A enerxía

18

Transcript of A enerxía

Page 1: A  enerxía
Page 2: A  enerxía

QUE É A ENERXÍA?

A enerxía é a que fai posible que ocorran os cambios na Natureza e na vida cotiá.

A enerxía non se crea nin se destrúe , só se transforma.

Por exemplo, a enerxía eléctrica que fai posible que se encenda unha bombilla, se transforma en enerxía luminosa e en enerxía calorífica, pois a bombilla

quéntase un pouco.

Page 3: A  enerxía

Cales son as fontes de enerxía?Quen nos proporciona enerxía? Na nosa vida cotiá empregamos a enerxía eléctrica para que funcionen

certas máquinas. A enerxía eléctrica é limpa e non se acaba; sen embargo precísase outra fonte enerxética para xenerala.

Os motores de coches, avións, tractores, cortacéspedes…… funcionan con

gasolina ou gasóleo que son derivados do petróleo.

Page 4: A  enerxía

Pozos petrolíferos en California (USA)

Page 5: A  enerxía

CLASIFICACIÓN DAS FONTES DE ENERXÍA

RENOVABLES: non se esgotan, rexenéranse por medios naturais.

NON RENOVALES:esgótanse, e son contaminantes

Hainas contaminantes, como a madeira

ou a biomasa (materia orgánica).

Ao queimarse botan dióxido de carbono

ao ar.

Hainas non contaminantes:

- e. solar

- e. eólica (vento)

- e. hidroeléctrica (auga dos ríos)

- e. mareomotriz (mareas)

- e. xeotérmica (calor interno da terra)

Combustibles fósiles:

Hai millóns de anos, moitas plantas e

animais quedaron atrapados ao morrer

nos fondos mariños e foron cubertos por

pedras, barro…. Estas capas de plantas

e animais se foron trasnformando en

- carbón, petróleo, gas natural

Ao queimarse botan ao ar dióxido de

carbono, que favorece o quecemento

global do planeta.

-e. nuclear (uranio)

Page 6: A  enerxía

Torre de refrixeración da central nuclear de Ascó (Tarragona-Cataluña)

Page 7: A  enerxía

O método máis usado de produción de electricidade son as centrais térmicas, que funcionan queimando combustibles fósiles como o carbón.

Estas centrais teñen dos inconvintes: desprenden dióxido de carbono e empregan unha fonte enerxética esgotable.

Central térmica de Meirama en Cerceda (A Coruña)

Page 8: A  enerxía

Hoxe en día sabemos que a electricidade tamén pode ser xenerada empregando diversas fontes enerxéticas renovables e non contaminantes: -a caída da auga --a luz solar -as correntes de aire

“O pais que gañe a carreira das fontes alternativas de enerxía convertirase no líder da economía mundial” Presidente Obama de USA.

Page 9: A  enerxía

CAÍDA DA AUGA : Centrais hidroeléctricas Se aproveita a caída da auga dos ríos para facer xirar unhas turbinas que producen electricidade. Ventaxas: enerxía continúa inconvintes: afectan aos peixes( en USA case desaparecen os salmóns) as megacentrais afectan aos pobos dos vales, ao inundar grandes superficies do terreo

Page 10: A  enerxía

LUZ SOLAR : paneis solares

Cando o sol dá sobre os paneis solares, os materiais do que están feitos liberan pequenísimas partículas chamadas electróns que viaxan moi rápido polos cables instalados no panel. Estas partículas en movimento é a electricidade.

Ventaxas: a luz solar é abundante e inagotable, non contaminainconvintes: inda resulta cara

Page 11: A  enerxía

CORRENTES DE AIRE : aeroxeneradores

As aspas dos muíños de vento, ao xirar, fan funcionar un xenerador de electricidade.

Ventaxas : non contaminanInconvintes : afectan aos paxaros impacto visual no cume das montañas as correntes de aire non son continuas os parques eólicos mariños son caros

Page 12: A  enerxía

DOCUMENTO:CÓMO SE CONSTRÚE UN PARQUE EÓLICO MARIÑO

A uns 20 km. da costa de Dinamarca, elévanse os muíños de Horns Rev, o maior parque eólico mariño do mundo.

Conta con 80 muíños de vento que se elevan a 110 m. de altura.

A metade do consumo eléctrico familiar danés provén deste parque.

Page 13: A  enerxía

Construción dos elementos do muíño:As pás miden 30m. de lonxitude.

Page 17: A  enerxía

DOCUMENTO: A enerxía nuclear

A enerxía nuclear provén dun mineral chamado uranio Nas centrais nucleares o uranio é sometido a complicadas reacións que xeneran moita enerxía. Esta enerxía é aproveitada e transformada en electricidade.

Hai moitos anos a enerxía nuclear usábase na fabricación de bombas. No 1945 unha bomba nuclear arrasou a cidade de Hiroshima.

Hoxe en día, as centrais nucleares son espazos con altas medidas de seguridade para previr acidentes, o que xenera certo temor na xente.

Page 18: A  enerxía

Actividades

1. Indica , das seguintes fontes enerxéticas, cales son renovables e cales son non renovables:

madeira-luz solar-carbón-petróleo-vento-caída da auga

2. Relaciona:

central térmica uranio

central hidroeléctrica mareas

central nuclear caída da auga

central xeotérmica carbón

central mareomotriz calor interno da terra

3. Ventaxas do uso das fontes de enerxías renovables.

4. Inconvintes do uso das fontes de enerxías non renovables.

5. Que fonte enerxética empregan os aeroxeneradores?

6. Que fonte enerxética empregan os paneis solares?

7. Que problemas pode ter un parque éólico mariño?