AS NOVAS DE PEPA maio 12

40
C.R.A. CULLEREDO CURSO 2011-2012

description

Revista escolar

Transcript of AS NOVAS DE PEPA maio 12

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2011-2012

ÍNDICE

* LIMIAR * A AVIONETA PEPA * O SAMAÍN NO CRA DE CULLEREDO * FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS * EN DECEMBRO O NADAL * AS POSTAIS NAVIDEÑAS * AS ESTACIÓNS DO ANO EN SÉSAMO * GÚSTANNOS MOITO AS REPRESETACIÓNS TEATRAIS * VISITAMOS A CASA DOS PEIXES * OS ELEFANTES DE VINSEIRA * JOAN MIRÓ * UN ENTROIDO CHEO DE PINTORES * O RECETARIO DE VINSEIRA * PIZZA Á VINSERIANA * O CONTICRA * DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FO-LLAS DIN A4 * 21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE * DÍA DA TERRA * PLANTAMOS TULIPÁNS!! * A WEB DO CRA DE CULLEREDO. * CIENTÍFICOS NAS ESCOLAS * VALENTÍN PAZ ANDRADE * A PROFE CELIA

LIMIARLIMIARLIMIARLIMIAR

Outro ano máis celebramos o Día das Letras Ga-legas o 17 de Maio, adicado nesta ocasión a Valentín Paz Andrade. Con tal motivo queremos este curso editar a nosa revista escolar “As Novas de Pepa” por estas datas, xa na súa 7ª edición. Unha revista que amosa unha escolma de traballos realizados polo alumnado do C.R.A de Culleredo. Agradecer as aportacións dos nenos e nenas, mostra dun gran esforzo, creatividade, ilusión e tra-ballo e a colaboración de todo o profesorado e de-mais membros da Comunidade Educativa, para a ela-boración da revista. Para finalizar, facer saber que o obxectivo prin-cipal de “As Novas de Pepa” é achegar e promover a lingua galega, poñéndoa en contacto con todos os membros da Comunidade Educativa, coa vida das es-colas e en especial coa vida de todo o noso alumna-do, xa que nas vosas mans está o futuro da nosa lin-gua. Sen máis, un saúdo e … Esperamos que vos guste moito!!!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

A AVIONETA PEPA

Ola nenos e nenas!! Son Pepa, non sei se vos lembrades de min, algún seguro que si. Imos recordar: Son unha avioneta que vive no aeroporto de Al-vedro. Vou dar moitos paseos polo aire, e nun destes descubrín algo maravilloso: As escolas do CRA de Culleredo!!! Un día fixeime que había uns lugares preto do aeroporto onde sempre vía nenos e nenas: en Almei-ras, no Curro, en Sésamo, Vinseira e Ledoño, e sou-pen que eran unhas escoliñas onde os máis pequenos ían aprender cousas e a estar contentos e felices cos seus compañeiros. Coñecín a Celia, mestra do Curro, a Paca de Sésamo, a Silvia e a Ana de Almeiras, a Marisol de Vinseira e a Pili de Ledoño. Logo Marisol e Ana mar-charon, veu outra Pili, e o curso pasado despediuse Paca , que festa de despedida lle fixeron!!; e tamén veu Conchi que agora está en Almeiras e outra Pilar

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

en Vinseira. Coñecín a Manuel, Loli, Mabel, Mari

Carmen, Rosa, Iván, Bea … que sempre van coas no-vas de unha escola para outra e ensínanvos educa-ción física, inglés, música, a falar ben, relixión … un feixe de cousas!!!! Púxenme moi triste este curso porque a escola que estaba máis pretiño de min (ás veces aínda oía cantar os nenos e as nenas dende aquí) pechou e de-sapareceu, e todo porque queren facer máis grande o lugar onde eu vivo: o aeroporto. Pero como se xubilou a profe Paca, todos os ne-nos e nenas do Curro e outros máis, fóstedes para Sésamo coa profe Celia, e véxovos tan ledos nesa es-cola que tamén facédesme sentir a min máis feliz. Bueno nenos e nenas, teño que seguir buscando novas para contarvos, así que déixovos preparando o Día das Letras Galegas e outras cousas tan b o -nitas que facedes.

Biquiños … PEPA PD: Por certo, vexo as escolas moi lucidiñas con todos eses cadros de Miró que lle pintastes … je, je, je, je ...

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

O SAMAÍN NO CRA DE CULLEREDO

Na festa de Samaín, o día 28 de Outubro, disfrazámonos de pantasmas, bruxas … e vaciamos cabazas para darlles formas moi divertidas. UUUUuuuuu!!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS

O 15 de Novembro celebramos a festa do Magosto na Torre de Celas. Cando chegamos, xogamos coas castañas e carozos no pendello cuberto. Despois de xogar, comimos as castañas que asaron avós e papás e rematamos facendo unha gran festa coas follas do outono.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

EN DECEMBRO O NADAL

O 20 de Decembro veu visitarnos á Choeira o carteiro real. As nosas profes mandárannos facer a carta para os Reis e nós achegámonos ao carteiro pa-ra entregarlla.

Despois actuamos e cantamos unha panxoliña todos xuntos acompañados por cunchas de vieiras.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

AS POSTAIS NAVIDEÑAS

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

AS ESTACIÓNS DO ANO EN SÉSAMO

Alex e Naiara debuxaron o inverno.

Abebech, Alba, Gaël, Ikeriño, Noa e Xoel Insua debuxaron a primavera.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

Ainoa, Iker e Xoel Catoira debuxaron

o verán.

Duarte e Aroa debuxa-ron o outono.

CONTO: OS TRES PORQUIÑOS

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

GÚSTANNOS MOITOS AS

REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

O 6 de Outubro leváronnos ao Edificio de Servi-cios Múltiples de Culleredo a ver a obra de teatro ti-tulada “CONTOS DE AMOR”.

Debuxos de Ledoño O 3 de Novembro viaxamos ata A Coruña, e no FORUM Metropolitano vimos a obra teatral “EL ÚLTIMO PUER-TO”.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

Despois cando chegamos a nosa clase de-

buxamos o que máis nos gustou da representación e saíron traballos moi chulos.

Traballos de Ledoño e dos maiores de Choeira.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

VISITAMOS A CASA DOS

PEIXES

Á volta das vacacións de Nadal, alá polo mes de xaneiro, fomos visitar a CASA DOS PEIXES de A Coruña. Encantounos coñecer a NEMO e a súa noi-va. Tamén gustounos moito ver as focas e poder to-car as estriliñas de mar e os ourizos.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

os elefantes

de vinseira

Ao principio de curso comezamos un proxecto

de elefantes porque nos gustaban moito…

Coñecimos varios elefantes famosos:

ELMER NARI DUMBO

Na escola investigamos cales eran as partes

do seu corpo, para que lles servía a trompa, co-

mo nacían, que cousas comían, onde vivían…

Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi

ben!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

JOAN MIRÓ

Este curso coñecimos un pintor moi importante, ao catalán JOAN MIRÓ. As profes contáronnos co-mo foi a súa vida e ensináronnos os seus cadros. Despois, algunha das súas obras pintámolas nas pare-des das nosas escolas. Mirade que ben quedaron!!!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

Estes son os traballos que fixemos nas paredes

das nosas escolas.

E tamén traballamos nas aulas. Ata fixemos un libro de Miró!!! Traballos de Ledoño e de Sésamo

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

UN ENTROIDO CHEO DE PINTORES

Para a festa do Entroido elaboramos disfraces de pintores e as nosas profes foron de cadros. Claro, nós eramos os que pintabamos eses cadros, como os que pintou Joan Miró.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

Nesta festa pasámolo moi ben. Xogamos, logo de-gustamos os postres típicos destas datas (orellas, fi-lloas, rosquillas…) e deixamos para o final o gran bai-le.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

O RECETARIO DE VINSEIRA O ABETO DOCE DO NADAL Comezamos cortando os sobaos á metade. Untamos crema de cacao Adornamos con boliñas de cores de chocolate Ao final montamos entre todos a nosa árbore do-ce de Nadal! Todo isto acompañado dun zume de laranxa natu-ral. QUE RICO!!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

PIZZA Á VINSEIRANA

1º) Estiramos moi ben a masa da pizza

2º) Untamos con salsa de tomate 3º) Poñemos unhas tiras de queixo

4º) Engadimos os ingredientes ao gusto:

ASÍ NOS QUEDARON:

E de postre… BROCHETAS DE FROITA!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

O CONTI CRAO CONTI CRAO CONTI CRAO CONTI CRA

Este curso a profe Bea e a profe Mabel deseña-ron un proxecto anual para o noso cole. Consiste en levar ás diferentes escolas un conto mensual que elas narran dun xeito diferente. Ás veces veñen disfraza-das, outras traen pictogramas, outras marionetas…. O primeiro conto foi “A BRUXA REGAÑA-DENTES”. Que susto levamos cando apareceu a bruxa na nosa escola!!!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

No Nadal contaron un conto coa maqueta

dunha casa e unhas rás moi divertidas. O conto ti-tulábase “LEOPOLDO E CASILDA”.

Outro conto, que nos impresinou moito, foi “¿NADA?”. Con el trouxeron unha caixa onde non había nada, bueno si, unhas pequenas sementes para comezar o traballo do DÍA DA PAZ.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

No Entroido o Sol tamén quería disfrazarse,

e entón Bea e Mabel trouxeron un conto que se titu-laba “LOS DISFRACES DEL SOL”. Contáronnos o conto con axuda de pictogramas.

Co motivo do Día da Árbore e do Día da Terra contáronnos “A ÁRBORE DAS FOLLAS DIN A4”. Esta vez trouxeron marionetas moi bonitas e deixá-ronnos un encargo, que nesas follas DIN A4 fixera-mos debuxos utilizando as memas cores que usaba, ese pintor que coñecimos este curso, JOAN MIRÓ.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FOLLAS DIN A4

Debuxos dos maiores de Choeira.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FOLLAS DIN A4

Debuxos dos pequenos de Choeira.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FOLLAS DIN A4

Debuxos de Ledoño

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE

Este curso o Día da Árbore leváronnos a Vi-lla Melania, unha casa azul moi bonita que hai en Vila-boa. Alí moi pretiño dos hortos municipais prantamos dous castiñeiros cada escola e puxémolles nome a ca-da un.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

Na biblioteca que hai en Villa Melania contá-

ronnos un conto dunha árbore, claro.

Cando chegamos ás nosas escolas fixemos moi-tos debuxos. Mirade que bonitos!!!

Debuxos de Ledoño

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

DÍA DA TERRA

O pasado 26 de Abril visitamos o Muíño de Acea da Ma. Este muíño é especial pois funcionaba cando subía e baixaba a marea. Carlos Pereiro, un historia-dor contounos un pouquiño da súa historia.

Despois limpamos a beira do Río Trabe, no Paseo de Enrique Tierno Galván, pois debemos coidar a terra co-mezando pola que está máis preto de nós. Alí podiemos ver os patos como pasean e nadan polo ría.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

Merendamos na beira do río.

E tamén debuxamos ao voltar ás escolas. Mirade que ben o fixo Hugo de 3 anos.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

PLANTAMOS TULIPÁNS!

No mes de outubro, cando todavía quentaba o sol, de-cidimos plantar tulipáns, asi que nos puxemos mans a obra:

Gracias aos coidados que lle proporcionamos aos no-sos tulipáns foron crecendo pouco a pouco:

Tamén pintamos os nosos propios tulipáns!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

A WEB DO CRA DE CULLEREDOA WEB DO CRA DE CULLEREDOA WEB DO CRA DE CULLEREDOA WEB DO CRA DE CULLEREDO

Este curso comezamos coa construcción da páxina web do noso cole. Nela podemos ver os traba-llos que facemos nas aulas e nas clases de inglés, música, educación física, relixión e audición e lin-guaxe. Tamén actividades conxuntas e anuais. Para poder visitala só tedes que por a dirección www.edu.xunta.es/centros/craculleredo aínda que recomendamos que utilicedes como navegador Goo-gle Chrome ou Mozilla Firefox que se pode descargar gratuitamente. Esperamos que vos guste.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

CIENTÍFICOS NAS ESCOLAS

Hai uns días apereceu na escola unha caixa mis-teriosa. É a caixa dos experimetos.

Fixemos de investigadores e descubrimos moitas cousas. Por exemplo, sabiades que na auga salgada o ovo flota?

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

Noutro experimento, primeiro pensamos a ver que

nos parecía o que ocurriría con varios obxectos.

Despois observamos o que sucedía con cada obxecto e comprobamos se estaba ben o que puxe-mos antes. Para rematar debuxamos o experimenta-do.

Debuxos de Ledoño

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

VALENTÍN PAZ ANDRADE Este ano o Día das Letras Galegas está adi-cado a o escritor galego Valentín Paz Andrade.

Aprendimos que naceu en Lérez (Pontevedra) e estudou en Santiago para avogado. Alí coñeceu moitos in-telectuais, entre eles a Castelao. Escribiu moitos poemas e ata nos xornais.

A nós encántanos este poema: AS VELAS, FLOR DE NAVÍO, AS GAIVOTAS, FLOR DO AR, DERRAMA PÉTALOS BRANCOS NO AZUL XARDÍN DO MAR

Fixemos traballos de Valentín.

AS

NO

VA

S

E outros traballos sobre Galicia e o Día das Letras Galegas.

Ata escribimos contos e fixemos marcapáxinas.

AS

NO

VA

S

A PROFE CELIA

Hai algúns anos nun lugar de Culleredo chamado O Curro, había unha escola preciosa cunha encanta-dora mestra que ten por nome CELIA. Alí sempre foi moi querida por todos os nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas e tamén entre o vecinda-rio. A verdade, é que sempre foi, e sempre será, unha veciña máis do Curro. Pero, o curso pasado aconteceu algo inesperado, pola ampliación da pista do aeroporto O Curro desa-pareceu, e con el, a Escola da profe Celia. Qué pasou entón? Pois que a nosa querida profe trasladouse a outro lugar do concello de Culleredo, marchou para a escola de Sésamo. Aínda que, sabedes unha cousa? Os rapaces e rapazas do Curro marcharon con ela. Será aquí, en Sésamo, onde a profe Celia este curso deixará de impartir as súas interesantes clases. Pero, non pensedes que é porque está cansa, senon que, como di ela, é porque a administración manda. Nós dende este recuncho da revista queriamos decirlle que a botaremos en falta, aínda que espera-mos que veña a visitarnos a miudo. Moitos biquiños profe Celia, queremos ofrecer-che o seguinte poema.

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

A FALA O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO: O SALOUCO MÁIS FEBLE, O PESAR MÁIS PROFUNDO. O IDIOMA É A VIDA, O COITELO DA DOR, O MURMURIO DO VENTO, A PALABRA DE AMOR. O IDIOMA É O TEMPO, É A VOZ DOS AVÓS É ESE BREVE RONSEL QUE DEIXAREMOS NÓS. O IDIOMA É UN HERDO, PATRIMONIO DO POBO, MAXICAMENTE VELLO, ETERNAMENTE NOVO.

O IDIOMA É A PATRIA, A ESENCIA MÁIS NOSA, A CREACIÓN COMÚN MEIRANDE E PODEROSA. O IDIOMA É A FORZA QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN, ¡SE PERDEMOS A FALA NON SEREMOS NINGUÉN! O IDIOMA É O AMOR, O LATEXO, A VERDADE, A FONTE DA QUE AGROMA A MÁIS FORTE IRMANDADE. RENUNCIAR AO IDIOMA É SER MUDO E MORRER. ¡PRECISAMOS A LINGUA SE QUEREMOS VENCER!

AS

NO

VA

S

DE

PE

PA

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2011-2012 www.edu.xunta.es/centros/craculleredo

mail: [email protected]