áNgel, sálvanos.

4
Outra vez Carlos saía da súa casa preocupado en dirección ao seu lugar favorito, onde pensa en todo o que fixo e nos seus problemas; o seu agocho. O curso rematara para el, tiña boas notas e aínda non sabia que quería facer. Acostumaba ir sempre o mesmo lugar cando algo lle ocorría, pero sempre so. Ía a praia e sentábase nunha rocha. Alí quedaba fitando para o mar e pensando durante horas. Carlos quería axudar a xente, estudar algo que lle dera un traballo reconfortante. Xa pasaran dúas horas desde que vira o atardecer e tivo unha idea. Foi correndo á casa. Encantáballe o mar, pero non pretendía ser mariñeiro. Entón buscou nas facultades e atopou o que quixo, facultade de dereitos ambientais. Pasou o verán e Carlos comezou as clases. Eran moi interesantes e prestáballes moita atención. Un día, un mestre nunha clase, expuxo un tema: A sopa de plástico. Un tema coñecido dende fai pouco pero que non tardou en ser un gran problema evidente. A contaminación, unha vez máis. Inclúe factores como a ignorancia do home, desperdicios que produce e o medio ambiente. Os residuos da terra terminan na parte do tornado dos océanos. Aínda que non é unha soa, que son cinco. A do Pacífico constitúe a máis grande de todas. Nos medio de comunicación falase de centos e centos de quilómetros e ata podes atopar de 4 a 100 millóns de toneladas de desperdicios. Verdadeiramente as dimensións reais non se coñecen con exactitude. Ademais, existe unha gran confusión sobre o feito en si. Así que vexamos que din os expertos sobre o gran parche do Pacífico. Os problemas causantes de todo isto somos os humanos, a nosa ambición e ignorancia tamén. Os residuos da terra son arrastrados ata o mar e vanse flotando. Que o mar estea contaminado de produtos químicos tóxicos é prexudicial para todos. Isto pode ter consecuencias como que os animais mariños morren ao enredarse cas redes ou senón cómenos. Os humanos ao beber auga ou ao tomar calquera alimento. Non se purifica a

Transcript of áNgel, sálvanos.

Page 1: áNgel, sálvanos.

Outra vez Carlos saía da súa casa preocupado en dirección ao seu lugar favorito, onde pensa en todo o que fixo e nos seus problemas; o seu agocho. O curso rematara para el, tiña boas notas e aínda non sabia que quería facer. Acostumaba ir sempre o mesmo lugar cando algo lle ocorría, pero sempre so. Ía a praia e sentábase nunha rocha. Alí quedaba fitando para o mar e pensando durante horas. Carlos quería axudar a xente, estudar algo que lle dera un traballo reconfortante. Xa pasaran dúas horas desde que vira o atardecer e tivo unha idea. Foi correndo á casa. Encantáballe o mar, pero non pretendía ser mariñeiro. Entón buscou nas facultades e atopou o que quixo, facultade de dereitos ambientais.

Pasou o verán e Carlos comezou as clases. Eran moi interesantes e prestáballes moita atención. Un día, un mestre nunha clase, expuxo un tema: A sopa de plástico. Un tema coñecido dende fai pouco pero que non tardou en ser un gran problema evidente. A contaminación, unha vez máis. Inclúe factores como a ignorancia do home, desperdicios que produce e o medio ambiente. Os residuos da terra terminan na parte do tornado dos océanos. Aínda que non é unha soa, que son cinco. A do Pacífico constitúe a máis grande de todas. Nos medio de comunicación falase de centos e centos de quilómetros e ata podes atopar de 4 a 100 millóns de toneladas de desperdicios. Verdadeiramente as dimensións reais non se coñecen con exactitude. Ademais, existe unha gran confusión sobre o feito en si. Así que vexamos que din os expertos sobre o gran parche do Pacífico. Os problemas causantes de todo isto somos os humanos, a nosa ambición e ignorancia tamén. Os residuos da terra son arrastrados ata o mar e vanse flotando. Que o mar estea contaminado de produtos químicos tóxicos é prexudicial para todos. Isto pode ter consecuencias como que os animais mariños morren ao enredarse cas redes ou senón cómenos. Os humanos ao beber auga ou ao tomar calquera alimento. Non se purifica a auga nunca de todo. A cadea alimentaria rompe. Deixa de haber especies.

O traballo que tiñan que facer era buscar unha solución e internar poñela en práctica. A Carlos ocorréuselle unha xenial idea. Como hai tantas toneladas no mar poderíase sacar a flote e xuntar todo para formar a frase “NO +” e que un satélite capte unha imaxe e se distribúa por todas as canles comunicativas. Falaralle a natureza mesma, non nos. Comenta a idea e a todos lles gusta. Aos poucos días toda a facultade sabe da idea de Carlos e os alumnos e mesmo mestres acoden a el para apoialo. Entre todos deciden que o último cuadrimestre emprenderían unha viaxe para cumprir coa súa idea.

Chegada a data todos embarcan e dispóñense a limpar un pouco máis o mundo. De camiño o Pacífico atoparon todos moitas especies mariñas que non coñecían, mesmo as que estaban en perigo de extinción e puideron so con algunhas mergullarse para telas cara a cara. Foi unha gran experiencia. Aprendían cada día algo novo.

Page 2: áNgel, sálvanos.

Os mestres seguían impartindo a materia no barco. Ao chegar fixeron o previsto. Recollían todos os plásticos, flotaran ou non e amarrábanos uns cos outros cunha corda formando “NO +”. Levoulles semanas, meses. Todos estaban cansos e feridos, algúns enfermos pero conseguírono. Os satélites captaron unha imaxe e expandiuse por todo o mundo, provocando un caos. Un caos que ninguén pensou que puidera pasar. Carlos decidiu que intentarían levar a flote a frase de moda ata terra. E alí foi. No camiño de volta atoparon a un montóns de barcos pescando atún vermello. Esta en perigo de extinción e decidiron facer algo. A Lidia unha rapaza da súa clase cre ter unha boa idea. Mergulláronse e cunha navalla achegáronse as redes, tiñan medo de que lles saíra mal a xogada de subir cos peixes e os pillaran pero non foi así. Romperon as redes, deixaron os peixes libres e as redes rotas leváronas para o seu barco. Todo aplaudiron a Lidia e Carlos, a un grupiño de alumnos e mestres máis.

Unha longa viaxe, un longo curso e moi duro traballo. A xente andaba revolta. E todos querían entrevistar a Carlos. Unha mañá cedo concertou unha. Erguese diante de un montón de xente e diante das cámaras. E pronuncio unhas palabras.

“Dádevos conta de que eu non metín toda esa morea de desperdicios no mar. Eu saqueinos xunto con toda a facultade en 4 meses. Sondes vos quen facedes iso. Estades contaminando todo o mundo ata nos lugares máis remotos. Matades a todo ser mariño de mil maneiras e non vos dades conta ou facédevoslos tolos do que sucede e isto é importante. Non é que haxa que reciclar, e que se o fagas ti axuda un pouco. Móstrovos a todos aquí presentes unha foquiña que atopamos ferida pola vosa culpa e que levámola o laboratorio para poder axudala.

Quero parar o caos, pero non o que eu provoquei porque fuchedes vos porque sen toda a sopa de plástico eu no vos estaría dicindo esta grande verdade.”

Toda a xente empezou a sentirse mal. Os que facían algo pensaban que facían pouco e os que nunca fixeron nada comezaron a mostrar interés.

Nada cambiara, salvo algo. Agora todos farían un pouco por axudar, un mínimo esforzo porque iso á larga melloraría o mundo. Carlos podía estar feliz. Conseguiu limpar un pouco as súas preocupacións e conciencia e o que máis lle gustaba mirar, o mar.

Page 3: áNgel, sálvanos.