Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo...

17
Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia Tramitación parlamentaria: Proxecto de lei, BOPG núm. 410, do 2.5.1985. Emendas, BOPG núms. 421, do 24.5.1985, e 425, do 31.5.1985. Debate de totalidade, DSPG núm. 117, do 4.6.1985. Informe da Ponencia, BOPG núm. 447, do 11.7.1985. Dictame da Comisión, BOPG núm. 450, do 16.7.1985. Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 450, do 16.7.1985. Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 126, do 19.7.1985. Publicación: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 454, do 24.7.1985. Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 16.8.1985. Corrección de erros: DOG núm. 185, do 26.9.1985. Boletín Oficial del Estado núm. 248, do 16.10.1985.

Transcript of Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo...

Page 1: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento deGalicia

Tramitación parlamentaria:Proxecto de lei, BOPG núm. 410, do 2.5.1985.Emendas, BOPG núms. 421, do 24.5.1985, e 425, do 31.5.1985.Debate de totalidade, DSPG núm. 117, do 4.6.1985.Informe da Ponencia, BOPG núm. 447, do 11.7.1985.Dictame da Comisión, BOPG núm. 450, do 16.7.1985.Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 450, do16.7.1985.Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 126, do 19.7.1985.

Publicación:Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 454, do 24.7.1985.Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 16.8.1985. Corrección deerros: DOG núm. 185, do 26.9.1985.Boletín Oficial del Estado núm. 248, do 16.10.1985.

Page 2: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

O artigo 11 do Estatuto deAutonomía para Galicia debuxaas liñas fundamentais da constitu-ción e composición do Parlamen-to de Galicia e establece taménque unha Lei de Galicia determi-nará os extremos que deben cons-tituí-las normas electorais danosa Comunidade. É obxecto dapresente Lei desenvolver esa pre-visión estatutaria que habilita ópropio Parlamento de Galiciapara dictar aquelas normas quecoide máis axeitadas ás necesida-des e á idiosincrasia da nosasociedade.

De acordo co devandito artigo, oParlamento de Galicia pode regu-la-los prazos e o procedementopara a elección dos seus membros,establece-lo número dos Deputa-dos, así como tamén as causas deinelixibilidade e incompatibilida-de que os afecten.

De acordo con estas directrices,considérase que a normativa elec-toral non debe introducir excesivasmodificacións no regulamentoxeral que ordena os mais dos pro-cesos electorais con relevanciaestatal.

Neste senso é preciso elimina--los factores que puidesen suscitarinseguridades xurídicas, sobretodo na práctica, nos soportes per-soais do sistema electoral. Polodemais cómpre ter en conta queunha maior claridade e sinxelezanos regulamentos especiais vai enbeneficio das forzas políticas queconcorren ás eleccións e, loxica-mente, dos propios electores, queprecisan normas claras e facilmen-te comprensibles.

Por todo o cal, o Parlamento deGalicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,promulgo, en nome de El-Rei, aLei de Eleccións ó Parlamento deGalicia.

Título preliminar

Artigo 1

A presente Lei é de aplicaciónás eleccións a Deputados do Par-lamento de Galicia, en cumpri-mento do disposto no artigo 11 doEstatuto de Autonomía para Ga-licia.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento deGalicia

Pola Lei 15/1992 foron modificados os artigos 4, 6, 10, 12, 18, 25, 27, 29 e 44.

cmoreiras
Texto escrito a máquina
Pola Lei 12/2004 foille engadido un novo Capítulo VI bis ("Do escrutinio") composto por un artigo 37 bis. Pola Lei 10/2012 foi modificada a alínea b) do punto 2 do artigo 4. Pola Lei 9/2015 foi derrogado o Título VI e modificado o artigo 1.
cmoreiras
Texto escrito a máquina
Page 3: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

Título I

Disposicións xerais

Capítulo I

Electores

Artigo 2

1. Son electores os que, osten-tando a condición de galegos con-forme ó artigo 3 do Estatuto deAutonomía, sexan maiores deidade e gocen do dereito de sufra-xio activo.

2. Para o exercicio do dereito desufraxio é indispensable a inscri-ción no censo electoral.

Capítulo II

O censo electoral

Artigo 3

Nas eleccións ó Parlamento deGalicia rexerá o censo electoralúnico referido ás catro circunscri-cións electorais da ComunidadeAutónoma.

Capítulo III

Elixibilidade

Artigo 4

1. Serán elixibles os cidadánsque, tendo a condición de electores,non estean incursos nalgunha dascausas de inelixibilidade recollidasna lexislación xeral electoral.

2. Son inelixibles tamén:

a) O Presidente e os Consellei-ros do Consello de Contas de Gali-cia.

b) O Valedor do Pobo e os seusvicevaledores.

c) Os Secretarios Xerais Técni-cos e Directores Xerais das Conse-llerías, así como os Directores dosGabinetes de Presidencia e dasConsellerías.

d) O Director Xeral da Com-pañía de Radio-Televisión deGalicia e os directores das súassociedades.

e) Os membros da policía autó-noma en activo.

f) Os Ministros e Secretarios deEstado do Goberno Central.

g) Os Parlamentarios das Asam-bleas doutras Comunidades Autó-nomas.

h) Os membros dos Consellosde Goberno das demais Comuni-dades Autónomas, así como car-gos de libre designación dos ante-ditos Consellos.

i) Os que exerzan funcións oucargos conferidos e remuneradospor un Estado extranxeiro.

3. Non serán elixibles polas cir-cunscricións electorais compren-didas en todo ou en parte no ámbi-to territorial da súa xurisdicción:

a) Os Delegados Xerais daXunta e mailos Delegados Provin-ciais das Consellerías.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Page 4: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

b) Os Secretarios Xerais dasDelegacións Xerais da Xunta.(1)

Artigo 5

1. A calificación das inelixibili-dades establecidas no artigo ante-rior, verificarase de conformidadeco Réxime Xeral Electoral.

2. Quen formando parte dunhacandidatura accedese a un cargo oufunción declarada inelixible, debe-ralle comunicar esta situación ácorrespondente Xunta Electoral,quedando excluído da candidatura.

Capítulo IV

Incompatibilidades

Artigo 6

1. As causas de inelixibilidadesono tamén de incompatibilidade.

2. A condición de Deputado óParlamento de Galicia tamén éincompatible coa de Alcalde, Pre-sidente e Vicepresidente de Depu-tación, Deputados do Congreso eSenadores, agás os Senadores eli-xidos en representación da Comu-nidade Autónoma.

3. Así mesmo son incompati-bles:

a) Os membros do Consello deAdministración da Compañía deRadio-Televisión de Galicia.

b) Os Presidentes de Consellosde Administración, Conselleiros,Administradores, Directores Xe-rais, Xerentes e cargos equivalen-tes de entes públicos e empresasde participación pública maiorita-ria, calquera que sexa a súa forma,incluídas as Caixas de Aforro defundación pública.(2)

Artigo 7

1. Ningún electo poderá adquiri--la condición de Deputado se estáincurso nalgunha causa de incom-patibilidade.

2. O Deputado galego que acep-tase un cargo, función ou situaciónconstitutiva de incompatibilidade,cesará na situación de Deputado.

Título II

Sistema electoral

Artigo 8

De acordo co artigo 11.4 do Esta-tuto de Autonomía de Galicia acircunscrición electoral será a pro-vincia.

Artigo 9

1. O número de Deputados doParlamento de Galicia fíxase en 75.

2. A cada unha das catro provin-cias de Galicia correspóndelle unmínimo inicial de 10 Deputados.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

(1) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 4 foi modificado polo artigoúnico.1.º da Lei 15/1992.

(2) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 6 foi modificado polo artigoúnico.2.º da Lei 15/1992.

Page 5: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

3. Os 35 Deputados restantesdistribúense entre as provincias enproporción á súa poboación, con-forme ó seguinte procedemento:

a) Obtense unha cuota de repar-to resultante de dividir por 35 acifra total da poboación de dereitodas provincias de Galicia.

b) Adxudícase a cada unha dascatro provincias tantos Deputadoscomo resulten, en números entei-ros, de dividi-la poboación dedereito provincial pola cuota dereparto.

c) Os Deputados restantes dis-tribúense asignando un a cadaunha das provincias, o cuocientedas cales, obtido conforme ó apar-tado anterior, teña unha fraccióndecimal maior.

4. O Decreto de convocatoriadebe especifica-lo número deDeputados que se elixirá en cadacircunscrición, de acordo co dis-posto neste artigo.

Artigo 10

A atribución de escanos en fun-ción dos resultados do escrutiniorealízase conforme ás seguintesregras:

a) Non se teñen en conta aque-las candidaturas que non obtive-ron, cando menos, o 3 por centodos votos válidos emitidos na cir-cunscrición.

b) Ordénanse de maior amenor, nunha columna, as cifrasde votos obtidos polas restantescandidaturas.

c) Divídese o número de votosobtidos por cada candidatura por1, 2, 3, etc., ata un número igual deescanos correspondentes á cir-cunscrición, formándose un cadrosemellante ó que aparece noexemplo práctico que se reflexa nacorrespondente Disposición Adi-cional. Os escanos atribúense áscandidaturas que obteñan os cuo-cientes maiores no cadro, atenden-do á súa orde decrecente.

d) Cando na relación de cuo-cientes coincidan dous corres-pondentes a distintas candidatu-ras, o escano atribuirase á queobtivese maior número total devotos. De haber dous candidatoscon igual número de votos, o pri-meiro empate resolverase porsorteo e os sucesivos de maneiraalternativa.

e) Os escanos correspondentes acada candidatura adxudícanse óscandidatos incluídos nela, polaorde de colocación na que apare-zan.(3)

Artigo 11

En caso de falecemento, incapa-cidade ou renuncia dun Deputadoen calquera momento da lexislatu-ra o escano será atribuído óseguinte da mesma lista atendendoá súa orde de colocación.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

(3) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 10 foi modificado polo artigoúnico.3.º da Lei 15/1992.

Page 6: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

Título III

Convocatoria de eleccións

Artigo 12

1. A convocatoria de eleccións óParlamento de Galicia realizarasemediante Decreto que será publica-do no Diario Oficial de Galicia.

2. O Decreto de convocatoriafixará o día da votación e a data dasesión constitutiva do Parlamento,que terá lugar dentro do prazo deun mes a contar desde o día decelebración das eleccións.(4)

Título IV

Xuntas electorais

Artigo 13

1. A administración electoralcorrespóndelles á Xunta Electoralde Galicia, ás Xuntas Provinciais ede Zona e ás mesas electorais.

2. A Xunta Electoral de Galiciaterá a súa sede na do TribunalSuperior de Xusticia.

Artigo 14

1. A Xunta Electoral de Galiciaé un órgano permanente e estácomposto por:

a) Presidente: o Presidente doTribunal Superior de Xusticia deGalicia.

b) Vicepresidente: o elixidopolos vocais, de entre os de orixexudicial, na sesión constitutivaque se celebrará a convocatoria doSecretario.

c) Catro Vocais, Maxistrados doTribunal Superior de Xusticia.

d) Catro Vocais, profesores enactivo da Facultade de Dereito daUniversidade.

2. As designacións dos vocais,no non previsto polo apartadoanterior, realizaranse nos noventadías seguintes á sesión constitutivado Parlamento, conforme ásseguintes normas:

a) Os Maxistrados do TribunalSuperior de Xusticia serán desig-nados por sorteo efectuado peran-te o Presidente do Tribunal.

b) Os Profesores da Facultadede Dereito serán designados a pro-posta conxunta dos partidos, fede-racións, coalicións ou agrupaciónsde electores con representación noParlamento. Cando a proposta nonteña lugar no devandito prazo, aMesa do Parlamento, oídas as for-zas políticas presentes na Cámara,procederá á súa designación, enconsideración á representaciónexistente na mesma.

Artigo 15

1. Os membros da Xunta Electo-ral de Galicia serán nomeados porDecreto ó comenzo de cada lexis-latura e continuarán o seu manda-to ata a toma de posesión da novaXunta Electoral.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

(4) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 12 foi modificado polo artigoúnico.4.º da Lei 15/1992.

Page 7: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

2. O Secretario da Xunta Electo-ral de Galicia é o Letrado Maiordo Parlamento. Participa con voz esen voto nas súas deliberacións ecustodia a documentación corres-pondente á Xunta Electoral.

Artigo 16

O Parlamento poñerá a disposi-ción da Xunta Electoral de Galiciaos medios persoais e materiaispara o exercicio das súas funcións.

Artigo 17

1. Os membros da Xunta Electo-ral de Galicia son inamovibles e sópoderán ser suspendidos por deli-tos ou faltas electorais, medianteexpediente incoado pola propiaXunta en virtude de acordo damaioría absoluta dos seus compo-nentes, sen prexuício do procede-mento xudicial correspondente.

2. No suposto previsto no núme-ro anterior, así como no caso derenuncia xustificada e aceptadapolo Presidente, procederase ásubstitución dos membros da XuntaElectoral da Comunidade Autóno-ma conforme ás seguintes regras:

a) O Vicepresidente e os Vocaisserán substituídos polos mesmosprocedementos previstos para asúa designación.

b) O Letrado Maior do Parla-mento será substituído polo Letra-do máis antigo, e, en caso deigualdade, polo de maior idade.

Artigo 18

Amais das competencias esta-blecidas na lexislación vixente,

correspóndelle á Xunta Electoralde Galicia:

a) Resolve-las consultas que lleeleven as Xuntas Provinciais e dic-tar instruccións ás mesmas enmateria da súa competencia.

b) Resolve-las queixas, reclama-cións e recursos que se lle dirixanconforme á presente Lei ou a cal-quera outra disposición que lleatribúa esa competencia.

c) Exercer xurisdicción discipli-naria sobre tódalas persoas queinterveñan con carácter oficial nasoperacións electorais.

d) Corrixi-las infraccións que seproduzan no proceso electoralsempre que non estean reservadasós tribunais ou outros órganos eimpoñer multas ata a cantidade de150.000 ptas. conforme ó estable-cido pola lei.(5)

Título V

Procedemento electoral

Capítulo I

Representantes das candidaturas perante a

administración electoral

Artigo 19

1. Os partidos, federacións, coa-licións e agrupacións que preten-

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

(5) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 18 foi modificado polo artigoúnico.6.º da Lei 15/1992.

Page 8: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

dan concorrer ás eleccións ó Parla-mento de Galicia, designarán áspersoas que deban representalosperante a administración electoral,como representantes xerais ou decandidaturas.

2. Os representantes xeraisactúan en nome dos partidos, fede-racións, coalicións e agrupaciónsconcorrentes.

3. Os representantes das candi-daturas sono dos candidatos in-cluídos nelas.

Ó seu domicilio, ou ó lugar quedesignen a eses efectos, remitirán-selle-las notificacións, escritos eemprazamentos dirixidos polaadministración electoral ós candi-datos, dos que reciben, pola soaaceptación da candidatura, un apo-deramento xeral para actuar enprocedementos xudiciais en mate-ria electoral.

Artigo 20

1. Ós efectos previstos no artigoanterior, os partidos, federacións,coalicións e agrupacións que pre-tendan concorrer ás eleccións óParlamento de Galicia designaránpor escrito, perante a Xunta Elec-toral de Galicia, un representantexeral, antes do noveno día poste-rior á convocatoria de eleccións. Omencionado escrito deberá expre-sa-la aceptación da persoa desig-nada.

2. Cada un dos representantesxerais designará, antes do undéci-mo día posterior á convocatoria,perante a Xunta Electoral de Gali-

cia, os representantes das candida-turas que o seu partido, federación,coalición ou agrupación presenteen cada unha das circunscriciónselectorais.

3. No prazo de dous días aXunta Electoral de Galicia comu-nicaralles ás Xuntas ElectoraisProvinciais os nomes dos repre-sentantes das candidaturas corres-pondentes á súa circunscrición.

4. Os representantes das candi-daturas presentaranse persoalmen-te perante as respectivas XuntasProvinciais, para acepta-la súadesignación, antes do décimoquinto día posterior á convocatoriade eleccións.

Capítulo II

Presentación e proclamación de candidatos

Artigo 21

1. Para as eleccións ó Parlamen-to de Galicia, a Xunta Electoralcompetente para tódalas actua-cións previstas en relación á pre-sentación e proclamación de can-didatos é a Xunta ElectoralProvincial.

2. Cada candidatura presentara-se mediante lista de candidatos.

3. Para presentar candidaturas,as agrupacións de electores preci-sarán, cando menos, a sinatura doun por cento dos inscritos nocenso electoral de circunscri-cións.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Page 9: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

4. As candidaturas presentadas eas candidaturas proclamadas dascatro circunscricións de Galiciapublicaranse no Diario Oficial deGalicia.

Artigo 22

1. A presentación de candidatosdeberase realizar mediante listasque deben incluír tantos candida-tos coma cargos a elixir e, ade-mais, un número de suplentes nonsuperior a cinco.

2. En calquera caso, as listasdeberán conte-lo número exactode escanos que deban ser cubertos,sen que se poida admitir ningunhalista que non cumpra tal requisito.

3. As Xuntas Electorais Provin-ciais inscribirán a candidaturafacendo consta-la data e hora depresentación da mesma. Expe-dirán documento acreditativodeste trámite se se lles solicita.

Artigo 23

As candidaturas electorais nonpoderán ser obxecto de modifica-ción unha vez presentadas, agás noprazo establecido para a reparaciónde irregularidades e só por pasamen-to ou renuncia do titular, operandoautomaticamente a reparación polaorde dos suplentes, agás que orepresentante dixese outra cousa.

Capítulo III

Campaña electoral

Artigo 24

Enténdese por campaña electoral,a efectos desta Lei, o conxunto de

actividades lícitas levadas a cabopolos candidatos, partidos, federa-cións, coalicións ou agrupacións enorde á captación de sufraxios.

Artigo 25

1. O Decreto de convocatoriafixará a data da iniciación da cam-paña electoral e o día da votación.

2. Durante o período de cam-paña electoral os poderes públicosda Comunidade Autónoma deGalicia poderán realizar campañainstitucional orientada exclusiva-mente a fomenta-la participacióndos electores na votación.(6)

Capítulo IV

Utilización dos medios da Compañía de Radio-Televisión

de Galicia

Artigo 26

Non se poderán contratar espa-cios de publicidade electoral nosmedios de comunicación da Com-pañía de Radio-Televisión deGalicia.

Artigo 27

1. Durante a campaña electoralos partidos, federacións, coali-cións e agrupacións que concorranás eleccións teñen dereito a espa-cios gratuítos de propaganda nasemisoras da Compañía de Radio--Televisión de Galicia.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

(6) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 25 foi modificado polo artigoúnico.7.º da Lei 15/1992.

Page 10: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

2. A distribución dos devanditosespacios farase en función donúmero total de votos obtidos porcada partido, federación, coaliciónou agrupación nas precedentes elec-cións ó Parlamento de Galicia.(7)

Artigo 28

1. A Xunta Electoral de Galiciaé a autoridade competente paradistribuí-los espacios gratuítos depropaganda electoral que se emi-tan polos medios de comunicaciónda Compañía de RTVG a propostada Comisión a que se refire o apar-tado seguinte deste artigo.

2. A Comisión de Control Elec-toral de RTVG será designadapola Xunta Electoral da Comuni-dade Autónoma de Galicia e estaráintegrada por un representante decada partido, federación, coalicióne agrupación que concorran áseleccións convocadas ó Parlamen-to e conten con representación nomesmo. Os devanditos represen-tantes votarán ponderadamente deacordo coa composición do Parla-mento.

Artigo 29

1. A distribución de tempo gra-tuíto de propaganda electoral encada medio de comunicación daCompañía de RTVG e nos distin-tos ámbitos de programación de-pendentes da mesma, efectuaraseconforme ós seguintes criterios:

a) Un tempo, a determinar, paraos partidos, federacións, coaliciónse agrupacións de electores que nonconcorreron ou non obtiveronrepresentación nas anteriores elec-cións ó Parlamento de Galicia, oupara aqueles que, obténdoa, nonacadaron o 5% do total de votosválidos emitidos no territorio daComunidade Autónoma.

b) O dobre de tempo para aque-les que obtiveron representaciónnas anteriores eleccións ó Parla-mento de Galicia e acadaron entreo 5% e o 15% do total de votos aque se fai referencia no apartadoprecedente.

c) O triple de tempo para aque-les que obtiveron representaciónnas anteriores eleccións e acada-ron máis dun 15% do total devotos a que se fai referencia nopárrafo a).

2. O dereito ós tempos de emi-sión gratuíta, referenciados noapartado anterior, só correspondeós partidos, federacións, coali-cións e agrupacións que presentencandidatura, ó menos, en tres cir-cunscricións electorais da Comu-nidade Autónoma.

3. O momento e maila orde dasúa intervención serán determina-dos pola Xunta Electoral de Gali-cia, tendo en conta as preferenciasdaqueles e o disposto no apartado2 do artigo 27.(8)

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

(7) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 27 foi modificado polo artigoúnico.8.º da Lei 15/1992.

(8) Reprodúcese a versión orixinaria. Oartigo 29 foi modificado polo artigoúnico.9.º da Lei 15/1992.

Page 11: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

Capítulo V

Papeletas e sobres electorais

Artigo 30

1. As Xuntas Electorais Provin-ciais son os órganos competentespara aproba-lo modelo oficial daspapeletas correspondentes á súacircunscrición.

2. A Xunta de Galicia aseguraráa disponibilidade das papeletas edos sobres de votación conforme ódisposto no artigo seguinte, senprexuício da súa eventual confec-ción polos grupos políticos queconcorran ás eleccións.

Artigo 31

1. A confección das papeletas eos sobres de votación iníciaseinmediatamente despois da pro-clamación de candidatos.

2. Se contra a proclamación decandidatos se interpoñen recursosperante o órgano xudicial conten-cioso-administrativo competentena provincia, a confección daspapeletas correspondentes pos-ponse na circunscrición electoralonde se interpuxeron, ata a resolu-ción destes recursos.

3. As primeiras papeletas con-feccionadas entregaránselle áDelegación do Goberno para o seuenvío ós residentes ausentes queviven no extranxeiro.

4. Os Delegados Xerais daXunta aseguran a entrega de pape-letas e sobres en número suficien-

te ás mesas electorais, polo menosunha hora antes do momento noque se deba inicia-la votación.

Artigo 32

As papeletas electorais destina-das á elección de Deputados ó Par-lamento de Galicia deben expresa--las indicacións seguintes:

a) Denominación, sigla e sím-bolo do partido, federación, coali-ción ou agrupación de electoresque presente a candidatura.

b) Os nomes e apelidos doscandidatos e dos suplentes, segun-do a súa orde de colocación, asícomo, no seu caso, a condición deindependente dos candidatos queconcorran con tal carácter ou, nocaso de coalicións, a denomina-ción do partido ó que pertenzacada un se así se esixiu para a pre-sentación da lista.

Capítulo VI

Interventores e apoderados

Artigo 33

1. O representante de cada can-didatura pode nomear, ata tres díasantes da elección, dous intervento-res por cada mesa electoral, paraque comproben que a votación sedesenvolve conforme ás normasestablecidas.

2. Para ser designado interven-tor é esixible a condición de elec-tor de acordo co artigo 2 da pre-

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Page 12: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

sente Lei, debendo pertencer á cir-cunscrición electoral na que seatope a mesa na que vaia desem-peña-las súas funcións.

3. O nomeamento farase me-diante a expedición de credenciaistalonarias, coa data e sinatura ó pédo nomeamento.

4. As follas talonarias por cadainterventor deberán estar divididasen catro partes: unha como matrizpara conservala o representante; asegunda entregaraa o interventorcomo credencial; a terceira e cuar-ta serán remitidas á Xunta deZona, para que esta faga chegarunha delas á mesa electoral de queformen parte e outra á mesa na queteñan dereito a votar para a súaexclusión da lista electoral.

5. As credenciais de nomeamen-to de interventores enviaranse ásXuntas de Zona ata o mesmo ter-ceiro día anterior ó da votación.

6. As Xuntas de Zona farán aremisión ás mesas de maneira queobren no seu poder no momentode constituírse as mesmas o día davotación.

7. Para integrarse na mesa o díada votación, comprobarase que acredencial é conforme coa follatalonaria que se atopa en poder damesa. De non ser así ou de nonexistir folla talonaria poderá dár-selle posesión, consignando oincidente na acta.

Neste caso, sen embargo, ointerventor non poderá votar namesa na que estea acreditado.

Se o interventor concorre sen asúa credencial, unha vez que amesa recibiu a folla talonaria, logode comproba-la súa identidade,permitiráselle integrarse na mesa,tendo, neste caso, dereito a votarna mesma.

Artigo 34

1. Os interventores, como mem-bros das mesas, colaborarán no bofuncionamento do proceso devotación e escrutinio velando coPresidente e os vocais para que asactas electorais se realicen deacordo coa lei.

2. Os interventores poderán:

a) Solicitar certificación da actade constitución da mesa e da actaxeral da sesión ou dun extremodeterminado delas. Non se expe-dirá máis de unha certificación porcandidatura.

b) Reclamar sobre a identidadedun elector, o que deberá realizarpublicamente.

c) Anotar, se o desexa, nunhalista numerada de electores, onome e número de orde en queemiten os seus votos.

d) Pedir durante o escrutinio apapeleta lida polo presidente, parao seu exame.

e) Formula-las protestas e recla-macións que coide oportunas,tendo dereito a facelas constar naacta xeral da sesión.

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Page 13: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

Artigo 35

1. O representante de cada can-didatura pode outorgar poder afavor de calquera cidadán, maiorde idade, que se atope en plenouso dos seus dereitos civís e políti-cos co obxecto de ostenta-la repre-sentación da candidatura nos actose operacións electorais.

2. O apoderamento formalízaseperante notario ou perante o secre-tario da Xunta Electoral Provincialou de Zona, os cales expiden acorrespondente credencial confor-me ó modelo oficialmente estable-cido.

Artigo 36

Os apoderados teñen as mesmasfacultades que os interventores, seben deberán votar na sección emesa que lles corresponda confor-me á súa inscrición no censo.

Artigo 37

Os apoderados deben mostrár-lle-las súas credenciais e mailo seuDocumento Nacional de Identida-de ós membros das mesas electo-rais e demais autoridades compe-tentes.

Capítulo VII

Dos deputados proclamados

Artigo 38

A presidencia da Xunta Electo-ral de Galicia remitiralle ó Parla-mento a lista de parlamentariosproclamados nas circunscriciónselectorais.

Título VI

Gastos e subvencións electorais

Artigo 39

Toda candidatura debe ter unadministrador electoral responsa-ble dos seus ingresos, dos seusgastos e da súa contabilidade.

Artigo 40

1. Os partidos, federacións, coa-licións e agrupacións de electoresque presenten candidaturas enmáis de unha circunscrición debenter, ademais, un administradorxeral responsable de tódolos ingre-sos e gastos electorais, así como dacorrespondente contabilidade.

2. Os administradores electoraisdas candidaturas actúan baixo aresponsabilidade do administradorxeral.

Artigo 41

1. Poderá ser designado admi-nistrador electoral calqueracidadán maior de idade e en plenouso dos seus dereitos civís e políti-cos.

2. Non poderá ser administradorelectoral ningún candidato.

Artigo 42

1. Os administradores das candi-daturas son designados por escritodiante da Xunta Electoral Provin-cial correspondente polos seus res-pectivos representantes no acto depresentación das candidaturas. Oescrito deberá expresa-la acepta-ción da persoa designada. As Xun-

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Page 14: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

tas Electorais Provinciais comuni-caranlle á Xunta Electoral de Gali-cia os designados na súa circuns-crición.

2. Os representantes xerais dospartidos, asociacións(9), federa-cións e agrupacións electoraispresentarán un escrito, antes dodía 15.º posterior á convocatoriade eleccións, co nome do admi-nistrador xeral. O escrito deberáexpresa-la aceptación da persoaindicada.

Artigo 43

1. Os administradores xerais eos das candidaturas comunícanllesá Xunta Electoral de Galicia e ásXuntas Provinciais, respectiva-mente, as contas abertas para arecadación de fondos.

2. A apertura de contas pode rea-lizarse a partir da data de nomea-mento dos Administradores Electo-rais, en calquera entidade bancariaou Caixa de Aforros. A comunica-ción á que fai referencia o apartadoanterior debe realizarse nas 24 horasseguintes á apertura das contas.

3. Se as candidaturas presenta-das non fosen proclamadas ourenunciasen a concorrer ás elec-cións ó Parlamento de Galicia, asimposicións realizadas por tercei-ros nestas contas deberanlles serrestituídas polos partidos, federa-cións, coalicións ou agrupacións

que as promoveron.

Artigo 44

1. A Comunidade Autónomasubvencionará os gastos electoraisde acordo coas seguintes regras:

a) Un millón cincocentas milpesetas por cada escano obtido.

b) Sesenta pesetas por votoconseguido por cada candidaturaque obteña escano.

2. O límite de gastos electoraisnas eleccións ó Parlamento deGalicia será o que resulte de mul-tiplicar por corenta pesetas onúmero de habitantes da poboa-ción de dereito da circunscriciónonde cada partido, coalición, fede-ración ou agrupación presentecandidatura. Esta cantidadepoderá incrementarse en razón devinte millóns de pesetas por cadacircunscrición a que concorra.

3. As cantidades mencionadasrefírense a pesetas constantes. AConsellería de Economía e Facen-da fixará as cantidades actualiza-das nos cinco días seguintes á con-vocatoria de eleccións.

4. Ningún partido, federación,coalición ou agrupación pode rea-lizar gastos electorais que superenos límites establecidos no aparta-do 2.(10)

Artigo 45

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

(10) Reprodúcese a versión orixinaria.O artigo 44 foi modificado polo artigoúnico.10.º da Lei 15/1992.(9) Debe entenderse: coalicións.

Page 15: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

1. A Comunidade Autónoma deGalicia concederalles anticiposdas subvencións mencionadas óspartidos, coalicións, federacións eagrupacións que obtivesen repre-sentantes nas últimas elecciónscelebradas ó Parlamento de Gali-cia, de ata un 30% da subvenciónpercibida naquelas.

2. Se concorresen en máis deunha provincia, a solicitude for-mularase polo AdministradorXeral ante a Xunta Electoral deGalicia. Nos restantes supostos,polo Administrador da candidatu-ra ante a Xunta Electoral Provin-cial correspondente, que a cursaráá Electoral de Galicia.

Os anticipos haberán de solici-tarse entre os días vixésimo pri-meiro e vixésimo terceiro poste-riores á convocatoria.

3. A partir do vixésimo novenodía posterior á convocatoria, aAdministración da Comunidadepoñerá á disposición das Adminis-tracións Electorais os anticiposcorrespondentes.

4. Os anticipos deberán reinte-grarse na contía na que superen oimporte definitivo da subvención.

Artigo 46

1. No prazo de catro meses pos-terior ás eleccións, os partidos,federacións, coalicións ou agrupa-cións que acadasen os requisitosesixidos para recibir subvenciónsda Comunidade Autónoma ou quesolicitasen adiantos con cargo ósmesmos, presentarán ante o Con-

sello de Contas unha contabilida-de detallada e documentada dosseus respectivos ingresos e gastoselectorais.

2. A Administración da Comuni-dade Autónoma entregarálle-loimporte das subvencións ós Admi-nistradores Electorais das entida-des que deban percibilas, a non serque lle notificasen á Xunta Electo-ral da Comunidade Autónoma queas subvencións sexan abonadas entodo ou en parte ás entidades ban-carias que designen, para compen-sa-los anticipos ou créditos quelles outorgasen. A Administraciónda Comunidade Autónoma verifi-cará o pagamento conforme ós tér-minos da antedita notificación,que non poderá ser revocada senconsentimento da entidade de cré-dito beneficiaria.

Artigo 47

1. O Consello de Contas, noprazo de un mes a partir do sinala-do no apartado 1 do artigo 46,poderá recabar dos obrigados asaclaracións e documentos comple-mentarios que estime necesarios.

2. Dentro dos sete meses seguin-tes ás eleccións, o Consello deContas pronunciarase sobre aregularidade das contabilidadeselectorais.

3. No suposto de que apreciaseirregularidades ou violación doslímites establecidos na materia deingresos e gastos electorais,poderá propoñe-la non adxudica-ción ou a reducción da subvencióna obter da Comunidade Autónoma

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

Page 16: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

para o partido, coalición, federa-ción ou agrupación implicada.

Se advertise, ademais, indiciosde conductas constitutivas de deli-to, comunicarallo ó MinisterioFiscal.

4. O Consello de Contas remiti-ralles á Xunta e ó Parlamento deGalicia o contido da fiscalizaciónmediante informe razoado e deta-llado comprensivo de declaracióndo importe dos gastos regularesxustificados por cada partido,federación, coalición ou agrupa-ción de electores.

5. Dentro do mes seguinte áremisión do informe a que se refi-re o apartado anterior, a Xunta de

Galicia presentaralle ó Parlamentoo proxecto de crédito extraordina-rio polo importe das subvenciónsque se vai adxudicar, as calesdeberán facerse efectivas dentrodos cen días posteriores á aproba-ción pola Cámara.

Disposición adicional primeira

Facúltase á Xunta de Galiciapara dicta-las disposicións preci-sas para o cumprimento e execu-ción desta Lei.

Disposición adicional segunda

Ós efectos previstos no artigo10, ofrécese o seguinte exemplopráctico: 360.000 votos válidos

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA

emitidos nunha circunscrición que

elixa 17 Deputados. Votación

repartida entre catro candidaturas:

Disposición transitoria primeira

Mentres non se constitúa o Tri-bunal Superior de Xusticia deGalicia, tódalas referencias ómesmo contidas nesta Lei enten-deranse referidas á AudienciaTerritorial da Coruña.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17

(1) (3) (5) (7) (10) (12) (14) (16)

A................. 160.000 80.000 53.333 40.000 32.000 26.666 22.857 20.000 17.777 16.000 14.545 13.333 12.307 11.428 10.666 10.000 9.411

(2) (6) (9) (13)

B................. 98.000 49.000 32.666 24.500 19.600 16.333 14.000 12.250 10.880 9.800 8.909 8.166 7.538 7.000 6.533 6.125 5.764

(4) (11) (15)

C................. 62.000 31.000 20.666 15.500 12.400 10.333 8.557 7.750 6.888 6.200 5.636 5.166 4.769 4.428 4.123 3.875 3.617

(8) (17)

D................. 40.000 20.000 13.333 10.000 8.000 6.666 5.714 5.000 1.111 4.000 3.636 3.333 3.076 2.857 2.666 2.500 2.352

A ............................................................................................. 8

B ............................................................................................. 4

C ............................................................................................. 3

D ............................................................................................. 2

Page 17: Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó …...Galicia aprobou e eu, de confor-midade co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regula-dora da Xunta e do seu Presidente,

Disposición transitoria segunda

1. No prazo de un mes a partirda entrada en vigor desta Lei pro-cederase ó nomeamento dosvocais da Xunta Electoral daComunidade Autónoma.

2. Designados os vocais daXunta Electoral de Galicia, proce-derase á constitución da mesma noprazo de cinco días.

Disposición transitoria terceira

O réxime de incompatibilidadesdisposto nesta Lei entrará en vigora partir das próximas eleccións óParlamento de Galicia.

Disposición transitoria cuarta

Ós efectos previstos no artigo27, nas primeiras eleccións que secelebren a partir da entrada envigor da presente Lei enténdeseque os Grupos Parlamentariosexistentes no momento da disolu-ción da Cámara asumen a repre-sentación proporcional dos electo-res que, no seu día, votaron ópartido ou coalición polos que sepresentaron os Deputados queconstitúen os Grupos.

Disposición transitoria quinta

Nas primeiras eleccións a cele-brar despois da entrada en vigor dapresente Lei, o número de Deputa-dos do Parlamento de Galicia é de

71, dos que corresponderán 22 áprovincia da Coruña, 15 á deLugo, 15 á de Ourense e 19 á dePontevedra.

Disposición final primeira

En todo o non previsto na presen-te Lei serán de aplicación as normasvixentes para as eleccións lexislati-vas ó Congreso dos Deputados dasCortes Xerais, coas modificacións eadaptacións derivadas do carácter eámbito da consulta electoral ó Par-lamento de Galicia e, neste senso,enténdese que as competencias atri-buídas ó Estado e ós seus órganos e autoridades se asignan ás co-rrespondentes da ComunidadeAutónoma verbo das materias quenon son competencia exclusivadaquel.

Disposición final segunda

Esta Lei entrará en vigor ó díaseguinte da súa publicación noDiario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 deagosto de 1985

Gerardo Fernández AlborPresidente

LEI 8/1985, DO 13 DE AGOSTO, DE ELECCIÓNS Ó PARLAMENTO DE GALICIA