Auga Linda

2
O lector pódese considerar a personaxe principal da novela, en igualdade co autor; sen el , non se fa- ría nada. Elsa Triolet BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP CURROS ENRÍQUEZ CELANOVA OURENSE http://canistrel.blogspot.com http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.celanova/ INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

Transcript of Auga Linda

Page 1: Auga Linda

O lector pódese considerar a personaxe principal da novela, en igualdade co autor; sen el , non se fa-ría nada. Elsa Triolet

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP CURROS ENRÍQUEZ

CELANOVA OURENSE

http://canistrel.blogspot.com http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.celanova/

INFANTIL E

1º CICLO DE PRIMARIA

Page 2: Auga Linda

RA E LEBRE De Max Velthuijs

Ed. Xerais

Ra e Lebre presén-tanse nesta nova colección de libros sobre Ra e os seus amigos.

OS BOLECHAS FESTEXAN O NADAL De Pepe Carreiro Ed. A Nosa Terra.

MARISELDIÑA De Pepe Carreiro Ed. A Nosa Terra

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

De Chema Heras Ed. Kalandraka

Martiño escribiu a súa carta aos Reis Magos pedíndolles unha locomotora con tres vagóns de cores. Na Noite de Reis, logo de deixar-lles noces e leite para eles e auga para os camelos, deitouse; gustaríalle velos, pero seu pai advertiulle que os reis non entran na casa dos nenos que non están durmidos. Acordou con moitas ganas de mexar e tivo que levantarse. O mexo fixo moito ruído. Unha voz sobresaltouno reprochándolle que se erguese, polo que volveu para a cama con bágoas. Á mañá, non atopaba o regalo ata que buscou debaixo da cama: alí estaba o arelado tren. Por certo, de terceiro vagón tiña un penico grande.

IAGO TEN UN PESADELO De Slegers Liesbet Ed. Luis Vives

Os irmáns Bole-chas van fes-texar o Nadal na casa dos avós. Xúntanse moitos convidados...

UN GATO MOI POUCO GATO De Elena O´Callaghan i Duch-Àngels Comella

Ed Rodeira

Felipe era un gato que só tiña ósos, e Gregorio decidiu adoptalo. Pero de con-tado descubriu que este gato facíaunhas cosas moi estrañas...

A CASA DE HABÍA UNHA VEZ De Ana Mª Fernández

Ed. Xerais

A autora convídanos a unha nova viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns deliciosos poemas nos que se en-trecruzan dragóns con leóns, fadas encantadas e ras enmeigadas.

AS CINCO AMIGAS De Maruja Olavide

Ed Everest

Nunha vila moi pequena viven 5 amigas algareiras. A chegada á vila dunhas novas veciñas altera ó seu mundo. CONTOS DE REIS E DE NADAL

De Miguel Vázquez Freire Ed. Xerais

En contos de Reis hai nenos aos que os Reis Magos nunca lle traen o que piden, nenas que están espertas cando chegan os Reis. En contos de Nadal hai mulleres que foxen da guerra e homes que constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba a destrúe

A LONGA VIAXE DE CARAMBELIÑA POLAR

De Ana Mª Fernández Ed. Alfaguara

Carambeliña Polar é unha folerpa que vive feliz enredando cos seus amigos. Un día recibe unha carta pola que descubre que ten dúas irmáns e realiza unha viaxe chea de aventuras.