Alegacións ao PXOM de Nigrán

14
Grupo Municipal Socialista de Nigrán 1 de 14 ALEGACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NIGRÁN APROBADO INICIALMENTE O 14 DE XUÑO DE 2013

description

Alegacións ao PXOM de Nigrán

Transcript of Alegacións ao PXOM de Nigrán

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

1 de 14

ALEGACIÓNS DO GRUPO

MUNICIPAL SOCIALISTA AO PLAN XERAL DE

ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NIGRÁN APROBADO

INICIALMENTE O 14 DE XUÑO DE 2013

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

2 de 14

Antecedentes das alegacións:

En sesión extraordinaria de 14 de xuño de 2013 o Pleno do Concello

de Nigrán acordou a aprobación inicial do “Plan Xeral de Ordenación

Municipal de Nigrán” (PXOM), abrindo un período de información

pública por prazo de dous meses, logo ampliado un mes máis por

acordo plenario, desde a derradeira publicación do seu anuncio nos

boletíns oficiais.

Como condición previa á súa aprobación provisional, o Grupo Municipal

Socialista considera que deben ser corrixidas as seguintes deficiencias

detectadas no documento, ademais daquelas alegacións veciñais que

merezan ser atendidas e estimadas:

PRIMEIRA.- INVIABILIDADE ECONÓMICA

O PXOM aprobado inicialmente non acredita obxectiva, motivada,

cuantificada e documentalmente a viabilidade económica das

actuacións públicas e privadas que prevé nos sistemas xerais e ámbitos

de xestión. Non xustifica as previsións que teñan que realizarse con

recursos propios do Concello de Nigrán; non acredita a preceptiva

conformidade documental da Xunta de Galicia, como única

Administración externa a que é atribuído o financiamento de

investimentos recollidos no PXOM; non implica á Deputación Provincial

no esforzo inversor; non contén unha estimación obxectiva e unha

cuantificación adecuada de todos os ingresos e todos os gastos

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

3 de 14

públicos e potenciais do Concello de Nigrán derivados do propio PXOM,

como son o mantemento das novas urbanizacións; nin analiza

completa, obxectiva, pormenorizada e periodificadamente o impacto

fiscal do PXOM; nin analiza as repercusións do PXOM en función dos

posibles escenarios (básico, recesivo, normalizado e expansivo). Non

conta con todos estes datos porque, en realidade, o PXOM aprobado

inicialmente responde a un modelo urbanístico obsoleto, consistente na

suposta capacidade infinita do negocio inmobiliario e das arcas públicas

para financiar unha ilimitada expansión urbanística. Modelo que a

realidade ten desmentido.

Por lo que o PXOM de Nigrán que se someta a aprobación

provisional debe axustar as súas determinacións urbanísticas á

realidade da súa sostenibilidade e viabilidade económica, ata o

límite do seu financiamento que sexa capaz de acreditar

documentalmente.

SEGUNDA.- ESTRATEXIA E PROGRAMACIÓN

Unha das bases fundamentais para acadar un desenvolvemento

urbanística sostible é a estratexia como ferramenta de execución

racional das previsións do plan e garantía cando as estimacións de

crecemento son altas, especialmente no caso de tecido preexistente de

alta complexidade, como no suposto do municipio de Nigrán. A

estratexia deseñada polo Plan Xeral debe garantir un proceso de

actuación no que primen as actuacións máis necesarias para a

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

4 de 14

estrutura deseñada polo propio plan e aqueles se insiren en zonas xa

parcialmente transformación. De acordo co disposto no art. 60.2 da Ley

9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do

medio rural de Galicia, o Plan Xeral debe determinar os ámbitos de

actuación preferente en solo urbano non consolidado e solo

urbanizable, fixando para eles os prazos e condicións de

desenvolvemento, e garantir que os restantes no se executarán en tanto

no estean rematados os prioritarios dos que sexan continuidade.

Non obstante, o PXOM de Nigrán aprobado incialmente carece dunha

estratexia e programación que realmente defina a execución coherente

e simultánea da disposición das infraestruturas, dotacións e servizos

necesarios, e con solución de continuidade. Deixa en mans da

promoción privada e especulación inmobiliaria a elección dos ámbitos e

sectores a executar con preferencia, atendendo a motivos económicos

e de conveniencia, en vez da criterios de compactación y remate da

trama urbana.

Polo que o PXOM de Nigrán que se someta a aprobación

provisional deberá reforzar os mecanismos de fixación de prazos,

garantindo o seu cronolóxico e correlativo cumprimento, co

obxecto de procurar a racionalidade de execución.

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

5 de 14

TERCEIRA.- SUBA DE IMPOSTOS

O PXOM de Nigrán aprobado inicialmente susténtase economicamente

sobre o aumento da carga fiscal que soportan los veciños, propoñendo

o incremento del Imposto de Bens Inmobles (IBI) nun 2% inter-anual, a

creación dunha nova taxa municipal para o desenvolvemento do novo

Plan e a implantación de contribucións especiais, que recaerán

principalmente sobre os veciños do municipio.

Polo que o estudo económico do PXOM de Nigrán que se someta a

aprobación provisional debe prescindir de calquera incremento ou

creación de impostos como medio de financiamento.

QUINTA.-AFECCIÓN DE TERREOS

O PXOM de Nigrán aprobado inicialmente proxecta a expansión urbana

do municipio, delimitando ámbitos de solo urbano non consolidado e

sectores de solo urbanizable que non responden ás necesidades reais

da veciñanza. Su obxectivo principal é poñer a disposición de sectores

económicos -como a promoción e construción- a maior cantidade

posible de solo destinado á edificación e o crecemento urbano , todo

iso a custa da ocupación de solo e extensión insostible de

infraestruturas, dotacións y servizos.

O termo municipal de Nigrán sofre un crónico estancamento

poboacional, pasando dos 16.302 habitantes cifrados no ano 2001 aos

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

6 de 14

17.840 habitantes en 2012. É máis, dende o ano 2009 o termo

municipal experimentou unha tendencia descendente, sufrindo unha

perda de 181 habitantes nos tres últimos exercicios. Fronte a este

estancamento poboacional, Nigrán conta cun parque residencial de

10.500 vivendas, das que o 50% están destinadas a segunda

residencia, o cal xera un desequilibrio económico na Facenda municipal

entre o custo de dotación e mantemento de infraestrututas,

equipamentos e servizos, e a poboación realmente empadroada no

municipio. Desequilibrio que recae sobre os veciños. Todo iso nun

contexto de crise económica xeral, así como inmobiliaria e financeira en

particular, que vaticina un sector promotor e construtor baixo mínimos

durante, polo menos, a próxima década.

Aínda así o PXOM aprobado inicialmente pretende incrementar el stock

residencial noutras 5.500 novas vivendas, das que 3.509 corresponden

a solo urbano non consolidado y solo urbanizable, coas seguintes

consecuencias:

1) Os propietarios de terreos afectados por sectores de solo urbanizable

verán as súas facultades dominicais limitadas aos usos propios da

súa natureza rústica (art. 21 de la Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia), pero

para os efectos de tributación no imposto de bens inmobles terán a

consideración de solo de natureza urbana (art. 7.2.b) del Texto

Refundido da Lei del Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real

Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo).

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

7 de 14

2) Centra o esforzo inversor do PXOM no desenvolvemento de novos

sectores de solo urbanizable, en vez de destinalo ao mantemento,

mellora e re-urbanización das zonas xa construídas, onde realmente

radican los problemas urbanísticos da veciñanza.

Polo que o PXOM de Nigrán que se someta a aprobación

provisional debe prescindir ou reducir todos os ámbitos de solo

urbano non consolidado e sectores de solo urbanizable que

supoñan unha innecesaria expansión territorial do asentamento.

SEXTA.- CARTOGRAFÍA

A disposición dunha cartografía urbana é esencial para unha exacta

análise territorial e ambiental do solo e unha correcta elaboración do

planeamento urbanístico.

Non obstante, os planos de ordenación do PXOM de Nigrán aprobado

inicialmente foron redactados sobre unha cartografía obsoleta, que no

recolle nin identifica as infraestruturas, equipamentos e inmobles que

sufriron cambios físicos ao longo dos últimos tempos. O cal xera erros

que tampouco foron detectados e corrixidos cunha axeitada e

exhaustiva labor de campo.

Polo exposto, antes da súa aprobación provisional o PXOM de

Nigrán debe incorporar unha cartografía actualizada

sistematicamente mediante procedementos automatizados, que

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

8 de 14

recolla toda a realidade e complexidade física do termo municipal.

Incluíndo unha cartografía urbana tridimensional (3D), que

resultará de grande utilidade para os veciños e a propia xestión

municipal, permitindo calcular, analizar e mostrar fielmente os

distintos proxectos propostos, así como os efectos no seu

entorno.

SÉTIMA.- DELIMITACIÓN DO SOLO DE NÚCLEO RURAL

A obsoleta base cartográfica utilizada para redactar o PXOM de Nigrán

repercute negativamente na delimitación do solo de núcleo rural, que no

proxecto aprobado inicialmente non se axusta á realidade física,

edificacións, grao de consolidación e parcelario actual.

Polo que, conforme a unha cartografía actualizada e tras o

imprescindible traballo de campo, cumprindo os criterios sinalados no

art. 13 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e

protección do medio rural de Galicia e a Instrución 4/2011, do 12 de

abril, sobre a metodoloxía de cálculo do grao de consolidación

edificatoria na delimitación do Solo de núcleo rural, ao abeiro do

disposto na Lei 2/2010, de 25 de marzo, de medidas urxentes de

modificación da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación

urbanística e protección do medio rural de Galicia, procede que o

PXOM de Nigrán que sexa sometido a aprobación provisional propoña

unha nova delimitación do solo de núcleo rural, axustada á

realidade, edificacións, parcelario e grao de consolidación

actualmente existente.

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

9 de 14

CUARTA.- VIAL TRAMO BALSA-SAIÁNS PORTO DO MOLLE

O PXOM aprobado inicialmente prevé o viario no tramo Balsa-Saiáns-

Porto do Molle, para dar servizo, entre outros, ao polígono industrial

Porto do Molle. Na súa concepción orixinal este vial debería enlazar co

quinto tramo do vial estructurante denominado Ronda de Vigo, que

enlazaría o treito Sur - Segundo Cinto co termo municipal de Nigrán, e

que recollía o PXOM de Vigo aprobado inicialmente o 30 de decembro

de 2004. Ademais o Plan Vigo Íntegra sometido a información pública o

28 de maio de 2008 (DOG Nº 138 de 17 de julio de 2008) tamén prevía

ambos os dous viais.

Pero o PXOM de Vigo aprobado definitivamente de forma parcial o 16

de maio de 2008 e de forma total o 13 de xullo de 2009 suprimiu aquel

quinto tramo da Ronda de Vigo, como consecuencia do estudo das

alegacións presentadas e ao constatar que, en realidade, carecía do

carácter estructurante que inicialmente se lle atribuíu e decorría

substancialmente por terreos clasificados como solo rústico de especial

protección, cunha carga medioambiental e económica excesiva para

esa falla de carácter. A Xunta de Galicia tampouco aprobou

definitivamente o Plan Vigo Íntegra.

Polo cal o termo municipal de Vigo e o planeamento vixente non contan

nin prevén ningún vial das mesmas características que continúe e

enlace axeitadamente co tramo Balsa-Saiáns-Porto de Molle; e xa non é

preciso que o PXOM de Nigrán reserve solo para as actuacións

previstas naqueles documentos.

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

10 de 14

Ademais, tal e como recoñecía o Plan Vigo Íntegra, o vial no tramo

Balsa – Saiáns - Porto do Molle deseñado como una autovía urbana (30

metros de ancho con dos, tres y hasta cuatro carrís):

- Afecta á trama edificada existente, a ámbitos de solo susceptibles de

desenvolvemento e outros elementos que son dignos de protección.

- Fragmenta o territorio, ao constituír unha barreira tendida en sentido

norte - sur pola metade do territorio.

Por iso o 21 de agosto de 2008 o entón voceiro do Grupo Municipal de

Nigrán do Partido Popular e actual Alcalde, Don Alberto Valverde Pérez,

solicitou expresamente á Xunta de Galicia a supresión deste vial que

non soluciona los problemas actualmente internos e de inter conexión

cos municipios limítrofes do Val Miñor, e supón unha división física real

das parroquias de Priegue y Nigrán e, polo tanto, do municipio de

Nigrán; e na sesión extraordinaria do 29 de xullo de 2010 votou a favor

do rexeitamento de este vial.

Polo que o proxecto de PXOM de Nigrán que sexa sometido a

probación provisional do Pleno debe prescindir do devandito vial e

suprimilo das súas determinacións tal como se acordou en sesión

plenaria do 27 de setembro de 2013 co respaldo de toda a

corporación.

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

11 de 14

OITAVA.- SISTEMA XERAL 15. PORTO DE PANXÓN

No remate norte de Praia América o PXOM de Nigrán aprobado

inicialmente delimita un sistema xeral denominado “SX-EQ-15, Porto de

Panxón” que comprende o actual porto pesqueiro e unha nova reserva

de solo destinado a súa ampliación cun porto deportivo, afectando un

total de 30.322 m2 de superficie. Pretende o desenrolo dun novo porto

deportivo coa execución de equipamentos complementarios turísticos

en réxime de concesión administrativa.

Non obstante, esta previsión concita unha importante inquietude no

sector pesqueiro afectado, así como en diversos colectivos e veciños

preocupados pola integridade ambiental da dársena de Panxón. A

preocupación e polémica centralízase nos futuros efectos que a

ampliación do sistema xeral portuario terá na labor mariñeira e no litoral

da zona:

- O Porto de Panxón alberga unha consolidada flota de baixura e ten

como orixinaria e prioritaria finalidade a actividade pesqueira. Esta

labor mariñeira é a principal a que deben ser destinadas as súas

instalacións, totalmente incompatible coa ampliación destinada a

equipamento deportivo é turístico que deseña o PXOM.

- Ademais, a ampliación e sobre potenciación do uso deportivo e

turístico do Porto de Panxón pode afectar negativamente ao areal de

Panxón, producíndose basculamentos, trasvasamentos, variación de

diminución da planta da praia, así como degradación da calidade da

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

12 de 14

area. Impacto xa sufrido noutras zonas de Praia América e que

ningún negocio lúdico - turístico escusa.

Por iso o proxecto de PXOM de Nigrán que sexa sometido a

probación provisional do Pleno debe impedir, na medida das súas

posibilidades legais, a ampliación terrestre do Porto de Panxón,

reducindo e axustando o ámbito do sistema xeral “SX-EQ-15, Porto

de Panxón” á superficie actual, sen ningún tipo de nova afección.

NOVENA.- ÁREAS DE RECUALIFICACIÓN DE AS TOMADAS

(CHANDEBRITO) E DE SAN ROMÁN (PRIEGUE)

O PXOM de Nigrán aprobado provisionalmente delimita a área de

recualificación nomeada “AR-As Tomadas” e a área de recualificación

“AR-San Román”, co obxectivo de redactar futuros plans especiais que,

respectivamente, consoliden as infraestruturas mediante conexións ás

redes existentes e dotar de servizos de infraestruturas e abastecemento

e saneamento básicos.

Non obstante, o alto grao de consolidación edificatoria localizada nestes

dous ámbitos e a súa afección ao réxime establecido no Plan de

Ordenación do Litoral de Galicia, aprobado por el Decreto 20/2011, de

10 de febrero, inviabilizan de feito calquera actuación de carácter

integral en ambas dúas áreas.

i

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

13 de 14

Polo que o PXOM de Nigrán que se someta a aprobación

provisional debe eliminar y prescindir de ambas as dúas áreas de

recualificación, clasificando o solo afectado conforme ao réxime

de solo de núcleo rural histórico - tradicional, común ou complexo

que en cada caso corresponda.

DÉCIMA.- SISTEMA XERAL EXTERIOR 1. PORTO DO MOLLE 1

O PXOM de Nigrán aprobado inicialmente delimita unha superficie de

43.642 m2 de solo destinado a creación dun gran equipamento contigo

a Porto do Molle, denominado “SX (A)-EQ-1 Porto do Molle 1”. É o

único sistema xeral exterior que prevese obter por expropiación.

Non obstante, o PXOM non determina a que uso público se destinará

esa futura área de equipamento, nin se a súa explotación vai a ser

exclusivamente pública ou tamén privada. É un gran equipamento

indefinido, no que non consta que Administración va custear e facerse

cargo da súa obtención no prazo de cinco anos dende a entrada en

vigor do PXOM, que é o prazo que o art. 99 de la Lei 9/2002, do 30 de

diciembre, de ordenación urbanística e protección do medio rural de

Galicia outorga para levar a efecto a expropiación de terreos que estean

destinados a sistemas xerais ou dotacións públicas locais que no haxan

de ser obxecto de cesión obrigatoria, como é o caso.

Grupo Municipal Socialista de Nigrán

14 de 14

Polo que o PXOM de Nigrán que se someta a aprobación inicial

debe eliminar e prescindir do denominado “SX (A)-EQ-1 Porto do

Molle 1”, clasificando o solo afectado conforme ao réxime legal

que en cada caso corresponda.

Por todo o anterior o Grupo Municipal Socialista propón ao Pleno da

Corporación a estimación das alegacións formuladas, procedendo á

corrección e mellora substancial do documento.

Nigrán a 30 de setembro de 2013

Juan Antonio González Pérez

Grupo Municipal Socialista