ADDENDA A PROGRAMACIÓN HISTORIA DA FILOSOFÍA DE 2º DE ... · ESTÁNDARES e resultados de...
Transcript of ADDENDA A PROGRAMACIÓN HISTORIA DA FILOSOFÍA DE 2º DE ... · ESTÁNDARES e resultados de...
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
1
ADDENDA A PROGRAMACIÓN HISTORIA DA FILOSOFÍA DE 2º DE BACHARELATO
Xfª Departamento Filosofia: Eunice Grande Meizoso
Asignación de Materias e Grupos: Historia da Filosofía (8 horas): 2º BACH: A e B.
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.DA PROGRAMACIÓN DIDACTICA DO BACHARELATO. ADDENDA
A Lei orgánica 8/2013 do 9 de Decembro para a mellora da calidade educativa, LOMCE, establece, Preámbulo I que “El aprendizaje en la
escuela debe ir dirigido a formar personas autónomas, críticas, con pensamiento propio”.
Decreto 86/2015, do 25 de Xuño, (DOGA 29 Xuño) establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade
Autónoma de Galicia; marco primordial de referencia para a presente programación; terá que adaptarse por motivo do Real Decreto 463/2020,
do 14 de Marzo do 2020, a ter en conta:
- Na Orden ECD/65/2015 do 21 de Xaneiro, pola que se describían as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios da
avaliación da educación primaria, secundaria e do bacharelato ; haberá que reformar Os Criterios da Avaliación, pasando a rexernos polo
recollido nos Anexos I e II do BOE do 24 de Abril de 2020 e no EFP 365/2020 da Comunidade Autónoma de Galicia.
- E a Resolucións do 27 e 28 de Abril do 2020,recollidas no DOGA Nª86 do 6 de Maio do 2020: (RESOLUCIÓN de 28 de abril de 2020, conjunta de la
Secretaría General de Universidades y de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se modifica la Resolución de 26 de febrero de 2020 por la que se
dictan instrucciones para la realización, dentro del curso 2019/20, de la evaluación de bachillerato para el acceso a la universidad (EBAU) para el curso 2020/21). E que condicionarán os
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
2
Criterios da Avaliación do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 29 de xuño, da ESO e do bacharelato nos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 15 de xullo 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan
instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17 do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- O Informe dos Servizos Territoriais da Inspección educativa do 7 de abril de 2016.
En liña coa Recomendación 2006/962/EC do Parlamento Europeo e do Consello, , e recollidas no noso marco de referencia: Decreto 86/2015
do 25 de Xuño, considerase que “as competencias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu desenvolvemento
persoal, para a ciudadanía activa e a inclusión social e o emprego”; finalidades expresas do proceso de socialización da LOMCE.
A LOMCE modifica os elementos que compoñen o CURRICULO: Os OBXECTIVOS de cada ensino e etapa educativa. As
COMPETENCIAS ou capacidades para aplicar os contidos de cada ensino e etapa educativa. Os CONTIDOS ou conxuntos de
coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos e á adquisición de competencias. (Os contidos
ordénanse en materias, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e módulos en función das ensinanzas e as etapas educativas).Os
ESTÁNDARES e resultados de aprendizaxe avaliables, que permiten definir os resultados das aprendizaxes en cada materia, e que serán
especialmente relevantes como base dos criterios da Avaliación. Os CRITERIOS de AVALIACIÓN do grao de adquisición das
competencias e do logro dos obxectivos de cada ensino e etapa educativa. E a METODOLOXÍA DIDÁCTICA, que comprende tanto a
descrición das prácticas docentes como a organización do traballo dos docentes.
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
3
2. OBXECTIVOS DA ETAPA DO BACHARELATO LOMCE
Os obxectivos veñen explicitados no Artigo 26 do marco de referencia, que di que o bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as
capacidades que lle permitan:
a) Exercer a cidadanía democrática desde una perspectiva global, e adquirir una conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da
Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos Dereitos humanos, corresponsabilidade cara a constitución
dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.
b) Consolidar una madurez persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser
quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e
discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por
calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.
d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o aproveitamento da aprendizaxe e como medio de
desenvolvemento persoal.
e) Dominar, tanto a expresión oral como escrita, da lingua galega e a lingua castelá.
f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou mais linguas estranxeiras.
g) Utilizar con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa
evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.
i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.
j) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica
a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio
ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.
k) Afianzar o espírito emprendedor: actitudes de creatividade, flexibilidad, traballo en equipo, confianza nun mesmo e senso crítico.
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
4
l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.
m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables.
n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.
ñ) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuir á súa conservación e mellora no contexto dun mundo
globalizado.
A consecución destes obxectivos son os que permitirán a Xunta de Avaliación establecer Criterios de promoción de xeito extraordinario.
B) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA HISTORIA DA FILOSOFÍA, 2ª BACHARELATO LOMCE (ADDENDA)
1. CONTEXTUALIZACIÓN
En concordancia co Estado de Alarma decretado o 14 de Marzo do 2020, e seguindo a normativa que afecta a nova situación das ensinanzas
do Bacharelato: BOE do 24 de Abril do 2020 nos seus Anexos II e III, EFP 365/2020, e as resolución do 27 e 28 de Abril do 2020 da Comunidade
autónoma de Galicia e recollidos no DOGA Nº86 do 6 de Maio do 2020; faremos as seguintes adaptacións dos contidos e por tanto dos estándares
mínimos esixibles que serán os que nos permitan adaptar os procedimentos e instrumentos de avalición que utilzaremos no terceiro trimestre en
particular, e que afectará a avaliación da materia no curso 2019/2020 en xeral. Tendo en conta ademáis, as repercusións que todo isto terá nas
posibles probas obxectivas da materia ó final de curso ou setembro. A materia está organizada en cinco bloques: o primeiro é transversal e, por
tanto, reaparecerá ao longo de todo o currículo, trátase da análise de textos, a argumentación, as ferramentas de investigación propias da filosofía
e as aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación na materia; os outros catro bloques corresponden coas catro épocas máis
relevantes da historia no relativo ao pensamento: Grecia Antiga, a Idade Media, a Modernidade e a Ilustración e a filosofía da Idade
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
5
Contemporánea, que chega a ocuparse de autores/as e problemas actuais. Estes Dous últimos bloques foron estructurados a través de autores/as
salientables, cara a unha das opción da selectividade escollida pola maioria dos alumnos: Opción A. Centrándonos a partir do 20 de Marzo en Kant
e Marx, e a súa contextualización.
2. Contribución ó desenvolvemento das competencias básicas
A Hª da Filosofía como materia potencia o desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, (CSC) por estar estreitamente vinculadas
coa finalidade última de todo o seu proxecto. Pero nesa consecución precisa acudir á competencia en comunicación lingüística, (CCL) que lle
permite ao alumnado tanto a exposición dun pensamento rigoroso e claro como o diálogo frutífero coas demais persoas. A competencia de
aprender a aprender (CAA) maniféstase na obriga intrínseca do facer filosófico de xerar marcos de sentido cada vez máis complexos, globais
e enriquecedores que nos permitan tratar cunha realidade plástica, multifacética e omniabarcante, realidade que provoca en nós a moi humana
sensación de admiración. E nesa sensación, a Filosofía non está soa, xa que a matemática e a ciencia coa tecnoloxía se nutren da mesma fonte,
e a competencia neses saberes cobra máis luz cando se examinan desde o saber que na orixe foi un con eles (CMCT). Pero non chega a
admiración. Con ela aparece a curiosidade que só se satisfai cando polo sentido de iniciativa e o espírito emprendedor nos animamos á acción,
á creación e á innovación (CSIEE). O mesmo saber require atrevemento, iniciativa, como nos lembra Kant. A competencia dixital (CD)
capacita os alumnos e as alumnas para o uso das novas tecnoloxías que serven para traballar coa materia mesma da razón, o sentido, que se
presenta baixo as dúas facetas da información e a comunicación. O percorrido da filosofía polos seus temas e pola súa historia brinda acceso,
ao cabo, a un panorama de teorías, pensadores/as, correntes, ideas, argumentos, críticas e preguntas que conforman a trama onde se viñeron
tecendo as expresións culturais que nos fan ser o que somos (CCEC) xa que se recorre constantemente ao diálogo entre épocas e autores/as
anteriores, facendo unha revisión das súas achegas ao ámbito das expresións culturais a nivel histórico.
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
6
A consecución destas competencias clave por parte do alumnado levarase a cabo cun cambio a nivel metodolóxico no proceso de ensino e
aprendizaxe que supon un reto para os/as profesionais da educación nesta etapa: clases virtuais, reforzos de contidos, medidas de acompañamento
telemático nas aprendizaxes…. Este cambio hase concretar na práctica de traballo da aula virtual e na metodoloxía, que lle permita o alumnado
o mais alto grao de dominio das competencias. Utilizaranse procedementos de avaliación variados: por rúbricas, escalas, probas obxectivas orais
e escritas se fosen posibles, portafolios e entrega de traballos na Aula virtual do Teams. (Resumos, sintese, esquema, cadros comparativos…)
posibilitando a participación do alumnado no seu proceso de avaliación a través das clases virtuais, que manteñen o seu horario habitual do curso
escolar 2019/2020. O aprendizaxe levado a cabo se voltou mais autónomo , sen dúbida a partires do 20 de Marzo do 2020
3. Criterios de avaliación relacionados cos respectivos estándares de aprendizaxe mínimos esixibles e as competencias
básicas.
HªdaFª
2Bach. Criterios de Avaliación Estándares de Aprendizaxe Mínimos Esixibles Competencias
Hª da Fª 2Bach.
B1.1. Realizar a análise de fragmentos
dos textos máis salientables da hª da
filosofía, e ser capaz de transferir os
coñecementos a outros/as autores/as ou
problemas.
HFB1.1.1. Comprende o sentido global dos textos máis salientables dos/das autores/as
estudados/as, recoñecendo a orde lóxica da argumentación e as formulacións que se defenden, e é
quen de transferir os coñecementos outros/as autores/as ou problemas. HFB1.1.2. Analiza as ideas do texto, identificando a conclusión e os conceptos e as ideas
relevantes, e recoñece a súa estrutura e a orde lóxica da súas ideas. HFB1.1.3. Argumenta a explicación das ideas presentes no texto, en relación coa filosofía do/da
autor/a e os contidos estudados.
CCL, CAA
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
7
Hª da Fª 2Bach.
B1.2.Argumentar con claridade e
capacidade crítica, oralmente e por
escrito, as súas propias opinións sobre
os problemas fundamentais da filosofía,
dialogando de xeito razoado con outras
posiciónsdiferentes.
HFB1.2.1. Argumenta as súas propias opinións con claridade e coherencia, tanto oralmente como por escrito. HFB1.2.2. Utiliza o diálogo racional na defensa das súas opinións, e valora a diversidade de ideas e,
á vez, apoiándose nos aspectos comúns
CCL,CSIEE, CSC
Hª da Fª 2 Bach.
B1.3. Aplicar adecuadamente as
ferramentas e os procedementos do
traballo intelectual á aprendizaxe da
filosofía, realizando traballos de
organización e investigación dos
contidos.
HFB1.3.1. Sintetiza correctamente a filosofía de cada autor/a, mediante resumos dos seus contidos
fundamentais, e clasifícaos nos núcleos temáticos que atravesan a historia da filosofía: realidade,
coñecemento, ser humano, ética e política. HFB1.3.2. Elabora listaxes de vocabulario de conceptos, comprende o seu significado, organízaos
en esquemas ou mapas conceptuais, táboas cronolóxicas e outros procedementos útiles para a comprensión da filosofía do autor, e aplícaos con rigor. HFB1.3.3. Selecciona información de distintas fontes, bibliográficas e de internet, e recoñece as
fontes fiables. HFB1.3.4. Realiza redaccións ou disertacións, traballos de investigación e proxectos que impliquen
un esforzo creativo e unha valoración persoal dos problemas filosóficos formulados na historia da
filosofía.
CAA, CCL,CD, CSIEE
Hª da Fª 2Bach.
B1.4. Utilizar as tecnoloxías da
información e da comunicación na
realización e na exposición dos traballos
de investigaciónfilosófica.
HFB1.4.1. Utiliza as ferramentas informáticas e da web 2.0. (wikis, blogs, redes sociais, procesador
de textos, presentación de diapositivas ou recursos multimedia, etc.) para o desenvolvemento dos
traballos. HFB1.4.2. Realiza procuras avanzadas en internet sobre os contidos da investigación e
decide os conceptos adecuados. HFB1.4.3 Colabora en traballos colectivos de investigación, utilizando as tecnoloxias da información
e a comunicación
CD
Hª da Fª
2Bach.
B2.1. Coñecer a orixe da filosofía en
Grecia e comprender o primeiro gran
sistema filosófico, o de Platón,
analizando a relación entre realidade e
coñecemento, a concepción dualista do
ser humano e a dimensión
antropolóxica e política da virtude, en
relación coa filosofía presocrática e o
HFB2.1.1. Utiliza conceptos de Platón como idea, mundo sensible, mundo intelixible, ben, razón,
doxa, episteme, universal, absoluto, dualismo, reminiscencia, transmigración, mímese, methexe,
virtude e xustiza, entre outros, e aplícaos con rigor. HFB2.1.2. Entende e explica con claridade, tanto na linguaxe oral como na escrita, as teorías
fundamentais da filosofía de Platón, analizando a relación entre realidade e coñecemento, a
concepción dualista do ser humano e a dimensión antropolóxica e política da virtude. HFB2.1.3.
Distingue as respostas da corrente presocrática en relación á orixe do Cosmos, os conceptos
fundamentais da dialéctica de Sócrates e o convencionalismo democrático e o
CCL, CAA, CSC
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
8
xiro antropolóxico de Sócrates e os Sofistas, valorando a súa
influencia no desenvolvemento das
ideas e os cambios socioculturais da
Grecia antiga, e apreciando
criticamente o seu discurso.
relativismo moral dos sofistas, identificando os problemas da filosofía antiga, e relacionando esas
respostas coas solucións achegadas por Platón. HFB2.1.4. Respecta o esforzo da filosofía de Platón por contribuír ao desenvolvemento das
ideas e aos cambios sociais da Grecia antiga, valorando positivamente o diálogo como método filosófico, o nacemento
das utopías sociais, o sentido do gobernantefilósofo ou a súa defensa da inclusión das mulleres na
educación.
Hª da Fª 2Bach.
B2.2. Entender o sistema teleolóxico de
Aristóteles, en relación co pensamento
de Platón e a física de Demócrito, e
valorando a súa influencia no
desenvolvemento das ideas e cos
cambios socioculturais da Grecia
antiga.
HFB2.2.1. Utiliza con rigor conceptos do marco do pensamento de Aristóteles, como substancia,
ciencia, metafísica, materia, forma, potencia, acto, causa, efecto, teleoloxía, lugar natural, indución,
dedución, abstracción, alma, monismo, felicidade e virtude, entre outros. HFB2.2.4. Estima e razoa o esforzo da filosofía de Aristóteles por contribuír ao desenvolvemento do
pensamento occidental, valorando positivamente a formulación científica das cuestións.
CCL, CAA, CMCCT
Hª da Fª 2Bach.
B3.1. Explicar a orixe do pensamento
cristián e o seu encontro coa filosofía a
través das ideas fundamentais de
Agostiño deHipona, apreciando a
defensa da liberdade, da verdade e do
coñecemento interior ou a historia.
HFB3.1.1. Explica o encontro da filosofía e a relixión cristiá nas súas orixes, a través das teses
centrais do pensamento de Agostiño de Hipona
CCEC
Hª da Fª 2Bach.
B3.2. Coñecer a síntese de Tomé de
Aquino, en relación coagostinismo,
filosofía árabe e xudea, e valorar a súa
influencia nos cambios socioculturais da Idade Media
HFB3.2.1. Define conceptos de Tomé de Aquino, como razón, fe, verdade, deus, esencia,
existencia, creación, inmortalidade, lei natural, lei positiva e precepto, entre outros, e aplícaos con rigor.
CCL, CA A, CSC
Hª da Fª 2 Bach
B4.2. Entender o racionalismo de
Descartes, distinguíndoo e
relacionándoo coa filosofía humanista
e de Spinoza, e valorar a súa influencia
no desenvolvemento das ideas e nos
HFB4.2.1. Identifica conceptos de Descartes como razón, certeza, método, dúbida, hipótese, "cogito",
idea, substancia e subxectivismo, entre outros, e aplícaos con rigor. HFB4.2.2. Comprende e explica con claridade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, as teorías
fundamentais da filosofía de Descartes, analizando o método e a relación entre coñecemento e
CCL, CCEC, CSC, CAA
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
9
realidade a partir do "cogito" e o dualismo no ser humano, en comparación coas teorías da filosofía
antiga e da medieval .
cambios socioculturais da Idade
Moderna. HFB4.2.3. Identifica os problemas da filosofía moderna e relaciónaos coas solucións aportadas por Descartes. HFB4.2.4. Estima e razoa o esforzo da filosofía de Descartes por contribuír ao desenvolvemento
das ideas e aos cambios socioculturais da Idade Moderna e valora a universalidade da razón
cartesiana
Hª da Fª 2 Bach
B4.3. Coñecer o empirismo de Hume en
relación co liberalismo político de
Locke, e valorar a súa influencia no
desenvolvemento das ideas e os
cambios socioculturais da Idade
Moderna.
HFB4.3.3. Coñece e explica as ideas centrais do liberalismo político de Locke, identificando os problemas da filosofía moderna, e relaciónaas coas solucións aportadas por Hume. HFB4.3.4. Valora o esforzo da filosofía de Hume por contribuír ao desenvolvemento das ideas e aos
cambios socioculturais da Idade Moderna, xulgando positivamente a procura da felicidade colectiva.
CCL, CMCCT, CSC
Hª da Fª 2 Bach
B4.5. Comprender o idealismo crítico de
Kant, en relación co
racionalismo de Descartes, o empirismo
de Hume e a filosofía ilustrada de Rousseau, e valorar a súa
influencia no desenvolvemento das
ideas e os cambios socioculturais da
Idade Moderna.
HFB4.5.1. Aplica conceptos de Kant como sensibilidade, entendemento, razón, crítica,
transcendental, ciencia, innato, xuízo, a priori, a posteriori, facultade, intuición, categoría, ilusión
transcendental, idea, lei, fenómeno, nóumeno, vontade, deber, imperativo categórico, autonomía,
postulado, liberdade, dignidade, persoa, paz e pacto, entre outros, e utilízaos con rigor. HFB4.5.2.
Entende e explica con claridade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, as teorías fundamentais da
filosofía de Kant, analizando as facultades e os límites do coñecemento, a lei moral e a paz perpetua,
comparándoas coas teorías da filosofía antiga, medieval e moderna. HFB4.5.3. Describe a teoría política de Rousseau, identificando os problemas da filosofía moderna
e relacionándoa coas solucións achegadas por Kant. HFB4.5.4. Respecta e razoa o esforzo da filosofía de Kant por contribuír ao desenvolvemento das
ideas e aos cambios socioculturais da Idade Moderna, e valora a dignidade e a procura da paz entre
as nacións
CAA, CCL, CSC
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
10
Hª da Fª
2 Bach
B5.1. Entender o materialismo histórico
de Marx, en relación co idealismo de
Hegel e con Feuerbach, e valorar a súa
influencia no desenvolvemento das
ideas e nos cambios socioculturais da Idade Contemporánea
HFB5.1.1. Identifica conceptos de Marx como dialéctica, materialismo histórico, praxe, alienación,
infraestrutura, superestrutura, forzas produtivas, medios de produción, loita de clases, traballo, plusvalor e humanismo, entre outros, e utilízaos con rigor. HFB5.1.2. Coñece e explica con claridade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, as teorías
fundamentais da filosofía de Marx, examinando o materialismo histórico e a crítica ao idealismo, á
alienación e á ideoloxía, e expón a súa visión humanista do individuo. HFB5.1.3. Identifica os problemas da filosofía contemporánea en relación coas solucións
achegadas por Marx.
CCL, CCEC, CSC
HFB5.1.4. Valora o esforzo da filosofía de Marx por contribuír ao desenvolvemento das ideas e aos
cambios sociais da Idade Contemporánea, xulgando positivamente a defensa da igualdade social
En caso de non acadar unha avaliación positiva acompañarase a cualificación do alumno cun informe individual, que será entregado o titor na
avaliación final. (Modelo de informe que aparece nesta adenda, o final, como Anexo I).
4. Actividades de aprendizaxe asociadas a cada bloque de contido (En azul as Recuperacións e o Reforzo no 3º
Trimestre.)
Bloques de
Contidos
Obxectivos
.
Contidos Actividades de aprendizaxe
Hª da Filosofía. 2º
Bach
Bloque 1.
Transversais
b,d, e,h B1.1. Comentario de texto. Realización de comentarios de texto para as
temáticas filosóficas estudadas
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
11
Hª da Filosofía. 2º
de Bach.
Bloque 1. transversais
a,b, c,d, e B1.2. Diálogo filosófico e argumentación. Análise crítico de textos
Comentarios críticos de textos actuais
Hª da Filosofía. 2º
de Bach.
Bloque 1. transversais
b,d, e,g, m B1.3. Ferramentas de aprendizaxe e investigación da
filosofía.
Resumos, esquemas, recensións, análise,
comentario e composicións de texto, diálogo
filosófico... Investigacións webs recomendadas
Hª da Filosofía. 2º
de Bach.
Bloque 1 transversais
d,g, m B1.4. Aplicación das competencias de tecnoloxías da
información e da comunicación á historia da filosofía.
Presentar en soporte informático aquelas tarefas
pertinentes 3ª Avaliación (Tics)
Hª da Filosofía. 2º de Bach.
Bloque 2.
A filosofía na
Grecia antiga
b,c, d,e, h B2.1. Orixe da filosofía grega. Os presocráticos:
resposta á orixe do cosmos.
B2.2. Dialéctica socrática.
B2.3. Convencionalismo dem. e relativismo dos sofistas
B2.4. Platón: ontoloxía e coñecemento;concepción
dualista do ser humano; dimensión antropolóxica e
política da virtude; o autor e o seu contexto.
Realizar un cadro comparativo
Mapa conceptual
Esquema - Resumo
Comentario de texto
Exercicios de sintese.
Cadro Comparativo
Historia da
Filosofía.
2º de
bacharelato
Bloque 2.
A filosofía na
Grecia antiga
b, d, e, h B2.5. A física de Demócrito.
B2.6. Problemas da filosofía antiga e solución de
Aristóteles.
B2.7. Aristóteles: metafísica, física, coñecemento, ética
eudemonista e política. Comparación coa filosofía
platónica. O autor e o seu contexto.
Mapa conceptual
Esquema- resumo influencia
Cadro comparativo
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
12
Historia da
Filosofía.
2º De
bacharelato
Bloque 2.
A filosofía na
Grecia antiga
d, e, h,l B2.8. Doutrinas éticas helenísticas:
Epicureísmo, Estoicismo e Escepticismo.
B2.9. Científicos helenísticos.
B2.10. A Biblioteca de Alexandría.
Cadro comparativo
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 3.
A Fª
medieval
b,c,d
,e, h
B3.1. Cristianismo e filosofía. Agostiño de
Hipona: teoría da iluminación, flosofía da hstoria, o
problema da certeza e a defensa da liberdade.
Facer un esquema
Comentario de Texto
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 3.
A Fª medieval
d, e, h B3.2. Escolástica medieval. Tomé de Aquino: relacións
de razón e fe. Vías para a demostración da existencia
de Deus. Lei moral. Relación coa filosofía antiga e coa
agostiniana, a xudía e o nominalismo. O autor e o seu
contexto.
Recensión
Esquema-resumo
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 3. A
Fª medieval
d,
e, h
B3.4. Crise da Escolástica no século XIV: nominalismo
de Guillerme de Ockham. Relacións entre razón e fe.
Novo pulo para a ciencia.
Facer un esquema
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 4.
A
filosofía na
Modernidade e
na Ilustración
b, ,c,d,
e,
h,l
B4.1. A filosofía no Renacemento.
Humanismo: novo concepto sobre a natureza
humana.
B4.3. Implicacións da revolución científica.
B4.4. Realismo político de Maquiavelo.
Esquema-resumo
Cadro Comparativo
Exercicios de Sintese
Comentario de texto
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
13
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 4.
A filosofía na
Modernidade e
na Ilustración
b, c, d, e, h
B4.5. Descartes: O método, o "cogito" (coñecemento e
realidade) e o dualismo antropolóxico. B4.6. Comparación do autor coa filosofía antiga e
medieval, e relación coa Moderna.
O autor e o seu contexto.
Análise comparativo
Cadro Comparativo
Sintese
Comentario de texto
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 4. A
filosofía na
Modernidade e
na Ilustración
b, c, d, e,
h,l
B4.7. Hume: o coñecemento, crítica á causalidade e
á substancia. Emotivismo moral. Comparación coa
filosofía anterior. O autor e o seu contexto B4.8.
Locke: liberalismo político.
Mapa conceptual
Comentario de texto Locke
Exercicios de sintese por Tema virtual Locke
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 4. A
filosofía na
Modernidade e
na Ilustración
b, c, d, e, h
B4.9. A Ilustración francesa. Rousseau: a crítica social, a
crítica á civilización, o estado de natureza, a defensa do
contrato social e a vontade xeral.
Mapa conceptual
Analise comparativo
Exercicios de sintese por tema virtual:
Idade Moderna
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 4. A
filosofía na
Modernidade e
na Ilustración
b, c, d, e, h
B4.10. Idealismo transcendental. Kant: as facultades e
límites do coñecemento.
B4.11. Lei Moral e paz perpetua.
B4.12. Relación do proxecto ilustrado de Rousseau coa
filosofía Moderna e Kant. B4.13. Comparación coas
teorías da filosofía antiga, medieval e moderna.
Mapa conceptual
Análise comparativo
Cadro Comparativo
Exercicios de Sintese por tema virtual: Kant
Esquema-resumo
Comentarios de textos
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707
Santiago de Compostela [email protected]
14
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 5. A
filosofía
contemporánea
b, ,c,d
,e, h
B5.1. Marx: o materialismo histórico, a crítica ao
idealismo, á alienación e á ideoloxía, e a súa visión
humanista do individuo.
B5.2. Relación de Marx cos problemas da filosofía
contemporánea. O autor e o seu contexto.
Mapa conceptual
Análise comparativo
Comentario de texto
Cadro comparativo
Exercicios de sintese por tema virtual: Marx
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 5. A filosofía
contemporánea
b, ,c,
,d,e
,h
B5.3. Nietzsche: crítica á metafísica, á moral e á ciencia;
a verdade como metáfora.
B5.4. O superhome, como resultado da inversión de valores e a vontade de poder, e comparación coas teorías
da filosofía antiga, medieval, moderna e contemporánea.
O autor e o seu contexto.
B5.5. A vontade en Schopenhauer.
Esquema relacional
Historia da
Filosofía. 2º
de bacharelato
Bloque 5. A
filosofía
contemporánea
b, ,c,
d,e
,h
B5.6. Filosofía española. Ortega y Gasset: a súa relación
con posturas filosóficas como o realismo, o racionalismo,
o vitalismo ou o existencialismo, e outras posturas
filosóficas. O autor e o seu contexto.
Esquema relacional
Tanto as actividades de reforzo como as de recuperación até o Bloque 4: René Descartes serán avaliadas sobre os estándares mínimos esixibles.
Avanzamos en contidos cara a Selectividade: Opción A. Bloque 5 Karl Marx
Instrumentos de avaliación
O Caderno/Portofolio cobrarán unha importancia vital Traballo
individual escrito.
Elaboración das tarefas co manexo das Tics
Elaboración de recensións e resumos.
Esquemas comparativos
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707 Santiago de Compostela [email protected]
15
Cadros comparativos e de oposición
Definición de conceptos
Mapas conceptuais
Lecturas de textos
Lecturas actuáis relacionadas cos autores
Análise comparativo
Redaccións e reflexións críticas
Proba oral (clases
virtuais Teams) Test
de comprensión por
escrito.
Observación do progreso no portofoli
Criterios cualificación e Avaliación
Na programación especificábase que o 90% da nota correspondería as probas obxetivas da avaliación; e o 10% o progreso e resultado
obtido polas tarefas da avaliación. Mantense o criterio pero aplicando a nova normativa co cal, corresponde agora o 90% as probas
obxectivas para acadar os estándares mínimos esixibles (70% da 1ª e 2ª Avaliación e o 30% elexibles. BOE do 24 Abril 2020), e o
outro 10 % corresponderase co progreso feito polo alumno, sempre para sumarlle en positivo se é o caso.
Sempre e cando a 1ª e 2ª Avaliación teñan como mínimo un 5 que corresponde co Suficiente, a nota das actividades da Terceira
Avaliación suporá un 10 % a sumarlle, se fora o caso de progreso positivo, a media obtida na primeira e segunda Avaliación para obter
a Nota Final.
Faranse recuperacións a través de tarefas concretas para acadar os estándares mínimos esixibles (comenzaronse o venres 8 de Maio
e están publicadas en Teams); e aqueles que non acaden o aprobado, teñen dereito a facer un exame como proba obxectiva de
recuperación escrita ou oral; presencial si se permite a incorporación as aulas a finais de Maio, ou a través de medios telemáticos si
aquilo resultase imposible.
En caso de abandono, ou non entrega da totalidade das tarefas, ou non acadar o mínimo esixible nas recuperacións das dúas primeiras
avaliacións, considerarase o suspenso do alumno e faráselle o informe desfavorable correspondente a situación excepcional que
acompañará a súa cualificación Final.
Os alumnos suspensos na Avaliación Final terán opción a presentarse o exame das probas de Setembro, e marcaráselles a través do
informe individual os estándares e contidos que deben reforzar para acadar o aprobado da materia.
Os exames terán a mesma opcionalidade e características do que se lle oferta nas ABAU: de entre catro posibles, escoller un dos
modelos.
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707 Santiago de Compostela
16
Resumo Criterios de Avaliación e Cualificación
Avaliación Procedementos: rúbricas, probas obxectivas orais e escritas finais, portafolios, actividades do
Teams:(Resumos, sintese, esquema, cadros comparativos…) (Páx. 10-14 da Addenda)
Avaliación Instrumentos: O Caderno/Portofolio, elaboración das tarefas co manexo das Tics, elaboración
de recensións e resumos, esquemas comparativos, cadros comparativos e de oposición,
definición de conceptos, mapas conceptuais, lecturas de textos…(Páx. 14 da adenda)
Cualificación Final Proc. Cara a Cualificación final:
Informe Estándares: 90% probas obxectivas para acadar os estándares mínimos esixibles,
máis o 10 % do progreso positivo feito polo alumno. Anexo I : A B C D E F
NOTA FINAL (Numérica) = Media 1ª e 2ª Avaliación( aprobadas) + 10% Actividades Terceiro
trimestre (positivas).
Avaliacións Suspensas: Actividades recuperación máis Exame final escrito/Oral estilo ABAU,
presencial ou telemático. Finais de Maio do 20 ó 29 de Maio, ou até o 3 de Xuño.(Reducindo o
terceiro trimestre a Opción A Selectividade)
Proba
Extraordinaria
Setembro
Os exames terán a mesma opcionalidade e características do que se lle oferta nas ABAU: de entre
catro posibles, escoller un dos modelos.
O último trimestre redúcese os autores da opción A da Selectividade: Kant e Marx.
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707 Santiago de Compostela
17
Pendentes: Hai Un Alumno
pendente de
Filosofía1 1ª
Chamada: 17 de Febreiro 2ª Chamada: 8 de Maio (Teams)
Criterios Avaliación: Estándares mínimos esixibles de 1º de bacharelato Addenda.
Criterios Cualificación: 80% actividades mais 20% exame final escrito= Nota Final
Procedementos e instrumentos de Avaliación: 1ª Convocatoria: Dous cuadernillos de actividades
(Non recollidos en febreiro, día 17, nin entregados polo alumno). 2ª Convocatoria: Actividades
de recuperación ( 8 de Maio en Teams):O Caderno/Portofolio, elaboración das tarefas co
manexo das Tics iguais as recuperacións dos alumnos ordinarios da 1ª e 2ª avaliación de 1º de
Bacharelato. Fíxoselle comunicación persoal e grupal a través da plataforma.
PUBLICACIÓN DA ADDENDA A PROGRAMACIÓN DE FILOSOFÍA 1 CURSO 2019/2020:
https://iesasfontinas.sharepoint.com/:f:s/profesorado/EqpcxlvKbWVHqwd-
jhDqziEBAFhM0OezTheb2v36Xe6NGg?e=Q2ceHt Plataforma Teams, equipos de alumnado por grupos: Resumo de
Rúa Estocolmo Nº 5-7
Departamento de FILOSOFíA 15707 Santiago de Compostela
18
ANEXO I Estándares 90% Nome Alumno: Avaliación nivel: A B C D E F HFB 1.1.1 /HFB 1.1.2 /HFB 1.1.3
HFB 1.2.1 / HFB 1.2.2
HFB 1.3.1/HFB 1.3.2/ HFB1.3.3/ HFB1.3.4
HFB 1.4.1/ HFB 1.4.3
HFB 2.1.1/ H FB 2.1.2/2.1.3/ HFB 2.1.4
HFB 2.2.1/HFB 2.2.4
HFB 3.1.1
HFB 4.2.1
HFB 4.2.2
HFB 4.2.3
HFB 4.2.4
HFB 4.3.3
HFB 4.3.4
HFB 4.5.1
HFB 4.5.2
HFB 4.5.3
HFB 4.5.4
HFB 5.1.1
HFB 5.1.2
HFB 5.1.3
HFB 5.1.4
A Excelente (10) B Moi Bó (9) C Bó (8/7) D Suficientemente (6/5) E Escasamente (4/3) F De xeito deficiente (2/1)
CUALIFICACIÓN: X 90% estándares + 10% Progreso do traballo da Aula e Portofolio. (Páx. 15 Criterios Aval.Addenda) NUMÉRICA: XX