Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo...

14
2º BAC - Tema 5 - páx. 1 Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808-1874] No tránsito do século XVIII ao XIX producíronse, tanto en Europa como en América, profundos cambios políticos, sociais e económicos que transformaron radicalmente os sistemas vixentes ata entón. As vellas estruturas do Antigo Réxime, (a monarquía absoluta, o réxime señorial e a sociedade estamental baseada na desigualdade xurídica), foron derrubadas e substituídas por unhas novas: soberanía da Nación, liberdades individuais, igualdade ante a lei, separación de poderes, réximes parlamentarios, Constitucións... Estes cambios prolongáronse ao longo do século XIX e asentáronse principalmente en dúas novas ideoloxías que tiveron unha importancia fundamental na conformación das sociedades actuais: o liberalismo e o nacionalismo. C Estes procesos de ruptura e transformación son coñecidos como revolucións liberais burguesas; tiveron un carácter violento, debido á resistencia que ofreceron os partidarios do Antigo Réxime, e non se desenvolveron ao mesmo tempo nin con igual intensidade en todas partes; a loita foi longa e os avances mesturáronse con retrocesos antes do triunfo definitivo dos novos ideais. Os cambios iniciáronse coa independencia das colonias inglesas de América do Norte, que deu lugar ao nacemento dos Estados Unidos (1776), tiveron a súa continuación na Revolución Francesa a partir de 1789, e estendéronse por Europa ao longo do século XIX. A revolución liberal en España foi un proceso descontinuo e dilatado no tempo: desenvolveuse entre 1808 e 1874, con avances e retrocesos, co telón de fondo de tres guerras civís (as guerras carlistas), tutelado polo exército e en medio dunha gran inestabilidade política, que se reflectiu na sucesión de Gobernos e Constitucións. No seu desenvolvemento pódense distinguir as seguintes fases e ciclos: C 1808-1836: ciclo revolucionario de Cádiz. Procesos: quebra do Antigo Réxime e inicio, avance, retroceso e triunfo da revolución liberal. T 1808-1814: inicio da revolución e promulgación da Constitución de Cádiz. T 1814-1833: restauración absolutista e anulación das medidas liberais. T 1833-1836: definitivo triunfo liberal. C 1836-1874: construción do Estado e asentamento da sociedade de acordo cos principios liberais. División do liberalismo e pugna polo poder. T 1836-1843: ciclo progresista ou da Constitución de 1837. T 1844-1868: ciclo moderado ou da Constitución de 1845. T 1868-1874: ciclo democrático ou da Constitución de 1869, primeiro monárquico e despois republicano. C A partir de 1874: consolidación dun modelo de Estado baseado nunha monarquía conservadora e oligárquica, na que os grandes partidos liberais falsean as eleccións e se alternan pacificamente no poder, marxinando as restantes opcións políticas. 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios e institucións. N 1.- Le este apartado nas páxinas 164-165. Despois compara os principios do liberalismo cos trazos básicos do Antigo Réxime. 1.2.- A crise da monarquía e a invasión napoleónica (1808-1814). O período histórico comprendido entre 1808-1814 está marcado polo desenvolvemento da Guerra da Independencia, un cruento conflito que foi ao mesmo tempo unha guerra de liberación, unha guerra civil e o primeiro episodio da revolución liberal en España. C 1808 marca unha ruptura clave no desenvolvemento histórico de España. Nese ano, nun contexto de crecente crise interior, descrédito da monarquía borbónica e incremento das tropas francesas en terras peninsulares, ante as abdicacións forzadas dos monarcas españois do seu trono en favor de Napoleón, e ante a pasividade da maioría das autoridades establecidas, as masas populares toman a iniciativa, asumen a soberanía, crean novas institucións de goberno -as xuntas- e declaran a guerra aos franceses. A defensa a ultranza do territorio e o emprego de novas formas de loita -a guerrilla -, deron a vitoria final aos españois en 1814. C Paralelamente, en ausencia do rei lexítimo, Fernando VII, iniciouse en Cádiz a busca dunha renovación das leis e do sistema político, que deu lugar á promulgación da primeira Constitución española en 1812, e ao esbozo dun novo modelo económico e social inspirado nos principios do liberalismo. O retorno do Desexado en 1814 frustrou a experiencia liberal e conduciu ao restablecemento provisional do Antigo Réxime. A.- A crise da monarquía española. Nos primeiros anos do século XIX a monarquía de Carlos IV atopábase moi desprestixiada. As razóns do seu descrédito residían en varios factores: C Por un lado, a crise do sistema de goberno, provocada polas actuacións do rei, da súa muller e, sobre todo do valido Manuel Godoy, cuxo fulgurante ascenso político e social alimentou o receo e as críticas dos diversos sectores sociais. C Por outro lado, a crónica crise financeira xerada polas continuas guerras e agravada por un sistema fiscal pouco eficaz. C Ademais, a subordinación da política exterior española aos intereses da Francia de Napoleón provocou graves prexuízos para España: destrución de gran parte da Armada en Trafalgar (1805), perdas territoriais e comerciais en América... A firma do Tratado de Fontainebleau (1807), que permitía a entrada de tropas francesas por España para ocupar o reino de Portugal, contribuíu a incrementar o malestar popular. N 2.- Le este apartado nas páxinas 165-166. Despois compara os seguintes textos: Como os achaques de que adoezo non me permiten soportar por máis tempo o grande peso do goberno dos meus reinos, e cómpre para reparar a miña saúde, gozar dun clima máis temperado e da tranquilidade da vida privada, determinei despois da máis seria deliberación, abdicar a miña coroa no meu herdeiro e moi caro fillo o príncipe de Asturias. Polo tanto é a miña vontade que sexa recoñecido e obedecido como rei e señor natural de todos os meus reinos e dominios. CARLOS IV. Decreto de abdicación. 19 de marzo de 1808. Protesto e declaro que o meu decreto de 19 de marzo, no que abdiquei á coroa en favor do meu fillo, é un acto ao que me vin obrigado para evitar maiores infortunios e a efusión de sangue dos meus amados vasalos; e por conseguinte debe ser considerado nulo CARLOS IV. Carta a Napoleón. 23 de marzo de 1808.

Transcript of Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo...

Page 1: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 1

Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808-1874]

� No tránsito do século XVIII ao XIX producíronse, tanto en Europa como en América, profundos cambios políticos, sociais e económicos quetransformaron radicalmente os sistemas vixentes ata entón. As vellas estruturas do Antigo Réxime, (a monarquía absoluta, o réxime señorial e asociedade estamental baseada na desigualdade xurídica), foron derrubadas e substituídas por unhas novas: soberanía da Nación, liberdadesindividuais, igualdade ante a lei, separación de poderes, réximes parlamentarios, Constitucións... Estes cambios prolongáronse ao longo do séculoXIX e asentáronse principalmente en dúas novas ideoloxías que tiveron unha importancia fundamental na conformación das sociedades actuais:o liberalismo e o nacionalismo.

C Estes procesos de ruptura e transformación son coñecidos como revolucións liberais burguesas; tiveron un carácter violento, debido á resistenciaque ofreceron os partidarios do Antigo Réxime, e non se desenvolveron ao mesmo tempo nin con igual intensidade en todas partes; a loita foi longae os avances mesturáronse con retrocesos antes do triunfo definitivo dos novos ideais. Os cambios iniciáronse coa independencia das coloniasinglesas de América do Norte, que deu lugar ao nacemento dos Estados Unidos (1776), tiveron a súa continuación na Revolución Francesa a partirde 1789, e estendéronse por Europa ao longo do século XIX.

� A revolución liberal en España foi un proceso descontinuo e dilatado no tempo: desenvolveuse entre 1808 e 1874, con avances e retrocesos, cotelón de fondo de tres guerras civís (as guerras carlistas), tutelado polo exército e en medio dunha gran inestabilidade política, que se reflectiu nasucesión de Gobernos e Constitucións. No seu desenvolvemento pódense distinguir as seguintes fases e ciclos:

C 1808-1836: ciclo revolucionario de Cádiz. Procesos: quebra do Antigo Réxime e inicio, avance, retroceso e triunfo da revolución liberal.T 1808-1814: inicio da revolución e promulgación da Constitución de Cádiz.T 1814-1833: restauración absolutista e anulación das medidas liberais.T 1833-1836: definitivo triunfo liberal.

C 1836-1874: construción do Estado e asentamento da sociedade de acordo cos principios liberais. División do liberalismo e pugna polo poder.T 1836-1843: ciclo progresista ou da Constitución de 1837.T 1844-1868: ciclo moderado ou da Constitución de 1845.T 1868-1874: ciclo democrático ou da Constitución de 1869, primeiro monárquico e despois republicano.

C A partir de 1874: consolidación dun modelo de Estado baseado nunha monarquía conservadora e oligárquica, na que os grandes partidos liberaisfalsean as eleccións e se alternan pacificamente no poder, marxinando as restantes opcións políticas.

1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro]

1.1.- O liberalismo: principios e institucións.

N 1.- Le este apartado nas páxinas 164-165. Despois compara os principios do liberalismo cos trazos básicos do Antigo Réxime.

1.2.- A crise da monarquía e a invasión napoleónica (1808-1814).

� O período histórico comprendido entre 1808-1814 está marcado polo desenvolvemento da Guerra da Independencia, un cruento conflito que foiao mesmo tempo unha guerra de liberación, unha guerra civil e o primeiro episodio da revolución liberal en España.

C 1808 marca unha ruptura clave no desenvolvemento histórico de España. Nese ano, nun contexto de crecente crise interior, descrédito damonarquía borbónica e incremento das tropas francesas en terras peninsulares, ante as abdicacións forzadas dos monarcas españois do seu tronoen favor de Napoleón, e ante a pasividade da maioría das autoridades establecidas, as masas populares toman a iniciativa, asumen a soberanía,crean novas institucións de goberno -as xuntas- e declaran a guerra aos franceses. A defensa a ultranza do territorio e o emprego de novas formasde loita -a guerrilla -, deron a vitoria final aos españois en 1814.

C Paralelamente, en ausencia do rei lexítimo, Fernando VII, iniciouse en Cádiz a busca dunha renovación das leis e do sistema político, que deu lugará promulgación da primeira Constitución española en 1812, e ao esbozo dun novo modelo económico e social inspirado nos principios doliberalismo. O retorno do Desexado en 1814 frustrou a experiencia liberal e conduciu ao restablecemento provisional do Antigo Réxime.

A.- A crise da monarquía española.

� Nos primeiros anos do século XIX a monarquía de Carlos IV atopábase moi desprestixiada. As razóns do seu descrédito residían en varios factores:C Por un lado, a crise do sistema de goberno, provocada polas actuacións do rei, da súa muller e, sobre todo do valido Manuel Godoy, cuxo fulgurante

ascenso político e social alimentou o receo e as críticas dos diversos sectores sociais.C Por outro lado, a crónica crise financeira xerada polas continuas guerras e agravada por un sistema fiscal pouco eficaz.C Ademais, a subordinación da política exterior española aos intereses da Francia de Napoleón provocou graves prexuízos para España: destrución

de gran parte da Armada en Trafalgar (1805), perdas territoriais e comerciais en América... A firma do Tratado de Fontainebleau (1807), que permitíaa entrada de tropas francesas por España para ocupar o reino de Portugal, contribuíu a incrementar o malestar popular.

N 2.- Le este apartado nas páxinas 165-166. Despois compara os seguintes textos:

Como os achaques de que adoezo non me permiten soportar por máis tempo o grande peso do goberno dos meus reinos, e cómpre para reparar a

miña saúde, gozar dun clima máis temperado e da tranquilidade da vida privada, determinei despois da máis seria deliberación, abdicar a miña coroa

no meu herdeiro e moi caro fillo o príncipe de Asturias. Polo tanto é a miña vontade que sexa recoñecido e obedecido como rei e señor natural de

todos os meus reinos e dominios.CARLOS IV. Decreto de abdicación. 19 de marzo de 1808.

Protesto e declaro que o meu decreto de 19 de marzo, no que abdiquei á coroa en favor do meu fillo, é un acto ao que me vin obrigado para evitar

maiores infortunios e a efusión de sangue dos meus amados vasalos; e por conseguinte debe ser considerado nuloCARLOS IV. Carta a Napoleón. 23 de marzo de 1808.

Page 2: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 2

B.- As abdicacións de Baiona e o reinado de Xosé I Bonaparte. [páx. 166-167]

N 3.- Le o doc. 4 da páxina 167. Identifica os trazos tradicionais e os principios novidosos que presenta.

C.- A Guerra da Independencia.

C.1.- A resistencia popular. [páx. 168-169]

N 4.- Valora a actuación das masas populares: cres que se pode considerar revolucionaria ou reaccionaria?

C.2.- Os órganos de goberno e as actitudes no contexto da guerra.

� A invasión e a guerra subseguinte provocaron a confluencia de tres centros de poder:C Estaba, primeiro, o que derivaba das institucións preexistentes: Consellos -como o de Castela-, Audiencias, Capitáns Xenerais e organismos de menor

rango, sobre as que se colocaría agora a Xunta de Goberno que o rei Fernando VII deixou establecida ao partir ao encontro de Napoleón en Baiona(abril de 1808), presidida polo seu tío o infante don Antonio.

C Xurdiu logo un poder creado polo feito mesmo do alzamento antifrancés, materializado primeiro nas xuntas locais e sucesivamente nas xuntasprovinciais, a Xunta Central, a Rexencia e, por fin, as Cortes.T As xuntas fundamentaron a súa lexitimidade na vontade popular e colectiva de defensa do país, asumiron o poder supremo na súa xurisdición

e reclamaron para si mesmas toda a soberanía en ausencia do rei lexítimo (Fernando VII) e como delegadas deste.C Por último, o aparato estatal que intentaron crear o emperador e o seu irmán Xosé coa colaboración dos españois que aceptaron o feito de Baiona,

é dicir, os afrancesados.Só estes dous últimos núcleos terían vixencia plena ao longo da guerra. Os órganos de goberno do Antigo Réxime ou se afundiron na súa propiainoperancia ou foron formalmente eliminados ou absorbidos.

� A ocupación francesa e a creba do Antigo Réxime obrigaron á toma de postura por parte dos españois. Esencialmente cabe distinguir:

C Os afrancesados: minoría que na Guerra da Independencia colaborou activa ou pasivamente e deu o seu apoio á administración francesa impostapor Napoleón en España, dirixida por Xosé I, aceptando as renuncias de Carlos IV e Fernando VII en Baiona (maio de 1808). O cualificativo tiña unton pexorativo e equivalía a colaboracionista ou traidor. No colectivo intégranse individuos de diferente extracción social (militares, funcionarios,artistas, intelectuais, cregos, comerciantes...) por motivos diversos:T Medo: atemorizados pola violencia do levantamento popular, ou temor ás represalias dos franceses...T Conveniencia: manter os empregos anteriores, sobre todo os funcionarios, que non querían perder os seus postos.T Convicción: convencemento de que a resistencia contra Napoleón era inútil e que os últimos Borbóns demostraran a súa incapacidade para

continuar o programa reformista iniciado con Carlos III. O goberno de Xosé I parecíalles o máis axeitado para promover as reformas que o paísnecesitaba na liña dun certo despotismo ilustrado e do respecto á lei (reforma sen revolución).

T A propia xeografía do conflito.

C Os patriotas: groso da poboación, que se opuxo á ocupación francesa. Distínguense varios sectores con concepcións antagónicas:T Os absolutistas (a maior parte do clero e da nobreza) loitaban para recuperar o Antigo Réxime na súa integridade.T Os reformistas, (ilustrados como Floridablanca e Jovellanos) loitaban tamén pola volta de Fernando VII, do que esperaban que impulsase un

programa de reformas que modernizase o país sen alterar en esencia as bases da monarquía tradicional.T Os liberais (burguesía, intelectuais...) querían aproveitar a guerra para realizar unha transformación revolucionaria da sociedade do Antigo

Réxime e impoñer un réxime liberal (soberanía nacional, división de poderes, Constitución, capitalismo...).T Unha gran parte da poboación, á marxe de posicións ideolóxicas claras, afrontou a guerra como un movemento de defensa contra un invasor

estranxeiro, e defendeu sen concesións o retorno de Fernando VII e o restablecemento pleno da autoridade da Igrexa.

C.3.- Evolución da guerra. [páx. 170-171]

C 1ª fase (maio-novembro 1808): intento de ocupación francesa e levantamento popular español, que logrou rexeitala.C 2ª fase (novembro 1808-xaneiro 1812): claro dominio francés. Intervención da Grande Armée Y conquista da PI, que non capitula.C 3ª fase (xaneiro 1812-abril 1814): progresivo repregue francés e vitoriosa ofensiva hispano-inglesa.

C.4.- Os desastres da guerra: consecuencias da Guerra da Independencia.

C Regreso de Fernando VII: restauración do absolutismo e anulación de todo o labor das Cortes de Cádiz.C Perdas humanas: os mortos (combates, represalias, fame, epidemias...) / os exiliados: afrancesados e liberais fuxidos.C Crise económica xeneralizada: estragos causados polos enfrontamentos bélicos en cidades e edificios; destrución sistemática de fábricas e talleres

(sobre todo da industria téxtil); ruína da agricultura e da gandería (campos arrasados, escaseza de alimentos, despoboación); destrución de pontese vías de comunicación, que impedía o intercambio de produtos.

C Espolio do patrimonio artístico: cadros, obras de ourivería, pezas de valor artístico... foron levados a Francia polos xenerais franceses.C Absoluto desastre financeiro: mantiñanse os vellos problemas herdados da monarquía borbónica; por outra parte cesaron subitamente as remesas

de ouro e prata procedentes das colonias que, no contexto da guerra, iniciaran o proceso de emancipación. Estas circunstancias e o custo dasoperacións militares provocaron unha auténtica quebra da Facenda Pública.

C O grave problema do bandoleirismo: ao acabar a guerra, guerrilleiros, desertores e campesiños sen terras que non tiñan outro medio de vida,convertíronse en bandoleiros agrupados en partidas que se dedicaban ao saqueo nas áreas rurais.

C Cambios no exército: nel integráronse, xunto á xerarquía militar tradicional, os xefes guerrilleiros curtidos na guerra, que lideraban un sector doexército (caudillismo). Estes caudillos recorrerán á vía do pronunciamento para acceder ao poder e desprazar os rivais ideolóxicos.

D.- Goya, testumuña dunha época. [páx. 171]

Page 3: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 3

1.3.- As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812. [páx. 172 a 176]

A.- Os antecedentes: a formación das xuntas de goberno.

N 5.- Busca información e elabora un sinxelo informe sobre as xuntas: orixe, caracteres, composición e funcións.

B.- As Cortes de Cádiz e a abolición do Antigo Réxime.

� Desde o comezo da guerra, as xuntas locais e provinciais que dirixían a resistencia contra os franceses enviaron representantes para formar unhaXunta Suprema Central que coordinase as accións bélicas e dirixise o país durante a guerra. Constituíuse en Aranjuez o 25 de setembro de 1808,aproveitando a retirada momentánea de Madrid dos franceses tras a derrota de Bailén (19 de xullo); estaba presidida por Floridablanca e formadapor 35 membros, a maioría deles nobres máis algúns destacados ilustrados como Jovellanos.

C A Xunta recoñeceu a Fernando VII como o rei lexítimo de España e asumiu a soberanía real ata o seu retorno. Durante o seu goberno, a XuntaCentral tomou importantes decisións, como a formación dun novo exército ou a convocatoria de Cortes xerais, pero foi incapaz de dirixir a guerra.Ante o avance francés fuxiu a Sevilla, e de alí, en 1810, a Cádiz, a única cidade que, axudada polos ingleses, resistía o asedio francés.

B.1.- Convocatoria e reunión das Cortes xerais e extraordinarias da Nación española.

N 6.- Resume o proceso de formación e a composición das Cortes de Cádiz.

B.2.- Os decretos das Cortes de Cádiz: a abolición legal do Antigo Réxime.

� As Cortes xerais e extraordinarias do reino abriron as súas sesións o 24 de setembro de 1810. Non se dedicarían, como querían algúns, a sistematizaras dispersas leis da monarquía absoluta, senón que crearon unha nova orde política e xurídica.

N 7.- Sintetiza o labor lexislativo das Cortes de Cádiz. Que decretos tiñan un maior efecto revolucionario?

C.- A Constitución de 1812.

� A Constitución é a lei suprema e fundamental sobre a que se estrutura un Estado, elaborada polos representantes da Nación elixidos por sufraxio(censatario ou universal) e aprobada polos cidadáns con dereito a voto (normalmente mediante un referendo). É a base de todas as demais leis,regulamentos e normas. Toda Constitución consta, como mínimo, de tres partes:T Unha parte ideolóxica, na que se explicitan os criterios filosóficos e políticos que informan o seu contido.T Unha parte dogmática, na que se establece unha declaración de dereitos e liberdades, así como as garantías para o seu exercicio.T Unha parte orgánica, na que se detalla o modelo político do Estado, a organización dos poderes lexislativo, executivo e xudicial (as institucións

que os representan e as relacións entre os mesmos) e a estrutura territorial do Estado.Dado que a Constitución é a norma xurídica básica do Estado, ninguén debe, en teoría, actuar en contra dela, e ningunha das outras leis posteriores,sempre de rango inferior e subordinado, pode entrar en contradición cos seus postulados. Toda Constitución é, polo demais, froito dunha realidadesocio-política concreta e do compromiso entre forzas políticas ou da hexemonía dalgunha delas.

C O 19 de marzo de 1812, tras case dous anos de traballo, promulgouse a primeira Constitución da historia de España. Os seus 384 artigos regulabancon detalle todas as cuestións relacionadas coa vida política e cos dereitos dos cidadáns. Trátase, pois, dun texto longo e minucioso, porque osdeputados de Cádiz eran conscientes do cambio transcendental que significaba, e temeron que as leis posteriores anulasen a eficacia dos cambios.O texto constitucional foi un compromiso entre os defensores do liberalismo e os partidarios do Antigo Réxime, favorable aos primeiros polaconxuntura política en que se fraguou.

CADRO RESUME DA CONSTITUCIÓN DE 1812

PRINCIPIOS

POLÍTICOS

Característicos dun réxime liberal: soberanía nacional / Monarquía constitucional (ten poderes limitados e está supeditada ás Cortes) e hereditaria / Separación de poderes /

Confesionalidade católica (declárase a relixión católica como oficial do Estado e única autorizada) / Igualdade xurídica (leis iguais para todos), fiscal (todos pagan impostos) e

militar (servizo militar obrigatorio)

XEFATURA DO

ESTADO

Recae no rei, que posúe iniciativa lexislativa e inviolabilidade. Designa e separa os secretarios de despacho [actuais ministros]. Ten dereito a vetar unha lei durante dous anos

(veto suspensivo). Ten dereito á presentación dos bispos.

PODER

EXECUTIVO

Reside no rei, que é ao mesmo tempo xefe de Estado e de Goberno. O rei exerce este poder por medio dos secretarios de despacho, que referendan (lexitiman coa súa firma) as

ordes reais, das que son responsables ante as Cortes. Non poden ser deputados.

PODER

LEXISLATIVO

Reside nas Cortes co Rei. Cortes unicamerais con amplos poderes: teñen iniciativa lexislativa, controlan o Goberno, aproban os tratados internacionais e os orzamentos, organizan

o exército... Os deputados son elixidos mediante sufraxio universal masculino en número proporcional á poboación de cada provincia. Sufraxio indirecto (electores de parroquia,

de partido e de provincia). Son elixibles os maiores de 25 anos que posúan unha renda determinada procedente de bens raíces.

PODER

XUDICIAL

Xulga e aplica as leis. Competencia exclusiva dos tribunais. Prohíbese a intervención do Rei e as Cortes. Asegúranse os principios fundamentais do Estado de Dereito: códigos civil,

criminal e comercial únicos, garantías procesuais...

RÉXIME

LOCAL

Suprime a tradicional división de España en reinos, con leis e foros propios. España divídese en provincias (rexidas por unha Deputación) e estas en concellos rexidos por alcaldes

elixidos por sufraxio universal masculino indirecto.

DEREITOS

INDIVIDUAIS

Hábeas corpus (os arrestos necesitan mandamento xudicial e presentación inmediata perante o xuíz) / Liberdade limitada de imprenta (excepto os libros de temas relixiosos)

/ Inviolabilidade de domicilio / Protección á propiedade privada...

Page 4: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 4

N 8.- Comenta o seguinte texto:

D. FERNANDO SÉTIMO, pola graza de Deus e a Constitución da Monarquía española, Rei das Españas, e na súa ausencia e catividade a Rexencia do

Reino nomeada polas Cortes xerais e extraordinarias (...) SABEDE: Que as mesmas Cortes decretaron e sancionaron a seguinte

CONSTITUCIÓN POLÍTICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA

No nome de Deus todopoderoso, Pai, Fillo e Espírito Santo, autor e supremo lexislador da sociedade.

As Cortes xerais e extraordinarias da Nación española, ben convencidas, despois do máis detido exame e madura deliberación, de que as antigas leis

fundamentais desta monarquía, acompañadas das oportunas providencias e precaucións, que aseguren dun modo estable e permanente o seu enteiro

cumprimento, poderán encher debidamente o grande obxecto de promover a gloria, a prosperidade e o ben de toda a Nación, decretan a seguinte

Constitución política para o bo goberno e recta administración do Estado. (...)

Art. 1.- A Nación española é a reunión de todos os españois de ambos hemisferios.

Art. 2.- A Nación española é libre e independente, e non é nin pode ser patrimonio de ningunha familia nin persoa.

Art. 3.- A soberanía reside esencialmente na Nación, e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de establecer as súas leis

fundamentais.

Art. 4.- A Nación está obrigada a conservar e protexer por leis sabias e xustas a liberdade civil, a propiedade e os demais dereitos lexítimos de todos

os individuos que a compoñen.

Art. 7.- Todo español está obrigado a ser fiel á Constitución, obedecer as leis e respectar as autoridades establecidas.

Art. 8.- Tamén está obrigado cada español, sen distinción algunha, a contribuír en proporción aos seus haberes aos gastos do Estado.

Art. 9.- Está, así mesmo, obrigado todo español a defender a patria coas armas, cando sexa chamado pola lei.

Art. 12.- A relixión da Nación española é e será perpetuamente a Católica, Apostólica e Romana, única verdadeira. A Nación protéxea por leis sabias

e xustas e prohibe o exercicio de calquera outra.

Art. 13.- O obxecto do Goberno é a felicidade da Nación, posto que a fin de toda sociedade política non é outro que o benestar dos individuos que

a compoñen.

Art. 14.- O goberno da Nación española é unha Monarquía moderada e hereditaria.

Art. 15.- A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.

Art. 16.- A potestade de facer executar as leis reside no Rei.

Art. 17.- A potestade de aplicar as leis nas causas civís e criminais reside nos tribunais establecidos pola lei.

Art. 27.- As Cortes son a reunión de todos os deputados que representan a Nación, nomeados polos cidadáns na forma que se dirá.

Art. 34.- Para a elección de deputados de Cortes celebraranse xuntas electorais de parroquia, de partido e de provincia.

Art. 92.- Requírese ademais para ser elixido deputado de Cortes ter unha renda anual proporcionada, procedente de bens propios.

Art. 142.- O Rei ten a sanción das leis.

Art. 149.- Se de novo fose por terceira vez proposto, admitido e aprobado o mesmo proxecto de lei nas Cortes do seguinte ano, polo mesmo feito

enténdese que o Rei dá a sanción.

Art. 168.- A persoa do Rei é sagrada e inviolable, e non está suxeita a responsabilidade.

Art. 225.- Todas as ordes do Rei deberán ir firmadas polo secretario de despacho do ramo ao que o asunto pertence.

Art. 248.- Nos negocios comúns, civís e criminais non haberá máis que un só foro para todas as persoas.

Art. 339.- As contribucións repartiranse entre todos os españois en proporción ás súas facultades, sen excepción nin privilexio algún.

Art. 362.- Haberá en cada provincia corpos de Milicia Nacional, compostos por habitantes de cada unha delas, con proporción á súa poboación.

Art. 366.- En todos os pobos da Monarquía estableceranse escolas de primeiras letras, nas que se ensinará aos nenos a ler, a escribir e o catecismo

da relixión católica, que comprenderá tamén unha breve exposición das obrigacións civís.

Art. 371.- Todos os españois teñen liberdade de escribir, imprimir e publicar as súas ideas políticas, sen necesidade de licencias, revisión ou aprobación

algunha anterior á publicación, baixo as restricións e responsabilidades que establezan as leis.

� A Constitución de Cádiz tivo unha vixencia curta e accidentada: desde a súa promulgación en 1812 ata a súa supresión en 1814 (restauración doabsolutismo por Fernando VII); foi restablecida durante o Trienio Liberal (1820 a 1823), de novo derrogada por Fernando VII, e de novo restablecidaen 1836 (tras o pronunciamento dos sarxentos de La Granja), mentres se elaboraba un novo texto constitucional (o de 1837). Porén, tivo unhaextraordinaria influencia no seu momento, e converteuse nun mito e nun modelo para outras constitucións europeas e americanas.

É difícil facer unha valoración obxectiva do que significou a Constitución de 1812, a popular Pepa. Inxenua e chea de boas intencións, nunca puido ser

entendida polo pobo llano español, xa que non recollía as súas aspiracións; pasou tamén por alto a variopinta realidade rexional española, cos seus

foros, usos e tradicións, e isto porá sobre o tapete a ardua cuestión rexional, á que aínda hoxe se trata de atopar solución nun Estado de autonomías.

Gañouse a animadversión da Igrexa, elemento clave da convivencia nacional, e, polas medidas que en contra dos seus intereses e institucións se

plasmaron nela, foi profundamente odiada polos membros do estamento nobiliario...

En suma, a Constitución resultaba totalmente inadecuada ás condicións reais do pobo español de comezos do século XIX. Nela reflíctese a enorme

distancia que existía entre unha clase media intelectual que non coñece o pobo e un pobo que nin respecta nin ten confianza nesta última. Porén, a

Pepa converteuse nun mito e nunha bandeira de liberdade.DEL MORAL, Cristina: La Guerra de la Independencia. Madrid, Anaya, 1990. (castelán)

� En resumo, malia a importancia da súa obra, as Cortes de Cádiz non tiveron grande incidencia práctica na vida do país. A situación de guerra impediua efectiva aplicación do que se lexislara, e ao final da guerra o regreso de Fernando VII frustrou a experiencia liberal e conduciu á restauración doAntigo Réxime.

Page 5: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 5

1.4.- A restauración absolutista de Fernando VII (1814-1833). [páx. 176 a 180]

� O reinado de Fernando VII caracterizouse por dous trazos básicos: a quebra definitiva do Antigo Réxime e a loita permanente entre liberais eabsolutistas. En función da evolución política pódense diferenciar tres períodos:

A.- O Sexenio Absolutista. 1814-1820.

� O contexto: a Europa da Restauración. As potencias vencedoras de Napoleón reuníronse no Congreso de Viena (1814-1815) para restablecer oabsolutismo e remodelar o mapa de Europa, e crearon a Santa Alianza para defender a relixión católica e eliminar calquera brote liberal.

C Tras o Tratado de Valençay (11 decembro 1813), Fernando VII recuperou o trono e retornou a España (marzo 1814).C Os apoios: o entusiasmo popular, a Igrexa, xefes militares e os deputados absolutistas, que redactaron o Manifesto dos Persas (12 abril 1814).

Contando con estes apoios, Fernando VII deu un golpe de Estado: publicou o decreto de 4 de maio de 1814, que supuña a anulación do labor dasCortes de Cádiz, a disolución das Cortes e o restablecemento do Antigo Réxime e todas as súas institucións características.

C Goberno arbitrario de carácter absoluto, con apoio da camarilla, que tivo que afrontar os vellos problemas do país, a ruína provocada pola guerrae a independencia das colonias americanas. A incapacidade do Goberno Y incremento do descontento, sobre todo entre os mandos militares.

C Represión: persecución de afrancesados e liberais: execución / prisión / clandestinidade / exilio Y os partidarios das reformas liberais recorreroná formación de sociedades secretas (masonería), á conspiración e á acción revolucionaria (pronunciamentos) para conseguir os seus propósitos.

B.- O Trienio Liberal. 1820-1823.

� Pronunciamento de Rafael Riego (1 de xaneiro de 1820), que se foi estendendo polo país ante a indecisión do exército leal ao rei Y Fernando VIIveuse obrigado a aceptar a Constitución de 1812 (10 de marzo de 1820).

C Os Gobernos liberais do Trienio restableceron toda a lexislación promulgada polas Cortes de Cádiz e impulsaron novas reformas sociais, económicase administrativas: supresión de conventos, desamortización dos seus bens e os da Inquisición, esbozo dunha nova división provincial, reforma dainstrución pública, reforma do exército, novo Código penal, liberalización da industria e do comercio, supresión da metade do décimo eclesiástico...

C División interna do grupo liberal, que se escindiu en dúas faccións enfrontadas polo alcance das reformas: moderados e exaltados Y grandeinestabilidade política, que favoreceu a actitude obstrutiva e conspirativa do rei, que paralizou todas cantas leis puido.T Moderados: partidarios de pactar cos sectores sociais privilexiados (nobreza, Igrexa, alta burguesía), ralentizar as reformas e recortar os aspectos

máis radicais da Constitución de 1812 (limitar as atribucións das Cortes, establecer un Parlamento bicameral, eliminar o sufraxio universalmasculino, reforzar o poder do rei, limitar a liberdade de expresión...).

T Exaltados: partidarios de acelerar e radicalizar as reformas, dar maior participación ao pobo e non alterar a Constitución de 1812.C Graves problemas internos Y inestabilidade e ineficacia dos Gobernos, nun contexto internacional desfavorable:

T Problemas facendísticos: destrución material e administrativa pola Guerra da Independencia + perda das rendas americanas (emancipación).T Malas relacións coa Igrexa como consecuencia das medidas de exclaustración e desamortización.T Oposición de gran parte do campesiñado: as reformas liberais, lonxe de satisfacer as súas reivindicacións (reparto de terras, rebaixa de

impostos...) empeoraran gravemente as súas condicións materiais de existencia.T Obstrución dos sectores absolutistas: as forzas contrarrevolucionarias, lideradas polo clero, torpedearon as reformas e tentaron derrubar o

Goberno liberal mediante motíns, insurreccións militares e, sobre todo, a formación de partidas de guerrilleiros realistas, que dominaron amplaszonas e chegaron a establecer un Goberno absolutista paralelo (a Regencia Suprema de Urgel, agosto 1822-febreiro 1823).

C Reacción internacional: no Congreso de Verona (outubro-decembro 1822), as potencias da Santa Alianza acordaron restaurar os dereitos reais deFernando VII: intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís Y caída do Trienio entre abril e setembro de 1823.

C.- A Década Ominosa ou Absolutista. 1823-1833.

� Abolición de todas as leis e institucións creadas durante o Trienio Liberal (decreto de 1 de outubro de 1823).C A nova restauración absolutista Y durísima represión contra os liberais (as purificacións) + depuración rigorosa da Administración, os cargos públicos

e o exército Y auténtico réxime de terror contra os partidarios das ideas liberais Y execución, cárcere ou exilio.T Os medios: creáronse o corpo de voluntarios realistas (por oposición á Milicia Nacional), as Comisións Militares Executivas, as Xuntas de

purificación e, en 1825, a Policía, con misións de vixilancia política. Nalgunhas dioceses actuaron as Xuntas de Fe, herdeiras da Inquisición.C Desde 1826 os Gobernos, co apoio do sector moderado da burguesía, iniciaron unha fallida política de reformas económicas e administrativas que

pretendían abordar a crítica situación da Facenda española (agravada pola perda das colonias) e evitar a quebra definitiva da monarquía absoluta.T Esta nova orientación (máis moderada) e a non restauración da Inquisición, provocaron a reacción dos partidarios dun absolutismo intransixente

-os ultrarrealistas ou apostólicos- que se agruparon arredor de Carlos María Isidro, irmán do rei e herdeiro da Coroa neses momentos.T Protagonizaron diversas conspiracións e rebelións, entre as que destaca a guerra dels malcontents ou revolta dos agraviados: sublevación

armada de campesiños e artesáns rurais en Cataluña en 1827, precursora do carlismo.C Fracaso dos sucesivos pronunciamentos liberais, que pretendían restablecer o réxime constitucional.C Desde 1830, co nacemento da princesa Isabel, xorde o conflito dinástico: a orixe da primeira guerra carlista, iniciada tras a morte do rei (1833).

1.5.- A independencia da América española (1808-1824). [páx. 181-182]

� Trazos característicos e fases básicas do proceso de emancipación das colonias españolas en América.T Formación de xuntas e intentos de emancipación (1808-1814).T Guerras de independencia latinoamericana (1814-1824).

C Consecuencias da independencia das colonias americanas.C Os problemas das novas nacións americanas:

T Fraccionamento en múltiples repúblicas Y frecuentes guerras Y intervencionismo constante do exército na vida política.T Os crioulos dirixentes do proceso emancipador ignoraron os intereses da maioría da poboación Y profundas convulsións sociais.T A independencia política non supuxo a independencia económica. O dominio español foi substituído polo de Gran Bretaña (control do comercio)

e os Estados Unidos (formulación da doutrina Monroe -"América para os americanos"- en 1823).

Page 6: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 6

N 9.- Le os seguintes documentos. Despois elabora un sinxelo comentario de cada un. Debes tratar os seguintes aspectos:a.- Identifica / deduce o seu autor.b.- Cronoloxía e contexto histórico do texto.c.- Tema ou idea principal de que trata.d.- Explicación breve e precisa do seu contido.

1.- O príncipe de Asturias adhírese á cesión feita polo rei Carlos dos seus dereitos ao trono de España e das Indias a favor da SM o Emperadordos franceses, rei de Italia e Protector da Confederación do Rin e renuncia a todos os dereitos que posúe como príncipe de Asturias áCoroa de España.

2.- Soldados: mal aconsellado, o populacho de Madrid sublevouse e chegou a cometer asasinatos. Pero o sangue francés vertido clamavinganza. En consecuencia mando o seguinte (...):Art. 2. Todos os que foron presos durante a rebelión e coas armas na man serán arcabuceados.Art. 4. Toda xuntanza que pase de oito persoas será considerada como reunión de sediciosos e será dispersada a fusilazos.Art. 5. Toda vila ou aldea onde sexa asasinado un francés será incendiada.Art. 7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos que provoquen a sedición serán considerados coma

uns axentes de Inglaterra, e serán pasados polas armas.

3.- Os deputados que compoñen este Congreso, e que representan a Nación española, decláranse lexitimamente constituídos en Cortes xeraise extraordinarias e que reside nelas a soberanía nacional.As Cortes (...) recoñecen, proclaman e xuran de novo polo seu único e lexítimo rei ao señor don Fernando VII de Borbón; e declaran nula,de ningún valor nin efecto a cesión da Coroa que se di feita a favor de Napoleón (...)Non convindo queden reunidos o poder lexislativo, o executivo e o xudicial, declaran as Cortes xerais e extraordinarias que se reservano exercicio do poder lexislativo en toda a súa extensión.As Cortes (...) habilitan aos individuos que compoñían o Consello de Rexencia paraque (...) exerzan o poder executivo. O Consello de Rexencia (...) recoñecerá a soberanía das Cortes e xurará obediencia ás leis e decretosque delas emanaren.

4.- Art.3º.- S.M. o Emperador dos franceses, rei de Italia, recoñece a don Fernando e aos seus sucesores (...), como rei de España e das Indias.Art.4º.- S.M. o Emperador e rei recoñece a integridade do territorio de España, tal como existía antes da guerra actual.Art.7º.- Todos os españois adictos ao rei Xosé (...) volverán aos honores, dereitos e prerrogativas que gozaban (...).

5.- Señor: era costume dos antigos persas pasar cinco días de anarquía despois do falecemento do seu rei, a fin de que a experiencia dosasasinatos, roubos e outras desgrazas lles obrigase a ser máis fieis ao seu sucesor.(...). Para ser fiel España á VM non necesitaba igualensaio nos seis anos da súa catividade. (...). Mais, como en ausencia da VM se mudou o sistema (...) e encontrámonos á fronte da nacióncun Congreso que decreta o contrario do que sentimos (...), cremos un deber manifestar que (...) a monarquía absoluta (...) é unha obrada razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do Estado. (...)Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto (...) coa protesta de que se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádize por non aprobada pola VM (...), porque estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e transcendentais prexuízos quepiden a previa celebración dunhas Cortes españolas lexitimamente congregadas (...) e de acordo en todo coas antigas leis.

6.- Soldados (...) eu non podía consentir, como xefe voso, que se vos afaste de vosa patria, nuns buques podres, para levarvos a facer unhaguerra inxusta ao novo mundo; nin que se vos obrigase a abandonar os vosos pais e irmáns, deixándoos sumidos na miseria e opresión.(...) España está vivindo a mercé dun poder arbitrario e absoluto, exercido sen o menor respecto ás leis fundamentais da nación. O rei, quedebe o seu trono a cantos loitaron na guerra da independencia, non xurou, porén, a Constitución (...). A Constitución española, xusta eliberal, foi elaborada en Cádiz entre sangue e sufrimento. Mais o rei non a xurou e é necesario, para que España se salve, que o rei xuree respecte esa Constitución de 1812, afirmación lexítima e civil dos dereitos e deberes de todos os españois. (...) Si, si, soldados, aConstitución. Viva a Constitución!

7.- Mentres eu meditaba maduramente coa solicitude propia do meu paternal corazón as variacións do noso réxime fundamental que parecíanmáis adaptables ao carácter nacional e ao estado presente das diversas opcións da monarquía española, así como máis análogas áorganización dos pobos ilustrados, fixéstesme comprender a vosa arela de que se restablecese aquela Constitución que entre o estrondodas armas hostís foi promulgada en Cádiz no ano de 1812, ao propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola liberdade dapatria. Oín os vosos votos, e como tenro pai condescendín ao que os meus fillos consideran que conduce á súa felicidade. Xurei esaConstitución pola que suspirabades, e sempre serei o seu máis firme apoio (...). Marchemos francamente, e Eu o primeiro, pola sendaconstitucional (...).

8.- Sentado xa outra vez no trono de San Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas resolucións dos meus poderososaliados e polos denodados esforzos do meu primo, o duque de Angulema, e o seu bravo exército, desexando prover o remedio ás máisurxentes necesidades dos meus pobos, e manifestar a todo o mundo a miña verdadeira liberdade, vin decretar o seguinte:1º. Son nulos e de ningún valor todos os actos do goberno chamado constitucional (de calquera clase e condición que sexan) que dominouos meus pobos desde o 7 de marzo de 1820 ata hoxe 1 de outubro de 1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecínde liberdade.

Page 7: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 7

2.- A construción do Estado liberal [1833-1868].

� En 1833 morreu Fernando VII e sucedeuno a súa filla Isabel II. Durante o seu reinado (1833-1868) desenvolveuse o proceso de implantación doliberalismo en España: modificouse a estrutura do Estado dando paso a unha monarquía constitucional, transformouse a propiedade feudal enpropiedade privada capitalista e asentouse a liberdade de contratación, de industria e de comercio. Unha nova clase dirixente, a burguesía agrariaxurdida da alianza entre a vella nobreza terratenente e a burguesía financeira, controlou o sistema político mediante o sufraxio censatario, eestableceu un ordenamento xurídico e económico que fixo posible o desenvolvemento do capitalismo.

C Foi un proceso complexo e axitado, caracterizado esencialmente por unha permanente inestabilidade. Iniciouse cunha longa guerra entre carlistase liberais (1833-1840), continuou salpicado de enfrontamentos entre os partidos políticos, levantamentos populares, pronunciamentos do exército,cambios de textos constitucionais... e culminou cunha revolución (a Gloriosa) que expulsou do trono a propia raíña Isabel II en 1868.

2.1.- A primeira guerra carlista (1833-1840). [páx. 182-184]

� O 29 de setembro de 1833 morreu Fernando VII. No seu testamento reafirmaba a súa filla Isabel, que ía cumprir tres anos de idade, como herdeirado trono, e nomeaba a raíña nai, María Cristina de Borbón, rexente ata a maioría de idade daquela. O mesmo día, o irmán do defunto rei, o infanteCarlos María Isidro de Borbón, proclamouse rei (co nome de Carlos V) e iniciou un levantamento de carácter absolutista no norte de España e enCataluña. Comezaba así a guerra dos sete anos ou primeira guerra carlista (1833-1840).T Neste longo e brutal conflito civil non só se dirimía quen debía reinar en España -Isabel ou Carlos-, senón tamén que sistema político debía

prevalecer -liberalismo ou absolutismo- e que organización territorial debía existir -centralismo ou foralismo-.

A.- Trazos básicos do carlismo.

Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola graza de Deus e non pola graza da soberanía nacional (...). Segundo o liberalismo, da

soberanía nacional emana todo o poder e os poderes que existen, por ela e nada máis que por ela existen, negando deste modo todo poder de orixe

divina. Agora ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a Escritura sagrada di expresamente: todo poder vén de Deus (...). O

liberalismo é puro absolutismo, porque se atribúe a si mesmo un poder que non lle vén de Deus, de quen prescinde, nin do pobo soberano, porque

a este non se lle concede máis que o ridículo dereito de depositar un voto nunha urna electoral.María Teresa de Braganza e Borbón (muller do infante Don Carlos): A miña carta aos españois. 25 de setembro de 1864.

N 10.- Comenta, a partir deste manifesto, as ideas básicas do carlismo.

B.- Xeografía e desenvolvemento do conflito.

C 1ª fase (setembro 1833 - xullo 1835): levantamento carlista, organización das forzas e delimitación das zonas do conflito.C 2ª fase (xullo 1835 - outubro 1837): expedicións carlistas fóra das súas zonas tradicionais de dominio, nun intento de ampliar as súas bases sociais.C 3ª fase: (outubro 1837 - xullo 1840): división interna no bando carlista entre transaccionistas (Rafael Maroto) e intransixentes (Ramón Cabrera)

e busca dun acordo que puxese fin á guerra (Convenio de Vergara, 31 de agosto de 1839).C O carlismo recibiu o apoio internacional de potencias absolutistas como Rusia, Prusia ou Austria, que lle enviaron diñeiro e armas; o Goberno de

Isabel II puido contar co apoio de Inglaterra, Francia e Portugal, favorables á implantación dun liberalismo moderado en España.

2.2.- O sistema político liberal.

A.- O liberalismo español: correntes e partidos políticos. [ler apdo. 1 páx. 185-186 + apdo. 1 páx. 198]

C En síntese, poden distinguirse dúas grandes correntes básicas ou tendencias no liberalismo: liberalismo doutrinario e liberalismo democrático. Oliberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria e dominou durante todo o século XIX, agás durante o Sexenio Democrático (1868-1874), en quese ensaiou a posibilidade de organizar o Estado sobre os principios do liberalismo democrático.

Liberalismo doutrinario [páx. 176-177] Liberalismo democrático [páx. 192-193]

C Soberanía compartida: a fonte do poder é a Nación, identificada co Rei e asCortes. Ambas institucións históricas representan a Nación, e exercen e sondepositarias da soberanía.

C Monarquía constitucional: o rei reina e goberna a través dos seus ministros.Posúe amplas competencias e actúa de poder moderador entre os outros.

C Formula a división tripartita do poder, pero na práctica os poderes non estánclaramente separados, senón compartidos. O rei posúe o poder executivo ecomparte o poder lexislativo coas Cortes.

C Parlamento bicameral: Congreso dos Deputados - Senado.C Restrición da participación política: o dereito ao sufraxio debe estar reservado

en exclusiva a aqueles que posúan un determinado nivel económico ou cultural(sufraxio censatario).

C Limitación dos dereitos individuais, que debían estar regulamentados e figurarpor escrito con límites precisos no seu exercicio. Se non se restrinxisen,xerarían indisciplina e desorde social.

C Estado unitario e centralizado. Os alcaldes son nomeados polo Goberno.C Estado confesional: oficialidade e exclusividade da relixión católica, restrición da

liberdade de cultos.C Insolidariedade coas masas: carencia de lexislación social.

C Soberanía popular: a fonte do poder é a Nación, identificada co pobo, coconxunto de individuos que viven nela. O poder deriva en exclusiva da vontade damaioría dos seus habitantes.

C Monarquía democrática (o rei reina pero non goberna) ou repúblicaparlamentaria. Os poderes do rei ou presidente están limitados.

C Ríxida separación de poderes: cada un deles debe ser exercido por instituciónsdiferentes, limitadas e responsables ante os tribunais de xustiza. O poderlexislativo resérvase en exclusiva para as Cortes.

C Parlamento unicameral: Cortes.C Ampliación da participación política: todos os individuos teñen iguais dereitos

políticos e poden participar co seu voto nas eleccións dos seus representantes(sufraxio universal masculino).

C Formulación explícita dos dereitos individuais, sobre todo a liberdade deexpresión e os dereitos de reunión e asociación. Non debe existir ningunharestrición ao seu exercicio, agás o respecto ás leis xerais.

C Estado unitario ou federal. Descentralización. Elección popular dos alcaldes.C Estado aconfesional: non se proclama unha relixión como oficial do Estado.

Liberdade de cultos e separación Igrexa-Estado.C Tentativas de débiles reformas sociais.

Page 8: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 8

� Os principios do liberalismo foron asumidos e mesturados polas diferentes elites burguesas existentes en España. Os seus diversos interesessocioeconómicos e políticos deron orixe á formación e desenvolvemento de distintos partidos políticos, que foron cambiando ao longo do tempo.

C Os partidos políticos do século XIX eran moi distintos dos actuais. Eran agrupacións de personalidades influentes e poderosas (notables), que tiñanposicións ideolóxicas próximas e que se unían para obter votos nas eleccións. Eran, pois, partidos de cadros compostos por un reducido númerode socios, unidos por contactos e relacións persoais afianzadas a través da pertenza ao mesmo casino ou club. Ademais estaban moi vinculadosa uns determinados periódicos, que actuaban como voceiros oficiais das súas opinións. Esta estrutura favoreceu os personalismos e a fragmentaciónen distintas faccións enfrontadas entre si.

� En liñas xerais, pódense distinguir tres grandes familias políticas liberais: os moderados, os progresistas e os demócratas (estes á súa vez divididosen monárquicos e republicanos). [Ver páx. 186 e 198 + cadro 46 da páxina 212: Partidos políticos en España]

C Os moderados constituían un grupo heteroxéneo formado pola aristocracia e alta burguesía terratenente, grandes financeiros e homes de negocios,e as xerarquías superiores do exército, da Igrexa e da burocracia. Partidarios do liberalismo doutrinario, concibían a liberdade como un benindividual, pero antepuñan os principios de autoridade e orde social, polo que desconfiaban da participación das masas na política, que debía quedaren mans da minoría propietaria e ilustrada. Eran defensores a ultranza da propiedade, garantía desa orde que querían preservar, e mostráronsepartidarios de limitar os dereitos dos cidadáns, sobre todo os colectivos, como por exemplo as liberdades de prensa, opinión, reunión e asociación.Representaban a opción máis clerical do liberalismo, ao defender o peso e a influencia da Igrexa católica. En materia económica eran proteccionistas.Entre os seus líderes hai que salientar a Ramón María Narváez e Juan Bravo Murillo.

C Entre os progresistas predominaban a mediana e pequena burguesía industrial e financeira, a oficialidade media do exército e as clases popularesurbanas (artesáns, comerciantes, profesionais liberais...), sectores que tiñan como denominador común o espírito de reforma. Defendían o principiode soberanía nacional sen límites e o predominio das Cortes no sistema político; rexeitaban a intervención directa da Coroa na vida política eatribuíanlle unicamente un poder moderador. Eran partidarios de robustecer os poderes locais (Concellos libremente elixidos, Milicia Nacional...)e de outorgar amplos dereitos individuais e colectivos (liberdade de prensa, de opinión, de relixión, etc.). Mantiñan o principio do sufraxio censatariopero eran partidarios de ampliar o corpo electoral. Preconizaban limitar a influencia social da Igrexa, e en materia económica eran librecambistase defendían a necesidade dunha reforma agraria para poñer fin á propiedade vinculada. Entre os seus líderes destacaron Juan Álvarez Mendizábal,Baldomero Espartero e Juan Prim.

C En 1854 formouse a Unión Liberal, un novo partido que naceu como unha escisión do sector máis progresista dos moderados, pero que atraeu aoseu seo os grupos máis conservadores do progresismo. Pretendía constituírse como unha opción de centro entre os dous partidos clásicos, peronon presentaba ningunha novidade desde o punto de vista ideolóxico. Era basicamente unha unión electoral co fin de gobernar e agrupaba ossectores descontentos coa política moderada. Os seus líderes foron os xenerais Leopoldo O’Donnell e Francisco Serrano.

C Unha escisión dos progresistas deu orixe á formación do Partido Demócrata (1849), que significou a primeira expresión política do pensamentodemocrático en España. Os demócratas defendían xa entón a soberanía popular e o sufraxio universal masculino, a ampliación das liberdadespúblicas e o recoñecemento dos dereitos colectivos. Eran partidarios da intervención do Estado na ensinanza e nos labores de asistencia social, edo uso da fiscalidade para paliar as diferenzas sociais e poder garantir o dereito á igualdade entre os cidadáns. Recoñecían o predominio social daIgrexa católica pero esixían a liberdade de culto para todas as relixións. A súa base social atopábase entre as clases populares urbanas e os graosbaixos do Exército. A figura máis representativa desta forza política foi Nicolás María Rivero.

C O desprestixio da monarquía de Isabel II fixo gañar forza ao republicanismo en detrimento do Partido Demócrata. Os republicanos defendían arepública como a única opción verdadeiramente democrática por permitir a elección de todos os cargos públicos, incluíndo a xefatura do Estado,e presentaban un forte carácter social e popular. O republicanismo non acadará protagonismo político ata o período do Sexenio Democrático.

N 11.- Comenta o seguinte texto.

Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da soberanía nacional. Din que o rei ten

o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e

conservando as institucións do absolutismo, líganas o menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas,

e unha pequena parte das medias.

Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo eles, é porque a Nación quere que o

sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (...).

Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade individual e da soberanía nacional.

Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere (...) no canto do rei un consello ou xunta federal

composta, como en Suíza por un ou máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral,

o sufraxio universal para toda clase de elección. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos traballadores e artesáns, e

a unha parte cada día máis considerable da clase media.Fernando GARRIDO: Historia do reinado do último Borbón de España. 1869.

� O protagonismo político correspondeu aos moderados, que detentaron o poder durante a maior parte do período: 1833-1835; 1837-1840; 1844-1854 e 1856-1868 (nesta fase en conxunción coa Unión Liberal); é dicir, en total 28 anos. Os progresistas só gobernaron entre 1835-1837, 1840-1843e 1854-1856 (7 anos). Durante o Sexenio Democrático a dirección do Estado correspondeu a unha coalición de unionistas, progresistas e demócratas.

C Estes partidos, que estaban organizados desde arriba, apenas tiñan contacto coa realidade social, á que non tiñan en conta. A escasa participaciónnas eleccións facía do pobo un simple espectador da vida política, centrada en Madrid, capital, sede do Goberno, da Coroa e das institucións. Haique ter en conta que a maior parte do país non sabía ler nin escribir e malvivía do seu traballo.

C A consecuencia lóxica desta estrutura de partidos foi o sistema electoral. Impúxose un modelo de elección directa, en que unicamente participabaunha reducida parte da poboación: os maiores contribuíntes ou aqueles que eran capaces de entender o sistema liberal (sufraxio censatario oucapacitario). Así, a porcentaxe de votantes oscilou entre o 0,1% e o 25% dos españois entre 1834 e 1868.

C Neste período houbo 22 eleccións xerais. En case todas elas a candidatura triunfante foi a do Goberno convocante, que tiña un presidente designadopola raíña; só en cinco ocasións perdeu as eleccións. A maquinaria electoral estivo sempre ao servizo dos intereses do Goberno, grazas ás leiselectorais de 1837 e 1846, que lles daban maior poder aos xefes políticos e aos notables locais (que serían chamados despois caciques), quennegociaban os resultados a cambio de favores, mediante a creación dunha densa rede de fidelidades (clientelismo).

Page 9: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 9

2.3.- A rexencia de María Cristina (1833-1840).

� María Cristina de Borbón gobernou como raíña rexente desde 1833 ata 1840. Nunha primeira fase da rexencia (1833-1836) produciuse a transiciónentre o absolutismo e un liberalismo moi moderado (plasmado no Estatuto Real). As revolucións de 1835 e 1836 desmantelaron o Antigo Réximee deron paso a unha segunda fase (1836-1840) na que se implantou un réxime plenamente liberal (recollido na Constitución de 1837).

A.- O réxime do Estatuto Real e o triunfo liberal (1833-1836). [páx. 187-189]

B.- O réxime progresista de 1837. [páx. 190-191]

CADRO RESUME DA CONSTITUCIÓN DE 1837 [18 de xuño]

PRINCIPIOS

POLÍTICOS

Soberanía nacional (principio limitado ao preámbulo, que na práctica era unha soberanía compartida) / Monarquía constitucional e hereditaria / Separación de poderes implícita

/ O Estado non se declara explicitamente confesional, pero comprométese a manter o culto católico. Os restantes principios como en 1812.

XEFATURA DO

ESTADO

Recae no rei: irresponsable e inviolable / posúe iniciativa lexislativa / sanciona e promulga leis / nomea e destitúe os ministros / convoca, suspende e disolve as Cortes / ten dereito

de veto ilimitado dunha lei / designa os senadores.

PODER

EXECUTIVO

Reside no Rei, que ademais comparte coas Cortes o poder lexislativo. Os ministros poden ser deputados, exercendo as mesmas funcións que na C-1812. O rei posúe veto absoluto,

non suspensivo (C-1812). Predominio claro da Coroa sobre as Cortes.

PODER

LEXISLATIVO

Reside nas Cortes co rei. As Cortes están formadas por dúas cámaras: Congreso elixido por sufraxio restrinxido e censatario (son electores quen pagan uns determinados impostos

directos, e elixibles quen posúen unha determinada renda; só vota o 4'3% da poboación) / Senado nomeado polo rei entre a aristocracia presentada en ternas (lista tripla proposta

polos electores en cada provincia).

PODER

XUDICIAL

Título X especificamente dedicado a el. Reside nos tribunais e xulgados. Xuízos por xurados para delitos de imprenta. Establece garantías para a independencia e exclusividade

dos xuíces. Restantes funcións como na C-1812.

RÉXIME LOCAL Deputacións e concellos elixidos por sufraxio censatario restrinxido. Resto igual que na C-1812. Restablécese a Milicia Nacional.

DEREITOS

INDIVIDUAIS

Declaración máis ampla que na C-1812: igualdade ante a lei, liberdade de imprenta sen censura previa, certa tolerancia relixiosa, dereito de petición ás Cortes ou ao rei, hábeas

corpus, inviolabilidade do domicilio, seguridade persoal...

N 12.- Le estes apartados nas páxinas 187 a 191. Despois realiza as actividades 18, 19, 20 e 22.

2.4.- A rexencia de Espartero (1840-1843).

N 13.- Le este apartado nas páxinas 191 e 192. Despois sintetiza as medidas que adoptou Espartero.

2.5.- O reinado persoal de Isabel II. O réxime moderado de 1845. [páx. 192-198]

� Isabel II gobernou España entre 1843 e 1868, apoiándose en gobernos moderados ou ultramoderados, que modificaron as bases do sistema nunsentido fortemente restritivo (Constitución de 1845). O control e manipulación dos mecanismos do Estado polos moderados fixo que a oposiciónpolítica non tivese máis saída que recorrer á violencia e ao pronunciamento.

A.- A Constitución de 1845.

CADRO RESUME DA CONSTITUCIÓN DE 1845 [23 de maio]

PRINCIPIOS

POLÍTICOS

Réxime liberal doutrinario: soberanía compartida entre o Rei e as Cortes Y negaba a distinción entre poder constituínte (as Cortes) e poder constituído (o rei) / Monarquía

constitucional e hereditaria / Non se proclama a división de poderes / Establece explicitamente a confesionalidade católica do Estado e a obriga do Estado de manter a Igrexa.

XEFATURA DO

ESTADO

Recae no rei. Posúe competencias máis amplas que na Constitución de 1837. Ten o poder executivo e comparte o poder lexislativo coas Cortes: sanciona e promulga as leis, ten

dereito de veto absoluto, designa os senadores e ten o poder de convocar, pechar, suspender e disolver as Cortes case sen ningunha limitación.

PODER

EXECUTIVO

Recae no rei. A súa prerrogativa fundamental é a de poder nomear e destituír libremente os ministros do seu Goberno. En vez de nomear presidente de Goberno o líder da maioría

parlamentaria, a raíña nomea sistematicamente xefe de Goberno o político que prefire, o cal disolve as Cortes se non lle satisfán e fabrica outras que lle sexan adictas mediante

a manipulación do sistema electoral.

PODER

LEXISLATIVO

Recae nas Cortes co rei. As Cortes están compostas de dúas cámaras: Congreso elixido por sufraxio censatario máis restrinxido que na anterior ao aumentar o mínimo de impostos

esixibles (só vota o 0'8%). Alóngase o mandato dos deputados de tres a cinco anos. Implántase como unidade electoral o distrito reducido (só designaba un deputado), o cal

facilitaba o control dos caciques e as autoridades / Senado vitalicio composto por un número ilimitado de membros, designados polo rei entre as altas instancias da administración,

o exército, a Igrexa e a clase política. Debían posuír unha grande fortuna. É un Senado dominado pola aristocracia.

P. XUDICIAL Suprímese a expresión poder xudicial. Limítanse as garantías de autonomía de tribunais e xuíces. Elimínanse os xuízos por xurados.

RÉXIME

LOCAL

Remítese a unha lei posterior a regulación de Concellos e deputacións Y (Lei de Concellos de 1845): os alcaldes de municipios de máis de 2.000 habitantes e os presidentes

das Deputacións serán elixidos polo Goberno. Supresión da Milicia Nacional.

DEREITOS

INDIVIDUAIS

Declaración de dereitos similar á de 1837, cunha diferenza fundamental: a maior parte deles remiten a súa regulación a leis posteriores que os recortan ou limitan de feito Y

supresión de feito da liberdade de imprenta mediante a censura previa da prensa.

Page 10: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 10

N 14.- Compara a Constitución do ano 1845 coa de 1837 e analiza as diferenzas esenciais que existen entre elas.

B.- A Década Moderada. 1844-1854.

N 15.- Enumera as reformas implantadas na década moderada. A quen beneficiaban? Que sectores se opuxeron a elas?

C.- O Bienio Progresista. 1854-1856.

N 16.- Sintetiza o labor dos Gobernos progresistas durante este período.

D.- A Década Moderada-unionista. 1856-1866.

E.- A fin do reinado. O Bienio Ultramoderado. 1866-1868.

N 17.- Le os seguintes documentos. Despois elabora un sinxelo comentario de cada un. Debes tratar os seguintes aspectos:a.- Identifica / deduce o seu autor.b.- Cronoloxía e contexto histórico do texto.c.- Tema ou idea principal de que trata.d.- Explicación breve e precisa do seu contido.

1.- Españois (...): Declaradas a favor da Constitución promulgada en Cádiz as provincias de Andalucía; declaradas tamén as de Aragón,estendéndose este gran movemento coa velocidade do raio a Estremadura e Castela, dominado malamente na capital; manifestándoseao meu arredor a violencia que facían os bravos militares do exército para reprimir pola forza os desexos do pobo, cos que eles taménsimpatizaban, decátome de cal é a vontade nacional; e non querendo nin debendo dar ocasión a novos disturbios e desastres, eu xureitamén e mandei xurar en todo o reino a Constitución de 1812.Non ignoro, españois, as obxeccións que dentro e fóra de España se fixeron a este código famoso. Pero lonxe de presentarse comoperfecto, el mesmo leva consigo a suposición e o modo da súa reforma; non hai home prudente, incluso entre aqueles que a teñan en maiorestima, que non estea persuadido de que a necesita (...). A Constitución política de 1812 é para vós, españois, un instrumento de dignidadenacional e de independencia: vós fixéstela, vós xurástela; baixo os seus auspicios vencestes. (...) A obra que parecía aniquilada e desfeitaérguese das súas ruínas e a Constitución revive aos ollos dun mundo marabilloso.

2.- Art. 1. O capitán xeneral don Baldomero Espartero recomendará con interese ao Goberno o cumprimento da súa oferta de comprometerseformalmente a propoñer ás Cortes a concesión ou modificación dos privilexios forais.

Art. 2. Serán recoñecidos os empregos, graos e condecoracións dos xefes, oficiais e demais individuos dependentes do exército do tenentexeneral don Rafael Maroto (...) quedando en liberdade de continuar servindo, defendendo a Constitución de 1837, o trono de IsabelII e a rexencia da súa augusta nai ou ben de retirarse ás súas casas os que non quixesen servir coas armas na man.

Art. 3. Os que opten polo primeiro caso (...), terán colocación nos corpos do exército (...).Art. 6. Os artigos precedentes comprenden a todos os compoñentes do exército, facéndose extensivos aos empregados civís que se

presenten aos doce días de ratificado este convenio.

3.- Os privilexios municipais (...), a Milicia Nacional, a independencia dos tribunais, o xurado, a imprenta, o parlamento, todo morrera a mansda camarilla (...). En tan críticos momentos para a liberdade (...) soamente (...) podía salvar as institucións: opoñer a revolución á ditadura.(...) Os cidadáns que suscriben (...) ao constituírse en Xunta Superior Provisional de Goberno das catro provincias de Galicia (...)[proclaman] a Isabel ll libre e constitucional. Abaixo o sistema tributario. Liberdade. Independencia nacional. Cortes constituíntes (...).Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase constantemente a engrandecer o antigo reino de Galicia (...). Para conseguilo esforzaraseconstantemente en fomentar intereses materiais, crear costumes públicos, abrir as fontes naturais da súa riqueza, a agricultura e ocomercio, e poñer en harmonía coa época os hábitos e as ideas que deixou unha sociedade decrépita fundada sobre a ignorancia.Espertando o poderoso sentimento de provincialismo (...) chegará a conquistar Galicia a influencia de que é merecedora (...).Galegos (...): Patria e liberdade.

4.- Españois: A entusiasta acollida que vai encontrando nos pobos o exército liberal; o esforzo dos soldados que o compoñen, tan heroicamentedemostrado nos campos de Vicálvaro; o aplauso con que en todas as partes foi recibida a noticia do noso patriótico alzamento, asegurandesde agora o triunfo da liberdade e das leis que temos que defender. (...)Nós queremos a conservación do trono, pero sen a camarilla que o deshonra; queremos a práctica rigorosa das leis fundamentaismellorándoas, sobre todo a electoral e a de imprenta; queremos que se respecten nos empregos militares e civís a antigüidade e omerecemento; queremos arrancar os pobos da centralización que os devora, dándolles a independencia local (...) e como garantía de todoisto queremos e presentaremos baixo sólidas bases a Milicia Nacional (...). A mesma nación, en fin, fixará as bases definitivas darexeneración liberal á que aspiramos. Nós temos consagradas á vontade nacional as nosas espadas, e non as envaiñaremos ata que elaestea cumprida.

5.- Despois dunha breve discusión acordouse por unanimidade o seguinte:1. Que o obxecto e bandeira da revolución en España é a caída dos Borbóns.2. Que sendo para os demócratas un principio esencial do seu dogma político o sufraxio universal, e admitindo os progresistas o dereito

moderno constituínte do plebiscito, a base do entendemento dos dous partidos fose que por un plebiscito (...) ou por unhas CortesConstituíntes elixidas por sufraxio universal, se decidiría a forma de goberno que se había establecer en España (...) e que, se esta fosea Monarquía, se decidiría a dinastía que debería substituír a actual. (…)

3. Que se recoñecía como xefe e director do movemento ao xeneral Prim.

Page 11: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 11

3.- O Sexenio Democrático. 1868-1874.

� A revolución de setembro de 1868, que os seus protagonistas chamaron a Gloriosa, derrubou a monarquía de Isabel II e inaugurou un período degran inestabilidade, no que se sucederon vinte Gobernos e varios réximes políticos: un Goberno provisional, unha rexencia, unha monarquíademocrática e unha república, que á súa vez tivo diversas variantes. Este período foi denominado Sexenio Democrático, porque durante seis anos(1868-1874) a pequena burguesía intentou configurar un novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático. Tamén recibiuo cualificativo de revolucionario porque aqueles anos estiveron cheos de conflitos que ameazaron a orde social burguesa: conflitos políticos (aterceira guerra carlista, o estalido da guerra en Cuba, o cantonalismo...); sociais (revoltas populares, primeiras asociacións obreiras anarquistas esocialistas...); económicos (contexto de crise económica e loita entre proteccionistas e librecambistas)...

C O Sexenio fracasou no seu intento de modernización política do país, e a burguesía conservadora impuxo a restauración da dinastía borbónica napersoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II.

3.1.- A Revolución de 1868.

A.- As causas da revolución de 1868.

� Á revolución de 1868 chegouse polo esgotamento e a impopularidade do moderantismo e da monarquía de Isabel II, e pola situación de criseeconómica do capitalismo español na década de 1860. Esta conxuntura posibilitou a confluencia de intereses dunha serie de forzas políticas, sociaise económicas marxinadas do sistema moderado e interesadas nun programa de renovación democrática e de recuperación económica.

A.1.- A crise económica: combinación de crise financeira e industrial típica do capitalismo + crise de subsistencias.

C A crise financeira orixinouse pola falta de rendemento dos investimentos nos ferrocarrís: unha vez finalizado o período de construción intensiva,a explotación das liñas demostrou que os ferrocarrís producían uns rendementos moi escasos. Como consecuencia, o valor das accións ferroviariasna Bolsa caeu estrepitosamente. A remolque desta situación baixaron as cotizacións da Débeda Pública e doutras entidades financeiras.

C A crise financeira coincidiu cunha grave crise industrial, sobre todo na industria téxtil catalá. A guerra de Secesión dos Estados Unidos (1861-1865)interrompera as súas exportacións de algodón en rama e os prezos deste produto, dada a súa escaseza, experimentaron un espectacular ascenso.Moitas pequenas industrias do sector algodoeiro non puideron afrontar o aumento de prezos da materia prima (nun momento de grave contracciónda demanda de produtos téxtiles como consecuencia da crise económica xeral), e tiveron que pechar; isto aumentou o paro e o nivel de vida dasclases traballadoras descendeu aínda máis.

C A crise de subsistencias iniciouse cara ao ano 1866 e veu provocada esencialmente por unha serie de malas colleitas orixinadas pola seca, que deroncomo resultado unha carestía de trigo, alimento básico da poboación española. De maneira inmediata, os prezos deste produto empezaron a subir,o cal provocou a fame e desencadeou unha grave axitación social.

A.2.- Tensións e conflitos sociais.

C Cara a 1868, unha gran parte da poboación tiña motivos para se rebelar contra o sistema isabelino.T Os grandes negociantes, ligados ao capitalismo estranxeiro, reclamaban medidas para salvar os seus investimentos en Bolsa.T Os industriais reclamaban medidas proteccionistas.T Os obreiros e campesiños denunciaban a súa miseria e demandaban accións gobernamentais para mellorar a súa situación.

A.3.- O deterioro da situación política: crise interna do sistema isabelino e crise política conxuntural.

C Os últimos anos do reinado de Isabel II (1865-1868) caracterizáronse por unha represión política sistemática e a imposibilidade de acceso ao poderpolos mecanismos constitucionais.T O Goberno dirixido polo xeneral Narváez reprimiu as protestas universitarias da noite de San Daniel (Madrid, 10 de abril de 1865) e o Goberno

do xeneral O’Donnell a sublevación dos sarxentos do Cuartel de San Gil (Madrid, 22 de xuño de 1866), que pedían reformas do sistema político.T O’Donnell foi arredado do goberno pola raíña (10 xullo 1866), pero os seguintes gabinetes ultramoderados do xeneral Narváez e Luis González

Bravo continuaron gobernando por decreto, prescindiron das Cortes e ignoraron a crítica conxuntura pola que pasaba o país.T O descontento de case todos os grupos políticos co Goberno de Isabel II traduciuse na práctica do retraemento (non participación no mecanismo

electoral) e na opción decidida pola vía conspirativa como único medio de acceso ao poder.C Ante esta situación, a oposición chegou a un acordo para acabar cos ultramoderados no poder: o Pacto de Ostende, asinado nesta cidade belga

por progresistas e demócratas exiliados (16 agosto 1866), no que se establecían as bases mínimas para unha acción revolucionaria: o obxectivocomún era poñer fin ao réxime isabelino e convocar Cortes constituíntes elixidas por sufraxio universal para decidir a forma de goberno.

C Este pacto reafirmouse un ano máis tarde no Pacto de Bruselas (30 xuño 1867). A el adheriuse a Unión Liberal en novembro de 1867, tras a mortede O’Donnell (5 novembro). Esta adhesión foi fundamental para o triunfo da revolución. Os unionistas, encabezados polo xeneral Francisco Serrano,achegaron unha boa parte do cumio do exército, dado que contaban con moitos dos seus altos mandos.

C O 23 de abril de 1868 morreu Narváez: a raíña Isabel II quedaba sen o seu único apoio institucional, desprestixiada e odiada pola maioría do pobo.

B.- A Gloriosa.

� O 18 de setembro de 1868 a escuadra que estaba concentrada na baía de Cádiz ao mando do brigadier Topete sublevouse ao berro de “Viva Españacon honra” contra o Goberno de Isabel II. Rapidamente en moitas cidades españolas formáronse xuntas revolucionarias, que organizaron oalzamento, armaron a poboación e asumiron a dirección da revolta. As xuntas formularon múltiples reivindicacións de carácter democrático (sufraxiouniversal, liberdade de prensa, de asociación, de ensino, de conciencia...), social (abolición dos impostos de consumos, supresión do sistema dequintas...) e político (convocatoria de Cortes Constituíntes que elaborasen unha nova Constitución e derrocamento da dinastía borbónica).

C O movemento estendeuse sen atopar apenas resistencia. O Goberno e a Coroa atopáronse completamente illados, case sen apoios. O 28 desetembro as escasas tropas fieis á raíña foron derrotadas en Alcolea (Córdoba), o Goberno dimitiu e Isabel II marchou ao exilio (30 setembro).

N 18.- Comenta o doc. 32 da páxina 199 (España con honra).

Page 12: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 12

3.2.- O Goberno provisional (outubro 1868 - xuño 1869). [páx. 199-200]

� A principios de outubro de 1868 a coalición de progresistas e unionistas tomaron a dirección da revolución e constituíron un Goberno provisionalpresidido polo xeneral Francisco Serrano.

C O programa de reformas do Goberno provisional: medidas revolucionarias que recollían as reivindicacións populares.T Liberdade de expresión, de imprenta, de asociación, de reunión, de cultos..., emancipación dos fillos dos escravos nas colonias.T Supresión das ordes relixiosas (especialmente os xesuítas), reanudación da desamortización de bens eclesiásticos...T Reforma da tributación: supresión provisional do imposto de consumos.T Reorientación da política económica: defensa do librecambismo e apertura do mercado español á entrada do capital estranxeiro.

– Fixación da peseta como unidade para racionalizar o sistema monetario (19 de outubro).– O déficit crónico da Facenda e a necesidade urxente de ingresos impulsaron a concesión ou venda da explotación dos recursos mineiros

a compañías estranxeiras a cambio de importantes retribucións (desamortización do subsolo): Lei de minas (decembro 1868).– Liberalización dos intercambios exteriores: Arancel Figuerola (xullo de 1869).

T Nova lei de concellos que restaurou a elección popular dos alcaldes e eliminou a ríxida centralización imposta polos moderados desde 1845.

C Eleccións a Cortes constituíntes mediante sufraxio universal masculino (xaneiro de 1869) para concretar o réxime político:T Triunfo da coalición gobernamental (unionistas, progresistas e demócratas monárquicos), partidaria dunha monarquía democrática.T En novembro de 1868 a forma de goberno a adoptar dividiu o partido demócrata en monárquicos (cimbrios) e republicanos. Entre estes foi

maioritaria a fórmula federal fronte á unitaria. Os republicanos federais obtiveron unha importante representación (85 escanos) e erixíronsenos representantes do programa extremista das xuntas.

T Carlistas e moderados tamén obtiveron representación. Cada un defendía os dereitos monárquicos dunha das dúas ramas dos Borbón: a carlista,dirixida por Carlos VII, neto de Carlos María Isidro) / a alfonsina, representada polo príncipe Alfonso, fillo de Isabel II e futuro Alfonso XII.

As forzas políticas durante o Sexenio

Partido Trazos básicos

Coalición de

Goberno

C Formada por unionistas (Francisco Serrano, Antonio Ríos Rosas) + progresistas (Juan Prim, Práxedes Mateo Sagasta) + demócratas monárquicos (Nicolás Rivero).

C Defenden a forma de goberno monárquica (pero subordinada á soberanía nacional) e amplas liberdades públicas.

C Apoio da burguesía financeira e industrial, clases medias, sectores do Exército, intelectuais e profesionais liberais.

Republicano

C Defende a forma republicana de goberno e amplas reformas sociais e políticas nun sentido democrático: supresión das quintas, abolición da escravitude en Cuba, intervención

do Estado na cuestión social, laicismo do Estado...

C Apoio na pequena burguesía e sectores das clases populares (logo incorporadas ás asociacións obreiras).

C Dividido en dúas tendencias: republicanos federais (líder: Francisco Pi i Margall) e republicanos unitarios (Emilio Castelar).

Moderado ou

alfonsino

C Fieis a Isabel II, reclaman a volta ao trono da dinastía borbónica, na persoa do príncipe herdeiro, Alfonso.

C Apoio da burguesía agraria / Líder máis destacado: Antonio Cánovas del Castillo.

CarlistaC Dúas tendencias: a dos neocatólicos de Cándido Nocedal, defensores do xogo parlamentario, e a dos partidarios dos vellos métodos da insurrección armada.

C As áreas tradicionais de actuación: País Vasco, Navarra e zonas de Cataluña.

C As Cortes reuníronse en febreiro e crearon unha comisión encargada de redactar unha nova Constitución, aprobada o 1 de xuño de 1869.

CADRO RESUME DA CONSTITUCIÓN DE 1869 [1 de xuño]

PRINCIPIOS

POLÍTICOS

Réxime liberal democrático / Proclamación solemne da soberanía nacional, que é en realidade popular, como orixe de todo poder / Monarquía constitucional limitada, con

predominio das Cortes. A monarquía non se concibe como unha institución histórica, senón como un poder establecido pola Nación en exercicio da súa soberanía / Ríxida

separación de poderes / Aconfesionalidade do Estado, que se obriga ao mantemento do clero. Liberdade de cultos privado e público / Descentralización administrativa e xudicial

XEFATURA DO

ESTADO

Reside no Rei: inviolabilidade, irresponsabilidade, nomea os ministros / A súa capacidade lexislativa redúcese a sancionar e promulgar as leis sen capacidade de vetalas / Pode

disolver as Cortes unha vez por lexislatura e estas deben reunirse tras un prazo fixado.

PODER

EXECUTIVO

Aínda que o Rei é o titular do poder executivo, este é exercido polo Goberno (ministros), que debe referendar os actos do monarca e é responsable ante as Cortes (o rei reina pero

non goberna).

PODER

LEXISLATIVO

Reside nunhas Cortes bicamerais formadas por dous corpos colexisladores con iguais atribucións: Congreso elixido por sufraxio universal masculino (maiores de 25 anos) e directo

en razón de 1 deputado por cada 40.000 persoas / Senado elixido por sufraxio universal indirecto (electores) e censatario (elixidos): para ser elixido hase de pertencer á elite

das armas, clero, administración, cultura ou riqueza. Elíxense 4 senadores por provincia / As Cortes asumen en exclusiva o poder lexislativo, controlan a acción do Goberno e

aproban os orzamentos. Gozan de facultades notables, sobre todo a capacidade de interpelar o executivo e presentar moción de censura contra el.

PODER

XUDICIAL

Maior independencia dos xuíces: establece un sistema de oposición para o ingreso na carreira xudicial, aínda que o Rei pode nomear unha parte dos xuíces; o Consello de Estado

supervisa os ascensos e os traslados. Xuízos por xurados con participación popular para delitos políticos. Todo español pode iniciar acción pública contra os xuíces por delitos

cometidos no exercicio do seu cargo.

Réxime local Descentralización (concellos e deputacións teñen unha gran autonomía, incluso para fixar os impostos). Sufraxio universal masculino.

DEREITOS

INDIVIDUAIS

Extensa e precisa regulación dos dereitos e liberdades fundamentais, garantidos pola lei: hábeas corpus / inviolabilidade do domicilio e correspondencia / liberdade de expresión

(non hai censura nin depósito previo) / dereitos de reunión e asociación recollidos por vez primeira / liberdade de ensino, de circulación e residencia, de industria, de propiedade...

N 19.- Comenta os artigos da Constitución de 1869 que figuran no documento 33 da páxina 200 do libro.

Page 13: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 13

3.3.- A Rexencia do xeneral Serrano (xuño 1869 - xaneiro 1871).

� A adopción da monarquía como forma de goberno provocou a dura oposición dos republicanos e obrigou a nomear unha rexencia, dirixida poloxeneral Serrano mentres Prim ocupou a xefatura do Goberno. Este período estivo cheo de convulsións sociais e movementos revolucionarios.

C En outubro de 1869 produciuse un alzamento dos republicanos, que mobilizou tanto a sectores burgueses como o incipiente movemento obreiro.Detrás dese apoio popular estaba a frustración por non poñer en práctica o Goberno provisional dúas reivindicacións básicas das clases populares:a supresión do imposto de consumos e das quintas. Esta sublevación estendeuse por zonas de Cataluña, Valencia e, sobre todo, de Andalucía, ondede novo se mobilizaron os campesiños andaluces.

C Ademais, en xullo de 1869 levantáranse varias partidas carlistas, que anunciaban a que ía ser a terceira guerra carlista a partir de 1872.C Por se fose pouco, desde 1868 a guerra colonial en Cuba agravaba a inestabilidade política, económica e social.

� A estes problemas sumábase un asunto de gran complexidade diplomática e de política interior: a elección do novo rei, dunha dinastía que non fosea dos Borbóns, desprazada do trono tras o pronunciamento de setembro de 1868.

C A busca do novo monarca dividiu a coalición de goberno, pois cada partido pretendía nomear a un candidato que favorecese os seus intereses.T Os unionistas querían o duque de Montpensier, don Antonio de Orleáns, casado coa infanta Luisa Fernanda, irmá da destronada Isabel II. A

principal oposición proviña de Napoleón III de Francia, quen non aceptaba no trono de España a irmá de Isabel II ou o seu esposo.T Progresistas e demócratas propuxeron a don Fernando de Coburgo, viúvo da raíña de Portugal, candidatura que podería constituír a base dunha

futura unión ibérica. Esta opción non era ben vista polo Reino Unido, nin por Francia... nin polo mesmo candidato.T Descartada esta candidatura, Prim propuxo o arquiduque Leopoldo Hohenzollern, pero de novo xurdiu a tenaz oposición do emperador francés,

quen se escudou no perigo que o candidato alemán podería representar para o equilibrio europeo.C Pola súa parte, os carlistas defenderon a opción de entronizar o seu candidato (Carlos VII, neto de Carlos Mª Isidro, autotitulado duque de Madrid).C Antonio Cánovas del Castillo conseguiu que Isabel II abdicase no seu fillo Alfonso e defendeu a súa candidatura.C Houbo tamén un intento de propoñer o xeneral Espartero, que refusou o ofrecemento alegando a súa idade e o cansazo político.C Non quedaban moitas opcións: había que atopar alguén que non provocase inquedanza nas chancelerías europeas. Tras sixilosas negociacións Prim

presentou a candidatura de Amadeo de Savoia, segundo fillo do rei de Italia, Víctor Manuel II, como novo rei de España. Esta proposta presentouseno verán de 1870 nun contexto moi complexo tanto en política interior -oposición dos republicanos- coma na exterior -derrota de Francia na guerracontra Prusia (última etapa do proceso de unificación de Alemaña), e desaparición do Segundo Imperio francés-.T O novo monarca foi elixido rei polas Cortes o 16 de novembro de 1870 e chegou a España o 30 de decembro, o mesmo día en que morría o seu

principal valedor, o xeneral Prim, como consecuencia das feridas recibidas nun atentado que sufrira en Madrid tres días antes.C O 2 de xaneiro de 1871 foi proclamado rei polas Cortes: iniciábase unha nova etapa de monarquía constitucional.

3.4.- A monarquía democrática de Amadeo I (2 xaneiro 1871 - 10 febreiro 1873). [páx. 201-202]

N 20.- Comenta o documento 34 da páxina 202 do libro (Renuncia de Amadeo I).

3.5.- A Primeira República. 1873-1874.

A.- Unha experiencia efémera e convulsa.

� A primeira experiencia republicana en España foi curta e extremadamente conflitiva. Sobre ela coincidiron múltiples factores adversos:C O contexto: indiferenza e illamento internacional. Só os Estados Unidos e Suíza recoñeceron e apoiaron o novo réxime; os gobernos conservadores

miraban con receo a República española porque a asociaban ao perigo dunha revolución social.C Carencia de apoio das masas populares ante a frustración das súas esperanzas e a insatisfacción das súas reivindicacións.C Graves conflitos internos e externos: a guerra de Cuba, a guerra carlista e o movemento cantonalista.C A escisión interna dos republicanos, gravemente enfrontados entre si. Diferentes interpretacións sobre a organización da república:

T Republicanos unitarios (Emilio Castelar): partidarios dun Estado centralizado, eran un grupo minoritario.T Republicanos federais gradualistas ou benévolos (Francisco Pi i Margall): defendían a configuración da federación desde arriba, pola vía legal;

é dicir, que as Cortes decidisen e organizasen o reparto de poderes entre o Estado federal e os Estados que formasen a federación.T Republicanos federais intransixentes ou cantonalistas (José María Orense): defendían que a federación debía facerse desde abaixo, mediante

a proclamación inmediata da soberanía das unidades políticas inferiores, os Estados ou Cantóns, para construír desde eles, e por acordos libresentre iguais, a federación española.

B.- Síntese da evolución da Primeira República.

B.1.- Primeiro Goberno republicano: Estanislao Figueras (de 11 febreiro 1873 a 11 xuño 1873).

� Proclamada a República, a Asemblea Nacional Republicana asumiu todos os poderes e nomeou como presidente do poder executivo (que exercíaas funcións de xefe do Estado e xefe do Goberno) a Estanislao Figueras (11 de febreiro).

C A proclamación da república desatou o entusiasmo popular. A través das xuntas revolucionarias as masas expuxeron as súas reivindicacións: repartode terras, abolición dos consumos, supresión das quintas, mellores salarios, redución da xornada laboral... A non satisfacción destas demandasprovocou numerosas insurreccións e mobilizacións que foron duramente reprimidas polos dirixentes republicanos; esta represión fixo que as masaspopulares se afastasen da república.

C As tensións republicanas causaron unha gran inestabilidade política, e para resolver a forma da República convocáronse novas eleccións para formarunha Asemblea Nacional constituínte. As eleccións, celebradas por sufraxio universal dos maiores de 21 anos (maio), foron gañadas amplamentepolos republicanos federais, ante o retraemento da maior parte das forzas da oposición e unha abstención de máis do 60% do electorado.

C A nova Asemblea Nacional constituínte proclamou a República Federal e nomeou presidente do poder executivo a Pi i Margall (11 de xuño) [ver

definición de Estado Federal na páxina 204].

B.2.- Segundo Goberno republicano: Francisco Pi i Margall (de 11 xuño 1873 a 18 xullo 1873).

Page 14: Tema 5.- Inicios e consolidación do réxime liberal. [1808 ... BAC tem… · 1.- Crise do Antigo Réxime e revolución liberal [1808-1833]. [libro] 1.1.- O liberalismo: principios

2º BAC - Tema 5 - páx. 14

� As Cortes redactaron rapidamente un proxecto de Constitución Federal, presentado o 17 de xullo de 1873 [doc. 35 páx. 203]:

C Establecía a República Federal como forma de goberno. España quedaba formada por dezasete Estados federados, incluídos Cuba e Porto Rico.C Nova organización dos poderes do Estado: lexislativo, executivo, xudicial e de relación entre eles.

T A xefatura do Estado correspondía ao Presidente da República, elixido por sufraxio universal, quen posuía o poder de relación entre os distintospoderes e que nomeaba o presidente do Goberno e os seus ministros (poder executivo).

T O poder lexislativo radicaba en exclusiva na Asemblea Nacional Republicana, composta por dúas cámaras: o Senado, representativo dos Estadosfederados (4 senadores por Estado) / o Congreso, elixido por sufraxio universal directo de todos os españois maiores de 21 anos.

T O poder xudicial caracterizábase por tres trazos: independencia plena, extensión do xuízo por xurados, e establecemento dun Tribunal Supremoque dirimía os conflitos entre os Estados e controlaba a constitucionalidade das leis.

C Afirmaba por vez primeira o Estado laico: sancionaba a separación da Igrexa e o Estado, principio que provocou a repulsa da Igrexa.C Declaraba explicitamente por vez primeira a soberanía popular (sufraxio universal), a cal era exercida polos organismos políticos da República:

municipio, Estado rexional e Estado federal ou Nación. Recoñecía a autonomía municipal.C Recollía unha declaración de dereitos moi semellante á de 1869: liberdade de expresión, de reunión e asociación...

� Este proxecto presentouse en medio dunha gravísima situación interna e externa, que a República foi incapaz de controlar. Os problemas máisurxentes que tivo que afrontar foron:

C Guerra de Cuba: intento de solucionar o problema cubano considerando a Cuba como un Estado da República Federal.C Extensión da guerra carlista, que se prolongaría ata 1876.C A axitación social de obreiros e campesiños incrementouse en toda España: nalgunhas zonas, os obreiros e campesiños, estimulados pola Federación

Rexional Española da Asociación Internacional de Traballadores, organizaron folgas e protestas, ocuparon terras e esixiron melloras das súascondicións sociais. Entre estas accións destaca a revolta social de Alcoy (Alicante, 8 de xullo de 1873) onde as masas populares asasinaron asautoridades e incendiaron diversas fábricas; a noticia causou un forte temor na burguesía.

C Ao mesmo tempo, en xullo de 1873 estalou o movemento cantonal: os federais intransixentes comezaron a proclamar a independencia de cantóns,sen agardar a que a Asemblea Nacional promulgase a Constitución federal. Os focos fundamentais da insurrección cantonal foron Levante, Murciae Andalucía; destacou a proclamación do cantón de Cartaxena, que perdurou desde xullo de 1873 ata xaneiro de 1874.* Cantonalismo: movemento insurreccional promovido polos republicanos intransixentes; o seu obxectivo era formar un Estado federal de forma

inmediata e directa (de abaixo arriba), a partir de pequenas unidades independentes (cantóns) que establecerían acordos libres entre eles. Foiun movemento moi complexo, xa que con esta aspiración federal confluíron as reivindicacións obreiras en demanda de reformas sociais,estimuladas polas seccións españolas da AIT (I Internacional).

As revoltas cantonalistas fixeron fracasar o proxecto de implantar a federación desde arriba, produciron unha elevada disgregación do poder eprovocaron a dimisión de Pi i Margall.

B.3.- Terceiro Goberno republicano: Nicolás Salmerón (de 18 xullo 1873 a 7 setembro 1873).

� O novo Goberno republicano estivo presidido por Salmerón (18 de xullo) quen, para sufocar o movemento cantonalista en Andalucía e en Levantee a guerra carlista no norte, tivo que apoiarse nos militares (os xenerais Manuel Pavía e Arsenio Martínez Campos) e acceder ás súas peticións derestablecer a autoridade e a orde.

C Salmerón dimitiu por problemas de conciencia: negouse a asinar penas de morte impostas pola autoridade militar. Para substituílo foi nomeadoxefe de Goberno Castelar, representante da liña máis conservadora do republicanismo.

B.4.- Cuarto Goberno republicano: Emilio Castelar (de 7 setembro 1873 a 3 xaneiro 1874). A ditadura republicana.

� Goberno autoritario: Castelar conseguiu poderes extraordinarios da Asemblea para facer fronte ás guerras cantonalista, carlista e cubana; así, puidogobernar durante varios meses por decreto, tomando medidas drásticas e represivas e apoiándose nos militares conservadores. Os federaisdescontentos pretenderon escoller un novo presidente e, mentres se celebraba a sesión, o xeneral Manuel Pavía entrou no Congreso e disolveua Asemblea Nacional (3 de xaneiro de 1874).

B.5.- O proceso de restauración monárquica: xaneiro - decembro 1874.

� Tras a disolución da Asemblea Nacional e ante o baleiro de poder, o xeneral Francisco Serrano asumiu o poder executivo da República (3 de xaneirode 1874) contando co apoio dalgúns xefes militares e políticos radicais que forman parte do seu Goberno [ver doc. 37 páx. 205].

C O Goberno do xeneral Serrano mantivo durante o ano 1874 unha república unitaria e conservadora. Así, dispúxose a restablecer a orde pública,adoptando medidas excepcionais: disolución da Internacional, limitación do dereito de asociación, peche dos clubs e da prensa republicana...Asemade, suspendeu as garantías constitucionais e prometeu convocar Cortes constituíntes cando o país estivese pacificado; mentres, o exércitocombatía e reducía os cantonalistas e carlistas.

� As tensións entre os republicanos, a guerra carlista e cubana e o incremento das reivindicacións sociais revolucionarias realizadas polos membrosda AIT provocaron unha permanente inestabilidade e un medo crecente nas clases propietarias e no exército á desintegración de España e árevolución social. Estes temores favoreceron os intentos de Antonio Cánovas del Castillo de restaurar a Monarquía na persoa de Alfonso de Borbón,fillo de Isabel II, quen se presentou como un monarca respectuoso co sistema constitucional e liberal (Manifesto de Sandhurst) [doc. 38 páx. 205].

C O 29 de decembro de 1874, o xeneral Arsenio Martínez Campos pronunciouse en Sagunto (Valencia) e proclamou rei a Alfonso XII ; as resistenciasforon moi escasas. Remataba en España a curta experiencia republicana e comezaba un novo período histórico: a Restauración.

N 21.- Cales foron as principais causas do fracaso da Primeira República?

4.- Síntese: o modelo de Estado na España liberal. [páx. 209 a 215]

4.1.- Trazos definitorios do Estado liberal.

4.2.- Correntes ideolóxicas e partidos políticos.

4.3.- Conclusión.