Boletin 6º 2016

24
Turonia na palabra 2016 índice Turonia na Palabra 3 A Pedrada 4 Minerais 6 Arqueoloxía 8 O noso mapa 12 Coidado coas plantas 16 Cristelos 18 Curiosidades animais 20 As piraguas 24 Este caderno pertence a: Do colexio: 1

Transcript of Boletin 6º 2016

Tu

ron

ia

na

p

ala

bra

2

01

6

índice

Turonia na Palabra 3 A Pedrada 4

Minerais 6 Arqueoloxía 8

O noso mapa 12 Coidado coas plantas 16

Cristelos 18 Curiosidades animais 20

As piraguas 24

Este caderno pertence a: Do colexio: 1

2

Mediante esta escala tentaremos definir a intensidade do vento en determi-nados puntos do camiño. Para iso teremos que observar a natureza segundo estes criterios:

GRAO EFECTO PROVOCADO POLO VENTO

0 Non se precibe ningún movemento. O fume ascende verticalmente.

1 O fume inclínase na dirección do vento. O cataventos non se move

2 O vento nótase na cara, óese o rumor das follas, os cataventos indican a dirección do vento

3 Move as follas. As bandeiras ondean

4 Levanta polvo e papeis soltos, move as pólas pequenas das árbores

5 Inclina as árbores pequenas, forma ondas na auga.

6 Move pólas máis gordas, sería difícil usar un paraugas

7 Move árbores enteiras. É difícil mesmo andar.

8 Rompe as pólas das árbores. Non se pode andar.

ESCALA DOS VENTOS DE BEAUFORT

9 Danos nas casas.

DIRECCIÓN DO VENTO Cando falamos da dirección do vento, estamos a falar do punto cardinal de onde procede . Precisamos percibir a procedencia do vento mediante a observación dos elementos citados na escala anterior. Pero se a inten-sidade é 1, podemos utilizar o noso dedo índice como antena, hume-decéndoo primeiro: co dedo mollado notaremos máis fácilmente por que lado nos está dando o vento Punto de control

Lugar Hora Temperatura Intensidade do vento

Dirección do vento

1

2

3

4

2

3

Así como Manuel María preséntasenos como

a el lle gustaba, a través da palabra, así Turo-

nia 2016 chega a nós este ano a través da

nosa:

Palabra de paisaxe, palabra de cultura, palabra de

poesía, palabra de ser, palabra de amizade, pala-

bra de compartir, ...palabra vital que leva a va-

lorar o noso, a defendelo, a facelo visible aos

demais e a nós mesmos.

“Eu amo a Terra Chá, sempre tan miña”. dicía

Manuel María.

“ Nós tamén amamos a nosa terra, o noso...

a nosa paisaxe é fermosa, dende o regato

máis pequeno ó noso Miño,...

A nosa paisaxe constitúe a proxección cultu-

ral de todos nós co noso espazo. A paisaxe é

cultural.

É tamén un longo proceso de transformación

no territorio.

A paisaxe únenos, fainos convivir e compro-

meternos cos nosos recursos naturais e cul-

turais.

Danos identidade...pero para iso fai falta un

esforzo conxunto para coñecer, estimar e poñer

en valor a nosa palabra de respectar, a pala-

bra de facer,...a palabra de percorrer.

3

4

O monte da Pedrada atópa-se situado nos límites dos con-cellos de Tomiño e Santa Ma ría de Oia, na parroquia de Ba-rrantes, lugar de Vilachán do Monte cunha altitude de 520 m, ofrece unhas magníficas vistas do río Miño dende Tui ata a súa desembocadura na Guarda, na cima deste monte atópase unha caseta do servizo de vixiancia de incendios fores-tais.

No mes de xullo celébrase

no seu cume a romaría da Ma-danela.

O Alto da Pedrada consti

túe unha das atalaias entre as que se estende a serra do Arga-llo, no municipio de Tomiño e desde as que se contemplan espléndidas vistas da contorna formada polo curso do río Mi-ño ao seu paso polo val do Ro-

sal e o seu esteiro na súa des-embocadura entre A Guarda e Caminha co mítico monte de Santa Tegra ao fondo.

Ao Alto da Pedrada, que é o que queda máis ao leste, subi-mos partindo de Vilachán, unha pequena poboación tomi-ñesa situada na saia dos esten-sos viñedos de albariño, que coa denominación de Rías Baixas prodúcense nestas terras do baixo Miño onde se asenta-ron importantes adegas, algun-has vidas doutras rexións viní-colas de fóra de Galicia.

Estas grandes plantacións esténdense sobre o que antes eran piñeirais o que provocou a protesta dalgunhas asociacións ecoloxistas que non están de acordo co cambio de usos do monte.

4

5

Imos ver se podes recoñecer algún destes picos. Une os nomes propostos coas fle-chas. Antes terás que escoitar as explicacións dos mestres.

Monte Castelo Monte Galiñeiro Norte Monte Galiñeiro Sur Monte Tetón

Monte Tetón Alto de San Antoniño Monte Aloia M. Galiñeiro Sur M. Galiñeiro Norte

Alto da Pena Monte do cervo Alto da Salgosa Penedo do Mediodía

Alto do Torroso Monte Santa Tegra Alto Niño do Corvo Alto Monte Galego

5

6

A wabellita é un mineral da clase dos minerais fosfatos e do grupo da wabelita. As súas formas tan fermosas débense á súa formación por cristalización, e pode atoparse como xeoda, en cavidades dentro das rochas. Foi descuberta en 1805 nunha mina ao norte de Devon (Inglaterra) por William Wavell . Recentemente, na Serra da Groba apareceu este mineral tan valorado no mundo da xoiería e bisutería.

É un metal precioso de transición blando, brillante, amarelo, pesado, maleable e dúctil. Este metal atópase normalmente en estado puro, en forma de pepitas e depósitos fluviais. O ouro é un dos metais tradicionalmente empregados para acuñar moedas; utilízase na xoiería, a industria e a electrónica pola súa resis-tencia á corrosión. Tamén existe na Serra da Groba.

Grazas á súa extraordinaria resistencia á de-gradación ambiental é moi usado en cubertas anticorrosivas. É un mineral fundamental para a obtención de estaño, que, logo, é emprega-do en aliaxes diversas (bronce, latón). Nos montes desta serra Xa se extraía este mineral antes de que viñeran os romanos por aquí.

É un metal de cor gris aceirado, moi duro e den-so. Utilízase fundamentalmente para aliar co aceiro e conseguir máis dureza, para resisten-cias de fornos, instrumentos odontolóxicos, pre-paración de bernices… as puntas dos bolígrafos que usades son pequenas bolas deste metal, e tamén os filamentos incandescentes das bombi-llas. Está presente na Serra da Groba.

6

7

O cuarzo é un mineral composto de dióxido de sili-cio, tamén chamado sílice, SiO2. Ás veces, e inco-rrectamente, tamén é denominado seixo.

Incoloro en estado puro, pode adoptar numerosas tonalidades se leva impurezas (é alocromático).A súa dureza é tal que pode raiar os aceiros comúns. É moi abundante nas rochas graníticas. Quimicamente moi inerte, é resistente á meteorización química que provoca a intemperie, á vez que os seus grans son moi duros e difíciles de erosionar na súa super-ficie. Como consecuencia, o cuarzo dun granito permane-ce enteiro, mentres que os outros minerais (micas e feldes-patos) convértense en arxilas ao disgregárense. As arxilas son esenciais nos procesos sedimentarios, mentres que os grans de cuarzo son os que forman a maior parte das areas. Variedades Afumado- Vai dende as tonalidades grises ás negras. Macrocristalino.Típico dal-gunhas zonas en Suiza . Citrino -vai dende a coloración amarela máis tenue ata a parda máis escura. A súa coloración é debida á inclusión de óxidos hidratados de ferro. Hialino-tamén é chamado cristal de rocha. É o cuarzo puro e como tal non presenta coloración ningunha.. Utilízase en xoiería para a elaboración de xemas. Leitoso- É de cor branca pola inclusión de gases e erros da súa estrutura durante o seu crecemento. Rosado -cor rosada debida á inclusión de átomos de titanio e manganeso.

7

O grafito (tamén chamado en ocasións plumbaxina ou chumbo negro) é unha das formas coñecidas nas que se pode presentar o carbono. Outra forma ben coñecida é o diamante. O grafito e os di-amantes son dúas formas alotrópicas do mesmo elemento químico: o carbono. O único que separa ó fráxil material que forma a mina dos lápis, da pedra máis dura do planeta, son séculos sometidos a presións altísimas. Investigadores da Universidade de Stanford descubriron un atallo para converter grafito en diamante sen complexas maquinarias de presión. No grafito, os átomos de carbono forman capas paralelas, amontoadas unhas encima das outras. Dentro dunha capa, os átomos de carbono están enlazados a outros tres a unha distancia moi curta. Entre unha capa é outra a distancia de unión é moito maior, e por iso as capas pódense exfoliar tan facilmente unhas das outras. O grafito é usado basicamente para a fabricación de lapis, ladrillos, crisois, dis-cos parecidos ós de vinilo pero máis resis-tentes, reactores nucleares, electrodos (pola súa condutivi-dade) e pezas de enxeñería (pistóns, xuntas, arandelas, rodamentos).

8

A arqueoloxía é unha ciencia, que estuda as so-ciedades do pasado (dende a prehistoria ata a actualidade) a través dos seus restos materiais que son recuperados co método arqueolóxico

Grazas a esta ciencia podemos, a través de restos físi-cos normalmente soterrados, extraer moita informa-ción sobre as xentes e civilizacións xa desaparecidas. A isto adícanse os arqueólogos, persoas dotadas dunha formación moi específicas, capacidade de tra-ballo en equipo, material de traballo moi sofisticado, e sobre todo, unha do- se de paciencia enorme!

O traballo do ar-queólogo ten moito que ver co dun in-vestigador policial. A través de peque-nos indicios, e utili-zando a inducción e a deducción, po-de obter informa-ción moi valiosa.

8

9

No noso percorrido atoparemos algunhas mámoas. O que vemos en cada unha delas é un pequeno monte de terra, formando xeralmente un “crater”. O que hai dentro é unha construcción megalítica de aproximadamente 6000 anos, que se utilizou como enterramento, cousa que de-mostra que nesa época da prehistoria, a xente amosaban preocupacións de carácter espiritual. O conxunto de mámoas de Vilachán do Monte é doado de recoñecer. • Localiza algunhas destas mámoas e averigua o diáme-

tro aproximado delas.

9

10

10

11

11

12

13

14

14

15

15

16

Esta é unha flor moi característica nos nosos camiños, que a poderemos ver así durante a nosa actividade. O croque ou troque , ou estralo , que recibe moitos nomes, é unha flor arracimada en forma de dedal (digitalis en latín). Esta planta aporta unha substancia, a dixitali-na, que é empregada na mediciña como re-gulador do ritmo cardíaco. A dixitalina é unha toxina que evita que os depredadores coman esta planta, poñendo en risco a vida dos mesmos. Non debedes manipulala, se non queredes arriscarvos a un envelenamento… ou a unha picadura de abella! • Terás que indicar nun mapa algún lu-

gar no que atopaches esta planta.

Xénero: Digitalis Especie: Digitalis purpurea Nome común Dedaleira

Ciclo de vida -Bianual ou perenne.

Usos-Desta especie obtense o composto dixitalina (Gleason e Cronquist, 1991), impor-

tante no tratamento de insuficiencia cardíaca.

Impacto sobre a saude humana-É moi venenosa. Os síntomas que se presentan son entre outros: visión amarela e de perfiles desdibujados e bradicardias (descenso da frecuencia cardíaca) Nativas de Europa. Nome- Infórmanos dunha característica física da planta. O nome Digitalis provén da palabra latina digitus que significa dedo. E purpúrea significa lila ou púrpura. Polo tanto o seu Nome fai referencia a súa forma e a súa cor.

O órgano da planta empregado polas súas virtudes medicinais son as follas; pero tanto as follas como as flores teñen unha poderosa toxina, que se chama dixitalina e que afecta ao funcionamento cardíaco.

16

17

Na antiga Grecia do século V A.C. utilizábase esta planta como veleno mortal ( non andaban con bromas neses tempos ) . O filósofo Sócrates, por circunstan-cias da vida, foi condeado a morte, e o tribunal que o xulgou permitiulle escoller o método. Elixiu beber un preparado desta herba. Non se vos ocorra comela!!!

É unha planta robusta de máis de 1m de altura.

As follas son grandes, divididas e co faz brilante.

As flores son blancas e pequenas dispostas en umbelas terminales de 10 a 40 radios.

O nabo do diablo ten un olor moi intenso.

Toda a planta pero sobre todo a raíz e rica nunha toxi-na ( enantetoxina).

Os efectos da súa ingestión producen diarreas, nauseas

vómitos, sudor frío, convulsión e incluso a morte.

Os animais domésticos que as inxiren poden morrer de repente.

Florece a finais da primavera e no verán.

Tamén se lle chama en castelán: cicuta

17

18

18

Cristelos é unha fermosa al-dea do noso concello, que conserva moitas característi-cas das aldeas galegas dos séculos pasados. A súa poboación concéntrase arredor dun núcleo, no que os vecinos construían pequenas casas con hórreos próximos. Hoxe podemos apreciar a rúa principal rodeada de casas, algunhas delas conservando a esencia da súa construción

orixinal. Hai tamén varios fermosos hórreos de pedra, así como cruceiros e petos de ánimas. O edificio máis salientable, se cadra, é a antiga escola, construída por emigrados en

América no primeiro tercio do século XX, e hoxe con-vertida nun centro social. Se Cristelos é unha aldea que conserva esencia do pasa-do, pode ser probablemente porque este lugar leva habi-tado moitos séculos. Fronte á actual aldea, no monte A Sardiñeira, xa había un asentamento no século I (hai 2.000 anos), cando os romanos colonizaron estas terras, o que denomina-mos un castro. Velaí o nome des-te lugar: Cristelos ven de castro, un poboado da época previa á coloniza-ción dos romanos.

19

“Camiñamos isa noite do 28 pró 29 cara Cristelos. No sitio chamado As Furnas estaban a esperarnos os agra-rios de Cristelos. Os de Tebra que nos acompañaban deron volta e Guillermo i eu fomos levados por Aquiles á casa do Bouzada, un dos bos e xenerosos a quen deixo aquí un afervoado recordo de gratitude. Nila esti-vemos o día 29. Como non tiña doito usar armas pedí-ralle emprestada unha pistola a Donato do Seixo, o oficial do axuntamento de Tomiño. Ista pistola, que xa non conviña que a tivera comigo, deixéilla ó fillo do Bouzada. Á tardiña, a dona do Bouzada aparecéu toda asustada porque tiña chegado un aviso de que viña unha partida na nosa percura. Anoitecendo, Guillermo i eu fomos para unha eiga de millo. Pasada meia noite e quiados por Bouzada fomos na percura de Conde, que era tenente alcalde de Tomiño. Xuntos os catro chaga-mos o día 30 denantes de amencer a Vilachán do Monte. Un paisano, do que non recordo o nome e que lle diréi Pepe de Vilachán para me referir a il,tívonos ise día na súa casae pola noite guiounos camiño de Torroña hastra encontrarnos con outro moi bon agrario, o Celestino Gradín, e outros compañeiros que nos levaron a unha casa de Torroña. Nista estivemos Guillermo Vicente i eu por dúas tempa-das”

Antón Hipólito Alonso Ríos nace en Silleda, o 15 de agosto de 1887. De moi novo emigra á Arxentina onde traballa como representan-te de comercio e mestre; alén disto, entra en contacto co mundo societario e eríxese en fundador da Sociedad Hijos de Silleda, creando escolas laicas no Trasdeza, e a Federación de Socieda-des Agrarias y Culturales. En 1931 é enviado por esta mesma

Federación de Sociedades Gallegas como representante da emigración na recén instaurada IIª República en España para participar na Asemblea do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía, da que sairá como Presidente. Como tamén saiu Presidente dunha Xunta Revolucionaria que tivo lugar en Compostela no verán de 1931. Virá a Tomiño, a traballar como mestre e defender os intereses do mundo agrario. Nesta mesma etapa, acrecéntase definitivamente a súa conciencia galeguista, forma parte do Partido Galeguista e traballa arreo na Campaña Pro Estatuto. En 1936 é electo Deputado agrario ás Cortes da República na gañadora Frente Popular. Mais coa sublevación fascista é represaliado, perseguido, polo que foxe a través dos montes galegos durante algo máis de dous anos, até que consegue pasar a Portugal e de aí a Marrocos, para definitivamente embarcar cara á Arxentina. Xa desde 1939, en Bos Aires, dedícase a colaborar en prensa, escribir o seu prolífico ideario, destacan-do entre outras publicacións, Co pensamento na Patria Galega (1942), fundar a Irmandade Galega e o Consello da Galiza en 1944, do que foi secretario xeral, e Castelao, Presidente, Á morte deste último no ano cincuenta, Antón ocupa as pri-meiras funcións do Consello, mais magóao enormemente, e conxuntamente coa de Ombú, o seu fillo máis novo, lévao a caer nunha espantosa amargura que o abocar-ía ao suicidio en Bos Aires, o día 12 de outubro de 1980.

19

20

Esta é a águia máis común que pode-mos ver nos nosos ceos.

Un ave rapaz de mediano tamaño, coas ás relativamente longas e

largas, e unha cola curta e redondeada. Aliméntase principalmente de ratos, por iso en castelán chámanlle “águila ratonera”.

É un importante aliado dos agricultores, xa que a súa di-

eta, principalmente de ratos de campo, fai controlar a proliferación dos roedores, que tantos danos causan nas colleitas. Mesmo na Ucraína, os campesinos puñan postes no medio das súas planta- cións para que as águias tiveran un lugar no que pousarse agardando a apa-rición dalgún rato. Actualmente están a cam- biar de hábitos alimenticios, e podemos velas nos postes de tendidos eléctricos que están paralelos ás estradas, agardando a oportunidade dalgún animal atropelado para non ter que esforzarse en cazar. • No caso de localizar algunha, deberás indicar o lugar do mapa no que a viches

20

É unha raza denominada Ecus Ferus Atlánticus. Non é un cabalo. Tamén pode cha-marse besta do monte ou burra do monte. Atópase nas nosas serras e no norte de Portu-gal. Mide aprox. 1,35cm de altura e polo tanto distinto dos cabalos que morfoloxica-mente miden máis de 1,50 cm de altura. Son de pouca altura, cola larga, crins moi lon-gos e unha redonda e grande barriga Estes exemplares hoxe están ceibes no monte pero antigamente cada familia tiña un garrano que lle axudaba no traballo. Son moi mansos, de bo carácter e moi duros e resistentes ( moito máis que os cabalos) á climatoloxía con escasa alimentación ( fundamentalmente aliméntanse de toxo).

21

Que pasaría se xuntaras ouro, perlas, pedras preciosas e larvas de tricópteros? Os tricóteros son insectos que na idade adulta (2 a 20 mm), son voadores e a súa apa-riencia é coma a das polillas. Pero na fase de oruga, buscan refuxio nunha “funda” que se constrúen con area e pedras do fondo do río. Pero se en lugar de cuarzo tiveran ouro, perlas, e outras pedras preciosas, construirían unhas pezas de xoiería magníficas. Isto é a xoiería con insectos.

A calidade das augas dun río podemos apreciala pola presencia de certos animais macroinvertebrados. Segundo as especies que atope-mos, podemos dicir que son augas en moi bo estado, nun estado moderado ou en mal estado. Hoxe teredes que averiguar neste punto do río Pego, que calidade teñen as súas augas. Tedes que tomar mostras segundo se vos indique e comprobar que especies atopades nelas.

QUE ESPECIES ATOPACHES?

COMO CONCLUSIÓN. CAL É A CALIDADE DESTAS AUGAS?

21

22

22

23

23

24

As piraguas, ou en xeral as pequenas embarcacións de remos sen cuberta, teñen tes-temuñas da súa existencia dende hai moito tempo, e en diversas civilizacións. A primei-ra manifestación recollida, datada hai 6000 anos, é unha canoa con remo de prata na tumba dun rei sumerio en Ur, navegando polo río Eufrates. Os exipcios utilizaban unhas canoas de xuncos atados con cordas, para navegar polo Nilo. Cando Cristóbal Colón chegou ás costas continentais de América, foi recibido polos indíxenas en pequenas canoas de maderia feitas dunha soa peza.

Pero de todas elas, a máis famosa é a que utilizaban os indios das rexións orientais de Canadá, coa súa forma característica. Estas xentes conseguiron elaborar unha embar-cación moi fiable para navegar polos seus ríos, cunha estructura de Madeira ou de osos,

recuberta por codia de bidueiro ou por peles de animais. Aínda hoxe a un tipo de embarcación se lle chama “canoa canadiense”. Hoxe, a actual tecnoloxía nos permite elaborar unhas embarcacíóns moi ríxidas, lixeiras e duradeiras. Imos navegar pois, sabendo que detrás das embarcacións que disfrutamos hai toda unha historia de evolución e progre-

so, pero que en esencia segue a ser o mesmo bote de re-mos que utilizaban aqueles indíxenas

americanos.

24