Antigo Réxime

72
HISTORIA DE ESPAÑA: ANTIGO RÉXIME E A MONARQUÍA BORBÓNICA. O DESPOTISMO ILUSTRADO. (S.XVIII) Departamento de Historia Bloque 3.2. A transición do Antigo Réxime á España Contemporánea

Transcript of Antigo Réxime

Page 1: Antigo Réxime

HISTORIA DE ESPAÑA: ANTIGO RÉXIME E A MONARQUÍA

BORBÓNICA. O DESPOTISMO ILUSTRADO.

(S.XVIII)

Departamento de Historia

Bloque 3.2. A transición do Antigo Réxime á España Contemporánea

Page 2: Antigo Réxime

Antigo Réxime

Podería definirse como o conxunto de rasgospolíticos, xurídicos, sociais e económicos que caracterizaron a Europa e ás súas colonias durante os Séculos XVII e XVIII.

O termo o empregaron por vez primeira os revolucionarios franceses para designar despectivamente a estructura política e social do seu país.

Posteriormente utilizouse para designar a realidade política e institucional doutros estados

Departamento de Historia

Page 3: Antigo Réxime

Características básicas do vello sistema

UNHA ECONOMÍA AGRARIA

UNHA DEMOGRAFÍA ANTIGUA

UNHA ESTRUCTURA SOCIAL ESTAMENTAL

UNHA FORMA DE GOBERNO ABSOLUTISTA

Departamento de Historia

Page 4: Antigo Réxime

CARACTERÍSTICAS DO ANTIGO RÉXIME

ECONOMÍA DE BASE AGRARIA:

- Agricultura = actividade fundamental.

- Artesanía e comercio secundarios.

- 2 tipos de actividades:

A TERRA. Actividades agrícolas e gandeiras = principal fonte de riqueza de case toda a poboación. Trazos:

Subsistencia: destinadas só a necesidades básicas dos campesiños (alimentación e rendas).

Excedentes agrarios propietarios das terras. Non aproveitados para innovacións.

Técnicas e apeiros rudimentarios (rotacións bienais e trienais e barbeito) rendementos baixos subsistencia baixo nivel de vida dos campesiños.

Departamento de Historia

Page 5: Antigo Réxime

Propiedade da terra: a estrutura da propiedade é de carácter señorial, baseada en grandes propiedade, a maior parte delas en mans dunha minoría de privilexiados (nobres e clero) ou dos concellos (comunais e mans mortas = inalienables, non se podían vender). Os propietarios arréndanas a cultivadores mediante contratos:

a) Curta duración (sur).b) Longa duración (ex: Galicia) = foros = contrato de longa duración polo

que se cede un ben a cambio de obrigas (renda, coidala…) sistema complexo (subforos). Os propietarios perciben rendas de carácter feudal procedentes dunha inxente masa de campesiños.

Departamento de Historia

Page 6: Antigo Réxime

Artesanía.

Qué?Talleres gremiais, reglamentaciónprezos, salarios,

produción

Cómo?Escaso

desenvolvementotecnolóxico agás

Cataluña cotextil de algodón

Caso especial:Galicia:

DomesticSystem

=Campesiños nolecer como actividade

complementaria

Para qué?Consumo local de Produtos básicos

Ou luxo para privilexiados

A ARTESANÍA

Departamento de Historia

Page 7: Antigo Réxime

Comercio

Interior:Escaso e pouco articulado por

malas comunicacións eautosuficiencia dos

campesiños

Exterior:Intercambios con colonias americanas

en monopolio España = intermediariaentre Indias e extranxeiro =

Único mercado para produtos españois fonte principal de

ingresos do Estado prosperidade de burguesía das cidades costeiras

COMERCIO

Departamento de Historia

Page 8: Antigo Réxime

Escaso desenvolvemento urbano

A aldea é o centro de organización e produción. Son escasas as cidades de máis de 50.000 habitantes.

Soamente nalgún país (Inglaterra) comeza unha emigración campo-cidade que repercutirá nun desenvolvemento sen precedentes do urbanismo

Departamento de Historia

Page 9: Antigo Réxime

Unha demografía antiga

Réxime demográfico antigo = altas taxas de natalidade (40‰ mortalidade (35‰) crecimento escaso con crises de mortalidadepor guerras, crises alimentarias (subsistencias) por malas colleitas e epidemias (peste, viruela, gripe…).

Fraxil equilibrio entre poboación e recursos• Os escasos rendimentos agrícolas e a irregularidade das colleitasdesencadean reiteradas crises de subsistencias que desembocan en hambrunas e predispoñen á extensión das epidemias

Departamento de Historia

Page 10: Antigo Réxime

O Antigo Réxime: réxime demográfico antigo

fame

guerras

epidemias

Crecemento lento da poboación

alta taxa de natalidadealta taxa de mortalidade

Crise demográfica do século XVII

Departamento de Historia

Page 11: Antigo Réxime

Testemuñas directas

A nosa familia non cesaba de aumentar e o berce estaba constantemente ocupada, aínda que, ¡ai¡, a man estranguladora da morte arrincounos dela a algún dos seus pequenos ocupantes. Houbo tempos, teño que confesalo, en que me parecía cruel levar fillos no ventre para perdelos logo e ter que enterrar amor e esperanzas nas súas pequenas tumbas (...). A maior das miñas fillas, Cristina Sofía, non viviu mais que ata a idade de tres anos, e tamén o meu segundo fillo, Christian Gottlieb, morreu á máis tenra idade. Ernesto Andrés non viviu máis que uns poucos días máis, e a nena que lleseguiu, Regina Juana, tampouco chegara ao seu quinto aniversario cando deixou este mundo. Cristina Benedicta, que viu a luz un día despois que o do Neno de Belén, non puido resistir o cru inverno e deixounos antes de que o novo ano chegase ao seu cuarto día (...) Cristina Dorotea non viviu máisque un ano e un verán, e Juan Augusto non viu a luz máis que durante tres días. Así perdemos sete dos nosos trece fillos, (...) bondadosas mulleres da vecindad trataban de consolarme diciendome que o destino de todas as naisé traer fillos a este mundo para perdelos logo, e que podía considerarme feliz se chegaba a criar a metade dos que dese a luz.

A pequena crónica de Ana Magdalena Bach

Departamento de Historia

Page 12: Antigo Réxime

Extendiouse tanto en Barcelona a peste que non houbo rúa curta e pequena que fose na cal aquela non penetrase. E a penas houbo casa secular habitada na que non enfermase alguén. Poucas veces viuse pestilencia de contaxio, que fixese tanto dano a unha cidade como esta fixo a Barcelona. Ao principio, os médicos, non acertaban na curación porque sangraban e facían gardar dieta, e non remediaban nin o gran nin a vértula. Despois, a costa de moitos que morreron, comezaron acertar o tratamento non sangrando e dándolles caldo de galiña ou pollo cada dúas ou tres horas, alternando con cordial ou tríaca con auga escozonera. Os ciruxáns aplicaban aos grans medicamentos para matalos e ás vértulas aplicábanlles ventosas para facelas saír ao exterior e logo as maduraban con emplastes e se non se abrían por si mesmas, abríanas con lanceta ou cauterio de lume. Aplicaban tamén aceites á cabeza dos pacientes para evitar que estes volvésense frenéticos e pítimas ao corazón e outros medicamentos, así, con bo concerto e orde, curaron a moitos e era tan fácil curar que moitos homes e mulleres que serviran aos apestados sabían moi ben curar. Durou a peste en Barcelona case por espazo de oito meses, isto é desde xuño ata principios de marzo (?). O número de mortos de peste en Barcelona, conforme ao catálogo que eu vin, que foi remitido ao rei don Felipe que estaba en Madrid de parte do señor bispo e dos consellers de Barcelona, ascendeu a 10.723. E así aínda que dos meses de xuño, xullo e agosto enviouse relación á súa Maxestade, non foi tan segura nin rigorosa como a dos meses seguintes. Polo cal pódese calcular que o número total de mortos de pestilencia en Barcelona sería de 12.000 a 13.000 persoasmáis ou menos. Esta é a verdadeira e fiel relación da predicha pestilencia de Barcelona, a cal eu puiden escribir como testemuño de vista por estar presente e ver todo o seu discurso.

Relato de Père Gil sobre a epidemia de peste sufrida en Barcelona en 1589.

Outra testemuña

Departamento de Historia

Page 13: Antigo Réxime

Unha estrutura social estamental

Articulada en estamentos . Un estamento correspóndese cun estrato social ou grupo social, definido por un común estilo de vida e análoga función. É de carácter impermeable.

Cada membro da sociedade pertence a un estamento. Este négalle ou concédelle privilexios, é dicir, a exención de obrigacións ou o dereito a vantaxes exclusivas. Ó estamento privilexiado accédese (salvo o clero) por nacemento ou por concesión especial do monarca, derivada, entre outras cousas, pola venda de títulos.

A ríxida sociedade estamental entra en crise a raíz dos cambios producidos ó longo do S.XVIII (Rev. Francesa), abrindo paso á sociedade capitalista.

Departamento de Historia

Page 14: Antigo Réxime

SOCIEDADE:

- Estamental en estamentos (categorías según a súa función social) privilexiados (nobreza e clero) e non privilexiados (terceiro estado = campesiños, burgueses, pobres…). Dentro de cada un diferencias en función da riqueza.

- Privilexiados viven das rendas e excedentes agrarios. Son escasamente investidores vida comoda e ociosa.

- Igrexa goza de gran riqueza (terras, rentas, dezmos), honores e privilexios gran atractivo para clases acomodadas.

- Polo tanto sociedade pouco dinámica moi difícil cambiar de estamento, aunque ás veces nobreza e clero estableceron alianzas mediante matrimonios beneficios mútuos.

Departamento de Historia

Page 15: Antigo Réxime

A preminencia da nobreza

Departamento de Historia

“En España, o que ten orixe nobre, toda a súa descendencia é nobre, por máis pobre e lacazán que sexa; como, aocontrario, o labrador e máis o artesán, por máis riquezas que adquirisen co seu trafico ou industria, en beneficio e vantaxes do Estado, se non se lle concede tal privilexiopolo rei. De aquí provén que o mercador e artesán que chegou a se facer rico, se enche de vaidade e abandona o comercio e máis as artes e procura aplicar os seus fillosaos empregos que teñen por honrosos; e non doutracausa nace tanto número de frades, avogados, escribáns, procuradores, axentes e outras persoas de sobras”.

Eugenio Larruga: Memorias, 1781

Page 16: Antigo Réxime

O Réxime Señorial

Departamento de Historia

Ten a súa orixe no medievotodas as terras e persoas están sometidas a un señor (rei, nobres ou clérigos e mosteiros).

- No señorío, o señor:

Imparte xustiza e aplica penas.

Nomea a cargos.

Cobra impostos (rentas) e corveas (traballos gratuitos).

Privilexios (caza, forno,…).

Page 17: Antigo Réxime

ANALFABETISMO E RELIXIOSIDADE.

- Maior parte da poboación analfabeta, débido a que educación estaba reservada a grupos acomodados só unhapequena maioría chegaba á universidade.

- Sociedade analfabeta e profundamente relixiosa e supersticiosa.

- Intolerancia relixiosa moi acusada Inquisición controla dogma e persigue desviacións do dogma (herexes, xudaizantes…) ou da moral (homosexualidade, bigamia, bestialismo, bruxería…) directamente oumediante control cultural (Índice de libros prohibidos).

A CULTURA

Departamento de Historia

Page 18: Antigo Réxime

Un goberno absolutista

MONARQUÍA ABSOLUTA.

- Soberanía real = poder reside no rei. A exerce sen limitaciónspor lexitimación divina (a recibe de Deus).

- A pesar deste poder absoluto subsistiu en España certadiversidade con privilexiosde territorios (= fueros Coroa de Aragón, provincias vascas, Navarra) como de persoas (poder señorial nobres e clero).

Departamento de Historia

Page 19: Antigo Réxime

"É só na miña persoa onde reside o poder soberano, cuxocarácter propio é o espírito de consello, de xustiza e de razón; é a min a quen deben os meus cortesáns a súaexistencia e a súa autoridade; a plenitude da súaautoridade que eles non exercen máis que no meu nomereside sempre en min e non pode volverse nunca contra min; só a min pertence o poder legislativo sendependencia e sen división; é pola miña autoridade que os oficiais da miña Corte proceden non á formación, senónao rexistro, á publicación e á ejecución da lei; a ordepública emana de min, e os dereitos e os intereses da Nación, dos que se adoita facer un corpo separado do Monarca, están unidos necesariamente ao meu e non descansan máis que nas miñas mans."

Discurso de Luís XV ao Parlamento de París o 3 de marzo de 1766.

Departamento de Historia

Page 20: Antigo Réxime

Departamento de Historia

Page 21: Antigo Réxime

Thomas Hobbes, Leviatán (1651)

Departamento de Historia

Defende que o “home é un lobo para o home” e que o estado natural é o “dunha guerra de todos contra todos”. Para conseguir paz e orde social é imprescindible que cada individuo renuncie a todos os seus dereitos a prol dun soberano absoluto, fontede todo poder e árbitro nas contendas entre particulares.

Page 22: Antigo Réxime

Os instrumentos do absolutismo monárquico

Os consellos de goberno

O exército

A burocracia

A diplomacia

Departamento de Historia

Page 23: Antigo Réxime

A oposición ó absolutismo

Esta fórmula de goberno atopou resistencia esencialmente nos defensores dos privilexios feudais, ostentados pola nobreza e o clero, que herdaran da época medieval

Mediante o “Despotismo Ilustrado” os reis buscarán destruír esa oposición e atraérense a outros sectores sociais.

Departamento de Historia

Page 24: Antigo Réxime

En resumo (…)

Departamento de Historia

Page 25: Antigo Réxime

ANTIGO RÉXIMEEconomía

REVOLUCIÓNINDUSTRIAL

AGRICULTURASUBSISTENCIA

REVOLUCIÓNAGRÍCOLA

INDUSTRIA

COMERCIO

• Débil productividade

• Sen innovación• Autosuficiencia

• Gremios

• Sen Competencia• Non progreso técnico

• Mercantilismo

• Sen innovación• Proteccionista

INDUSTRIA

COMERCIO

Agricultura intensiva• Nuevas técnicas

• especialización

Cambios propiedade da terra

Máquina de vapor

Fontes de enerxía Cambios

tecnolóxicos

Algodón –

Siderurgia -Máquinas

Transportes

Ferrocarril

Barco de vapor

LIBERALISMO ECONÓMICO

SISTEMA DOMÉSTICO

Departamento de Historia

Page 26: Antigo Réxime

ANTIGO RÉXIMESociedade estamental

LIBERALISMOSociedade de clases

Desigualdade

ESTAMENTOSDiferente situación legal

Nacemento (non mérito)

Privilexiados Non privilexiados

CLERO NOBLEZA BURGUESÍA MENESTRAIS

IGUALDADE XURÍDICADESIGUALDAD EECONÓMICA

CLASE SOCIALDiferente grao de riqueza

Riqueza (mérito)

RICOS POBRES

Nobrezaclero

Burguesía Obreiros Campesiños

Departamento de Historia

Page 27: Antigo Réxime

OS BORBÓNS NO S.XVIII

- Morte sen descendencia do último Habsburgo Guerra de Sucesión ao trono de España victoria Filipe de Borbón inicio nova dinastía = Borbónsrepresentantes no S. XVIII:

Filipe V (1701-1746) Luis I (1724) Fernando VI (1746-1759) Carlos III (1759-1788) Carlos IV (1788-1808)

Departamento de Historia

Page 28: Antigo Réxime

FELIPE V (1701-1746)

- Testamento Carlos II nomeamento de Felipe de Borbón co como rei da Monarquía Hispánica non aceptado polos

Habsburgo de Austria Guerra de Sucesión (1701-13) entre dous candidatos: Felipe de Borbón: apoiado pola Francia de Luis XIV (potencia hexemónica de Europa). Carlos de Austria: apoiado por coalición antifrancesa(Austria, Inglaterra, Holanda, Prusia, Portugal, príncipes alemáns e italianos) temerosos de unión Francia-España.

- A división chegou tamén ao interior da Monarquía Hispánica Coroa de Castela, provincias vascas e Navarra: apoioa Felipe. Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña, Valencia, Mallorca): apoio a Carlos de Austria, debido ás ansias centralizadoras

dos Borbóns.- Enfrontamentos se desenvolveron tanto en Europa coma no

interior da Península Ibérica guerra internacional e civil ao mesmotempo.

Departamento de Historia

Page 29: Antigo Réxime

Tras unha década de combates, ningún candidato consegue unha victoria clara negociación de paz Tratado de Utrech (1713) e Rastad (1714) división da monarquía hispánica entre os distintos contendentes principais medidas:

Filipe V é recoñecido coma rei de España (Coroas de Aragón e Castela e as Indias), renuncia á unión de Coroas entre Francia e España.

Carlos de Austria obtén Paises Baixos e territorios italianos baixo soberanía hispánica (Nápoles, Milán e Sardeña). Sicilia pasa ao Reino de Piemonte.

Gran Bretaña consigue Xibraltar e Menorca (ocupadas durante o conflito) e un navío anual para comerciar con América (navío de permiso) ruptura do monopolio español.

Departamento de Historia

Page 30: Antigo Réxime

Departamento de Historia

Page 31: Antigo Réxime

Departamento de Historia

Page 32: Antigo Réxime

A pesar da paz internacional, a guerra continuo dentro de España a Coroa de Aragón resistiu 2 anos máis entrada das tropas de Filipe V en Barcelona (1714) e en Mallorca (1715).

Departamento de Historia

Page 33: Antigo Réxime

Política interior:- Tras chegada ao trono reformas de Felipe V buscando maior grado de

centralización e absolutismo, medidas:Lei Sálica: Desprazamento das mulleres do trono, reservandoo só aos

herdeiros varóns.Reorganización administrativa: Felipe V busca incrementar o poder real e

centralizar o Estado

Medidas

Reduce o número de Consellos, e e amplía as

funcións e importancia doConsello Castela

Creación das Secretarías(antecende Ministros):

Diversos asunto:Guerra, Facenda, Xustiza…

Eliminación vicerreis naPenínsula e introduce a

figura dos capitáns xeraise intendentes

(representantes)Poder real en cada territorio

Reduce o papel das Cortes. Funcións:

Xurar lealtade aosherdeiros á Coroa

Departamento de Historia

Page 34: Antigo Réxime

∞ Reforma colonial:

- Mantemento vicerreinatos de Perú e Nova España (México) e creación de un novo en 1717 (Nova Granada: Colombia, Venezuela Ecuador e Panamá).

-Abandono sistema de frotassistema de navíos soltos ou navíos de rexistro.

- Redución monopolio comercial creación compañías privadas privilexiadas para comerciar cunha determinada rexión americana (Ex: Real Compañía Guipuscoana con Venezuela)

Departamento de Historia

Page 35: Antigo Réxime

Abolición privilexios forais da Coroa de Aragón:

- Apoio a Carlos de Austria na guerra de sucesión pola Coroa de Aragón abolición dos fueros por Felipe V (Aragón e Valencia en 1707, Mallorca en 1715 e Cataluña en 1716) supresión institucións políticas particulares(Cortes, Deputacións, Generalitat) e imposición de leis de Castela.

- Decretos de Nova Planta conversión dos reinos en provincias eliminación de aduanas e fronteiras interiores, sustitucióndo catalán polo castelán como lingua da administración Estado centralizado e unificado España.

- Só permanecen fueros de Navarra e provincias vascas (aliados de Felipe na Guerra de Sucesión).

Departamento de Historia

Page 36: Antigo Réxime

Departamento de Historia

Page 37: Antigo Réxime

“Por decreto do 9 de outubro próximo fun servido dicir que habendo coa asistencia divina e xustiza da miña causa, pacificado enteramente as miñas armas o Principado de Cataluña, tocaba á miña soberanía establecer goberno a el e dar providencias para que os seus moradores vivan con paz, quietud e abundancia; por cuxo ben, habendo precedido madura deliberación e consulta de ministros da miña maior confianza, resolvín que no referido Principado fórmese unhaAudiencia, na cal presida o Capitán Xeral das miñas armas de maneira que os despachos, logo de empezar co meu dictado, prosigan no seu nome (. . .)

(. . .) A Audiencia hase de xuntar nas casas que antes estaban destinadas para a Diputación e hase de compoñer dun regente e dez ministros para o civil e cinco para o criminal, dous fiscais e un alguacil maior.

(. . .) As causas na Real Audiencia se sustanciarán en lingua castelá e para que pola maior satisfacción das partes os incidentes das causas trátense coa maiordeliberación, mando que todas as peticións, presentación de instrumentos e o demais que se ofrecer, fágase nas salas. . .

(. . .) Na cidade de Barcelona ha de haber 24 regidores e en las demais oito, cuxanominación resérvome e nos demais lugares nomearanse pola Audiencia no momento que parecer e darálleme conta. . . “

( Fragmentos do Decreto de Nova Planta, 1.716 )

Departamento de Historia

Page 38: Antigo Réxime

Decreto de Nova Planta para Aragón e Valencia

Departamento de Historia

“Xulguei por conveniente (…) abolir e derogar enteiramente (…) todos os referidos foros , privilexios, práctica e costumes ata aquí observados nos referidos reinos de Aragón e Valencia; sendo a miña vontade que estes se reduzan ás leis de Castela, e ao uso práctica e forma de goberno que se ten e se tivo nela e nos seusTribunais sen diferenza ningunha en nada; podendoobter por esta razón os meus fidelísimos vasalos, os casteláns, oficios e empregos en Aragón e Valencia, do mesmo xeito que os aragoneses e máis os valencianos han de poder en adiante gozar deles en Castela senningunha distinción”.

Felipe V, xuño 1707

Page 39: Antigo Réxime

A única contribución

Departamento de Historia

“O medio que me parece máis proporcionado para establecer unha contrbución útil e xustificada é o que ten xa o principado de Cataluña; e redúcese a que cesando absolutamente todos os tributos e dereitos que se fundan en alcabalas, centos, servizoordinario, millóns, sisas e nvos impostos, icluída alcabala do vento, quinto e millón de neve, e todos os dema ramos que se abrangan baixo o nome de rendas reais e provinciais , como tamén a repartición de palla, camas, luz, leña e tdos os que son gavelas, se estableza no canto delas unha soa contribución dun 5%, en dúas especies de tributo; un simplemente real, certo e perpetuo; e outro persoal, considerando o mesmocinco por cento do traballo persoal de cada un, segundo a súaarte e seu exercicio”

M. De Zabala: Miscelánea económico-política. Racionalización simplificación. Centralización,

uniformización

Page 40: Antigo Réxime

Política exterior:

- Intentos de recuperar os territorios perdidos no Tratado de Utrecht, sobre todo os italianos.

- Búsqueda de alianza con Francia para contrarrestar a Austria e GB Pactos de Familia (1734 e 43) enfrontamentos con Austria e GB conquista de Nápoles, Sicilia e Parma por España Felipe V coloca aos seus fillos coma prínscipes italianos independentes.

Departamento de Historia

Page 41: Antigo Réxime

FERNANDO VI (1746-1759)

Fernando VI

Pol. exteriorPacifismo os pactoscon Francia non foron

renovados neutralidade contexto

internacional

Pol. InteriorAproveitamento da paz para fomentar o

crecemento económicoPara aumentar os recursos da Facenda

Dúas medidas: a) Xeneralización de intendentes,

Capitáns xerais e provincias por todo o territorio b) Elaboración de censo para coñecer a riqueza

existente(Catastro de Ensenada)

División de España en intendencias

Departamento de Historia

Page 42: Antigo Réxime

A crise do Antigo Réxime: a Ilustración

Departamento de Historia

Concepto

Movemento filosófico, literario e científico que se desarrolla en Europa e as súas colonias ó longo do S. XVIII (“das luces”)

Supuxo unha importante modernización cultural e o intento de transformar as caducas estructuras do Antigo Réxime

Page 43: Antigo Réxime

A Ilustración: ideas fundamentais

Departamento de Historia

A Razón: é o único medio para conseguir a verdade e, xunto cóprogreso, constitúe o camiño para acadar a felicidade

O Progreso: chégase a el grazas á ciencia; en combinación coa técnica permite o avance da humanidade de maneiraevolutiva e indefinida

A Natureza: é a orixede todo o xenuíno , verdadeiro e auténtico. A Sociedade é a que falsea e corrompe ó home, bóen estado natural

A Felicidade: é un ben ó que todo home ten dereito e constitúe un fin en se mesma

Page 44: Antigo Réxime

AS IDEAS DA ILUSTRACIÓN

Predominio da razón fronte á tradición, ao sobrenatural e a

superstición

A crítica como instrumento de análise

Defensa da autonomía do poder civil

A tolerancia relixiosaA educación instrumento para difundir a razón. O Estado a

debe promover

Interese pola economía e o progreso material para acadar a

felicidade

Interese polas ciencias experimentais

Departamento de Historia

Page 45: Antigo Réxime

O pensamento ilustrado

Departamento de Historia

Antecedentes

Hai que buscalos en Inglaterra e Holanda durante o S. XVII. Destaca a figura de Newton

John Locke , figura decisiva de gran influencia posterior. Propugna a separación de poderes

John Locke

Page 46: Antigo Réxime

Os filósofos ilustrados

Departamento de Historia

Na súa vertente política é desenvolvido na obra dos autores:

Montesquieu. Teoriza sobre a separación de poderes

Voltaire. Indaga naliberdade de pensamento e aboga por unha nova relixión (deísmo) alternativa ás reveladas

Rousseau. Fai fincapé naconcepción da natureza e as relacións sociais entre os homes.

Montesquieu Voltaire

Rousseau

Page 47: Antigo Réxime

Os ilustrados españoles

Departamento de Historia

A introdución e difusión das novas ideas ilustradas en España foilenta e difícil:

Escasa presencia dunhaburguesía emprendedora

Conservadorismo dos medios intelectuaisuniversitarios

Excesivo peso da Igrexa

Unha longa relación de persoeiros:

Feijoo

Campomanes

Cadalso

Jovellanos

Aranda

Floridablanca

Olavide

Page 48: Antigo Réxime

A Ilustración en Galicia

Departamento de Historia

O grupo “conservador”.

Francisco Somoza, Juan Francisco de Castro, Pedro Antonio Sánchez: poñer límite ósmorgados, combater a ignorsncia, mellorar a fiscalidade, fomentar a pequena industria e a gandaría

O grupo “radical”.

Luis Marcelino Pereira, Pedro Pardo Bazán, Antonio Raimundo Ibáñez, Lucas Labrada:

Propoñen medidas desamortizadoras e o desenvolvemento da industria fabril

Frei Martín Sarmiento: a reivindicación da recuperación do galego.

Page 49: Antigo Réxime

A vertente económica da ilustración

Departamento de Historia

Concrétase en dúas novas correntes: a fisiocracia e o liberalismo, que entran en colisión coa tendencia imperante do momento, o mercantilismo

Fisiocracia: Os fisiócratas sosteñen que a riqueza dun estado provén da natureza, máis exactamente da agricultura. O seu principal teórico é Quesnay

Liberalismo: Para os seus defensores, a riqueza dun estado non radica nin na acumulación de metais preciosos (mercantilismo) nin, exclusivamente na agricultura (fisiocracia), se non na liberdade. O Estado non é quen de intervir na actividade económica. O seu principal teórico é Adam Smith.

Page 50: Antigo Réxime

A ilustración: vehículos de difusión

Departamento de Historia

As sociedades científicas, literarias ou artísticas e as Academias, apoiados polos poderes públicos

As Sociedades Económicas de Amigos do País, estabrecidas normalmente nas principais cidades e capitais de provincia

Os salóns. Tertulias e reunións de ilustrados

A Enciclopedia, libros e publicacións.

Alegoría de las Bellas Artes exaltando a la Real Sociedad Económica Aragonesa de Amigos del País, 1785.

Page 51: Antigo Réxime

Fillo de Felipe V e rei de Nápoles tivoque renunciar a este para ser proclamado rei de España.

- Política exterior:

Continuos pactos de familia cosBorbóns franceses en 2 guerras:

Guerra dos sete anos (1756-1763): enfrontamento de Francia e Austria vs GB e Prusia victoria destes últimos.

Guerra de Independencia das colonias inglesas en Norteamérica(1776-1783): colonos norteamericanos proclamaron a súa independencia (EEUU) guerra vs GB Francia e España apoian aos colonos derrota de GB consecuencia para España = recuperación de Menorca

Departamento de Historia

CARLOS III (1759-1788):Un déspota ilustrado

Page 52: Antigo Réxime

Política interior:

Desenvolvemento do DESPOTISMO ILUSTRADO= o rei emprega o seu poder absoluto, xunto coa razón para conseguir incrementar o desenvolvemento e benestar dos seus súbditos pero sen contar con eles (Todo para o pobo pero sen o pobo).

Reformas (Gobernos de Conde de Aranda e Floridablanca):

A) Fortalecemento do Estado: por medio de medidas como modificación das provincias, funcionarios administracións e tribunais, creación bandeira real…

B) Mellora da agricultura:

- introdución de melloras técnicas (regadío) e novoscultivos produción.

- ilustrados criticaron o exceso de terras en mans da nobreza e de mans mortas propostas de reparto de terras (= reforma agraria), fracasadas por oposición de privilexiados

Departamento de Historia

Page 53: Antigo Réxime

A institucionalización do morgado

Departamento de Historia

“Primeiramente, que despois dos seus días ha de posuír e gozar perpetuamente este vínculo e morgado Don Domingo Cabarrús e Gelabert, o seu fillo lexítimo e primoxénito e os seus descendentes lexítimos por orde de primoxenitura regular, preferíndose o maior ao menor e o varón á femia (…).

Que os bens deste morgado non se poidan dividir, vender, ceder, renunciar, doar, legar, trocar, acensuar, empeñar nin gravar de xeito ningún (…), o cal prohibeabsolutamente aos posuidores, porque así convén e compre á seguridade desta vinculación. (…)

Escritura de morgado outorgada por Francisco Cabarrús, 1780

Page 54: Antigo Réxime

C) Fomento da produción artesanal e industrial: para superar atraso económico e dependencia exterior medidas:

$ Axudas a talleres e fábricas.$ Proteccionismo.$ Creación novas manufacturas (=talleres) reais (tapices, porcelanas…).$ Potenciación construción naval.$ Fomento industria doméstica (“Domestic System”).$ Desenvolvemento do comercio

- interior: mellora rede viaria mellora circulación de produtos.

- exterior: eliminación do monopolio comercial de Sevilla-Cádiz coas Indias extensión a outros portos peninsulares.

D) Renovación da educación: útil e práctica baseada no coñecemento das novidadestécnicas e científicas

creación de escolas populares para aprender un oficio. reforma da universidade. Creación de academias e outras institucións culturais (observatorios, museos,

bibliotecas…)

Departamento de Historia

Page 55: Antigo Réxime

A Educación

Departamento de Historia

Por isto o obxecto xeral da instruccción no home actual é a perfección das súas facultades físicas e intelectuais, como medios necesarios para aumentar a súa felicidade (…); pero a instrucción do cidadán aperta ademáis o coñecemento dos medios de concorrer particularmente á prosperidade do Estado ao que pertence e de combinar a súa felicidade coa dos seus comembros (…)

Así que o home que (…) xace nunha preguiceira e estupidaignorancia; o que podendo consagrar os seus talentos aoestudo de verdades útiles á causa pública, os emprega en especulacións inútiles e vas, (…) fáltalle de maneira enorme e groseira a unha das máis sagradas obrigas do cidadán.

G.M. De Jovellanos: Memoria sobre a educación pública, 1802

Page 56: Antigo Réxime

A lexislación reformadora

Departamento de Historia

No ámbito relixioso: Política regalista Expulsión dos xesuítasNo ámbito social: Declaración de “honestas”

de todas as profesiónsNo ámbito da educación: Reforma dos estudos

universitarios e das ensinanzas medias

Fundáronse escolas de artes e oficios

Fundación de Academias

No terreo económico: Limitación dos privilexios

da Mesta, colonización de novas terras e impulso das propostas de Reforma Agraria

Fomento da libre circulación de mercadorías no interior e liberalización do comercio colonial

Apoio a actvidadeindustrial: liberalización do proceso de fabricación

Page 57: Antigo Réxime

Críticas á sociedade estamental

Departamento de Historia

Eu imaxino os nobres, que o son por nacemento, como uns simulacros que representan aqueles ascendentes seus (…), puramente imaxes que me traen á memoria a virtude dos seus maiores; deste xeito, o meurespecto todo se vai en endereitura a aquelesorixinais, sen que aos simulacros por sí mesmos llestoque parte ningunha.

Ao contrario, venero (…) a aquel que serve á república, sexa ilustre ou humilde de nacemento (…)

B. Feijoo: Teatro crítico universal, 1724-1740

Page 58: Antigo Réxime

Real Cédula do 18 de marzo de 1783, declarando “honestas” todas as profesións

Departamento de Historia

“Non soamente o oficio de curtidor, senón tamén as demais artes e oficios de ferreiro, xastre, zapateiro, carpinteiro e outros deste modo son honestos e honrados; que o uso deles non envilece a familia nina persoa do que os exerce, nin a inhabilita para obterempregos municipais da República, nin para o goce e as prerrogativas da fidalguía (…)”.

Page 59: Antigo Réxime

A política regalista

Departamento de Historia

“O matrimonio primeiro é civil ca relixioso e antes un convenio e obrigación de homes que non un ministerio e un sacramento (…). A utilidade social, o ben do Estado, o aumento e a prosperidade das súas familias, é o principio que debe gobernar neste punto; e como este sexa todo temporal, e en nada espiritual nin divino, nin na orixe, nin nas causas, nin nas persoas, nin no contrato, nin nos seus froitos e efectos, o matrimonio é e debe terse, para decretar e establecer sobre el, como unha cousasimplemente terreal e civil, deixando o sobrenatural e relixioso para os altísimos fins que Xesucristo tivopresentes cando, elevandoo a sacramento da súa lei, se dignou a facelo grande e o enriqueceu coa súa graza”.

J.A. Meléndez Valdés: Discursos forenses, 1821.

Page 60: Antigo Réxime

As medidas económicas

Departamento de Historia

“A liberdade é a alma do comercio; é o crecemento de todas as prosperidades do Estado; é o orballo que rega os campos; é o sol benéfico que fertiliza as monarquías; o comercio, en fin, é a rega universal de todo. O seu contrario son os estancos, as murallas e as taxas. Sempre que houbese taxas diminuirían os froitos e as especies das cousas. Liberdade e esperanza fan laboriosos os homes; opresión, taxas e desconfianzas converten en lacazáns os máisindustriosos. Este é o carácter da natureza humana”.

M. De Gándara: Apuntes sobre el bien y el mal de España, 1762

Page 61: Antigo Réxime

Monumentos promovidos por Carlos III

Porta de Alcalá

Xardín Botánico

Museo do Prado

Departamento de Historia

Page 62: Antigo Réxime

CARACTERÍSTICAS• Desigualdade xurídica• Inmobilismo• Os privilexiados controlan a

economía a través do dominio da terra

• O terceiro estamento atura a maior parte das cargas

• O acaparamento dos excedentes deixa no límite da supervivencia ós campesiños e limita o crecemento económico da burguesía

Comentario:idea principal: os ilustrados toman conciencia do lastre que, para a mellora da economía, supón a sociedade estamental

Departamento de Historia

Page 63: Antigo Réxime

Departamento de Historia

Page 64: Antigo Réxime

Os ilustrados detectan a incapacidade da agricultura : o aumento da poboación é superior á oferta de alimentos

Elaboran informes(Jovellanos) e detectan as causas:Condicións climáticas desfavorables

Tecnoloxía pouco eficazRéxime de propiedade da terra (“mans mortas”)Escaseza de terras

Departamento de Historia

Page 65: Antigo Réxime

Analizan á sociedade e propoñen cambios na lexislación

A defensa dos intereses comúns é interpretado polos privilexiados como un aldraxe que pon en cuestión a vella orden social, onde a Nobreza e a Igrexa atopaban en perigo o seu “status” e que, contrariamentre o que se podería pensar, tampouco conta con apoios. De feito o motín de Esquilache non é tanto un brote espontáneo, como a consecuencia de un movemento dirixido polos xesuítas contra a política regalista.

Departamento de Historia

Page 66: Antigo Réxime

Suxiren as solucións, aínda que estas contan coa oposición dos privilexiados

Limita-los privilexios da Mesta,colonización de terras, substitución de xornaleiros por arrendatarios ...Fomentar mercados de bens e capitais: medidas liberalizadoras do comercio e creación de infraestructuras. Fin dos monopoliosApoio da actividade industrial: Medidas proteccionistas, e creación das reais fábricasMellorar o sistema de impostosFavorecen institucións como as Sociedades Económicas... Seguen as ideas fisiocráticas, e critican:

o réxime señorialas formas de propiedade da Igrexaos morgados ou a propiedade comunal

Departamento de Historia

Page 67: Antigo Réxime

Os efectos beneficiosos das reformas

Departamento de Historia

Crecemento demográfico que afecta de xeito desigual

Este crecemento contribuíu ó aumento da demanda de alimentos, así como o aumento da dispoñibilidade de man de obra para o campo e a industria.

O limitado das reformas, nembargante, puxo freo ó avance da agricultura e da industria.

O incremento (aínda que insuficiente) da produción mellora a dispoñibilidade de alimentos o que supón unha diminución das hambrunas e dos andazos.

Outro factor que influíu neste sentido foi o progreso da medicina.

Page 68: Antigo Réxime

Inflación

Departamento de Historia

Os salarios crecen un 20%

Os prezossoben máisdun100%

Page 69: Antigo Réxime

Dificultades para establecer estas reformas ilustradas debido a oposición privilexiados e ignorancia das masas:

Motín de Esquilache e expulsión dos xesuítas: Marqués de Esquilache (Ministro de Carlos III) decreto en 1766 (prohibición levar capa larga e sombreiro ancho) revolta popular en Madrid (Motín de Esquilache):

* Orixe: malas colleitas, especulación e subida de prezos do gran oposición popular aos ministros de Carlos III.

* Fin: represión da revolta destitución de Esquilache e decreto de expulsión da orde dos xesuítas (sospeitosos de instigar a revolta).

Departamento de Historia

Page 70: Antigo Réxime

A situación da industria

Os atrancos na industrialización teñen a súa excepción na periferia e, especialmente, en Cataluña onde a mellor situación do campesiñado e os excedentes de producción favorecen investimentos que teñen o seu mercado no resto de España e en América

Departamento de Historia

Page 71: Antigo Réxime

Os límites do reformismo

Departamento de Historia

Inquisición: vixila as ideas ilustradas procedentes do estranxeiro (Francia e GB) censura libros e vixilancia de condutas e pensamento freo ás reformas + avanzadas.

Destaca o proceso a P. Olavide(intendente de Andalucía) responsable de fundacións de colonias de campesiños en Serra Morena denunciado por nobreza e clero polas súasideas.

Oposición ás reformas: reformas ilustradas descontento e oposición de 2 tipos:

Por ser moderadas: para algúns colectivos intelectuais que defendenideas avanzadas (limitación poder real, separación de poderes, abolición privilexios…).

Por ser moiavanzadas: para nobreza e clero por medo á perda dos seus privilexios pensamiento reaccionario e conservador.