Acta da Xunta de Escola ordinaria do 10 de marzo de...

12
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación Acta da Xunta de Escola ordinaria do 10 de marzo de 2010 1 de 4 A sesión, presidida pola Directora, Dona María Edita de Lorenzo Rodríguez, e cos asistentes apuntados á marxe, da comezo ás 16.37 do 10 de marzo de 2010 na sala de xuntas da E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Na reunión desenvólvese a orde do día prevista pola convocatoria do 5 de marzo de 2010: 1. Aprobación, se procede, de actas anteriores Non habendo alegacións, apróbase por asentimento a acta correspondente á Xunta de Escola celebrada o 22 de decembro de 2009. 2. Informe da Dirección ! A Dirección informa do resultado das xestións feitas para ver a posibilidade de adaptación dende as actuais Enxeñarías Técnicas ao novo título de grao: a única opción sería a implantación completa do grao e facer as adaptacións correspondentes entre asignaturas. A Dirección informa tamén da celebración dunha próxima reunión co alumnado para tentar de solventar a dúbidas que plantexa a implantación de nova titulación e a extinción das actuais. ! A Dirección informa do inicio do proceso para as eleccións dos membros electos da Xunta de Escola. ! A Dirección informa de que a decisión definitiva sobre o calendario escolar para o curso 2010/11 aínda non foi tomada, pero a previsión é que se leve ao próximo Consello de goberno para a aprobación definitiva. 3. Aprobación, se procede, do informe das contas do ano 2009 A Dirección expón brevemente o resumo de contas do ano 2009 segundo o informe elaborado pola Administración do Centro (anexo 1). O informe é aprobado por asentimento. 4. Presentación do presuposto para o ano 2010 e aprobación, se procede, da proposta de gasto da partida 221.02 (subministracións de docencia) A Dirección presenta o presuposto do Centro para o ano 2010 (anexo 2) e a proposta de distribución de gasto da partida 221.02 (subministracións de docencia): Asistentes: Abréu Sernández, Mª Victoria Alba Castro, José Luis Alonso Muras, Manuel Alejandro Arias Acuña, Alberto Marcos Barragáns Martínez, Ana Belén Blanco Fernández, Yolanda Burguillo Rial, Juan Carlos Calvo Ruibal, Natividad Corona Pampín, Humberto Jesús Costa Montenegro, Enrique Cuiñas Gómez, Íñigo de Lorenzo Rodríguez, María Edita del Río Vázquez, Alfredo Fernández Barciela, Mónica Fernández Bernárdez, José Ramón Fernández Iglesias , Manuel José Fernández Manín, Generosa Fernández Veiga, Manuel Fraile Peláez, Francisco Javier García Duque, Jorge García Lomba, Guillermo García Sánchez, Manuel García Torrado, Manuel Gil Solla, Alberto González Muíño, Alberto González Rodríguez, Ramón Herrería Alonso, Sergio Liz Marzán, Eduardo Llamas Nistal, Martín López Bravo, Cristina López Fernández, Joaquín López Nores, Martín López Valcarce, Roberto Machado Domínguez, Fernando Márquez Flórez, Óscar William Martín Herrero, Julio Mikic Fonte, Fernando Ariel Mojón Ojea, Artemio Mosquera Nartallo, Carlos Moure Rodríguez, María José Pena Giménez, Antonio Ramos Cabrer, Manuel Raña García, Herminio José Rodríguez Andina, Juan José Rodríguez Banga, Eduardo Rodríguez Hernández, Pedro Salvador Rodríguez Pardo, María Loreto Rodríguez Pérez, Miguel Santos Gago, Juan Manuel Sobreira Seoane, Manuel A. Sousa Vieira, María Estrella Valdés Peña, María Dolores Varas Mérida, Fernando Vázquez Gómez, Vicente Antonio Vera Isasa, María Vidal Pascual, Jacobo Viqueira Hierro, Bernardo

Transcript of Acta da Xunta de Escola ordinaria do 10 de marzo de...

  • Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación

    Acta da Xunta de Escola ordinaria do 10 de marzo de 2010

    1 de 4

    A sesión, presidida pola Directora, Dona María Edita de Lorenzo Rodríguez, e cos asistentes apuntados á marxe, da comezo ás 16.37 do 10 de marzo de 2010 na sala de xuntas da E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

    Na reunión desenvólvese a orde do día prevista pola convocatoria do 5 de marzo de 2010:

    1. Aprobación, se procede, de actas anteriores Non habendo alegacións, apróbase por asentimento a acta correspondente á Xunta de Escola celebrada o 22 de decembro de 2009.

    2. Informe da Dirección ! A Dirección informa do resultado das xestións feitas para ver a

    posibilidade de adaptación dende as actuais Enxeñarías Técnicas ao novo título de grao: a única opción sería a implantación completa do grao e facer as adaptacións correspondentes entre asignaturas. A Dirección informa tamén da celebración dunha próxima reunión co alumnado para tentar de solventar a dúbidas que plantexa a implantación de nova titulación e a extinción das actuais.

    ! A Dirección informa do inicio do proceso para as eleccións dos membros electos da Xunta de Escola.

    ! A Dirección informa de que a decisión definitiva sobre o calendario escolar para o curso 2010/11 aínda non foi tomada, pero a previsión é que se leve ao próximo Consello de goberno para a aprobación definitiva.

    3. Aprobación, se procede, do informe das contas do ano 2009

    A Dirección expón brevemente o resumo de contas do ano 2009 segundo o informe elaborado pola Administración do Centro (anexo 1).

    O informe é aprobado por asentimento.

    4. Presentación do presuposto para o ano 2010 e aprobación, se procede, da proposta de gasto da partida 221.02 (subministracións de docencia)

    A Dirección presenta o presuposto do Centro para o ano 2010 (anexo 2) e a proposta de distribución de gasto da partida 221.02 (subministracións de docencia):

    Asistentes: Abréu Sernández, Mª Victoria Alba Castro, José Luis Alonso Muras, Manuel Alejandro Arias Acuña, Alberto Marcos Barragáns Martínez, Ana Belén Blanco Fernández, Yolanda Burguillo Rial, Juan Carlos Calvo Ruibal, Natividad Corona Pampín, Humberto Jesús Costa Montenegro, Enrique Cuiñas Gómez, Íñigo de Lorenzo Rodríguez, María Edita del Río Vázquez, Alfredo Fernández Barciela, Mónica Fernández Bernárdez, José Ramón Fernández Iglesias , Manuel José Fernández Manín, Generosa Fernández Veiga, Manuel Fraile Peláez, Francisco Javier García Duque, Jorge García Lomba, Guillermo García Sánchez, Manuel García Torrado, Manuel Gil Solla, Alberto González Muíño, Alberto González Rodríguez, Ramón Herrería Alonso, Sergio Liz Marzán, Eduardo Llamas Nistal, Martín López Bravo, Cristina López Fernández, Joaquín López Nores, Martín López Valcarce, Roberto Machado Domínguez, Fernando Márquez Flórez, Óscar William Martín Herrero, Julio Mikic Fonte, Fernando Ariel Mojón Ojea, Artemio Mosquera Nartallo, Carlos Moure Rodríguez, María José Pena Giménez, Antonio Ramos Cabrer, Manuel Raña García, Herminio José Rodríguez Andina, Juan José Rodríguez Banga, Eduardo Rodríguez Hernández, Pedro Salvador Rodríguez Pardo, María Loreto Rodríguez Pérez, Miguel Santos Gago, Juan Manuel Sobreira Seoane, Manuel A. Sousa Vieira, María Estrella Valdés Peña, María Dolores Varas Mérida, Fernando Vázquez Gómez, Vicente Antonio Vera Isasa, María Vidal Pascual, Jacobo Viqueira Hierro, Bernardo

  • 2 de 4

    Depto. TSC 13840,00 Depto. ET 11418,00 Depto. TE 4498,00 Depto. MA-II 3114,00 Depto. FA 1730,00 Dirección, laboratorios informáticos, ... 4000,00 Reprografía docente: 3021,00

    TOTAL: 41621,00

    A proposta é aprobada por asentimento.

    5. Aprobación, se procede, da subvención ao X Foro Tecnolóxico de Emprego

    A Dirección propón dar unha subvención de 720 € para colaborar na celebración do X Foro Tecnolóxico de Emprego.

    A proposta é aprobada por asentimento.

    6. Aprobación, se procede, da Normativa de acceso ao Centro A Dirección expón a motivación para presentar a proposta de Normativa de acceso ao Centro (anexo 3).

    A proposta é aprobada por asentimento.

    7. Aprobación, se procede, da Planificación Docente Anual (PDA):

    a. Número de prazas de entrada no novo grao e no segundo ciclo da Enxeñaría de Telecomunicación b. Materias de libre elección c. Asignación das novas materias do grao aos Departamento

    d. Reparto das desgravacións docentes asignadas á Dirección do Centro

    A Dirección fai as seguintes propostas:

    ! Establecer o límite de entrada no primeiro curso do novo grao en 150 prazas, e en 50 prazas o límite para o acceso ao segundo ciclo da actual titulación de Enxeñaría de Telecomunicación.

    ! Solicitar, para a oferta de libre elección e por orden de prioridade: 1. Mantemento da materia Tecnoloxía e sociedade

    2. Mantemento da materia Fundamentos da economía

    3. Incrementar os grupos prácticos da materia Fundamentos de robótica

    ! Facer a seguinte asignación a Departamentos das materias do primeiro curso da nova titulación de grao:

    Desculpan a súa asistencia: Alonso Alonso, Ignacio Álvarez Ruiz de Ojeda, Luis Jacobo Anido Rifón, Luis Eulogio Díaz Redondo, Rebeca Pilar Gil Castiñeira, Felipe González Prelcic, Nuria Hermida Domínguez, Ramón Carmelo León Fong, Betty Mireya Martín Rodríguez, Fernando Olivares Requejo, Luis José Pazos Arias, José Juan Rodríguez Rubio, Raúl Fernando Sánchez Sánchez, Enrique

  • 3 de 4

    Materia Sigla Departamento Empresa EM OEM Física: Fundamentos de Mecánica e Termodinámica F_FMT FA Informática: Arquitectura de Ordenadores I_AO ET Matemáticas: álgebra Lineal M_AL MA-II Matemáticas: Cálculo I M_CAL_I MA-II Física: Análise de Circuítos Lineais F_ACL TSC Física: Campos y Ondas F_CO TSC Matemáticas: Cálculo II M_CAL_II MA-II Matemáticas: Probabilidade e Estadística M_PE TSC Programación I P_I ET

    OEM: Organización de Empresas e Mercadotecnia FA: Física Aplicada ET: Enxeñaría Telemática MA-II: Matemática Aplicada II TSC: Teoría do Sinal e Comunicacións

    ! Solicitar que para tódalas materias de primeiro curso do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación se consideren 3 grupos tipo A e 9 grupos tipo B. Ademais, tendo en conta o número real de matriculados, solicitar que se considere un grupo mais de laboratorio nas materias seguintes:

    305010406 Tratamento Dixital de Sinais 305010407 Sistemas de Conmutación 305010753 Procesado de Voz e Audio 305010761 Teledetección 305110303 Medios de Transmisión

    ! Repartir do seguinte xeito as 245 h de reduccións docentes asignadas á Dirección (175 h por aopio á implantación deo EEES, 45 h por intercambio de estudantes e 25 h por prácticas en empresas):

    Profesorado do curso cero: 40 h Coordinación do Módulo de formación básica: 25 h

    Coordinación do Módulo común de telecomunicación: 25 h Coordinación de Calidade: 45 h Subdireccións da ETSET: 110 h

    Todas as propostas da Dirección son aprobadas por asentimento.

    8. Aprobación, se procede, de actualizacións de representantes nas comisións delegadas da Xunta de Escola

    Apróbanse por asentimento a proposta de modificación de membros nas comisións delegadas da Xunta de Escola solicitadas polo Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións:

    ! Na Comisión Permanente noméase á profesora Verónica Santalla como suplente da profesora María Vera.

    ! Na Comisión de Infraestructuras e Equipamento prodúcense as seguintes sustitucións:

    Abandonan a Comisión:

    Fernando Aguado Agelet (Fernando Isasi de Vicente, suplente)

  • 4 de 4

    Francisco Javier Fraile Peláez (Carmen García Mateo, suplente)

    Incorpóranse á Comisión:

    Verónica Santalla del Río (José Luis Alba Castro, suplente) Julio Martín Herrero (Manuel García Sánchez, suplente)

    9. Asuntos de trámite Non hai

    10. Rogos e preguntas Non hai.

    E sen outros asuntos que tratar, a sesión remata ás 17.10 horas en Vigo, a 10 de marzo de 2010

    O Secretario A Directora Artemio Mojón Ojea Mª Edita de Lorenzo Rodríguez

  • 1

    MEMORIA ECONÓMICA E LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO 2009 ETS. ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN Introducción:

    De acordo o orzamento da Universidade de vigo do ano 2009 descentralizánse os créditos dos capítulos II e VI, distribuíndose de conformidade cos criterios de descentralización que se establecían no anexo I “Criterios de distribución e normas complementarias de execución dos créditos descentralizados para o ano 2009” sumando o importe do presuposto asignado á E.T.S. de Enx. de Telecomunicación correspondente ós créditos descentralizados para o exercicio 2009 un total de 341.090,61 !.-, si temos en conta que, a cantidade correspondente ós remanentes específicos foi de 51.129,43 !.- e que con posterioridade recibíronse ingresos por un total de 3.916,26 ! os créditos definitivos alcanzaron un total de 396.136,30 !.-; (Ver cadro páx. 6)

    A dotación inicial deste presuposto, unida ós remanentes específicos do exercicio presupostario 2008, no que se refire ó capítulo II “Gastos en bens correntes e servicios” e capítulo VI “Investimentos” foi suficiente para asumi-la totalidade dos gastos do centro, aínda que se fixeron restructuracións internas no presuposto mediante transferencias duns conceptos presupostarios a outros. No que atinxe ós créditos, cómpre destacar que os gastos correntes en bens e servicios (Cap. II) terán carácter vinculante a nivel de artigo, con excepción dos seguintes, que terán carácter vinculante co nivel de desagregación que se indica: - 226.01 “Atencións protocolarias”, 224.04 “Prácticas de campo”, 280.02 “Producción docente” e 229.03 “Delegación de alumnos”. A liquidación global do presuposto é a que se reflicte no cadro final (páx 6) pasándose seguidamente a analizar por separado os importes aproximados correspondentes ós conceptos principais do gasto.

  • 2

    ARTIGO 21: Reparación, mantemento e conservación. Concepto 212, 213 e 215 Reparacións, mantemento e conservación de edificios, maquinaria, instalacións e mobiliario Principais gastos: Como principais gastos imputados o concepto 212 “reparacións do edificio e outras construccións” cabe mencionar os seguintes traballos: reformas nos baños e na delegación de alumnos (7.160,68 !), revisión e limpeza de canalóns (2.140,20 !), reparacións e axustes en portas de acceso e ventanas (4.177,39 !), outras pequenas reparacións de albanilería (6.536,10 !) e por último traballos e reparacións de fontanería (2.040,67 !). Executáronse tamen tódolos remanentes incorporados neste concepto dende o exercicio económico anterior por importe de 20.525,30 ! No concepto 213 recóllense aqueles gastos correspondentes ó “mantemento da maquinaria e instalacións do centro”, os gastos principais son: mantemento de ascensores de xaneiro a decembro (11.990,52 !), mantemento centro de transformación (1.327,04 !), mantemento instalación eléctrica de baixa tensión (1.310,80 !), mantemento instalación contra incendios (1.707,30 !), mantemento instalación calefacción e aire acondicionado (10.821,84 !), mantemento grupo electróxeno ano 2009 (1.560,20 !), tratamento preventivo antilexionela na instalación de auga do centro (1.276 !) e mantemento do SAI (1.159,52 !); asemade acometéronse diversas reparacións na instalación eléctrica (896,26 !), traballos de reparación no sistema antiincendios no grupo electróxeno e nos ascensores por un importe de 7.255,6 !, sufragouse a instalación de cableado para tomas de telefonía e puntos de acceso a rede ( 3.889,18 !) e por último cabe destacar as reparacións necesarias no sistema de calefacción e aire acondicionado do centro (7.617,71 ! ) Neste concepto atópanse como créditos comprometidos para o ano 2010 diversos mantementos do mes de decembro por importe de 4.873,54 ! que non puideron tramitarse por mor das normas de peche de exercicio .

    No concepto 215 inclúense gastos de pequenas reparacións de “mobiliario e equipamento”: reparación videoproxectores, impresoras e ordenadores por un importe total de 2.528,22 !; resultando un saldo positivo de 3.825,48 ! que en virtude da vinculación a nivel de artigo permitiu financiar o déficit nos concepto 212 e 213 do artigo 21

  • 3

    ARTIGO 22: Material, subministros e outros Concepto 220:Material de oficina Básicamente os gastos principais corresponden a: material de oficina centro (3.809,69 !), papel (5.359,2 !), material de imprenta (2.395,34 !), mantemento das fotocopiadoras da secretaría e da conserxería ano 2009 (568,67 !.). Asemade quedaron comprometidos 500 ! para o ano 2010 para afrontar gastos do último trimestre que non foi posible tramitar por mor das normas de peche de exercicio; resultando un saldo positivo de 1.760,10 ! Comentario: Esta partida resultou excedentaria na súa dotación permitindo asumi-la totalidade dos gastos xerados nela. Esto foi posible ó imputar exclusivamente neste concepto gastos do propio Centro (dirección, servizos informáticos, área académica, área económica e conserxería), sendo asumidos os gastos que, en concepto de material de oficina, fotocopias e material ordinario non inventariable, xeneraron as distintas áreas que integran os departamentos polo subconcepto 221.02 “subministros docentes”. O ser excedentario dito concepto e en virtude da vinculación de créditos por artigo financiou parte do subconcepto 228.02 “Conferencias” Subconcepto 221.01:Subministros administrativos Os gastos principais asumidos nesta partida son: electricidade (102.755,25 !), gasoleo ano 2009 (27.334,31 !.), material uso diverso baños-xabón líquido, toallas e papel hixiénico (2.650,29 !), así como material de mantemento do centro- material eléctrico, cerraxería, ferramentas, bombillas, lampadas videoproxectores etc- ( 8.808,25 !.) Neste subconcepto atópanse comprometidas as cantidades correspondentes a: gastos de electricidade e gasoleo do mes de decembro do 2009 e suministros para os baños e a conserxería por un importe de 15.000 !, por último compre suliñar que na liquidación final da partida resultou un saldo positivo de 2.954,91 ! que en virtude da vinculación dos créditos por artigo financiou parte dos gastos xerados no subconcepto 227.09 “Traballos realizados por outros” Comentario: Este subconcepto víuse incrementado no exercicio económico polo reintegro dos consumos de luz da empresa concesionaria da cafetería por importe de 2.628,94 ! No que atinxe ós subministros administrativos, o presuposto foi excedentario nesta partida permitindo afrontar todolos gastos do funcionamento diario do Centro e como xa ven sendo habitual noutros exercicios permitiu financiar gastos doutros conceptos. Así, dende o subconcepto 221.01 “Suministros Administrativos “ transferiuse a cantidade total de 9.000 ! ó concepto 625“Mobiliario e equipamento”

  • 4

    Subconcepto 221.02:”Submistros docentes” Incluíronse nesta partida os gastos de material tales como fotocopias, material funxible e en xeral tódolos gastos de docencia relativos ás áreas, e segundo o reparto que neste concepto se fixo entre as mesmas e se aprobou en Xunta de Escola (44.116,33 !), resultando na liquidación final un saldo positivo de 31,99 ! Concepto 222 “Comunicacións” Imputáronse nesta partida os gastos de comunicacións postais e de consumo de teléfonos móviles da dirección e a terceira parte do da administradora (868,53 !), quedando comprometida a cantidade de 300 ! para facer fronte as facturas de telefonía móvil e de comunicación postais dos últimos meses que non puderon ser tramitadas.Por outra banda non foron executados na sua totalidade os compromisos do ano 2008 quedando como remanentes de libre disposición (728,50 !) Por último salientar que resultou una liquidación desta partida un saldo positivo de 1.953,17 ! que sufragou en virtude da vinculación de créditos por artigo as partidas deficitarias do artigo 22 (ver cadro pax. 6) Subconcepto 227.09 “traballos realizados por outras empresas” Imputáronse, nesta partida, gastos de limpeza das alfombras do hall (537,48 !), gastos en concepto de mudanzas interiores e retirada de material por importe de 3.688,80 ! e pagos por asistencia e colaboracións informáticas por un total de 800 ! por outra banda é de salientar que o crédito incial desta partida non foi suficiente para asumir tódolos gastos xerados que foron soportados en virtude da vinculación por artigos por as partidas excedentarias (ver cadro pax. 6) e quendando por último comprometida a cantidade de 451 ! para o pago de facturas que non foi posible tramitar polas datas de peche de exercicio Subconcepto 228.02 “conferencias” Imputáronse gastos de conferencias por un total de 2.105,62 ! que gracias a vinculación a nivel de artigo foi financiado polo excedente noutros conceptos (ver cadro pax. 6) xa que logo a vinculación a nivel de artigo permite asumir outros gastos que se imputan a conceptos diferentes ós que se descentralizan. ARTIGO 23.- Indemnizacións por razóns de servicio concepto 230 : “Indemnizacións por razón de servicio” Imputáronse dietas e gastos de locomoción do equipo directivo do Centro por importe de 4.192,38 ! quedando un saldo positivo de 61,62 !

  • 5

    Relacionanse a continuación as partidas vinculantes a nivel de concepto e nas que polo tanto a dotación económica se destinou exclusivamente á finalidade específica para a que se autorizou ou aprobou, sendo necesario facer as correspondentes modificacións presupostarias de querer superar o seu límite. Concepto 229.04:” Prácticas de campo”

    Imputáronse por un importe total de 1.264,88 ! todos os gastos xerados polas diversas prácticas de campo debidamente autorizadas dende o Centro, quedando un saldo positivo na partida de 4.376,12 ! .

    Concepto 280.02: “Producción docente centros” Incorporada a dotación deste concepto (12.634,61 !) no mes de marzo ó presuposto do Centro, imputouse ó mesmo a participación da Escola en diversos Foros (Tecnoloxico de emprego, virtual citrix, evaluación calidad na educ. superior ) e diversas colaboracións coa Escola (automatricula, calidade ,xestion CEET, etc. ) todo por un importe total de 4.102,94 ! Por outra banda, co gallo da dotación de mobiliario e equipamento nos laboratorios docentes, fíxose necesario traspasar a cantidade de 9.000 ! a partida 625 “Mobiliario e equipamento” para a correcta imputación do gasto. Concepto 625: “Mobiliario e equipamento” Neste concepto incluense os gastos con destino ós investimentos que van entrar por primeira vez en funcionamento como mobiliario en xeral, equipos de oficina, equipos informáticos, equipos audiovisuais, informática, software etc. Como gastos máis relevantes acometéronse os seguintes:

    - Reposición equipos informáticos administración 2.713,13 ! - Adquisición novo mobiliario despachos e laboratorios 19.479,06 ! - Adquisición e instalación videoproxectores 3.414,07 ! - Adquisición 2 fontes de auga fría 2.306,77 ! - Adquisición pizarras laboratorios 3.454,08 - Adquisición e instalación antenas, gps y oscilador 3.749,58 ! - Adquisición persianas 1.923,33 !

    Por outra banda compre resaltar a execución dos créditos comprometidos dende o ano 2008 por importe de 6..322,81 ! Comentario: No que atinxe este concepto, o presuposto foi deficitario necesitándose para afrontar todolos gastos presupostados a realización dunha transferencia de crédito dende a partida 280.02 “Producción docente” e da partida 221.01 “Subministros administrativos” por un importe total de 18.000 !

  • 6

  • Orzamento E.T.S.E.T. 2010

    Capítulo II – Gastos correntes en bens e servizos 308 456,00Artigo 21 – Reparación e conservación 78 000,00

    Concepto 212 – De edificios e outras construcións 23 000,00Concepto 213 – De maquinaria, instalacións e ferramenta 52 000,00Concepto 215 – De mobiliario e equipamento 3 000,00

    Artigo 22 – Material, subministracións e outros 226 202,00Concepto 220 – Material de oficina 14 393,00Concepto 221 – Subministracións 196 121,00

    Subconcepto 221.01 – De servizos administrativos 154 500,00Subconcepto 221.02 – De docencia 41 621,00

    Concepto 222 – Comunicacións 3 000,00Concepto 226 – Gastos diversos 3 465,00

    Subconcepto 226.01 – Atencións protocolarias 3 465,00Concepto 227 – Traballos realizados por outras empresas 1 500,00

    Subconcepto 227.09 – Outros 1 500,00Concepto 229 – Extensión Universitaria 7 723,00

    Subconcepto 229.03 – Delegacións de alumnado 3 582,00Subconcepto 229.04 – Prácticas de campo 4 141,00

    Artigo 23 – Indemnización por razón de servizos 4 254,00Concepto 230 – Axudas de custo e locomoción 4 254,00

    Subconcepto 230.01 – Administración 4 254,00

    Capítulo VI – Investimentos reais 20 000,00Artigo 62 – Investimento asoc. funcionamento servizos 20 000,00

    Concepto 625 – Mobiliario e equipamento 20 000,00

    Total 328 456,00

    2010

  • Normativa de acceso á Escola Marzo 2010

    A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación é un centro público con horarios de apertura e peche determinados pola Universidade de Vigo ou pola propia Escola. Como norma xeral, as actividades nos centros deben realizarse dentro destes horarios. Non obstante, a natureza propia das actividades de investigación pode facer necesario o acceso ao Centro e a utilización dos seus recursos fora de tales intervalos.

    Para regular o funcionamento destas situacións extraordinarias establécense estas normas:

    1. Como norma xeral, a forma de acceso fora do horario habitual será a establecida pola Universidade. En este momento consiste en solicitar a apertura da porta aos servizos de seguridade do campus, que esixirán a identificación do usuario e a autorización previa da Dirección do Centro. A Dirección poderá delegar en profesores a emisión destas autorizacións.

    2. En aquelas situacións nas que o acceso teña que ser máis continuado, a Dirección da Escola poderá autorizar o uso de medios específicos para acceder ao Centro (chaves, tarxetas,…). En calquera caso, estas solicitudes deberán estar motivadas e a súa concesión axustarase aos seguintes supostos:

    • Profesorado con despacho na Escola: pode solicitar o acceso de xeito indefinido ou por un período determinado.

    • Traballadores con cargo a proxectos (investigadores, administrativos,…) ou programas de investigación: farase polo tempo de duración do proxecto ou períodos inferiores. A solicitude deberá ir asinada polo solicitante e, no seu caso, polo director do proxecto.

    • Alumnado de doutoramento: farase por cursos académicos ou períodos inferiores. A solicitude deberá ir asinada polo solicitante e polo profesor responsable do alumno.

    • Outro alumnado: farase por trimestres ou períodos inferiores. A solicitude deberá ir asinada polo solicitante e polo profesor responsable do alumno.

    3. En calquera caso, entenderase que as autorizacións cesarán inmediatamente se se perde a condición que a facía posible, polo que os beneficiarios se comprometen a comunicar este feito á Dirección do Centro e a devolver os medios de acceso que, de ser o caso, se lle facilitaran de xeito provisional (chaves, tarxetas,…).

    4. Sen prexuízo doutras posibles accións, a Dirección do Centro poderá revocar unha autorización se se constata que o usuario cometeu un mal uso da súa posibilidade de acceso á Escola.

    5. Calquera outra situación non contemplada nos apartado anteriores será resolta pola Dirección do Centro.