Boletín nº 58: Abril 14

4
Curso 2013/14 número 58 Boletín da biblioteca Contido Ler para descubrir Coñecemos a nosa herdanza FGSR: Unha biblioteca de banda deseñada I Certame Fotográfico: Shh..estamos a ler Poeta Díaz Pardo nas Letras Galegas 2014 XII Xornadas Literarias: Alessandro Manzoni Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias Editorial O alumnado de latín e grego participou no concurso Yo conozco mi herencia, ¿y tú?”, ideado por AMUPROLAG e a Sociedad Española de Estudios Clásicos para reclamar un lugar para a Cultura Clásica, o Grego e as Humanidades na LOMCE. A data elixida foi o 14 de febreiro por facer referencia ó amor que profesamos á cultura grecolatina. Fixemos unha selecta de poemas escritos hai séculos polos antigos gregos e romanos e repartímolos polo centro coma Mes de abril: Ler para descubrir Coñecemos a nosa herdanza Ninguén dubida do dereito que todos temos á educación en igualdade pero sabiades que...na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada polas Nacións Unidas en 1948, no artigo 27 se considera en forma explícita o dereito que ten toda persoa de gozar dos progresos da ciencia e os seus beneficios? Neste mes lembramos a Hans Christian Andersen no día 2 Día Internacional do Libro Infantil,e no 23 releemos a Cervantes e Shakespeare no día do seu aniversario, autores tan importantes na literatura universal que marcaron a data para o Día do Libro. Pero tamén lemos a moitos autores máis ou menos anónimos que nos achegan as súas inquedanzas respecto á tecnoloxía, astronomía, bioloxía, zooloxía, química, física…botade un ollo á selección de obras de divulgación que tedes na galería do instituto porque os seus títulos non deixa dúbida: Nos tamén lemos ciencia!: se estivésemos agasallando a algún namorado/a. Tamén lemos estes versos no recreo do día 14 e enguedellámonos na montaxe dun vídeo que foi enviado a dito concurso. Había centros participantes de moitas partes do mundo e, aínda así, quedamos no posto 26. Os vídeos andan polo Youtube e polas redes sociais. Buscádeos!!! ¡Eureka!, El fantástico viaje al Big Bang, Lo que Einstein le dijo a su barbero, Esas endiabladas matemáticas, The Horrible Science, Nada más que hechos, 50 cosas que los niños pueden hacer para salvar el planeta,99 preguntas para ingeniosos, ¡Viva la ciencia!, Fibonacci, ¿Por qué soy como soy?, ¿Tienen los animales que lavarse los dientes?, Viaje espacial, Astronautas, Revista National Geography, , … e moitos títulos máis.

description

Boletín da biblioteca escolar do IES Fernando Esquío con artigos relacionados coa cultura, os libros e a lectura neste mes de abril

Transcript of Boletín nº 58: Abril 14

Page 1: Boletín nº 58: Abril 14

Curso 2013/14

número 58

Boletín da biblioteca

Contido

Ler para descubrir

Coñecemos a nosa herdanza

FGSR: Unha biblioteca de banda deseñada

I Certame Fotográfico: Shh..estamos a ler

Poeta Díaz Pardo nas Letras Galegas 2014

XII Xornadas Literarias: Alessandro Manzoni

Os de sempre:

Sabías que?

Premios e premiados

Novidades

Suxerencias

Editorial

O alumnado de latín e grego participou no concurso ”Yo conozco mi herencia, ¿y tú?”, ideado por AMUPROLAG e a Sociedad Española de Estudios Clásicos para reclamar un lugar para a Cultura Clásica, o Grego e as Humanidades na LOMCE. A data elixida foi o 14 de febreiro por facer referencia ó amor que profesamos á cultura grecolatina. Fixemos unha selecta de poemas escritos hai séculos polos antigos gregos e romanos e repartímolos polo centro coma

Mes de abril: Ler para descubrir

Coñecemos a nosa herdanza

Ninguén dubida do dereito que todos temos á educación en igualdade pero sabiades que...na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada polas Nacións Unidas en 1948, no artigo 27 se considera en forma explícita o dereito que ten toda persoa de gozar dos progresos da ciencia e os seus beneficios?

Neste mes lembramos a Hans Christian Andersen no día 2 Día Internacional do Libro Infantil,e no 23 releemos a Cervantes e Shakespeare no día do seu aniversario, autores tan importantes na literatura universal que marcaron a data para o Día do Libro. Pero tamén lemos a moitos autores máis ou menos anónimos que nos achegan as súas inquedanzas respecto á tecnoloxía, astronomía, bioloxía, zooloxía, química, física…botade un ollo á selección de obras de divulgación que tedes na galería do instituto porque os seus títulos non deixa dúbida: Nos tamén lemos ciencia!:

se estivésemos agasallando a algún namorado/a. Tamén lemos estes versos no recreo do día 14 e enguedellámonos na montaxe dun vídeo que foi enviado a dito concurso. Había centros participantes de moitas partes do mundo e, aínda así, quedamos no posto 26. Os vídeos andan polo Youtube e polas redes sociais. Buscádeos!!!

¡Eureka!, El fantástico viaje al Big Bang, Lo que Einstein le dijo a su barbero, Esas endiabladas matemáticas, The Horrible Science, Nada más que hechos, 50 cosas que los niños pueden hacer para salvar el planeta,99 preguntas para ingeniosos, ¡Viva la ciencia!, Fibonacci, ¿Por qué soy como soy?, ¿Tienen los animales que lavarse los dientes?, Viaje espacial, Astronautas, Revista National Geography, , … e moitos títulos máis.

Page 2: Boletín nº 58: Abril 14

Ata o 20 de abril enviade as vosas fotos

ao [email protected]

Mesmo viaxando á velocidade da luz

tardariamos 2 millóns de anos en chegar á

galaxia grande máis próxima, Andrómeda.

Os astronautas non poden eructar porque a

ingravidez non permite a separación de

líquido e gas nos seus estómagos.

Cando o volcán de Krakatoa fixo erupción

en 1883, a forza que desatou foi tan colosal

que puido oírse en Australia, a máis de

4.800 km de distancia.

O coala dorme 22 horas ao día de media,

dúas horas máis que o preguiceiro.

Transmítense máis xermes dando a man

que bicando.

10% dos seres humanos de todos os

tempos está vivo neste momento exacto.

Ao redor de 100 raios alcanzan a Terra

cada segundo.

En outubro de 1999, un iceberg do tamaño

de Londres desprendeuse da barreira de

xeo Antártica.

I Certame Fotográfico: Sshh... estamos a ler

Grazas á Fundación Germán Sánchez Ruipérez este mes convertemos a biblioteca nunha sala de Banda Deseñada. Có servizo de Lecturas de ida e volta, enviáronnos un lote de cómics para disfrutar tamén deste xénero que tanto nos gusta. Nos ampliámola coa nosa selección en galego grazas ás últimas incursións no xénero de editoriais tan salientables como Kalandraka, Xerais, Galaxia, Demo Edicións ou El Patito Editorial entre outras e ilustradores como Pepe Carreiro, Xosé Tomás, Manel Cráneo, Manuel Gago, Miguelanxo Prado, Javi Montes, Solidor, Jack Mircala… pero coa banda deseñada ademais de disfrutar da maxia da imaxe e rir con moitas das historias, tamén sérvennos para pensar, para tratar de valores, da paz, das loitas polos dereitos humáns, para disfrutar da ciencia, para coñecer a nosa historia… e todo acompañado de ilustracións tan xeniais que ás veces son os únicos elementos que comunican a mensaxe. Visitade a biblioteca e fixádevos nas ilustracións… a finais de mes teremos como colofón a este mes un obradoiro con un dos ilustres ilustradores antes mencionados… toda unha sorpresa!

FGSR: Unha biblioteca para rir ou pensar

Se puideses conducir en liña recta

cara ao espazo, chegarías en pouco

máis dunha hora.

Cando unha pulga salta, o seu índice

de aceleración é 20 veces superior

ao do lanzamento do transbordador

espacial.

Unha millonésima da millonésima da

millonésima da millonénisma da

millonésima de segundo despois do

Big Bang, o universo tiña o tamaño

dun chícharo.

O termómetro foi inventado en 1607

por Galileo. Os primeiros produtores

de viño viviron en Exipto arredor do

ano 2300 aC.

Christian Barnard practicou o

primeiro transplante de corazón en

1967. O paciente viviu 18 días máis.

A envergadura dun Boeing 747 é

superior que a lonxitude do primeiro

voo dos irmáns Wright

Outros anos falamos dos libros que deixaron pegada, aclaramos o que estabamos a ler na campaña “E ti que les?”, achegamonos ao Principito no seu aniversario ou contamos “que é para ti un libro?”…este ano queremos que nolo expliquedes cunha imaxe. Ás veces unha boa imaxe vale máis que mil palabras e neste mundo no que compartides as vosas imaxes nas redes sociais e estades creando montaxes fotográficos tan inxeniosos queremos premiar a vosa creatividade, así que non o esquezades precisamos as vosas fotos baixo o lema:

“Sshh… estamos a ler!” Lembrade que tedes as bases no blog.

Gústanos a ciencia pero …Sabías que?

Galileo Galilei

1564-1642

Page 3: Boletín nº 58: Abril 14

Libros de divulgación … preparándonos para a exposición de Astronomía

Novela con…ciencia

Xa está cerca o aniversario do comezo da I Guerra Mundial

Derradeiras incorporacións de cine

Algunhas novidades... o resto no Meiga

Page 4: Boletín nº 58: Abril 14

Nome e grupo:

Suxerencias

Autor Título Formato

Letras Galegas 2014: Poeta Díaz Pardo

Como todos os anos en abril, no mes do libro e a lectura os nosos alumnos do club de lectura “maiores” participan nas xornadas literarias organizadas pola Universidade da Coruña e o Concello de Neda. Nesta convocatoria nos achegamos a Alessandro Manzoni, un dos mellores poetas e escritores italianos. A súa famosísima novela Os noivos é a súa obra máis coñecida; hoxe en día é unha referencia básica dentro da literatura italiana e universal. Tedes o programa das Xornadas no blog da biblioteca que terán lugar os días 23,24 e 25 de abril.

Estades todos invitados!

Rosa Aneiros acompañounos no inicio do noso clube de lectura, desde entón estamos a ler as súas obras e ela ven a visitarnos, de feito a esperamos o 30 de maio... Norabóa Rosa pola túa triloxía e polo premio tan merecido! A triloxía dá conta das aventuras e desventuras dunha moza que acaba de rematar os seus estudos universitarios e inicia unha viaxe polo mundo que a levan a coñecer fascinantes personaxes moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe durante a que a protagonista é perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: «Ámote Leo A.».

Premio Irmandade do Libro ao mellor libro infantil e

xuvenil 2014: «Ámote Leo A»

IES Fernando Esquío

Empedrón 16

TELÉFONO:

981391080

FAX:

981391280

E-MAIL

[email protected]

Visítanos no

noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

Xosé María Díaz Castro (Guitiriz 1914- Lugo 1989), que asina un único poemario, "Nimbos", foi o autor elixido finalmente pola Real Academia Galega (RAG) para ser o homenaxeado do 17 de maio do ano 2014, data na que se conmemora o Día das Letras Galegas. A RAG quixo así facer coincidir esta homenaxe co centenario do nacemento do autor de Nimbos, obra de grande influencia na poesía galega contemporánea.

XII Xornadas Literarias en Neda: Alessandro Manzoni