29 32 26 30 48 49 36 51 48

70 a 74 37 33 38 21 26 64 51 59 42 34

75 a 79 39 43 35 33 24 41 35 40 52 40

80 a 84 25 27 20 28 46 55 68 38 35 40

85+ 35 27 14 41 42 40 38 33 33 33

Todos 24 24 22 23 24 83 81 76 77 73

12 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Figura 6. Taxa anual media de consulta (c/105h) por ITUA a mulleres (esquerda) e homes (dereita), na

atención primaria do Sergas de 2013 a 2017, por grupo de idade e EOXI.

0

50

100

150

200

250

00

-04

05

-09

10

-14

15

-19

20

-24

25-29

30-34

35-39

40-44

45

-49

50

-54

55

-59

60

-64

65

-69

70-74

75-79

80-84

85

->

FE AC SI LU OU PO VI

0

20

40

60

80

100

120

00

-04

05

-09

10

-14

15

-19

20-24

25-29

30-34

35

-39

40

-44

45

-49

50

-54

55

-59

60

-64

65-69

70-74

75-79

80

-84

85

->

FE AC SI LU OU PO VI

ITUB versus ITUA. A razón entre a taxa bruta de consulta por ITUA e a taxa bruta de consulta por ITUB é,

expresada en porcentaxe, do 2’3%, debido á taxa bruta de consulta a mulleres, 2’2%, xa que a de consulta

a homes é algo maior, do 3’2%. Hai diferenzas tamén por grupo de idade (Figura 7), e, tanto para mulleres

como para homes, os valores máis elevados da razón obtéñense no grupo de idade de 0 a 4 anos, debido

sobre todo aos valores nos dous primeiros anos de vida: 14 e 15%, para homes e mulleres no primeiro; e 9

e 7%, respectivamente, no segundo. A partir do terceiro ano a razón mantense máis o menos estable ente o

2 e o 3% ata os 24 anos e, a partir de entón, nos homes medra ata o 6% no grupo de 40 a 44 anos para

despois volver a diminuír ata o 1% nas idades máis avanzadas. Pola contra, nas mulleres, a partir dos 25

anos cada vez son máis frecuentes as consultas por ITUB que por ITUA, ata que estas supoñen só o 1%.

Figura 7. Esquerda: Razón entre as taxas anuais medias (c/105h) de consulta por ITUA e por IUTB,

expresada en porcentaxe, por grupo de idade e sexo, en Galicia de 2013 a 2017. Dereita: Razón entre a

taxa de consulta (c/105h) por ITU e a taxa de illamento de E. coli en ouriños (c/105h), expresada en

porcentaxe, por grupo de idade e sexo, en Galicia nos anos 2016 e 2017.

0%

1%

2%

3%

4%

5%

6%

7%

8%

9%

10%

00

a 0

4

05

a 0

9

10

a 1

4

15 a 19

20

a 2

4

25

a 2

9

30

a 3

4

35 a 39

40 a 44

45

a 4

9

50

a 5

4

55

a 5

9

60 a 64

65 a 69

70

a 7

4

75

a 7

9

80 a 84

85+

Home Muller

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

100%

00 a 04

05 a 09

10 a 14

15 a 19

20 a 24

25 a 29

30 a 34

35 a 39

40 a 44

45 a 49

50 a 54

55 a 59

60 a 64

65 a 69

70 a 74

75 a 79

80 a 84

85+

Home Muller

ITU versus illamentos de E. coli en ouriños. A razón entre a taxa anual media de illamento de E. coli ouriños

de doentes ambulatorios en 2016 e 2017 e a de consulta por ITU no mesmo período1, é máis elevada en

mulleres, o 41% ao expresala como porcentaxe, que en homes (33%), e varía por grupo de idade (Figura 7):

nas mulleres, mantense na contorna do 25% ata os 15 anos, acada o mínimo entre os 15 e os 19 (10%) e a

partir de aí medra de xeito continuo, primeiro máis amodo ata os 60 anos (31%) e, despois, máis rápido ata

os 85 anos e máis, nos que acada o 80%.

Nos homes, a razón fica en valores semellantes aos das mulleres nos primeiros anos de vida (25%), pero

despois diminúe e entre os 5 e 40 anos mantense na contorna do 10%. De aquí en diante, a razón medra

de xeito continuo ata os últimos anos da vida, primeiro máis axiña, ata os 55-59 (30%) e despois máis

amodo (39% nos de 85 a máis anos de idade).

13 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Comentario. De 2013 a 2017, na atención primaria do Sergas rexistráronse unha media de 62.300

consultas por ITU ao ano, das que o 98% foron por ITUB. Ora ben, como se desprende do que se comentou

na introdución, é unha cantidade difícil de interpretar polos problemas asociados á práctica de rexistro das

consultas en xeral e dos específicos derivados das recorrencias, cuxa frecuencia varía entre ITUB e ITUA,

entre sexos e por idade2.

Por este motivo, non é posible avaliar os resultados deste estudo cos obtidos noutros estudos sobre a

frecuencia de ITU na poboación. Con todo, as distribucións por idade e sexo achadas son consistentes coas

descritas na literatura científica2-3 e os factores de risco da ITU. Especialmente claras quedan a diminución

do risco a partir do primeiro ano de vida e, nas mulleres, a seu aumento a medida que progresa a

incorporación ás relacións sexuais. Asemade, a razón entre consultas por ITUA e ITUB achada na

poboación é consistente co 3% de progresión dunha a outra que se espera na poboación adulta4.

Para rematar, compre salientar que, cos datos deste estudo e do outro publicado neste número do BEG1, a

taxa de illamentos de E coli non é un bo descritor da distribución etárea da taxa de consultas por ITU,

probablemente porque a práctica de petición de mostras de ouriños no contexto da ITU varía coa idade e

entre sexos.

Bibliografía.

1 DXSP. Resistencia a antibióticos en E. coli illados en ouriños: Galicia 2016-2017. Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2018; vol. XXX, nº 3.

2 Foxman B. Urinary Tract Infection Syndromes. Occurrence, Recurrence, Bacteriology, Risk Factors, and Disease Burden. Infect Dis Clin N Am 2014; 28: 1–13.

3 Foxman B. Epidemiology of Urinary Tract Infections. Nat Rev Urol 2010; 7: 653–60.

4 Johnson JR et al. Acute Pyelonephritis in Adults. N Engl J Med 2018; 378: 48-59.

14 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

A GRIPE EN GALICIA NA TEMPADA 2017/18

Introdución. Durante a tempada de gripe 2017/18, que comezou na semana 40/2017 (do 02 ao 08 de

outubro) e rematou na semana 19/2018 (do 7 ao 13 de maio), empregáronse os catro sistemas de vixilancia

da gripe habituais: [a] chamadas ao 061 por gripe e mais infección respiratoria aguda (IRA), [b] rexistros

informatizados de gripe na atención primaria do Sergas, [c] información microbiolóxica, e [d] ingresos

hospitalarios con gripe confirmada.

Seguindo ao EISN (European Influenza Surveillance Network, ECDC), e de acordo co SVGE (Sistema de

Vigilancia de la Gripe en España), en Galicia a actividade gripal cualifícase, dende a pandemia de 2009, cos

tres indicadores seguintes: intensidade, difusión xeográfica e tendencia da actividade gripal; os de

intensidade e tendencia establecéronse en base ao número de chamadas semanais recibidas no 061 por

gripe e mais IRA, e o de difusión a partir da análise conxunta da información por provincias facilitada por

estas chamadas e pola información microbiolóxica.

As categorías do indicador de difusión (nula, esporádica, local e xeral) e do de tendencia (crecente,

decrecente e estable) son as mesmas dende a pandemia; mentres que as da intensidade (basal, baixa,

media, alta, e moi alta) aplícanse dende a tempada 2015/16. Os valores de cambio entre categorías dos

indicadores de difusión e de intensidade, que dende a tempada 2012/13 calcúlanse co método de

epidemias móbiles, varían cada tempada.

Os indicadores de actividade gripal empregados na tempada 2017/18 amósanse no Anexo I, e deseguido

resúmense os resultados dos distintos sistemas de vixilancia durante esta tempada, agás o de ingresos

hospitalarios que vai nun informe aparte neste mesmo número do BEG.

A vixilancia coas chamadas ao 061. Como se pode observar na figura 1, o número de chamadas que

recibiu o 061 por gripe e mais IRA na tempada 2017/18 acadou un nivel de intensidade media e amosou

unha onda que se mantivo no tempo máis do habitual.

Figura 1. Chamadas ao 061 por gripe e

mais IRA en Galicia, por semana, nas

tempadas 2010/11, 2011/12, 2016/17 e

2017/18 cos niveis de actividade gripal

empregados para cualificar a intensidade

na tempada 2017/18.

Non se inclúen as tempadas 2012/13,

2013/14 e 2015/2016 porque non

amosaron, por este sistema de vixilancia,

ondas importantes; e non se inclúe a

tempada 2014/15 porque é unha onda

parecida á das tempadas 2016/17 e

2017/18.

Intensidade da actividade gripal. Na tempada 2017/18, o paso de intensidade basal a baixa, e polo tanto o

momento no que se establece o inicio da onda, acadouse na semana epidemiolóxica 51/2017 para, na

semana seguinte, a 52/2017, acadar un nivel de intensidade media e o cumio da onda, cun total de 420

chamadas por gripe e mais IRA. A onda mantívose nun nivel de intensidade media nas dúas semanas

seguintes ao cumio, para pasar na semana 03/2018 a un nivel de intensidade baixo, no que se mantivo ata

a semana epidemiolóxica 07/2018 incluída.

0

100

200

300

400

500

600

40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20

2017/18 2016/17 2011/12 2010/11

15 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Para facilitar a comparación coas tempadas previas, na análise a definición de onda mantense como ven

sendo habitual (cumio +/- 5 semanas); así, para a tempada 2017/18, a onda abrangue da semana 47/2017 á

semana 05/2018 (aínda que nesta tempada, a intensidade mantívose por riba do nivel basal ata a semana

epidemiolóxica 07/2018 incluída).

Distribución xeográfica. Na semana 52/2017 acadouse o cumio da onda nas provincias de Ourense con 33

chamadas (ch) e Pontevedra (169 ch); na da Coruña acadouse nas semanas 52/2017 e 01/2018 (193 ch

nas dúas semanas) e nas de Lugo (31 ch) na semana 02/2018.

A taxa de chamadas no conxunto da onda foi de 94 chamadas por cen mil habitantes (ch/105h) para o

conxunto de Galicia, e o risco relativo (RR) da taxa de chamadas en 2017/18 a respecto de 2016/17 foi de

1’08, que supón unha diferenza estatisticamente significativa (Táboa 1).

Táboa 1: Número de chamadas por gripe e mais IRA ao 061 por cen mil habitantes nas dúas últimas ondas de gripe, e o risco

relativo (RR) da onda 2017/18 a respecto da anterior, por provincias, co seu intervalo de confianza do 95% (IC95%).

Provincias 2017/18 2016/2017 RR IC 995% p

A Coruña 107 95 1’12 1’03 1’22 0’004

Lugo 52 44 1’18 0’94 1’48 0’127

Ourense 54 68 0’79 0’64 0’97 0’024

Pontevedra 106 99 1’07 0’98 1’17 0’113

Galicia 94 87 1’08 1’02 1’14 0’006

Distribución por idade. O número de chamadas por grupo de idade acadou o cumio da onda, como ven

sendo habitual, en diferentes semanas. Para os de 0-4, 5-19 e 45-64 anos foi na semana 52/2017; e para os

de 20-44 e maiores de 64 anos foi na semana 01/2018. Ao considerar a onda en cada grupo de idade, as

taxas máis elevadas observáronse nos grupos de idade de 0-4 anos, seguido polo grupo de 65 anos e máis.

En 2017/18 as taxas de chamadas ascenderon, a respecto de 2016/17, en todos os grupos de idade agás o

de 5-19 anos (táboa 2), pero diferenzas estatisticamente significativas observáronse só nos grupos de idade

de 45-64 anos e nos maiores de 64 anos de idade.

Táboa 2: Número de chamadas por gripe a mais IRA ao 061 por cen mil habitantes (taxa) nas dúas últimas ondas de gripe, e o

risco relativo (RR) 2017/18 versus 2016/17, por grupo de idade, co seu intervalo de confianza do 95% (IC95%).

idade 2017/18 2016/2017 RR IC 995% p

0-4 anos 236 225 1’04 0’86 1’26 0’626

5-19 anos 92 101 0’91 0’77 1’06 0’237

20-44 anos 70 65 1’07 0’95 1’21 0’200

45-64 anos 73 64 1’14 1’00 1’28 0’034

65 e máis anos 128 114 1’12 1’01 1’24 0’020

Todas 94 87 1’08 1’02 1’14 0’006

Difusión da actividade gripal. Na tempada 2017/18 en Galicia a difusión xeográfica da gripe acadou o grao

de esporádica entre as semanas 44/2017 e 50/2017; epidémica entre as semanas 51/2017 e 07/2018; e

local entre as semanas 08/2018 e 14/2018; para volver a esporádica entre as semanas 15/2018 e 19/2018;

e, dende aí, nula (é dicir, sen evidencia microbiolóxica de actividade gripal).

A vixilancia cos rexistros informatizados de gripe en atención primaria. Este sistema está fundado nos

episodios de gripe atendidos en Atención Primaria e rexistrados nas aplicacións do Sergas co código de

gripe (R80). Na tempada 2017/18, o número de médicos que rexistrou algún episodio de gripe en cadansúa

16 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

semana e o número de gripes declaradas, reproduce a onda estacional típica (figura 3) que, nesta

tempada, acadou o cumio en número de médicos (1.497) na semana 03/2018, e en número episodios de

gripe rexistrados (4.936) na semana 02/2018 (figura 3). O cumio da onda acadouse na semana 52/2017,

cunha ratio (número de episodios de gripe rexistrados nesa semana versus número de médicos que os

rexistraron) de 3'35, valor próximo ao acadado na semana 02/2018, no que foi 3’33 (Figura 3).

Figura 3. Esquerda: Número de episodios de gripe rexistrados e número de médicos que os rexistraron nas

aplicacións do Sergas en atención primaria durante as tempadas 2010/11 a 2017/18, por semana. Dereita:

Ratio entre episodios de gripe rexistrados e número de médicos que os rexistraron durante as tempadas

2010/11 a 2017/18, por semana, xunto ao limiar que indica o paso de intensidade basal a intensidade

baixa.

0

200

400

600

800

1.000

1.200

1.400

1.600

0

1.000

2.000

3.000

4.000

5.000

6.000

2010/11

2011/12

2012/13

2013/14

2014/15

2015/16

2016/17

2017/18

M

É

D

I

C

O

S

E

P

I

S

O

D

I

O

S

Episodios Médicos

0

1

2

3

4

5

6

2010/11

2011/12

2012/13

2013/14

2014/15

2015/16

2016/17

2017/18

Ratio Limiar

Por outra banda, a incidencia de gripe en Galicia aproxímase pola información facilitada por un grupo

restrinxido de médicos seleccionados dende a pandemia de 2009. Axustando a súas taxas á distribución por

idade de Galicia, o cumio da onda observouse na semana 02/2018, cunha incidencia de 222 casos por cen

mil habitantes (c/105h). Na táboa 3 amósanse as incidencias de gripe por grupo de idade estimadas con

este grupo restrinxido de médicos na onda e no cumio das tempadas 2017/18 e 2016/17. Nela pódese

observar que a incidencia, a respecto da tempada anterior, descendeu na onda nos grupos de idade de 0-4,

5-19 e 65 anos e máis; aumentando nos grupos de idades medias de 20-44 e 45-64 anos. Por outra banda,

na semana do cumio, a incidencia non aumentou en ningún dos grupos de idade nin no conxunto da

poboación.

Táboa 3: Número de episodios de gripe rexistrados polo grupo restrinxido de médicos por cen mil habitantes (taxa) nas dúas últimas ondas de

gripe e no cumio para cadanseu grupo de idade, e o risco relativo na tempada 2017/18 a respecto da tempada previa, co seu intervalo de confianza do 95% (IC95%).

idade

Onda (cumio ± 5 semanas) Cumio da onda

2017/18 2016/17 RR (IC95%) 2017/18 2016/17 RR (IC95%)

0-4 anos 1696 2751 0’61 (0’58-0’65) 442 894 0’495 (0’494-0’496)

5-19 anos 2091 2134 0’98 (0’94-1’01) 383 430 0’889( 0’888-0’890)

20-44 anos 1627 1322 1’23 (1’20-1’26) 218 246 0’884 (0’677-1’153)

45-64 anos 1650 1399 1’18 (1’15-1’21) 248 252 0’986 (0’753-1’291)

65 e máis anos 998 1034 0’96 (0’93-0’99) 165 229 0’724 (0’509-1’024)

Todas as idades (*) 1519 1352 1’12 (1’05-1’19) 219 266 0’823 (0’706-0’959)

RR: Risco Relativo da tempada 2017/18 versus 2016/17 . (*) Taxas sen axustar

17 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Información microbiolóxica. Os obxectivos da vixilancia microbiolóxica son: establecer o grao de difusión

a través da detección do virus e coñecer os virus da gripe predominantes na tempada a estudo.

Na tempada 2017/18 participaron neste sistema de vixilancia os laboratorios do CHUAC, CHOU, CHOP e

CHUVI. Para este informe usáronse os datos recollidos dende a semana 40/2017 ata a 19/2018, e

elimináronse as distintas mostras dun mesmo paciente nunha mesma semana. Estudáronse un total de

14.654 mostras. A porcentaxe total de mostras positivas para o virus da gripe (A ou B) foi de 30’5%. Case a

metade das mostras (o 49’5%) procedían de pacientes de 65 anos e mais.

Figura 4. Esquerda: Porcentaxe de mostras positivas para virus da gripe A e para virus da gripe B, por

semana. Dereita: Porcentaxe de mostras positivas para virus da gripe (A ou B); número de chamadas ao

061 por gripe e mais IRA; e ratio entre o número de gripes rexistradas en atención primaria e o número de

médicos que as rexistraron multiplicada por 100, por semana.

Do total das mostras recibidas, en 13.987 estudouse a presenza do virus da gripe B, cun 16’5% de mostras

positivas e en 13.986 estudouse a presenza do virus da gripe A, cun 13’9% de mostras positivas, no total

das mostras analizadas. Así, nesta tempada houbo unha co-circulación de virus A e B, sen un claro

predominio de ningún dos tipos virais, pero si cunha presentación temporal diferente, xa que a onda

comezou a expensas dun claro predominio de virus da gripe B e sería na semana 51/2017 cando empezase

a superpoñerse a difusión dos virus da gripe A e mais B (Figura 4).

Das 1.956 mostras positivas para virus A, en 571 mostras tense algunha información para o subtipo: o 78%

(N=446) foron AH3N2 e o 22% restante (N=125) foron AH1N109pdm. Entre as mostras nas que se buscou o

virus A, a porcentaxe de positivas foi estable en todos os grupos de idade; e entre as que se buscou o virus

B, o grupo de idade de 5-19 anos foi (igual que na tempada pasada) o que amosou a porcentaxe maior, cun

27’3% (táboa 4).

Táboa 4. Número de mostras estudadas e a porcentaxe das que resultaron positivas polo tipo de virus e por grupos de idade na tempada 2017/18.

Idade

Virus A Virus B

Nº de mostras % positivas Nº de mostras % positivas

0 a 4 anos 2626 12’6 2629 8’4

5 a 19 anos 703 12’9 707 27’3

20 a 44 anos 1144 16’3 1149 16’2

45 a 64 anos 2403 13’8 2407 16’7

65 ou máis anos 6936 14’3 6921 18’9

De 174 mostras non consta a idade do doente

0

50

100

150

200

250

300

350

400

450

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

40 42 44 46 48 50 52 2 4 6 8 10 12 14 16 18

%

Positividade Chamadas RATIO

0

5

10

15

20

25

30

35

40 42 44 46 48 50 52 2 4 6 8 10 12 14 16 18

%

% positivos A % positivos B

18 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

O cumio da onda definida pola porcentaxe de mostras positivas para o virus da gripe B foi na semana

01/2018, cun 30’4% de positividade; mentres que no caso da onda definida pola porcentaxe de mostras

positivas para o virus da gripe, o cumio foi na semana 07/2018, cun 21’1% de positividade. Dende a

primeira semana na que se detectou un 19% de positividade para o virus da gripe (para A ou B) pasaron 17

semanas nas que a positividade mantívose cun valor maior ou igual a esa porcentaxe de positividade

(dende a semana 49/2017 ata a semana 13/2018), acadándose o cumio na semana 52/2017, cun total de

47’2% de mostras positivas (figura 4).

Comentario. O número de chamadas que recibiu o 061 por gripe e mais IRA na tempada 2017/18 acadou

un nivel de intensidade media, cunha taxa de chamadas en onda de 94 ch/105h, que supón un valor maior

que os observados nas últimas dúas tempadas1 e próximo ao que se acadou na tempada 2014/15 (na que a

incidencia en onda foi de 96 ch/105h), sendo estas as dúas tempadas nas que o sistema de vixilancia polo

061 acadou as súas taxas máis elevadas dende a tempada 2011/12 (Táboa 5).

Tamén a taxa de episodios de gripe rexistrados en atención primaria polo grupo restrinxido de médicos

durante a onda da tempada actual foi superior á da tempada pasada, acadándose un risco relativo de 1’12.

De feito, a taxa estimada rexistros de gripe en atención primaria da tempada 2017/18 (1.519 c/105h) foi a

máis alta das últimas tempadas, superada só pola tempada 2011/12, cun valor de 1.540 c/105h (Táboa 5).

Por outra banda, a ratio entre o número semanal de rexistros de gripe en atención primaria e número de

médicos que os rexistraron foi de 2’39 no global da tempada, igual que nas dúas últimas tempadas. Porén,

de considerar o comportamento semanal da ratio, mentres que na tempada actual se mantivo por riba do

limiar basal durante 15 semanas (dende a semana 48/2017 ata a semana 10/2018), na tempada 2016/17

mantívose por riba do mesmo limiar só durante 8 semanas (dende a semana 51/2016 ata a 06/2017).

Esta maior persistencia da transmisión observouse tamén no sistema de vixilancia polo 061, no que a

intensidade se mantivo por riba do nivel basal ata dúas semanas despois do período considerado como

onda (cumio +/- 5 semanas), mentres que na 2016/17 as dúas últimas semanas incluídas no concepto onda

xa estaban no nivel basal. Isto xustifícase polo feito de que dende a semana 49/2017 ata a semana

13/2018, a positividade das mostras nas que se estudou a presenza de virus da gripe foi igual ou superior a

un 19%, a diferenza do acontecido na tempada 2016/17 na que se mantivo así só durante 8 semanas (da

52/2016 á 07/2017). Esta maior persistencia da transmisión observouse tamén noutros lares, como en

EEUU2, onde estiveron 19 semanas (semanas 47-13) con valores por riba do seu limiar na vixilancia

realizada cos pacientes das consultas externas dos hospitais; e en Inglaterra e Gales3, onde se mantiveron

14 semanas por riba do seu limiar, segundo os rexistros das consultas en atención primaria.

Táboa 5. Tipo viral predominante, taxa de chamadas (ch/105h) por gripe e mais IRA ao 061 durante a onda, e taxa de episodios de gripe rexistrados polo grupo restrinxido de médicos (c/105h) durante a onda, por tempada, da 2011/12 á 2017/18; xunto ao risco relativo (RR) das taxas de episodios de gripe rexistrados en onda nas diferentes tempadas a respecto da tempada 2017/18, co seu intervalo de confianza do 95% (IC95).

Tempada Tipo viral Chamadas Episodios RR (IC 95%)

2011/12 AH3 138 1.540 1’0 (0’9 – 1’0)

2012/13 AH1 e B 81 1.454 0’9 (0’9 – 1’0)

2013/14 AH1 78 970 0’6 (0’5 – 0’7)

2014/15 AH3 96 1.243 0’8 (0’7 – 0’9)

2015/16 AH1 60 946 0’6 (0’5 – 0 ‘7)

2016/17 AH3 87 1.352 0’8 (0’8 – 0’9)

2017/18 B e AH3 94 1.519 Referencia

19 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

O cumio acadouse, segundo os tres sistemas de vixilancia (061, atención primaria, e microbioloxía) na

semana 52/2017, adiantándose a respecto da tempada 2016/17. Así, volveu a adiantarse a respecto do

observado nas tempadas 2012/13, 2013/14 e 2015/16, e, polo tanto, volvendo a unha presentación temporal

mais clásica, xa que antes da pandemia de 2009 o cumio acadábase ao redor da semana 01, algo que

dende entón observouse nas tempadas 2010/11 e 2014/15 e 2016/17.

O virus predominante da tempada 2017/18 foi o B xunto a AH3N2, que tamén predominara nas tempadas

2016/17 e 2014/15. A onda de gripe da tempada 2016/17 ten a particularidade, que non se observara en

Galicia polo menos dende a tempada 1995/1996, do predominio do virus da gripe B ata a semana 05/2018.

Por outra banda, o número de mostras analizadas foi 1’8 veces maior que na tempada 2016/17, que xa fora

1’5 veces maior que na 2015/16, cando aumentara preto do dobre a respecto da tempada 2014/15.

O feito de que, na tempada 2017/18, as taxas de consultas por gripe en atención primaria estimadas co

grupo restrinxido de médicos medrasen 1’2 veces a respecto da tempada 2016/17 e 1’6 veces a respecto da

tempada 2015/16, mentres que o número de mostras solicitadas para diagnóstico microbiolóxico o fixese 1’8

e 2’3 veces, respectivamente, parece indicar que o número de mostras solicitadas aumentou máis do que

cabería esperar polo propio aumento da intensidade da onda estacional da gripe, probablemente favorecido

polo acceso as probas rápidas de diagnóstico da gripe con PCR.

O predominio do AH3N2, como era de esperar, supuxo un maior impacto nas persoas de máis idade

segundo os rexistros do 061, no que tamén aumentaron as chamadas no grupo de idade do 45-64 anos; ora

ben, segundo os rexistros de atención primaria observouse un descenso no grupo dos maiores de 64 anos

(igual que nos de 0-4 anos) e si o aumento no de 45-64 anos (acompañado polo aumento no grupo de idade

de 20-44). Con todo, este aumento no grupo de 45-64 anos, tanto polo 061 como en atención primaria, non

se corresponde cunha maior porcentaxe de mostras positivas neste grupo de idade segundo o sistema de

vixilancia microbiolóxica.

Si coincide co observado en Galicia o achado da maior porcentaxe de positivos para o virus da gripe B para

os doentes no rango de idade de 5-19, no noso caso, é de 5-24 anos, nos EEUU2, onde, con todo, se

observou a maior porcentaxe de mostras positivas para o virus da gripe A no rango de idade dos maiores de

64 anos que, no noso caso, foi o segundo grupo de idade coa maior porcentaxe positiva, despois do de 20-

44 anos.

Nesta tempada en Galicia observouse, como aconteceu en Australia no 20174, ou en UK3 ou nos EEUU2 na

tempada 2017/18, unha onda de grande amplitude que, no caso dos EEUU foi ademais catalogada, polas

taxas observadas, como a primeira con alta gravidade para todos os grupos de idade. Na nosa comunidade,

esta onda veu caracterizada por un maior número de casos (que recorda á tempada 2011/12, na que

circulou maioritariamente o AH3N2) cunha maior difusión sostida no tempo.

Bibliografía:

1 Os informes de tempadas anteriores penduran da web da DXSP na seguinte ligazón ligazón.

2 CDC. Update: influenza activity in the United States during the 2017-18 season and composition of the 2018-19 influenza vaccine.

MMWR 2018; vol 67, nº 22.

3 Public Health England. Surveillance of influenza and other respiratory viruses in the UK: winter 2017 to 2018 [Ligazón]

4 Department of Health - Australian Goverment,. 2017 Influenza Season in Australia. A summary from the National Influenza

Surveillance Committee. INFORMATION BRIEF Updated on 22 November 2017. [Ligazón]

20 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

ANEXO I: INDICADORES DE ACTIVIDADE GRIPAL DA TEMPADA 2017/18

Indicador de intensidade da actividade gripal:

Calcúlase semanalmente coa frecuencia de chamadas que por gripe e máis IRA recibe o 061 de toda

Galicia. Distingue as seguintes categorías cos valores de cambio definidos en chamadas á semana (ch/s):

1/ Intensidade basal: por debaixo de 166 ch/s.

2/ Intensidade baixa: entre 166 e 314 ch/s.

3/ Intensidade media: entre 315 e 512 ch/s.

3/ Intensidade alta: entre 513 e 635 ch/s.

4/ Intensidade moi alta: por riba de 635 ch/s.

Indicador da difusión xeográfica da actividade gripal:

Calcúlase coa frecuencia de chamadas que por gripe e máis IRA recibe o 061 en cada unha das provincias

de Galicia xunto coa información microbiolóxica. Distingue as seguintes categorías:

1/ Difusión nula: Non hai evidencia microbiolóxica de actividade gripal, e a intensidade da actividade

gripal é baixa.

2/ Difusión esporádica: A intensidade da actividade gripal é baixa e hai constancia de casos illados

de infección gripal confirmados polo laboratorio (ou un abrocho nunha soa institución).

3/ Difusión local: A intensidade da actividade gripal atópase nalgunhas provincias por riba do seu

propio nivel basal (A Coruña: 72, Pontevedra: 69, e Lugo e Ourense: 16 ch/s), con constancia de

casos illados de infección gripal confirmados por laboratorio (ou ben ocorreron varios abrochos).

4/ Difusión xeral: Hai un aumento da actividade gripal por riba do límite basal en varias provincias

que xuntas supoñen máis do 50% da poboación de Galicia (A Coruña e Pontevedra), con casos de

infección gripal confirmados polo laboratorio.

Indicador da evolución da actividade gripal

1/ Evolución crecente: A intensidade da actividade gripal aumenta comparada coa semana previa.

2/ Evolución decrecente: A intensidade da actividade gripal diminúe comparada coa semana previa.

3/ Evolución estable: A intensidade da actividade gripal non cambia comparada coa semana previa.

21 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

INGRESOS CON GRIPE EN GALICIA NA TEMPADA 2017/18

Introdución. O sistema de vixilancia dos ingresos hospitalarios con gripe confirmada polo laboratorio, que

deu comezo coa pandemia de 2009, mantívose, durante unha tempada mais, cos seguintes obxectivos

específicos: coñecer a gravidade da epidemia de gripe en termos de ingresos hospitalarios, coñecer o seu

impacto sobre o sistema sanitario, e identificar as características epidemiolóxicas das formas graves da

enfermidade.

A metodoloxía é a mesma que nas tempadas anteriores, empregándose os datos do Padrón de 2017 (IGE),

para o cálculo das taxas. A semana epidemiolóxica á que se adscriben os casos ven dada pola data de

ingreso, agás nos casos nosocomiais, nos que se considera a data de inicio de síntomas.

Resultados Globais. No período de estudo o sistema de vixilancia detectou 3.849 casos ingresados, que

supoñen unha taxa bruta de 142’2 ingresos por cen mil habitantes (i/105h); e o cumio da onda foi na semana

01/2018, con 418 ingresos.

Figura 1. Esquerda: número de ingresos con gripe confirmada en Galicia por semana nas tempadas

2014/15 á 2017/18, co virus predominante entre paréntese. Dereita: número de ingresos totais e de ingresos

en UCI na tempada 2017/18, por semana.

Coa definición de onda que tradicionalmente se ven usando nos informes sobre gripe, cumio +/- 5 semanas,

na tempada 2017/18 o 68’5% dos ingresos ocorreron durante a onda.

Ata un 6% (N=241) necesitaron ingreso na UCI, o que supuxo unha taxa de 8’9 ingresos en UCI por cen mil

habitantes (uci/105h).

Ao considerar o momento de ingreso na UCI, o cumio da onda de ingresos na UCI acadouse na semana

02/2018, cun total de 24 ingresos, que aconteceu unha semana despois de que se acadase o cumio da

onda de ingresos totais. O 68’8% dos doentes que requiriron UCI, ingresaron directamente neste servizo.

O 23% (N= 891) dos ingresados tiveron pneumonía. Do total de pacientes con pneumonía, o 8% (N=76)

foron casos nosocomiais; e o 13% (N= 118) necesitaron asistencia en UCI.

Diagnóstico microbiolóxico. Nesta tempada, na que houbo unha co-circulación A e B, o virus da gripe A

estivo presente no 43’1% dos ingresados e o virus B no 56’8%. Non houbo ningún ingreso por virus da gripe

C e si houbo 73 pacientes coinfectados con virus da gripe A e B, o que supuxo un 1’8%.

No que atinxe aos subtipos virais, o 57’8% foron virus A que non se subtiparon; entre os subtipados, o

76’8% foron AH3N2 e o 23’1% foron AH1N109pdm. O 73% dos AH3N2 detectados concentráronse nos

maiores de 64 anos.

0

50

100

150

200

250

300

350

400

450

40414243444546474849505152 1 2 3 4 5 6 7 8 9 1011121314151617181920

2017/18 (B,H3)

2016/17 (H3)

2015/16 (H1)

2014/15(H3)

0

5

10

15

20

25

30

0

50

100

150

200

250

300

350

400

450

40 42 44 46 48 50 52 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20

U

C

I

T

O

T

A

I

S

UCI

Totais

22 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Factores de risco para unha gripe complicada (FRGC) e vacinación antigripal. Na tempada 2017/18, un 85% (3.288/3.849) dos casos ingresados tiñan polo menos un FRGC (pódese ver a listaxe de FRGC no cadro 1).

Curiosamente, en contra do esperado, esta porcentaxe non medrou entre os ingresados na UCI, nos que a porcentaxe de FRGC foi do 80% (194/241). Si foi maior esta porcentaxe entre os éxitus, entre os que acadou o 94’9% (244/257).

Coa información dispoñible, o 90’2%

(N=3475) dos ingresados tiñan indicada

a vacina antigripal (ben por ter mais de

59 anos ou ben por ter algún dos

FRGC). Destes casos, un 51’2%

(N=1.778) recibira a vacina.

Por outra banda, dos 241 pacientes que

necesitaron asistencia en UCI, o 15%

(N=36) non tiñan indicada a vacina

antigripal porque ou non presentaban

FRGC ou tiñan menos de 60 anos. Dos que a tiñan indicada, o 39% (N=80) recibira a vacina (ou sexa, que

o 61% dos pacientes que a tiñan indicada non a recibiran). Entre os éxitus, tíñana recomendada o 99’2%

(N=255), e deles o 54’9% (N=140) a recibiron.

Táboa 1. Indicadores de ingreso con gripe confirmada en Galicia na tempada 2017/18, por grupos de idade.

Grupo de idade (anos) 0-4 5-19 20-44 45-64 65 + todos

TODOS

OS

INGRESOS

Distribución porcentual tempada 17/18 5 2 5 16 71 100

Distribución porcentual tempada 16/17 5 2 5 15 74 100

Taxa (i/105 h) durante a tempada 17/18 197’5 27’3 23’7 79’0 413’0 142’2

Taxa (i/105 h) durante a tempada 16/17 88'3 12'8 10'7 36'8 218'5 71'8

Razón de taxas T17/18/ T16/17 2’2 2’1 2’2 2’1 1’8 1’9

% ingresados con FRGC 17/18 17 39 70 78 95 85

% ingresados con FRGC 16/17 15 67 78 83 95 88

UCI

Taxa (uci/105 h) durante a tempada 17/18 16’1 4’6 2’4 8’6 18’5 8’9

Taxa (uci/105 h) durante a tempada 16/17 7'9 1'5 1'7 4'6 11'3 5'1

Razón de taxas uci T16/17/ T1516 2’0 3’0 1’4 1’8 1’6 1’7

FRGC distinto da idade

Distribución por idade. A idade media dos doentes ingresados con gripe foi de 68’7 anos (dt=23’3), cun

rango que foi dende os 9 meses ata os 104 anos, e cunha mediana de 76 anos e unha moda de 83 anos.

Nesta tempada o grupo de idade que acumulou a maior taxa de ingreso foi o de 65 e máis anos (que

acadou un valor de 413’0 i/105h), e que tamén foi o grupo no que se concentrou o maior número de ingresos

(71%). Destaca o feito de que, a respecto da tempada 2016/17, practicamente se duplicaron as taxas en

todos os grupos de idade.

Cadro 1. Factores que aumentan a probabilidade de ter unha gripe complicada:

Embarazo (especialmente no 2º e 3º trimestre) e as dúas semanas postparto.

Enfermidades cardiovasculares crónicas (excluíndo a hipertensión).

Asma.

Outras enfermidades respiratorias crónicas (que inclúe displasia broncopulmonar e fibrose quística).

Diabetes mellitus tipo I e tipo II con tratamento farmacolóxico.

Insuficiencia renal moderada-grave.

Hemoglobinopatías e anemias moderadas-graves.

Asplenia.

Enfermidade hepática crónica avanzada.

Enfermidades neuromusculares graves.

Inmunodepresión (incluída a orixinada polo VIH, fármacos ou receptores de transplantes).

Obesidade mórbida (en nenos, por riba do percentil 97).

Ter menos de 19 anos de idade e tratamento crónico con aspirina, para evitar a síndrome de Reye.

23 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

No que atinxe ao ingreso na UCI, os casos tiñan unha idade media de 57’9 anos (dt= 23’7), igual que a

observada na tempada 2016/17 e menor que a observada no total dos pacientes ingresados. Destaca o

valor de case o dobre observado en todas as razóns de taxas de todos os grupos de idade a respecto da

tempada 2016/17 (Táboa 1), agás no de 5-19 anos, no que se triplicou, e no de 20-44, no que foi de 1’4.

Casos nosocomiais. Os casos nosocomiais supuxeron o 11’7% (N= 444) dos totais de ingresos dos que se

dispón da información (N=3772), porcentaxe próxima á da tempada 2016/17 (11%). Tiñan a vacina

recomendada o 93’6% (N=201 de considerar a presenza de FRGC e idade a partir dos 60 anos) dos que a

puxeran o 48% (N=201).

A evolución temporal dos casos nosocomiais e non nosocomiais amósase na figura 2. Obsérvase como os

casos non nosocomiais fan unha onda que acada o cumio na semana 01/2017 (igual que co total de

ingresos), unha semana máis tarde que o número de chamadas por gripe e mais IRA ao 061, mentres que

os casos nosocomiais non amosan unha onda cun cumio claro, aínda que, unha e outra onda están

enmarcadas entre as semanas 52/2017 e 12/2018.

Figura 2. Número de ingresos con gripe

confirmada polo seu carácter nosocomial ou

non nosocomial e de chamadas ao 061 por

gripe e mais IRA, por semana, en Galicia na

tempada 2016/17.

Estadía media. Do total de ingresados con gripe, considerando como referencia a data de ingreso nos casos

non nosocomiais e a data de inicio de síntomas nos casos nosocomiais, a estadía media foi de 8’6 días

(dt=8’2); a moda foi de 6 días e a mediana, medida mais axeitada pola presenza de varios valores extremos,

de 7 días.

Tratamento antiviral. Dos ingresados con gripe confirmada dos que se dispón de información, recibiron

tratamento antiviral 76’9% do total (N= 2927), e o 82’8% (N= 193) dos pacientes da UCI.

Distribución xeográfica. Por provincias, a porcentaxe de ingresos distribuíuse como segue: A Coruña 44’0%,

Lugo 13'4%, Ourense 4’4% e Pontevedra 38’2%. Na táboa 2 recóllense as taxas de ingresos por provincia,

que amosan unha grande variación dende os 54’2 i/105h de Ourense aos 156’0 de Pontevedra; as de

ingreso en UCI, que amosan valores próximos en Lugo e Ourense, menores que os achados na tempada

pasada nestas dúas provincias e menores que na Coruña e Pontevedra; e a razón de taxas entre a

temporada 2017/18 e a 2016/17.

Éxitus. O número de éxitus da tempada 2017/18 ascendeu a 257, o que supuxo unha letalidade dun 6’6% e

unha taxa de mortalidade por cen mil habitantes de 9’4. A idade media dos falecidos foi de 79’9 anos.

Presentaron FRGC (sen contar a idade) o 94’9%; o 21% estiveran na UCI e do 99% que tiñan indicada a

vacina (por idade ou presenza de factores de risco) puxérona o 54’9%.

Na táboa 3 amósase a evolución da mortalidade e da letalidade por tempada dende a 2010/11, na que se

observa un progresivo aumento da primeira nas últimas tempadas, mentres a letalidade ten un

comportamento diferente, feito que indica que ou aumento da taxa de mortalidade está asociado máis ao

aumento no número de ingresos que á gravidade intrínseca da gripe, na medida en que esta se poda

aproximar coa letalidade.

0

50

100

150

200

250

300

350

400

450

40 42 44 46 48 50 52 2 4 6 8 10 12 14 16 18 20

Chamadas

Non Nosocomiais

Nosocomiais

24 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

Comentario. O máis salientable desta tempada foi o aumento no número de casos declarados (1’9 veces

máis que na tempada anterior), que se traduce na taxa bruta de ingresos (142’2 i/105h) máis alta dende que

este sistema de vixilancia comezara a súa andaina.

Este aumento de 1’9 correspóndese co aumento de 1’8 veces de mostras de microbiolóxicas estudadas na

tempada actual a respecto da anterior1, algo esperable

porque o 39% do total das mostras tomáronse en pacientes

xa ingresados e o 50% dende o servizo de urxencias dos

hospitais.

O resto dos sistemas de vixilancia amosaron unha tempada

2017/18 de maior intensidade e difusión que nas tempadas

previas, ata un 1’12 veces máis segundo os rexistros de

atención primaria e 1’08 veces máis segundo os rexistros

de chamadas por gripe e máis IRA ao 061. Con todo, o

aumento dos ingresos foi de 1’9, superando o valor

esperado ao se comparar co resto dos sistemas de

vixilancia.

Dúas son as hipóteses que poderían explicar este aumento

no número de ingresos: que o virus que circulou este ano

fose máis “agresivo” que o de tempadas pasadas e iso se

traducise nun maior número de casos de gripe complicada;

e que ao aumento coñecido na intensidade e difusión dos

virus desta tempada, se sumase un aumento na solicitude

de mostras microbiolóxicas (favorecido polo acceso as

probas rápidas de PCR). Esta última hipótese formulábase

xa en Australia2 nos informes da tempada 2017, nos que, ademais, indicábase que a proporción de casos

que pasaron a UCI ou foron éxitus foi de baixa a moderada (igual que o acontecido en Galicia, na que as

dúas foron baixas), o que parece que iría en contra da primeira hipótese.

De feito, o paso a UCI foi dun 6%, que non amosa diferenzas estatisticamente significativas coa tempada

pasada1 (7’1%), e que son as porcentaxes mais baixas que se teñen observado dende que este sistema de

vixilancia comezase a funcionar. Como xa se comentaba no informe da tempada pasada, séguese a manter

a hipótese de que este descenso observado no paso a UCI entre os doentes con gripe confirmada, estea a

reflectir unha realidade que, ata o de agora, estaba nesgada por unha insuficiente petición de probas para o

diagnóstico microbiolóxico da gripe. Así, hai xa algunha publicación que recolle unha porcentaxe de

asistencia en UCI dun 5%, como a de Kandel et al3 ou dun 7%, como no informe de Australia da tempada

de 20154; por outra banda, Boddington et al4 amosan no seu traballo unha variación na porcentaxe de paso

Táboa 2. Indicadores de ingreso con gripe en Galicia na tempada 2017/18, por provincia.

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

TODOS

OS

INGRESOS

Taxa (i/105 h) durante a tempada 2017/18 151’4 154’1 54’2 156’0

Taxa (i/105 h) durante a tempada 2016/17 86'4 77'3 37'8 63'8

Razón de taxas 2017/18 versus 2016/17 1’7 1’9 1’4 2’4

UCI

Taxa (uci/105 h) durante a tempada 2017/18 9’5 3’5 1’2 7’3

Taxa (uci/105 h) durante a tempada 2016/17 5'7 6'2 4'8 4'0

Razón de taxas na uci 2017/18 versus 2016/17 1’6 0’5 0’2 1’8

Táboa 3. Taxas de mortalidade (m/105h), número de falecidos (Nº) e letalidade (%), por tempada de gripe co subtipo virus predominante

Tempada Virus Taxa

(Nº)

Letalidade

(%)

2010/11 AH1N1pdm 0'7 (N=20) 7'8

2011/12 AH3N2 0'3 (N=9) 3'6

2012/13 AH1N1pdm e B 0'4 (N=11) 4'6

2013/14 AH1N1pdm 1'9 (N=53) 6'5

2014/15 AH3N2 2'1 (N=58) 8'2

2015/16 AH1N1pdm 3'8 (N=104) 6'1

2016/17 AH3N2 5'0 (N=136) 6'9

2017/18 AH3N2 e B 9’4 (N=257) 6’6

25 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

a UCI segundo tempada, con dúas tempadas de predominio de AH3N2 nas que a devandita porcentaxe foi

dun 8'3% (tempada 2011/12) e dun 11'8% (tempada 2012/13).

Na mesma liña de non gravidade está a letalidade observada, que foi practicamente igual á das dúas

tempadas anteriores (6’6% vs 6’9% e 6’1%), igual que ocorre coa idade media das persoas que faleceron

(80 anos), que é a mesma que na tempada 2016-17, con predominio de AH3, e maior do que viña sendo

habitual nas tempadas previas1, nas que o rango da idade media dos éxitus foi dende os 65 anos, na

tempada 2013-14 (na que predominou o virus AH1) ata os 70 anos, na tempada 2014-15 (na que circulou

sobre todo AH3).

No que atinxe ao conxunto de España, dende a presente tempada a Rede de Vixilancia de Gripe dispón dun

novo sistema de información, que proporciona datos agregados de todos os ingresados con gripe

confirmada, e con este sistema, a porcentaxe de ingresados atendidos na UCI durante a tempada foi do

7’5% (IC95%: 7’1-7’9%), e a letalidade do 5’7% (IC95%: 5’4-6’0%)6.

A idade media observada tanto nos éxitus como no total de pacientes ingresados (69 anos) foi a esperada,

tendo en conta a circulación maioritaria de virus B e AH3N2, sendo este último un subtipo viral do que se

sabe que afecta relativamente máis ás persoas maiores que o AH1N1 e o tipo B. Así, o 73% dos AH3N2

detectados concentráronse nos maiores de 64 anos.

No que atinxe ao total de subtipos virais identificados entre os pacientes ingresados con gripe confirmada, o

57’8% foron virus A que non se subtiparon; entre os subtipados, o 76’8% foron AH3N2 e o 23’1% foron

AH1N109pdm, moi parecido ao observado polo sistema de vixilancia de microbioloxía, onde o 78% foi AH3 e

un 22% AH1, o que entra dentro do esperado porque o sistema de vixilancia dos ingresos nútrese do de

información microbiolóxica, e viceversa.

Coa definición de onda clásica (cumio +/- 5 semanas), na tempada 2017/18 o 68’5% dos ingresos ocorreron

durante a onda, feito nada habitual1 (por exemplo, 2016/17 o 96% dos ingresos ocorreron en onda), pero

que entra dentro do esperado dada a difusión do virus durante máis semanas das habituais. O cumio da

onda, segundo os datos dos ingresos con gripe confirmada, acadouse na semana 01/2018, unha semana

despois que polos outros sistemas de vixilancia.

Por outra banda, na tempada actual, o 23% dos ingresos tiveron pneumonía, na mesma liña que na

tempada pasada, 2016/17, ou na tempada 2014/15, nas que circularon maioritariamente AH3N2. De feito,

unha vez máis, obsérvase como entre os pacientes ingresados con AH1 positivo a porcentaxe de casos con

pneumonía é maior (34’3%) que entre os que teñen gripe por AH3 ou B (22% nos dous casos), coincidindo

as porcentaxes co declarado noutras tempadas1, como na tempada 2015/16 (na que circulou

maioritariamente o AH1) onde o 33% dos ingresos presentaron pneumonía, e na tempada 2014/15 (na que

circulou maioritariamente o AH3N2), o 23’0%.

A porcentaxe de ingresados con gripe confirmada que tiñan recomendada e posta a vacina foi menor que

na tempada pasada (51% vs 56%), e menor que o declarado polo rexistro de vacinación para o conxunto da

poboación, que foi do 58%7.

Por provincias, a taxa de ingresos máis alta foi a de Pontevedra (en contra do que viña sucedendo dende a

tempada 2013/14, cando a taxa máis alta sempre foi en A Coruña); e a máis baixa, coma sempre, en

Ourense, algo rechamante posto que máis do 70% dos ingresos declarados tiñan 65 anos de idade ou máis,

e Ourense é a provincia máis envellecida. Isto mesmo aconteceu na tempada pasada e, probablemente,

sexa porque a estratexia de toma de mostras para diagnóstico microbiolóxico non ten a mesma

sensibilidade en todos os hospitais e isto explica as diferenzas atopadas nas taxas de ingreso.

Por outra banda, no que atinxe aos casos nosocomiais, na tempada actual supuxeron o 12% dos casos, un

valor semellante ao das dúas tempadas anteriores, e menor que na tempada 2014/15 na que o foron o 17%

dos ingresos notificados. Do total de ingresados con gripe confirmada dos que se dispón desta información,

recibiron tratamento antiviral o 77%, e, dentro da UCI, o 83%. No que se refire a estadía media, nesta

tempada, presentou unha moda de 6 días e unha mediana de 7 días, próximas ao observado en outras

tempadas con predominio de AH3 (a 2011/112, na que a moda e mediana foron de 5 días; e a 2014/15, na

26 BEG 2018; vol. XXX, nº 3

PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO

son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:

Febre > 38º C, exantema máculo-papular e: tose ou rinite ou conxuntivite.

que a moda foi de 5 días e a mediana de 7 días); datos que avalan, novamente, que a gripe desta tempada

non foi máis grave que nas tempadas anteriores. A mediana da estadía media observada en Galicia

coincide, ademais, coa mediana de estadía media observada no conxunto do estado español (mediana: 7

días cun rango de 5-12 días)6.

Como resumo, compre salientar o aumento no número de casos declarados, a baixa porcentaxe de paso a

UCI, a baixa letalidade e, igual que se observara na tempada anterior (na que houbo unha circulación

maioritaria de AH3), a maior idade media dos pacientes ingresados con gripe confirmada.

Bibliografía.

1 Os informes de tempadas anteriores penduran da web da DXSP na seguinte ligazón ligazón.

2 Department of Health - Australian Goverment,. 2017 Influenza Season in Australia. A summary from the National Influenza Surveillance Committee. INFORMATION BRIEF Updated on 22 November 2017. [Ligazón]

3 Kandeel et al. Morbidity, mortality and seasonal of influenza hospitalizations in Egypt, november 2007-november 2014. Plos One 2016. DOI: 10.1371/journal.pone.0161301.

4 Cheng et al. Influenza epidemiology in patients admitted to sentinel australian hospitals in 2015: the influenza complications alert network. FLuCan 2015. CDI 2016; vol 40, nº 4.

5 Boddington et al. Developing a system to estimate the severity of influenza infection in England: findings from a hospital-based surveillance system between 2010/11 and 2014/15. Epidemiol Infect 2017; 145: 1461-70.

6 CNE. Datos aínda non publicados.

7 DXSP. Campaña de vacinación antigripal 2017. Informe semanal nº 10. [Ligazón]