aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos ....

12
BLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS Aclaracións importantes: 1.- O TURISMO E A SÚA IMPORTANCIA. O turismo é o conxunto de actividades desenvolvidas polas persoas nas viaxes e estancias realizadas fóra do seu ámbito habitual por motivos de ocio, negocio ou outras razóns, durante un tempo inferior a un ano. Cando os visitantes realizan unha estancia inferior a 24 horas considéranse excursionistas ; se pasan a noite e a estancia supera as 24 h son turistas propiamente ditos. España é unha potencia turística (3ª posición en turistas recibidos e 2ª en ingresos percibidos). Inclúense no turismo tres modalidades: turismo receptor procedente do estranxeiro, turismo interno realizado polos nacionais e turismo emisor , é dicir, os nacionais que viaxan fóra. 2.- EVOLUCIÓN DO TURISMO E OS SEUS FACTORES. Dende mediados do século XIX ata 1960 o turismo foi escaso en España, era unha actividade minoritaria propia da nobreza ou a burguesía. Tras o illacionismo do primeiro franquismo, o turismo despega, 1960, e convértese en fenómeno de masas. a) Modelo turístico tradicional . Factores . Entre 1960 e 1975 o turismo acadou un forte desenvolvemento por distintos factores, tanto externos como internos. Nos externos destaca o gran despegue de Europa tras a Segunda Guerra Mundial que incrementou a clase media e permitiu que os traballadores dispuxesen de diñeiro para o ocio e as vacacións pagadas ou - Nos prácticos relacionados co turismo debemos : indicar o tipo de documento e aplicar a teoría que se proporcione en clase ás cuestións que se formulan. - Que documentos xeralmente se presentan a comentario?: unha paisaxe turística ; un gráfico (ben sexa de barras, de sectores ou de liña evolutiva continua); mapas (adoitan ser mapas temáticos do turismo con flechas – mapas de fluxos-, mapas con diagramas de sectores ou barras, etc) e algunha táboa estatística que recolla o número de pasaxeiros ou dos destinos turísticos preferidos). - A importancia do turismo é innegable en España posto que o noso país caracterízase por ter unha economía terciarizada; é dicir, unha boa parte dos ingresos proveñen do sector terciario (comercio, turismo, etc). O turismo aporta ao PIB preto dun 15% do total da riqueza por iso resulta innegable a súa importancia. A situación derivada do COVID-19 fai que este sector sufra especialmente os efectos e que teña, incluso a curto prazo, un futuro incerto, especialmente aquelas áreas como Canarias, Baleares e boa parte de Andalucía onde a industria turística é máis importante. No ano 2019 foron arredor de 84 millóns de turistas os que visitaron España e ese dato é bastante significatico á hora de poder realizar unha estimación

Transcript of aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos ....

Page 1: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

BLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS

Aclaracións importantes:

1.- O TURISMO E A SÚA IMPORTANCIA. O turismo é o conxunto de actividades desenvolvidas polas persoas nas viaxes e estancias realizadas fóra do seu ámbito habitual por motivos de ocio, negocio ou outras razóns, durante un tempo inferior a un ano. Cando os visitantes realizan unha estancia inferior a 24 horas considéranse excursionistas; se pasan a noite e a estancia supera as 24 h son turistas propiamente ditos. España é unha potencia turística (3ª posición en turistas recibidos e 2ª en ingresos percibidos). Inclúense no turismo tres modalidades: turismo receptor procedente do estranxeiro, turismo interno realizado polos nacionais e turismo emisor, é dicir, os nacionais que viaxan fóra.

2.- EVOLUCIÓN DO TURISMO E OS SEUS FACTORES. Dende mediados do século XIX ata 1960 o turismo foi escaso en España, era unha actividade minoritaria propia da nobreza ou a burguesía. Tras o illacionismo do primeiro franquismo, o turismo despega, 1960, e convértese en fenómeno de masas.

a) Modelo turístico tradicional . Factores . Entre 1960 e 1975 o turismo acadou un forte desenvolvemento por distintos factores, tanto externos como internos. Nos externos destaca o gran despegue de Europa tras a Segunda Guerra Mundial que incrementou a clase media e permitiu que os traballadores dispuxesen de diñeiro para o ocio e as vacacións pagadas ou a incorporación da muller ao traballo contribuiron ao turismo. Por outro lado, o progreso do transporte facilitou o traslado (avión, mellora de estradas, ffcc e automóvil). Os factores internos foron igualmente importantes. España está xeograficamente próxima a Europa, goza de excelentes recursos naturais (praias, sol…), culturais (historia, arte) e o baixo custo debido á depreciación da peseta axudou notablemente ao fenómeno turístico. España dispoñía de infraestruturas e servizos. Tamén se desenvolveu unha intensa política de propaganda por parte do Estado para atraer aos turistas europeos, as présas levaron, moitas veces, a construir infraestruturas sen respetar o medio ambiente. O modelo turístico do anos 60 foi de “sol e praia”, con gran oferta, barato, dirixido a unha demanda masiva, de poder

- Nos prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o tipo de documento e aplicar a teoría que se proporcione en clase ás cuestións que se formulan.

- Que documentos xeralmente se presentan a comentario?: unha paisaxe turística; un gráfico (ben sexa de barras, de sectores ou de liña evolutiva continua); mapas (adoitan ser mapas temáticos do turismo con flechas – mapas de fluxos-, mapas con diagramas de sectores ou barras, etc) e algunha táboa estatística que recolla o número de pasaxeiros ou dos destinos turísticos preferidos).

- A importancia do turismo é innegable en España posto que o noso país caracterízase por ter unha economía terciarizada; é dicir, unha boa parte dos ingresos proveñen do sector terciario (comercio, turismo, etc). O turismo aporta ao PIB preto dun 15% do total da riqueza por iso resulta innegable a súa importancia. A situación derivada do COVID-19 fai que este sector sufra especialmente os efectos e que teña, incluso a curto prazo, un futuro incerto, especialmente aquelas áreas como Canarias, Baleares e boa parte de Andalucía onde a industria turística é máis importante. No ano 2019 foron arredor de 84 millóns de turistas os que visitaron España e ese dato é bastante significatico á hora de poder realizar unha estimación da riqueza que se pode perder se a situación non mellora. A potente industria turística da, en parte, por perdido o ano 2020. Como posibles solucións o sector está apostando por centrarse no turismo nacional e ofrecer aos seus clientes,incluso estranxeiros, espazos “covid free” para frear o deterioro económico e poder salvar a campaña de verán.

- Este é un tema moi doado de entender e agradecido de estudar, unha vez leades os apuntes tratade de razoar e evitade memorizar. Fixádevos especialmente na evolución do turismo, nas súas características e espazos e nas súas repercusións (moi importante).

Page 2: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

medio e baixo, concentrado no verán e localizado en Canarias e litoral mediterráneo; dependente dos turoperadores.

b) Crise do modelo turístico tradicional . Entre 1975 e 1985 o modelo turístico tradicional sufriu unha crise debido a distintas causas, unhas coxunturais (suba dos prezos do petróleo, crise económica dos 70) e outras estruturais que, realmente, actuaban como factores de fondo. Así o que ofertaba España xa non abondaba: os prezos encarecéranse pola crise económica pero a calidade dos servizos que daba España era a mesma e a demanda facíase máis diversa (mozos, xubilados) ou esixía novas modalidades turísticas e o país non llas ofrecía. Por outro lado era preciso frear o deterioro ambiental dalgúns destinos e por último xurdiron novos espazos que competían co turismo español (Caribe, norte de África, etc).

c) Cambio cara a un novo modelo turístico . A partires de 1985 recúperase o ritmo ascendente de turistas e ingresos agás nun breve periodo da década de 1990 pola recesión económica. As causas deste auxe foron o ingreso de España na Comunidade Europea en 1986; o crecemento do turismo interno polo aumento do nivel de vida e a necesidade de descanso, e o inicio da reconversión cara a un novo modelo de turismo baseado na calidade e na sostibilidade. A inestabilidade política noutras áreas competidoras (n. de África por ex.) serviu para asegurar o incremento turístico español. O novo modelo turístico baséase na diversificación da oferta e das modalidades turísticas, na calidade das infraestruturas, na sostibilidade ambiental, na promoción do turismo e no uso das novas tecnoloxías.

3.- CARACTERÍSTICAS DO TURISMO ESPAÑOL

A) A OFERTA TURÍSTICA. Son os servizos postos a disposición do turista. Inclúen os vendedores do produto, o aloxamento, a manutención e a oferta de recreo. Os vendedores son as institucións que venden o turismo en feiras internacionais, os turoperadores e as axencias de viaxes que contratan os servizos para os turistas. As instalacións turísticas cobren o aloxamento (hoteis, pensións, hostais ou extrahoteleiros como cámpings, apartamentos e casas turismo rural; oferta ampla que se concentra máis en Baleares, Canarias, litoral mediterráneo), a manutención (servizos de restauración como bares, cafeterías, restaurantes -destacan os de “dous tenedores” dado o nivel medio do turista-) e a oferta de recreo (instalacións deportivas, naúticas, estacións de esquí, parques nacionais, naturais, campos de golf, hípica, etc.)

B) A DEMANDA TURÍSTICA. É o colectivo que solicita os servizos turísticos. A demanda estranxeira responde a motivos de ocio e vacacións; sofre estacionalidade (verán), gusta de paquetes turísticos con todo incluído (aloxamento, transporte e servizos adicionais –visitas- e prefire o hotel. Interné e os voos low cost están a modificar esta tendencia ao poder facer contratacións directas. Procede de Europa (R. Unido, Alemaña, Francia, Italia e países nóridicos). Buscan sol e praia en Cataluña, Baleares, Canarias, Andalucía e Valencia. A demanda nacional responde ao ocio, vacacións, visitas a familiares e amigos. Procede de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia. Prefire non só sol e praia senón que tamén o norte peninsular, o interior e as zonas de montaña. Presenta menor estacionalidade estival porque hai vacacións e pontes repartidas polo ano e aumenta o turismo social e de terceira idade. Viaxa con reserva, sen reserva, emprega o hotel pero tamén o aloxamento extrahoteleiro.

4.- OS TIPOS DE TURISMO

Existen distintas modalidades turísticas, así fronte a “sol e praia” xorden a partires dos 90 outros tipos de turismo porque se demandan espazos menos saturados, porque se promocionan outros lugares (como áreas rurais) e se diversifican as vacacións no tempo (pontes, fins de semana, etc). Destacan os seguintes:

- Turismo de bordo de auga : ten como modalidade maioritaria o turismo costeiro de sol e praia pero hai outras ligadas a ríos, lagos, encoros; practícase deportes náuticos, natación, remo, surf; pesca, descensos en canoa…Cobra auxe o turismo termal ou balneario con augas medicinais en lugares apracibles. Este último era o practicado no XIX polas clases adiñeiradas, logo descendeu e volveu rexurdir recentemente.

Page 3: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

- Turismo de montaña . Sobre todo de neve e esquí pero a montaña préstase tamén a sendeirismo, alpinismo…

- Turismo ecolóxico ou ecoturismo . Céntrase na visita a espazos naturais protexidos, parques naturais, espazos verdes onde se combina a protección do medio ambiente co uso recreativo.

- Turismo rural : inclúe aloxamento e a estancia en áreas rurais. Gózase de descanso, calma, calidade medioambiental; practícanse labores agrarios, visitas a agromuseos, compra de produtos artesanais…

- Turismo urbano . Basicamente turismo cultural, patrimonio histórico, cultural, artístico (Ávila, Salamanca, Toledo…), realízanse percorridos urbanos polos centros históricos, visitas a monumentos…Cobra auxe o turismo urbano de negocios arredor de feiras, exposicións, congresos; festas, folclore ou gastronomía.

- Outras modalidades emerxentes : Xeoturismo en áreas de interese xeolóxico ou mineiro, turismo de cruceiros, de compras; mesmo, en segundo que momentos, o turismo de catástrofe en espazos danados…

5.- OS ESPAZOS TURÍSTICOS

Poden ser áreas turístIcas de gran amplitude que atraen numerosos turistas ou puntos turísticos que son focos illados ligados a atractivos concretos (esquí, cidades históricas). De acordo co uso, poden ser de tempada -verán- (Baleares, Cataluña), especialmente turísticos (Canarias, por ex.) ou de visitas puntuais como Granada,Córdoba, Toledo.

a) Os espazos turísticos de alta densidade son os de sol e praia e Madrid. Nos de sol e Praia destacan al illas, Baleares, Canarias, costa mediterránea debido ao clima e ás excelentes praias. Presentan diversidade en canto á ocupación do espazo (instalacións de nova planta, instalacións nos propios núcleos de poboación existentes) e en canto ao aloxamento (de baixa ou alta densidade, de categoría media ou alta, etc). Madrid, apenas posúe estacionalidade, practicamente todo o ano recibe turistas debido a feiras, congresos, negocios, etc.

b) Os espazos de media e baixa densidade e puntos turísticos están relacionados coa difusión do turismo de sol e praia cara a espazos litorais ou prelitorais (menos saturados por ex. a zona suratlántica), cara o litoral galego e cantábrico non masificado e cara puntos turísticos (esquí, turismo rural, cidades históricas) de estancias máis curtas.

6.- REPERCUSIÓNS DO TURISMO

O turismo xera importantes repercusións nas áreas receptoras, moito máis nas zonas de litoral.

a) Repercusións demográficas . Incrementa os efectivos demográficos con máis poboación e mesmo frea o despoboamento.

b) Repercusións no poboamento. O turismo estende o poboamento urbano e favorece a creación de conurbacións, provoca alta densidade de construción e especulación do solo; no rural contribúe á rehabilitación do patrimonio.

c) Repercusións económicas. O turismo crea emprego ao requirir man de obra abundante e pouco cualificada, que é precisamente a máis afectada polo paro, o problema é a estacionalidade; proporciona riqueza, frea o déficit comercial aínda que ás veces xera unha suba excesiva dos prezos que repercute na poboación residente. Ademais ten o turismo un efecto multiplicador pois a demanda turística impulsa outras actividades (agricultura, industria, transporte, construción, comercio, artesanía) pero a actividade turística tamén provoca unha excesiva especialización naquelo máis demandado polos turistas provocando un abandono das actividades tradicionais ou ben entra en conflito con outras polo uso do solo ou a auga. Loxicamente o turismo dota de servizos, equipamentos e infraestruturas ás áreas turísticas conectándoas coas zonas emisoras (autoestrada do Mediterráneo, mellora de portos, aeroportos, potencia voos chárter, etc).

Page 4: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

d) Repercusións políticas, culturais e sociolóxicas. O turismo favorece o achegamento entre os pobos, culturas e Estados favorecendo o entendemento. Incide na sociedade local cando estimula a modernización social pero tamén de forma negativa cando leva consigo a perda de costumes e sinais de identidade.

e) Repercusións na ordenación do territorio. O turismo ordena o espazo segundo as súas necesidades. Así, no litoral, converte o seu contorno en superficies recreativas (deportes, parques de atraccións), ou periferias de abastecemento (augas, alimentos),alterándose a paisaxe: pantanos, canteiras para a construción, etc. Nas áreas rurais, de montaña e cidades históricas pode favorecer o abandono de actividades tradicionais e impulsar que o espazo se especialice noutras para o turista: artesanía, recordos, aloxamentos, restaurantes tanto no centro como nas periferias.

f) Repercusións ambientais. O impacto ambiental do turismo é considerable, foi unha actividade que se desenvolveu moi rápido, nun espazo reducido e nun momento no que non había a conciencia ambiental que existe agora. As consecuencias foron o levantamento de bloques de hoteis e apartamentos á beira mesmo da praia (“os muros de formigón”), a urbanización incontrolada en espazos naturais, a destrución de bosques e ecosistemas; a contaminación atmosférica, das augas e praias; o exceso de ruído e acumulación de residuos; o deterioro da paisaxe, do patrimonio histórico…

7.- PROBLEMAS DO TURISMO E POLÍTICA TURÍSTICA

O turismo español sofre na actualidade algúns problemas derivados do excesivo peso do modelo tradicional e da competencia doutros países máis baratos e menos masificados. O modelo tradicional (sol e praia) supón clientela de nivel medio-baixo, estacionalidade, concentración espacial e dependencia dos turoperadores. Estes problemas tratan de atallarse coa política turística que realiza o Estado en coordinación coas CCAA e coa Unión Europea. O Plan de Turismo de España reorienta o sector cara ao incremento da calidade da oferta e atraer turistas de maior poder adquisitivo, diversificando a oferta para atender o desexo da demanda, empregando as novas tecnoloxías –Internét-, innovando (I+D+i), promocionando o turismo en feiras (Berlín, FITUR), mellorando a comercialización e promovendo un turismo sostible (valorando o impacto ambiental, coidando as paisaxes, rexenerando espazos degradados, intensificando a conciencia social para o coidado do contorno).

EXEMPLOS DE PRÁCTICOS DO TURISMO

1.- PRÁCTICO DE COMENTARIO DUNHA PAISAXE TURÍSTICA (IMPORTANTE)

Figura 1. Benidorm. Alicante

Atendendo á ilustración, conteste ou indique razoadamente:

Page 5: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

a) Tipo de documento que se mostra.b) Define turismo e a súa importancia nos países desenvueltos.c) Posible localización, os elementos e as características deste espazo relacionándoas co tipo de

actividade dominante (clima, recursos naturais; tipo de turismo, oferta e demanda turística…)d) Analice as distintas repercusións da actividade económica dominante nesta paisaxe xeográfica.

2.- PRÁCTICO DE ÁREAS TURÍSTICAS (IMPORTANTE)

a) Identifique os números do 1 ao 8 coas cidades ás que corresponde e indique qúe tipo de turismo predomina en cada unha de elas (enumerar primeiro, ver “tipos de turismo” nos apuntes)b) Nomee as Comunidades Autónomas con alta densidade turísticas e indique qúe tipo de turismo predomina en cada unha de elas.

c) Explique os espazos turísticos españois indicando os trazos e as áreas que teñen alta e baixa densidade turística.

d) Explique as diferencias entre as áreas turísticas atlánticas e mediterráneas analizando as variables xeográficas (clima, relevo, etc)

Page 6: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

FIGURA 1: GRÁFICA DOS INGRESOS DO TURISMO E TURISTAS ESTRANXEIROS 2016

Observa os ingresos que xerou o turismo en 2016

FIGURA 2: RÉCORD DE TURISTAS EN 2019

Observa o número de turistas en 2019, o gasto turístico e os afiliados á Seguridade Social debido ao turismo.

Page 7: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

FIGURA 3: PROCEDENCIA DOS TURISTAS

Observa a procedencia do turismo nacional e estranxeiro

FIGURA 4. APORTE DO TURISMO AO PRODUTO INTERIOR BRUTO (PIB)

Observa o aporte ao PIB do turismo no 2019

Page 8: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

OS TRANSPORTES E AS COMUNICACIÓNS

(PRÁCTICO DO TRANSPORTE: mapa da distribución de redes e infraestruturas do transporte – autoestradas e autovías- )

1.-SISTEMA DE TRANSPORTES E A SÚA IMPORTANCIA. O transporte traslada persoas e mercadorías entre lugares xeográficos en distintos modos: terrestre, marítimo e aéreo. O sistema de transporte é o conxunto de medios (coche, barco, ferrocarril, avión) e infraestruturas (estradas, autoestradas, autovías, tendido ferroviario, portos, aeroportos). A importancia débese ás funcións que desempeñan: inflúen na organización territorial porque vertebran o territorio conectando distintos lugares, interactúan co territorio pois son un factor para o desenvolvemento das rexións ao facelas accesibles sobre todo daquelas menos desenvoltas. Por outro lado o transporte desempeña funcións políticas (defensa e control do territorio polo Estado); demográficas (inflúen no asentamento da poboación); económicas (intercambian bens, dan emprego, desenvolven áreas); sociais (facilitan os movementos diarios da poboación); culturais (difunden cultura); e internacionais (favorecen a relación co mundo globalizado).

2.-CARACTERÍSTICAS E PROBLEMASO sistema de transporte español experimentou melloras a partires da década de 1980 pero:

- O medio físico é desfavorable con relevo accidentado, pendentes, trazos climáticos adversos.- As redes de transporte son radiais; o seu centro é Madrid e parten radios á periferia que se ben facilita as

relacións do centro coa periferia dificultan as relación desta.- O transporte de persoas e mercadorías realízase principalmente por estrada.- As características técnicas melloraron: velocidade, calidade das infraestruturas, seguridade…a introdución

das novas tecnoloxías permitiu planificar infraestruturas, xestionar redes, controlar o tráfico, etc (Sistemas Intelixentes de Transporte, SIT).

- Existen importantes desequilibrios territoriais na accesibilidade onde as zonas máis dinámicas e desenvoltas teñen mellores eixes e accesibilidade respecto ás áreas menos dinámicas.

- O transporte exerce un impacto sobre o medio pois ocupa espazo, altera a paisaxe, incrementa o ruído, contamina, fragmenta ecosistemas.

- É necesario mellorar o sistema español no sistema europeo e mundial,en concreto na periferia.

3.- A POLÍTICA DE TRANSPORTEAs competencias repártense entre o Estado e as comunidades autónomas, e a política da Unión Europea. O Estado ten a exclusividade sobre o transporte internacional, sobre o que discorre por máis dunha comunidade autónoma, a mariña mercante, portos, aeroportos, espazo aéreo, correos e telecomunicacións. As CC.AA sobre o transporte terrestre que discorre polo seu territorio, portos, aeroportos non comerciais e comunicacións por cable. A política da UE tenta potenciar os distintos modos de transporte (ff.cc, navegación a curta distancia) fronte ao predominio da estrada; trata de fomentar as redes transeuropeas para cohesionar os países membros e lograr un transporte sostible. O PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE (PEIT) é a política estatal de transporte e pretende lograr un sistema equilibrado e eficaz que favoreza a cohesión social e territorial, a sostibilidade ambiental e a competitividade. As medidas empregadas son as seguintes: corrixir a radialidade da rede, equilibrar o excesivo peso da estrada fomentando o ff.cc e o transporte intermodal, mellorar a eficiencia e seguridade, asegurar a accesibilidade ao transporte a todas as persoas e territorios, protexer ao medio ambiente do impacto das redes de transporte e favorecer a integridade con Europa a través das redes transeuropeas.

Page 9: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

4.- OS MODOS DE TRANSPORTE

A) TRANSPORTE POR ESTRADA. Caracterízase por ser un transporte rápido en distancias medias e curtas, acceso directo dende o punto de partida ao de chegada -porta a porta-, flexibilidade horaria, pero con relativa capacidade de carga, accidentes e contaminación. As estradas conectan os distintos núcleos de poboación, polo que son básicas para a accesibilidade e a articulación do territorio. A rede de estradas presenta un deseño radial con centro en Madrid e eixes cara aos principais portos e cidades da periferia; concepción típicamente centralista dos Borbóns no XVIII e consolidada na década de 1960. Na actualidade, a radialidade mantense pero engadíronse eixes transversais como o do Ebro, Mediterráneo, Atlántico-Cantábrico e andaluz. Os caracteres técnicos son variados, as autoestradas e autovías teñen boa calidade en anchura e pavimento asfáltico mentres que as redes autonómicas e locais teñen máis carencias. Existen desequilibrios territoriais, a rede é maior nas comunidades máis dinámicas (Madrid, Cataluña, Valencia), nas áreas con poboamento disperso (cornixa cantábrica e Galicia) e illas; a densidade é menor nas comunidades menos dinámicas e áreas de poboamento concentrado (interior). A intensidade do tráfico é maior nas densidades urbanas, industriais ou turísticas ( corredores do Mediterráneo, Ebro) e a accesibilidade coincide nestas áreas tamén. A nivel ambiental, trata de reducirse a contaminación fomentando transporte colectivo e ff.cc, ademais vanse impulsar “estradas verdes” en espazos de valor ambiental, con tráfico moderado, vehículo pesado limitado; áreas de descanso, información sobre o contorno, camiños para peóns e bicicletas… O PEIT contempla dotar todo o territorio de accesibilidade, pechar autovías pendentes, potenciar a integración con Europa.

Figura 1. Mapa de autoestradas e autovías. Observade o carácter radial (radios dunha circunferencia que confúen no centro) que aínda está presente no trazado viario en España.

VOCABULARIO BLOQUE 9: O SECTOR SERVIZOS

1.- Balanza comercial

É a diferencia entre as exportacións e as importacións durante un periodo de tempo. As importacións son os gastos que as persoas, empresas ou o goberno dun país realiza en bens e servizos e que se traen doutros países. As exportacións son os bens e servizos que se venden a outros clientes ou países. A balanza comercial pode resultar positiva (superávit comercial) se hai máis exportacións que importacións ou negativa (déficit comercial) se hai máis importacións. O déficit comercial de España acadou en 2019 case 34 mil millóns de euros debido á compra de produtos enerxéticos e materias primas, principalmente, na que o país é deficitario, pola contra exportou alimentación, bebidas, bens de equipo e manufacturas de consumo que conseguiron paliar ese déficit que sería ainda maior.

2.- Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais. Permite a subsistencia marxinal dun sector máis ou menos amplo da

Page 10: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com  · Web viewBLOQUE 9. O SECTOR SERVIZOS - - Nos . prácticos relacionados co turismo debemos: indicar o . tipo de documento e aplicar a

poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas. Tamén se coñece como economía informal. Os/as empregados/as do fogar, con acordo verbal e pago en efectivo sen protección social algunha nin regulación estatal sería un exemplo.

3.- Ecoturismo

Nova tendencia do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional, no que para as actividades turísticas priviléxiase a sustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural. Nesta alternativa turística preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente e a comunidade local, e mantendo sempre un respeto ético polas leis laborais e os dereitos humanos dos traballadores implicados. Son exemplos de ecoturismo Lanzarote, no seu conxunto, ou o parque de Doñana en Huelva.

4.- Franquía

A franquía é un tipo de contrato no que unha empresa (a franquiciadora) cede a outra (a franquiciada ou concesionaria) o dereito á comercialización de certos produtos ou servizos dentro dun ámbito xeográfico determinado e baixo certas condicións. Isto, a cambio dunha compensación económica. A franquiciadora concédelle licenza para explotar a marca e achégalle asistencia organización do espazo interno, publicidade, confort ambiental, seguridade, etc. As concesionarias aproveitanse das compras centralizadas e das campañas de publicidade únicas. Son exemplos de franquías en España Burguer King, McDonalds, Naturhouse…

5.- Taxas aeroportuarias

Son o prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto en voos nacionais como internacionais, polo uso dos aeroportos. Inclúen, por exemplo, uso de pistas de aterraxe, control de pasaxeiros e equipaxes, uso das terminais polos pasaxeiros, etc. As taxas españolas son relativamente baixas, entre 16 e 23 euros en 2018.