Auga e economía

12
A AUGA E A ECONOMÍA REFLEXIÓNS DE : Jorge Campo Ferreiro José Manuel López Cabanas Lara Corral Quebrada Alejandro González Castro 1º de BAC. IES ANXEL FOLE. LUGO. SEMANA DO CAMPUS DA AUGA 2014. CAMPUS DE OURENSE

description

Reflexións sobre aspectos económicos da auga

Transcript of Auga e economía

Page 1: Auga e economía

A AUGA E A ECONOMÍA

REFLEXIÓNS DE :Jorge Campo Ferreiro

José Manuel López CabanasLara Corral Quebrada

Alejandro González Castro1º de BAC. IES ANXEL FOLE. LUGO.

SEMANA DO CAMPUS DA AUGA 2014. CAMPUS DE OURENSE

Page 2: Auga e economía

“… ao valorar a riqueza das nacións é doado cometer erros. Primeiro, porque moitos dos dons que a natureza

nos ofrece non se inclúen de ningunha maneira no inventario e, segundo, porque se subestima a

importancia de todo o que, por abundar moito, ten un valor pequeno no mercado. Ten pois unha importancia

singular que esteamos en garda contra estes erros cando tratamos de descubrir en que medida é a auga un

elemento integrante da riqueza nacional”.

Alfred MarshallA auga como integrante da riqueza nacional (1879)

Page 3: Auga e economía

Segundo Alfred Marshall, a economía está máis preto da Bioloxía que das outras Ciencias. Sinalou dous importantes aspectos que hoxe en día semellan esquecidos :

A. A auga é un elemento integrante da riqueza nacional.

B. A riqueza dunha nación non pode ser medida unicamente en diñeiro.

INTRODUCIÓN

Page 4: Auga e economía

A auga é un recurso natural que satisface unhas funcións ambientais e, ao mesmo tempo, un factor de produción empregado nas actividades chamadas económicas. Isto quere dicir que a agua ten un importante valor económico e social e que o mantemento das actividades económicas depende das funcións ambientais.

A AUGA COMO RECURSO NATURAL

Page 5: Auga e economía

O conflito entre intereses monetarios e valores ambientais e sociais desemboca moi a miúdo na carencia de atención prestada a un recurso tan valioso como a auga.

Esta falta de atención sobre un recurso tan importante e primario adoita supoñer o descoñecemento acerca da súa realidade actual e impide a eficaz actuación dos gobernos co fin de conseguir a súa conservación e correcto tratamento.

Page 6: Auga e economía

Como xa sabemos, a auga cobre o 71% do planeta. Localízase principalmente nos océanos (un 96,5%), nos glaciares e casquetes polares (1,74%), os depósitos subterráneos (acuíferos), permafrost e os glaciares continentais supoñen o 1,72%, e o restante 0,04% está repartido de xeito decrecente en lagos, humidade do solo, atmosfera, encoros, ríos e seres vivos. É na súa meirande parte salgada.

Polo tanto só dispoñemos dunha pouca para o consumo humano, exactamente o 1%.

Estímase que arredor do 70% da auga doce é empregada para a agricultura, o 20% para a industria (para tarefas como refrixeración, transporte ou como disolvente de substancias químicas), e o restante 10% para o consumo doméstico.

Non é preciso pensar demasiado para decatarse de que non temos demasiada auga como para facer mal uso dela.

Page 7: Auga e economía

O PREZO DA AUGA EN ESPAÑA• Considerando que a auga é

un ben tan prezado , é xusto o prezo que pagamos por ela?

• De media, un español consome 122 litros de auga ao día, polos que paga 20 céntimos. Se comparamos estes datos cos doutros países, podemos apreciar que o custo da auga non é tan elevado no noso país.

Page 8: Auga e economía
Page 9: Auga e economía

• Un m3 de auga custa en Burgos 0.92€, mentres que en Glasgow vale 5,28€.

• As taxas que pagan os usuarios non cobren os custos dos servizos de auga urbanos.

• Aínda así, España debe mellorar na cobertura de custos e adoptar o principio de “quen contamina, paga”

• http://www.abc.es/videos-economia/20131204/facua-detecta-variaciones-euros-2892884310001.html

Page 10: Auga e economía

CONTAMINACIÓN DA AUGA EN ESPAÑA

• A contaminación da auga subterránea en España débese principalmente ós vertidos urbanos, industriais e ó uso de fertilizantes nocivos.

• A explotación irracional da auga frecuentemente fai perigar a súa calidade e dispoñibilidade.

• A extracción da auga subterránea por riba dos seus niveis de recarga produce a diminución do nivel freático e provoca a excesiva salinidade da auga. Isto altera hábitats naturais e dificulta o seu consumo.

Page 11: Auga e economía

A auga é, sen dúbida, imprescindible para o desenvolvemento da vida, pero tamén da industria, a pesca e outras actividades fundamentais para o ser humano. Ademais, é un recurso limitado, e máis nestes tempos nos, que estamos non só a malgastala, senón tamén a contaminala de forma irreparable.

¿De que pensamos vivir se non temos auga?¿É necesario esgotar os recursos naturais en favor do desenvolvemento?¿Non hai forma de vivir en harmonía coa natureza? ¿Estaranos a ocorrer como na cita de Antonio Machado?:

“Todo necio confunde valor e prezo”.

Page 12: Auga e economía

FONTES DE INFORMACIÓN:• http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?

nounTitle=fre%C3%A1tico• http://www.ign.es/espmap/mapas_conta_bach/pdf/Contam

%20_mapa_01_texto.pdf• http://www.abc.es/sociedad/20131204/abci-ciudades-tarifa-agua-barata-

201312041357.html• http://www.que.es/ultimas-noticias/sociedad/201312100800-precio-agua-

espana-paga-ciudadano.html• http://www.iagua.es/noticias/economia/13/12/11/estudio-aeas-aga-2013-

%C2%BFque-precio-pagan-los-usuarios-del-servicio-del-ciclo-integral-de-agua-en-espa-

• http://www.magrama.gob.es/ministerio/pags/Biblioteca/Revistas/pdf_reas%2Fr167_06.pdf

• http://servicios2.marm.es/sia/visualizacion/lda/recursos/noconvencionales.jsp