Agrarismo: 1906-1926 Semana Tráxica: 1909 (26 de xullo-2 ......Agrarismo: 1906-1926 Movemento...

8
Agrarismo: 1906-1926 Movemento político que defendía os intereses dos tra- balladores do campo con influencias do rexionalismo e do socialismo. En 1906 permítese a asociación campesiña e xor- den os primeiros sindicatos e partidos agraristas. Estes coordinaranse en Galicia nos partidos ‘Solida- ridad Gallega’ -a máis moderada- e ‘Acción Gallega’ - a máis radical-, que de forma pacífica ou violenta tratarán de dar saída ás inquedanzas rexionalistas, o anticaciquismo e ós problemas pola redención dos foros (contratos medievais) dos campesiños, coa idea de que só o traballo efectivo da terra xenera o dereito de posesión. O cura Basilio Álvarez, de ‘Acción Gallega’ desta- cará pola violencia das súas protestas e plantexamen- tos contra o caciquismo e o cobro de redencións polos foros. A lei de redención dos foros de 1926 acabou coa importancia económico-social do agrarismo e deixou paso á vertente rexionalista-nacionalista do movemento. Desastre de Annual: Xullo 1921 Durante a Guerra do Rif (1911-1927) o punto chave de resisten- cia era a bahía de Alhucemas e o Xeneral Silvestre, ó cargo das tropas de Ceuta e de Melilla, incumple as ordes do xeneral en xefe e avanza rápidamente para ocupala. Silvestre, para dominar o terreo, monta un sistema de pequenas fortificacións (blocaos) de 130 km de extensión que sufríu gra- ves desabastecementos de auga. Tras certo tempo con escaseza o xeneral ordea a retirada e é em- boscado constantemente polos rifeños de Abd-El-Krim, morrendo él mesmo e sufrindo máis de 10.000 mortos e 1.100 prisioneiros. Silvestre era amigo persoal do rei Afonso XIII a quen chegou a culparse do avance tras da investigación no Expediente Picasso. Expediente Picasso: 1921-23 Tras do desastre de Annual, en 1921 encar- garase o expediente de investigación ó xeneral Juan Picasso (tío do pintor) no que se depura- rán responsabilidades. O traballo de Picasso rematará sendo amosado nas cortes nunha comisión de investigación que xenerou un debate sobre as posibles respon- sabilidades do rei (quen posiblemente animara ó seu favorito, Silvestre, a tomar riscos). En 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera dará un golpe de estado co apoio do monarca e fecharase a investigación sen resultados. Semana Tráxica: 1909 (26 de xullo-2 de agosto) Incidentes violentos ocorridos durante a Guerra de Melilla de (1909) en Barcelona, provocados pola chamada a filas dos reser- vistas. Coma a maioría eran proletarios pais de familia, os sindi- catos chamaron á folga xeral. Os incidentes comezaron co embarque en Barcelona dos ‘caza- dores de Reus’, que se queixaron da remisión de servizo que po- dían facer por cartos as clases pudientes e agravaronse coa chegada de noticias do desastre do Barranco do Lobo (27 de xullo). A folga foi reprimida polo goberno de Maura (conservador), quen declarou o estado de guerra e entrou coas tropas (78 mortos). Detiveronse e procesaronse a máis de 2.000 persoas; executouse a cinco delas. O pedagogo Francisco Ferrer, foi condeado con escasas evidencias e xenerou un movemento de solidaridade e de peticións internacionais de clemencia que foi desoido por Maura. Isto costoulle o cargo pouco máis tarde, poñendo fin ó seu Goberno Longo. Crise da Restauración Caricatura de Basilio Álvarez, por Castelao O xeneral Silvestre

Transcript of Agrarismo: 1906-1926 Semana Tráxica: 1909 (26 de xullo-2 ......Agrarismo: 1906-1926 Movemento...

  • Agrarismo: 1906-1926 Movemento político que defendía os intereses dos tra-balladores do campo con influencias do rexionalismo e do socialismo. En 1906 permítese a asociación campesiña e xor-den os primeiros sindicatos e partidos agraristas. Estes coordinaranse en Galicia nos partidos ‘Solida-ridad Gallega’ -a máis moderada- e ‘Acción Gallega’ -a máis radical-, que de forma pacífica ou violenta tratarán de dar saída ás inquedanzas rexionalistas, o anticaciquismo e ós problemas pola redención dos foros (contratos medievais) dos campesiños, coa idea de que só o traballo efectivo da terra xenera o dereito de posesión. O cura Basilio Álvarez, de ‘Acción Gallega’ desta-cará pola violencia das súas protestas e plantexamen-tos contra o caciquismo e o cobro de redencións polos foros. A lei de redención dos foros de 1926 acabou coa importancia económico-social do agrarismo e deixou paso á vertente rexionalista-nacionalista do movemento.

    Desastre de Annual: Xullo 1921 Durante a Guerra do Rif (1911-1927) o punto chave de resisten-cia era a bahía de Alhucemas e o Xeneral Silvestre, ó cargo das tropas de Ceuta e de Melilla, incumple as ordes do xeneral en xefe e avanza rápidamente para ocupala. Silvestre, para dominar o terreo, monta un sistema de pequenas fortificacións (blocaos) de 130 km de extensión que sufríu gra-ves desabastecementos de auga. Tras certo tempo con escaseza o xeneral ordea a retirada e é em-boscado constantemente polos rifeños de Abd-El-Krim, morrendo él mesmo e sufrindo máis de 10.000 mortos e 1.100 prisioneiros. Silvestre era amigo persoal do rei Afonso XIII a quen chegou a culparse do avance tras da investigación no Expediente Picasso.

    Expediente Picasso: 1921-23 Tras do desastre de Annual, en 1921 encar-garase o expediente de investigación ó xeneral Juan Picasso (tío do pintor) no que se depura-rán responsabilidades. O traballo de Picasso rematará sendo amosado nas cortes nunha comisión de investigación que xenerou un debate sobre as posibles respon-sabilidades do rei (quen posiblemente animara ó seu favorito, Silvestre, a tomar riscos). En 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera dará un golpe de estado co apoio do monarca e fecharase a investigación sen resultados.

    Semana Tráxica: 1909 (26 de xullo-2 de agosto) Incidentes violentos ocorridos durante a Guerra de Melilla de (1909) en Barcelona, provocados pola chamada a filas dos reser-vistas. Coma a maioría eran proletarios pais de familia, os sindi-catos chamaron á folga xeral. Os incidentes comezaron co embarque en Barcelona dos ‘caza-dores de Reus’, que se queixaron da remisión de servizo que po-dían facer por cartos as clases pudientes e agravaronse coa chegada de noticias do desastre do Barranco do Lobo (27 de xullo). A folga foi reprimida polo goberno de Maura (conservador), quen declarou o estado de guerra e entrou coas tropas (78 mortos). Detiveronse e procesaronse a máis de 2.000 persoas; executouse a cinco delas. O pedagogo Francisco Ferrer, foi condeado con escasas evidencias e xenerou un movemento de solidaridade e de peticións internacionais de clemencia que foi desoido por Maura. Isto costoulle o cargo pouco máis tarde, poñendo fin ó seu Goberno Longo.

    Crise da Restauración

    Caricatura de Basilio Álvarez, por Castelao

    O xeneral Silvestre

  • Dictadura de Primo de Rivera

    F.A.I: Federación Anarquista Ibérica 1927 Fundada en 1927, une os anarquistas portugueses ós españois e ós exiliados. É a rama máis radical e revolucionaria do anarquismo, tratando de superar o sindica-lismo da CNT. Participará activamente na caída de Primo de Rivera, na revolución de Asturias de 1933, na creación da Fronte Po-pular para gañar as eleccións do 1936 e na Guerra Civil. Relacionase con algunhas queimas de conventos e con represións ilegais en territorio republicano durante a guerra.

    Directorio Militar: 1923-25 Primeiro goberno imposto por Primo de Ri-vera e composto exclusivamente por milita-res. Oito xenerais e un almirante aconsellaban ó dictador e actuaban a modo de ministros, cada un dun área. Os principais éxitos foron o desembarco de Al-hucemas e a fin das desordes públicas. Foi un goberno corporativo parecido ó fas-cismo que xerou un partido único, a Unión Pa-triótica, extendeu o grupo para militar catalán Somatén, aplicou a represión e a censura, disol-veu a mancomunidade catalana, e desenvolveu unha labor económica intervencionista e cató-lico-social.

    Unión Patriótica: 1924-1930 Creada polo dictador Miguel Primo de Rivera para darlle soporte político ó seu réxime. Será un partido autodenomi-nado “apolítico” ainda que os que o conformaban eran de corte monárquico, conservador e ultracatólico. Moitas das ideas que defendía era antiliberais e propias do fascismo italiano. Serviu para atopar partidarios do réxime e de él sacar per-soas para os cargos administrativos do novo goberno. Apoaironse no tradicional caciquismo ó que decían com-bater. Ó carecer de ideoloxía, desapareceu co réxime que o propiciou e alimentou, a dictadura.

    Pacto de San Sebastián: 1930 Acordo asinado baixo o reinado de Afonso XIII durante a Dictabranda, entre os representantes dos partidos favorables á instauración dunha república. Os políticos alí presentes comprometeronse a: - Depor ó rei e fundar unha república - Organizar un réxime democrático de sufraxio universal - Permitir a creación de un estatuto de autonomía en Cataluña Foi o xérmolo do Goberno Provisional de Abril 1931 que designaba coma presidente a Niceto Alcalá Zamora.

    O directorio militar, co rei no centro e Primo á esquerda da imaxe

    Anarqusita durante a guerra civil

  • Bienio Negro: 1933-36 Período da Segunda República coñecido polo goberno das dereitas e pola elimina-ción da maioría dos decretos progresistas aprobados no bienio anterior: - Durou dende novembro do 1933 a febreiro do 1936. - Formado pola alianza do Partido Republicano Radical (centro dereita, Lerroux), a CEDA (dereita católica) e o Partido Agrario (os moderados e conservadores da restauración con tintes de populismo e con intereses comúns ós campesiños ricos). - As súas medidas xeraron en protesta un alzamento revolucionario de esquerdas en Asturias (1934) e a declaración de república independente por parte da Generalitat. - Promocionou a xenerais conservadores que logo se demostraron antirrepublicanos. - Frenou as reformas laicistas e deulle un soldo ós sacerdotes. - Frenou a laicidade na escola e permitiu o mantemento da escola privada relixiosa. - Revertiu parte da reforma agraria e dos decretos agrarios do goberno anterior, de-volvendo as terras ós seus antigos donos. - Paralizou o estatuto de autonomía vasco e revertiu o catalán; tratou de recortar o Concerto Económico vasco. Caerá tras do escándalo do Estraperlo, unha lotería legalizada a cambio de co-misións para o presidente, Alejandro Lerroux. Non accedeu á presidencia Gil Robles, pese a ser o máis votado, polo seu posible an-tirrepublicanismo.

    II RepúblicaCEDA Confederación Española de Dereitas Autónomas. A CEDA foi unha coalición de partidos de dereitas e ultracatóli-cos que se amalgamaron en 1933 para tratar de deter e desfacer as medidas postas polo primeiro bienio reformador da II Re-pública. O partido de Gil Robles amosou ás veces un carácter totalitario e anti-republicano o que motivou que de inicio, non entrase no goberno pese a ser o partido máis votado en 1933, pero co paso da lexislatura Lerroux apoiouse neles para gobernar. Outras ocasións amosouse partidaria de manter a república dende unha óptica democristiana (ver esquema de ideoloxías). Gil Robles coma ministro de defensa promocionou a xenerais anti-republicanos, coma Franco, Fanjul ou Mola. Fanjul ofreceu-lle a cambio nomealo presidente en 1935 mediante un golpe de estado, Gil Robles declinou.

  • F.E.T. das X.O.N.S.: 1937 Por decreto de Franco durante a Guerra Civil unironse baixo o seu mando en 1937 a Falanxe Española Tradi-cionalista e as Xuntas de Ofensiva Nacionais Sindica-listas. Este grupo unifica as tres correntes do alzamento: - A Falanxe representa ó fascismo de José Antonio - Os tradicionalistas carlistas, coñecidos coma re-quetés - As XONS ó movemento ultracatólico (do nacional catolicismo) violento e tamén filofascista Tras desta unificación serán descabezados e pasarán a ser coñecidos coma o ‘Movemento Nacional’ un par-tido único que vertebrará a ideoloxía do réxime, pero sen poder real. Tras do atentado de Begoña de 1942, foi decaendo a súa influencia, resultando simple-mente burocrática, simbólica e propagandística.

    Guerra Civil

  • FranquismoSindicato Vertical: 1940-77 A Organización Sindical Española (OSE) era popular-mente coñecida coma sindicato vertical. Foi a única orga-nización sindical legal do franquismo entre 1940 e 1977. Basease no modelo fascista corporativista que trata de por fin ós conflictos laborais mediante a cooperación dos tra-balladores e os empresarios coa tutela do goberno. Na realidade será un modelo de sindicalismo que tratará de dialogar sobre os problemas dos traballadores pero sen ocasionar retrasos na producción, e en última instancia un medio de disciplinar políticamente ós proletarios. Pódese ver coma antecedente a Organización Corporativa Nacional durante a dictadura de Primo de Rivera (comités paritarios).

    Plan de Estabilización Económica: 1959 Coa entrada do Opus Dei e os tecnócratas no goberno franquista, cámbiase o modelo económico. Seguindo os consellos da OECE (organización eu-ropea para a cooperación económica) e os dictados do Fondo Monetario Internacional (FMI), a economía española: - Devaluou a peseta (o que facilitaba as exportacións) e mantivo os soldos baixos (o que facía atractiva España para a inversión estranxeira) - Reduxo o déficit público, subindo impostos e baixando o gasto público (o que estabilizou as finanzas, o crédito e a débeda) - Fomentou a entrada de capitais estranxeiros (entre outros os créditos do FMI) para desenvolver a industria - Rematou coa autarquía, comezando a relacionar a economía cos países occidentais e freando o altísimo nivel de corrupción anterior O proceso de adaptación económica xerou pobreza e paro durante uns anos, o que motivou a emigración ó exterior (máis dun millón de persoas). Non foi completado na súa liberalización polas presións de corruptos e de influintes industriais, que xeraron un novo proteccionismo para man-ter os seus privilexios.

    Contubernio de Múnich 1962 Termo peiorativo (descalificador, insultante) co que o réxime de Franco bautizou a unha reunión dos opositores españoles co representante do goberno republicano no exilio, Salvador de Madariaga en 1962 na cidade alemana. En Múnich estarán representados todas as tendencias, dende mo-nárquicos a comunistas e socialistas pasando por nacionalis-tas ou democristianos. Os asistentes firmaron unha declaración que esixía: - Democracia real en España - Restauración dos dereitos humanos e as liberdades sociais e políticas - O recoñecemento de comunidades históricas en España Os asistentes que retornaron a España foron detidos e exilia-dos polo Réxime. A reacción de Franco foi duramente criticada pola Comunidade Económica Europea quen se negou a aceptar a petición de ingreso española.

  • TransiciónLei para a Reforma Política: 1976/1977 Última das Leis Fundamentais do Reino de Franco, pero xa con él morto. A LRP supón a autodisolución das cortes franquistas (coñecidas coma o suicidio xaponés cortes hara kiri) xestionada polo goberno reformista de Adolfo Suárez. Tras delas convocaríanse de forma legal unhas cortes constituintes que aceptarían o xogo demo-crático e porían fin ó sistema legal franquista sen procesos ile-gais intermedios (revolucións). Este proceso coñeceuse pola frase de Torcuato Fdez. Miranda (o presidente das cortes): “de la ley a la ley a través de la ley”, e supuxo un exemplo de transición or-denada dende o poder sen consecuencias violentas. A LRP foi aprobada en cortes en novembro de 1976, refrendada en votación popular en decembro co 77% de aprobación e publi-cada en xaneiro de 1977.

    Pactos de la Moncloa: 1977 A terrible situación económica que en España se ins-talara tras da Crise do Petróleo de 1973 xenerou unha tensión social e política que foi solventada polos Pactos da Moncloa. Uns acordos entre os partidos políticos, os sindicatos e o goberno nos que se firmaron: - Reformas económicas: Axustar as subidas de soldos á inflación, creación de axudas ó desemprego, deva-luar a peseta e reformar a tributación para modernizala (logo chegaría o Imposto Sobre da Renda). Todo isto moderou a inflación (25%) e o déficit público. - Reformas políticas: A cambio de aceptar a modera-ción dos soldos e a perda de poder adquisitivo (pola devaluación) as clases traballadoras recibiron o dereito de asociación, a liberdade de prensa, incremento das prazas escolares públicas e a creación do delito de tor-turas (evitar os desmáns de policía e garda civil).

    Plataxunta: 1976 marzo Bautizada coma Coordinación Democrá-tica, foi a unificación da Xunta Demo-crática de España (do PCE 1974) e a Plataforma de Converxencia Democrá-tica (do PSOE 1975) na que o Partido Comunista e o PSOE agruparan a diver-sos opositores ó franquismo (monárqui-cos, cristiano-demócratas, republicanos, sindicatos...) para acadar a democracia en España. Os seus obxectivos foron: - A convocatoria de eleccións a cortes constituintes - A amnistía xeral de presos Desaparecerá en outubro do propio 1976 cando Adolfo Suárez negocie por sepa-rado con algúns dos seus membros.

    Unión de Centro Democrático (UCD): 1977-83 Partido demócrata-cristiano que gañou as primeiras eleccións du-rante a transición española. Foi fundado e liderado inicialmente por Adolfo Suárez, quen acadou a presidencia do goberno (1978-1981). Foi un conglomerado de antiguos membros do réxime con perfil reformista democrático, pero cun claro sesgo católico e mo-derado. O seu carácter ecléctico (suma de moitas personaliades distintas) deu lugar a desunións durante o fin da lexislatura de Suárez, o que provocou a súa dimisión e o nomeamento de Leo-poldo Calvo Sotelo coma segundo presidente da democracia (1981). Disolveuse tras a desfeita das eleccións de 1982.

    Cartel para as eleccións a cortes constituintes (1977)

  • Fronte Popular: 1936 Coalición de esquerdas formada para concurrir ás eleccións fe-breiro 1936. Resultou victoriosa pero o seu goberno foi interrum-pido polo Alzamento Nacional do 18 de xullo. Liderada por Manuel Azaña (Iz-quierda Republicana), engloba a re-pulicanos de esquerda, socialistas, comunistas, naciona-listas de esquerdas e incluso anarquistas. O seu programa trataba de excar-celar ós detidos pola revolución de Asturias de 1934, recuperar o pulo reformador social do Bienio Reformista (1931-33) e ampliar os niveis de autogoberno das comu-nidades históricas. Gañaron as eleccións (datos de Ja-vier Tussell) cun axustado 47’1% fronte a un 45’6%. Os dous partidos principais foron o PSOE e o de Azaña.

    Sanjurjada: 10 agosto 1932 Golpe de estado realizado polo xe-neral Sanjurjo durante o Bienio Reformista da II República. Só tivo un éxito parcial en Sevilla. O xeneral apoiouse en sectores descontentos do exército (depura-ción de cargos contrarios á repú-blica), e na aristocrácia; xustificouse polos debates sobre o estatuto de autonomía de Cata-luña e a Reforma Agraria. O golpe fracasou pola escasa pre-paración e pola actuación do ser-vizo de intelixencia da República. Sanjurjo, condeado a morte, viu conmutada a súa pena a prisión perpétua e logo, co goberno de Lerroux (Bienio Rectificador) foi posto en liberdade. Sanjurjo sería un dos líderes do fu-turo Alzamento Nacional de 1936, pero morre os primeiros días nun ac-cidente aéreo.

    Lexión Cóndor: 1936-39 Foi a unidade militar (principal-mente aviación moderna) en-viada pola alemaña nazi para axudar o bando franquista du-rante a guerra civil. Foi funda-mental para a victoria nacional. Chegará en novembro de 1936 e aportará avións e tanques ó exér-cito de Franco (xa antes chegaran transportes aéreos para cruzar o estreito). Sáltase a prohibición do Comité de non Intervención da Sociedade de Nacións. España será un laboratorio de probas para as forzas alemanas que preparaban a Segunda Gue-rra Mundial. Destaca o experi-mento de bombardeo sobre poboación civil en Guernica en 1937. Pagarase de volta a axuda co envío de minerais a alemaña.

    Brigadas Internacio-nais: 1936-38 Batallóns de voluntarios estran-xeiros que viñeron loitar a España no decurso da Guerra Civil defen-dendo a República. Integradas por militantes de es-querda, especialmente marxistas ou comunistas, de distintos paí-ses que viñeron a España a frear o avance internacional do fas-cismo. Houbo brigadistas de máis de 50 países, pero destaca a achega de franceses, alemáns, austríacos, italianos, británicos e estadouni-denses. Tiveron un papel destacado na de-fensa de Madrid, en novembro de 1936. Abandonaron o país trala derrota da Batalla do Ebro (outubro de 1938) polas presións do Comité de Non Intervención.

  • Nacional Catolicismo: 1939/1975 Ideoloxía vertebradora do fran-quismo que consiste no emprego do nacionalismo español e o credo católico conservador para organizar e xustificar un goberno autoritario. O nacional catolicismo empregará o patriotismo e á fe católica coma ideario de xestión do estado, unificador ideolóxico, e tamén coma xustificación do golpe de estado e a represión contra a oposición, baixo un suposto mandato divino ou “cruzada”. A igrexa controlará a educación e a vida social e cultural, impo-ñendo as súas normas na socie-dade e a súa simboloxía (cruces, procesións, etc).

    Sección Femenina: 1934-1977 Rama de Falanxe Española Tra-dicionalista e das XONS organi-zada para a educación das mulleres. Creada en 1934 (antes da Guerra Civil) por Pilar Primo de Rivera, a irmá do fundador da Fa-lanxe; será suprimida en 1977 (tras da morte de Franco). Durante a guerra prestaron axuda nos frentes e na retaguardia en funcións sanitarias e sociais. Tras da guerra instaurará o Servi-cio Social da Muller, no cal todas eran obrigadas a facer traballos para a Sección Femenina, coma dar clases ás nenas de Iniciación ao Fogar e Educación Física en campamentos de verán. Xerou moitas publicacións de adoutrinamento, defendendo va-lores tradicionais, a maternidade e a sumisión ó home.