Boletin gastronomia 2014

8
A biblioteca do IES Fraga do Eume quere sumarse á celebración do concurso de cociña "Xosé Rodríguez-Moldes Rey” coa publicación dun boletín especial achegando unha selección de lecturas e materiais audiovisuais arredor da gastronomía. Durante este curso incorporamos á biblioteca algunhas novidades bibliográficas relacionadas co mundo da cociña e a restauración que están a suscitar un gran interese entre os nosos lectores, desde recetarios asociados ao nome de establecementos célebres e de renome internacional a manuais de técnicas culinarias e dicionarios de gastronomía ou biografías de auténticos “heroes dos fogóns”. Velaquí a nosa selección: Boletín Especial Gastronomía RECEITAS As receitas do Á la Mère de Famille: Coa súa fachada verde e o seu interior de conto de fadas, "À la mère de famille", fundada en 1761, é un- ha das confeitarías máis antigas do mundo. Está en Pa- rís, nun recanto do Faubourg-Montmartre, aberta ao pú- blico dende hai douscentos cincuenta anos, cando o mo- zo Pierre-Jean Bernard chegou a París cun diploma de espe- cieiro recén obtido e abriu un- ha pequena tenda con aspecto de granxa. Este libro recolle por un lado a historia dunha familia e dunha tradi- ción artesá ligada á historia de París, e por outra, é un delicioso re- ceitario (os mellores bombóns, pasteis de améndoas, froitos secos e confeituras de toda a cidade) con magníficas fotografías para po- der facer as sobremesas na casa dunha forma moi sinxela. BIBLIOTECA Marzo—2014

description

 

Transcript of Boletin gastronomia 2014

A biblioteca do IES Fraga do Eume quere

sumarse á celebración do concurso de cociña

"Xosé Rodríguez-Moldes Rey” coa publicación

dun boletín especial achegando unha selección

de lecturas e materiais audiovisuais arredor da

gastronomía.

Durante este curso incorporamos á biblioteca

algunhas novidades bibliográficas relacionadas

co mundo da cociña e a restauración que están a

suscitar un gran interese entre os nosos

lectores, desde recetarios asociados ao nome

de establecementos célebres e de renome

internacional a manuais de técnicas culinarias e

dicionarios de gastronomía ou biografías de

auténticos “heroes dos fogóns”.

Velaquí a nosa selección:

B o l e t í n E s p e c i a l G a s t r o n o m í a

R E C E I T A S

As receitas do Á la Mère de Famille:

Coa súa fachada verde e o seu interior de conto

de fadas, "À la mère de famille", fundada en 1761, é un-

ha das confeitarías máis antigas do mundo. Está en Pa-

rís, nun recanto do Faubourg-Montmartre, aberta ao pú-

blico dende hai douscentos cincuenta anos, cando o mo-

zo Pierre-Jean Bernard chegou

a París cun diploma de espe-

cieiro recén obtido e abriu un-

h a p e q u e n a t e n d a c o n a s p e c t o d e g r a n x a .

Este libro recolle por un lado a historia dunha familia e dunha tradi-

ción artesá ligada á historia de París, e por outra, é un delicioso re-

ceitario (os mellores bombóns, pasteis de améndoas, froitos secos

e confeituras de toda a cidade) con magníficas fotografías para po-

der facer as sobremesas na casa dunha forma moi sinxela.

BIBLIOTECA Marzo—2014

P á g i n a 2 E s p e c i a l G a s t r o n o m í a

Ao último e máis premiado...

As receitas do El Celler de Can Roca

«Un libro no que non só mostramos o que facemos senón que ex-

plicamos como o facemos e por que o facemos.» Joan, Josep e Jordi Roca

De forma pedagóxica e con infinidade de imaxes paso a paso de

cada técnica, a obra bota luz sobre os ingredientes denominados

"tecnolóxicos", explicando as súas pouco coñecidas aplicacións en

produtos e elaboracións de pastelaría.

Pasando polas máis típicas da nosa cultura.......

A intención de Adrià era facer "un libro divertido e limpo co-

mo a cociña do Tíckets, que ofrecese ao lector receitas dende a páxi-

na 5 e que puidese estar ao alcance tanto do profesional da cociña

como da xente da pé".

Ou reinventando cos nosos productos ……

A cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas

que as algas achegan un toque especial para conseguir un resultado

exquisito. Coas receitas que aparecen neste libro descubriremos as

virtudes da "Cociña Atlántica" a partir de pratos moi variados e

sinxelos.

P á g i n a 3 B I B L I O T E C A

E para regar convenientemente as propostas anteriores, presentamos as novas incor-

poracións á biblioteca de bibliografía sobre a cultura do viño e as bebidas, un aspecto que

merece unha atención moi especial no mundo da restauración e hostelaría.

El Vino, Atlas Mundial

Aclamado polos críticos como unha "obra de referencia esencial" e "un

dos libros sobre viños máis documentados, valorados e sinxelos de usar",

esta nova edición aos 36 anos da súa primeira aparición (1971) confirma

que é o libro indispensable para calquera amante do viño.

Permítame que le hable sobre el vino

Oz Clarke, un recoñecido experto e divulgador do viño que escribiu en

medios británicos como o Daily Telegraph, o Sunday Express ou intervido

en series da BBC sobre o tema, escribe este manual no que toca numero-

sos e variados aspectos do viño de xeito asequible, práctico, visual e infor-

mal, pero sen perder o rigor. Dirixido ao lector sen coñecementos previos

sobre viños.

La historia del mundo en seis tragos

Nos seus algo menos de 300 páxinas, Tom Standage detense en distintos

momentos da Historia Universal para mostrarnos como determinadas be-

bidas condicionaron os costumes sociais e ata o discorrer político e econó-

mico de moitos países e civilizacións.

Presenta unha visión orixinal e rigorosa da historia universal, seguindo a

humanidade dende a Idade de Pedra ata o Século XXI da man da cervexa,

o viño, os licores, o café, o té e a Coca Cola.

“La cocina y los alimentos”,

Todo un clásico presente dende este ano na biblioteca

M A N U A I S

P á g i n a 4 E s p e c i a l G a s t r o n o m í a

B I O G R A F Í A S

D I C I O N A R I O S

Este dicionario aclarará moitos conceptos -máis de 300- que lle permi-

tirán estar á última nas tendencias gastronómicas de moda.

Cada vez interesan máis non só as receitas, senón as

circunstancias que rodearon a vida das persoas que chegaron

a un gran nivel de creación culinaria. Presentámosvos estas

dúas aínda que poderían ser moitas máis.

Unha autobiografía culinaria na que revivimos a extraordina-

ria historia gastronómica de Pierre Gagniere dende 1966 ata

2006.

Este libro é unha das obras máis esperadas no mundo da

gastronomía. Trátase do libro de Eneko Atxa. A súa traxectoria, o seu

percorrido entre fogóns, a historia de Azurmendi, os seus pensamentos,

procesos creativos e as creacións que fixeron que a cociña

de Eneko alcance o máximo nivel de excelencia.

CANDO A GASTRONOMÍA SE MISTURA COA VIDA

Por outra banda, queremos presentarvos tamén un apetitoso menú de propostas di-

dácticas, literarias e cinematográficas onde a gastronomía é un elemento importante, aínda

que non necesariamente o tema fundamental. É interesante comprobar que a comida e to-

dos os aspectos a ela asociados ocupan un lugar moi importante na nosa identidade indivi-

dual e colectiva, e así aparece reflectida en innumerábeis obras de pensamento e arte.

Despois de todo, quen sabe se a cultura non empezaría cun gran banquete e un pos-

terior intercambio de receitas?

P á g i n a 5 B I B L I O T E C A

El restaurante del fin del mundo o El restaurante del fin del

universo

(The restaurant at the end of the universe en inglés) é unha comedia

de ciencia ficción escrita por Douglas Adams en 1980. É a segunda entrega

da saga da Guía do Autoestopista Galáctico, e este libro, ao igual que o

primeiro, está baseado na radiocomedia da BBC escrita polo mesmo autor.

Tratado de culinaria para mujeres tristes

Paradoxicamente, este libro NON é UN TRATADO de CULINARIA e,

máis que para mulleres tristes, parece escrito PARA mulleres alegres,

demasiado alegres.

Héctor Abad, unha das principais voces da literatura colombiana, aborda

cun humor sutil a psicoloxía feminina, e propón o que el mesmo chama

«repentinos antídotos para a pertinaz melancolía». RECEITAS para seducir

consellos contra o mal de amores ou a soltería, remedios contra a tristura...

La cocinera de Himmler

Unha das últimas novelas publicadas en 2014, conta a historia de

Rose, unha cociñeira de 105 anos que aínda rexenta un restaurante en

Marsella, que nunca lle temeu a nada e que sobreviviu ás grandes

catástrofes do século xx sen perder o humor, o desexo de sexo e o afán de

vinganza; segundo ela, os tres piares da felicidade.

Recetas de lluvia y azúcar

E como non, un libro ilustrado un RECEITARIO de Eva Manzano e Mónica Gutiérrez

Serna, unha delicia para os sentidos, que empeza así:

De pequena linme un libro de maiores que contaba que podías

comer a vida a culleradas.

Este receitario serve para adozar as emocións que nos acom-

pañan cada día e comprender que a imaxinación é un ingrediente

imprescindible.

L I T E R A T U R A

P á g i n a 6 E s p e c i a l G a s t r o n o m í a

Eñe

O número 25 de Eñe reúne unha serie de relatos nos que hai un

elemento común: a bebida, e, por suposto, os bares. Recolle unha dece-

na de relatos en torno ao acto social da bebida e o lugar onde se dá, os

bares, tan literario e cinematográfico á vez.

Entre os autores, encontrarás oito relatos inéditos de Juan Pedro

Aparicio, Vanessa Montfort, Denis Johnson, Jorge Eduardo Benavi-

des, Guillermo Niño de Guzmán, Juan Francisco Ferré, Washing-

ton Cucurto, Rodrigo Hasbún e Gabriel Wiener así como tres poemas no-

vos de Luis García Montero.

El cocinero recolector y las plantas silvestres

Esta obra céntrase no aspecto culinario das plantas silvestres. A

parte de botánica reproduce máis de 60 láminas en cor do herbario dos

autores, Ana Mª González e Augusto Krause Lameiras, xunto coa

descrición botánica de cada planta, as súas posibilidades culinarias e

propiedades medicinais, así como algún dato histórico ou curioso

relacionado con cada unha delas. A parte de gastronomía desenvolve 50

receitas elaboradas con esas plantas e acompáñase de fotografías a toda páxina para cada

unha delas. Ademais da relación de ingredientes e desenvolvemento da receita, inclúense

comentarios aos ingredientes e a receita de Miguel Ángel de la Cruz.

La grande bouffe (La gran comilona) (1973)

Recatando aos clásicos, encontrámonos con esta polémica

película do excelente guionista español Rafael Azcona, dirixida

por Marco Ferreri en 1973, que narra como catro persoas se reúnen

nunha casa para suicidarse nunha orxía de comida e sexo.

Pódela ver completa en www.youtube.com/watch?v=4oxPOU5J-j4

C I N E

M E D I C I N A E B O T Á N I C A

P á g i n a 7 B I B L I O T E C A

El cocinero, el ladrón , su mujer y su amante (1989)

Conseguimos este título do polémico director Peter

Greenaway, con sir Michel Cambon, Helen Mirren e Tim Roth nun dos

seus primeiros traballos. Albert é o sádico dono dun restaurante. O seu

forte carácter e as tiránicas formas que aplica no traballo fan que todos os

empregados estean sometidos a un continuo réxime de escravitude,

incluída a súa esposa, Giorgina, a quen ridiculiza.

Tomates verdes fritos(1991)

Leva tempo nos nosos andeis, pero quizais non saibades que é

unha adaptación dunha novela de Fannie Flagg ou que a receita a

podedes encontrar en http://www.directoalpaladar.com/recetas-de-

ensaladas/tomates-verdes-fritos-receita.

Evelyn (Kathy Bates), unha muller madura que vive frustrada pola súa

gordura e pola insensibilidade e simpleza do seu marido, coñece

casualmente nun asilo a Ninny (Jessica Tandy), unha anciá que lle vai

contando pouco a pouco unha dramática historia acontecida nun pequeno

pobo de Alabama. O relato faise cada vez máis fascinante: xira en torno á grande amizade

entre dúas mulleres (Mary Stuart Masterson e Mary-Louise Parker) e ao misterioso asasinato

do marido dunha delas.

La joven de las especias (2005)

Tilo é unha bela moza formada na antiga e máxica arte das

especias. Ordenada con poderes especiais para axudar aos que acoden a

ela,Tilo ten unha habilidade sorprendente para sentir os problemas dos

demais e visualizar o seu futuro e o seu pasado. Tilo traballa en San

Francisco, nunha pequena tenda chamada” El Bazar de las Especias”

onde, guiada polos consellos das súas especias, encontra o remedio

perfecto para todo o que cruza a súa porta.

La cocinera del Presidente (2012)

Filme inspirado na extraordinaria historia da cociñeira privada do

presidente francés François Miterrand. Hortense Laborie, un prestixioso

xefe de cociña do Perigord, convértese na responsable das comidas

presidenciais no Pazo do Elisio.

Páxinas consultadas para elaborar os boletíns:

http://www.libreriagastronomica.com/

http://www.directoalpaladar.com/

http://www.apicius.es/

http://www.filmaffinity.com/es/reviews

http://www.conmuchagula.com

Menú degustación (2013)

Hai un ano, inmediatamente antes da súa ruptura, Marc e Rachel

conseguen reservar mesa nun dos mellores restaurantes do mundo. Nese

paradisíaco canto da Costa Brava encontraranse con sibaritas de todo o

mundo. Xuntos comparten unha das mellores experiencias sensoriais da

súa vida. Será unha reunión inesquecible.

Dúas delicadas obras do cineasta de orixe vietnamita Tranh Anh Hung.

El olor de la papaya verde (1993)

Mui é unha nena cuxo camiño estará ligado estreitamente ás artes

milenarias da cociña asiática, aos costumes e sabores que se entrelazarán

coa cociña e que farán que a súa vida xire entre os aromas da vida. Os gri-

los, a chuvia, a noite murmurando, a forma en como cada instante é un xiro

de felicidade na vida, fanse presentes nesta fita chea de beleza e sonos.

Pleno verano (2000)

Cóntanos a historia de tres irmás enfrontadas ás súas vivencias e...

fantasmas persoais. Anh Hung fainos "sentir" as diferentes sensacións que

experimentan os seus personaxes. Vívese o ambiente, respírase o olor da

terra mollada, dos froitos recén cortados, o gusto dos alimentos…

ESTAMOS NA REDE

HTTP://BIBLIOFRAGADOEUME.BLOGSPOT.COM.ES/

HTTP://WWW.EDU.XUNTA.ES/CENTROS/IESFRAGAEUME/