Analise visual da paisaxe
-
Upload
plecoptero -
Category
Education
-
view
62 -
download
3
Transcript of Analise visual da paisaxe
![Page 1: Analise visual da paisaxe](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082515/55c97c7fbb61eb3e228b4612/html5/thumbnails/1.jpg)
Analise visual da paisaxe
A partir das directrices fixadas na Estratexia Galega da Paisaxe analizaronse aqueles aspectos referidos as componentes visuais básicas das cuncas visuais
A zona estudiada encádrase na zona 3 do Mapa da Paisaxe de Galicia: Chairas e Fosa Luguesas na zona central 3.2. Lugo
Para a súa sistematización partíuse da análise cartográfica e da delimitación da área de estudo definindo a conca do río Mera a partir do Mapa Topográfico Nacional e do Mapa de Pendentes (Cartografía do SITGA IDEG)
Usos do solo
Nos tramos seleccionados, e durante os recorridos durante as saídas programadas, mediante o apoio do Mapa de Usos do Solo agrupáronse os uso predominantes no recorrido O vello Lugo Agrario, observando, rexistrando e diferenciando nas diferentes cuncas visuais os usos agrarios e forestais.
Identificáronse e recolléronse os usos predominantes que resultaron ser os propios dun espazo de antiguos usos agrarios, predominantemente gandeiros e nos que se perciben recentes transformacións:
O abandono de espazos de pasto e prado transformados actualmente en zonas de mato e/ou de repoboación forestal con predominio de coníferas e eucaliptos.
A recuperación de cultivos de cereais, trigo fundamentalmente, que ocupa os espazos de uso agrario próximos aos núcleos e asentamentos de poboación.
A transformación do tamaño das parcelas nos espacios de recente transformación para usos gandeiros tendéndose a unha progresiva eliminación de cerramentos permanentes.
A continuidade na utilización dos espazos de cultivos agrícolas de horta nos que se combina a conservación de especies e variedades de árbores froiteiras autóctonas (cerceiras, maciñeiras, pereiras…) cun cultivo de variedades hortícolas tradicionais destinadas ao autoconsumo.
![Page 2: Analise visual da paisaxe](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082515/55c97c7fbb61eb3e228b4612/html5/thumbnails/2.jpg)
Arquitectura e espazos comunais
Identificáronse elementos referidos á dispersión das asentamentos rurais, onde se mantén o elemento definitorio da parroquia como referente de pertenza, definindo núcleos rurais e conxuntos de vivendas ailladas segundo o modelo antroolóxico de “casa” como aquel conxunto de edificios destinados a vivenda e anexos vinculados ás diferentes actividades económicas
Materiais construtivos . É una zona de abundancia de materias graníticos que definen un tio constructivo de vivenda de planta cadrada ou rectagular a base de sillar de granito e cubertas a catro augas en pizarra.
Construcións adxetivas tradicionais. Identificaronse as edificacións de interés etnográfica e civís, os espazos comunais ou de uso público, asi como camiños, sendeiros e corredoiras
Todos os elementos analizados foron recollidos en catálogos de imaxes que permiten a rápida reconstrucción visual das características definitorias da paisaxe propia dun espacio rural e agrario da zona central das chairas lucenses.
Análise visual da paisaxe. Arquitectura e espacios comunais. Proxecto Ríos IES Muralla Romana por Grupo de letras de 4ºA ESO se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.