Enerxía química

94
enerxía química

Transcript of Enerxía química

Page 1: Enerxía química

enerxía química

Page 2: Enerxía química

É a que se libera cando teñen lugar reaccións químicas.As reaccións químicas máis importantes que se utilizan para producir enerxía, se excluímos a fotosíntese, son as combustións.

Page 3: Enerxía química

Os combustibles valóranse polo seu poder calorífico, a cantidade de enerxía, en forma de calor, que se pode obter por cada unidade da súa masa que se queime. Pódese expresar en quiloxulios / quilogramo (kJ) ou en quilocalorías / quilogramo (kcal/kg)

TÁBOA COMPARATIVA DO PODER CALORÍFICO EFECTIVO DOS COMBUSTIBLES MÁIS EMPREGADOS

combustibles sólidos combustibles líquidos combustibles gasosos

Poder calorífico

MJ/kg

Poder calorífico

MJ/kg

Poder calorífico

MJ/kg

Lignitos 33 Gasolina 42,7 Gas natural 48

Coque metalúrxico

29,1 Gasóleo para calefacción

42,3 Metano 50,4

Hulla 29,3 Aceite combustible pesado

40,6 Propano 46,2

Turba 13,4 Alcohol (95º) 25,3 Butano 45,8

Piñeiro e abeto (seco)

14,7 Etino (acetileno)

48,1

Palla (en balas) 13,5 Hidróxeno 120,1

Page 4: Enerxía química

Os seres humanos utilizaron o lume desde tempos remotos para quecerse, preparar alimentos, fundir metais, cocer cerámica, fabricar vidro... Non se coñece exactamente cando se utilizou o lume por primeira vez, pero existen vestixios do seu uso polos habitantes das cavernas na Idade de Pedra.Utilizaban como combustibles restos vexetais, graxas de animais... Os poboadores de Mesopotamia utilizaban o petróleo hai máis de 3000 anos e os chineses, nesas datas coñecian o petróleo e o gas natural.

Pepe Carreiro

Page 5: Enerxía química

A xeralización do uso do carbón como combustible, xunto coa aplicación da máquina de vapor, deu lugar á primeira Revolución Industrial no século XIX.

Page 6: Enerxía química

O petróleo, e a súa aplicación a motores de combustión interna marcou a decadencia do vapor e promoveu a Revolución Industrial do século XX.

Page 7: Enerxía química

Neste milenio, cos combustibles fósiles a piques de esgotárense, búscanse novas alternativas como a utilización de derivados da biomasa ou a aplicación do hidróxeno.

Page 8: Enerxía química

ENERXÍA QUÍMICA

SERES VIVOS

FOTOSÍNTESE

BIOMASA

COMBUSTIBLES FÓSILES

ACETILENO

HIDRÓXENO…

PILAS/BATERÍAS

EXPLOSIVOS

Page 9: Enerxía química

A FOTOSÍNTESE

Por medio da FOTOSÍNTESE as plantas converten substancias inorgánicas (auga, CO2 e minerais) en materia orgánica. Elaboran moléculas complexas, como as proteínas e os lípidos, que lle proporcionan os materiais necesarios para a formación das súas estruturas e o crecemento dos seus órganos.

Page 10: Enerxía química

As plantas absorben a enerxía luminosa do Sol na fotosíntese, o comezo de toda a cadea de materia e enerxía que vai circulando duns seres a outros

Page 11: Enerxía química

O carbono é o elemento básico dos combustibles e o compoñente fundamental da materia viva. Circula na natureza nun ciclo constante e almacénase como enerxía aproveitable na biomasa e nos combustibles fósiles. Pasa dos vexetais aos animais a través dos alimentos. Os animais e os vexetais na respiración, as combustións e as bacterias liberan CO2 á atmosfera.

Page 12: Enerxía química

Os animais obteñen enerxía, para produciren calor e traballo muscular, a partir da combustión dos alimentos (azucres, hidratos de carbono, graxas...) co osíxeno (nutrición celular).Cando se queiman os alimentos no corpo dun animal libérase a enerxía química almacenada neles que o corpo emprega para facer funcionar o cerebro e os nervos, para moverse, para manterse quente...

Page 13: Enerxía química

CADEAS ALIMENTICIAS

PRODUTORES PRIMARIOS(VEXETAIS)

HERBÍVOROS CARNÍVOROS

OMNÍVOROS

Page 14: Enerxía química

Os distintos tipos de alimentos producen distinta cantidade de enerxía (que se mide en kilocalorías). Os máis enerxéticos son as graxas, seguidos dos hidratos de carbono e das proteínas.

alimentos enerxéticos

Page 15: Enerxía química

As persoas empregamos os músculos (coa enerxía dos alimentos) para realizar todo tipo de traballos e inventamos máquinas e ferramentas para obter un maior rendemento e facer un uso máis eficaz da nosa forza. Tamén aproveitamos as capacidades dos animais.

Page 16: Enerxía química

A BIOMASAÉ a enerxía almacenada polos seres vivos. Ten como ponto de partida a fotosíntese, polo tanto, a materia orgánica é enerxía solar almacenada.

Page 17: Enerxía química

FORMAS DA BIOMASA

Biomasa vivaseres vivos.

Biomasa residual palla, serraduras, esterco, residuos de matadoiros, residuos urbáns.

Biomasa fosil carbón, petróleo, gas natural.

Page 18: Enerxía química

BIOMASA

APROVEITAMENTODIRECTO

APROVEITAMENTO INDIRECTO

ALIMENTOTRANSFORMACIÓN

EN BIOGÁS, BIOCOMBUSTIBLES…

COMBUSTIBLE

Page 19: Enerxía química

PROCESO UTILIDADE

Combustión Cociñar, calefacción, auga quente, xeradores eléctricos

Fermentación aeróbica

Etanol

Dixestión anaeróbica

Metano

Gasificación Auga quente, xeradores eléctricos, metano, metanol, amoníaco

Redución química Aceites

Hidrogasificación Metano, etano, carbón vexetal

Pirólise Aceites, gas, carbón vexetal

DISTINTOS PROCESOS DE TRANSFORMACIÓN DA BIOMASA

Page 20: Enerxía química

Bosta a secar para ser usada como combustibleBriquetas feitas con resíduos de madeira e papel.

leñapallets

Page 21: Enerxía química

PROCESOS TERMOQUÍMICOS: Dous tipos de combustións, unha con exceso de aire, e outra en ausencia del: -a gasificación emprega pequenas cantidades-a pirolise (rotura de moléculas pola calor) faise sen negún aire.

Os materiais máis axeitados son a madeira, a palla, as cascas...

Page 22: Enerxía química

Elaboración tradicional de carbón vexetal facendo arder madeira con pouco osíxeno. Cubríase unha morea de leña cunha capa de terra e controlábase a combustión.

Page 23: Enerxía química
Page 24: Enerxía química

Planta que produce enerxía eléctrica utilizando como combustible resíduos vexetais procedentes da limpeza do monte.

Page 25: Enerxía química

PROCESOS BIOQUÍMICOS: cando a biomasa contén un alto grao de humidade pode transformarse por fermentación alcohólica en etanol e por dixestión anaerobica (ausencia de aire) en metano. Para a fermentación alcohólica emprégase materiais azucrados (remolacha, caña de azucre ...).Para a dixestión anaeróbica emprégase a biomasa cun alto contido en celulosa como son os resíduos agrícolas, gandeiros, industriais e urbanos, plantas acuáticas...

Page 26: Enerxía química

A dixestión anaeróbica. O biogás.A dixestión anaeróbica é a fermentación de materia orgánica realizada por microorganismos sen aire e durante longo tempo. Por descomposición desa materia obtéñense productos gasosos coñecidos como biogás, e unha suspensión sólida (lodos e fangos) que contén nitróxeno, fósforo e outros elementos minerais.A biomasa está composta por moléculas complexas (polisacáridos, proteínas, lípidos e lignina) que se van a descompoñer en moléculas máis sinxelas: metano (50-70 %), dióxido de carbono (50-30 %), e outros gases (Nitróxeno, Osíxeno, Hidróxeno, ácido sulfídrico).

Planta de Nostián-A Coruña. Producción de biogás e xeración de enerxía eléctrica a partir de resíduos urbanos.

Page 27: Enerxía química

Planta de Nostián-A Coruña.

Xeradores eléctricos

Dixestores

Page 28: Enerxía química

Obtención de biogás nunha granxa porcina

xerador

fertilizante

Depósitode xurro

Page 29: Enerxía química

Os resíduos urbanos ou industriais poden ser tratados por distintos métodos para obter enerxía.

Page 30: Enerxía química

Os biocombustibles elabóranse a partir da biomasa. En xeral melloran a combustión e reducen as emisións contaminantes dos combustibles derivados do petróleo.O biodiésel: elabórase a partir de aceites vexetais usados ou graxas animais. Habitualmente mestúrase con gasóleo en proporcións inferiores ao 50%. Tamén se podería elaborar a partir de resíduos vexetais por pirólise.

Page 31: Enerxía química

O bioetanol (gasohol) obtense de cultivos como a cebada, o trigo, o millo e a remolacha. Utilízase mesturado coa gasolina nunha proporción de ata un 10%. Pódese utilizar como único combustible en vehículos deseñados especialmente

planta de bioetanol en Teixeiro

Page 32: Enerxía química

COMBUSTIBLES FÓSILES

Page 33: Enerxía química

COMBUSTIBLES FÓSILES

carbón petróleo gas natural

Orixináronse pola descomposición de seres vivos que quedaron sepultados hai millóns de anos. O osíxeno e o nitróxeno foron desaparecendo das moléculas que formaban eses seres e quedaron reducidas a mesturas de hidrocarburos. Son fontes de enerxía moi contaminantes e que corren o perigo dun rápido esgotamento.

Page 34: Enerxía química

Os combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas natural) e os seus produtos derivados conteñen unha alta proporción de carbono polo que teñen un gran poder calorífico. Foron utilizados desde que se coñecen como fontes de enerxía calorífica directa ou para transformala en enerxía mecánica ou eléctrica.O 62% da enerxía eléctrica mundial xérase a partir de combustibles fósiles.

Page 35: Enerxía química

O CARBÓNFormouse cando grandes cantidades de vexetais foron sepultados polos movementos oroxénicos da Terra, sometidos a presión elevada e coa axuda das bacterias. É un material lixeiro de cor negra formado esencialmente por carbono ao que acompañan distintas impurezas como xofre, auga, carbonato cálcico, areas...Os primeiros en extraer carbón foron os chineses hai 2.000 anos.

Page 36: Enerxía química

Turba é o carbón de formación máis recente, séguese formando na actualidade nos lugares pantanosos (turbeiras). Ten aspecto terroso esponxoso, de cor castaña escura. Só contén arredor dun 50% de carbono. É o de menor potencia calorífica.

Lignitoten aspecto de madeira carbonizada. Contén entre o 50 e o 70% de carbono.

Hulla é o carbón máis coñecido e o máis abundante. De cor negra, brillante e duro. Contén entre o 75 e o 90% de carbono.

Antracita é o carbón de formación máis antiga, de cor negra, compacta e brillante. Acada unha proporción de ata un 93% de carbono. Ten un alto poder calorífico.

Page 37: Enerxía química

Mina de lignito. As Pontes. O lignito galego está practicamente esgotado.

Page 38: Enerxía química

Máquina extractora de carbón

Page 39: Enerxía química
Page 40: Enerxía química
Page 41: Enerxía química

TRATAMENTOS QUE SE LLE DAN AO CARBÓN E PRODUTOS QUE SE OBTEÑEN

Page 42: Enerxía química

AS MÁQUINAS DE VAPORCoíncidindo co auxe das minas de carbón en Inglaterra desenvolvéronse os primeiros modelos prácticos de aplicación do vapor producido ao quecer auga en caldeiras de carbón.No 1712 Newcomen instalou a primeira máquina de vapor que se utilizou para extraer a auga que inundaba as minas de carbón. James Wat mellorou moito o invento co uso do condensador separado (1769), a introdución do engranaxe planetario (1780) e a máquina de doble acción (1783).En 1803 construíronse os primeiros barcos de vapor útiles, primeiro un remolcador en Francia e logo un barco de pasaxeiros no río Hudson. No 1819 un barco de vapor cruzou o Atlántico por primeira vez.

Page 43: Enerxía química

ESQUEMA DUNHA MÁQUINA DE VAPOR

Carro de Cugnot,1769

Page 44: Enerxía química

Clermont de Fulton, 1803

Antiga fábrica con máquinas movidas a vapor

Locomotora

Apisonadora, 1922

Page 45: Enerxía química

MAQUINA DE VAPOR DE WATT (1786)Stephenson sintetizou os mellores avances e construíu unha locomotora que foi a base de todas as posteriores. O primeiro ferrocarril de uso público foi o de Stockton a Darlington, en setembro de 1825.A primeira liña do Estado Español foi a de Barcelona Mataró. En Galicia Santiago-Carril.

Locomotora “Sar” a primeira máquina de vapor que funcionou en Galicia facendo o traxecto Santiago Carril no século XIX.

Page 46: Enerxía química

CENTRAL TÉRMICA

Page 48: Enerxía química

CENTRAL TÉRMICA: AS PONTES

Page 49: Enerxía química

MEIRAMA

CENTRALTÉRMICA

MEIRAMA

Page 50: Enerxía química

O PETRÓLEOÉ unha rocha líquida formada por unha mestura de hidrocarburos. Atópase en xacementos a grandes profundidades e ocasionalmente na superficie (lagos de brea e alcatráns). Formouse por descomposición de grandes cantidades de animais e vexetais sometidos a altas presións e temperaturas suaves ao longo de millóns de anos. As proteínas e graxas fóronse transformando en petróleo e gas coa axuda de certas bacterias (fermentación sen aire).

Page 51: Enerxía química

PROPIEDADES DO PETRÓLEO:•Viscosidade•Densidade inferior á da auga•Composición química complexa

Page 52: Enerxía química

O petróleo xa era coñecido hai máis de 3000 anos en Mesopotamia e na China, pero o seu uso xeralizouse a partir do desenvolvemento dos motores de combustión interna e a súa aplicación nos automóbiles.A primeira perforación fíxose en Hannover (Alemania) en 1857 para utilizar o petróleo como fonte de luz e calor. A partir do ano 1850 a industria petrolífera adquiriu moita importancia co auxe dos automóbiles, en especial nos EEUU.

Page 53: Enerxía química

Para extraer o petróleo perfóranse pozos, na terra ou no subsolo mariño, que poden chegar a profundidades de ata 8.000 metros.

Primeiro pozo de petróleo. Titusville (Estados Unidos), 1859

Page 55: Enerxía química

Para separar os diferentes produtos que forman o petróleo sométese nas refinerías a unha destilacción fraccionada (evaporación e posterior condensación por enfriamento) Do petróleo cru pódense obter ata medio milleiro de materiais diferentes.

Page 56: Enerxía química

petroleiro

Page 57: Enerxía química

REFINERÍA DE PETRÓLEO-A CORUÑA

Page 58: Enerxía química

torres de destilación

PORCENTAXE DE PRODUTOS QUE SE OBTEÑEN DO PETRÓLEO:Gasóleo: 25%Carburantes do automóbil: 22%Fuel doméstico: 16%Aceites pesados: 14%Queroseno: 12%Gas líquido: 3,5%Nafta e asfalto: 1,5%

Page 59: Enerxía química

O petróleo no mundo

Page 60: Enerxía química

A gasolina é unha mestura de hidrocarburos formados por moléculas de entre 5 e 11átomos de Carbono. Emprégase para motores de coches,motos, lanchas...

Page 61: Enerxía química

O gasóleo emprégase sobre todo na industria, en vehículos pesados, para calefacción e nos automóviles.

Central térmica de Sabón. A Coruña. Produce enerxía eléctrica con gasóleo.

Page 62: Enerxía química

O queroseno empregáse fundamentalmente na aviación e para estufas.

Page 63: Enerxía química

GAS NATURALÉ unha mestura de hidrocarburos lixeiros, fundamentalmente metano. Atópase en xacementos semellantes aos petrolíferos, e tamén asociado ao carbón e ao petróleo. Orixe :a) Degradación bioquímica da materia orgánica en rochas sedimentarias pouco profundas e de idades xeoloxicamente recentes. O gas así producido é metano con dióxido de carbono (gas dos pantanos).b) Degradación química de resíduos orgánicos en rochas profundas e antergas (a maior parte do gas natural).

Page 64: Enerxía química

POZO DE EXTRACCIÓN

Page 65: Enerxía química

APLICACIÓNS DO GAS NATURAL

Page 66: Enerxía química

Barco gaseiro

Page 67: Enerxía química

O gas natural está composto por un 70 ao 95% do seu volume por metano (CH4), un 15% de outros gases (etano, propano e butano) e outras substancias como nitróxeno, dióxido de carbono e sulfuro de hidróxeno, ademais de cantidades moi pequenas de helio (He) e argón (Ar).

Unha das impurezas máis contaminantes que acompañan ao gas natural é o sulfuro de hidróxeno (H2S) polo que é preciso sometelo a un proceso de depuración antes de pasar á súa combustión.

planta de Mugardos

Page 68: Enerxía química

O gas natural emprégase como combustible e como materia prima na industria química, para a fabricación de amoníaco (materia prima básica para a elaboración de fertilizantes) e para producir metanol (alcol metílico), produto importante para a fabricación de plásticos.

Page 69: Enerxía química
Page 70: Enerxía química

MOTORES DE COMBUSTIÓN INTERNA Queiman no interior dun cilindro unha mestura de aire e combustible para producir movemento nun pistón.

motor dun avión, 1915

Page 71: Enerxía química

-Século XVII Huygens e Papin ensaiaron cun motor no que a explosión da pólvora dentro dun cilindro movía o pistón.-1860: Lenoir, motor a gas. Semellaba unha máquina de vapor horizontal. -1876: Otto, motor de catro tempos.-1885: Daimler, primeiro motor de gasolina de alta velocidade. Tiña un só cilindro vertical que desenvolvía unha potencia de medio cabalo. Bens deseña un coche de tres rodas e Daimles un de catro.-1888: Priestman Brothers, primeiro motor tipo diesel que funcionaba cunha mestura de aceite e aire.-1892: Rudolf Diesel, motor de compresión-ignición sen quecemento. -1905: turbinas de gas.-1945: motores a reacción

Motor de gas de Otto e Langen.

Primeiro motor de gas de Lenoir

Page 72: Enerxía química

Automóbil Benz, 1893

Automóbil Ford, 1905

Page 73: Enerxía química

Motor de gasolina

2. COMPRESIÓN.O pistón, ao subir, presiona a mestura e o distribuidor manda unha carga eléctrica que xera unha chispa na buxía.

3. EXPLOSIÓN.A chispa acende a mestura e os gases que se producen empuxan o pistón cara abaixo.

4. EXPULSIÓN.Ábrese a válvula de expulsión e o pistón ao subir empuxa os gases ao exterior.

1. ADMISIÓNBaixa o pistón, ábrese a válvula de admisión e entra a mestura de aire e combustible.

MOTOR DE CATRO TEMPOSOs pistóns dun motor actúan sincronizados de tal maneira que as fases sucédense nun orde establecido para manter o conxunto funcionando armonicamente.

Page 74: Enerxía química

MOTOR DIESEL O motor Diesel non precisa distribuidor eléctrico nin buxías de ignición. A súa relación de compresión é máis alta que nos motores de gasolina. Ten unha maior eficiencia térmica.

COMPRESIÓN: o pistón ascende, o aumento da presión fai que o aire se quente e mentres o combustible é inxectado por unha bomba.

ADMISIÓN: o aire é aspirado polo pistón ao interior do cilindro a través da válvula de admisión.

EXPLOSIÓN: A mestura de combustible e aire comprimida e quente encende por si sola e a expansión empuxa o pistón cara abaixo.

EXPULSIÓN:Cando o pistón volve a ascender ábrese a válvula de escape e os gases queimados saen do cilindro.

Page 75: Enerxía química

O aire aspirado é comprimido na parte de diante do motor é inxectado nas cámaras de combustión onde se mestura co queroseno que arde. Os gases resultantes, quentes, pasan a través do conxunto de álabes da turbina, da parte de atrás do motor, para sair a gran velocidade producindo o empuxe que impulsa o aparello.

O MOTOR A REACCIÓNEstá formado por series alternas de álabes rotatorios e fixos (unidos a unha árbore motora central) a través dos que circula o fluído impulsor (aire).

Uns álabes de turbina adicionais extraen enerxía extra dos gases de escape e convértena en enerxía rotacional para mover unha hélice que contribúe a aumentar o impulso.

Émprégase en avións de maior tamaño. Ten un gran ventilador na toma de aire que o canaliza arredor do exterior da cámara de compresión, prorcionando case o 75% do empuxe total do motor.

Page 76: Enerxía química

COMBUSTIBLES FÓSILESefectos sobre o medio ambiente

Emisións á atmosfera de gases que provocan contaminación atmosférica, chuvia ácida e efecto invernadeiro.

Vertidos aos ríos e ao mar

Page 77: Enerxía química

Marea negra do “Prestige”

Page 78: Enerxía química

O ACETILENOÉ un hidrocarburo gasoso que arde cunha chama branca moi brillante desprendendo moita enerxía calorífica Utilízase para o soprete oxiacetilénico que permite cortar grosos bloques de aceiro e ferro con gran facilidade. Neste soplete a chama sobrepasa os 2.000 ºC e mantense acesa debaixo da auga. O acetileno utilizouse moito para o alumeado de rúas, casas, minas...

O facho é un aparello auxiliar para a pesca que funciona co acetileno que se produce ao reaccionar a auga co carburo de calcio.

Page 79: Enerxía química

O HIDROXENOÉ o combustible con maior capacidade enerxética que se coñece (tres veces máis que a gasolina e o gasóleo) e o menos contaminante porque ao arder combínase co osíxeno e produce como resíduo vapor de auga.Utilízase como combustible nas naves espaciais e para soldaduras. Xa existen prototipos de coches impulsados por hidróxeno.

Page 80: Enerxía química

O COMBUSTIBLE DOS FOGUETESOs foguetes queiman un combustible para produciren un gas quente que sae da cámara de combustión a alta velocidade a través dun orificio orientado para producir un empuxe en dirección contraria.Empregan dous gases licuados, un oxidante e outro combustible (xeralmente hidróxeno e osíxeno) Algúns utilizan tamén combustibles sólidos nos que o oxidante e o propelente xa están mesturados.

O primeiro foguete de propelente líquido lanzouse en 1926 (Robert H. Goddard).

Page 81: Enerxía química

PILA DE COMBUSTIBLEDispositivo que emprega os potenciais químicos de dúas substancias -unha oxidante e outra combustible- que reaccionan entre sí xerando electricidade. Empréganse pilas electrolíticas de ácido fosfórico, e de osíxeno-hidróxeno. Utilízanse para naves espaciais, submariños… e para producir enerxía eléctrica.

submariño alemán movido por pilas de combustible

pila de hidróxeno

Page 82: Enerxía química

OUTROS COMBUSTIBLES

VELA ou CANDEAConsiste nunha barra de combustible sólido (cera, graxa, parafina) cunha mecha no interior.

MISTO ou FÓSFOROUnha variña cun composto químico no extremo (fósforo) que se inflama ao ser rascado.

As lámpadas e quinqués usaban combustibles de varios tipos: graxa de porco, de balea, aceites vexetais, alcohol...

Page 83: Enerxía química

EXPLOSIVOSSon materiais que teñen reaccions de combustión moi intensas e liberan enerxía con moita rapidez producindo unha gran cantidade de gases que se expanden violentamente.Existen multitude de compostos químicos que actúan desta maneira: pólvora, nitroglicerina, explosivos plásticos... O uso de explosivos é común en traballos de extracción de rochas e minerais (minas e canteiras) e para demolicións. O máis utilizado é a dinamita (nitroglicerina impregnada en barro de diatomeas).

Page 84: Enerxía química

A pólvora é coñecida desde moi antigo polos chineses (hai referencias no ano 250). Elaborábana pulverizando carbón vexetal que ao ser comprimido ardía violentamente. Máis adiante mesturouselle xofre e nitrato potásico. As primeiras armas que usáron a pólvora foron canóns, no século XIII na China e no XIV en Europa.Actualmente utilízase para foguetes de festas e armas.

Page 85: Enerxía química

As armas modernas utilizan explosivos químicos de gran potencia que producen, ademáis da onda expansiva, unha gran cantidade de calor. É unha forma de desperdiciar enerxía con fins destructivos sen ningunha utilidade.

Page 86: Enerxía química

PILAS E BATERÍASSon aparellos que xeran un fluxo de electróns (corrente eléctrica) pola reacción de substancias químicas diferentes chamadas electrodos (ánodo o positivo e cátodo o negativo) que van mergulladas nun produto que permite a circulación das cargas (electrolito)Transforman a enerxía química (enerxía de unión electromagnética dos átomos que forman as moléculas) que produce o intercambio electrónico en enerxía eléctrica nun circuito exterior.

Page 87: Enerxía química

Pila de Volta

-ánodo

+cátodo

cinc

cobre

tea acidulada

A primeira pila foi construída no 1800 por Volta. Estaba formada por discos de cobre e cinc separados por panos mollados nunha disolución acuosa de ácido.

Page 88: Enerxía química

G. Leclanché deseñou unha pila (1860) que empregaba una ánodo de carbono e un cátodo de cinc e ácido sulfúrico como electrolito (pila seca) As pilas actuais son pilas Leclanché perfeccionadas.

Pila Daniell

tabiqueporoso

cobre

sulfatode cobre

sulfatode cinc

cinc

Page 89: Enerxía química

PILA SECAresina

carbono

cinc

electrolito

Page 90: Enerxía química

As pilas salinas e as alcalinas deixan de producir enerxía unha vez que se esgotan os electrodos.

Pilas salinasXeran electricidade mediante dióxido de manganeso, cloruro de amonio e cloruro de cinc.

Pilas alcalinasEmpregan dióxido de manganeso, hidróxido de metal alcalino e cinc. Xeran unha voltaxe uniforme ata esgotarense definitivamente.

cinc

Hidróxido potásico e óxido de cinc

Óxido de mercurio

As pilas alcalinas deixan mercurio como resíduo, perigoso contaminante da terra e as augas, polo que a lexislación prohibe pilas con protectores de mercurio superiores ao 0,025 %. pila botón

Page 91: Enerxía química

Bateríasrecargables

PILAS RECARGABLES E BATERÍASAs reaccións químicas son reversibles se se lles aplica unha corrente eléctrica, de tensión semellante á producida por elas, unha vez que se descargaron.

Page 92: Enerxía química

Existen varios tipos de pilas acumuladores que se coñecen polo nome dos produtos empregados como electrodos. As máis comúns son as de níquel/cadmio, plata/cinc e níquel/ferro, que utilizan como electrolito o hidróxido potásico. Dos acumuladores ou baterías, o máis empregado é o de chumbo, que leva como electrolito unha disolución de ácido sulfúrico.

Page 93: Enerxía química

EFECTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTEConteñen produtos químicos contaminantes, algúns, como o mercurio, moi perigosos para os seres vivos.

Unha pila botón pode contaminar máis de 600.000 litros de auga. AS ALTERNATIVAS:

Utilizalas o menos posible. Usar pilas recargables Depositalas en contedores para reciclar.

Page 94: Enerxía química

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Lucía Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daporta, Pepe Carreiro