Boletín Aforro de enerxía na casa (nadal)

2
10. Aproveita todo os servizos de recollida se- lectiva de lixos. Separar selectivamente os distintos tipos de lixo para permitir o seu reci- clado costa moi pouco. Aforra enerxía e mate- rias primas. 10 CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA Teléfono: 986-365-963/64 Correo: [email protected] LIXO Unha vez mais poñemos en marcha un novo Proxecto para toda a comunidade educativa, este ano pretendemos: Ø Mellorar a situación do centro en canto a eficiencia enerxética, xestión de augas e xestión de residuos. Ø Sensibilizar ao alumnado sobre problemáticas ambientais tanto sociais como naturais e aporte colectivo de posibles solucións aos mesmos. Ø Aportar ideas para mellorar a situación ambiental dos contornos máis cercanos: casas, rúas, concello, campo, comarca... Ø Sensibilizar ao resto da comunidade escolar e do concello. Ø Crear mecanismos e técnicas de traballo na análise dos problemas ambientais e nas súas posibles solucións. PROXECTO ENERXÍAS SOSTIBLES 2011-12 PROXECTO ENERXÍAS SOSTIBLES 2011-12 CPI de PANXÓN

description

Aforro de enerxía na casa

Transcript of Boletín Aforro de enerxía na casa (nadal)

Page 1: Boletín Aforro de enerxía na casa (nadal)

10. Aproveita todo os servizos de recollida se-

lectiva de lixos. Separar selectivamente os

distintos tipos de lixo para permitir o seu reci-

clado costa moi pouco. Aforra enerxía e mate-

rias primas.

10 CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA

Teléfono: 986-365-963/64

Correo: [email protected]

LIXO

Unha vez mais poñemos en marcha un novo Proxecto para toda a comunidade educativa, este ano pretendemos:

Ø Mellorar a situación do centro en canto a eficiencia enerxética, xestión de augas e xestión de residuos.

Ø Sensibilizar ao alumnado sobre problemáticas ambientais tanto sociais como naturais e aporte colectivo de posibles solucións aos mesmos.

Ø Aportar ideas para mellorar a situación ambiental dos contornos máis cercanos: casas, rúas, concello, campo, comarca...

Ø Sensibilizar ao resto da comunidade escolar e do concello.

Ø Crear mecanismos e técnicas de traballo na análise dos problemas ambientais e nas súas posibles solucións.

PROXECTO ENERXÍAS SOSTIBLES 2011-12

PROXECTO ENERXÍAS SOSTIBLES 2011-12

CPI de PANXÓN

Page 2: Boletín Aforro de enerxía na casa (nadal)

ma consumo pantasma.

8. O único modo de salvapantallas que realmente

aforra enerxía é o que deixa a pantalla en negro.

O máis aconsellable é configurar o salvapantallas

en modo “Black Screen” -pantalla en negro– e

dispoñer un tempo de 10 minutos para que entre

en funcionamento.

9. Aproveita sempre que poidas a luz natural.

Non contamina e é moito máis barata. Se necesi-

tas luz artificial para estudiar ou ler, utiliza un

flexo ou unha lámpada de sobremesa, en vez de

iluminar toda a habitación.

Aforra enerxía e materias primas.

1.. Procura non abrir as fiestras cando están acendidos o

aire acondicionado ou a calefacción. Estas perdas de calor

supoñen entre o 25% e o 30% das necesidades de calefac-

ción. Pechando as persianas e correndo as cortinas evítase

que as vivendas se quenten no verán e se escape a calor no

inverno.

2. Apaga a calefacción cando vaias deitarte e pona de novo

en marcha pola mañá, despois de

ventilar a habitación. A non ser

que vivas nun sitio moi frío, a

calor acumulada na vivenda soe

ser suficiente para manter pola

noite unha temperatura de 15 a

17 ºC nos dormitorios.

3. Non deixes o billa aberta cando laves as mans ou cepilles

os dentes. Ao facelo podes gastar inutilmente ata 6 litros

de auga por minuto.

4. É preferible a ducha ao baño. Con-

súmese ata catro veces menos canti-

dade de enerxía e auga. Tampouco é

necesario utilizar auga excesivamente

quente. Canto máis quente estea a

auga, máis enerxía se consume-

5. Abre e pecha a porta do frigorífico o imprescindible. Uns

segundos bastan para perder boa parte do frío acumulado.

Tamén é importante deixar que os alimentos se enfríen antes

de introducilos no frigorífico. Se se quenta o interior do

aparato, o motor do frigorífico debe facer un traballo extra

para enfrialo de novo, co conseguinte consumo engadido de

electricidade.

6. Apaga completamente o ordenador cando vaias a interrom-

per a tarefa que estás realizando durante un período de

tempo superior a 1 hora. Para períodos de tempo inferiores a

este é recomendable apagar o monitor, xa que o seu consumo

enerxético equivale ao da impresora e o ordenador xuntos.

7. Cando vaias deitarte ou penses estar

fóra de casa un tempo prolongado, non

olvides desenchufar os aparatos eléctri-

cos da túa habitación (ordenador, televi-

sor, consola, etc.). Os aparatos eléctricos

consumen electricidade cando están en-

chufados, aínda que non estean funcionando. É o que se cha-

CALEFACCIÓN

AUGA QUENTE

ELECTRODOMÉSTICOS

ORDENADORES, TELEVISOR, DVD, ETC.

ILUMINACIÓN