ADMINISTRACIÓN LOCAL - Pontevedra...de comercios en Galicia, mentres que a citada Lei 1/2010, no...

50
ADMINISTRACIÓN LOCAL AYUNTAMIENTOS PONTEVEDRA EXPEDIENTE: Ordenanza municipal para a simplificación administrativa no concello de Pontevedra, reguladora da tramitación das declaracións responsables para a tramitación de servizos, instalación e apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, cambios de titularidade e licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada. TRÁMITE: Anuncio aprobación definitiva. O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión de data 30.10.2012, acordou desestimar a alegación presentada, durante o período de exposición pública (BOP nº 152 de 08.08.2012), contra o acordo de aprobación inicial de 23.07.2012 e aprobar definitivamente a Ordenanza municipal para a simplificación administrativa no concello de Pontevedra, reguladora da tramitación das declaracións responsables para a tramitación de servizos, instalación e apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, cambios de titularidade e licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada. Polo tanto, e segundo o art. 70.2 da referida Lei 7/1985, procédese á publicación do texto íntegro da ordenanza definitivamente aprobada, para a súa entrada en vigor, o que se producirá unha vez transcorrido o prazo previsto polo art. 65.2 da mesma lei: "ORDENANZA MUNICIPAL PARA A SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS, INSTALACIÓNS E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, CAMBIOS DE TITULARIDADE E LICENZAS PARA OBRAS E INSTALACIÓNS MENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA. Exposición de motivos A aprobación o 12 de decembro de 2006 da Directiva comunitaria 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa aos servizos no mercado interior, está a xerar unha fonda transformación dos mecanismos legais que rexen o acceso e o exercicio de actividades de servizos dentro da Unión Europea. Nesa Directiva establécense unha serie de principios como o de simplificación administrativa e o da eliminación dos obstáculos nas actividades de servizos entre os estados membros, que teñen por finalidade impulsar e mellorar a regulación vixente, suprimindo trabas inxustificadas ou desproporcionadas. Este proceso está a mudar os mecanismos legais tradicionais de intervención na esfera dos particulares prestadores de servizos, pasando do sometemento a licenza ou autorización previa a outros mecanismos de comunicación e control “a posteriori” . Por mor da necesaria transposición da referida Directiva ao ordenamento xurídico estatal, aprobáronse dúas leis: a Lei 17/2009, de 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e a Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á referida Lei 17/2009 e que son coñecidas coloquialmente como “lei paraugas” e “lei ómnibus” estatais. O obxectivo principal de ámbalas foi adaptar o sector servizos á regulación europea; deste xeito, mentres que a Lei 17/2009 ten por obxecto facilitar o libre establecemento de prestadores de servizos así coma a libre prestación dos mesmos, mediante a simplificación dos procedementos e o fomento da calidade dos servizos, a Lei 25/2009, realiza modificacións de preto de medio cento de normas estatais sobre diversas materias, co fin de levar a cabo a transposición da mencionada Directiva e asemade crear un contorno máis favorable e transparente no exercicio de actividades económicas. www.bop.depo.es [email protected] Dep. Legal: PO 1-1958 Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 28

Transcript of ADMINISTRACIÓN LOCAL - Pontevedra...de comercios en Galicia, mentres que a citada Lei 1/2010, no...

  • ADMINISTRACIÓN LOCAL

    A Y U N T A M I E N T O S

    PONTEVEDRA

    EXPEDIENTE: Ordenanza municipal para a simplificación administrativa no concello de Pontevedra,reguladora da tramitación das declaracións responsables para a tramitación de servizos, instalacióne apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, cambios de titularidade e licenzaspara obras e instalacións menores por actuación comunicada.

    TRÁMITE: Anuncio aprobación definitiva.

    O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión de data 30.10.2012, acordou desestimar a alegaciónpresentada, durante o período de exposición pública (BOP nº 152 de 08.08.2012), contra o acordo deaprobación inicial de 23.07.2012 e aprobar definitivamente a Ordenanza municipal para asimplificación administrativa no concello de Pontevedra, reguladora da tramitación das declaraciónsresponsables para a tramitación de servizos, instalación e apertura de establecementos comerciais eactividades inocuas, cambios de titularidade e licenzas para obras e instalacións menores poractuación comunicada.

    Polo tanto, e segundo o art. 70.2 da referida Lei 7/1985, procédese á publicación do texto íntegro daordenanza definitivamente aprobada, para a súa entrada en vigor, o que se producirá unha veztranscorrido o prazo previsto polo art. 65.2 da mesma lei:

    "ORDENANZA MUNICIPAL PARA A SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA NO CONCELLO

    DE PONTEVEDRA, REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES PARA

    PRESTACIÓN DE SERVIZOS, INSTALACIÓNS E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS,

    CAMBIOS DE TITULARIDADE E LICENZAS PARA OBRAS E INSTALACIÓNS MENORES POR

    ACTUACIÓN COMUNICADA.

    Exposición de motivos

    A aprobación o 12 de decembro de 2006 da Directiva comunitaria 2006/123/CE do ParlamentoEuropeo e do Consello, relativa aos servizos no mercado interior, está a xerar unha fonda transformacióndos mecanismos legais que rexen o acceso e o exercicio de actividades de servizos dentro da UniónEuropea. Nesa Directiva establécense unha serie de principios como o de simplificación administrativae o da eliminación dos obstáculos nas actividades de servizos entre os estados membros, que teñen porfinalidade impulsar e mellorar a regulación vixente, suprimindo trabas inxustificadas oudesproporcionadas. Este proceso está a mudar os mecanismos legais tradicionais de intervención naesfera dos particulares prestadores de servizos, pasando do sometemento a licenza ou autorización previaa outros mecanismos de comunicación e control “a posteriori”.

    Por mor da necesaria transposición da referida Directiva ao ordenamento xurídico estatal,aprobáronse dúas leis: a Lei 17/2009, de 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizose o seu exercicio e a Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súaadaptación á referida Lei 17/2009 e que son coñecidas coloquialmente como “lei paraugas” e “leiómnibus” estatais.

    O obxectivo principal de ámbalas foi adaptar o sector servizos á regulación europea; deste xeito,mentres que a Lei 17/2009 ten por obxecto facilitar o libre establecemento de prestadores de servizosasí coma a libre prestación dos mesmos, mediante a simplificación dos procedementos e o fomento dacalidade dos servizos, a Lei 25/2009, realiza modificacións de preto de medio cento de normas estataissobre diversas materias, co fin de levar a cabo a transposición da mencionada Directiva e asemade crearun contorno máis favorable e transparente no exercicio de actividades económicas.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 28

  • A “lei ómnibus” estatal, co carácter de norma básica, introduce novas formas de control de actividadesmáis eficaces e menos gravosas para a cidadanía. Fundamentalmente, substitúese a figura daautorización previa (control “ex ante”), por meras comunicacións de inicio da actividade ou declaraciónsresponsables, ou, máis correctamente, incorpora esta nova modalidade de control administrativo queconvivirá coas licenzas urbanísticas e de actividades clasificadas.

    Neste novo marco regulador, ademais da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común, víronse afectadas e modificadas diversas normasestatais que atinxen ao eido da Administración Local, como poden ser a Lei 7/1985, de bases de réximelocal, ou mesmo o Regulamento de servizos das corporacións locais, aprobado por Decreto de 17 de xuñodo 1955, que se modifica polo Real Decreto 2009/2009, do 23 de decembro.

    Neste senso, introduciuse unha alínea 4 no art. 70 bis na Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das basesde réxime local, a fin de garantir a quen desexe prestar un servizo que poida realizar os oportunostrámites por medio dun portelo único e por vía electrónica e a distancia, amais de outorgar unha novaredacción ao art. 84, relativo aos xeitos de intervención das entidades locais na actividade da cidadanía,ampliando a relación dos mecanismos interventores, para prever, xunto ás licenzas, as comunicaciónsprevias, as declaracións responsables e os controis posteriores ao inicio das actividades.

    No procedemento administrativo xeral, a modificación da Lei 30/92, de 26 de novembro, do réximexurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, engade un novo art.39bis, relativo aos principios de intervención das administracións públicas para o desenvolvementodunha actividade, modifica o art. 43, sobre o réxime do silencio administrativo e engade tamén o art.71bis, baixo o epígrafe declaración responsable e comunicación previa, que introduce as definiciónsdestes novos instrumentos de intervención administrativa, no xeito que se expresa no articulado dapresente.

    No ámbito galego aprobouse a Lei 1/2010, de 11 de febreiro, de modificación de diversas leispara a súa adaptación á directiva servizos así coma, entre outras, a Lei 7/2009, de 22 de decembro,de modificación da Lei do comercio interior de Galicia, normas todas elas nas que se introducenos conceptos de comunicacións previas e declaracións responsables, aínda que sen regular oudeterminar a súa concreta aplicación. De feito, a Lei 7/2009, sometía a previa licenza a aperturade comercios en Galicia, mentres que a citada Lei 1/2010, no seu artigo 1, modifica o artigo 286da Lei 5/97, de administración local de Galicia, limitándose a reproducir o novo contido do art.84 da Lei de bases do réxime local, consonte á redacción conferida pola lei 17/2009, de 23 denovembro.

    Máis acaída ao espírito simplificador da Directiva de Servizos e con moita máis incidencia práctica,tanto neste Concello como en todos os do país, vai ter a Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comerciointerior de Galicia, que derroga á anterior Lei 10/1998, do 20 de xullo, -modificada pola Lei 9/2003, do23 de decembro, de medidas tributarias e administrativas e pola citada 7/2009, do 22 de decembro-,regulando, por primeira vez de forma expresa no ámbito galego, o sometemento de determinadasactividades comerciais ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa, optandoexpresamente por esta última para os supostos de cambio de titularidade.

    Da interpretación conxunta do disposto nos artigos 2 e 28 da citada lei 13/2010 resulta un ámbitoconcreto de actividades que quedan suxeitas ao novo réxime simplificado para a súa apertura, de xeitoque fóra daquelas que a propia lei autonómica exclúe, tanto de modo taxativo como xeral, o resto dasactividades comerciais ás que alcanza a reforma estaría constituído polas coñecidas como “actividadesinocuas”, isto é, non suxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto ambiental nin a informe daConsellería de Sanidade.

    Asemade, no caso dos cambios de titularidade das licenzas de actividade ou apertura deestablecemento e actividades comerciais, a devandita Lei 13/2010 esixe unicamente o deber de presentarunha comunicación previa, asinada polo transmitinte e polo adquirente.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 29

  • Por mor destes cambios, o Concello elaborou uns novos modelos normalizados de declaraciónresponsable/comunicación previa, substitutivos da licenza municipal de apertura para os referidosestablecementos comercias inocuos e para os de cambios de titularidade, que figuran actualizados napáxina web municipal Http://www.pontevedra.eu.

    Todo este proceso de cambio lexislativo tiña o seu cumio a nivel estatal, -ata a entrada en vigor doReal Decreto Lei 19/2012, de 25 de maio- coa aprobación da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economíasustentable, publicada no Boletín Oficial do Estado, número 55, de 5 de marzo, con entrada en vigor aodía seguinte da súa publicación, que introduce unha serie de novidades vinculadas directamente aoimpulso da competitividade e a eliminación dos obstáculos administrativos. Deste xeito, no seu títuloII, baixo o epígrafe de “competitividade”, dedica o capítulo I á “simplificación administrativa”, e modificano seu art. 41 a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, por medio daincorporación de dous novos preceptos, a saber o art. 84 bis e o artigo 84 ter.

    O primeiro deles dispón que, con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá aobtención de licenza ou outro medio de control preventivo, agás aquelas actividades que afecten áprotección do medio ambiente ou do patrimonio histórico-artístico, á seguridade ou saúde pública, ouque impliquen o uso privativo e/ou ocupación dos bens de dominio público, sempre que a decisión desometemento estea xustificada e resulte proporcionada. Tamén determina que, no caso de existencia delicenzas ou autorizacións concorrentes entre unha entidade local e algunha outra administración, aentidade local deberá motivar expresamente, na xustificación da necesidade de manter a autorizaciónou licenza, o interese xeral concreto que se pretende protexer e que este non se atope xa cuberto medianteoutra autorización xa existente.

    Polo súa banda, o artigo 84 ter obriga ás entidades locais a estabeleceren e planificaren osprocedementos de comunicación necesarios, cando o exercicio das actividades non precise daautorización habilitante previa, así como os posteriores de inspección ou verificación do cumprimentodos requisitos precisos para o exercicio da mesma polos interesados, previstos na lexislación sectorial.Son estes procesos os que deberán acadar maior dimensión e reforzo, por mor deste novo enfoque daintervención na actividade dos particulares que implica un cambio conceptual e nas dinámicas daactuación administrativa, no senso de reforzar os servizos de inspección administrativa e controisperiódicos “ex post”, ao desaparecer o tradicional control preventivo mediante título xurídico habilitantee substituírse por un control “a posteriori” na actuación administrativa.

    Asemade, estas actuacións comunicadas reforzan tamén a figura e responsabilidade dos profesionais-técnicos particulares á hora de certificar, validar e xustificar, aos prestadores, que os establecementos elocais nos que se van desenvolver as actividades dispoñen dos requisitos técnicos legalmente esixibles.

    A Disposición Adicional 8ª da devandita Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable,outorgaba ao Goberno do Estado un prazo de seis meses para presentar proxecto de modificación dasnormas nas que procede eliminar a esixencia de licenza, substituíndoa por outros xeitos de verificacióne control administrativo, e ás Comunidades Autónomas e Entidades Locais un prazo de doce meses paraadaptación da normativa e ordenanzas ao previsto no novo art. 84 bis, amais de obrigar aos Concellos aadoptar acordos que dean publicidade aos procedementos nos que subsista o sometemento a licenzalocal de actividade, debendo manter a referida relación adecuada á normativa vixente en cada intre.

    A figura senlleira do novo sistema que define a presente ordenanza será a da declaración responsable,que xunto coa comunicación previa, é configurada pola doutrina como un acto de natureza xurídicoprivada, cunha eficacia propia de carácter xurídico-pública, ao habilitar para o desenvolvemento dunhaactividade ou exercicio dun dereito preexistente, sen precisar ulterior confirmación administrativa, maisestritamente suxeito ao control administrativo posterior para verificar e asegurar o cumprimento dosrequisitos aplicables.

    Na práctica culmínase a tendencia á desaparición da antiga licenza de apertura de establecementos,agás para aquelas que estean excluídas do ámbito de aplicación da directiva 2006/123/CE ou as quepolo seu especial impacto ambiental deban de tramitarse polo sistema de licenza previa así comoaqueloutras que precisen de informes ou autorizacións preceptivas doutras administracións.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 30

  • Doutra banda, no caso das licenzas urbanísticas de obras, que en principio non se vexan afectadaspola Directiva de 2006/123/CE nin pola Lei 17/2009, parece razoable aproveitar as súas sinerxias e asposibilidades de simplificación de procedementos e axilización da tramitación administrativa, que seofrece nas normas anteriormente referidas, para estender a súa filosofía ás licenzas de obra menor enque iso sexa posible, tal e como xa fai para as instalacións e as obras de acondicionamento o recenteReal Decreto Lei 19/2012, de 25 de maio.

    Neste orde de cousas, significar que, en lembranza do deber de conservación dos inmobles e parafacilitar as obrigas de conservación dos edificios e a seguranza das persoas e cousas, este Concello vénditando anualmente dende hai décadas, bandos de ornato que habilitaron, cunha áxil ferramenta desimplificación administrativa, a execución de intervencións menores de arranxo, adecentamento epequenos amaños e reparacións das fachadas e cubertas dos edificios, tendentes a acadar o mantementodas devanditas condicións. Trátase de que tal habilitación se inclúa, con carácter xeral e permanente,nesta ordenanza, para cohonestar este tipo de intervencións coas pautas que vén marcando nos últimostempos a normativa de transposición da Directiva de Servizos.

    En definitiva, apostamos por remover os atrancos burocráticos e facilitar á veciñanza as xestiónspara que poidan executar as reparacións menores ás que veñen obrigados, tentando que o que se esixepor imperativo da lexislación urbanística e a Ordenanza reguladora das medidas de conservación eseguridade dos elementos exteriores das edificacións, modificada en 24 de novembro de 2001 (BoletínOficial da Provincia do 26 de febreiro de 2002), ademais de obrigatorio, sexa doado de cumprir.

    En atención ao principio de eficacia administrativa que consagra o artigo 103.1 da Constitución e aoprincipio de celeridade no procedemento que recollen os artigos 74 e 75 da Lei 30/1992, de 26 denovembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,que acadan máis importancia, se cadra, nun contexto de grave crise económica como o que padecemos,e, en cumprimento da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sostible, procede aprobar unha novaordenanza municipal reguladora dos novos procedementos e instrumentos de control de actividadesque, superando o limitado ámbito da lei galega de comercio interior, traslade ou estenda os mecanismosda comunicación previa e declaración responsable a outros tipos de licenzas de instalación, actividade,aperturas e mesmo ás licenzas urbanísticas para certas obras menores, que se transforman en licenzascomunicadas, na procura dos devanditos obxectivos de axilidade e simplificación de trámitesadministrativos e de eliminación de obstáculos nas actividades de servizos. É dicir, que actualice exeneralice os trámites de control a posteriori que substitúan aos actuais controis preventivos.

    Xa que logo, trátase de perfeccionar aqueles aspectos da burocracia administrativa que supoñendemoras e cargas innecesarias, de xeito que calquera emprendedor/a ou promotor/a poida proceder áapertura de novos negocios sen licenza previa e sen necesidade de esperar ao remate do controlmunicipal. Os criterios de subsidariedade, motivación e excepcionalidade recolleitos na Directiva deServizos, lévannos a esta conclusión malia non terse completado, a día de hoxe, a adaptación doordenamento xurídico galego como requiría a Lei de economía sustentable, o que impide construír, dearriba cara abaixo, un ordenamento xurídico coherente neste eido da policía administrativa urbanística,sen prexuízo de recoller, xa nesta ordenanza, as determinacións contidas no recente Real Decreto-lei19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos,malia non adaptación á mesma da lexislación galega urbanística e sectorial que segue a esixir licenzaprevia para obras e instalacións, co fin de evitar responsabilidades ao Concello.

    A presente ordenanza pretende, pois, dar cobertura xurídica á aplicación destes novos procedementosreguladores das actuacións comunicadas, acomodadas ao ordenamento vixente e dítase ao abeiro dapotestade regulamentaria recoñecida as entidades locais – artigo 4.1º a) da Lei reguladora das bases doréxime local e artigo 6 da Lei de administración local de Galicia, para determinar en qué supostos atécnica de intervención administrativa se efectuará a través de “Comunicación Previa”, “DeclaraciónResponsable”, ou ben se manterá, excepcionalmente, por aplicación do art. 5 da lei 17/09, básica estatal,o sometemento a “Licenza” ou outros “actos de control preventivo”, cuxa regulación pormiudada, nesteúltimo caso, posponse ata a aprobación do novo Plan Xeral en tramitación.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 31

  • Estrutura

    A presente ordenanza Municipal estrutúrase en cinco capítulos, e consta de dezasete artigos, catroDisposicións Adicionais, unha Disposición Transitoria, unha Disposición Derrogatoria e unhaDisposición Derradeira ademais de tres anexos.

    No Capítulo I, baixo o epígrafe “Disposicións Xerais” delimítase o obxecto e o fin da presenteordenanza, o seu ámbito de aplicación e aquelas definicións de conceptos de aplicación xeral.

    En canto ao Capítulo II, nel determínase o ámbito de aplicación obxectivo, concretamente queactuacións poden acollerse ao procedemento de declaración responsable, ao da comunicación ao decambio de titularidade, así coma ao procedemento de actuación comunicada para obras menores.

    No Capítulo III, establécense os requisitos e a documentación xeral a achegar, e aqueles de carácterespecífico segundo o procedemento de que se trate.

    O Capítulo IV, dedícase a regulamentar os procedementos e o réxime xurídico aplicable, tanto asdeclaracións responsables e comunicacións previas de troco de titularidade como ás licenzas poractuación simplificada ou comunicada.

    Por último, no Capítulo V, baixo o epígrafe “Inspección, verificación e control posterior de actividades,obras e servizos”, regula as actividades de comprobación, control e inspección que se levaran a cabopolos servizos municipais, o deber de colaboración dos titulares de actividades e servizos, e o réxime deinfraccións e sancións que será tipificado pola lexislación urbanística de aplicación.

    Í N D I C E

    Índice

    Exposición de motivos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1-5

    Capítulo I. Disposicións xerais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7-9

    Artigo 1.—Obxecto e Fins.

    Artigo 2.—Ámbito territorial e obxectivo.

    Artigo 3.—Definicións.

    Capítulo II. Ámbito de aplicación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9-14

    Artigo 4.—Declaración responsable de aperturas comerciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.

    Artigo 5.—Cambios de titularidade.

    Artigo 6.—Licenzas para obras menores por actuación comunicada.

    Capítulo III. Requisitos e documentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14-18

    Artigo 7.—Requisitos Xerais.

    Artigo 8.—Requisitos e documentación específica das declaracións responsables de apertura de establecementos comerciais e actividades inocuas, instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais.

    Artigo 9.—Documentación específica da comunicación dos cambios de titularidade.

    Artigo10.—Documentación específica e requisitos da tramitación do procedemento simplificado de licenzas para obras menores por actuación comunicada.

    Capítulo IV.—Procedemento e réxime xurídico . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19-24

    Artigo 11.—Procedemento para tramitación das declaracións responsables e comunicacións de cambio de titularidade e réxime xurídico de aplicación.

    Artigo 12.—Procedemento simplificado de licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada, réxime xurídico e efectos.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 32

  • Capítulo V.—Inspección, verificación e control posterior de actividades, obras e servizos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25-27

    Artigo 13.—Réxime de control posterior e verificación da actividade declarada oucomunicada.

    Artigo 14.—Infraccións e Sancións.

    Artigo 15.—Das labores de inspección e verificación.

    Artigo 16.—Do deber de colaboración dos titulares das actividades e servizos.

    Artigo 17.—Denuncias.

    Disposicións adicionais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 27-28

    D.A. Primeira.—Modelos Normalizados.

    D.A. Segunda.—Tramitación Electrónica.

    D.A. Terceira.—Visado colexial.

    D.A. Cuarta.—Obrigas Tributarias

    Disposicións transitoria única.—Procedementos en Tramitación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 28

    Disposición derrogatoria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 28

    Disposición derradeira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

    ANEXOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

    Capítulo I Disposicións xerais

    ARTIGO 1.—OBXECTO E FINS.

    1. A presente ordenanza dítase para dar cumprimento, neste eido municipal, ao mandato contido naDisposición Adicional 8ª da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sostible, e ten por obxecto regularos procedementos de intervención municipal para habilitar, ou, no seu caso autorizar, o exercicio deactividades e a prestación de servizos así como a execución de determinadas obras menores que polasúa menor entidade e incidencia urbanística e medio-ambiental, someteranse, respectivamente, ápresentación dunha declaración responsable, comunicación previa ou a unha tramitación simplificadaa través de actuacións comunicadas, consonte ao determinado na Lei 13/2010, do 17 de decembro, docomercio interior de Galicia, Real Decreto-lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes deliberalización do comercio e de determinados servizos e demais normativa estatal e autonómica detransposición da Directiva de Servizos 2006/123 CE.

    2. As súas finalidades xenéricas residen en acadar unha simplificación dos procedementosadministrativos e na eliminación de obstáculos para facer efectivas, no eido das actividades de ámbitolocal, as liberdades de estabelecemento e prestación de servizos en exercicio de dereitos preexistentes.Asemade, páutanse e planifícanse os procedementos de comunicación necesarios así como os deverificación posterior do cumprimento dos requisitos esixidos para o exercicio da actividade que seprevén na lexislación urbanística, medio-ambiental e sectorial de aplicación, ademais de xustificárenseos supostos de concorrencia de interese xeral para o mantemento da licenza previa municipal deactividade, apertura ou de obras.

    3. A presente ordenanza fixa, en particular, as condicións, requisitos e procedementos que deberánobservarse para a eficacia das declaracións responsables do inicio de actividades comerciais polo miúdo,incluídas as correspondentes instalacións e obras ligadas ao acondicionamento dos locais comerciais, e,en xeral, dos servizos e das actividades económicas inocuas por non estaren sometidas a avaliaciónambiental ou autorización sanitaria, así coma para a eficacia das comunicacións dos cambios detitularidade tanto de licenzas urbanísticas como dos títulos xurídicos habilitantes para odesenvolvemento de actividades e a prestación de servizos. Asemade, arbitra un procedemento

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 33

  • simplificado e comunicado para habilitar, de xeito inmediato, a realización de determinadas obrasmenores.

    ARTIGO 2.—ÁMBITO TERRITORIAL E OBXECTIVO.

    1. O ámbito de aplicación da presente ordenanza cínxese territorialmente ao termo municipal doConcello de Pontevedra.

    2. Dende o punto de vista obxectivo regúlanse e quedan pautados os supostos, os requisitos e osprocedementos de comunicación e verificación posterior para o inicio das seguintes actividades e obras:

    2.1. O inicio ou apertura, incluídas as instalacións e acondicionamentos correspondentes que nonprecisen proxecto segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro de ordenación da edificación, de calqueraactividade comercial, polo miúdo e realizada en estabelecementos permanentes cunha superficie útil deexposición e venda ao público non superior a 300 metros cadrados, previstas no art. 2 da Lei 13/2010,do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia e no anexo do Real Decreto-lei 19/2012, de 25 demaio, así como, en xeral, das actividades económicas inocuas que non se atopen incluídas no eido doDecreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental ou calqueraoutra cautela ambiental previa, que non estean sometidas á tramitación propia da normativa deespectáculos públicos e actividades recreativas, que non requiran o oportuno informe da Consellería deSanidade, ou que estean excluídas do eido de aplicación da normativa de transposición da Directiva deServizos.

    2.2. Os cambios de titularidade tanto de licenzas de obras, e/ou de licenzas de apertura/actividadecomo os das de actividades declaradas responsablemente, que se efectúan ao abeiro do disposto no artigo13 do Regulamento de servizos das corporacións locais e/ou do artigo 28.4 da devandita Lei de comerciointerior de Galicia ou norma que a substitúa.

    2.3. A execución de determinadas obras menores de escasa entidade técnica, económica e incidenciaurbanística e ambiental que se especifican no artigo 6.2 desta norma.

    3. As restantes actividades, instalacións e obras non incluídas no ámbito de aplicación da presenteordenanza regulado no seu capítulo II, quedan suxeitas ao procedemento de licenza previa, agásdisposición legal en contrario, polos motivos de interese xeral que se expresan nesta ordenanza.

    4. Todas as actividades, servizos, instalacións e obras, comunicadas ou declaradas polos mecanismosde intervención pautados na presente ordenanza, entenderanse habilitadas sempre agás o dereito depropiedade e sen prexuízo de terceiros.

    ARTIGO 3.—DEFINICIÓNS.

    Aos efectos da aplicación da presente ordenanza defínese como:

    1. Declaración Responsable: documento subscrito por un suxeito interesado no que manifesta, baixoa súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para acceder aorecoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio, que dispón da documentación que asío acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o período de tempo inherente adito recoñecemento ou exercicio. Tales requisitos recóllense de xeito expreso e preciso na presenteordenanza e reflíctense nos correspondentes modelos normalizados de declaración responsableincorporados como anexo III.

    2. Comunicación Previa: documento polo que os interesados poñen en coñecemento da administraciónpública competente os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dundereito ou inicio dunha actividade.

    3. Licenza: acto administrativo regrado, expreso ou tácito, polo que o Concello autoriza, previacomprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, actos de ocupación, construción,edificación, uso do solo ou subsolo ou o exercicio de actividades.

    4. Licenzas para obras menores por actuación comunicada: aquelas licenzas para determinado tipode obras menores expresamente enumeradas na presente ordenanza, para as que se arbitra un

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 34

  • procedemento simplificado de comunicación, que se pauta nesta norma, dada a suficiencia duncoñecemento e control inmediato para determinar a súa adecuación á normativa urbanística aplicable,por mor do seu reducido impacto urbanístico, medio-ambiental e escasa entidade técnica, económica ede volume de obra.

    5. Obras menores: obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económicaque non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común e do número devivendas e locais, sen que poidan afectar ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condiciónsde habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de tódalas clases.

    Abranguen as pequenas obras de simple conservación,reparación, decoración e ornato que nonprecisan de proxecto técnico e non implican un orzamento elevado.

    En ningún caso se entenderán como tales os parcelamentos urbanísticos, os muros de contención, ospeches con muros de fábrica de calquera clase, as intervencións en edificios declarados bens de interesecultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.

    6. Obras Maiores: obras ou instalacións que non estean incluídas na categoría de obras menores.Necesitan de proxecto técnico e abranguen, basicamente, os conceptos de obra nova ou nova edificación,as obras de restauración estrutural, de ampliación, de reestruturación, ou de instalación e/ouacondicionamento de locais para as actividades, e de conservación, rehabilitación e restauración, queafecten a elementos estruturais, e as obras de demolición ou derrube.

    Capítulo II Ámbito de aplicación

    ARTIGO 4.—DECLARACIÓN RESPONSABLE DE APERTURAS COMERCIAIS, DE ACTIVIDADESINOCUAS E DAS INSTALACIÓNS E OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE LOCAIS COMERCIAIS.

    1. Quedan suxeitas ao réxime de declaración responsable regulado na presente ordenanza todosaqueles servizos, actividades, instalacións e obras ligadas ao acondicionamento de locais comerciaispolo miúdo, cunha superficie útil de exposición e venda ao público non superior a 300 metros cadrados,que non precisen da redacción dun proxecto de obra consonte á Lei 38/1999, do 5 de novembro, queatinxan a locais situados en edificacións que conten con licenza de primeira ocupación ou se atopenlegalmente acondicionados e se refiran a usos permitidos ou compatibles segundo as ordenanzas doplaneamento xeral que se atope en vigor, tales como a apertura de comercios, polo miúdo, enestabelecementos permanentes, para o exercicio de actividades inocuas, o exercicio de profesións liberaise colexiadas, os servizos de carácter financeiro, de transportes, de seguros, academias, oficinasadministrativas e institucionais, así coma, en xeral, as actividades económicas que non se exclúanexpresamente no seguinte punto e sempre e cando no interior do local onde se desenvolvan non sedispoña de instalacións ou aparellos que, polo seu funcionamento, puideran seren merecedoras da súacualificación como actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas ou suxeitas a incidenciaambiental.

    Considéranse expresamente incluídas no ámbito de aplicación do réxime de declaración responsablepautado na presente ordenanza os servizos e as actividades comerciais incluídas no anexo do RealDecreto Lei 19/2002, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e dedeterminados servizos.

    As instalacións e obras ligadas ao acondicionamento de locais comerciais suxeitaranse tamén aoréxime de declaración responsable, exclusivamente ,cando se refiran as actividades e servizos incluídosno anexo do Real Decreto Lei 19/2002, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercioe de determinados servizos, sempre que as correspondentes obras de acondicionamento non requirande proxecto consonte á Lei /38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Este anexoentenderase modificada consonte aos cambios que se poidan introducir na normativa estatal ouautonómica de superior rango.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 35

  • No anexo I desta ordenanza incorpórase, a título informativo e non excluínte, unha relación doutrasactividades e servizos que se suxeitan ao réxime de declaración responsable exclusivamente para o seuexercicio ou prestación.

    2. Quedan excluídas expresamente deste procedemento e sometidas a licenza de primeira ocupación,instalación, obras e apertura ou actividade previa, segundo proceda, ademais daquelas obras eactividades que se refiran a establecementos non permanentes ou locais cunha superficie útil deexposición e venda ao público superior a 300 metros cadrados, as seguintes:

    2.1. As instalacións, obras de acondicionamento e actividades suxeitas ao trámite de incidencia,efectos ou impacto ambientais ou a calquera clase de avaliación ambiental.

    2.2. Actividades que requiran de informe previo á autorización municipal da consellería titular dacompetencia en sanidade para ao seu exercicio.

    2.3. As actividades, instalación e obras de acondicionamento que requiran informe ou autorizaciónprevia e preceptiva doutra administración sectorial, de natureza demanial ou de protección patrimonial,como por exemplo, en materia de estradas, costas, augas, patrimonio cultural, etc.

    2.4. Todas as actividades e instalacións relacionadas no Decreto 160/2005, do 2 de xuño, que modificao Decreto 294/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos eactividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, suxeitas á regulamentación e aoprocedemento previsto no Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividadesrecreativas, aprobado polo Real decreto 2816/1982, de 27 de agosto. Inclúense entre estas os servizosprestados por empresas de ocio e espectáculos tales como cinemas, teatros, circos, ludotecas, parquesinfantís ou similares e tamén, os hoteis, así como as cafetarías, bares, restaurantes e hostalería en xeral.

    2.5. Os servizos de reparación, mantemento e asistencia técnica, sempre que non vaian asociados ávenda, con carácter ordinario ou habitual e as industriais en xeral e no se inclúan expresamente noanexo I desta ordenanza.

    2.6. As vivendas e usos residenciais en xeral.

    2.7. As que atinxan, se desenvolvan ou impliquen uso privativo ou ocupación de bens demaniais deuso ou servizo público e a venda ambulante ou en feiras e mercados tradicionais que se desenvolven noespazo público.

    2.8. As que atinxan ou se desenvolvan en edificacións en situación urbanística de fóra ordenación,en edificacións construídas sen licenza ou que conten con expediente incoado por presunta infracciónurbanística.

    2.9. As actividades expresamente excluídas do ámbito de aplicación da Directiva 2006/13/CE ou asactividades comerciais para as que se esixa licenza previa en aplicación da Lei 13/2010, de 17 dedecembro, do comercio interior de Galicia ou de calquera outra lei ou disposición regulamentaria decarácter xeral con competencias sectoriais na actividade ou servizo de que se trate.

    2.10. As obras de edificación de nova construción e as vencelladas ao acondicionamento dos locaisque requiran dun proxecto de obra consonte á Lei 38/1999, de 5 de novembro de ordenación daedificación ou norma que no futuro a substitúa, as cales se seguirán regulando, en canto á esixencia delicenza previa, requisitos xerais e competencia para o seu outorgamento, pola normativa vixente.

    2.11. As obras de ampliación, modificación, reforma ou rehabilitación que alteren a configuraciónarquitectónica do edifico, por mor da variación esencial da composición xeral exterior, da volumetría,que afecten aos elementos estruturais, impliquen sobrecargas respecto dos cálculos estruturaispreexistentes, incidan nos elementos comúns ou nas redes de servizos xerais.

    2.12. As obras e actividades que teñan por obxecto o cambio dos usos característicos do edificio.

    2.13. As obras e actividades que teñan impacto no patrimonio histórico artístico por afectar aedificacións declaradas BIC, catalogadas ou inventariadas.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 36

  • ARTIGO 5.—CAMBIOS DE TITULARIDADE.

    Abrangue tódolos supostos de transmisión da titularidade de licenzas urbanísticas, de obras, deactividade e/ou apertura así como da titularidade de actividades declaradas responsablemente, que seefectúen ao abeiro do disposto no artigo 13 do Regulamento de servizos das Corporacións Locais e/oudo artigo 28.4 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, ben sexa por traspaso,sucesión, fusión, absorción, cambio de nome, transformación de fórmula xurídico‐mercantil ousemellante, tanto inter-vivos como mortis-causa, sempre que se cumpra cos seguintes requisitos:

    1. O local ou instalación en cuestión ten que se corresponder e axustar en canto ao seuacondicionamento, instalacións e distribución ao que obtivo licenza de primeira ocupación ou aperturainicial e cumprir a instalación con tódalas medidas correctoras esixidas nos títulos xurídicoshabilitantes de obras e de actividade.

    2. O novo titular debe manifestar que é coñecedor de que a obra ou actividade se ten que axustar edar cumprimento a todas as condicións impostas no/s acto/s administrativo/s habilitante/s para oexercicio da actividade ou a execución da obra ou instalación, e que non se menoscabaron as medidasde seguridade e correctoras da actividade que se vén desenvolvendo.

    3. Nos supostos de cambio de titularidade relativos a licenzas de apertura ou a actividades declaradasresponsablemente, ao se tratar de autorizacións de tracto sucesivo, a actividade acomodarase ánormativa reguladora que vaia entrando en vigor e sexa esixible, previa obtención das preceptivasautorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para tal finalidade.

    ARTIGO 6.—LICENZAS PARA OBRAS MENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA.

    1. Por este procedemento simplificado tramitaranse as licenzas que se soliciten para aquelasactuacións, definidas no artigo 3 desta ordenanza, nas que, por mor do seu reducido impacto urbanísticoou medio-ambiental e escasa entidade técnica e orzamentaria, sexa dabondo a súa comunicación e uncontrol inmediato para determinar a súa adecuación á normativa aplicable, seguindo a tramitación quese determina nos artigos 10 e 13 da presente ordenanza.

    2. Someteranse ao procedemento simplificado de tramitación por actuación comunicada assolicitudes de licenza para a realización das seguintes obras menores, coas condicións indicadas e sempreque concorran as circunstancias expresadas nesta ordenanza e particularmente no punto 3 deste artigo:

    2.1. Obras de conservación exteriores.

    Deberan manter, en todo caso, as características compositivas básicas das fachadas e cubertas, asícomo a uniformidade estética e dos materiais empregados nas obras exteriores que afecten á fachada,á cuberta e ás carpinterías exteriores e non figurar como excluídas no epígrafe 2.1.6 deste artigo. Poderánconsistir en:

    2.1.1. Fachadas e medianeiras:

    a) Branqueo, revoco ou pintado de paramentos, pintado de portas, fiestras, beirados, enreixadose balcóns.

    b) Inspección e revisión de fachadas e medianeiras e reparacións puntuais que non supoñancambio dos materiais de acabado da fachada.

    c) Branqueo ou pintado con cores claras ou acordes coa contorna das medianeiras.

    d) Colocación de cristais, reparación puntual e parcial dos elementos da fachada e dasmedianeiras.

    2.1.2. Cubertas, canles e baixantes:

    a) Inspección e reparación puntual dos elementos da cuberta (antenas individuais ou colectivas,chemineas...)

    b) Limpeza e/ou reposición puntual de tellas deterioradas ou rotas e, en xeral, reparación puntuale parcial do material da cuberta en mal estado, así como reposición ou reparacións de canlese baixantes.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 37

  • 2.1.3. Pasaxes permanentes dos vehículos:

    Reposición da sinalización autorizada que se atope deteriorada.

    2.1.4. Baixos das edificacións, limpezas de soares, mantemento dos espazos libres privados dasparcelas:

    a) Mantemento ou reparación dos cerramentos dos baixos de edificacións desocupados.

    b) Limpeza e pequenas reparacións de conservación e mantemento de soares e espazos libres dasparcelas edificadas, tales como podas, axardinamentos, pavimentación, implantación de bordos,instalacións de rego e obras menores de conservación dos espazos libres de dominio privado,agás que se refira a inmobles catalogados ou incluídos no ámbito do PEPRICA e sen que sepoida afectar coas obras a calquera uso, servizo ou instalación pública.

    2.1.5. Rótulos e toldos:

    Limpeza e adecentamento dos toldos e rótulos instalados con licenza que se atopen deterioradossegundo as ordenanzas municipais.

    2.1.6. Obras menores de conservación no centro histórico, en edificios sen declaración expresa deBIC:

    a) Hidrolimpezas parciais de fachada con auga a baixa presión controlada, sen produtos químicose sen alterar as condicións físicas dos materiais e hidrofugación parcial de fachadas,tratamentos impermeabilizantes, incoloros, con produtos estables.

    b) Colocación de cristais sen troco de perfilaría da carpintería.

    c) Limpeza e pintado, nas cores tradicionais autorizadas polo PEPRICA, da carpintería eferraxaría exterior e das canles e baixantes existentes en situación de deterioración, que sereporá en pedra, cinc ou materiais tradicionais.

    d) Substitución de tellas deterioradas ou rotas por outras da mesma tipoloxía.

    2.1.7. Obras menores de rede interior para a acometida á rede xeral de auga e/ou sumidoiro.

    2.1.8. Quedan excluídas expresamente do ámbito de aplicación deste procedemento simplificado asobras menores exteriores, que deseguido se relacionan:

    a) As obras que precisen da instalación de estadas de máis de seis metros de altura ou elementosequivalentes.

    Nestes supostos a licenza que debe solicitarse tramitarase segundo o procedemento ordinarioe requirirá da achega á solicitude do correspondente proxecto ou estudo técnico no que seinclúa o estudo de seguridade e saúde subscrito por técnico competente que acredite ocumprimento da normativa de seguridade e saúde e demais documentación normativamenteesixida.

    No suposto de que se prevea a colocación da estada en espazo público, precisará de previaautorización específica de ocupación.

    b) As obras de peche de balcóns e terrazas, as de apertura de novos ocos na fachada ou de tapiadodos existentes e as que leven aparelladas variacións parciais dos materiais, cores oucomposición das fachadas e das cubertas.

    2.2. Obras de reforma e reparacións menores interiores en vivendas e locais.

    2.2.1. Obras menores interiores en vivendas

    2.2.1.1. Obras de reforma parcial non estrutural de escasa entidade, tales como pequenas reparacións,obras de mellora, renovación, modificacións o substitucións menores dos elementos e acabados interioresque deseguido se relacionan, nas que concorran as circunstancias expresadas no punto epígrafe 2.2.1.2deste artigo:

    a) Obras de decoración e pintura interior.

    b) Levantado/demolición e substitución dos materiais de acabado tales como pavimentos, solados,revestimentos, lucidos, azulexados e chapados.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 38

  • c) Demolición e substitución de falsos teitos.

    d) Substitución de carpintaría e do acristalamento interior.

    e) Pequenas reparacións, substitucións e instalacións parciais da rede eléctrica, de fontanaría, decalefacción, dos radiadores, do mobiliario de cociña, dos sanitarios e dos seus accesorios.

    f) Obras menores de supresión de barreiras arquitectónicas que permitan converter as vivendasou edificios en accesibles ou practicables ou mellorar as condicións de accesibilidade.

    2.2.1.2. Para poder acollerse ao procedemento simplificado de actuación comunicada para obrasinteriores en vivendas, deberán concorrer as circunstancias seguintes:

    a) Non poderán afectar aos elementos estruturais, implicar sobrecargas respecto dos cálculosestruturais preexistentes ou incidir nos elementos comúns ou nas redes de servizos xerais.Tampouco modificarán a distribución interior ou a tabicaría, nin poderán implicar a aperturaou ampliación de ocos en muros.

    b) Non poderán afectar ás condicións de seguridade contra incendios ou de seguridade deutilización nin empeorar ás condicións de habitabilidade e accesibilidade.

    c) Non poden precisar da instalación de estadas de máis de seis metros ou elementos equivalentes.Nestes supostos será de aplicación o sinalado no epígrafe 2.1.7. a) deste artigo.

    d) Non poden implicar a modificación substancial do uso residencial nin do número de vivendas.

    e) Non poden afectar a edificacións declaradas BIC, catalogadas, inventariadas ou en situaciónde fóra de ordenación.

    2.2.2. Obras menores interiores en locais comerciais.

    2.2.2.1. Obras menores interiores en locais e naves comerciais que posúan licenza de apertura ouconten con declaración responsable, legalmente formalizada, para actividades e servizos non incluídosno anexo do Real Decreto-lei, 19/2012, do 25 de maio ou norma que o substitúa, que consistan enpequenas reformas e reparacións de escasa entidade, obras de mellora, renovación, modificacións ousubstitucións menores dos elementos e acabados interiores, que deseguido se relacionan, nas queconcorran as circunstancias expresadas no epígrafe 2.2.2.2:

    a) Obras de decoración e de pintura interior.

    b) Levantado/demolición e substitución dos materiais de acabado tales como pavimentos, solados,revestimentos, lucidos, azulexados e chapados.

    c) Demolición e substitución de falsos teitos.

    d) Substitución de carpintaría e do acristalamento interior.

    e) Pequenas reparacións, substitucións e instalacións parciais da rede eléctrica, de fontanería, decalefacción, dos radiadores, do mobiliario de cociña, dos sanitarios e accesorios.

    f) Obras menores interiores de supresión de barreiras arquitectónicas que permitan converter oslocais en accesibles ou practicables ou mellorar as condicións de accesibilidade.

    2.2.2.2. Para poder acollerse ao procedemento simplificado de actuación comunicada para obrasinteriores en locais deberán concorrer as circunstancias seguintes:

    a) Non poderán afectar aos elementos estruturais, implicar sobrecargas respecto dos cálculosestruturais preexistentes ou incidir nos elementos comúns ou nas redes de servizos xerais.Tampouco modificarán a distribución interior, a tabicaría, os percorridos de evacuación, oancho dos corredores ou o aforamento, nin poderán implicar a apertura ou ampliación de ocosen muros.

    b) Non poderán implicar a modificación do uso nin menoscabar ou reducir as condicións deaccesibilidade ou de seguridade contra incendios, de seguridade de utilización, deaccesibilidade ou as esixibles en calquera normativa sectorial aplicable, por requirir, nestessupostos, a obtención de licenza previa de obras de acondicionamento, que se tramitará poloprocedemento normal.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 39

  • c) Non poden precisar da instalación de estadas de máis de seis metros ou elementos equivalentes.Nestes supostos será de aplicación o sinalado no epígrafe 2.1.7 a) deste artigo.

    d) Que non se trate de actividades clasificadas ou sometidas a incidencia ou calquera outracautela ambiental, nin á regulamentación de espectáculos públicos e actividades recreativas.

    e) Non afectarán ao aspecto exterior nin aos elementos comúns.

    f) Non poden afectar a edificacións declaradas BIC, catalogadas, inventariadas ou en situaciónde fóra de ordenación.

    3.—Con carácter xeral, e sen prexuízo do indicado nos parágrafos precedentes, exclúense desteprocedemento simplificado de licenza de tramitación comunicada e sométense ao procedemento normalde previa licenza as obras menores non incluídas nos epígrafes anteriores e, expresamente, aquelas sienumeradas nas que concorran as seguintes circunstancias:

    3.1 Obras cuxa execución requira de informes sectoriais preceptivos e previos á licenza municipal.

    3.2 Obras no ámbito do PEPRICA, agás as sinaladas no epígrafe 2.1.6, e en xeral tódalas que afectena inmobles catalogados, inventariados ou declarados ben de interese cultural.

    3.3 Obras en edificacións en situación urbanística de fóra ordenación.

    3.4 Obras en edificacións construídas sen licenza ou que conten con expediente incoado por presuntainfracción urbanística.

    Capítulo III Requisitos e documentación

    ARTIGO 7.—REQUISITOS XERAIS.

    En tódolos casos regulados na presente ordenanza deberá achegarse a seguinte documentación:

    1. Instancia correspondente que, obrigatoriamente, deberá utilizar o modelo normalizado.

    2. Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante.

    3. Escritura de sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando proceda.

    4. Xustificante acreditativo do pagamento das taxas e tributos correspondentes que sexanpreceptivos.

    5. Documentación acreditativa da referencia catastral

    ARTIGO 8.—REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLESPARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS, APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E ACTIVIDADES INOCUAS, INSTALACIÓNS E OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE LOCAISCOMERCIAIS

    Deberá achegarse a declaración, obrigatoriamente, no modelo normalizado, que se inclúe no anexoIII desta ordenanza e que abrangue, ademais da documentación relacionada no artigo 7, a seguinte:

    1. Declaración responsable da certeza do manifestado na instancia normalizada, que incluirá amanifestación explícita do cumprimento dos requisitos esixibles consonte á normativa vixente, incluídoestar en posesión de proxecto subscrito por técnico competente para o caso de que as obras previas deacondicionamento a realizar así o requiran consonte ao establecido na lexislación vixente.

    2. Compromiso de cumprimento dos requisitos normativamente esixidos e mantemento de tódalasmedidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período de tempoa el inherente.

    3. Compromiso de acomodación ás esixencias derivadas da nova normativa que de xeito sucesivo vaiaentrando en vigor, previa obtención das autorizacións que, no seu caso, resulten necesarias para talfinalidade, ao tratarse dunha actividade continuada.

    4. Indicación da data de inicio da actividade e, no seu caso das instalacións e/ou obras deacondicionamento, con presunción de inicio no mesmo día de presentación da instancia no seu defecto.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 40

  • 5. Declaración de que posúe no local comercial, a disposición do persoal técnico inspector municipale da policía local, ademais da propia instancia selada polo rexistro administrativo correspondente, aseguinte documentación:

    5.1. Nos supostos de licenza previa de obras.

    5.1.1. Licenza municipal de obras outorgada e proxecto licenciado subscrito por técnico competente.

    5.1.2. Certificado de remate da obra asinado por técnico competente e, no seu caso, visadocolexialmente, así como a restante documentación técnica esixida na licenza de acondicionamento concarácter previo ao exercicio da actividade.

    5.2. Nos supostos de actividades sen obras.

    5.2.1. Memoria de actividade subscrita por técnico competente .

    5.2.2. Certificado de seguridade e solidez das instalacións, subscrito por técnico competente.

    5.2.3. Documentación técnica subscrita por técnico competente, que xustifique o cumprimento de:

    5.2.3.1. A normativa sectorial de aplicación vixente.

    5.2.3.2. O Código Técnico da Edificación.

    5.2.3.3. A normativa reguladora da protección contra incendios.

    5.2.3.3. O Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

    5.2.3.4 A normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica.

    5.2.3.5. A normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

    5.2.3.6. A normativa sanitaria.

    5.2.3.7.O cumprimento das determinacións contidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais eno Planeamento urbanístico do Concello, en vigor.

    5.2.4. Documentación xustificativa do cumprimento do artigo 5 da Lei 13/2010, do comercio interiorde Galicia, cando proceda.

    5.2.5. Autorizacións e rexistros sectoriais que resulten necesarios para o exercicio da actividade.

    5.2.3. Plano de situación.

    5.3. Nos supostos de actividades con simultánea execución da instalación ou das obras deacondicionamento suxeitas a declaración responsable.

    Ademais da documentación sinalada no punto 5.2 deberase dispor no local antes do inicio dasinstalacións e obras:

    5.3.1. Proxecto técnico que describa as instalación e/ou obras de acondicionamento a executar exustifique o cumprimento da normativa urbanística e sectorial de aplicación, oficio de dirección de obrae certificado oficial de remate de obras ou instalacións unha vez culminadas estas; documentación quedeberá estar subscrita por técnico competente, e de ser procedente, debidamente visada polocorrespondente colexio profesional.

    5.3.2. De non ser preceptivo proxecto:

    a) Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra.

    b) Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar que deberá ter enconta a ordenanza fiscal en vigor.

    c) Certificado de remate da obra asinado por técnico competente e, no seu caso, visadocolexialmente, unha vez culminadas as obras e instalacións. O referido certificado acreditaráque coas instalacións ou obras de acondicionamento executadas non se menoscaba ocumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o Código Técnico da Edificación,a normativa reguladora da protección contra incendios, o Regulamento electrotécnico parabaixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminaciónacústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas,

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 41

  • a normativa sanitaria, o cumprimento das determinacións contidas nas ordenanzas eregulamentos municipais e no Planeamento Xeral urbanístico do Concello e, no seu caso, ocumprimento do artigo 5 da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia ou norma que osubstitúa.

    ARTIGO 9.—DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DA COMUNICACIÓN DOS CAMBIOS DE TITULARIDADE.

    Deberá achegarse a comunicación no modelo normalizado que se inclúe no anexo III desta ordenanzae que abrangue ademais da documentación relacionada no artigo 7, a seguinte:

    1. Copia ou referencia exacta do título xurídico habilitante cuxa titularidade se transmite (licenzaurbanística, de obras, de actividade de apertura ou posta en funcionamento, comunicación previa oudeclaración responsable).

    2. Fotocopia do NIF/ NIE do/a anterior titular e do/a novo/a titular.

    3. Sinatura do/da anterior e do/da novo/a titular en transmisións inter-vivos, ou, no seu caso, adocumentación acreditativa da transmisión mortis-causa.

    ARTIGO 10.—DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA E REQUISITOS DA TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTOSIMPLIFICADO DE LICENZAS PARA OBRAS MENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA.

    1. Deberá achegarse xunto coa solicitude de licenza comunicada que deberá obrigatoriamenteformularse no modelo normalizado que se incorpora no anexo III desta ordenanza, e que abrangue,ademais da documentación relacionada no artigo 7, e segundo corresponda, a seguinte:

    a) Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra.

    b) Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar que deberá ter enconta a ordenanza fiscal en vigor.

    c) Fotografías do estado actual do inmoble, exteriores ou interiores segundo proceda.

    d) Copia ou referencia exacta da licenza de apertura, comunicación do cambio de titularidadeou declaración responsable que ampare a actividade ou servizo que se desenvolva ou preste,no caso de obras interiores en locais; licenza de vao permanente, rótulo ou toldo, no caso deobras menores referidas a estes elementos e/ou licenza de acometida de auga e/ou sumidoiro,no caso de obras menores de rede interior.

    e) Nas solicitudes de intervencións menores de reparación de cuberta achegáranse á solicitude,canda menos, dúas fotografías recentes nas que se poida apreciar, en conxunto, con exactitudee claridade, a situación actual e volumetría da edificación coa cuberta ou tellado que sepretende reparar ou limpar.

    2. Obrigatoriamente, deberanse conservar as características de construción e compositivas dasedificacións e o deseño exterior das fachadas nas intervencións menores que lles afecten.

    3. As reparacións de cuberta non poderán modificar a estrutura portante da edificación existente ninimplicar cambios de altura ou de volume do inmoble. Tampouco poderán alterar as pendentes das augasda cuberta.

    4. As ordenanzas vixentes para o centro histórico son de obrigado cumprimento para calqueraintervención que se realice no conxunto histórico-artístico.

    Lémbrase, en particular, nas intervencións exteriores en fachada a prohibición de revocaduras conacabados en ton forte ou brillante, a imitación a pedra ou tixolo e as paredes cubertas de tea asfálticaou fibrocemento. As portas, fiestras, galerías e balcóns deberán levar as cores tradicionais e terán comomaterial a madeira na carpintaría e o ferro, fundición ou bronce na ferraxaría, seguindo as normas doPlan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do centro histórico declaradoconxunto histórico artístico, agás os supostos excepcionais que se prevén no devandito PEPRICA.

    5. Nas solicitudes de obras exteriores en fachadas e cubertas deberase indicar obrigatoriamente nainstancia o medio auxiliar a empregar na súa execución.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 42

  • Cando o medio auxiliar a empregar deba colocarse en espazo público deberá solicitar e obter acorrespondente autorización específica para a súa ocupación con carácter previo ao inicio das obras.

    6. Nos procedementos de licenza de tramitación simplificada por actuación comunicada para aexecución de obras menores no interior de locais con licenza de apertura ou declaración responsable,unha vez rematadas as obras, deberá obrigatoriamente disporse no local, a disposición do persoal doConcello, de certificación subscrita por técnico competente, acreditativa de que coas obras menoresexecutadas non se menoscaba o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o CódigoTécnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incendios, o Regulamentoelectrotécnico para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e acontaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreirasarquitectónicas, a normativa sanitaria, o cumprimento das determinacións contidas nas ordenanzas eregulamentos municipais e no Planeamento Xeral urbanístico do Concello e, no seu caso, o cumprimentodo artigo 5 da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.

    Capítulo IV Procedemento e réxime xurídico

    ARTIGO 11.—PROCEDEMENTO PARA TRAMITACIÓN DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES ECOMUNICACIÓNS DE CAMBIO DE TITULARIDADE E RÉXIME XURÍDICO DE APLICACIÓN

    1. Formalización e presentación.

    1.1. Tanto as declaracións responsables como as comunicacións do cambio de titularidade reguladasna presente ordenanza, deberán formalizarse obrigatoriamente no impreso normalizado incluído noanexo III correspondente.

    1.2. Presentaranse debidamente cumprimentados no rexistro do Concello, nas oficinasdesconcentradas que se poidan determinar, en calquera dos rexistros ou por calquera medio válidoconsonte ao artigo 38 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común, incluído o portelo único, por vía electrónica e adistancia, cando sexa posto en funcionamento.

    1.3. A data que conste no selo do rexistro de entrada correspondente segundo o disposto no parágrafoprecedente, presumirá a data de inicio da actividade agás que na instancia se signifique outra datadistinta.

    1.4. Cando deban realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma actividade comercial ou deservizos prevista no anexo do Real Decreto-lei 25/2012, do 25 de maio ou no mesmo local en que sedesenvolve tal actividade, tramitarase unha única declaración responsable que abranga tanto aactividade como a instalación e acondicionamento no seu caso.

    1.5. A correcta e completa formalización, segundo os requisitos esixidos nos artigos reguladores, dadeclaración responsable ou da comunicación do cambio de titularidade habilita para o exercicioinmediato da actividade ou prestación de servizo e no seu caso para a execución da instalación ou asobras de acondicionamento declaradas responsablemente sen necesidade de ditar resoluciónadministrativa expresa confirmatoria ou habilitante. No suposto de comunicacións de cambio detitularidade a habilitación para continuar executando a obra ou desenvolvendo a actividade quedasuxeita ás condicións e medidas correctoras impostas na licenza ou declaración responsable que setransmite.

    1.6. A persoa declarante ou a nova titular, ademais da manifestación responsable da certeza dodeclarado, deberá posuír no local comercial, a disposición do persoal técnico inspector municipal e dapolicía local, a documentación que se determina na presente ordenanza e facilitará o acceso ao local eás instalacións ao devandito persoal municipal para as inspeccións, verificacións e comprobaciónsoportunas.

    2. Emenda ou mellora da declaración ou comunicación

    Recibida a declaración responsable ou a comunicación do cambio de titularidade, se o servizotramitador aprecia insuficiencia emendable nos datos achegados ou na documentación presentada

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 43

  • requirirá, ao abeiro do artigo 71 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico dasadministracións públicas e do procedemento administrativo común, á persoa declarante ou ao novosuxeito titular a súa emenda no prazo de dez días hábiles con advertencia expresa de que, de non facelo,teráselle por desistido/da da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada no termos previstosno artigo 42 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e doprocedemento administrativo común.

    A persoa declarante ou o novo suxeito titular poderán instar unha ampliación do prazo se no termoconcedido non puidera emendar a deficiencia.

    A ampliación deberá solicitarse obrigatoriamente a través do modelo normalizado recollido no anexoIII desta ordenanza e sempre antes do vencemento do prazo outorgado. Neste caso, entenderaseconcedida sen necesidade de ditar resolución administrativa confirmatoria por un prazo de cinco días.

    3. Efectos xurídicos e consecuencias

    3.1. A presentación da declaración responsable, co conseguinte efecto habilitante a partir do intreda súa presentación para o inicio da actividade e no seu caso da instalación ou acondicionamento, nonprexulgará de xeito algún a situación e efectivo acomodo das condicións do estabelecemento á normativaaplicable, nin limitará o exercicio das competencias municipais de comprobación, control, inspección esancionadoras.

    3.2. As declaracións responsables ou comunicacións de cambio de titularidade que se acheguenincompletas, incorrectas ou erróneas non producirán efectos xurídicos.

    Tampouco producirán efectos xurídicos as declaracións responsables relativas ao desenvolvementode actividades que infrinxan o réxime de usos previstos no plans territoriais ou urbanísticos vixentes.

    3.3. En ningún caso se entenderan adquiridas por silencio administrativo facultades ou autorizaciónsen contra da lexislación ou do planeamento urbanístico aplicable.

    A declaración responsable ou a comunicación do cambio de titularidade non eximen da obtencióndas licenzas e autorizacións que esixa calquera norma sectorial nin do deber de presentación doutrasdeclaracións, comunicacións ou inscricións en rexistros que a devandita normativa impoña para odesenvolvemento da actividade ou a prestación do servizo de que se trate.

    3.4. Só poderá utilizarse o procedemento de declaración responsable para as actividades, instalaciónse obras de acondicionamento relacionadas no artigo 4 desta norma, nos supostos e coas condicións erequisitos que se establecen na presente ordenanza e na lexislación de desenvolvemento e transposiciónda Directiva 2006/123/CE. As restantes obras, actividades e servizos quedarán suxeitas ao procedementode licenza municipal previa por mor da súa incidencia urbanística, medio-ambiental ou de interesexeral, e serán tramitadas consonte á lexislación que sexa de aplicación segundo a actividade de que setrate.

    3.5. O sistema de acceso á libre prestación de actividades e servizos e o particular réximeprocedimental que se pauta pola presente ordenanza non exonera, aos prestadores de servizos e titularesdas actividades, nin aos promotores de instalacións e obras de acondicionamento, das obrigas de caráctertributario, fiscal, administrativo e de orde civil que se estabelecen no ordenamento xurídico vixente.

    Tampouco poderán ser invocadas as declaracións responsables nin as comunicacións de cambio detitularidade para diminuíren ou excluíren a responsabilidade civil ou penal en que puideran terincorrido os titulares no exercicio das actividades autorizadas coa presentación da declaración ou dacomunicación.

    3.6. As declaracións responsables e as comunicacións de cambio de titularidade producirán efectosentre o Concello e os suxeitos solicitantes e non alterarán as situacións xurídicas entre estes e as demaispersoas.

    3.7. Os efectos habilitantes inmediatos para o inicio das actividades e prestación de servizos, oumesmo para a execución de instalacións e obras de acondicionamento, que xeran as declaraciónsresponsables ou os cambios de titularidade regulados pola presente ordenanza, deixarán a salvo, sempre,

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 44

  • o dereito de propiedade e entenderase que autorizan o desenvolvemento da actividade sen prexuízo deterceiros.

    En todo caso, serán de tracto sucesivo e, nas condicións sinaladas nesta ordenanza, as declaraciónsresponsables e comunicacións posteriores deixarán sen efecto as anteriores sempre que as actividadesou servizos se desenvolvan efectivamente.

    3.8. Carecerán de efectos xurídicos as declaracións responsables ou as comunicacións de cambio detitularidade que pretendan levar a cabo unha ocupación do dominio público ou desenvolver unhaactividade que leve consigo un uso común especial daquel así como aquelas que teñan impacto sobre opatrimonio histórico- artístico.

    3.9. A modificación ou ampliación dunha actividade suxeita a declaración responsable ou obxectodunha comunicación de cambio de titularidade requirirá a presentación da nova solicitudecorrespondente, segundo o caso, debendo achegase ou dispor da documentación técnica referida aosaspectos afectados pola modificación.

    3.10. As autorizacións declaradas poderán ser transmisibles, pero o anterior e o novo titular deberáncomunicalo por escrito ao Concello, nos termos sinalados na presente ordenanza. De non facelo, ámbolosquedarán suxeitos ás responsabilidades que se poidan derivar do desenvolvemento da actividade.

    3.11. Consonte co disposto na alínea 4 do artigo 71.bis da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réximexurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a inexactitude,falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegueou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación de cambio de titularidade, ou asúa falta de presentación ante a Administración competente, determinará a imposibilidade de continuarco exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de talesfeitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbera lugar.

    Asemade, a resolución da Administración Pública que declare tales circunstancias poderá determinara obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento aoexercicio do dereito ou ao inicio ou reanudación da actividade correspondente, así como a imposibilidadede instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo istoconsonte aos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación.

    3.12. A mesma consecuencia determinada no apartado anterior acontecerá:

    a) Nas declaracións responsables, cando a instalación, obra de acondicionamento, actividade ouo servizo que se pretendan desenvolver ou prestar non se atopen incluídas dentro das que sonobxecto da devandita declaración segundo o artigo 4 desta ordenanza;

    b) Nas comunicacións de cambio de titularidade, cando non exista título xurídico habilitanteanterior obxecto de transmisión ou falte a sinatura do/a anterior titular, e tamén no caso deque a actividade non se atope incluída entre as que son susceptibles de transmisión por setratar dunha licenza que atinxa ás cualidades do suxeito, ao exercicio de actividades sobrebens de dominio público ou cando o número das licenzas outorgables fose limitado.

    Nestes supostos, na resolución de ineficacia ditada polo órgano competente a proposta do servizotramitador lembrarase a obriga de cesamento da actividade ou servizo irregularmente declarado oucomunicado, dando por concluído o expediente coa remisión ao servizo de disciplina urbanísticacompetente para a adopción das medidas procedentes para garantir o cesamento efectivo e inmediatoda actividade, con clausura e precinto, no seu caso, do local ou da actividade ou servizo por parte daPolicía Local, adopción das mediadas sancionadoras e/ou de reposición da legalidade urbanística quepoidan corresponder e no seu caso, requirimento á persoa solicitante para que solicite a oportuna licenza.

    3.13. Naqueles supostos nos que se declaren responsablemente instalacións ou obras deacondicionamento xuntamente coa actividade, non poderá ser iniciada esta ata o total remate dainstalación ou obra, o que se certificará por técnico competente. Nestes supostos de declaración conxuntaas obras e instalacións deberán estar rematadas e iniciarse a actividade ou a prestación do servizo noprazo máximo de tres meses contados dende o día seguinte á presentación da declaración.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 45

  • 3.14. Considerarase en todo caso como instalación obra de acondicionamento ou actividade ilegal,non autorizada ou carente de título xurídico habilitante, a desenvolvida ao abeiro dunha declaraciónresponsable ou dunha comunicación de cambio de titularidade que segundo a regulación prevista resulteineficaz.

    3.15. Os datos contidos nas declaracións responsables e comunicacións de cambio de titularidade,ao igual que os contidos nas licenzas de apertura de establecementos públicos, serán comunicados áDirección Xeral con competencia en materia de comercio da Xunta de Galicia, para os efectos da súainscrición no Rexistro Galego de Comercio, naqueles casos en que legalmente proceda.

    4. Extinción e caducidade

    4.1. Os dereitos derivados de declaracións responsables ou das comunicacións de cambio detitularidade quedarán sen efecto de se incumpriren as condicións a que estivesen subordinadas eextinguiranse no caso de renuncia do/da declarante ou novo/a titular.

    4.2. O prazo establecido para a implantación da actividade ou a prestación do servizo suxeitos aoréxime da declaración responsable ou para a continuación da actividade económica ou urbanística noscasos de comunicación de cambio de titularidade, poderá ser obxecto de prórroga a instancia do titulare con anterioridade á súa conclusión.

    A prórroga deberá solicitarse a través do modelo normalizado correspondente contido no anexo IIIdesta ordenanza, e entenderase concedida, sen necesidade de ditar resolución administrativaconfirmatoria, por unha soa vez e por un prazo igual ao inicialmente fixado na declaración oucomunicación de que se trate.

    4.3. Así mesmo, e previa audiencia da persoa interesada, poderá declararse a caducidade dadeclaración responsable ou da comunicación do cambio de titularidade nos seguintes supostos:

    a) Cando non se iniciase o desenvolvemento da actividade económica ou urbanística, ou aprestación do servizo, de que se trate no prazo de tres meses contados dende a data de iniciosinalada ou no seu defecto dende a data de presentación da instancia segundo o disposto noartigo 11.1.3 desta ordenanza.

    b) Cando se interrompa o desenvolvemento da actividade ou a prestación do servizo por temposuperior a tres meses.

    A declaración da caducidade extinguirá os dereitos derivados da declaración responsable ou dacomunicación do cambio de titularidade impedindo o seu exercicio, deixando sen efecto, neste últimosuposto, o título xurídico cuxa titularidade foi transmitida e impedindo, en todo caso o exercicio daactividade ou a prestación do servizo.

    ARTIGO 12.—PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO DE LICENZAS PARA OBRAS E INSTALACIÓNSMENORES POR ACTUACIÓN COMUNICADA, RÉXIME XURÍDICO E EFECTOS

    1. Formalización e presentación

    1.1. Para a obtención das licenzas que habiliten a execución das obras menores relacionadas no artigo6 desta norma, arbítrase un procedemento simplificado no que o solicitante deberá comunicar aoConcello a intención de levalas a cabo cunha antelación mínima de quince días hábiles á prevista parao inicio das obras.

    A devandita comunicación deberá formalizarse no impreso normalizado previsto no anexo III xuntocoa restante documentación completa esixida en función da obra en concreto de que se trate.

    Presentarase debidamente cumprimentado no rexistro do Concello, nas oficinas desconcertadas quese poidan determinar, en calquera dos rexistros ou por calquera medio válido consonte ao artigo 38 dalei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedementoadministrativo común, incluído o portelo único, por vía electrónica e a distancia, cando sexa posto enfuncionamento.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 46

  • 1.2. A data que conste no selo do rexistro de entrada correspondente segundo o disposto no parágrafoprecedente, considerarase a data de inicio do cómputo do prazo establecido para que se obteña a licenzae a comunicación produza efectos xurídicos, agás nos supostos previsto no punto 2.2 deste artigo nosque o prazo se computará dende a data na que conste presentada toda a documentación completa.

    2. Procedemento.

    2.1. Unha vez axuizada polos servizos técnicos e xurídicos da área de urbanismo a solicitude edocumentación achegada, cando resulten estas incompletas ou deficientes requirirase, ao abeiro doartigo 71 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e doprocedemento administrativo común, á persoa solicitante para que nun prazo de dez días hábilesproceda á súa emenda, con advertencia expresa de que, de non facelo, teráselle por desistida da súapetición e arquivarase o expediente sen máis trámite, previa resolución que deberá ser ditada no termosprevistos no artigo 42 da devandita lei 30/1992, do 26 de novembro.

    A persoa solicitante poderá instar unha ampliación do prazo se no termo concedido non puideraemendar a deficiencia.

    A ampliación deberá solicitarse a través do modelo normalizado recollido no anexo III destaordenanza e sempre antes do vencemento do prazo outorgado. Neste caso, entenderase concedida sennecesidade de ditar resolución administrativa confirmatoria por un prazo de cinco días.

    2.2. De estimarse que a obra menor solicitada a través do procedemento simplificado de actuacióncomunicada non está dentro das susceptibles de acollerse a el segundo o artigo 6 desta ordenanza, noprazo non superior a quince días dende a data de presentación, darase conta desta circunstancia aosuxeito promotor e requiriráselle, ao abeiro do artigo 71 da lei 30/1992, do 26 de novembro, do réximexurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que un prazo dedez días hábiles proceda á mellora da súa petición mediante a presentación do modelo correspondenteá solicitude de licenza de obras menores por procedemento ordinario xunto coa documentación que seestime necesaria no seu caso.

    Nese mesmo acto, advertiráselle expresamente que de non facelo, teráselle por desistido da súapetición, facéndoselle constar, expresamente, a ineficacia da solicitude cursada para amparar o iniciodas obras comunicadas, e arquivarase o expediente sen máis trámite, previa resolución que deberá serditada no termos previstos do artigo 42 da lei 30/1992, do 26 de novembro.

    O prazo de dez días hábiles para a mellora da petición regulado neste precepto non poderá sersusceptible de ampliación.

    2.3. En todo caso, a resolución extemporánea que declare a ineficacia das solicitudes relacionadasneste precepto, será plenamente válida e eficaz e producirá os efectos xurídicos determinados no epígrafe3.2 deste artigo.

    2.4. Transcorrido o prazo de quince días hábiles dende a solicitude completa e correcta, acomunicación efectuada producirá tódolos efectos xurídico-administrativos e entenderase concedida alicenza urbanística, habilitando á/ao solicitante para o inicio das obras, sen necesidade de ditarresolución administrativa confirmatoria ou habilitante.

    O expediente completarase cunha dilixencia de “conforme” asinada pola oficina técnica e polo servizoxestor correspondentes, dándose por concluso o procedemento e arquivándose o expediente sen máistrámite, sen prexuízo das liquidacións tributarias procedentes.

    2.5. A execución de obras menores que non figuren dentro do ámbito de aplicación desta ordenanza,requirirá da previa solicitude e obtención da correspondente licenza urbanística tramitada consonte aoprocedemento ordinario con resolución expresa, que se regula no ordenamento urbanístico vixente, senprexuízo da incorporación como anexo III da presente ordenanza dos tipos de modelos de instancianormalizados.

    3. Efectos xurídicos.

    3.1. En ningún caso entenderanse adquiridas por silencio administrativo licenzas, facultades ouautorizacións en contra da lexislación ou do planeamento urbanístico aplicable.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 47

  • 3.2. En consecuencia, carecerán de efectos xurídicos as solicitudes de licenzas de obras menores poractuación comunicada:

    — Que se acheguen incompletas, incorrectas ou erróneas.

    — Que se refiran a obras non incluídas no eido de aplicación determinado nos artigos 6 da presenteordenanza.

    — Que proxecten levar a cabo unha ocupación do dominio público ou unha actividade que conleveun uso común especial do mesmo.

    As obras executadas ou que se executen ao abeiro destas solicitudes reputaranse como nonamparadas por licenza e darán lugar á adopción inmediata da medidas de reposición da legalidade esancionadoras previstas no ordenamento xurídico-urbanístico aplicable, mesmo, no seu caso, conesixencia de danos e perdas. No caso de que non se atenda a orde de suspensión e se continúen realizandoas obras, o Concello adoptará as medidas legalmente oportunas para garantir a efectividade da ordeditada.

    Non haberá lugar a indemnización a favor do solicitante se este tivera iniciado as obras e se ordenaseposteriormente a súa demolición, por mor do silencio administrativo contra legem en materiaurbanística.

    3.3. As obras autorizadas pola licenza menor obtida polo procedemento simplificado de actuacióncomunicada limitaranse exclusivamente a aquelas que se sinalen na solicitude e documentaciónachegada.

    En ningún caso a licenza concedida autoriza a colocación nos espazos públicos de calquera elementoauxiliar da obra, obxectos ou materiais; a cal requirirá da solicitude e obtención da correspondenteautorización específica e previa de ocupación.

    3.4. As licenzas de obras menores obtidas a través do procedemento de actuación comunicada,entenderanse outorgadas salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiros e só produciránefectos entre o Concello e a persoa solicitante e non alterarán as situacións xurídicas entre esta e asdemais persoas.

    Asemade, estas licenzas non poderán seren invocadas para excluír o diminuír a responsabilidadecivil ou penal en que tivesen incorrido os seus titulares.

    3.5. O procedemento simplificado regulado neste artigo non exonera ao/s titular/es da/s licenza/sdas súas obrigas de carácter tributario, fiscal, administrativo ou civil establecidas na normativa deaplicación.

    3.6. A persoa promotora deberá cubrir a responsabilidade técnica a que haxa lugar e darácumprimento a cantas disposicións vixentes en materia de edificación, seguridade e saúde no traballodeban ser observadas.

    Asemade, extremará as precaucións para evitar riscos ás persoas e ás cousas quedando obrigada areparar os danos que por mor da execución das obras autorizadas se puideran irrogar nos espazos ouservizos públicos.

    En todo momento, deberá ter a disposición do persoal técnico e dos/as inspectores dos servizosmunicipais e da Policía Local a copia selada polo rexistro administrativo da solicitude e dadocumentación remitida, e facilitará o acceso as obras ao devandito persoal municipal para asinspeccións, verificacións e comprobacións oportunas.

    3.7. As licenzas de obras menores tramitadas polo procedemento simplificado de actuacióncomunicada poderán ser transmisibles, pero o antigo e o novo titular deberán comunicalo por escritoao Concello. Se non o fan, ámbolos dous quedarán suxeitos ás responsabilidades que se poidanderivarase.

    4. Prazo, prórroga e caducidade

    4.1. As obras menores autorizadas a través do procedemento simplificado de actuación comunicadadeberán realizarse no prazo máximo de tres meses desde a data de inicio.

    www.bop.depo.es � [email protected] � Dep. Legal: PO 1-1958

    Núm. 219 Mércores 14 de novembro de 2012 Páx. 48

  • A data de inicio será a que resulte do cómputo do prazo de quince días hábiles contados dende oseguinte ao da presentación de toda a documentación completa no rexistro nos termos indicados noapartado 1 deste artigo.

    4.2. O prazo máximo establecido para a finalización das obras autorizadas, poderá ser obxecto deprórroga, por unha soa vez, a instancia do titular parte e con anterioridade á súa conclusión.

    A prórroga deberá solicitarse, obrigatoriamente, a través do modelo normalizado correspondentecontido no anexo III desta ordenanza, previa xustificación, no seu caso, do pagamento da taxacorrespondente, e entenderase concedida, sen necesidade de ditar resolución administrativaconfirmatoria ou habilitante, por unha soa vez e por un novo prazo de tres meses.

    O expediente completarase cunha dilixencia de conforme asinada polo servizo técnico xestor, dándosepor concluso o procedemento e arquivándose o expediente sen máis trámite, sen prexuízo dasliquidacións tributarias procedentes.

    4.3. Transcorrido o prazo máximo outorgado para a execución das obras autorizadas sen que estasse remataran, o órgano municipal competente para outorgar licenza, ou órgano de goberno en quendelegue, declarará, de oficio ou a instancia de calquera persoa, e previa tramitación de expedientecontraditorio con audiencia á persoa titular, a caducidade da licenza concedida.

    5. Extinción e revisión

    5.1. As licenzas de obras menores a través do procedemento simplificado de actuación comunicadaextinguiranse no caso de renuncia da persoa titular.

    5.2. A súa revogación, revisión ou anulación rexerase pola normativa xeral e específica urbanísticaaplicable

    Capítulo V Inspección, verificación e control posterior de actividades, obras e servizos.

    ART. 13.—RÉXIME DE CONTROL POSTERIOR E VERIFICACIÓN DA ACTIVIDADE DECLARADA OU COMUNICADA

    1. O Concello, ademais da verificación inicial da instancia e da documentación achegada por partedo rexistro municipal e do órgano xestor, realizará, a través dos servizos técnicos de inspección e dapolicía local, as actividades de comprobación, control e inspección que sexan necesarias das actividadese obras suxeitas aos réximes de declaración responsable ou comunicación pautados na presenteordenanza, consonte ao previsto no artigo 71 bis da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de