Álvaro Cunqueiro

24
…alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis.

description

Álvaro Cunqueiro. …alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis. Nace en Mondoñedo, 1911. Estuda en Compostela nos anos 30 Nesa época a cidade goza dunha gran actividade cultural e artística - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Álvaro Cunqueiro

Page 1: Álvaro Cunqueiro

…alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis.

Page 2: Álvaro Cunqueiro
Page 3: Álvaro Cunqueiro

Nace en Mondoñedo, 1911. Estuda en Compostela nos anos 30

Nesa época a cidade goza dunha gran actividade cultural e artística

Comeza entón o seu labor literario con tres libros poéticos: Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira (1933)

Page 4: Álvaro Cunqueiro

Traballa como docente e xornalista xa desde antes da guerra civil.

Comeza como narrador en galego tras a fundación da editorial Galaxia (ano 1950)

Merlín e familia (1955) As crónicas do sochantre (1956) Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961)

Nos anos 60 traballa en Vigo como xornalista Nesa época publica os tres libros de relatos

breves nos que mestura personaxes reais e imaxinarios:

Escola de menciñeiros (1960) Xente de aquí e acolá (1971) Os outros feirantes (1979)

Page 5: Álvaro Cunqueiro

Seu pai era boticario e na súa botica coñece, debido ó seu carácter extravertido e conversador, personaxes que despois plasmará na súa obra (menciñeiros).

Súa nai era moi fantasiosa e durante a súa infancia relatáballe historias ao seu fillo. Ela contribuíu a fomentar a imaxinación do escritor.

Durante a súa infancia (influído polas lecturas de “Búfalo Bill”) escribiu unha novela do oeste na que os indios falaban galego e os americanos castelán.

Page 6: Álvaro Cunqueiro

1. Mestura realidade e fantasía: conviven personaxes e feitos fantásticos con outros da vida cotiá.

Page 7: Álvaro Cunqueiro

2. Personaxes:Proceden de vellos mitos doutras culturas:

Page 8: Álvaro Cunqueiro

3. Humor

Aparece, sobre todo, nos tres últimos libros de relatos breves:

Escola de menciñeiros (1960) Xente de aquí e acolá (1971) Os outros feirantes (1979)

Ofrece a visión das crenzas e do xeito de entender o mundo da xente do rural galego.

Page 9: Álvaro Cunqueiro
Page 10: Álvaro Cunqueiro

Escribiuna ao longo de toda a súa vida. Tamén fixo traducións (Flor de diversos,

1991) Antes da guerra escribe a poesía

vangardista (Mar ao norde, Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama riveira)

Despois da guerra: Dona de corpo delgado (1950) e Herba aquí ou acolá (1980) recompilación de

poemas dispersos. Poemas baseados en mitos e personaxes literarios Temas. Paso do tempo, presenza da morte…

Page 11: Álvaro Cunqueiro
Page 12: Álvaro Cunqueiro

Escribe textos teatrais, mesmo integrados dentro das novelas (“Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados” en As crónicas do sochantre).

A noite vai coma un río (expón a arela humana de atopar unha resposta que dea razón á vida e á morte).

O incerto señor don Hamlet príncipe de Dinamarca (1959), esta obra continúa a de Shakespeare, sitúa a acción despois do asasinato do rei e da aparición da súa pantasma.

Page 13: Álvaro Cunqueiro
Page 14: Álvaro Cunqueiro
Page 15: Álvaro Cunqueiro

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola

un corno mouro; o gatipedro vén polas noites ás casa, e

párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo.

Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño,

e o neno, en soños, escoitando o pingar da fontiña

aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

Para espanta-lo gatipedro abonda con botar unhas

areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O

gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas,

na lingua, e probando con esta o sabor do sal, o gatipedro

dá a volta e prosegue a súa nocturna viaxe, deixando os

nenos da casa en paz.

Page 16: Álvaro Cunqueiro

Se unha galiña está nun camiño á esquerda e pasa un crego á dereita, a galiña deixa de poñer ovos. Hai que levarlla a outro crego para que lle diga algo. Isto díxomo un tal Valiña, que cre no malollo e en que non caga a denonciña.Cóntolle eu isto a un cóengo amigo meu. Arcedián de Santa Catedral, que foi moitos anos párroco en san Martiño. Bótase a rir que el xa o sabía.-I el que se lle di á pita?, pregúntolle eu.-E díselle: “Vaia, vaia, señora ama!”, poño por caso.

De “Novidades do mundo e fauna máxica” (Escola de menciñeiros)

Page 17: Álvaro Cunqueiro

O señor Cordal tenme dito que o golpe é o animla máis antigo no noso país. por iso sabe a nosa fala, e tendo como ten ouvido sotilado, ouvido de tísico, escoita ós que dil falan. Saben catro nomes seus: golpe, raposo, zorro e xatentendo. Cando se fala do raposo hai que darlle nomes seus que il n on saiba: Pedro, Perico, Xamescurro e tamén Afonso.-Afonso?-Polo rei de Castela, hom! Oíndo o golpe falar de Afonso, colle medo e toma campo. Se fósemos todos máis avisados!.

De “Novidades do mundo e fauna máxica” (Escola de menciñeiros)

Page 18: Álvaro Cunqueiro

LE VERSEEse vento de seda é o tempo que pasa.¿Soñades a doce primavera de antanonesa flor que reflexa o seu van no negro pozo dos vosos ollos?Le temps s’en va!-Esas bolboretas que abanan a raiola do solson as súas toucas cobixando as pálidas frontes.¿Soñaredes aínda no ouso do Vilar os soñadores do tempo

pasado?Le temps s’en va!¡Ese enorme silencio cristalino e dourado!Se vós agora falardes, miñas donas amigas,¿a vosa voz enchería, como unha fonte de auga, o vaso do

silencio?Le temps s’en va!

Page 19: Álvaro Cunqueiro

¡Ei, donas do Vilar,! Erguede os finos rostros e sorride,Que andan galáns de corte con saudades de vós!Agás que prefirades velos morrer de amor.Le temps s’en va.Le temps s’en va,mes dames!

L’ENVOIDe tódolos amores o voso amor escollo:Miñas donas Giocondas, en vós ollotTódalas damas que foron no país,unhas brancas camelias, outras flores de lis.

Le temps s’en va! Ou dádesme ese bicoque cheira a rosas de abril do Mil e Picoou finarei chorando na miña soedá,namentras envellezo: Le temps, le temps s’en va!

Page 20: Álvaro Cunqueiro

Un dátil é un pecado mortal.Esa laranxa que trae no zurrón un peleriño,pecado mortal é:Soio que nas mans dun mendiñoa poña como esmola.A auga bébese en pequenos sorbosá sombra das roxizas murallas.Os puritanos séntanse en alfombras de preciosopesando pezas de prata labradas polo majarreros.No nome do Deus Único e Misericordiososoio dúas cousas non son pecado: os perfumes e as

mulleres.Os Al Ainin poñen o ouvido á auga que corree así adeprenden a rezar.

Page 21: Álvaro Cunqueiro

Un tal Melle, veciño de Loboso, partido de Mondoñedo, decidiu cando xa cumprira setenta anos, aprender a ler e a escribir, e en menos dun mes o mestre houbo de dalo por útil. Ós que lle preguntaban a que viña tomarse aquel traballo ós seus anos, contestaba que ó mellor podía mandar algún recado dende o outro mundo, e entón sempre sería mellor por escrito que de palabra. Para que non houber dúbida de que era el quen mandaba novas, deixaría denantes de morrer unha amosa de letra en papel de barba. E mandou Melle que cando morrese, que lle meteran no peto da chaqueta papel, sobres, e lapis tinta.

O Loboso é o máis alto da Pastoriza, e fai honra ó nome: montes avesíos, xesteiras ata o carón das casas, hortas pobres,folgados costentos nos que malmedra o centeo, brañas i. A xente de Loboso é alta e roiba, e o pelo dourado das mozas é a única flor en toda aquela soidade.

Page 22: Álvaro Cunqueiro

Finou Melle, e enterrárono co recado de escribir que pedira, e o lapis tinta afiado polos dous cabos, e aínda lle meteron no peto unha navalliña por se crebaba puntas, que apertaba moito ó escribir… Pasou o tempo e non chegaba recado ningún de Melle e a xente de Loboso íase esquecendo da ocorrencia. Pasaron dous longos invernos e dous ledos e pequenos veráns. Un sobriño de Melle, por Pascua, mercou na feira de Meira un par de galiñas, unha negra castelá e outra do pescozo pelado, e ó soltalas na eira miroulles o ovo, e esta derradeira viña con el na punta, tanto que o puxo deloutro día, cediño, e cacarexouno ben. Era un ovo longo, longo, coa casca mourenta e manchada. O sobriño de Melle pensou que traería dúas xemas, e antollóuselle de almorzo unha torreznada, e cando xa se engurraban os liscos na tixola, partiu o ovo nun prato para batelo, e o ovo, por dedentro, estaba baleiro de clara e xema, e soamente gardaba un sobre no que estaba escrito con letra de lapis tinta –letra comprobada do finado Melle- isto: “Amañai la chimenea. Tu tío que lo es Vitoriano Melle”. E sob o nome, un solemne rubricado.

Page 23: Álvaro Cunqueiro

E ben se vía que o Melle tiña mollado a punta do lapis máis de dúas veces escribindo o recado.

Deu a nova o sobriño a voces, acudiron os veciños, e foi lido cen veces o sobre. Cando o sobriño foi ó galiñeiro buscar a galiña do pescozo pelado, atopouna morta. E o aviso do finado chegara a tempo se fose atendido, que dúas noites despois un vendaval que viña tolo, levou a cheminea dos Melle.

E iso é todo. Os Melle de Loboso conservan a carta do tío. Hai veciños de seu que din que aínda recibiron outras, e todas por ovos ou por camiños máis segredos aínda, pero que esas cartas non as amosan porque tratan de intereses, e consellos en preitos.

(Escola de menciñeiros)

Page 24: Álvaro Cunqueiro