Anton Cortizas

2
Título: A merla de trapo Autor: Antón Cortizas Edicións Xerais Colección: Merlín Inconfundible a prosa de Antón Cortizas chea de colorido, de preciosas metáforas, de símiles e de palabras que nunca foron palabras ata que o autor lles puxo vida na súa “ A merla de trapo” Tiña o peteiro de raios de sol ben apertadiños, as plumas eran reflexos escuros de lúa nova, os ollos estaban formados por dúas estrelas viaxeiras, as patas eran fíos de risco-da-vella con dedos de pingas de chuvia, e as súas ás estaban feitas de fl ocos de nubes altas de treboada” Véxome na necesidade de inventar unha palabra para poder expresar con exactitude o estado de ánimo en que Antonia se atopaba. Estaba invericada… moi invericada, ti xa sabes o que iso significa” Impresionante tamén a súa maneira de describir as esceas con esa precisión de detalles cheos de maxia e realidade que nos transporta, como espectadores ou actores secundarios, ao medio da escea dun filme de fadas. Coas tesouras na man abríu as dúas follas da xanela. E dende alí mesmo, apoiada na varanda para non caer, estirou os brazos canto lle daban e recortoulle varios retrincos á noite parda que rodeaba a súa casa e a súa rúa” Colleu entón a forma de paxaro que xa tiña feito e púxose a forrala con eses retallos de anoitecida;pero axiña comprobou que o fío de algodón non lle servía para coser retallos de pano pardo de anoitecer. O pano pardo descosíase e non conseguía unir unha peza coa outra” Nese instante, a lúa, grande coma unha moeda, apareceu sobre os tellados da cidade. Antonia volveuse asomar á fiestra e cos seus suaves dedos de costureira mañosa, e coas súas inmensas ganas arrincoulle ao luar varias febras de fío fino. Así puido coser o pano pardo de anoitecida cos fíos finos que lle arrincara aos raios da lúa. As repeticións producen un delicioso efecto rítmico e danlle brillo á historia. E notou que as ás de aromas de mazá de príncipe se espreguizaban coma querendo voar. E notou que o peteiro feito co feixe de melodías da súa boca entreabríase coma querendo dar un chío. E notou que as patiñas de farrapos de brisa estirábanse e encollíanse co xeito…. E non llo notou, pero imaxinou…

description

Resena bibliografica de A merla de trapo

Transcript of Anton Cortizas

Page 1: Anton Cortizas

Título: A merla de trapo

Autor: Antón Cortizas

Edicións Xerais

Colección: Merlín

Inconfundible a prosa de Antón Cortizas chea de colorido, de preciosas

metáforas, de símiles e de palabras que nunca foron palabras ata que

o autor lles puxo vida na súa “ A merla de trapo”

“Tiña o peteiro de raios de sol ben apertadiños, as plumas eran reflexos escuros de lúa nova, os

ollos estaban formados por dúas estrelas viaxeiras, as patas eran fíos de risco-da-vella con dedos

de pingas de chuvia, e as súas ás estaban feitas de flocos de nubes altas de treboada”

“Véxome na necesidade de inventar unha palabra para poder expresar con exactitude o

estado de ánimo en que Antonia se atopaba. Estaba invericada… moi invericada, ti xa sabes o

que iso significa”

Impresionante tamén a súa maneira de describir as esceas con esa

precisión de detalles cheos de maxia e realidade que nos transporta,

como espectadores ou actores secundarios, ao medio da escea dun

filme de fadas.

“Coas tesouras na man abríu as dúas follas da xanela. E dende alí mesmo, apoiada na varanda

para non caer, estirou os brazos canto lle daban e recortoulle varios retrincos á noite parda que

rodeaba a súa casa e a súa rúa”

“Colleu entón a forma de paxaro que xa tiña feito e púxose a forrala con eses retallos de

anoitecida;pero axiña comprobou que o fío de algodón non lle servía para coser retallos de

pano pardo de anoitecer. O pano pardo descosíase e non conseguía unir unha peza coa

outra”

Nese instante, a lúa, grande coma unha moeda, apareceu sobre os tellados da cidade.

Antonia volveuse asomar á fiestra e cos seus suaves dedos de costureira mañosa, e coas súas

inmensas ganas arrincoulle ao luar varias febras de fío fino.

Así puido coser o pano pardo de anoitecida cos fíos finos que lle arrincara aos raios da lúa.

As repeticións producen un delicioso efecto rítmico e danlle brillo á

historia.

E notou que as ás de aromas de mazá de príncipe se espreguizaban coma querendo voar.

E notou que o peteiro feito co feixe de melodías da súa boca entreabríase coma querendo dar

un chío.

E notou que as patiñas de farrapos de brisa estirábanse e encollíanse co xeito….

E non llo notou, pero imaxinou…

Page 2: Anton Cortizas

A emoción inunda cada recuncho do texto, de tal xeito, que ás veces

sintes como se algo che subise pola gorxa e non che deixase respirar…

Magnífico texto para levar á aula e disfrutalo cos nenos.