Arte románica. 2º ESO

16
HENRIQUE HERVÉS SAYAR CPI Dr. López Suárez-FRIOL O ROMÁNICO Marco histórico. Trazos xerais Arquitectura Escultura Pintura

Transcript of Arte románica. 2º ESO

Page 1: Arte románica. 2º ESO

HENRIQ UE HE R VÉ S S AYARCPI Dr. López Suárez-FRIOL

O ROMÁNICO

Marco histórico.Trazos xeraisArquitecturaEsculturaPintura

Page 2: Arte románica. 2º ESO

MARCO HISTÓRICO Séculos XI-XII. Europa experimenta un notable crecemento

demográfico, económico e mesmo territorial: cara o leste (as Cruzadas en Terra Santa, o Drang nach Osten dos cabaleiros teutóns pola rexión báltica) e o sur (a Reconquista na Península Ibérica).

Consolídase a sociedade feudal e, conseguintemente, o poder da nobreza e das institucións eclesiásticas (bispados, mosteiros)

Persiste a fragmentación política do contintente (reinos, señoríos).

Pola contra, a cristiandade e a Igrexa representan poderosos elementos unificadores. A este papel contribuíron notablemente o desenvolvemento dos camiños de peregrinación (caso do xacobeo) e o labor das ordes monásticas (nomeadamente a de Cluny).

Deste xeito, o Románico convértese no primeiro estilo artístico europeo, se ben presenta importantes variantes –escolas- rexionais.

Reconstrución da abadía de Cluny (s. X)

Page 3: Arte románica. 2º ESO

TRAZOS XERAIS

A arte románica é unha arte esencialmente relixiosa. O principal obxectivo das obras de arte era favorecer o achegamento dos fieis á mensaxe cristiá e a Deus.

Por iso, as obras artísticas estaban dotadas dun forte sentido simbólico.

Os artistas non eran considerados auténticos creadores (Creador só era Deus), senón simples artesáns encargados de plasmar programas preestablecidos. Polo tanto, o seu traballo e, conseguintement, o seu nome non era importante. Por iso, a meirande parte das obras eran anónimas.

Page 4: Arte románica. 2º ESO

ARQUITECTURA.Trazos formais

O material preferido é a pedra en sillería.

Predominan as plantas lonxitudinais como as basilicais ou as crucíformes.

A estrutura descansaba dos edificios descansaba piares, xeralmente crucíformes, e uns muros grosos reforzados por contrafortes e apenas peforados por uns poucos vans pequenos e abucinados.

Sobre eles descansaban arcos de medio punto e unhas cubertas abovedadas: de canón sobre as naves centrais, de aresta sobre as laterais e cúpulas –xeralmente sobre trompas- sobre o cruceiro.

Igrexa de San Martín de Fromista: planta basilical rematada nunha tripla

ábsida

cúpula sobre trompas

Page 5: Arte románica. 2º ESO

ARQUITECTURAA catedral de Santiago.

A catedral de Santiago de Compostela é unha das obras cumio do Románico europeo.

As obras da catedral románica prolongaríanse entre finais do século XI e finais do século XII en tres fases construtivas.

Co apoio dos monarcas castelán-leoneses, os bispos composteláns, entre os que destaca senlleiramente Diego Xelmírez a comezos do século XII. Diversos mestres de obra (Bernardo O Vello, Estebán, Bernardo o Novo, Roberto, Mateo…) dirixiron os traballos.

Page 6: Arte románica. 2º ESO

ARQUITECTURAA catedral de Santiago: a planta dunha igrexa de peregrinación.

transeptoabsidiolas

xirola

cruceiro

N

Page 7: Arte románica. 2º ESO

ARQUITECTURAA catedral de Santiago: vista aérea e alzado

ciborio

contrafortes

ábsida

xirola

absidiolas

torres

Page 8: Arte románica. 2º ESO

ARQUITECTURAA catedral de Santiago: interior

nave central nave lateral

bóveda de canón

triforio e tribunapiar cruciforme

bóveda de aresta columna adosada

arco de medio punto peraltado

Page 9: Arte románica. 2º ESO

ARQUITECTURAA catedral de Santiago: exterior

Porta de Praterías

arco lobulado columna salomónica

Page 10: Arte románica. 2º ESO

ESCULTURATrazos básicos

A portada constitúe o marco fundamental da escultura románica, Poderemos atopala, asimesmo, en capiteis, canzorros, pías bautismais, sartegos… Producíronse, tamén, algúns exemplos de escultura exenta en representacións de Cristo crucificado ou da Virxe co Neno.

A escultura sométese ao marco arquitectónico de xeito que as figuras se deforman para adaptarse ao espazo no que se dispoñen.

As representacións teñen unha función didáctica: preténdese transmitir claramente aos fieis, maioritariamente analfabetos, unha ensinanza moral.

As imaxes no pretenden representar a apariencia externa de seres e obxectos senón a súa esencia (idealismo). Asi, o diferente tamaño das figuras ten un valor simbólico: reflicte o valor que se lles atribúe (perspectiva xerárquica).

As representacións caracterízanse pola simetria, frontalidade, estatismo e inexpresividade (hieratismo)

Decote, as esceas e imaxes xustapóñense formando grupos con escasa relación entre si que ocupan todo o espazo reservado á escultura (horror vacui)

Predominan os temas relixiosos. Na portada occidental, a representación máis habitual é a do Xuizo Final presidido pola figura de Cristo en maxestade (Pantocrator).

Page 11: Arte románica. 2º ESO

ESCULTURAA portada románica

Nunha igrexa románica, a portada constitúe o elemento máis coidado, aquel que recibe un tratamento monumental. Xeralmente aparece flanqueada por torres, sobre todo cando se trata da portada occidental.

Para salvar o grosor do muro recórrese a un abucinamento progresivo do van decorrado por unha serie de arquivoltas (1) apoiadas en columniñas (2).

Ás veces, a anchura da portada esixe a presenza dun parteluz (3) para soster o lintel (4) sobre o que se apoia o tímpano (5).

A decoración escultórica concéntrase no tímpano, pero pode estenderse polas arquivoltas, columniñas, parteluz, xambas (6)…

663

5

1

2

4

Page 12: Arte románica. 2º ESO

ESCULTURA. O Pórtico da Gloria

O Mestre Mateo dirixiu, por encargo do bispo Suárez de Deza, as obras que remataban a obra románica da catedral compostelá entre 1188 e 1188. Estas abrangueron a cripta e o portico occidental do templo.

As esculturas do Pórtico da Gloria representan o, como é habitual, o Xuizo Final segundo a narración do Apocalipse de San Xoán.

Dende un punto de vista formal, a obra do Mestre Mateo ofrece os trazos caracterísitcos da escultura románica (simetría, frontalidade, perspectiva xerárquica, falla de produndidade) pero tamén amosas algunhas novidades que sinalan o tránsito cara o Gótico: as figuras comezan a liberarse do marco arquitectónico, desaparece nalgúns casos a frontalidade e illamento románico, o naturalismo é maior.

Page 13: Arte románica. 2º ESO

ESCULTURAO Pórtico da Gloria: vista xeral

Page 14: Arte románica. 2º ESO

ESCULTURAO Pórtico da Gloria: detalles

Page 15: Arte románica. 2º ESO

PINTURATrazos xerais

A pintura románica ubicabase preferentemente no interior dos templos sobre os muros e bóvedas. A técnica máis utilizada era o fresco. Porén, tamen hai algúns exemplos de pintura moble sobre táboas e frontais e de miniatguras.

A temática era moi maioritariamente relixiosa.

Utilizanse maioritariamente cores puras, intensas e planas.

O debuxo de contorno adoita ser groso salientado por un trazo negro que siluetea as formas.

As representacións carecen de profundidade e volume: atopamos figuras planas sobre fondos planos e as referencias espaciais (paisaxes, edificacións) son moi escasas o nulas.

A frontalidade, o hieratismo e a perspectiva xerárquica son moi comúns.

Frontal de Santa María de Aviá

Frescos do Panteón Real de San Isidoro de León: Anunciación dos pastores

Page 16: Arte románica. 2º ESO

PINTURAFrescos da ábsida de San Climent de Taüll

Cristo pantocrátor

mandorla mística

arco que representa a bóveda celeste

Libro da Lei

Tetramorfos: símbolos dos catro evanxelistas

santos