Aquí e Agora 9

63
1

description

O noveno número da revista do Xograr

Transcript of Aquí e Agora 9

Page 1: Aquí e Agora 9

1

Page 2: Aquí e Agora 9

2

Page 3: Aquí e Agora 9

3

EDICIÓN

Estimados xograrinos:

Por noveno ano consecutivo eu, o Aquí e Agora, chego ás vosas pegañentas mans humanas para facervos pasar un bo anaco mostrando as dotes xornalísticas dos alumnos do Xograr. Teño que admitir que este ano estou verdadeiramente emocionado porque, despois de oito números sen dicir nin pío, unha das directoras quixo que eu me encargase de escribir a edición. Suponse que este apartado serve para falar das novidades deste ano, así que alá vou:

Nesta nova edición contei por primeira vez cun equipo de estilistas que me fixeron quedar guapísimo por dentro e por fóra e que din que para o ano que vén o farán aínda mellor. Ademais disto, resulta que agora estou dixitalizado. Teño un blog ó meu nome —revistaaquieagora.blogspot.com— dende o cal podedes baixarvos a miña anterior versión e facer máis cousas das que a min non me informan.

En canto ós contidos, teño cousas pouco frecuentes no meu interior que non mencionarei para favorecer o suspense, pero tamén gardo nas miñas páxinas os clásicos coma o Especial Letras Galegas, o taboleiro, relatos de primeiros escritores... e algúns máis que xa teredes ocasión de ver.

E está claro que non podo mandarvos pasar a páxina sen antes mencionar a algúns dos culpables de que estea hoxe aquí. Os principais son todos os alumnos que participaron na miña cocción, que desta volta se implicaron de verdade sen pedir nada a cambio. Merecen ser mencionados tamén os profes que investiron o seu tempo, os colaboradores externos, o Equipo de Normalización Lingüística e o meu pai Xesús, que afeitaría a perilla antes de deixar que eu desapareza.

Agora si, xa podedes pasar a páxina.

O Aquí e Agora

Page 4: Aquí e Agora 9

4

1. Que opinas do tabaco?

a) Non é tan malo como din. (9/128)

b) É un vicio como outro calquera

(45/128)

c) Pode provocar danos irreversibles co

paso do tempo (74/128)

2. Cres que a teoría de que “as pernas

encollen” é certa?

a) Si (12/127)

b) Non (113/127)

3. Por que cres que a xente fuma?

a) Por facerse @ interesante (23/123)

b) Por non desentoar no grupo de

amigos (6/123)

c) Por ámbalas 2 (82/123)

4. Fumas?

a) Normalmente (15/128)

b) Algunha vez que outra (24/128)

c) Nunca (89/128)

5. Si sacas o tabaco do cigarro e o

mesturas con outra substancia,

consegues facer un porro?

a) Si (41/138)

b) Non (65/138)

c) Non sei (70/138)

6. Se non es fumador, que opinas da

xente que fuma?

a) Esas persoas non me agradan (2/120)

b) Dame igual (34/120)

c) O que importa é a persoa, non que

fume (78/120)

7. Sabes as consecuencias que supón

fumar?

a) Si, son consciente (94/128)

b) Non o sei nin me interesa (18/128)

c) Só de oídas (17/128)

8. Algunha vez intentáchelo deixar?

a) Si (8/55)

b) Non (37/55)

c) Si, pero sen resultado (10/55)

9. Como afecta si algún dos que viven

na casa fuma?

a) Nin idea (19/130)

b) Negativamente (78/130)

c) Non afecta (33/130)

10. Si es fumador, cantos cigarrillos

fumas ó dia?

a) Unha “cajetilla” (13/38)

b) Menos dunha “cajetilla” (25/38)

11. si non es fumador, pódeste ver

fumador nun “futuro”?

a) Si (36/102)

b) Para nada (66/102)

12. Que opinas da normativa vixente

que prohibe fumar en certos

establecementos?

a) Está ben (100/127)

b) Non me parece correcto (27/127)

13. Cres que a xente “maior” asocia

tabaquismo coa xuventude?

a) Si (88/130)

b) Non (42/130)

14. Se te atopas nun establecemento

“cheo de fume” moléstache?

a) Si (68/128)

b) Non (60/128)

15. Asocias noite de diversión con

tabaco (fumar)?

a) Si (40/129)

b) Non (89/12)

Goretti Valiña Vázquez Laura López Rodríguez

*Podedes atopar máis información sobre o

tabaco na reportaxe da paxina 18.

Page 5: Aquí e Agora 9

5

O resume dalgunhas das noticias de máis importancia deste último ano.

CORREDOR

SARRIA-LUGO

O corredor Sarria-Lugo

inaugurouse o día 19-12-

08.

Este corredor fíxose coa

finalidade de liberar

tráfico da estrada

autonómica entre Nadela

e Monforte. É unha

estrada das máis

transitadas da provincia

cunha media de 11.000

vehículos ó día.

Os 27 km. de corredor

custaron case 100 millóns

de euros dos 260 millóns

de euros que se

invertirán en conxunto co

tramo Monforte-Lugo.

O tramo Sarria-Nadela

enlaza na glorieta de

Nadela coa A-6.

Un dos problemas que se

presentaron foi a

protesta dos veciños polo

retraso dos pagos das

expropiacións.

CRISE

Os meses pasan, o paro

sube, o consumo

deteriórase e os precios

caen en picado.

A pesar disto Galicia é a

comunidade máis

inversora de España en

canto ó seu PIB e aos

seus presupostos, polo

que o presidente da

Xunta expresou a súa

convicción de que a

comunidade sairá

fortalecida da actual

crise económica.

NOVA GRIPE

Este virus comezou en

México e chegou a rozar

o calificativo de

pandemia.

Contáxiase ó tusir,

esbirrar ou tocando a

alguén portador do virus

e a continuación e

tocarse a nariz ou a

boca. Dise tamén que o

virus aguanta vivo unha

semana nun billete de

dólar.

Por sorte, a pesares do

fácil contaxio e do pánico

que causou nin principio,

parece ser que non é o

virus terrible que

pensabamos.

PLAN BOLONIA

Para comezar, cambia a

estrutura dos plans de

estudos. As licenciaturas

e diplomaturas

desaparecen e pasan a

converterse en carreiras

de grado. Isto supón que

haberá carreiras que se

acorten posto que a

duración, a decisión da

universidade oferte os

contidos, estará

comprendida entre 180

créditos europeos (tres

cursos) e 240 (catro

cursos), salvo

Arquitectura e Mediciña

que terán unha

consideración especial.

Sen embargo, estes

créditos non valen o

mesmo cós de agora.

Actualmente, un crédito

supón ó equivalente a 10

horas lectivas, a partir

de Bolonia un ECTS

corresponderá a entre

25-30 horas de traballo

do estudante, pero nas

que só se contará coa

asistencia á clase, si non

que alí estarán

contempladas tamén

conferencias, traballos,

horas de estudo ou

prácticas en empresas

que as distintas

universidades queiran

contemplar nos seus plan

de estudo. De feito, será

obrigatorio realizar

prácticas en empresas

por un valor en créditos

a determinar en cada

carreira, así como a

realización e

presentación dun

traballo fin de grado.

FENÓMENO OBAMA

Xa ninguén dubida que

Obama non é un

presidente ó uso.

Mediático incluso antes

de ser elixido candidato

dentro do seu propio

partido, o primeiro

presidente negro dos

E.E.U.U. conta xa con

camisetas co seu rostro

impreso ó estilo Ché.

Page 6: Aquí e Agora 9

6

CINE

CREPÚSCULO

Un fenómeno que acadou a fama mundial, primeiro en papel e logo na gran pantalla. Para finais deste ano agárdase a súa continuación (Luna Nueva) Crepúsculo conta a historia de amor entre Bella, a recén chegada a Forks e Edward, un vampiro capaz de ler a mente. Duración: 1h 55 min.

MENTIRAS Y GORDAS Un grupo de mozos prepárase para o verán das súas vidas: secretos, mentiras, sexo, confusión, noite e festa. Duración: 1 h 45 min.

SLUMDOG MILLONAIRE

Jamal, un orfo de Bombay decide presentarse a versión india de “¿Quién quiere ser millonario?” Cando está a piques de contestar a última pregunta a policía deteno e interrógao. O rapaz debe explicar por que coñecía as respostas e con isto desvela o verdadeiro motivo polo que participa no concurso. Duración: 2 h 5 min.

MÁIS PELÍCULAS:

Page 7: Aquí e Agora 9

7

MP3 Os hits da tempada

TENÍA TANTO QUE DARTE Artista: Nena Daconte.

Álbum: Retales de carnaval.

Foi a canción española máis vendida polo iTunes no 2008.

Obtivo o premio á mellor canción e ao mellor videoclip.

JUST DANCE Artista: Lady Gaga.

Álbum: The Fame.

Primeiro single deste álbum. Recibiu unha

nominación aos Grammy 2009.

QUE TE QUERÍA

Artista: La Quinta Estación.

Álbum: Sin frenos

Este grupo de madrileños emigrantes a México, agora convertido en dúo,

volve ás listas con esta canción (Que te quería).

VIVA LA VIDA Artista: Coldplay.

Álbum: Viva la vida.

Foi todo un éxito chegando o máis alto das listas de

música. O grupo estará en España en setembro.

INMORTAL Artista: La Oreja de Van Gogh

Álbum:A las 5 en el Astoria. Segundo single deste disco.

Outras cancións importantes deste álbum son El último

vals e Jueves, esta última conmemora o atentado do 11-M.

Page 8: Aquí e Agora 9

8

DISTURBIA Artista: Rihanna.

Álbum: Good girl

gone bad.

A cantante deuse a coñecer co éxito de Umbrella.

Disturbia é o sétimo single de Rihanna e tivo unha gran

acollida por parte do público.

COPENHAGE Artista:Vetusta Morla.

Álbum:Un día en el mundo.

Esta banda madrileña de pop-rock, foi unha das

novidades da tempada. Recibiu unha gran acollida do

público e da crítica con este álbum, o segundo dos

artistas.

UN VIOLINISTA EN TU TEJADO Artista: Melendi

Álbum: Curiosa la cara de tu padre

Tanto este primeiro single como o segundo, Piratas del

bar Caribe, son todo un éxito.

PETER PAN Artista: El Canto del Loco

Álbum: Personas

Logo de Zapatillas volveron con Personas, que

entre outras contén a canción Eres tonto.

Page 9: Aquí e Agora 9

9

VIDEOXOGOS

New Super Mario Bros

Recorre os 8 mundos diferente xogando con Mario ou Luigi.

The legend of Zelda

Surca os 7 mares en busca da princesa Zelda.

Fifa 09

Divírtete xogando co teu equipo de fútbol favorito.

Grand Theft Auto IV

Rouba, conduce coches, asasina, e realiza todo tipo de accións propias dunha mafia de barrio.

Page 10: Aquí e Agora 9

10

MARIO KART Wii

Divírtete conducindo con Mario e os seus amigos.

Wii SPORTS

Contén cinco xogos: -Tenis. -Béisbol. -Golf. -Boxeo. -bolos. ¡¡Elixe o teu!!

Wii Trivial

Pásao ben xogando o mítico xogo de mesa Trivial.

Patricia López López Roberto Limeres Regueiro

Tania López Vilar

Page 11: Aquí e Agora 9

11

Ramón Piñeiro López (1915-1990)

Page 12: Aquí e Agora 9

12

1915.- Ramón Piñeiro López nace o día 31 de maio na parroquia de Armea, no

concello de Láncara (Lugo). Foron os seus pais Salvador Piñeiro García e Vicenta López Fernández. O matrimonio tivo oito fillos, aínda que tres deles non sobreviviron á primeira infancia. Sara, a irmá pequena de Ramón, viviu con el e a súa muller Isabel en Santiago durante moitos anos, e continúa a vivir na mesma casa da rúa Xelmírez. A familia paterna, os Piñeiro, eran coñecidos en Láncara como "Os de Baixo", a caste da "Casa de Baixo" e tiñan sona de tolos e intelixentes. O pai estivo sempre metido en negocios no pequeno comercio e foi home interesado pola cultura e pola formación dos seus fillos. A nai emigrara a Bos Aires, onde estivo dous anos, para facer algúns cartos e contribuír así á construción da casa familiar, na que traballaba ó tempo que atendía os labores do campo. A nenez de Ramón Piñeiro transcorre no seo dunha familia modesta que coñece as dificultades económicas. É un rapaz solitario que vive illado e amosa unha tendencia a fantasiar e inventar xogos. De carácter tímido e retraído, empeza a escribir pola súa conta, como se fora un xogo, aínda que o seu pai –que lle ensinara a ler. era partidario de que aprendera a escribir antes de que entrara na escola, feito que acontece cando o neno tiña seis anos e xa lía ben e coñecía algo de ortografía e as elementais regras matemáticas.

1921-1923.- Ingresa na escola, aínda que xa sabía ler e escribir, pois xa lle tiñan

ensinado seus pais. O feito de que don Salvador –seu pai– fose un bo calígrafo, e a curiosidade do neno, que, coa axuda da nai, empregaba os garabullos para escribir sobre a cinsa e a auga e trazaba as primeiras letras sobre a mesa da cociña, foron factores que o axudaron a esa prematura aprendizaxe. Durante a súa infancia en Ármea realiza as tarefas que desenvolvían os rapaces campesiños daquela, axudando nos traballos da casa. Cando contaba só sete anos viaxa co seu pai a Lugo polas festas do San Froilán e descobre por primeira vez a luz eléctrica e o tren, que lle causan unha fonda impresión.

1924-1928.- En 1924, cando ten nove anos, marcha –coa súa irmá maior e a súa

nai– a Lugo para facer o exame de ingreso e cursar o Bacharelato Elemental. Nesa etapa luguesa esperta o seu interese de lector. Le nestes anos os habituais tebeos e algunhas novelas de aventuras. Interesoulle moito a colección Los Poetas, na que mercou libros poéticos de Ossián, Dante e Petrarca. Foi na pequena escolma de poesía galega que publicara W. Fernández Florez, onde leu por primeira vez a Rosalía de Castro.

1928-1931.- De novo en Armea, traballa na casa familiar axudando ós pais.

Afecciónase a ler a prensa. Sofre unha pequena crise espiritual. Le con avi13 dez algúns libros que o pai tiña na casa e outros que el mesmo mercara en Lugo. Queda impresionado coa lectura de Ortega e Valle-Inclán. Un mozo amigo seu fala co seu pai e aconséllalle que non desaproveite as calidades do rapaz para o estudio. En 1931 marcha a Sarria, onde vive na casa familiar dun amigo de seu pai, Pedro Cortiñas, a quen lle leva as contas e lle xestiona a correspondencia da súa ferraxería. Esta familia estaba subscrita ó xornal madrileño El Sol, dos máis prestixiosos daquela, e Ramón

Page 13: Aquí e Agora 9

13

subscribiuse a El Pueblo Gallego pola tendencia galeguista desta publicación, na que leu por primeira vez a Ramón Otero Pedrayo. Estas lecturas mantíñano informado dos feitos máis salientables da política. O 14 de abril de 1931 proclamouse a II República. Ramón Piñeiro contaba tan só dezaseis anos e había pouco que chegara a Sarria. Durante a campaña das primeiras eleccións republicanas asiste a un mitin no que participaban Xulio Sigüenza, Ánxel Fole e Lois Peña Novo, este último é o que máis o impresiona co seu discurso de sentimento galeguista. Daquela adoptaba seguir con grande interese a intervención dos deputados galegos en Madrid. No mes de xuño, na estación do tren, ve a Otero Pedrayo e Castelao, que daquela participaban na campaña das eleccións ás Cortes Constituíntes nas que os dous conseguiron escano de deputados. A breve etapa en Sarria significará o primeiro achegamento ó galeguismo dun Ramón Piñeiro aínda adolescente que vive con admiración e entusiasmo a actividade dos galeguistas: son tempos de aprendizaxe e formación. ―...Meu pai levoume á escola cando cumprín os seis anos, porque esa era a idade legal de iniciar a escolarización. Pero cando me levou á escola, eu xa sabía ler con soltura e sabía escribir en letra de imprenta, e tamén sabía algo das catro regras, non lembro exactamente canto porque despois de empezar a escola seguín practicando as contas na casa e sempre ía máis adiantado na casa que na escola. Como é natural, o mestre formou un grupo de nenos que ingresabamos na escola para nos iniciar na lectura e na escritura. Como eu ía máis adiantado, aburríame cos exercicios de ler e escribir porque os facía axiña e logo, sobrábame tempo. Os primeiros días estaba moi contraído en min mesmo e limitábame a observar timidamente os movementos do escolante. Despois, cando me fun sentindo máis

tranquilo, no tempo libre empecei a fantasiar e, sen me decatar, moitas veces asilábame do ambiente e mergullábame nun mundo imaxinativo no que, en lugar das angueiras escolares, xurdían ideas, figuras e conversas interiores como cando estaba xogando só na miña casa, ou na horta, ou na eira. Con frecuencia me viña á mente a preocupación do tren, pois que me intrigaba moito o feito –para min completamente inconcibible– de que puidese correr de seu sen cabalos que puxasen del...‖

1932.- A finais do ano, despois de pasar uns meses na aldea, deixa Sarria e volve a Lugo para cursar os seus estudios de Bacharelato Superior. En Lugo asiste ó mitin galeguista celebrado no Teatro Principal no que falan

Valentín Paz Andrade, Ramón Suárez Picallo e Alfonso Rodríguez Castelao, quen o cativou co seu discurso. Daquela Ramón Piñeiro identificouse co galeguismo e sentiuse un galeguista máis, aínda que sen establecer un vínculo directo co grupo. Funda, en compañía doutros amigos do Instituto, as Mocedades Galeguistas de Lugo, nas que traballa como secretario de cultura. Daquela coñece a Otero Pedrayo, a quen acompaña cando este é convidado polo grupo para dar unha conferencia no Instituto. Neses mesmos anos coñece tamén a Ánxel Fole, Pepe Gaioso e Luís Pimentel, personaxes da vida cultural luguesa que el sempre estimou como os seus verdadeiros mestres.

Page 14: Aquí e Agora 9

14

1933.- A súa participación no movemento galeguista intensifícase progresivamente; en outubro viaxa a Santiago como representante dos dirixentes galeguistas de Lugo con motivo da reunión celebrada para deseñar a estratexia do Partido nas eleccións que se celebrarán ese mesmo ano. Coñece persoalmente a Alexandre Bóveda e a Castelao, quen o propón como membro da comisión encargada de entrevistarse en Santiago co doutor lugués Alonso Hortas para convencelo de que encabece a candidatura galeguista como independente pola provincia de Lugo. Nesta visita a Santiago coñece a Luís Seoane, quen será grande amigo de Ramón Piñeiro. Visita as instalacións da Editorial Nós, na rúa do Vilar e alí coñece a Ánxel Casal e Camilo Díaz Baliño. Debido a unha doenza debe abandonar os estudios e ocupa o seu tempo libre na política. Con motivo das eleccións daquel ano, por Lugo pasaron numerosas personalidades coas que facía parladoiro no café Méndez Núñez pola noite ata ben entrada a madrugada. Daquela coñece en Lugo a Ramón Cabanillas, quen viaxara a esta cidade na busca de información sobre o cacique Pepe Benito para unha das súas obras literarias.

1934.- O día 25 de xullo, xunto co seu amigo Marino Dónega, asiste ó acto de ingreso de Castelao na Real Academia Galega, que se celebra pola mañá no salón de sesións do Pazo Municipal da Coruña. Nos xardíns de Méndez Núñez falan con Ánxel Casal e con Castelao, que lles amosa un exemplar da primeira edición da súa novela Os dous de sempre. Pola tarde, xunto con outros integrantes do Partido Galeguista, viaxa a Santiago, onde ás doce da noite ten lugar o chamado Mitin das Arengas na Praza da Quintana. Falan significados galeguistas, entre eles Castelao e Ramón Piñeiro; este último, a proposta de Otero Pedrayo.

Laura López Rodríguez Goretti Valiña Vázque

Page 15: Aquí e Agora 9

15

Fina Casalderrey Fraga naceu en Xeve (Pontevedra) en 1951. Non fai falla saber moito sobre ela para saber que é unha persoa polifacética: escritora, profe, gastrónoma, conferenciante… Foi ós 19 anos cando comezou a súa vida como escritora, escribindo historias e obriñas de teatro para os seus alumnos. No ano 1991 publicou a súa primeira novela “Mutacións Xenéticas”, cinco anos despois gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co libro “O misterio dos fillos de Lúa”.

As primeiras historias que escoitou foron de boca de seu pai, e dende sempre foi unha gran amante da lectura, da cultura da nosa terra e da astroloxía popular. Ten publicados libros de moi diversos temas, dende a literatura infantil de xuvenil ata

libros de gastronomía pasando por traballos sobre os cabazos e a climatoloxía.

Recibiu numerosos premios entre os que cabe destacar o “Premio Merlín de Literatura Infantil” (1951 [o primeiro que recibiu]); o Premio Barco de Vapor (1994); o premio de xornalismo Puro Cora (2001) e o premio Autora do Ano (2007). A día de hoxe vive en Lérez e imparte clases no I.E.S. Salvador Moreno de Marín.

Sen máis que engadir: aquí tedes a entrevista ¡Moitas grazas a Fina por contestar ás nosas preguntas!

Page 16: Aquí e Agora 9

16

1. Como naceu en ti o desexo de escribir?

Iso, igual que as cousas do amor, xorde pouco a pouco; non é

levantarse un día e dicir: “dende hoxe vou ser escritora”. Cando

menos no meu caso non foi así. Podería dicir que os libros e o meu

alumnado foron e seguen tirando de min... Sinto non ter unha

resposta máis precisa.

2. Publicas libros para distintas idades e en gran cantidade.

Escribir ten que ocupar unha boa parte da túa vida. Serías capaz de vivir sen esa parte?

Escribir é importante para min, a literatura forma parte da miña vida. Gustaríame, nese

sentido, non renunciar a nada do que estou experimentando; pero máis importante aínda

que a literatura, para min, segue a ser o ser humano; é dicir, se tivese que escoller entre

os meus seres queridos e a literatura, non o dubidaría: primeiro eles.

3. De todos os libros que escribiches, hai algún ó que lle teñas

máis cariño? Cal?

Algo sigo aprendendo... supoño que os últimos deberían estar

mellor. Xa me é difícil escoller un. Como símil, o de que os

libros son coma fillos, non está mal. ... pero é que son nai...

Aos fillos quérolles aínda máis! O meu libro predilecto é,

hipoteticamente, aquel que escollo para darlle a un lector/a que só ten a

posibilidade de ler un libro meu; pero o caso é que, dependendo do

lector/a e do momento, escollería un ou outro. Quizais: A Pomba e o

Degolado, O estanque dos parrulos pobres, Isha, nacida do corazón, quizais Xela

volveuse vampira!!... E dáme moita mágoa deixar atrás: O misterio dos fillos de Lúa, Eu

son eu, Dúas bágoas por Máquina, Lúas de nácara, Un misterio na mochila de Alba, A

lagoa das nenas mudas, Ás de mosca para Anxo, Unha pantasma branca... Nada, nada,

que os libros son coma fillos! Non sei...

4. Utilizas aínda o bolígrafo ou prefires as teclas?

Utilizo moito a pluma, pero recoñezo que as teclas foi un invento extraordinario para

aforrar papel e tempo nas múltiples e necesarias correccións sobre un mesmo

texto.

5. Cal foi o teu libro favorito da infancia ou da mocidade?

O meu libro favorito da infancia foron os contos que me contaba meu pai e

que me seguen habitando dentro do meu libro da vida. Na mocidade non

tiña acceso a moitos libros, pero os que descubría eran para min como

novos planetas, por exemplo: El viejo y el mar. Eu mesma lle quería

axudar ao vello a pescar aquel peixe.

6. Es mestra e ó mesmo tempo unha das autoras galegas máis lidas en institutos e

escolas, así que podes opinar mellor ca ninguén sobre este tema: é verdadeiramente

necesaria a lectura obrigatoria?

Uf! Se penso na miña época escolar, teríame gustado que me “obrigasen” —

seducíndome, claro— a ler algunha novela, a descubrir algún autor..., nese sentido ás

veces penso benditas lecturas de obriga. Malia todo, dende a escola o que se debe facer

é preparar para que saiban ler, interpretar... sen dificultade; o de gozar coa lectura iso xa

é algo tan persoal, contaxioso, sutil... que non é cousa de tentar responder en tan pouco

espazo.

Page 17: Aquí e Agora 9

17

7. Quen le primeiro o que escribes o teu editor ou os teus achegados?

Os meus achegados, por suposto.

8. Ti fuches unha das "inventoras" da literatura galega xuvenil e

infantil. Como pensas que está de saúde a literatura en galego para os

máis novos hoxe en día?

Grazas pola honra de me considerar inventora. A literatura xuvenil existe dende que un

mozo, unha moza, colleu un libro e gozou coa súa lectura (é dicir, existe

dende hai moito máis tempo que o seu nome).

En canto á saúde abonda con fixarnos na consideración que esta literatura ten

dentro e fóra do país, dos recoñecementos a nivel estatal e internacional...

Creo que está en pé de igualdade con outras literaturas actuais.

9. Que é máis complicado, un libro para adolescentes do tipo de

"Asústate, Merche!" ou para os máis pequenos do tipo de "Puag, que

noxo!"?

O complicado, o realmente complicado é atopar unha historia fermosa e

contala da maneira máis sedutora. O difícil é facelo ben.

10. Estás traballando en algo neste momento? Se é así dános un adianto.

Neste momento o único que estou tentando escribir unha obriña de teatro pensando só

nos meus alumnos e alumnas para representar na clase, sobre o

tema da morte dunha maneira un tanto cómica.

11. E para rematar, cóntalles ós lectores algo que che apeteza

contar.

Que aínda que soe a tópico estades a vivir unha etapa

importantísima nas vosas vidas nun tempo, coma todos os

tempos que non podes recuperar logo, só aproveitar agora. O

que deixedes de ler ás vosas idades, co paso dos anos notaredes

que é irrecuperable, a cada idade unha lectura ten diferente forza. Outra cousa, quero

darvos sempre as grazas a todas e a todos os que ledes algún dos meus libros, ben sei

que vos debo moito.

María Melle Goyanes

Sandra López Pereiro

Page 18: Aquí e Agora 9

18

OS NOSOS XOGADORES

Sergio Rodríguez Domínguez Cabanelas (Monforte,1995),

porteiro en idade infantil que milita no Calasancio

de División de Honor Cadete (sempre xogou en

categorías superiores ás que lle correspondían por

idade) é unha das promesas máis firmes do fútbol

galego, un fixo en aliñacións da selección sub-14, e un

dos obxectivos dos responsables da canteira do Real

Madrid e do Barcelona, que xa moveron ficha.

Madrileños e cataláns non foron os primeiros clubs

interesados en atar ó pequeno Cabanelas. O Celta

tomou dianteira, despois de comprobar as súas

evolucións nun torneo alevín Brunete no que o chaval

participou como porteiro celeste.

Desde entonces o Celta intentou facerse con

Cabanelas, que incluso repetiu experiencia na portería

céltica o pasado ano na Vigo Cup. Dise que ó final

decidiu inclinarse pola proposta do Real Madrid e que

polo tanto continuará os seus estudos na Capital, pero

de momento non se sabe con exactitude.

Sergio Rodríguez Domínguez Cabanelas é unha nova estrela do fútbol galego.

Rafa Nadal, comezou a xogar con 8 anos, aos 17 xa figuraba na lista dos

100 mellores tenistas do mundo.Agora non é que figure entre os 100 primeiros

se non que é o mellor do mundo, o número 1.

O seu último triunfo foi contra o español David Ferrer en Conde Godó.

Nadal e o seus triunfos é o conto de non rematar, pero alegrámonos de que así sexa.

Page 19: Aquí e Agora 9

19

Ricky Rubio confirmou que xogará na NBA, xa que di que se ve

capacitado para realizar ese soño. Ricky explicou que decidiu emprender esta aventura

estadounidense a partir da próxima

temporada <<por unha cuestión de sensacións>> e que na súa decisión final tivo

un peso importante a súa participación nos

xogos olímpicos de Pekín e a prata que gañou

con España.

<<Nese momento non o pensaba, pero dinme conta de que podo xogar contra os mellores e creo que non me estou equivocando>>, subliñou Ricky.

Destaca na súa decisión a confianza en obter

unha posición de privilexio no „draft‟, circunstancia que aseguraría a viabilidade

económica da operación, xa que a súa

cláusula é de 6 millóns de euros. Como

referencias non se referiu a

franquicias, se non a cidades como Nova York e Los Ángeles.

“DEPORTE MENTAL!”

José Manuel Lúcia, paracaidista militar asturiano, fixo

historia no programa de “Pasapalabra” tras conseguir bater todos

os récords e culminar a súa fazaña televisiva que se estendeu

durante 37 programas, levándose os 396.000 euros do bote

máis alto do concurso de Telecinco.

José Manuel Lúcia bateu estes récords no

programa:

-De permanencia: 37 programas consecutivos

(o anterior récord estaba en 14)

-Grande cantidade de diñeiro derivada da

súa continuidade no programa (44.000 euros, sen contar o bote)

-Bote máis alto da historia: 396.000 euros ( o anterior estaba en 342.000)

-Maior número de respostas consecutivas no Rosco: 23

-Segundo mellor tempo na resolución do Rosco: 116 segundos (por diante está Manoli Casas

con 109 segundos.

Laura López Rodríguez

Page 20: Aquí e Agora 9

20

Afirman que o fume do tabaco afecta

máis ós homes que ás mulleres.

As mulleres, ó revés dos homes, dan caladas máis curtas e "tragan" menos

fume.

O tabaco é un produto vexetal obtido da planta do

mesmo nome orixinaria de América, na actualidade

formado por follas de varias plantas do xénero

Nicotiana, en concreto Nicotiana tabacum. Consúmese

de varias formas, sendo a principal fumada. O seu

particular contido en nicotina convértea en aditiva.

Comercialízase legalmente en todo o mundo aínda que

existen numerosas restriccións para ser fumada en

moitos países xa que posúe efectos adversos para a

saúde pública.

A súa composición está formada polo alcaloide nicotina, que se encontra nas

follas en proporcións variables (desde menos do 1% ata o 12%). O resto é o

chamado alquitrán, unha substancia escura e resinosa composta por varios

axentes químicos, moitos dos cales se xeran como resultado da combustión

(cianuro de hidróxeno, monóxido de carbono, dióxido de carbono, óxido de

nitróxeno, amoníaco, etc.)

Tanto para homes como para mulleres o segmento de idade que fuma maior

proporción é o comprendido entre 30 e 49 anos. Actualmente o xeito de

consumo máis habitual é a inhalación dos produtos de combustión do tabaco.

No extremo do cigarrillo que se está queimando alcánzanse temperaturas de

hasta 1.000º C. Recoñecéronse preto de 5.000 compostos químicos nas

distintas fases (gasosa, sólida ou de partículas) do fume do tabaco.

Crese que o causante do 85% dos cancros producidos polo

tabaco é o alquitrán que conteñen os cigarrillos estándar.

Na súa cuberta pódense observar unha serie de finas

liñas. Estas liñas son do alquitrán que a marca sitúa cada

certa distancia para que o cigarro non se apague e siga

consumíndose de forma continua. Dita concentración

provoca que un fumador de cigarrillos estándar teña

hasta 5 veces más probabilidades de contraer cáncer con

respecto a outro que fume puros ou en pipa.

Page 21: Aquí e Agora 9

21

Fundamentalmente cun efecto de envellentamento precoz e a aparición de

engurras faciais (rostro de fumador). Para evitar este problema os

fumadores deben beber aproximadamente un 50% máis de auga que os non

fumadores, xa que o fumar produce un certo grao de deshidratación.

Igualmente un estudo detectou que o 42,2 % das adictas do tabaco

desenrolan acne non inflamatorio; doenza caracterizada pola presenza dos

poros cerrados, quistes e puntos brancos e negros.

¿Sabías que? ● O tabaco usouse como insecticida polos seus altos contidos en substancias

mortalmente tóxicas.

● No 2000, o IMMS (Instituto Mexicano do Seguro Social) gastou máis de

70000 millóns de pesos en rehabilitacións para fumadores.

● O tabaco é o causante de máis de 25 grupos de enfermidades recoñecidas

polos médicos como crónicas.

● O tabaco é a droga que causa máis dependencia despois da heroína.

● O tabaco deixa rastros nun fumador, dentes e dedos manchados de

amarelo, mal alento, enfermidades respiratorias cada vez con máis

frecuencia, dores abdominais e posibilidades de contraer cancro pulmonar e

moitas máis enfermidades crónicas.

● Snus é un derivado do tabaco que se consome colocándose debaixo do

labio durante largos períodos de tempo. É unha forma de tabaco mascado

que non require cuspir. Snus consómese principalmente en Suecia e Noruega,

e está empezándose a probar a súa comercialización noutros países.

(O consumo de cigarrillos é responsable do 85% dos casos de cáncer de pulmón entre os homes e do 75% entre as mulleres; una media xeral do 83%. O fumar provoca aproximadamente o 30% do total de mortes por cáncer.

Os fumadores de dous ou máis paquetes de cigarrillos presentan porcentaxes de mortalidade por cáncer entre 15 y 25 veces superiores aos non fumadores.)

(O uso do tabaco nas súas variedades de mascar e de inhalar (rapé) incrementa os riscos de cáncer de boca, larinxe, garganta e esófago.)

Goretti Valiña Vázquez

Laura López Rodríguez

Page 22: Aquí e Agora 9

22

PPeennssaa uunn ppoouuccoo:: ccaannttooss mmaatteemmááttiiccooss ffaammoossooss ccooññeecceess??;; ccaannttaass mmuulllleerreess

mmaatteemmááttiiccaass?? SSii,, aaoo lloonnggoo ddaa hhiissttoorriiaa hhoouubbeerroonn mmuulllleerreess mmaatteemmááttiiccaass ee oo sseeuu ttrraabbaalllloo

éé ddoobbrreemmeennttee mmeerriittoorriioo ppoorr bbuussccaarr aa vveerrddaaddee eenn ssoocciieeddaaddeess hhoossttííss ppaarraa aass mmuulllleerreess..

NNoonn eessttáánn ttooddaass,, ffaallttaann SSoopphhiiee GGeerrmmaaiinn,, SSooffííaa KKoovvaalléévvsskkaayyaa,, EEmmmmyy NNooeetthheerr ee ttaannttaass

oouuttrraass……..

HHyyppaattiiaa ((337700??--441155))

NNaacceeuu eenn AAlleexxaannddrrííaa.. OO sseeuu ppaaii,, uunn iilluussttrree ffiillóóssooffoo ee mmaatteemmááttiiccoo,,

ppeerrmmiittiiuu qquuee aa ssúúaa ffiillllaa eessttuuddaarraa CCiieenncciiaa ee FFiilloossooffííaa.. FFoorrmmoouussee

ccoommoo cciieennttííffiiccaa ee vviiaaxxoouu aa IIttaalliiaa ee AAtteennaass ppaarraa rreecciibbiirr ccuurrssooss ddee

ffiilloossooffííaa.. DDeeddiiccoouussee aa eennssiinnaarr MMaatteemmááttiiccaass,, AAssttrroonnoommííaa,, LLóóxxiiccaa,,

FFiilloossooffííaa ee MMeeccáánniiccaa..

FFooii uunnhhaa ggrraann iinnvveennttoorraa.. EEnnttrree ooss aappaarreellllooss qquuee ssee llllee aattrriibbuueenn

ddeessccaattaann:: oo ddeessttiillaaddoorr ddee aauuggaa,, oo ppllaanniissffeerriioo,, oo aassttrroollaabbiioo ee oo

hhiiddrroossccooppiioo..

SSeenn ddúúbbiiddaa,, ffooii aa cciieennttííffiiccaa mmááiiss ffaammoossaa ddaa aannttiiggüüiiddaaddee..

MMaarrííaa GGaaeettaannaa AAggnneessii ((11771188--11779999))

AAooss 99 aannooss rreeiivviinnddiiccoouu oo ddeerreeiittoo ddaass mmuulllleerreess aaoo eessttuuddiioo ddaass

cciieenncciiaass..

DDeeddiiccoouu ááss mmaatteemmááttiiccaass 2200 ddooss 8811 aannooss ddaa ssúúaa vviiddaa,, ee,, ddeesstteess,,

1100 áá eellaabboorraacciióónn ddaa Institucione Analiticae qquuee éé uunnhhaa

rreeccoommppiillaacciióónn ssiisstteemmááttiiccaa ddaass mmaatteemmááttiiccaass.. TTrraattoouu aa ÁÁllxxeebbrraa ee

aa XXeeoommeettrrííaa AAnnaallííttiiccaa,, ttaamméénn oo CCáállccuulloo DDiiffeerreenncciiaall ee IInntteeggrraall..

CCoommpprroobboouussee qquuee aa ccuurrvvaa ddee AAggnneessii,, ppoollaa qquuee MMaarrííaa aaccaaddoouu

mmaaiioorr ssoonnaa,, éé uunnhhaa aapprrooxxiimmaacciióónn ddaa ddiissttrriibbuucciióónn ddooss eessppeeccttrrooss

ddaa eenneerrxxííaa ddooss rraaiiooss XX ee ddooss rraaiiooss óóppttiiccooss..

AAuugguussttaa AAddaa BByyrroonn ((11881155--11885511))

NNaacceeuu eenn LLoonnddrreess..

EEssttuuddoouu mmaatteemmááttiiccaass ee cciieenncciiaass.. DDeesseennvvoollvveeuu iinnssttrruucccciióónnss ppaarraa

ffaacceerr ccáállccuullooss nnuunnhhaa tteemmppeerráá vveerrssiióónn ddee oorrddeennaaddoorr.. EEssttaa éé aa

ccoonneexxiióónn eennttrree aass ooppeerraacciióónnss mmeeccáánniiccaass ee ooss pprroocceessooss mmeennttaaiiss

mmaatteemmááttiiccooss aabbssttrraaccttooss.. OOuuttrraa ddaass ssúúaass iiddeeaass ffooii qquuee uunn

ccáállccuulloo ggrraannddee ppooddeerrííaa ccoonntteerr mmooiittaass rreeppeettiicciióónnss nnaa mmeessmmaa

sseeccuueenncciiaa ddee iinnssttrruucciióónnss.. AAddaa mmoorrrreeuu aaooss 3366 aannooss..

Page 23: Aquí e Agora 9

23

NNiinnaa KKaarrlloovvnnaa BBaarrii ((11990011--11996611))

FFooii aa pprriimmeeiirraa mmuulllleerr eessttuuddaannttee ddee MMoossccoovvaa ee aallíí ppaarrttiicciippoouu nnoo

ttrraabbaalllloo ddee vvaarriiooss ggrruuppooss ddee mmaatteemmááttiiccooss.. GGrraadduuoouussee ee

ccoommeezzoouu aa ddaarr ccllaasseess,, ppeerroo sseegguuiiuu eessttuuddaannddoo ee ccoommeezzoouu aa

iinnvveessttiiggaarr,, eenn ccoonnccrreettoo eenn sseerriieess ttrriiggoonnoommééttrriiccaass,, ee nnoo

pprroobblleemmaa ddaa uunniicciiddaaddee ddooss ddeesseennvvoollvveemmeennttooss ddaass ffuunncciióónnss..

MMoorrrreeuu aaoo ccaaeerr ddiiaannttee dduunn ttrreenn ddoo mmeettrroo ddee MMoossccoovvaa,, oo qquuee

ssuuppuuxxoo uunnhhaa ggrraann ppeerrddaa ppaarraa aa ccoommuunniiddaaddee mmaatteemmááttiiccaa..

AAnnttoonniiaa FFeerrrríínn MMoorreeiirraass ((11991144--))

NNaacceeuu eenn OOuurreennssee..

EEnn 11994411 xxaa ttiiññaa rreemmaattaaddaass aass

lliicceenncciiaattuurraass ddee CCiieenncciiaass QQuuíímmiiccaass ee

FFaarrmmaacciiaa,, aaddeemmaaiiss ddee MMaaxxiisstteerriioo ee ddoouuss

ccuurrssooss ddee CCiieenncciiaass EExxaaccttaass qquuee ssee

iimmppaarrttííaann eenn SSaannttiiaaggoo,, rreemmaattaannddoo aa

ccaarrrreeiirraa ee ooss ccuurrssooss ddee ddoouuttoorraammeennttoo eenn

MMaaddrriidd..

NNooss aannooss 4400 ffooii aaddxxuunnttaa ddaa ccáátteeddrraa ddee

VViiddaall AAbbaassccaall..

EEnn 11995500 oo CCoonncceelllloo SSuuppeerriioorr ddee IInnvveessttiiggaacciióónnss CCiieennttííffiiccaass ccoonnccééddeellllee uunnhhaa bboollssaa ppaarraa

ffaacceerr iinnvveessttiiggaacciióónnss nnoo OObbsseerrvvaattoorriioo AAssttrroonnóómmiiccoo ddee SSaannttiiaaggoo..

AA ssúúaa tteessee:: „„‟‟OObbsseerrvvaacciioonneess ddee ppaassooss ppoorr ddooss vveerrttiiccaalleess‟‟‟‟,, éé aa pprriimmeeiirraa tteessee ddaa

mmaatteemmááttiiccaa..

EEnn 11995533 ggaaññaa ppoorr ooppoossiicciióónn uunnhhaa ccáátteeddrraa nnaa EEssccoollaa NNoorrmmaall ddee MMaaxxiisstteerriioo eenn

SSaannttaannddeerr.. VVaaiissee aa MMaaddrriidd,, oonnddee ttrraabbaallllaarráá,, aattaa aa ssúúaa xxuubbiillaacciióónn eenn 11998844,, nnaa EEssccoollaa ddee

MMaaxxiisstteerriioo SSaannttaa MMaarrííaa..

AAddeemmaaiiss ddee sseerr aa pprriimmeeiirraa ppeerrssooaa eenn ddoouuttoorraarrssee eenn MMaatteemmááttiiccaass ppoollaa UUSSCC ee aa pprriimmeeiirraa

pprrooffeessoorraa ddaa FFaaccuullttaaddee,, ppaarrttiicciippoouu eenn vvaarriiooss ddooss CCoollooqquuiiooss IInntteerrnnaacciioonnaaiiss ddee

XXeeoommeettrrííaa DDiiffeerreenncciiaall pprroommoovviiddooss ppoorr VViiddaall AAbbaassccaall..

TTiivvoo qquuee ddeemmoossttrraarr uunnhhaa ggrraann tteennssiióónn nnuunnhhaa ééppooccaa eenn qquuee aass mmuulllleerreess ttrraabbaallllaaddoorraass

eerraann ppoouuccaass..

SSeenn ppeerrddeerr nniinn oo ssoorrrriissoo nniinn oo eennttuussiiaassmmoo iinnssiissttee eenn qquuee oo sseeuu úúnniiccoo mméérriittoo éé vviivviirr

ttaannttooss aannooss..

AAnnaa BBaarrrreeaall LLóóppeezz AAllbbaa GGoonnzzáálleezz LLóóppeezz

Page 24: Aquí e Agora 9

24

-PRIMEIROS ESCRITORES-

1-Os soños non sempre se fan realidade

—Onde estou? Quedan tan só dous días para o meu debut como modelo de éxito… Telas de araña, po, mal cheiro e unha mordaza na boca que me impide poder berrar. Todo está escuro e incluso non se oe ningún ruído. Intento sacar a mordaza, entón e cando me dou conta de que algo pasou, teño as mans e os pés atados e estou tirada nunha poza de sangue. O non dar desatado as mans impídeme ver de onde sae o sangue. Revólvome inqueda pero algo me impide mover o pescozo, non dou visto o que é… Pasan as horas, minutos e a min empézanme a faltar as forzas, vexo todo borroso e de repente empezo a ver que estou no parque, xogando, de repente son adolescente e despois aparece ―FIN, pena que non puideras conseguir o teu soño‖ E a partir deso xa non recordo nada máis.

Informativos 5: “La famosa modelo Michelle, no se ha presentado al concurso de moda que le iba hacer llegar a lo más alto, y lo mas preocupante es que su familia dice no saber nada de ella desde hace días”

Unha semana despois, nas noticias din que Michelle apareceu morta nun zulo, cun coitelo cravado no pescozo… o que provocou unha gran consternación no mundo da moda e nos chamados (vulgarmente) programas de ―cotilleo‖. Aprazouse o concurso unha semana, pois no sucesivo tempo investigouse o zulo, as pegadas alí atopadas, pero como era de esperar non atoparon nada aínda que se barallaba a posibilidade de

que puidera estar máis xente secuestrada. Pero ninguén lle deu importancia. Os medios de comunicación barallaron distintas hipóteses durante meses, pero non quedou claro nada. A familia e os amigos de Michelle fixeron moitas manifestacións, protestas ante a policía, políticos, xuíces… pero non serviu de nada. O zulo estaba situado ás aforas de Mallorca e ninguén vira nada do sucedido aquel fatídico dia.

Page 25: Aquí e Agora 9

25

Ao ano seguinte volveron facer o concurso e tiñan pensado renderlle unha pequena homenaxe á falecida Michelle.

Cando saíu o seu nome nunha gran pantalla, que poñía: SEMPRE TE RECORDAREMOS. Alguén dos que estaban presentes alí, ergueuse e dirixiuse ata o escenario; unha vez alí todos se quedaron perplexos mirando. Era Michelle! Non podía ser… Chorando, e cun fío de voz dixo: —Á miña irmá gustaríalle ter visto isto. Nada máis rematar de dicir iso, botou a correr e desapareceu, nunca xamais se volveu saber dela…

Goretti Valiña Vázquez

2-O cervo

Camiñei pola densa vexetación en busca de algo que atopar cando, de súpeto, apareceu

un cervo diante dos meus ollos. Non sabía o que debía facer nestes casos así que botei

a correr polo bosque adiante. O cervo asustado correu tras miña intentando

envestirme cos seus cornos. Dinme conta de onde me encontraba, estaba en fronte

dunha cascada que desembocaba nun pequeno río cheo de peixes que corrían en todas

direccións. Mirando a fermosa paisaxe, esquecérame do animal que me perseguía e sen

poder nin sequera pestanexar atopeime tirado na auga e caendo pola catarata abaixo.

O impacto foi brutal, pero aínda así conservaba o coñecemento. Conseguín nadar ata a

beira do río. Descansei uns intres e asimilei que me atopa perdido e sen rumbo fixo.

Tiña a alternativa de quedarme cos brazos cruzados e esperar a que a miña familia me

botara en falta e que chamaran a un equipo de rescate para me vir buscar (a verdade

é que non confiaba en que me puideran achar) ou seguir andando sen rumbo fixo. Así

que, ¿que podía perder? Comecei a andar enchoupado e con moito frío. Non quería

pensar en nada deixar a mente en branco e vagabundear polo bosque ata encontrar

unha saída. Pero de socate encontrei un motivo polo que pensar, non sei como pero o

único que sei e que diante das miñas narices estaba de novo aquel cervo. Entón pareime

detidamente para poñer unha man na cara e beliscar a miña pel.

Espertei, atopábame nunha habitación dun hospital, nin sabía nin como nin cando

chegara ata alí pero por unha vez na vida alegreime de encontrarme naquel lugar.

Roberto Limeres Regueiro

Page 26: Aquí e Agora 9

26

Un bico para

Yuque da túa

admiradora

secreta.

Para os Non veu Óscar ¡

de 2º BAC

C Por: P

i

v

Non veu Paco! a

n

Por :

Anónimo

Por :Anónimo

Para os baixos, para os

altos, para os guapos, para

os feos, para Cristian. .

.EN FIN… (pronunciar

con desgarro) (Énfase)

Por:

Borja Muñoz

A ver dixo o cego e nunca

viu!

Barro mortal que

envolves…

Por: Goretti Valiña

Por: Elias Rivera Triana

Por: Borja Muñoz

Non mereces

nin a auga que

bebes.

Por: Laura

Goyanes e

futuro alumno.

Page 27: Aquí e Agora 9

27

Para: Noelia, Susi, Vanesa,

María, Lucía, Rocío, Marta e

Paula

Miñas nenas quérovos moito,

gracias por eses momentos

xuntas, esas noites, eses

partidos ó billar e ó futbolín,

todas esas conversacións no

msn, todas esas tardes… sodes

xeniais, quérovos.

Para as miñas tres flekis

(Alba, Sandra e

Noemia).

Sodes as mellores e non

sei que faría sen vós!

Quérovoooos!

Asdo: unha pija

insoportable (jaja)

O que estea

libre de

pecado que

tire a

primeira

pedra.

Por: Nerea

Sampayo!

Recordos

para todos.

Por: Javi

Arias

Unha dice:¿E quen foi o afortunado?

Outra berra: ¡¡Un peeeixe!!

Eu contesto: ¿¿Si, oh??

Para as/os que o entendan ¡Bicos!

María 3ºB

Si

pudiera

soñar,

soñaría

contigo

EC

¡¡Que acabe xa o

curso!! ¡¡Por favor!!

-Olalla dice: poñemos algo no

taboleiro??

-Marta responde: un futbolín

Page 28: Aquí e Agora 9

28

¿Qué sería da vida sen el?

Hortera marinera Hortera marinera Está tola de remate, Por que pensa que un burro É igual que un aguacate. Hortera marinera Quérese suicidar Porque está solteira E non se sabe maquillar. Hortera marinera Non sabe bailar, Porque está coxa, E non aprendeu a andar. Hortera marinera Non sabe cantar, Porque está afónica, E non aprendeu a falar. Hortera marinera Non sabe comer, Porque usa dentadura postiza, E non sabe morder. Hortera marinera Xa sabe cantar, O problema está na boca, É muda de verdá. Hortera marinera É moi coñecida, E aínda que se vaia a guerra, Seguirá apestando a bebida. Hortera marinera Foi obreira, Traballou na construción do lado, E caéuselle a escaleira.

Hortera marinera Comeuse un pavo E púxose a bailar

Coa rá Gustavo. Hortera marinera É zapateira, Colleu a Rajoy E tirouno pola escaleira. Hortera marinera Xoga o ordenador, E como é tonta, Bebe por un coador. Hortera marinera É paxareira, Casouse con don pepiño, E tivo un periquiño. Hortera marinera É unha asquerosa De merenda, Come placenta de morsa. Hortera marinera É burra coma unha porca Colleu unha palmera* E plantouna na horta. *A palmera era de chocolate.

“anónimo &

anonimata” Os autores non se fan responsables da inexistente

coherencia entre a primeira e a segunda parte de

cada estrofa.

Page 29: Aquí e Agora 9

29

EUFEMISMOS:

-Sala de profesores = sala de víboras.

-Reunión de profesores = xogo sucio.

-No encerado = só ante o perigo.

-Libros de texto = criminais sen culpa.

-Verán = fusión de alumnos.

-Chivato = os teus días están contados.

UN XENIO DIXO...

“Cada vez gústame máis a humanidade”

Un caníbal.

Os tíos son coma os mafiosos: veñen, tocan e vanse.

Para a tía máis guapa e atractiva que existe. Firmado: a ONCE.

“Se un tío che guiña un ollo é que lle gustas,

se che guiña os dous é que o asustas.”

“Os teus ollos son coma luceiros que aluman o meu camiño,

onte parpadeaches e choquei contra un meniño.”

Eu como, ti comes, el come, nos comemos, vos comedes, eles pagan.

Teorema do vago: inténtoo pero non o fago.

“Se queres suicidarte non te tires ao río Pisuerga,

hai un cartel que di:”Prohibido tirar mierda”.”

A virxindade non é un don, é a falta de ocasión.

Emborracheime pa’ esquecerte, e agora véxote dobre.

Un, dous, tres, colchón Flex, entran dous e saen tres.

PARA SOBREVIVIR NUN IES...

Lei do estudante: saca o curso adiante co suor do de diante.

O estudante non fuma, estimúlase.

O estudante non se distrae na clase, estuda a anatomía da mosca.

O estudante non come chicle na clase, exercita a mandíbula.

O estudante non copia ó compañeiro, comproba as despostas.

O estudante non tira papeis na clase, exercita a puntería.

O estudante non suspende, suspéndeno.

O estudante non dorme na clase, reflexiona.

Page 30: Aquí e Agora 9

30

FOI VERDADE!!

Conta o rexistro que un día acudiu unha rapaza chamada Pura Daza Mier, e o

que esta señora pretendía facer era alterar a orde dos seus apelidos xa que

eran mal soantes. Dito doutra maneira: un día casouse Juan Cilla con Pura Mier

e é de Juan a muller doña Pura Mier de Cilla.

Tamén existen numerosos exemplos de pais que xogan cos nomes dos seus

fillos:

- Así partindo do apellido Placer, a súa filla chámanlle Daría.

- A Fuertes de Barriga: Dolores.

- A Rey de España: Juan Carlos.

- A Amor Eterno: Puro.

- A Hermoso: Mª del Amor.

- A Fiesta de Guardar: Domingo.

- A África de Vacaciones: Julio.

-A Grande Pequeño: Justo.

- A Sansegundo Tercero: Segundo.

- A Osa Mayor: Estrella.

- A Darriba Abajo: Primero.

- A Cordero Guisado: León.

- A Oro Pulido: Puro.

Cásase o primeiro trío en Holanda.

Foi país pionero nos matrimonios homosexuais e

quere seguir séndoo. Víctor de Bruijn, de 46 anos

firmou un contrato de cohabitación, considerado

unha boda a tres. Estaba acompañado pola súa

moza Bianca, de 31, e a noiva de ambos, que é

bisexual, igual que a súa esposa Mirjaam Geven,

de 35.

(U.S.A.-2003): Unha muller

mata a outra por bicar ó seu

marido.

Non hai idade para os

celos: un ancián de 80

anos matou a súa muller,

porque sufría exceso de

pasión.

(Santo Domingo-1993) Unha muller magrebí

tiroulle á súa irmá unha tixola con aceite fervendo

ó sospeitar que tiña relacións co seu marido.

(Lugo-2002) Un rapaz

de 26 anos atropelou e

matou a un peatón por

piropear a súa muller

(dixo: Mira que loira,

non está mal!).

Page 31: Aquí e Agora 9

31

Adrián Abella Arias

Alberto Lambón López

2006-India. Unha muller casouse cunha serpe que non

asistiu ó enlace matrimonial, pero á que si asistiron 2000

invitados. Crese que a serpe non saiu do seu formigueiro

cerca da casa da noiva. Os seus veciños din que este

enlace traeralle boa sorte á vila e desta maneira

decidiron facer unha gran festa para celebralo.

Unha muller castrou ó

seu marido por bailar

con outras.

Un brasileiro cumpliu 35 anos sen falarse coa súa muller,

aínda que o voto de silencio non lles impediu ter 12 fillos.

Este individuo deixou de falarlle á súa esposa porque dicía

que o primeiro dos doce fillos non era del debido a que o

neno tiña os ollos azuis, e o seu pai non.

2006- Un loro descubre a infidelidade dunha muller por pronuncia-lo nome do seu amante.

2006-Sudán. Un home é obrigado

a casarse cunha cabra, ó ser

visto tendo relacións sexuais con

ela. Ademáis tivo que pagarlle ó

dono da cabra 50$.

(Malasia-2004) Un home

córtase o pene para

demostrarlle á súa muller

que lle era fiel.

Page 32: Aquí e Agora 9

32

ENCRUCILLADO XOGRARINO

As respostas deste encrucillado son palabras relacionadas co noso instituto e coa súa xente. Se te moves habitualmente por el, non terás problemas para acertalas todas.

HORIZONTAIS

2. Alcume do coordinador da revista. 4. Lugar a onde deben ir ""Chicles, patatillas y gominolas". Ollo! A resposta é unha palabra

non normativa en galego. 5. É conserxe, debe andar pola altura do

vasco* e tampouco fala en serio habitualmente.

VERTICAIS

1. Dono da cafetería do instituto. 2. Profe de galego con nome de constitución e un libro publicado. 3. É vasco, fala en serio moi de vez en cando e parece ser que mide 1’70. 6. Primeiro apelido de “o jefe”.

* Fai referencia á pista vertical número tres.

NOTA: Que de claro que o encrucillado NON pretende ofender a ninguén. Simplemente é unha maneira de facer

algo diferente.

Page 33: Aquí e Agora 9

33

(Recopilación de fotos das excursións de Andorra e Irlanda realizadas este ano)

ANDORRA.- Os alumnos de 3º de ESO e 1º de BAC foron a Andorra co fin de tomar

contacto cos deportes de inverno entre o 10 e o 17 de Xaneiro.

Page 34: Aquí e Agora 9

34

Page 35: Aquí e Agora 9

35

IRLANDA: Os alumnos de 4º de ESO viaxaron a Irlanda a última semana do 2º

trimestre. (Fotos cedidas todas polo Sr. TUENTI).

Page 36: Aquí e Agora 9

36

Page 37: Aquí e Agora 9

37

Club lector Por segundo ano, desde a biblioteca do centro organizamos un club de

lectura no que participaron diferentes membros da nosa comunidade educativa.

Cada trimestre propúxose un libro e celebrouse unha reunión do club de

lectura, para que todos aqueles que o leran puideran opinar e facer posta en común sobre

diferentes aspectos da obra. Aquí tedes un resumo:

1ª sesión: 18 de novembro de 2008

Son as alumnas Sandra e María (de 3º) as que propoñen a primeira

lectura e levan o peso da reunión: Sonrisas de Bombay de Jaume

Sanllorente.

Houbo opinións de todo tipo, pero, sen dúbida, a ninguén deixou

indiferente esta obra.

Contamos coa colaboración de Javier (profesor do Ciclo), profundo

coñecedor da India, que nos presentou un “power point” moi

interesante e emotivo. Tamén veu Cristina (profesora de inglés do

curso pasado), membro dunha ONG que ten aberta unha escola nese

país. Ademais, acompañáronnos catro alumnos de Seoane do Caurel, que nos fixeron

partícipes dunha experiencia que realizaron no seu centro coa finalidade de recaudar

fondos para axudar aos demais.

Por último, Sonia (profesora de Educación Física) púxose en contacto coa ONG de

Jaume Sanllorente para comentar o que fixemos e ofrecerlles o material elaborado.

Page 38: Aquí e Agora 9

38

2ª sesión: 17 de febreiro de 2009 Esta vez escollemos unha obra marabillosa que tamén foi levada ao cine: O lapis do

carpinteiro de Manuel Rivas.

Na reunión non houbo demasiada xente, aínda que a novela gustou moito.

Tamén puidemos ver a peícula, dirixida por Antón Reixa, cuxa proxección tivo máis

éxito de público.

3ª sesión: 20 de maio de 2009

Rebeldes de Susan E. Hinton foi un “best seller” da literatura

xuvenil. Quizais o feito de estar escrita por unha adolescente

contribuíra a darlle ese ton de verdade coa que tantos rapaces se

sentiron identificados. Levada ó cine por Francis Ford Coppola,

tamén foi un éxito de taquilla nos anos oitenta.

Nesta última reunión, invitamos ós participantes a

recomendar un libro ós demais para ler durante este verán.

Page 39: Aquí e Agora 9

39

23 de abril – Día internacional do libro

Para conmemorar a morte de tres dos homes máis importantes da literatura

universal celébrase o Día Mundial do Libro: o 23 de abril de 1616 morreu Miguel de

Cervantes Saavedra (considerado casi unanimemente como o pricipal autor da literatura

castelá), William Shakespeare (máximo representante da literatura anglosaxona), e

Garcilaso, el Inca, de la Vega (seudónimo de Gómez Suárez de Figueroa, peruano

considerado o máis importante dos cronistas de Indias na literatura hispanoamericana).

A data foi acordada de forma definitiva no ano 1995 pola UNESCO e, por

exemplo, en España faise coincidir coa entrega do Premio Cervantes, que é o máis

prestixioso galardón das letras hispanas.

No noso centro levamos varios anos celebrando este día cunha exposición de

traballos presentados polos alumnos de todos os cursos e convocada polo departamento

de Literatura castelá. O tema dos traballos é libre, sempre que estea relacionado co

mundo dos libros, en calquera lingua, e que invite ou fomente o gusto pola lectura.

A exposición deste ano foi entre o 20 de abril e o 5 de maio: agardamos que vos

gustase. Algúns traballos eran verdadeiramente bonitos; outros, moi elaborados; outros,

interesantes...

Aquí tedes algunhas fotos representativas:

Page 40: Aquí e Agora 9

40

LAURA GALLEGO GARCÍA

aura naceu o 11 de outubro de 1977 (31 anos) en Quart de Poblet (Valencia).

Con 14 anos rematou o seu primeiro libro “Zodiaccia, un mundo diferente”, que escribira xunto con outra amiga. Por suposto, ese libro xamais se publicou, pero está a disposición de calquera que o queira ler na súa páxina web xunto con outras novelas que non chegaron a ver a luz. Sen embargo, cando rematou ese libro tiña algo moi claro: quería ser escritora.

Comezou a escribir unha nova historia, cando estivo rematada mandouna a unha editorial, pero foi rexeitada. Aínda así Laura non se rendeu e baixo o lema “La próxima vez lo haré mejor” continuou escribindo e mandando as súas novelas a moitas editoriais e premios narrativos.

Non foi ata varios anos despois e catorce libros xa escritos cando chamaron a súa casa e lle dixeron que gañara o premio Barco de Vapor pola súa novela “Finis Mundi”, o seu libro sería publicado. Despois dese libro viñeron moito máis e hoxe, dez anos despois, Laura Gallego atópase na lista dos escritores máis recoñecidos a nivel nacional e internacional ademais de encontrase entre os autores favoritos dos

adolescentes. Entre os seus libros cabe destacar: -Memorias de Idhún (proximamente en cómic) -Dos velas para el diablo. -Crónicas de la Torre. -Alas de fuego e Alas negras (esta é a súa última novela). -El coleccionista de relojes extraordinarios. -La emperatriz de los etéreos. Actualmente ten publicadas: dezasete novelas, cinco contos e está traballando no guión para unha serie de debuxos animados para a televisión chamada “Sara y las

Goleadoras”, do que tamén se están publicando os libros. Os seus clásicos favoritos son “Don Quijote”, “Cien Años de soledad” e “La vida es sueño”. O seu libro predilecto é “La historia interminable”, de Michael Ende.

L

Page 41: Aquí e Agora 9

41

O seu traballo como escritora tamén inclúe firmas de libros como as da Feria do libro de Madrid, Barcelona ou Valencia. Chegou a ter a máis de 500 rapaces facendo cola e ten estado oito horas firmando. Ten trato con algúns autores coñecidos, entre eles Stephenie Meyer e David Lozano. Asiste a numerosos eventos tanto nacionais como internacionais ó longo do ano: xiras, firmas de libros, libro-fórums…

pasado mes de marzo estivo en Galicia e un par de alumnas do instituto tivo a oportunidade de asistir a un libro-fórum (charla) que deu en A Coruña. Entre outras

cousas contou que: -NON vai haber película de Memorias de Idhún, xa que ninguén lle pode garantir que se relatará todo o que se conta nas máis de 2200 páxinas que ten a triloxía. Os fans podemos culpar un pouco á persoa que adaptou ―La historia interminable‖, xa que Laura quedou moi descontenta

coa película. -Ten xa en mente un novo libro (¡esta rapaza non para!), aínda que temos que recordar que lle da moitas voltas ás historias antes de poñerse a escribilas. -Ningún dos personaxes que ela inventa están baseados en ninguén que coñeza, aínda que si coinciden uns protagonistas dunhas historias cos de outras (Kai de Crónicas de la Torre está inspirado en Jack de Memorias de Idhún).

-Moitos dos lugares que aparecen nas súas novelas son certos (non, Idhún non é de verdade). De feito, o seu libro “Finis Mundi” fai referencia a Finisterre. -Non haberá 4º parte de Memorias de Idhún. Segundo palabras da escritora, ―Jack, Victoria y Kirtash no han podido disfrutar de su adolescencia, ahora solo quieren descansar y hacer que sus hijos vivan en un mundo seguro‖.

O

Sandra e María con Laura

Gallego

Con Stephenie

Meyer

María Melle Goyanes

Page 42: Aquí e Agora 9

42

-COUSAS DE BURROS LITERARIOS-

Castelao

-Os homes non queren ser burros.

-Queren ser leóns, tigres, panteras, elefantes...

(Castelao; Album Cousas da vida)

Ben saben vostedes que os animais, como personaxes marabillosos e fantásticos, gozan

na fición dunha vasta tradición literaria. Dende que o grego Esopo inventou as

Fábulas, estas no deixaron de retomarse, recrearse e ampliarse nas distintas épocas e

por distintos autores. O latino C. Fedro ( S. I ), o francés Jean de la Fontaine (1621-

1695), os españois Samaniego (1745- 1801) e Tomás de Iriarte ( 1750-1791), a

inglesa Beatrix Potter ( 1858-1943) ou os escritores hispanos máis contemporáneos

coma Borges, Cortázar, Javier Tomeo, Cabrera Infante , Augusto Monterroso…

que tamén apostaron por estas composicións.

Todas elas teñen en común ser breves historias protagonizadas por animais (tamén

plantas u outros obxectos personificados) que amosan con humor e ironía vicios e

virtudes do ser humano e propoñen ao lector unha reflexión. Certo que a explicita e

deliberada intención didáctica e moralizante que tiñan ata o século XIX foise diluindo

nos contos máis modernos, sendo sustituida agora por un escuro misterio o un

incompleto final que desconcerta ao lector de hoxe más perspicaz e anceioso da

suxerencia que dos finais pechados.

Escribir sobre o protagonismo dos variados animais que aparecen nas fábulas é labor

complexo, por iso hoxe vou tratar somente de “Burros”. A cousa vén porque ante a

ignorancia manifestada por min no uso dunha palabra, alguén me espetou un dereitazo:

“¡Burrica!” E eu, que son agradecida, dixen para os meus adentros “Chámame can, pero

dame pan”, pero polo aquel de que a mellor defensa é un bo ataque, respondín cunha

Page 43: Aquí e Agora 9

43

sinistra sutil: “Non te poñas farruco, que che atizo cos burros filósofos de Castelao”. E

niso ando, que lle quero atizar ao que me desasnou falando dalgúns ilustres

cuadrúpedos que foron inmortalizados nas páxinas literarias.

Primero aclararei que o cualificativo de “filósofos” para os burros de Castelao é meu,

pero tentarei convencelos de que merecen tal adxectivo co conto do rianxeiro que lles

deixo ao remate . Agora teñan un chisco de paciencia e agarden unhas liñas máis que

aínda me restan uns cantos orneos literarios. E verán, verán, como na historia da

literatura hai aquelados e simpáticos xumentos para escoller e recrear.

Por exemplo, O burro cagaduros, asno cómplice dunha historia de amor, que con gran

orneo de satisfación excretaba moedas de ouro pola retagarda cando o amo facía xirar as

alongadas orellas do animal. Curioso como a galiña do conto dos ovos dourados, ¿non

si? Pois a este valioso xumento poden atopalo en Cuentos al amor de la lumbre de A.

R. Almodóvar (Madrid, Anaya, 1988)

Outro dos mes burros favoritos é O asno de Buridán, un poco absurdo e paspán, o

pobre, mais moi aleccionador para necios e burros indecisos polo paradoxo que

plantexa. Enfrontado ante dos feixes iguais de palla, o animal no sabe cal escoller e

remata morrendo de fame (xa ven, as veces un deus dá pan a quen non ten dentes). O

nome que recibe o animal vén por ser o protagonista dun antigo argumento escrito polo

francés Jean Buridán (1300 -1358), teólogo escolástico discípulo de Guillermo de

Ockhan, defensor do libre albedrío e da posibilidade de ponderar toda decisión a través

da razón.

Page 44: Aquí e Agora 9

44

Asno de Buridán

Ademais de Buridáns e Cagaduros temos tamén a fieis asnos como o inesquecible

“Rucio”, o inseparable compañeiro e amigo dunha égoa fraca transformada nun

flamenco “Rocinante” polo maxín dun Fidalgo Cabaleiro castelán. Sí, falo do mesmo,

do “Rucio” que transportaba con paciencia e dignidade por manchegas terras o peso do

escudeiro que se soñaba gobernador da prometida, polo da Triste Figura, Ínsula de

Barataria.

Miguel de Cervantes

E xa para rematar e non ornear demasiado, traio aquí a un burro “Pequeno, peludo,

suave; tan brando por fóra, que se diría todo de algodón”; ese burro cordial e

agarimoso que nos transporta a candorosa infancia, como o meu “Majín”, de “Majo”, e

coa caprichosa “J” das Pájinas Escojidas de don Juan Ramón. Porque o Majín, malia

non ser ben parecido, foi o meu fermoso e entrañado Platero da infancia. Pero, miren,

non lles quero ser pesada. A historia do Majín queda para outro día.

Page 45: Aquí e Agora 9

45

Juan Rámon Jiménez

Déixolles unha pequena fábula de Miguel Agustín Príncipe (Caspe, 1811- Madrid

1863) e o texto anunciado, unha Cousa de Alfonso R. Castelao (Galicia, 1886-

Arxentina, 1950).

El hombre y el asno

“Aunque parezca broma,

conviniéronse un Hombre y un Borrico

en enseñarse el respectivo idioma;

y el Burro… ¡suerte impía!

no aprendió ni un vocablo solamente

en dos años de estudio y de porfía,

entretanto que el Hombre, en solo un día,

aprendió a rebuznar perfectamente.

No trates con el bruto ni un minuto,

pues no conseguirás la alta corona

de hacerle tú persona,

y puede suceder que él te haga bruto”. Miguel Agustín Príncipe

O Burro non bulía nin chisco

“O burro non bulía nin chisco: tiña os olhos abertos, enfiados no chao, e polas trazas

o burro cavilaba de firme , asolagado nas súas cavilacións. Eu enfiei os meus olhos

no burro é tamen me puxen a cavilar, esquecido de min mesmo; ensumíndome nos

adentros da besta, e sen facerme cargo, os meus pensamentos eran os do burro.

Os homes non queren ser burros; quixeran en troques seren leóns, tigres,lobos...,

xustamente porque os homes son máis burros que leóns, que tigres, que lobos...Por iso a

verba "burro" é un alcume aldraxante para eles.

Page 46: Aquí e Agora 9

46

O meu lombo rexe con calquera home e secomasí os homes prefiren un cabalo, un

elefante...calquera besta máis grande que eles, de modo que ninguén poida dicer:"Velaí

van dous". Non nos aprecian porque ollan en nós as virtudes dos homes de ben. Somos

amigos dos probes, amparo dos mendicantes, temos levado no lombo a Noso Señor e

San Francisco Asis; pero non levamos ningún guerreiro.

A paz virá cando os homes todos queiran ser burros.

Chegaron a negarnos caletre porque andabamos pola veira dos camiños. Parvos. Un

burro pode morrer asasinado por un auto; pero un burro non cae debaixo dun auto,

como caen os cans e as galiñas... Nós presentiamos a chegada dos autos denantes de

inventalos o demo do inferno.

Niste punto volvín en min”.

(Cousas, Daniel R. Castelao Edit. Galaxia, Vigo, 2005 )

Pepa Barrios

Page 47: Aquí e Agora 9

47

A saga Crepúsculo, unha de

vampiros… Na versión cinematográfica o éxito de recadación estaba asegurado polos

antecedentes literarios de Crepúsculo, enchendo as salas de cine. O filme chegaba despois de que se venderan máis de 17 millóns de novelas de Stephenie Meyer en todo o mundo.

Segundo as distintas fontes en poucos días superaba as anteriores cintas de materia vampiresca ao estilo de Drácula de Bram Stoker, Underworld, Blade, Van Helsing ou Entrevista con el vampiro. Só en España Alfaguara xa vendera, ao chegor a película a España, en castelán e catalán arredor dun millón de exemplares dos catro libros. A adaptación á pantalla grande de Catherine Hardwicke veu cargada de romanticismo, e así, advertimos unha loita entre o instinto animal e os sentimentos máis puros do vampiro

Edward Cullen (Robert Pattinson), que busca superar unha singular adicción: o amor que chega a sentir por Isabella Swan (Kristen Stewart). O inmortal experimenta sensacións opostas: por un lado sente o desexo de estar ao seu carón e pretende controlar o seu instinto, intentando sentirse de novo coma un humano, pero por outro ve a rapaza como comestible e ansía chuchar o seu sangue. Pola súa parte, Bella está tentada a deixarse morder e acadar así a inmortalidade que lles permitiría estar xuntos para sempre. Este é un xeito de plasmar o amor eterno, que vai da man dunha tamén eterna xuventude, nos 17 anos que ten Edward, un vampiro novato de 108 anos que se agocha nun corpo de estudante.

Bella toma a iniciativa desa unión co vampiro, quen nun primeiro momento se amosa esquivo. O filme conta a historia dunha moza que toma a decisión de deixar temporalmente a súa nai despois da nova voda desta última. Vai vivir un tempo co seu pai, que resulta ser o xefe de policía de Forks, unha vila de Wáshington onde vive unha xeración de vampiros un tanto diferente á que coñecemos por outras versións cinematográficas. Alí atopa a uns rapaces cheos de misterio, compartindo mesa con Edward Cullen, de quen se namora. Bella di que "hai tres cousas das que estou completamente segura. 1ª, Edward é un vampiro. 2ª, unha parte del morre por beber o meu sangue. E 3ª, estou total e perdidamente namorada del".

Forks, o espazo onde sucede a acción, é un lugar onde non deixa de chover, cheo de humidade. Alí atopará a alguén moi especial coa pel extremadamente branca e fría. Cos beizos mouros. Cunha ollada penetrante que brilla como ningunha outra. Desexo e intriga. Dúbida e atracción. Seducción e perigo. Todo isto fai do amor, a priori imposible entre os protagonistas da novela (e agora do filme, xa en DVD), unha paixón íntima, que se estreou o 5 de decembro en España e que foi recibida como auga de maio polo público, comezando a rodarse no mes de marzo Luna Nueva, a segunda entrega da saga.

Foron miles as persoas que desfrutaron co filme dos vampiros e persoalmente confeso que vin primeiro a película e que despois lin o libro. O certo é que os que lemos a obra que abriu a saga de Crepúsculo ficamos con sede de máis. Crepúsculo enganchoume e a partir dese momento souben que tiña a necesidade de ler as outras partes desta saga: Luna Nueva, Eclipse e Amanecer. O primeiro libro de Stephenie Meyer chegou ás miñas mans, entre outras moitas cousas, como un agasallo de Nadal. Este regalo de Reis, o do meu exemplar de Twilight (Crepúsculo en español), xunto á súa lectura, que permite desfrutar de todo aquelo que a sétima arte non reflicte, convidáronme a ir de novo ao cine, para ver por 2ª vez a película estrenada un mes antes en España, co fin de rememorar os instantes máis intensos do libro.

Page 48: Aquí e Agora 9

48

Unha incrible historia de amor de máis de cincocentas páxinas que fixo que con Crepúsculo se abrise outro mundo para buscar ansiadamente a segunda entrega da saga, Luna Nueva, un fantástico agasallo co que alimentar a imaxinación. Foi unha lectura

apaixonante, chea de forza e sentimentos enfrontados. Unha loita de lume e xeo. Por unha banda a pel ardente de Jacob Black, un licántropo que axuda a Bella a superar a ausencia do seu amado, Edward Cullen. Pola outra a fría retirada do vampiro, que ao volver lle transmite á humana a esperanza de pasar unha vida xuntos para sempre, un sentimento contra o que Bella intenta loitar por se as cousas non saen ben, despois de varios meses sentíndose desgrazada sen o "chupasangues", como chama o seu amigo Jake o vampiro. Páxina a páxina, Stephenie Meyer, que

actualmente vive en Phoenix, Arizona (de onde precisamente chegaba Bella ao comezo de Crepúsculo), consegue engancharnos máis e máis á historia. A saga que segue a historia de amor sobrenatural máis adictiva de todos os tempos é como unha droga… Como non sentirse fascinados por Edward Cullen e como non sucumbir diante das descricións que fai a autora en boca de Bella? Como poder resistirse ante unha beleza marmórea e un torso pétreo que non iguala ningún humano? Como non querer vivir unha historia (aínda que imposible) así? Como renunciar a un amor que sexa PARA SEMPRE en maiúsculas, que dure ETERNAMENTE? Está claro que Meyer fixo moi ben o seu traballo, sendo milleiros os lectores entregados á máis adictiva historia de amor. Cando un toma a decisión de subir a este barco e viaxar polas páxinas dos libros de S. Meyer tamén desexa chegar ao final e ficar "sen alento", como din as críticas, ao ler Amanecer, un libro que din corta a respiración, pero antes convén a lectura de Eclipse. Un amor secreto. Imposible talvez. Enfrontado a miles de obstáculos. Perigoso. E a loita interior do vampiro por manter a salvo a Bella, unha loita que parece que se vai disipando cara ás páxinas finais de Luna Nueva, cando a decisión de formar parte da familia Cullen por parte da moza se fai máis patente. Romance e intriga. Un montón de sorpresas e un fardo de emocións que fan dese amor perigoso unha adicción.

Edward di: "A miña vida era coma unha noite sen lúa antes de encontrarte, moi escura, pero cando menos había estrelas, puntos de luz e motivacións… e entón ti cruzaches o meu ceo coma un meteoro. De súpeto, acendeuse todo, todo estivo cheo de brillantez e beleza. Cando ti te fuches, cando o meteoro desapareceu polo horizonte, todo se volveu negro. Non cambiara nada, pero os meus ollos quedaran cegados pola luz. Xa non podía ver as estrelas. E nada tiña sentido (…) Reterasme de forma penetrante e inquebrantable. Nunca o dubides". Nesta entrega o vampiro Edward Cullen busca a súa propia morte ao chegarlle erroneamente a nova de que Bella morreu. Cando J. Black asegura que o pai de Bella, Charlie, está no enterro (do seu amigo Clearwater) pensa que Bella definitivamente morreu ao facer salto de acantilado, como lle suxerira a súa irmá vampira Rosalie. Entón Edward non pode superalo e despois de estar durante meses vagando dun lugar a outro, practicando técnicas de rastreo para poder acabar con Victoria se se dá a ocasión de que esta volva a Forks para acabar con Bella (como vinganza á morte que el lle deu á súa parella, o vampiro James cando quería darlle caza á indefensa humana), decide buscar a súa propia destrución.

Como lograr a fin un inmortal? Facendo que outros coma el acaben coa súa existencia. Para iso decide provocar a ira dos Vulturis. E desprázase ata Volterra, ata onde chegará Bella (axudada por Alice) para impedir que todo remate amargamente. Saen de Volterra a salvo, pero deben cumprir unha condición imposta polos Vulturis: Bella sabe demasiado sobre os vampiros, e deben transformala. Ten que deixar de ser humana. Así, con esa promesa futura, logran volver para o fogar en Forks, sen ter que aceptar a proposta de Aro e Cayo para ficar alí, xa que os integrantes dese aquelarre de vampiros ansían contar cos dotes de Edward para ler o pensamento e de Alice para ver o futuro. Pensan que sería moi útil para os Vulturis contar con eses dous compoñentes da familia Cullen. Xa ten dúas ameazas: Victoria e os Vulturis. Se Edward non a transforma, Bella sabe que despois da súa graduación o fará Carlisle, o "pai" adoptivo daquel.

Page 49: Aquí e Agora 9

49

Bella está tan namorada de Edward que chega a afirmar que "non desexaba convertirme nunha fonte de culpa e angustia na súa vida. El tiña que ser feliz, e non me importaba que precio tivera que pagar eu". É consciente da dor sentida ao saber o mal que o pasou durante a ausencia de Edward, do furado que quedou na súa alma e que intentou curarlle Jacob Black. Na terceira entrega da saga Crepúsculo, Eclipse, ábrese paso á intensificación dunha relación de amor prohibido que vai in crescendo. Bella está perdidamente namorada do vampiro e asegura que "se fose por min, pasaría a maior parte do tempo bicando a Edward. Non había nada que eu tivese experimentado na miña vida comparable á sensación que me producían os seus fríos labios, tan duros como a mármore, pero sempre tan doces ao deslizarse sobre os meus. Polo xeral, non adoitaba saírme coa miña". Unha situación complexa. Máis cando Bella quere pasar a ser inmortal e coñece a condición do seu noivo para levala á práctica.

Se quere que sexa el quen a transforme debe aceptar a súa humilde condición: que case con el primeiro, sabendo que Bella foi a única que lle chegou ao corazón, o seu único amor, e que ela se amosa contraria á idea do matrimonio. É moi nova. Acaba de saír do instituto e iso dunha voda tan rápida xa non se estila. Pero Edward é doutra época. No seu século todo era diferente. El ten claro a quen ama. Bella tamén, pero ve innecesario pasar polo altar. Non obstante, acabará cedendo porque el é o que

máis quere. Edward Cullen é o centro do mundo para Isabella Swan. A súa é unha atracción como de imáns, achegados un ao outro mesmo pola forza da gravidade. Bella é una especie de satélite para Edward, quen sente algo sumamente intenso pola rapaza, sufrindo o inexplicable cada vez que ela quere dar un paso máis na relación física entre ambos os dous e ten que ser el o que poña o control, o freo por medo a matala, xa que cando están tan xuntos sente que a súa concentración diminúe demasiado.

O Frío (o bebedor de sangue) como se alude na obra para facer referencia ós vampiros (tamén chamados ‘sanguijuelas’, ‘chupasangres’ ou ‘parásitos’, segundo os quileutes) é superprotector con Bella, quen rexeita que lle faga agasallos ao considerar que el é máis importante que ninguén no mundo, e que o regalo que lle entregou é el mesmo, moito máis do que merece, cando se considera con Edward nunha balanza moi desequilibrada. El é un ser perfecto, amable, xeneroso e moi, moi atractivo, segundo o describe a autora da saga. Ela só é unha rapaza normal, torpe e tocada pola mala sorte á hora de poñerse en perigo e ver a morte de fronte en demasiadas ocasións. Trátase dun amor imposible que avanza a pasos xigantes.

O vampiro séntese mal ao ver que o licántropo amigo de Bella si pode regalarlle algo pola graduación, mentres que el como noivo non pode entregarlle nada, menos despois da discusión polos regalos feitos no seu 18 aniversario. Agora Bella acepta un regalo, despois de que Jacob Black lle dera unha pulseira de prata cun lobo tallado en madeira e feito por el. Acéptao por ser algo usado que Edward levou con el durante un tempo: un corazón de pedra (un diamante), todo un símbolo do que é o vampiro: duro e frío. Ademais á luz do sol o corazón brilla, como lle pasa ao seu corpo coa iluminación. Ese corazón é silencioso, non latexa, coma o de Edward, que xa llo entregou a Bella tempo atrás ao amala incondicionalmente e para sempre.

Bella ten claro que el non pode pretender que entre no ceo se alí non van estar xuntos. A súa definición do inferno é precisamente o lugar onde non estea Edward. Pretende salvar a alma do vampiro e só por iso aceptará a condición do matrimonio para intentar consumar a súa relación antes de ser transformada nun ser inmortal, unha idea que nunca agradou o vampiro. Ela está decidida a formar parte da familia Cullen, renunciando a moito da súa vida humana, como ver os seus pais e compañeiros de instituto. Terá que desaparecer.

Page 50: Aquí e Agora 9

50

Non poderá ter fillos. Terá que pagar un prezo moi alto para estar con Edward eternamente. Pero sabe que vale a pena. Así di: "Edward (...) non teño ningún interés en vivir para sempre se non é contigo. Non querería nin sequera vivir un día máis".

El tamén ten claro que a postura de convertela é moi "egoísta", polo que di que "se houbera algunha forma de convertirme en humano para estar contigo, non importa o seu prezo, pagaríao feliz", xa que "non tiña dereito a posuírte, pero fun e tomeite de todos os xeitos. Agora mira como acabaches: intentando seducir a un vampiro". É tan xeneroso que ao saber o que ela sente por Jake non lle pide que escolla, senón que só sexa feliz. Engade "toma o que queiras de min, ou nada en absoluto, se iso che parece mellor. Non deixes que ningunha débeda que creas ter comigo inflúa na túa decisión". Bella sabe que o amor por Edward é máis forte, sen el non podería vivir. "Envolveume cos seus brazos e bicoume dun xeito que debía ser ilegal. Demasiado persuasivo, era como unha coacción, unha intimidación".

Chega Amanecer e con este cuarto libro, de 826 páxinas, o matrimonio de

vampiros formado por Edward Cullen e a neófita Bella Swan chega ao cumio na súa relación amorosa. Despois de ter relación sexuais antes de convertirse en vampira, Bella fica embarazada e teñen unha filla, Renesmee, contra todo pronóstico, xa que nin o propio Edward nin o resto da familia Cullen (agás Rosalie), nin por suposto os licántropos, ven con bos ollos este feito, que pode custarlle a vida á humana e que está vencellado ao medo provocado en séculos anteriores polos nenos imortais. A través de Irina, outra vampira, o aquelarre dos Vulturis sabe da existencia da nena e acoden con todo o exército para facer pagar caro aos Cullen ese quebranto da lei que non foi tal, xa que a nena foi concibida sendo Bella humana, e tendo polo tanto, unha parte inmortal (do pai) e outra mortal (da nai). É semihumana. Un agasallo para a familia Cullen que engaiola a todo aquel que a ve, xa que se trata dun ser moi especial.

Grazas ás pescudas de Alice de casos semellantes na súa especie, poden presentar diante dos Vulturis a Nahuel, e facer comprender así ao aquelarre de Volterra que a filla de Edward e Bella non supón ningún perigo, polo que a loita que todos agardan non se produce. Renesmee, imprimada por Jake, sálvase e non ten que marchar con el deixando os seus pais. Todo ten un final feliz, para acabar a novela cun esforzo de Bella (grazas aos ensaios feitos coa vampira Zafrina), para permitir que Edward coñeza o seu pensamento a través dos recordos que ten da súa vida humana e da nova existencia. Pon as mans sobre a cara do seu esposo e manten o seu escudo afastado, compartindo con el as mellores lembranzas: ‘tiña recordos moito máis agudos e perfectamente definidos: o seu rostro nada máis abrir os ollos á nova vida, ao amencer interminable da inmortalidade, aquel primeiro bico, esa primeira noite…'

Ruth Fernández Fernández

Á espera de que saia á luz outro novo libro,

anunciado como Sol de Medianoche, que viría a contar

toda esta historia de amor dende o punto de vista de

Edward Cullen, os seguidores da saga damos grazas á

autora,

S. Meyer, por deixarnos desfrutar dos misterios de

Crepúsculo, a través das miles de páxinas que conforman

este universo particular que puxo de moda a materia

vampírica.

Page 51: Aquí e Agora 9

51

O DESERTOR

Señor Presidente

escríbolle esta carta

que quizais lerá

se ten tempo.

Veño de recibir

os meus papeis militares

para marchar á guerra

antes do mércores.

Señor Presidente

non a quero facer

non estou na terra

para matar a pobre xente.

Non quero enfadalo

mais teño que dicirlle

a decisión está tomada

vou desertar.

Dende que nacín

vin o meu pai morrer

os meus irmáns marchar

e os meus nenos chorar.

Miña nai sufriu tanto

que está xa na súa tumba

mófase das bombas

mófase dos versos.

Cando estaba prisioneiro

roubáronme a muller

roubáronme a alma

e todo o meu pasado.

Mañá ben cedo

pecharei a miña porta

fronte a tantos anos mortos

e irei polos camiños.

Page 52: Aquí e Agora 9

52

Mendigarei a miña vida

Polos vieiros franceses

dende Bretaña a Provenza

proclamarei entre a xente

Rexeitade obedecer

rexeitade facela

non vaiades á guerra

rexeitade marchar

Se temos que dar o sangue

dea primeiro o seu

vostede é bo apóstolo

señor Presidente.

Se me mandan buscar

avise os seus xendarmes

que non terei armas

e poderanme abater.

BORIS VIAN

(Versión galega realizada polas alumnas e alumnos de 2º de BAC A- B-C na materia de francés segundo idioma).

Page 53: Aquí e Agora 9

53

-BORIS VIAN- Boris Vian naceu en Ville-d’Avray, preto de París en 1920, e faleceu en 1959 na capital francesa, antes de cumprir corenta anos. Creador multiartístico, foi un home dunha inmensa enerxía e curiosidade vital, que o levou a compaxinar a súa profesión de enxeñeiro cos mundos do jazz, da canción, da literatura, da tradución, do cinema e do humor irredutible. A súa canción Le déserteur, escrita en 1954 e prohibida durante longos anos pola censura, converteuse nun himno internacional da non violencia e da rebelión fronte aos poderes establecidos. Foi cantada, entre outros moitos intérpretes, por Serge Reggiani, Joan Baez ou Renaud.

Page 54: Aquí e Agora 9

54

Os seres humanos temos unha gran capacidade para facernos preguntas, aínda que moitas veces non as formulemos por temor ó absurdo que soaría. Este peculiar don é importantísimo na nosa vida xa que o que non se fai preguntas, non trata de buscar respostas. Nestas páxinas tráiovos as sulucións a algunhas desas preguntas sen sentido que nos pasan polo maxín en salas de espera, discursos, traxectos en bus e demais lugares de diversión.

Existe un método científico para quitar o hipo? Non sei canto ten de científico, pero existe un método bastante efectivo á marxe de clásicos como “aguanta a respiración”, “bebe sete grolos de auga” ou “estás pisando

unha rata xigante!!!!” Este método baséase na concentración. Haise que concentrar no próximo “hip”, adiantándnos a el e véndoo vir. Se se fai ben, non teremos máis hipidos.

Por que preferimos plátano ás outras froitas?

Vale, non a todo o mundo lle gustan os plátanos nin todo o mundo os prefire ás mazás, pero case todos os temos entre as nosas froitas predilectas. A resposta ben podería ser o seu doce sabor, pero hai algo que inflúe tanto ou máis: tárdase tres segundos en pelar un plántano, o que convirte a este froito nun alimento ideal para vagos/as ou persoas ocupadas.

Para que pechamos os ollos ó espirrar? Seguramente moitos de vós lestes/oístes nalgunha ocasión que os ollos se pechan porque senón saltarían das órbitas. Parece ser que isto non é certo pero que si ten unha base real. Ó espirrar, o aire vai saír de dentro a máis de 100 km/h polo primeiro burato que atope. Se non pechamos os ollos, unha parte deste aire irase polos espazos que deixan os músculos oculares, facendo que os globos saian un pouco para fóra—non ata o punto de “saltar”— e deixando alí todos os xermes non desexados, o cal tampouco parece aconsellable.

De verdade o lince ten boa vista? Si, é certo que é un dos animais con maior capacidade visual; pero tamén é certo que o de ter vista de lince non vén de aí. Máis dun entendido defende que o dito vén do fillo dun rei dunha cidade de Oriente Medio do que se dicía que era capaz de ver cando partía unha tropa inimiga de Cartago desde o seu cuarto en Libia. Este rapaz

Page 55: Aquí e Agora 9

55

chamábase Linceo, e tamén circulaba o rumor de que era capaz de atravesar obxectos sólidos coa vista. Xa vos podedes imaxinar o que pasou. Imperdible ou imprendible? Poucos nomes de obxectos causan tanta polémica como o deste sofisticado curmán das agullas e dos alfinetes. Como ben nos dita a lóxica, a forma correcta é “imperdible”. Se o pensas ben parece que non hai discusión posible, pero aínda así sempre te atopas con alguén que che di que ten moito máis sentido que veña de “prender” ca de “perder”.

Cantas patas ten un cempés? Por incrible que pareza si, si que hai xente que se parou a contarlles as patas e… resulta que non todos teñen o mesmo número! Dise que de trinta para arriba pero que moi poucos chegan ás cen.

Onde está Babia? Na provincia de León. Disque a realeza medieval castelá se retiraba a Babia para descansar e practicar a caza, polo que cada vez que alguén preguntaba polo rei recibía a resposta de “está en Babia” que deu orixe á expresión.

Os peidos contaminan? Si. Cando expulsamos unha ventosidade estamos lanzando gas metano á atmosfera. Precisamente non hai moito saíu un estudo no que se demostra que os peidos de vacas supoñen o 30% dos gases contaminantes en Arxentina. Se isto o fan as vacas, imaxinádevos os elefantes!

Sandra López Pereiro

Page 56: Aquí e Agora 9

56

1ºPREMIO:

AQUELA ESTRELA Xa a empecei a ver con tan só 5 anos…era unha cousa que brillaba intensamente

no ceo cada vez que eu a miraba…era fantástica, tiña un brillo especial!!

Un día deime conta que non era como o resto de pequenas, eu tiña algo

especial…non me dera conta ata que un día…

Estaba xogando na casa dos meus avós cando de socato vexo que algo brila

intensamente no ceo, sen pensalo a vista desvióuseme cara a aquela intensa luz…

De repente sentín algo especial e véuseme á cabeza unha imaxe da miña avoa

falecida cando eu era pequena. Corrín ata chegar ao meu cuarto e púxenme a

chorar…

E empezaron a aparecer unhas fadas ao redor de min…

Como era iso posible, estaría soñando?

Pois no momento en que oín a miña nai berrarme deducín que fora un soño….

Ao día seguinte a miña vida foi igual que sempre…ningún cambio aparentemente

visible que me puidera facer dubidar se aquilo que me pasara fora un soño…

A verdade é que o meu día a día non era coma o dunha pequena normal…pola

mañá levantábame e ía á escola onde estaba sentada ao lado da profesora. Ás

veces tiña que irme para a casa antes que o resto dos rapaces para ir ao doutor xa

que segundo oía dicir tiña como “ataques”.

Apenas tiña amigas, só as moreas de libros acomodados no estante da miña

habitación.

A verdade e que eu creo que nin meus pais me entendían, non eran capaces de

ver que debaixo daquela pequena a que ás veces lle daban “ataques”, había

alguén normal e corrente.

Pasaron meses ata que volvín ver aquela estrela…a verdade é que nos días que

transcorreran entre que a vin por última vez, e a volvín ver, tomara moitas

menciñas e ós meus pais víaselles máis felices comigo ca antes.

Cóntovos como foi: estaba na escola (concretamente en clase de ciencias) cando

de repente miro pola fiestra cara ao ceo e vexo aquela “cousa” luminosa; dicíame

algo pero eu non conseguía entender o qué…era como se me quixese pegar

porque facía uns acenos moi raros coas mans.

Cando estaba a punto de descifrar o que me ía dicir oín a voz da miña mestra…e

posteriormente xa me encontrei na casa tomando as “ditosas” menciñas.

Meus pais xa se volveron poñer tristes e empezaron a levarme ao doutor e

psicólogos e eu sen entender para qué!!

Cada vez que me levaban a un doutor viñan cargados de máis menciñas para min.

“Non pode ser que por ver unha simple estrela te cargaran de tantas menciñas”

(pensaba eu).

Pasaron meses…

Page 57: Aquí e Agora 9

57

Ata que un día cando estaba na casa dos meus avós volvín ver esa estrela, alí

estaba brillando coma sempre, agora estaba disposta a escoitar o que me dicía,

entón foi cando me vin rodeada de fadas, agarrábanme xa que me tiñan suxeita

por uns cordóns para que non escapase.

Dicíanme que non ía pasar nada, que non me farían dano pero a min non me

gustaba aquela xente…non era posible (pensaba eu) só quería ver a estrela e

entender o que me dicía cando me vin envolta en todo aquilo…

Eu esperaba oír o berro de miña nai, da profesora, do doutor de alguén…alguén

me tiña que sacar de alí.

Pasaron os días e eu seguía atada a unha cadeira de madeira rodeada de fadas que

sempre me dicían o mesmo, cando escoitei o desexoso berro de miña nai.

Cando abrín os ollos todo era moi distinto do meu día a día habitual.

O primeiro que vin…foi eu atada a unha cama…rodeada de enfermeiras,

doutores, meus pais…estaba moi asustada…canto tempo pasaría dende que eu

vin a estrela por ultima vez?¿

Preguntáronme moitas cousas e eu conteilles todo…o que non entendía era

porque os demais non vían a estrela, as fadas que me ataban a cama…etc.

Cando saín do hospital leváronme a un centro onde había persoas maiores, bueno

a parte de min que era nova…alí todos parecían vivir noutro mundo…coma se

non se enteraran de onde estaban.

Empezaba a rebotarme cando volvín ver aquilo…desde esta ultima vez só

recordo espertar para tomar menciñas….e sempre que espertaba estaba nunha

cama; era como se me abandonasen, se me deixaran alí para sempre…

Goretti Valiña Vázquez

2º PREMIO

¡OUTRO DÍA MÁIS! No mar todo era silencio, nas casas veciñas todos durmían, a noite estaría silenciosa se non fora pola barulleira que proviña da cociña da miña casa. Unha vez máis, meus pais estaban a discutir. Supoño que tódolos pais discuten algunha vez pero é que os meus discuten continuamente. Isto non o digo con retranca e co fin de dar pena nin importancia, isto dígoo porque se a alguén máis lle está pasando o que me está a pasar a min, que lle mando moitos esforzos para que poida seguir adiante. Eu considérome unha persoa forte e non acostumo a preocuparme nin apenarme demasiado polo que me pasa pero chega un punto en que todo o mundo deixa de ser un “insensible”. Bueno, pero imos ó que imos, a contarvos como é o meu día dende que toca o espertador ata que por fin chega a hora de irme durmir ó meu cuarto. Antes de nada (non sei porque non volo dixen antes, quizais porque non viña a conto) chámome Roi, vino nunha casa nun pobo de Toledo, teño 13 anos e curso 2º da ESO xa que nunca tiven que repetir curso. Aí vou:

Page 58: Aquí e Agora 9

58

7:30_Toca o espertador, pero eu apágoo ó instante xa que esperto media hora antes cos berros dos meus pais que se van traballar e non se poñen de acordo en nada. 8:00_Por fin quedo só, aínda que só me queda un cuarto de hora para estar ás miñas anchas na casa. 8:15_Óese o timbre, deber de ser xa os meus amigos que veñen a recollerme para ir xuntos ata o instituto. Vouno comprobar. Sí que son. Eu acostumo estar preparado cando eles veñen, pero hoxe, como estou escribindo isto, esquecinme por completo. Así que o único remedio que me queda é deixar de escribir ata que volva chegar. Adeus. 14:30_Xa estou aquí. A verdade, non foi un dos peores días xa que a de lingua púxome un positivo e o de ximnasia díxome que era moi bo en balonmán. ¡Xa vedes o que é un bo día para min! Bueno, vou xantar que xa me está a berrar miña nai, logo sigo. 15:00_¡Volvín! Xa hai tempo que rematei a comida pero estaba a ver o televisor, que a esta hora botan uns debuxos moi divertidos. Sí, xa sei que teño 13 anos, pero eu sigo a ver os debuxos animados (a maioría, por moito que o desmintan e se fagan os maduriños, eu estou case segura de que os ven coma min), pero bueno, estoume desviando moito da historia principal. A esta hora acostumo facer os deberes pero xa os farei máis tarde, prefiro contarche as miñas “historias”. 15:05_Xa me está a berrar miña nai que cando penso face-los deberes (mamaíña), pero bueno, síntoo moito, peor vounos ter que ir facer...Miña nai xa se vai, que ten xornada de tarde, teño por diante unha tarde bastante tranquila. Ata agora. 16:27_Ola! Como podedes apreciar son un rapaz bastante eficiente xa que traía unha morea de deberes e só tardei unha hora e pouco máis en facelos. Hai momentos en que me marabillo de min mesmo, espero que a todos vos pase o mesmo... 16:31_Estiven pensando un anaco e creo que che vou confesar os meus temores e historias, xa que se escribo isto é para intentar motivar e axudar a aqueles que sofren o meu problema. Para contarche máis ou menos, vou facer un resumo, moi, moi, moi resumido da miña vida: Eu nacín hai 13 anos nun hospital de aquí, de Toledo, daquela (como ben me informei despois polo meu avó), meus pais xa discutían, de feito xa discutían antes da voda e tamén me dixo que ata na voda se formara un balbordo tremendo por culpa deles dous, pero en fin, iso por sorte, non me tocou vivilo. Tódolos días transcorrían así ata o día antes da miña comuñón, no que eles dous me comunicaron que decidiran facer un esforzo (e vaia esforzo que tiñan que facer!) para que na nosa familia reinara de novo a felicidade. Daquela foi cando eu pense: “De novo? Se nunca reinou a felicidade na nosa familia” pero, como de primeiras me impresionara tanto positivamente decidín non dicir os meus pensamentos en alta. E ben quen fixen. Como poderedes supor, eu crino todo e pensei que todo cambiaría a partir de entón, e funcionou o día da miña comuñón, por sorte, pero ó día seguinte xa volvera o de tódolos días. A min decepcionáronme moito pero que ía facer eu?, de todas formas, xa estaba acostumada. Uns días máis tarde, o meu único apoio (o meu avó) faleceu. Ese, sen dúbida foi o peor día da miña vida. E ata agora, que eu contara, non houbo un só día en que non dixeran unha palabra máis alta que outra. 18:24_Escribo a hora soamente para que te deas conta do moito que tardei en escribir tan só 20 liñas (e a ordenador!). Con isto non quero dicir que sexa moi lenta escribindo, non tal, soamente que todo o que escribín é a crúa realidade e é

Page 59: Aquí e Agora 9

59

imposible que con lembranzas tan amargas non se me veñan ós ollos unhas bágoas. 18:30_Queda media hora para que veña o meu pai. Agora vouche dicir o que penso do problema que teñen os meus pais: eu creo que o mellor é, por moito que me moleste e me doa, a separación. E vós diredes que son mal fillo por desexar a separación dos meus pais, pois non sei, o que si sei é que non hai cousa que máis doa que ver a dúas persoas pelexar continuamente por pequenas cousas, e máis sendo matrimonio. Creo que teñen un gran problema de compatibilidade, ata me atrevería a dicir que nin como amigos se levarían ben, aínda que si mellor que agora. Isto, evidentemente, non llelo dixen e tampouco creo que o intuíran, xa que somos como descoñecidos. 19:05_Aí ven o meu pai, puntual coma sempre. 22:12_Non puiden escribir ata agora xa que cando entrou o meu pai no meu cuarto tiven que apagar o equipo moi rapidamente e non me deixou prendelo de novo ata agora, que chegou miña nai e están a falar no salón. Dende que non che escribín non fixen gran cousa, soamente lle axudei ó meu pai a preparar a cea e logo ceamos. Como mentres ceamos o meu pai sempre ve na televisión as noticias, e a min non me gustan nada, estiven matinando e creo que lles vou dicir que eu non aguanto máis e que isto non é vida. 22:32_Si, xa o teño decidido, vou ir e dicírllelo. 22:34_Ou non? Que fago? ¡¡¡S.OS.!!! 22:35_Non sei se farei ben pero vou ir. Volvo agora. 23:11_Creo que a cousa foi mellor do que eu pensaba; polo que me dixeron xa o tiñan pensado dende hai algún tempo, pero que o problema, segundo eles, era eu, o que opinara ou pensara. Co que todo saíu ben, porque como ben vos dixen eu tamén “quería” a separación. Así que mañá van cubrir os papeis e xa está todo. Agora so me falta aceptar o cambio, e espero que sexa para mellor, porque senón mal vou. O único que me impón agora é que os meus pais volvan refacer a vida por separado, a ese asunto témolle moito, pero iso xa se aceptará máis tarde, polo de agora intentaremos que isto vai segundo o previsto. 23:50_Ó final non che contei como é o meu día normal xa que hoxe foi un día bastante diferente (e podo asegurar que mellor que os demais) e grazas a isto que escribín dinme conta de que teño que desafogarme de algunha forma, e contando o que sinto foi como ó final o amañei todo. E así é todo. Supoño que agora terei que repartirme uns horarios para estar uns días co meu pai e outros coa miña nai, pero iso é o de menos. Espero que con isto motivara a alguén e a ver se ten sorte coma min e consegue o valor suficiente para plantarlle cara ós problemas dos adultos. Moitas gracias por escoitarme e ter tanta paciencia comigo.

ROI P.D. Supoño que isto é un claro exemplo de que non tódalas historias teñen un final feliz.

Alba López Golás

Page 60: Aquí e Agora 9

60

A VIDA DE CHARLES DARWIN

Darwin naceu en Inglaterra e foi o quinto fillo dunha familia inglesa rica e sofisticada. Despois de graduarse, foi á universidade de Edinburgh a estudar medicina .En 1827 saiu e entrou na universidade de Cambridge para converterse nun ministro da igrexa de Inglaterra. Alí coñeceu ó xeólogo Adam Sedghwick e ó naturista John Stevens Henslow. Darwin, de vinte e dous anos, foi invitado a bordo do barco inglés de investigación Beagle, pola recomendación de Henslow, como un naturista sen pago nunha expedición científica a redor do mundo que durou cinco anos.

VIAXE A BORDO DO BEAGLE

A tarefa de Darwin como un naturista a bordo do Beagle deulle a oportunidade de observar as diversas formacións xeolóxicas en diferentes continentes e illas ó longo do camiño, así como unha ampla variedade de fósiles e organismos vivos. Nas súas observacións xeolóxicas, Darwin impresionouse co efecto que as forzas naturais tiveron na forma da superficie da Terra. A bordo do Beagle, Darwin encontrou que moitas das súas observacións encaixaban na teoría uniformista de Lyell. Sen embargo, máis alá diso, deuse conta de que algunhas das súas propias observacións de fósiles, plantas e animais encaixan sen dúbida na teoría de Lyell.

TEORÍA DA SELECCIÓN NATURAL

A teoría completa de Darwin publicouse en 1859, como ―A orixe das especies‖. Coñecíase como ―O libro que sacudiu o mundo‖, o libro esgotouse o primeiro día da súa publicación e o mesmo sucedeu coas seis edicións posteriores.

Page 61: Aquí e Agora 9

61

A teoría da evolución por selección natural de Darwin trata esencialmente que, debido ó problema de suministro de comida descrito por Maltus, as crías nacidas de calquera especie compiten intensamente pola supervivencia. Os que sobreviven, darán orixe a próxima xeración, que tende a incorporar variacións naturais favorables, o proceso de selección natural, e estas variacións pásanse por xenética. Polo tanto, cada xeración mellora a súa adaptabilidade con respecto ás xeracións precedentes, e este proceso gradual e continuo é a causa da evolución das especies. A selección natural é só unha parte do vasto esquema conceptual de Darwin; tamén presentou o concepto de que todos os organismos relacionados son descendentes de ancestros comúns. Ademais, proporcionou apoios adicionais para os conceptos anteriores de que a Terra mesma non está estática senón evolucionando. A reacción á Orixe foi inmediata.Os ataques máis publicados sobre as ideas de Darwin, non viñeron das científicas senón dos opositores relixosos. O pensamento da que a raza humana non fose creada de forma especial negaba as ideas teolóxicas ortodoxas.

OBRAS

-A orixe das Especies(1859). -A variación dos animais e plantas baixo domesticación (1868). -Descendente do home (1879). -A expresión das Emocións nos animais. -Home (1872). -Zooloxía do viaxe do Beagle.(1840). -Variacións dos animais e plantas (1868). -Descendencia do home e a selección con relación ó sexo(1871).

Andrea López López

Page 62: Aquí e Agora 9

62

BÚSCANSE

REDACTORES/AS

Se liches o Aquí e Agora e che gustou, que saibas que podes participar para o ano que vén. Só tés que estar atento ós carteis

que anuncian as xuntanzas e asistir. Se o liches e non che gustou nadiña, sempre podes axudarnos a

mellorar para o ano que vén.

Page 63: Aquí e Agora 9

63