Bases do Concurso do Día do Libro Infantil e Xuvenil da OEPLI

2
CONCURSO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2015 “Nós lemos, e ti?” Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”. PARA PARTICIPAR: 1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca. 2. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar. 3. Escoller un libro cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros. 4. A Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” súmase á celebración deste concurso e anuncia que os participantes poden enviar os seus traballos impresos ou en formato dixital antes das 21.00h do 27 de marzo de 2015 ao enderezo : Concurso Día do Libro Infantil e Xuvenil 2015 Biblioteca Pública de Santiago de Compostela "Ánxel Casal" Avda. Xoán XXIII, s/n. 15704 Santiago de Compostela ou por correo electrónico a [email protected] respectivamente. Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberán constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento, nome da biblioteca, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico. 5. A Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” seleccionará tres traballos por cada categoría e os enviará antes do día 2 de abril á Organización do concurso.

Transcript of Bases do Concurso do Día do Libro Infantil e Xuvenil da OEPLI

Page 1: Bases do Concurso do Día do Libro Infantil e Xuvenil da OEPLI

CONCURSO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2015

“Nós lemos, e ti?”

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o

Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e

Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i

Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e

Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.

PARA PARTICIPAR:

1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo

de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.

2. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar.

3. Escoller un libro cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible

que se vexan os libros.

4. A Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” súmase á celebración deste concurso e

anuncia que os participantes poden enviar os seus traballos impresos ou en formato dixital

antes das 21.00h do 27 de marzo de 2015 ao enderezo :

Concurso Día do Libro Infantil e Xuvenil 2015

Biblioteca Pública de Santiago de Compostela "Ánxel Casal"

Avda. Xoán XXIII, s/n.

15704 Santiago de Compostela

ou por correo electrónico a [email protected] respectivamente.

Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante

escolleu ese libro. Tamén deberán constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio,

poboación, teléfono, ano de nacemento, nome da biblioteca, domicilio, poboación, teléfono

e correo electrónico.

5. A Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” seleccionará tres traballos por cada

categoría e os enviará antes do día 2 de abril á Organización do concurso.

Page 2: Bases do Concurso do Día do Libro Infantil e Xuvenil da OEPLI

6. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico:

◦ Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)

◦ Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria)

◦ Superlectores (1º e 2º de Secundaria).

Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a

entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.

7. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións de

OEPLI.

8. O fallo do Premio terá lugar no mes de xuño e a entrega dos premios será nas sedes de cada

unha das seccións da OEPLI.

9. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez rematado o

concurso. A OEPLI poderá empregar as selfies gañadoras en diferentes soportes e usos

relacionados co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que

este feito dea dereito a retribución algunha para os concursantes. Será imprescindible enviar

a correspondente autorización dos pais/titores para a súa reprodución e difusión na páxina

web e facebook da Organización.

10. A simple presentación de orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade coas

presentes bases.

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Tlf. 881 999 401

[email protected] (rbgalicia.xunta.es/santiago)

Avda. Xoán XXIII, s/nº, 15704 Santiago de Compostela