As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador...

13
As palabras do silencio Título: As palabras do silencio Autora: Ánxela Gracián Ilustrador: Dani Padrón Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 54 ISBN: 978-84-9914-490-0 Idade: De 7 anos en diante

Transcript of As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador...

Page 1: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

As palabras do silencio

Título: As palabras do silencio

Autora: Ánxela Gracián

Ilustrador: Dani Padrón

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 54

ISBN: 978-84-9914-490-0

Idade: De 7 anos en diante

Page 2: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

2

A autoraÁnxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura in-fantil e tradutora. Ten publicadas numerosas traducións para o ga-lego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VII edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d’A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títu-los de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chama-do labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).

O ilustradorDani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitec-

tura da Coruña, e como ilustrador é autodidacta. Comezou cun breve contacto cos mundos da caricatura e da banda deseñada, gañando un accésit no

IX Concurso Galego de Caricaturistas Noveis (Ourense) e un segundo premio no XIV Certame de Cómic de Cangas. Colaborou en varios números da revista de humor gráfico Retranca. O seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil iníciase no ano 2011, co premio de ilustración Pura e Dora Vázquez, que deu como resultado a súa primeira obra: O Papaventos de Laura, escrito por María Canosa. Dende entón publicou varios libros e participou en varias exposi-cións colectivas.

Page 3: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

3

Resumo argumentalNun tempo no que non había ceos azuis o Dragón do Lume Infinito pídelles ás súas sete fillas que tezan un tapiz de azul brillante para cubrir o ceo. Seis delas non atopan as cores, pero a máis nova descobre que mergullando os fíos no mar e no néctar dunha flor estes tínguense dun azul infinito e das cores do Arco da Vella. O Dragón, contento, noméaa Princesa Tecedora e o reino do Dragón, que está debaixo da terra, convértese no lugar máis fermoso do mundo. Un día, un mozo que está co gando asómase á boca dunha cova e ve as fillas do Dragón. Elas tamén o ven e alcúmano como o Home das Vacas, e el a elas como as Sete Fermosas. O Home das Vacas vai todos os días tocar a frauta para as Sete Fermosas e a estas encántalles a súa música. A Princesa Tecedora, ademais, séntese atraída polo Home das Vacas.Un día o Dragón sobe á terra e dille ao Home das Vacas cando haberían de saír as súas fillas a bañarse e, que se consegue agachar a roupa da máis nova, pode casar con ela. Cando saen da auga a Princesa Tecedora ve que non ten a roupa e coa vergoña mergúllase na auga até que case queda sen respiración. O Home das Vacas rescátaa e insúflalle osíxeno. Abrázanse e descobren o amor do un polo outro. Viven felices e teñen un fillo, pero aos sete anos o Dragón bota en falta a súa filla, manda ir na súa procura e métea nunha casopa de cristal pendurada das estrelas.O Home das Vacas pídelles axuda aos animais para chegar até a casopa. Finalmente, grazas á axuda do Dragón Arco da Vella, consegue acceder a onde está a princesa. Cando o Dragón de Lume Infinito ve que o Home das Vacas se achega tanto debuxa un camiño de estrelas incandescentes co seu rabo para separalos. A Vía Láctea. O Home das Vacas está tan triste que o Dragón Arco da Vella cóntalle o asunto á Pinga de Choiva. Esta consegue que todas as rulas do mundo acudan para formar unha ponte. A Ponte dos que Aman. Cada sétima noite de cada sétimo mes luar de cada ano a Ponte dos que Aman cabalga sobre a Vía Láctea para que o Home das Vacas e a Princesa Tecedora se poidan amar. Dende entón todas as parellas do mundo peregrinan a aquel lugar para ver como se aman. Pero sen oíren as palabras, porque o Home das Vacas e a Princesa Tecedora sempre se aman en silencio.

Page 4: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

4

Temas e valoresFantasíaO relato transcorre nun mundo imaxinario poboado de seres míticos.

O amor románticoO tema do libro é unha grande historia de amor que triunfa por riba da adversidade.

Achega a outras culturasO libro está baseado nunha lenda chinesa equivalente á Noite de San Valentín. Esta orixe oriental é moi perceptible en todo o conto, malia que a autora adaptase algúns elementos á nosa realidade cultural.

A forza dos mitosA narración pódese entender como unha explicación fantástica a un elemento de existencia empírica como é a Vía Láctea. Neste sentido é unha achega á visión mítica da realidade.

Page 5: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

5

ActividadesDeseguido, ofrécense unhas actividades de animación para realizar antes de ler o libro, e así suscitar o interese pola súa lectura, e outras para despois de lelo, para recrear os distintos as-pectos do seu contido e fomentar a creatividade dos lectores e lectoras.

Antes da lectura• Ler o textiño da contraportada en voz alta. Preguntar se saben que é a Noite de San Valentín

e como se celebra na nosa cultura.

• Preguntar se saben o nome dalgunha outra estrela ademais de Vega e Altair.

• Follear as ilustracións. Sorpréndelles algo nelas? Onde lles parece que ten lugar a acción desta lenda? Asia, Europa?

Despois da lectura1. Investigar que son os monzóns.

2. Recoller información sobre a figura mitolóxica do Dragón no mundo. Buscar sobre a Coca ou Tarasca na mitoloxía galega.

3. Por que pensan que se repite tanto o número sete na narración? Buscar información sobre o número sete na Biblia e en Pitágoras.

Page 6: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

6

Ficha a1 (antes da lectura)1. O home da portada toca unha frauta. Que instrumento tocas ou che gustaría tocar? Anótao.

__________________________________________________________________________

2. Que aparello se emprega para ver as estrelas? Saberías debuxar un?

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

3. Que outros libros coñeces que teñan por tema o amor? Anótaos.

Page 7: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

7

Ficha d1 (despois da lectura)1. No libro hai palabras que aparecen pintadas a cor para recalcar a idea que a propia palabra

expresa. Escribir unha frase na que a cor das letras se use dun xeito semellante.

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

2. A frauta do Home das Vacas estaba feita de vimbio. Que é o vimbio?

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

3. Investigar sobre a Vía Láctea. Nomea outras tres constelacións que existan no espazo.

4. Como conseguiu a Princesa Tecedora tinguir de cores os fíos para o seu tapiz?

Page 8: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

8

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

5. Quen axudou ao Home das Vacas a chegar ao palacio de cristal onde estaba a Princesa Te-cedora?

6. Por que se mergullou no río a Princesa Tecedora, case ata afogar?

7. Onde pechou o Dragón do Lume Infinito á Princesa Tecedora despois de enviar os emisa-rios a buscala?

Page 9: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

9

Ficha d2 (despois da lectura)1. Saberías ilustrar cun debuxo este anaco de texto?

«Como o Home das Vacas estaba tan namorado, aquela separación partíalle o corazón.»

2. Que significa aluspiar? Constrúe unha frase na que apareza esta palabra.

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

Page 10: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

10

3. No texto menciónase o orballo. Anota cando menos un sinónimo desta palabra.

6. Que significa desaqueloutrar? Constrúe unha frase na que apareza esta palabra.

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

7. Que significa buligar? Constrúe unha frase na que apareza esta palabra.

4. Que significa amarfañar? Constrúe unha frase na que apareza esta palabra.

5. Que simbolizan as pombas na nosa cultura?

Page 11: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

11

Ficha d3 (despois da lectura)1. Que é un pinchacarneiro? Constrúe unha frase na que apareza esta palabra.

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________

2. No texto que aparece ao final do libro menciónase a dinastía Han. Que é unha dinastía? Anota algún exemplo de dinastía que coñezas.

3. Anota catro cousas que coñezas que procedan da China.

Page 12: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

12

SoluciónsFicha d1

4. Mergullándoos no mar e en néctar de flores.

5. O Dragón Arco da Vella.

6. Porque lle daba vergoña que o Home das Vacas a vise espida.

7. Nunha casopa de cristal.

Ficha d2

2. Devecer, arelar. Lamberse.

3. Babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barruñeira, poalla, poalleira…

4. Arrugar, apretar.

5. Paz, amor.

6. Quitar a aflición a unha persoa.

7. Moverse, axitarse.

Ficha d3

1. Volta que se dá co corpo apoiando a cabeza no chan. Cabriola.

2. Serie de persoas ilustres dunha mesma familia.

Page 13: As palabras do silencio - LAROUSSE · 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013). O ilustrador Dani Padrón (Ourense, 1983). Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de

Aut

or d

o pr

oxec

to d

e le

ctur

a: D

avid

Rod

rígu

ez R

odrí

guez

Pedidos a

Comercial Grupo AnayaPolígono Pocomaco

Avenida 3 Edificio DianaNave 4 Baixo • 15190 A Coruña

Tel.: 981 171 641 / Fax: 981 171 647

XERAIS

Doutor Marañón, 12 • 36211 VigoTels.: 986 214 888 / 986 214 880

Fax: 986 201 [email protected]

http://xerais.es