AS NOVAS DE PEPA

20
Curso 2010-2011

description

REVISTA 2011

Transcript of AS NOVAS DE PEPA

Page 1: AS NOVAS DE PEPA

Curso 2010-2011

Page 2: AS NOVAS DE PEPA

2

Aquí estamos outro ano máis as nenas e nenos que forman parte das escolas do CRA. Como vades a comprobar neste curso escolar todos mostran o seu mellor sorriso.

Escola de A Choeira:

Escola de Vinseira:

Escola de Ledoño: Escola de O Curro:

Aula de catro e cinco anos

Aula de tres anos

Page 3: AS NOVAS DE PEPA

3

Índice

1.- Primeiro Trimestre

1.1. O Outono

1.2. O Samaín

1.3. O Magosto

1.4. Xornada de Portas Abertas

1.5. Nadal

1.6. Saídas

2.- Segundo Trimestre

2.1. Casa das Ciencias

2.2. Día da Paz

2.3. Entroido

2.4. A Primavera

2.5. Día da Árbore

3.- Terceiro Trimestre

3.1. Romaría das Letras Galegas

3.2. Saída

3.4. Casa do Queixo

3.5. Despedidas

Page 4: AS NOVAS DE PEPA

4

Como todos os anos seguimos a traballar en torno a un eixe ou tema central co que están relacionadas todas as actividades realizadas durante o curso escolar. Este ano a protagonista foi a Ría do Burgo e o cisne que naceu na Ría e sobre o que fixemos un conto. Este entorno tan especial o visitamos en alguhas ocasións que xa vos contaremos. Mirade qué bonita é a Ría do Burgo!

O OUTONO Coa chegada do Outono fixemos diversas actividades na aula e realizamos un percorrido polo entorno máis próximo á escola. Recollimos follas, castañas, ourizos,etc. Tamén escoitamos un conto feito no CRA titulado “As

Page 5: AS NOVAS DE PEPA

5

árbores no outono” ambientado na Ría do Burgo e contado polo cisne que naceu este ano na Ría.

Cántas follas polo chan na Ría do Burgo! É que chegou o outono . Qué bonita está a Ría!.

Na festa do Samaín fixemos baleirado e tallado de cabazas, caretas con forma de cabaza e ademais pasámolo moi ben bailando ao terminar a merendola. Como vedes disfrazámonos para dar moito medo. Tamén tivemos sesión de contacontos con Begoña.

Page 6: AS NOVAS DE PEPA

6

Este ano fixemos a festa do Magosto, como non ía ser doutra maneira, na Ría do Burgo. Nada máis chegar Pili, a mestra de Vinseira, propúxonos un xogo: atopar as árbores que levábamos debuxadas nas pulseiras e ademais buscar obxetos raros no entorno. Despois estivemos bailando e cantando, as familias acompañáronnos e os avós asaron as castañas .Pasámolo pipa!

Page 7: AS NOVAS DE PEPA

7

Como podedes observar elaboramos unhas cestiñas co cisne, unhas pulseiras cunha árbore distinta en cada escola, zonchos... e ademais decoramos as aulas con elementos propios do outono. Cánto traballamos!

O 29 de novembro do presente curso tivemos unha xornada de portas abertas para que toda a comunidade educativa visitara a exposición sobre o premio CREARTE que recibimos por parte do Ministerio de Cultura sobre o proxecto titulado “A Torre de Celas” .

No BOE do 12 de novembro de 2010 aparece publicado o premio otorgado ao CRA de Culleredo. Esta xornada, que tivo lugar na sede do CRA,

Page 8: AS NOVAS DE PEPA

8

compartímola coas familias, antigos alumnos e alumnas, representante do Concello, así como todo o claustro de profesores.

Como en anos anteriores estivemos invitados polo Concello a un concerto de música coral no Conservatorio de Música de Culleredo. Divertímonos moito escoitando e cantando panxoliñas.

O día do Festival do Nadal veu o Carteiro Real a recoller as cartas para entregarllas aos Reis Magos. Estabamos ilusionados porque sabíamos que nos traerían todo o que lle pedimos.

Neste festival tivemos unha actuación moi especial do pai de Xairo cunha panxoliña en portugués e acompañando as mestras que tamén se animaron . As nenas e nenos de todas as escolas non ían ser menos e tamén participaron cantando panxoliñas. E despois de todo isto veu a merenda con productos típicos do nadal. Cómo nos puxemos !

Page 9: AS NOVAS DE PEPA

9

Neste primeiro trimestre asistimos a dous espectáculos de teatro. O primeiro deles, que foi no Edificio de Servicios Múltiples de Culleredo, estivo representado por marionetas de fío onde o protagonista era un can e titulábase “A historia de um cao”. O segundo era un teatro de monicreques, xestual e visual sen palabras, co nome de “DIA PARA INCUBAR”, no FORUM de A Coruña. Disfrutamos moito con estes espectáculos!

Page 10: AS NOVAS DE PEPA

10

Neste trimestre visitamos a Casa das Ciencias na Coruña onde disfrutamos de moitos experimentos.

No Planetario aprendimos sobre os planetas e sobre unha estrela Fugaz que era a protagonista da proxección “ O mundo de Fugaz”. Tamén pasamos un anaco de tempo observando os pitiños que nacen na incubadora e aos ovos tampoco quitábamoslles ollo por si se abría algún. Qué mundo máis fascinante!

DÍA DA PAZ Este día celebrámolo en cada escola cunha canción, poesías, pombiñas e unhas bolboretas da paz. Os lemas que anunciamos eran: a paz comeza cun

Page 11: AS NOVAS DE PEPA

11

sorriso e as mans son para acariciar e non para pegar. Intentamos que estos lemas se leven a cabo durante todo o ano.

Esta é unha das festas que máis nos divirte xa que disfrazámonos cada ano de algo diferente. Este ano levábamos un disfraz sobre a Ría do Burgo e a visera do cisne. No Edificio de Servicios Múltiples do Burgo xogamos á canasta, á pesca, á puntería, ao río perigoso e a cada peixe no seu sitio.

Page 12: AS NOVAS DE PEPA

12

Ao terminar os xogos bailamos todos xuntos .

E chegou a hora da merenda con doces típicos desta data que trouxeron as familias . Qué ricos que estaban!

A PRIMAVERA

Coa chegada da primavera plantamos nos xardíns das escolas diferentes plantas: bulbos de gladiolos, sementes de alegrías, etc. Tamén quixemos ter a primavera dentro da aula e plantamos as plantas en macetas e así observamos día a día como van medrando. Tivemos que cuidalas regándoas para que naceran unhas flores fermosas.

Page 13: AS NOVAS DE PEPA

13

Para decorar as aulas realizamos distintas actividades como debuxos relativos á estación, paxariños con cartulina, flores de papel, etc…

Este día pasámolo no Xardín Botánico do Burgo. Primeiro cada aula plantou unha árbore e ao rematar interpretamos a canción do Día da Árbore.

A continuación realizamos un mural onde cada aula tiña que encher a copa da árbore que lle correspondía con follas que colorearon, cortaron e pegaron. Esto sabíamolo porque o cisne mandounos unha carta co que tiñamos que facer. As árbores eran: eucalipto, plataneiro, pradairo, álamo e castiñeiro de indias. Ao final, ao xuntar todos os murales apareceu…un super mural!!

Page 14: AS NOVAS DE PEPA

14

E para rematar a xornada e repoñer forzas non podía faltar a merendola.Tíñamola moi merecida!

No último trimestre celebramos o Día das Letras Galegas na TORRE DE CELAS . A festa comezou coa realización de xogos tradicionais: o trompo, a mariola, a pesca, a canasta e pomba branca e pomba negra.

Page 15: AS NOVAS DE PEPA

15

A continuación tivemos o festival no que cada escola fixo un recitado ou interpretou unha canción. Para pechar o festival todos cantamos “A saia da Carolina” acompañados dun invitado que xa estivera en Nadal connosco, Gonzalo, o pai de Xairo. Tamén interpretou esta canción en portugués e outras máis.

Uns gaiteiros amenizaron a romaría na que tanto familias como alumnos e profesores disfrutamos moito. Ao ter bo tempo este ano, o xantar ao aire libre sentounos moi ben. Cánta fame tíñamos!.

Page 16: AS NOVAS DE PEPA

16

Nas escolas fixemos traballos relacionados coa vida e obra de LOIS PEREIRO, ao que está adicado este ano o Día das Letras Galegas.

SAÍDA

A saída ao concerto didáctico “EL SUPERBARBERO DE SEVILLA” no Palacio de Ópera de A Coruña foi todo unha experiencia. Este espectáculo de G. Rossini adaptado ao público infantil resultou toda unha novedade para o alumnado do CRA. Alí escoitamos e vimos a historia de Fígaro, un super barbeiro que vive en Sevilla, e do Conde de Almaviva que pretendía a Rosina. Cántas aventuras tivo que pasar o Conde para poder casarse con Rosina!

Page 17: AS NOVAS DE PEPA

17

A derradeira saída foi unha excursión fin de curso á CASA DO QUEIXO en Grixalba (Sobrado dos Monxes). Nesta granxa escola tiveron diversos talleres nos que coñeceron os procesos da lá, a transformación do leite en queixo e visitaron o zoo de animais domésticos. A xornada foi tan intensa que de regreso no autobús máis dun durmiu a sesta.

Page 18: AS NOVAS DE PEPA

18

DESPEDIDAS

No seguinte curso escolar deixamos de contar con tres mestras que nos abandonan.

Unha delas é BEGOÑA que estivo axudando a Celia na escola do Curro e tamén adicouse á biblioteca do CRA. Márchase para unha escola máis preto da súa casa en A Coruña. Non esqueceremos os seus contacontos e o seu sorriso permanente.

Outra mestra que nos deixa é Pili, a titora da escola de Vinseira , para marchar a outra escola e comezar con nenos de E. Primaria. Foi a nosa coordinadora de Ciclo. Botaremos de menos os videos e contos que nos preparaba cunha dicción perfecta.

Page 19: AS NOVAS DE PEPA

19

Paca a que fora titora da escola de Sésamo, xubílase e vai descansar. Tenno merecido porque durante moitos anos traballou con nenos e agora tócalle coidarse ela e dos seus. Seguro que algo de tempo quedaralle para a xardinería, a súa aficción favorita. Esperamos vela polo CRA para axudarnos a coidar das nosas plantas.

Desexamos velas tres de visita polas escolas e que non nos esquezan. Ata sempre!

Page 20: AS NOVAS DE PEPA

20