BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

8
mento do territorio, inventarios do Patrimonio, etc., presentado comu- nicacións en congresos, coloquios e seminarios, publicado libros e arti- gos en revistas de investigación. A museoloxía (ecomuseos, museos integrais), a historia da técnica, a recuperación do Patrimonio Etnográfico, son tamén temas sobre dos que traballa, e no eido da divul- gación e didáctica desenvolve o seu labor con conferencias, publicacións e colaboracións con profesionais do ensino, Está adscrita ao Museo Arqueolóxico de A Coruña, como Técnico de Museos. Algúns títulos dos seus libros. “As construcións populares: un tema de etnografía en Galicia”, “Camiños, pasos e pontes”, “Muiños de mares e de vento en Galicia” etc. Algúns títulos de artigos: “Os nomes galegos dos hórreos e dos seus ele- mentos”, “Introdución ao estudo dos muiños de aceite en Galicia”, “Análisis de un proceso de cambio y desaparición en la tecnología tradi- cional de Galicia”, “Primeras men- ciones sobre los molinos de mareas en Galicia”, “Observacións de carác- ter etnolóxico sobre as de-nomina- cións do muiño en Galicia”, “¿Galicia: ... y qué hacemos ahora con los molinos de mareas?”, etc. BEGOÑA BAS LÓPEZ Begoña Bas López, Doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, orienta os seus estudos cara a Etnografía e espe- cializase en temas de arquitectura tradicional, para os que foi becada pola Deputación de Pontevedra e polo Instituto de Conservación y Restauración de Bienes Culturales do Ministerio de Cultura. A súa liña prin- cipal de investigación é o coñece- mento da arquitectura tradicional no seu conxunto e na súa significación. Hórreos e muíños foron, respectiva- mente, os temas da súa tese de licen- ciatura e tese de doutoramento. Ten participado en proxectos de planea-

Transcript of BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

Page 1: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

mento do territorio, inventarios do

Patrimonio, etc., presentado comu-

nicacións en congresos, coloquios e

seminarios, publicado libros e arti-

gos en revistas de investigación. A

museoloxía (ecomuseos, museos

integrais), a historia da técnica, a

recuperación do Patrimonio

Etnográfico, son tamén temas sobre

dos que traballa, e no eido da divul-

gación e didáctica desenvolve o seu

labor con conferencias, publicacións

e colaboracións con profesionais do

ensino, Está adscrita ao Museo

Arqueolóxico de A Coruña, como

Técnico de Museos.

Algúns títulos dos seus libros. “As

construcións populares: un tema de

etnografía en Galicia”, “Camiños,

pasos e pontes”, “Muiños de mares e

de vento en Galicia” etc.

Algúns títulos de artigos: “Os nomes

galegos dos hórreos e dos seus ele-

mentos”, “Introdución ao estudo dos

muiños de aceite en Galicia”,

“Análisis de un proceso de cambio y

desaparición en la tecnología tradi-

cional de Galicia”, “Primeras men-

ciones sobre los molinos de mareas

en Galicia”, “Observacións de carác-

ter etnolóxico sobre as de-nomina-

cións do muiño en Galicia”,

“¿Galicia: ... y qué hacemos ahora

con los molinos de mareas?”, etc.

BEGOÑA BAS LÓPEZ

Begoña Bas López, Doutora en

Xeografía e Historia pola

Universidade de Santiago, orienta os

seus estudos cara a Etnografía e espe-

cializase en temas de arquitectura

tradicional, para os que foi becada

pola Deputación de Pontevedra e

polo Instituto de Conservación y

Restauración de Bienes Culturales do

Ministerio de Cultura. A súa liña prin-

cipal de investigación é o coñece-

mento da arquitectura tradicional no

seu conxunto e na súa significación.

Hórreos e muíños foron, respectiva-

mente, os temas da súa tese de licen-

ciatura e tese de doutoramento. Ten

participado en proxectos de planea-

Page 2: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

45~

O hórreo é unha construcción senlleirada arquitectura tradicional de Galiza, etanto a nivel arquitectónico, etnolóxi-

co como histórico encontrámonos peranteunha das mostras máis interesantes. No hórreodanse unhas características que desenvolven oque se podería considerar como principios daarquitectura tradicional.

A súa función é a da desecación e a conserva-ción das espigas de millo. A comezos do outonochega o tempo da colleita, pois os grans xaestán maduros como para separar a espiga dacana, ou sexa para a esfolla. As espigas que vanir para o hórreo límpanse de follas o vansebotando en cestos ou canastos e destes aohórreo. Cando se recolle o millo os grans aíndanon están enteiramente secos e así rematan porsecar nesta construcción.

As características funcionais máis importantesdo hórreo fan deste unha construcción especia-lizada: unha cámara ou depósito onde nonpenetre a chuvia nin o sol, de planta rectangu-lar, cunha lonxitude adaptada ás diferentes

colleitas, de xeito que aínda que as espigassexan moitas, ao aumentar a lonxitude da plan-ta dase cabida a todas e non se produce amon-tonamento. No material das paredes da cámarapractícanse fendas, para así permitir unha pene-tración do aire constantemente e repartida portoda ela, e ademais esta cámara érguese sobreunha base que a aille do chan, de maneira que ahumidade do mesmo a afecte o menos posíbel.

Notas sobre función,

arte e diversidade

no hórreoBegoña Bas López

Fotos: Xosé Arturo Fernández Araujo

Os ocos de ventilación teñen unha importancia funda-mental independentemente do material empregado.

Page 3: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

46~

Ademais de secar o gran debe conservarse enboas condicións durante todo o tempo que estepermañeza aquí gardado, e estas condiciónsson pois a reducción da humidade e o mante-ñemento dunha temperatura axeitada no inte-rior; tanto para unha como para a outra, asregandixas de aireación así como a altura á quese instala a cámara, cumpren con esta finalida-des A colocación da porta nunha cara ou noutranon só depende da accesibilidade, senón taménda dirección dos ventos para que ao permañe-cer esta aberta a aireación aumente. Tamén,pensamos, a amplitude da cuberta co beiril dedimensións considerábeis -desenvolvido enhórreos de áreas de moita insolación-, contri-búe ao manteñemento dunha temperatura nonmoi elevada no verán, ademais de protexer acámara da chuvia. A todo isto cumpre engadirtamén a maneira de gardar o froito que non égran senón na propia espiga xa que o grandebullado é máis difícil de conservar, e por istogárdase en espigas que deixan máis espacioentre delas e por tanto permiten unha melloraireación.

A ausencia de roedores na cámara é tan impor-tante que para isto tamén seencontrou solución: os tornarra-tos. Trátase duns elementos oupezas situadas entre o soporte e acámara, que sobresaen tanto duncomo da outra e que impiden oacceso a esta dos ratos. A deno-minación tornarratos -unha deentre moitas, como máis adiantese verá- non pode ser máis elo-cuente.

A funcionalidade do hórreoobsérvase non só nos aspectosconstrutivos, senón tamén nou-tros como son a orientación e asituación dentro do complexo dacasa. Estexa perto ou afastado dacasa, a condición principal é que

se reciba ben o aire, por tanto, non pode estaradosado a construcción ningunha, nin á viven-da, nin tampouco quedar pechado entre variasconstrucións. Polo que respeita á orientación, é

unha cuestión non doada deprecisar, pero xeneralizandopoderíase dicir que debenestar orientados cara os ven-tos dominantes, mais os con-dicionantes para o empraza-mento do hórreo son tantos(accesibilidade, practicidadepara o seu uso, aireado, etc.)que non sería doada a súadisposición idónea no tocan-tes á orientación tendo enconta as características dohábitat galego.

A funcionalidade e o sensoda estética desenvólvenseamplamente no hórreodunha maneira conxunta.

O tornarratos impide o acceso dos roedores aos hórreos.

Ademais de protexer o millo dosroedores, tamén se protexe dospaxaros.

Page 4: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

47~

Isto acádase cunha combinación entre a especi-ficidade das distintas pezas ou elementos que ointegran, a armonía de proporcións, a combina-ción dos materias construtivos, o tratamentodos mesmos, os elementos decorativos, ou aexistencia duns elementos simbólicos e/ouornamentais. Ven sendo, por tanto, un resulta-do por unha parte formal-funcional, ou sexa,das propias formas e proporcións do hórreoque, precisamente debido á súa funcionalidade,acadan un desenvolvimento peculiar; e poroutra material, no senso da utilización axeitadados materiais na súa construcción.

Mais, ¿por que se acada no hórreo este resulta-do?. Son moitos os aspectos a ter en conta. Porexemplo, é unha construcción especializadaque para cumprir ben a súa función,cada elemento debe estar ben dese-ñado e isto lévanos a formas moi defi-nidas e a proporcións que resultanharmoniosas. Ademais, os materiaisutilizados deben ser coidados namesma medida en que as formas, equizais o máis importante: dada aimportancia do millo na economíatradicional, a construcción que oalbergue debe reunir non só todas ascualidades até aquí mencionadas,senón que vai ser un exponente, unmedidor social: a mellor e máis gran-de hórreo, a casa será máis rica.

O hórreo foi un indicador socioeco-nómico no mundo rural. O tipo dematerial e o seu traballo, as dimen-sións e mesmo os remates e elemen-tos decorativos, poñen de manifestocómo é a economía da casa ou quenivel hai na mesma, sempre falandode áreas onde o cultivo do millo éprioritario. O labrego sabe que vaiser considerado segundo a calidadedo hórreo e o número de pés ou detramos ou claros máis que pola casa,ou polas demais construcións adxec-tivas. Á hora de erguelo, sempre tenpresente que as dimensións, en prin-

cipio, teñen que estar en función coa colleita,mais o material e o seu bon traballo van dar unvalor adicional á construcción, e por unha cate-goría determinada ao seu dono.

Pódese afirmar que os meirandes hórreos deGaliza pertenceron sempre ás rectorais dasparroquias e algúns mosteiros, o que indica osecular predominio económico da Igrexa e con-cretamente do clero. As casas grandes ou pazos,tamén dispoñen de fermosos exemplos, aindaque nunca acadan o nivel dos da igrexa, querpor unha economía máis diversificada, quer por

O tamaño e calidade constructiva do hórreo poñen demanifesto a economía da casa.

Page 5: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

48~

un desenvolvimento histórico de súa economíamáis irregular. Por veces, nunha mesma casapode haber dous hórreos, pois a economía foimedrando e a colleita de millo aumentou;tamén pode ser que se amplíe o xa existente, een ambos casos, tratase dunha casa forte.

En conclusión, o hórreo foi en si mesmo un sím-bolo, un marcador social en amplas zonas deGaliza, nas que o cultivo do millo ocupou unlugar preponderante.

Existen unhas pezas ou elementos que quizais

se encontren nunha relación máis directa concuestións de simbolismo. Trátase dos rematesque se colocan no cumio, nos dous extremos dacuberta. As formas ou figuras que representanson moi variadas: a máis repetida é a cruz,maiormente a latina se ben a grega de brazosiguais tamén aparece; outros son figuras pirami-dais, que van desde as máis estilizadas a xeitode bicos apuntados até as máis grosas e de esca-so porte; moitas delas presentan na base estran-gulamentos e molduras; outras formas son oscírculos, campanarios, cálices, animais, etc.

O seu valor artístico é innegábel, mais con estaspezas encontrámonos perante o interrogantedo seu significado, En primeiro lugar, obsérvaseque en moitos casos estes remates están mellortraballados, ou con máis deteñemento e orna-mentación que o resto do hórreo.

No hórreo é onde se conservou sempre unhaparte moi importante da colleita do labrego naque fundamentou a súa economía; é por tantoun elemento ao que se adica extraordinariaatención, ao que se lle dá moita importancia. Enconsecuencia, quérese protexer iso tan impor-tante que conserva no seu interior, e todo indi-ca que foi por medio destes remates que se per-seguiu sempre esa necesaria protección e segu-ridade para a colleita. Se é imprecación divinaou para escorrentar as meigas, ou mesmo oraio, está clara a intención: a protección domillo para que seque ben, se conserve en boascondicións e que non ocorra ningunha calami-dade que derrame a colleita. Cruces aparecennos carros, nas pedras de moer, nas lumieirasdos accesos aos muiños, nas cancelas que per-miten o paso ás leiras, nalgún recanto da casa,etc.

Isto polo que respeita ás cruces, mais ¿queorixe poden ter as formas apuntadas e outrastantas que se representan? Algúns autores qui-xeron ver unha representación fálica relacio-nándoas coa fertilidade; outros opinan que nonson máis que adornos... Tense tamén afirmadoque son resultado dunha evolución dun ele-mento que ten orixe meramente funcional.

Os remates, ¿símbolos de protección?,¿elementos ornamentais?...

Page 6: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

49~

O que está claro é que existe unha manifestaintención e interés por protexer o hórreo, e portanto a colleita, de calquera axente que a poidadanar. E non hai que esquecer que a igrexa ten-tou cristianizar lugares, elementos e obxectosconsiderados como pagáns ou polo menossupersticiosos ou susceptíbeis de selo, e que anivel formal e material o plasmou con cruces. Acruz aparece en moitas das construcións e ele-mentos da arquitectura popular, e a cruz sem-pre significa protección na relixiosidade oficialtrasvasada á popular. Por tanto, se a igrexa puxotanto interés por “cristianizar” o hórreo, puido-se deber a unha xeneralización no seu empeño,e dentro desta incluíu os hórreos case comomedida preventiva, ou porque neles observoualgunha crencia, manifestada nalgún símbolo,que así o aconsellaba. Do que consideramosnon hai dúbida é que até épocas moi recentes -e mesmo se pode constatar na actualidade aindaque xa bastante esquecido-, a cruz no hórreosignificou protección e que os outros remates émoi probábel tiveran relación co anterior.

O hórreo non resulta únicamente unha cons-trucción excepcional no que toca á súa arqui-tectura, senón que tamén noutros eidos comopor exemplo no da etnolingüística o seu aporteé ben significativo. Esta aportación constátasenon só na denominación do hórreo en si, senóntamén en todos os seus elementos ou partes,pois en Galiza coñécense e empréganse unhamoi ampla variedade de termos.

Hórreo é a denominación coñecida por todaGaliza e aplicada a todos os tipos, coa excep-ción dos cabaceiros de materiais vexetais e ados hórreos tipo asturiano. Constátanse vintedous nomes, dos que algúns son variantes:

cabaceira/o caustracabeceira/o celeirocabiceira espigueirocabás graneiracabazo hórreocabozo horriocabana/o palleira/ocanasto plornocanastro paneiracanizo sequeirocaroceiro

Esta lista das denominacións sen máis precisafacer algúns comentarios para a súa explica-ción:

A palabra hórreo emprégase como única deno-minación nunha ampla área de Galiza, e écoñecida en todo o país aínda que se interpretacomo nome castelán.

A cruz tantas veces presente nos testei-ros dos hórreos.

Page 7: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

50~

Cabazo designa a tipoloxías moi diferentes, etamén diferentes son as áreas nas que se recolle,así como a pronuncia: con seseo na área occi-dental [kabáso] e coa pronuncia [kabaØo].

Cabaceira, cabeceira, cabiceira: emprégansenunha mesma área e son variantes na pronunciadunha mesma palabra.

Cabaceiro: dá nome a un tipo diferente do ante-rior e nunha área tamén diferente. Non se cons-tata en feminino.

Canastro, canasto, espállase pola área surocci-dental de Galiza. Canastro está amplamenteconstatado, mentras que canasta só está recolli-do da bibliografía.

Piorno e canizo son exemplos de denomina-cións utilizadas en áreas moi delimitadas e dereducida extensión.

En termos xerais, quizás se poida afirmar queesta riqueza no léxico relativo ao hórreo sedeba máis a variantes no léxico por zonas ouvariantes dialectais, que a unha corresponden-cia denominación-tipoloxía. Esta relación oucorrespondencia, por contra, pódese observarnalgúns casos entre os grandes grupos, ou sexaentre os cabaceiros de materiais vexetais, os detipo asturiano e os expostos até aquí. Por exem-plo, o hórreo de planta cadrada tipo asturianorecibe a única denominación de horro e men-tres recibe esta denominación, na mesma zonaoutro tipo de hórreo co que simultánea recibea de cabazo.

Os realizados con materiais vexetais, de carac-terísticas construtivas moi diferenciadas -como

vinos con anterioridade-, non son coñecidoscomo hórreos, senón con outras denomina-cións tamén utilizadas para o grupo que forma-mos coa asociación de todas as demais tipolo-xías do hórreo galego, e que tratamos máis arri-ba.

-cabaceira/o-cabeceira/o-cabiceira-cabazo-canasto-canastro-palleira

O mesmo que para o hórreo como unidade, oselementos ou partes que o conforman presén-tanse asimesmo con grande variedade nas deno-minacións.

Os elementos de sustentación son unhas pezas

Detalle dun hórreo tipo asturiano do Piornedo. Este tipode hórreos reciben o nome de Horro.

Page 8: BEGOÑA BAS LÓPEZ - Dialnet

51~

ben diferenciadas e importantes mais non son,porén, os que maior riqueza de denominaciónspresentan:

-pés. Son as columnas. Tamén se recollen pédereito, pegollo...-cepas. Os muretes transversais.-celeiro. O elemento de sustentación que con-siste nun espacioenteiramente pechado. Constátase algunhavariante, por exemplo suleiro.

Os elementos que impiden o acceso dos roedo-res á cámara e que están entre os anteriores eésta, rexistran un maior número de nomes, eobsérvase que en moitos casos se diferenciansegundo o tipo. Así, algúns deles:-mó, moa, capa e tornarratos. Individuais, unpara cada pé.-rateira/o, tornarratos/as, lousa, lousada,mesa, mesa do pé, rodo. Son os que se dispo-ñen transversalmente sobre dos pés ou dascepas, e corridos sobre o celeiro.

Outras das moitas pezas ou elementos que com-poñen o hórreo e cos que se forma concreta-mente a cámara, tamén son denominados demoi diversas formas. Como exemplos, osseguintes:

A base da cámara presentaunha factura diferentesegundo as tipoloxías. Senfacermos distingos entredunhas e doutras, observa-mos as seguintes denomi-nacións: clavadeira/crava-deira, grade, grado,

mesa/mesa do hórreo, pontes, testeiro,trabe/trabeiro, traveso, viga, xugo, zanca.

Cada espacio da parede da cámara que quedadelimitado por unha columna vertical, recibe osnomes de tramo, claro, estremas.

O remate das paredes estreitas sobre a cuberta,ofrece denominacións moi diversas: arcabau,albardilla, copia, cornisa, cume, penal, pin-che, pinchón, soborpena, sopena, sobrepena,testeiro, topete.

Os remates apuntados e que tan comunmentepresentan os hórreos galegos, maiormente nal-gunhas tipoloxías, pódense chamar aguión,fraile, bico, lampeón, lampión, pendón, rema-te.

Vemos pois, como as denominacións eviden-cian e confirman esta diversidade que caracteri-za ao hórreo como elemento importante danosa arquitectura popular. As denominacións,as formas, as proporcións, o tratamento dosmaterias, os elementos simbólicos, os ornamen-tais, a situación no hábitat e na paisaxe galega,etc., todos estos aspectos acadan no hórreounha grande expresión que a convirten na mos-tra senlleira da arquitectura da produción que ocampesiño desenvolveu ao longo de séculos.

Hórreo con celeiro.