Boletín informativo BBS

2
BOLETÍN INFORMATIVO DA BIBLIOTECA BREA SEGADE DECEMBRO 2012 O bibliotecario. Giuseppe Arcimboldo. 1565 UN LIBRO PARA AGASALLAR Un ano máis no mes de decembro o CEP Brea Segade énchese de libros para todas as idades e todos os gustos. Son novidades editoriais que durante dez días poderemos ver, tocar e gozar, grazas á colaboración de diferentes editoriais que nos ceden durante un tempo unha escolma dos seus fondos. O obxectivo da campaña “Un libro para agasallar” e fomentar que se regalen libros neste tempo de Nadal. Coa nosa exposición pretendemos que os nosos nenos e nenas inclúan polo menos un libro entre as súas peticións de agasallos para estas festas. Como todos os anos, convidámosvos a que visitedes a exposición cos vosos fill@s e que descubrades con eles libros de distintas temáticas, en distintos formatos, de xéneros diferentes, pero todos eles escollidos desde o criterio da calidade tanto dos contidos como da forma de presentalos. Este ano fixemos un esforzo por incluír unha selección de libros de banda deseñada, o tema da campaña da biblioteca deste curso. A exposición estará aberta para as familias todas as tardes desde o día 10 ao 21 de decembro. Luns, xoves e venres de 15:30 a 17:30 Martes e mércores de 17:30 a 18:30 Agardamos a vosa visita! www.blogoteca.com/bbs

description

Boletín informativo das propostas da Biblioteca Brea Segade para o mes de decembro 2012.

Transcript of Boletín informativo BBS

Page 1: Boletín informativo BBS

BOLETÍN INFORMATIVO DA

BIBLIOTECA BREA SEGADE DECEMBRO 2012

O bibliotecario. Giuseppe Arcimboldo. 1565

UN LIBRO PARA AGASALLAR

Un ano máis no mes de decembro o CEP Brea Segade

énchese de libros para todas as idades e todos os gustos. Son

novidades editoriais que durante dez días poderemos ver, tocar

e gozar, grazas á colaboración de diferentes editoriais que nos

ceden durante un tempo unha escolma dos seus fondos. O

obxectivo da campaña “Un libro para agasallar” e fomentar

que se regalen libros neste tempo de Nadal. Coa nosa exposición

pretendemos que os nosos nenos e nenas inclúan polo menos un

libro entre as súas peticións de agasallos para estas festas.

Como todos os anos, convidámosvos a que visitedes a

exposición cos vosos fill@s e que descubrades con eles libros de

distintas temáticas, en distintos formatos, de xéneros diferentes,

pero todos eles escollidos desde o criterio da calidade tanto dos

contidos como da forma de presentalos.

Este ano fixemos un esforzo por incluír unha selección de

libros de banda deseñada, o tema da campaña da biblioteca

deste curso.

A exposición estará aberta para as familias todas as

tardes desde o día 10 ao 21 de decembro.

Luns, xoves e venres de 15:30 a 17:30

Martes e mércores de 17:30 a 18:30

Agardamos a vosa visita!

www.blogoteca.com/bbs

Page 2: Boletín informativo BBS

O vindeiro luns 10 de decembro, no salón de actos da

Biblioteca Nacional, en Madrid, farase entrega ao noso

centro dun dos Premios do Concurso Nacional de boas

prácticas para a dinamización e innovación das

bibliotecas escolares da convocatoria do ano 2011.

Alí estarán tres profesoras representando á escola e

recollendo un premio que é de toda a comunidade educativa do

CEP Xosé Mª Brea Segade, como a nosa biblioteca.

ENTREGA DO PREMIO DE

BOAS PRÁCTICAS A BBS CLUB DE LECTURA PARA ADULT@S

TRÍPTICO DE RECOMENDACIÓNS

DE LECTURAS

Botou a andar un Club de lectura para adulto@s na BBS!

As xuntanzas terán lugar os luns, cada tres semanas, de

tres e media a catro e media da tarde. No club compartiranse

boas lecturas e boas conversas e de cando en cando tamén se

proxectarán películas dalgúns dos libros lidos.

A vindeira xuntanza será o luns 17 de decembro. Visitade

o blogue da biblioteca para máis información.

Animádevos a participar!

Tal e como fixemos nos últimos cursos, as bibliotecas

escolares de todos os centros de Rianxo e a Biblioteca Pública

Municipal Castelao elaboramos unha guía de recomendacións de

lecturas que repartiremos xunto cos boletíns das notas e que

tamén colgaremos no noso blogue . Na guía incluímos suxestións

de lecturas para todas as idades, desde prelectores a adultos. Os

libros recomendados poden ser agasallos para estas festas, pero

tamén estarán á vosa disposición para préstamo na BBS ou na

Biblioteca Municipal á volta das vacacións. www.blogoteca.com/bbs