Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de...

43
Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002 No salón de sesións do Pazo provincial da Deputación de Ourense, o vintenove de novembro do ano dous mil dous, reúnese o Pleno da Corporación provincial, baixo a presidencia de D. José Luís Baltar Pumar, presidente da Deputación, co fin de celebrar sesión ordinaria en primeira convocatoria, constituíndose a Corporación cos deputados, D. Rogelio Martínez González, D. José Luis Valladares Fernández, D. Manuel Candal Candal, D. Enrique Carpintero Araújo, D. Francisco José Fernández Pérez, D 0 . Elisa Nogueira Méndez, D 0 . Marina Cuquejo Taboada, D. Francisco Rodríguez Rodríguez, D. Manuel Seoane Rodríguez, D. José Luís Suárez Conde, D. José Manuel Freire Couto, D. Manuel Gallego Vila, D. Ricardo González Lage, D. Antonio Mouriño Villar e D. Benito Vázquez Vázquez, do "Grupo Popular"; D. Manuel Vázquez Fernández, D 0 . Josefa García Cao, e D. Gonzalo Iglesias Sueiro, do "do PSdeG.-PSOE"; D 0 . M 0 . Tereixa Paz Franco, D. Xosé Rodríguez Cid e D. Xosé Antón Jardón Dacal, do "BNG", e don Antonio Troitiño López do "Grupo Mixto Non asisten os deputados provinciais don José García Sanmiguel (Grupo Popular) e don Emilio González Afonso (PSdeG.-PSOE). O deputado Sr. Rodríguez Cid ausentouse do salón de sesións antes de iniciarse o punto 4 da orde do día, e regresou antes de iniciarse o punto 5. A deputada Sra. Paz Franco ausentouse do salón de sesións antes de iniciarse o punto 12 da orde do día e regresou antes de iniciarse o punto 13. O deputado Sr. Vázquez Fernández ausentouse do salón de sesións antes de iniciarse o punto 13 da orde do día e regresou cando se trataba o punto 17. O deputado Sr. González Lage ausentouse do salón de sesións cando se trataba o punto primeiro de urxencia e regresou cando se trataba o punto 2 de urxencia. Áchase presente o interventor, D. José M 0 Baños Campo, e actúa de secretario, dando fe do acto, o secretario, D. Benito González Pérez, abríndose a sesión ás once horas e adoptándose os seguintes acordos: 1) ACTA DA SESIÓN ANTERIOR DO DÍA 25 DE OUTUBRO DE 2002 .- Unha vez vista a acta da sesión ordinaria do día 25 de outubro de 2002, acórdase, por unanimidade, a súa aprobación, sen modificacións. 2) ADXUDICACIÓN DO CONCURSO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS PROVINCIAIS PARA O ANO 2003 .- Dáse conta do seguinte dictame da comisión informativa de Goberno e

Transcript of Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de...

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

No salón de sesións do Pazo provincial da Deputación de Ourense, o vintenove de

novembro do ano dous mil dous, reúnese o Pleno da Corporación provincial, baixo a presidencia

de D. José Luís Baltar Pumar, presidente da Deputación, co fin de celebrar sesión ordinaria en

primeira convocatoria, constituíndose a Corporación cos deputados, D. Rogelio Martínez

González, D. José Luis Valladares Fernández, D. Manuel Candal Candal, D. Enrique Carpintero

Araújo, D. Francisco José Fernández Pérez, D0. Elisa Nogueira Méndez, D0. Marina Cuquejo

Taboada, D. Francisco Rodríguez Rodríguez, D. Manuel Seoane Rodríguez, D. José Luís Suárez

Conde, D. José Manuel Freire Couto, D. Manuel Gallego Vila, D. Ricardo González Lage, D.

Antonio Mouriño Villar e D. Benito Vázquez Vázquez, do "Grupo Popular"; D. Manuel Vázquez

Fernández, D0. Josefa García Cao, e D. Gonzalo Iglesias Sueiro, do "do PSdeG.-PSOE"; D0. M0.

Tereixa Paz Franco, D. Xosé Rodríguez Cid e D. Xosé Antón Jardón Dacal, do "BNG", e don

Antonio Troitiño López do "Grupo Mixto

Non asisten os deputados provinciais don José García Sanmiguel (Grupo Popular) e don

Emilio González Afonso (PSdeG.-PSOE).

O deputado Sr. Rodríguez Cid ausentouse do salón de sesións antes de iniciarse o punto 4

da orde do día, e regresou antes de iniciarse o punto 5.

A deputada Sra. Paz Franco ausentouse do salón de sesións antes de iniciarse o punto 12

da orde do día e regresou antes de iniciarse o punto 13.

O deputado Sr. Vázquez Fernández ausentouse do salón de sesións antes de iniciarse o

punto 13 da orde do día e regresou cando se trataba o punto 17.

O deputado Sr. González Lage ausentouse do salón de sesións cando se trataba o punto

primeiro de urxencia e regresou cando se trataba o punto 2 de urxencia.

Áchase presente o interventor, D. José M0 Baños Campo, e actúa de secretario, dando fe

do acto, o secretario, D. Benito González Pérez, abríndose a sesión ás once horas e adoptándose

os seguintes acordos:

1) ACTA DA SESIÓN ANTERIOR DO DÍA 25 DE OUTUBRO DE 2002.- Unha vez vista a

acta da sesión ordinaria do día 25 de outubro de 2002, acórdase, por unanimidade, a súa

aprobación, sen modificacións.

2) ADXUDICACIÓN DO CONCURSO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS PROVINCIAIS

PARA O ANO 2003.- Dáse conta do seguinte dictame da comisión informativa de Goberno e

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

Réxime Interior:

"Unha vez visto o concurso tramitado para contratación do servicio de limpeza de edificios provinciais durante o ano 2003, segundo acordo da Corporación provincial do 27 de setembro último e pregos de condicións publicados no BOP do día 30 do mesmo mes e anuncio no DOG do 8 de outubro, realizándose a apertura de plicas e documentación o día 24 de outubro, tendo en conta os informes técnicos e a proposta da mesa de contratación do día 14 do actual, proponse, coa reserva de voto do PSdeG.-PSOE e a abstención do BNG, a adxudicación do concurso na seguinte forma:

EDIFICIOS EMPRESA PREZO euros anuais

Pazo provincial LIMPERGAL, SL 64.932,48

Escola de Artes LIMPERGAL, SL 5.431,32

Escola Danzas LIMPERGAL, SL 2.684,64

Escola Gaitas LIMACO 4.763,70

Taller Gaitas LIMACO 2.430,51

Pazo Vilamarín TREBOADA, SC 5.240,14

Centro Cultural LIMPERGAL, SL 41.778,24

O Sr. Presidente fai constar que se propón adxudica-lo concurso ás ofertas máis económicas, xa que se considera que todas cumpren os pregos de condicións". Na deliberación nesta sesión, o Sr. Presidente manifesta que unha vez dictaminado o

expediente pola comisión informativa, os servicios da Deputación infórmanlle que a oferta de

Limpergal, SL, para a limpeza do Centro Cultural, aínda que é a máis económica, non se debe

aceptar, porque se rebaixa o persoal destinado ó servicio e, en consecuencia, o número de horas

de limpeza. Por todo isto propón modifica-lo dictame da comisión no sentido de que a limpeza

deste Centro Cultural se lle adxudique á empresa "Limpiezas del Noroeste, SA (LINORSA)", na

cantidade de 58.422,24 euros anuais.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, pregúntalle á Presidencia se se cumpren as

recomendacións sinaladas polo Consello de Contas nestes concursos, contestándolle a Presidencia

que se teñen en conta tales recomendacións.

O Sr. Presidente somete a votación o dictame da comisión antes transcrito, coa

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

modificación mencionada en relación coa adxudicación da limpeza do Centro Cultural da

Deputación, resultando aprobado cos 16 votos favorables dos representantes presentes do Grupo

Popular e coa abstención dos 3 representantes presentes do PSdeG.-PSOE, dos 3 do BNG e do

representante do Grupo Mixto.

3) INFORME NO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE XUNQUEIRA

DE AMBÍA.- Unha vez vista a documentación remitida polo Concello de Xunqueira de Ambía,

na que interesa informe desta Deputación no expediente de aprobación do Plan Xeral de

Ordenación Municipal, de conformidade co disposto no artigo 44.2 da Lei 1/1997, de solo de

Galicia, e tendo en conta que o e enxeñeiro director de Vías e Obras comunica que "segundo se di

expresamente no citado documento, as edificacións e obras en xeral que se pretenden construír

nas marxes das estradas provinciais réxense pola Ordenanza reguladora do uso e defensa das

vías provinciais, pero menciona a ordenanza derrogada en vez da vixente (BOP n.1 32 do día 7

de febreiro de 2002), polo que debe ser corrixido ese extremo". O arquitecto provincial manifesta,

así mesmo, que "á vista dos antecedentes que constan neste Servicio de Arquitectura o devandito

Plan non afecta a propiedades desta Deputación Provincial, polo que se informa

favorablemente".

Por todo isto a Corporación, de conformidade co dictame favorable da comisión

informativa de Goberno e Réxime Interior, acorda, por unanimidade dos vintetrés membros

corporativos presentes na sesión, informar favorablemente o expediente sempre que o Concello

modifique a referencia á ordenanza actualmente vixente nesta Deputación, de regulación de vías

provinciais, que é a publicada no BOP n.1 32 do día 7 de febreiro de 2002, que derroga a anterior.

4) CAMBIO DE DATA DA SESIÓN DO MES DE DECEMBRO DE 2002.- Trala

ratificación da inclusión deste punto na orde do día, que non foi dictaminado pola comisión

informativa, conforme co artigo 82.3 do ROF, adóptase o seguinte acordo:

Tendo en conta o previsto nos acordos sobre sinalamento de datas das sesións desta

Corporación e a necesidade de adianta-la data da sesión ordinaria do mes de decembro para evitar

incidencias con motivo das festas do Nadal, a Corporación acorda, por unanimidade dos

vintedous membros corporativos presentes, que a referida sesión ordinaria teña lugar o día 20 de

decembro, ás 11:00 horas.

5) PROPOSTA DE CREACIÓN DUNHA SUBCOMISIÓN TÉCNICA DE SERVICIOS

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

SOCIAIS.- Dáse conta do seguinte dictame da comisión informativa de Promoción Económica,

Emprego e Políticas de Igualdade:

"Desde os comezos do servicio de teleasistencia, estase a observa-la necesidade de crear un grupo de traballo, que realice estudios e asesore á comisión técnica provincial de seguimento na problemática actual de servicios sociais. Por isto, considérase necesario formaliza-la súa constitución, regulando a súa composición e funcións, esencialmente de estudio, proposta e asesoramento, ampliando o seu campo de acción a todo o espectro dos servicios sociais de competencia local, e no só ó servicio de teleasistencia. Por tal motivo, propónselle á comisión informativa de promoción económica, emprego e políticas de igualdade que dictamine favorablemente a adopción, polo Pleno, do seguinte acordo: Crear, no seo da comisión técnica provincial de seguimento do servicio de teleasistencia, unha subcomisión de traballo, de acordo coas seguintes regras: a) Composición: A subcomisión de traballo estará integrada por un deputado provincial e un funcionario do Negociado de Servicios Sociais, designados polo Presidente e polos técnicos dos servicios sociais municipais, que representen a cada unha das seguintes zonas xeográficas nas que se divide a provincia, para os efectos do servicio: - Zona n11 1: Larouco, A Rúa, Petín, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras,

Carballeda de Valdeorras e Rubiá. - Zona n11 2: O Bolo, A Veiga, Viana do Bolo, A Gudiña e A Mezquita. - Zona n11 3: Laza, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Verín, Castrelo do Val, Riós e

Vilardevós. - Zona n11 4: Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, A Porqueira, Xinzo de Limia,

Calvos de Randín, Os Blancos, Baltar, Trasmiras, Sarreaus e Vilar de Barrio. - Zona n11 5: Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios e Muíños. - Zona n11 6: Padrenda, Pontedeva, Gomesende, Quintela de Leirado, Cartelle, Ramirás,

Celanova, Verea, A Merca e A Bola. - Zona n11 7: Avión, Leiro, Carballeda de Avia, Melón, Beade, Cenlle, Ribadavia, Castrelo

de Miño, Arnoia e Cortegada. - Zona n11 8: Beariz, O Irixo, Boborás, O Carballiño, Piñor de Cea, San Cristovo de Cea,

Maside, San Amaro e Punxín. - Zona n11 9: Vilamarín, Amoeiro, A Peroxa e Coles. - Zona n11 10: San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Manzaneda e

Vilariño de Conso. - Zona n11 11: Parada do Sil, A Teixeira, Montederramo e Castro Caldelas. - Zona n11 12: Toén, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Allariz. - Zona n11 13: Ourense. - Zona n11 14: Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar e Esgos. - Zona n11 15: Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Xunqueira de Espadañedo e

Xunqueira de Ambía. No acordo de elección, que adopte a comisión técnica provincial de seguimento, designarase, para cada zona, un titular e un suplente. Os membros da subcomisión, que sexan representantes de zona, serán elixidos polos

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

membros da comisión técnica provincial de seguimento, que representen ós municipios de cada zona xeográfica, por un período de tres anos, renovándose por tercios, cada ano, entre os técnicos de servicios sociais da devandita comisión. Para estes efectos, e mediante sorteo, decidiranse os membros da primeira subcomisión elixida trala adopción deste acordo, que deberán renovarse nos segundo e terceiro anos, trala súa elección. b) Funcións: - Seguimento do funcionamento do servicio de teleasistencia. - Realización de estudios e propostas sobre os servicios sociais da

provincia. - Informar, tecnicamente, aqueles asuntos que lle someta a comisión técnica

provincial de seguimento ou o presidente da Deputación provincial. c) Normas de funcionamento: A subcomisión estará presidida polo deputado provincial, designado pola Presidencia; desempeñará as funcións de secretario o funcionario dos servicios sociais da Deputación provincial. Reunirase periodicamente, en función das necesidades e do volume de traballo que teña, cando así o acorde o presidente da subcomisión. Rexerase, no seu funcionamento, polas normas do Título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro. d) Os membros da subcomisión, que teñan o seu posto de traballo a unha distancia superior a 20 km do municipio de Ourense, terán dereito a seren indemnizados polos gastos de desprazamento, orixinados con motivo da concorrencia á subcomisión. O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, manifesta que, en principio, está de acordo coa proposta, pero fai constar que no apartado c), relativo a normas de funcionamento, se prevé a designación dun deputado provincial para presidi-la subcomisión, e que esta designación se lle atribúe á Presidencia, cando considera que debería se-lo Pleno. O Sr. Presidente manifesta que toma nota desa solicitude de modificación e a proposta resulta dictaminada favorablemente cos votos do Grupo Popular, do PSdeG.-PSOE e do Grupo Mixto, e coa reserva de voto do BNG". Na deliberación nesta sesión, a Sra. Paz Franco, do BNG, considera que existe unha

incongruencia entre a denominación da Subcomisión, que é técnica, e os representantes que se

designan, porque son políticos, e neste aspecto político cre que sería suficiente a comisión

informativa de Promoción Económica, Emprego e Políticas de Igualdade. E outra incongruencia

sería que cando se aprobou o orzamento do exercicio anterior, o grupo de goberno acordou a

supresión da praza de asistenta social.

O Sr. Presidente manifesta que en relación co previsto no apartado a), sobre composición

da Subcomisión de traballo, propón o nomeamento do vicepresidente don Rogelio Martínez

González, para presidila.

Finalmente somete a votación o dictame e a mencionada proposta da Presidencia sobre

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

designación de deputado para presidi-la Subcomisión de traballo, que resultan aprobados cos 16

votos favorables dos representantes presentes na sesión do Grupo Popular, dos 3 representantes

presentes do PSdeG.-PSOE e o do representante do Grupo Mixto, e coa abstención dos 3

representantes do BNG.

6) PROPOSTA DE ACORDO DE APROBACIÓN DO BAREMO ÚNICO PROVINCIAL

DE TELEASISTENCIA.- Dáse conta do seguinte dictame da comisión informativa de

Promoción Económica, Emprego e Políticas de Igualdade:

"O servicio de teleasistencia domiciliaria, enmarcado no ámbito dos servicios sociais, está dirixido a tódolos cidadáns, que teñan necesidades de apoio, por estaren en situacións de risco físico ou psíquico por razóns de idade ou discapacidade. Ten un carácter complementario dos servicios sociais de axuda a domicilio (servicios sociais de atención primaria, segundo a cualificación da Lei 4/1993, do 14 de abril, de Servicios Sociais de Galicia) e consiste en establecer, mediante o emprego de novas tecnoloxías, un sistema de conexión permanente (durante as 24 horas do día) do usuario cun servicio de atención personalizada. Este servicio, de carácter provincial, -en tanto que complemento dos servicios municipais de axuda a domicilio-, estableceuse sobre a base dunha complexa estructura convencional; créase a partir da adhesión, no ano 1998, da Deputación provincial de Ourense, ó convenio-marco do 20 de abril de 1993, celebrado entre o IMSERSO (hoxe IMSERSO, organismo autónomo dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O convenio de adhesión da Deputación ó programa estatal de teleasistencia compleméntase cun convenio de colaboración por cada concello adherido ó servicio, e coas bases do programa estatal de teleasistencia domiciliaria, aprobadas polo IMSERSO. Trátase, por tanto, dun servicio cofinanciado, no que o IMSERSO aporta un 65% e a Deputación un 35%; a participación provincial é, pola súa vez, cofinanciada pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (un 15%, en virtude dun convenio específico entrambas institucións) e polos concellos, -actualmente ata un 10% do custo do servicio recibido-, que, pola súa vez, poden repercutir nos usuarios, vía ordenanza fiscal, o custo soportado. Ademais deste cofinanciamento, existe unha participación das distintas entidades na execución do programa, en distinto grao. A FEMP, por exemplo, encárgase de contrata-la empresa especializada, que presta o servicio, facendo un labor de intermediación, con obxecto de optimiza-las condicións contractuais obtidas, (en contraste, o recoñecemento das obrigas -mediante o visado da facturación correspondente ó 65%, que aporta o IMSERSO, e o pagamento directo do 35% restante- correspóndelle, en realidade, á Deputación, que é a que se encarga, igualmente, da dirección e supervisión da execución do contrato, así como da súa avaliación). No que atinxe ó resto de entidades asociadas, participan na xestión do servicio a través das comisións de seguimento dos convenios: dunha parte, a comisión de seguimento do convenio de adhesión da Deputación ó convenio-marco de 1993 (da que forman parte, ademais da propia Deputación, a FEMP e o IMSERSO), á que se lle atribúen as funcións de determina-lo número de usuarios mensuais, de acordo coas previsións realizadas; así mesmo, seleccionar -cando así o estableza o prego de condicións técnicas- a empresa ou entidade que se contratará, para a prestación do servicio, e velar pola unificación dos criterios de aplicación do proxecto nos distintos ámbitos

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

territoriais, de acordo coas normas xerais dictadas polo IMSERSO e pola FEMP. Doutra parte, existe unha comisión técnica provincial de seguimento, integrada polo responsable técnico do programa da Deputación, o da empresa adxudicataria do servicio e un representante dos técnicos de servicios sociais de cada municipio adherido, así como os coordinadores de zona da empresa, se os houbese. Polo que fai ós concellos adheridos ó servicio, ocúpanse da recepción das solicitudes, que son informadas polos servicios sociais municipais e remitidas, para a súa resolución, á Deputación. Ademais, están representados por un técnico de servicios sociais na comisión técnica de seguimento, de ámbito provincial (que non debe confundirse coa comisión de seguimento do convenio de adhesión ó convenio-marco), e participan no custo do servicio nun 10%, custo que, pola súa vez, pode repercutir nos usuarios a través da correspondente ordenanza. O papel central na xestión e prestación do servicio correspóndelle, sen embargo, á Deputación provincial; tanto os convenios e as bases técnicas do programa provincial, elaborados polo IMSERSO, atribúenlle a competencia para admiti-lo goce do servicio ós usuarios, a disposición das baixas temporais e definitivas, a fixación dun número máximo de usuarios, dentro dos límites preestablecidos pola comisión de seguimento; o seguimento técnico da prestación e o control de calidade dos servicios, que se prestan, así como a intermediación coa empresa adxudicataria (comunicación de altas e baixas, avaliación da calidade da prestación). Trátase, xa que logo, dun servicio provincial, que se presta en colaboración con outras entidades, en virtude dos convenios sinalados. A natureza provincial do servicio resulta, tanto do seu ámbito de prestación, como das atribucións da Deputación ó respecto, e non resulta desvirtuada polo feito do seu cofinanciamento externo, nin pola existencia de facultades de coordinación por parte do IMSERSO, a través da comisión de seguimento. Esta natureza provincial, con amparo nas competencias atribuídas á provincia polo artigo 36 da Lei de Bases do Réxime Local (fundamentalmente para a prestación de servicios supramunicipais, tendo en conta, igualmente, a competencia para coordina-la prestación dos servicios municipais entre si), é a que fundamenta a potestade de establecer unha regulación do servicio, sempre dentro dos límites e compromisos establecidos convencionalmente, respectando as características esenciais do servicio, tal e como o configura o programa estatal. Neste sentido, a comisión técnica provincial de seguimento do programa de teleasistencia domiciliaria, propuxo a conveniencia de establecer un baremo único provincial, para poder, así, determinar obxectivamente a situación de necesidade do servicio por parte dos solicitantes e, en consecuencia, poder outorgarlles prioridade ás solicitudes que o merezan, conforme a criterios obxectivos, nos supostos nos que o número de solicitudes exceda das posibilidades de prestación. Para tal fin, formouse un grupo de traballo no seo da comisión, (integrado por unha representación dos técnicos dos servicios sociais dos concellos adheridos), para elabora-lo devandito baremo. Debe advertirse que, dada a natureza do servicio de teleasistencia, -que esixe unha rápida atención para os casos de necesidade urxente-, a xestión das altas debe realizarse de modo continuo, sen suxeición a prazos específicos de convocatoria e solicitude. Esta circunstancia obriga a modula-la aplicación do baremo, prevéndose -nos criterios de aplicación deste- a concesión da alta no servicio, de modo directo, para aqueles casos considerados urxentes, restrinxindo a súa aplicación plena con carácter mensual ó resto de supostos. Por todo isto, propónselle á comisión informativa de promoción económica, emprego e políticas de igualdade, que dictamine, favorablemente, a adopción, polo Pleno desta Deputación provincial, do seguinte acordo:

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

11.- Aprobar, inicialmente, o establecemento dun baremo único provincial, para a avaliación técnica da necesidade de acceso ó servicio de teleasistencia, como instrumento de priorización das altas no servicio. O contido do baremo e os seus criterios de aplicación constan no anexo 1 do presente acordo. 21.- Someter a información pública, polo prazo de trinta (30) días, o presente acordo, así como o baremo contido no anexo, mediante anuncio, que se publicará no taboleiro de anuncios da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos de presentación de reclamacións ou alegacións. Por idéntico prazo, someterase o expediente a audiencia dos concellos interesados, do IMSERSO, da Federación Española de Municipios e Provincias e da empresa adxudicataria do servicio. As alegacións ou reclamacións, que se formulen, resolveraas o Pleno. De non se produciren reclamacións nin alegacións, no mencionado prazo, entenderase automaticamente elevado a definitivo o acordo de aprobación inicial. Anexo: Baremo único provincial para o servicio de teleasistencia. I) Criterios de avaliación: 1) Nivel de renda. - Ingresos iguais ou inferiores ó 65% do SMI vixente......................... 5,00 puntos. - Ingresos iguais ou inferiores ó 75% do SMI vixente......................... 4,00 puntos. - Ingresos iguais ou inferiores ó 85% do SMI vixente......................... 3,00 puntos. - Ingresos iguais ou inferiores ó 95% do SMI vixente......................... 2,00 puntos. - Ingresos superiores ó 95% do SMI vixente ........................................ 1,00 punto. 2) Idade, estado de saúde e discapacidade. 2.1. Idade: - Menos de 65 anos................................................................. 0,50 puntos. - De 65 a 70 anos...................................................................... 1,00 punto. - De 71 a 75 anos.....................................................................1,50 puntos. - De 76 a 80 anos.....................................................................2,00 puntos. - De 81 a 85 anos.....................................................................2,50 puntos. - Máis de 85 anos.....................................................................3,00 puntos. 2.2. Estado de saúde: - Persoas que, aínda que teñan algunha limitación, poidan levar unha

vida normal....................................................................1,00 punto. - Persoas que presentan algunha dificultade e precisan axuda: .......... ....................................................................................4,00 puntos. - Persoas con graves dificultades ...................................6,00 puntos. 2.3. Discapacidades: (Nota: As persoas menores de 65 anos de idade poden solicita-la teleasistencia, cando teñan unha minusvalía ou incapacidade recoñecida polo correspondente equipo de valoración e orientación da Xunta de Galicia, segundo as puntuacións que se indican, que se lles aplicarán, se é o caso, tamén ós maiores de 65 anos). - Do 33 ó 65%.........................................................................0,50 puntos. - Do 65 ó 75%...........................................................................1,00 punto. - Máis do 75% .........................................................................1,50 puntos.

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

3) Apoios familiares e situación de convivencia: - Persoas que viven soas, sen apoio familiar nin veciñal de ningún tipo: 10,00 puntos. - Persoas que conviven con familiares con graves dificultades físicas,

psíquicas ou sensoriais: ........................................................... 8,00 puntos. - Persoas que viven soas e padecen unha atención insuficiente dos seus

familiares:................................................................................ 7,00 puntos. - Persoas que conviven con familiares válidos, ausentes por motivos

laborais:................................................................................... 5,00 puntos. - Persoas que conviven con familiares válidos:.......................... 2,00 puntos. 4) Condicións e situación da vivenda, tendo en conta distancia e vías de comunicación cos servicios existentes no municipio. 4.1. Localización da vivenda: - Vivenda illada..............................................................6,00 puntos. - Vivenda que forma parte dun núcleo de poboación sen

equipamentos nin servicios suficientes.........................4,00 puntos. - Vivenda que forma parte de núcleo de poboación con

equipamentos e servicios suficientes............................2,00 puntos. 4.2. Condicións da vivenda (segundo criterios utilizados para as solicitudes de ingreso en residencias da terceira idade da Xunta de Galicia): - Pésimas (en estado de ruína ou con grandes humidades ou gretas): 8,00 puntos. - Malas (carencia de espacio suficiente en relación á ocupación, sen

auga corrente ou retrete, con goteiras graves, sen luz natural)6,00 puntos. - Deficientes: Vivenda en condicións de habitabilidade deficientes:

4,00 puntos. - Aceptables: Dispondo dos servicios mínimos e con habitabilidade

aceptable......................................................................2,00 puntos. - Boas: Dispondo de tódolos servicios que garantan unhas boas

condicións de habitabilidade ........................................0,00 puntos. 4.3. Accesibilidade e medios de comunicación cos equipamentos: - Dificultades especiais de accesibilidade ........................1,00 punto. II) Criterios de aplicación do baremo ás solicitudes de acceso ó servicio de teleasistencia: A aplicación do baremo verificarase conforme coas seguintes regras: 10.- Ás solicitudes, que obteñan unha puntuación igual ou superior ó 70% da puntuación máxima posible, concederáselles, directamente e de modo inmediato, a alta no servicio. Excepcionalmente, poderá procederse, de igual modo, con aquelas solicitudes de persoas que, malia non reuni-lo 70% da puntuación, teñan, polas especiais circunstancias concorrentes, unha necesidade urxente de acceso ó servicio, debendo acreditarse de modo suficiente a urxencia no expediente tramitado. 20.- O resto de solicitudes concorrerán a unha avaliación mensual, concedéndose a alta no servicio, de acordo coa puntuación obtida, ata esgota-lo continxente mensual de prazas dispoñibles. As solicitudes que non obteñan a alta na avaliación correspondente ó mes da súa presentación, pasarán a concorrer ás avaliacións seguintes, sucesivamente, ata que obteñan a alta. Esta situación de espera comunicaráselles oportunamente. Sen prexuízo disto, poderáselles adxudicar, de modo directo, no momento no que se manifeste unha situación de urxencia,

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

aplicándoselle-lo disposto no parágrafo segundo da regra 10 do baremo. En calquera caso, e unha vez transcorrido un prazo de tres meses, desde a data da solicitude, adxudicaráselles, de modo directo, a alta no servicio. 30.- O número de prazas dispoñibles mensualmente determinarase, de maneira inicial, asignándolle a cada mes unha duodécima parte do total anual previsto. Cando se proceda a realizar cada avaliación mensual, o continxente de prazas obterase restando da cantidade inicial o número de altas xa concedidas de modo directo e o déficit de prazas resultante da avaliación mensual anterior, ou sumándolle, se é o caso, o superávit de prazas da devandita avaliación anterior. III) Seguimento da aplicación do baremo: Na memoria anual do servicio de teleasistencia incluirase unha avaliación dos resultados e incidencias producidos na aplicación do baremo no exercicio anterior. IV) Entrada en vigor: O presente baremo entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e, unha vez transcorrido o prazo ó que se refire o artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei de Bases do Réxime Local, aplicaráselles a tódalas solicitudes formuladas desde o 1 de xaneiro de 2003. O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, solicita información sobre a excepción que figura no apartado II.10), segundo parágrafo, relativo ás circunstancias especiais que poden concorrer, así como no último parágrafo relativo á adxudicación en todo caso unha vez transcorrido o prazo de tres meses, contestando o Sr. Presidente que informará sobre a razón da inclusión destes parágrafos. A proposta resulta dictaminada favorablemente cos votos do Grupo Popular, coa abstención do PSdeG.-PSOE e a reserva de voto do BNG e do Grupo Mixto". Na deliberación nesta sesión, o Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, pregunta se se vai

modifica-lo segundo parágrafo do apartado II.10), manifestando o Sr. Presidente que non

considera pertinente a súa modificación porque poden darse circunstancias especiais nas que

resulte necesario adoptar decisións rápidas, porque neste servicio poden darse circunstancias

imprevistas. Pregunta tamén o Sr. Troitiño se se modifica o último parágrafo do apartado II.20,

sobre alta directa unha vez transcorrido o prazo de 3 meses, manifestando o Sr. Presidente que

este parágrafo se completa coa frase "a aqueles solicitantes que reúnan, alomenos, un 40% da

puntuación total posible", polo que esta frase se incorpora ó dictame. O Sr. Troitiño manifesta

que non entende a razón de non modifica-lo primeiro apartado, pero que tampouco ten intención

de entorpece-la posta en marcha deste servicio, se ben pídelle á Presidencia que se vixíen e

corrixan as anomalías que se poidan producir na aplicación do baremo, tomando nota o Sr.

Presidente.

A Sra. Paz Franco, do BNG, manifesta que nada ten en contra dos baremos, pero non

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

está de acordo coa excepcionalidade antes sinalada, polo que anuncia a abstención do seu grupo.

Finalmente o Sr. Presidente somete a votación o dictame da comisión antes transcrito,

coa modificación sinalada do apartado II.20, último parágrafo, resultando aprobado cos votos

favorables dos 16 representantes do Grupo Popular, dos 3 representantes do PSdeG.-PSOE e o

do representante do Grupo Mixto, e coa abstención dos 3 representantes do BNG.

7) MOCIÓN DO SR. TROITIÑO LÓPEZ, DO GRUPO MIXTO, RELATIVA Ó TREN

DE ALTA VELOCIDADE.- Dáse conta do seguinte dictame da comisión informativa de

Promoción Económica, Emprego e Políticas de Igualdade:

"Dáse conta da seguinte moción: "Exposición de motivos: unha das características máis importantes que distinguen as sociedades modernas é o nivel de desenvolvemento dos medios de locomoción e das infraestructuras necesarias para que sexan implantados. Os medios de transporte colectivo, con especial mención da rede de ferrocarrís, son os que deben saír máis beneficiados dos avances tecnolóxicos e da acción do goberno, xa que canto máis vertebrado estea un país dende o punto de vista do transporte público maior será o seu desenvolvemento económico e a cohesión social. Non esquezamos, ademais, que un dos temas que os gobernos actuais teñen como materia pendente é o desenvolvemento sostido, que con este tipo de transporte se ve favorecido. A implantación do tren de alta velocidade (AVE) na nosa comunidade, e en especial na nosa provincia, supón, aínda que tarde, que a nosa comunidade non se quede definitivamente descolgada en canto ás redes de comunicación. Galicia sempre foi a gran esquecida neste tema, pretestando que a súa orografía supuña, supostamente, un maior investimento, sendo máis certo que sempre foi considerada como de segunda clase. A rede actual de autovías en Galicia é consecuencia dunha loita de moitos anos. Hoxe debe se-lo ferrocarril o que nos faga botarlle un pulso ó Goberno da Nación para que se faga efectivo e que non quede nunha simple promesa propagandística. Ourense, ó igual que Galicia, non se ve beneficiada polo investimento en infraestructuras do Estado español, polo que consideramos de importancia capital para o desenvolvemento da nosa provincia a chegada do AVE a Ourense, facendo que sexa o nó de enlace ferroviario de Galicia. Así mesmo, a nosa provincia mediante a execución deste proxecto, pode ser considerada como o punto de referencia da comunicación coa meseta, o que favorecerá de maneira substancial o seu desenvolvemento económico e social. Dende a consciencia de que nos atopamos nun momento crucial para a chegada a Galicia dun AVE de primeira categoría, e dende a consciencia do que supón para Ourense a situación da estación de viaxeiros na cidade, expoñémo-la necesidade dun acordo corporativo que por enriba de intereses políticos partidistas teña como primeira consideración a defensa unánime de Ourense. É polo que, o representante do Grupo Mixto, somete á consideración do Pleno da Deputación Provincial de Ourense a adopción do seguinte acordo: 1.- Que a Deputación Provincial de Ourense lles inste ós gobernos autonómico e central para que o tramo da rede de ferrocarril Lubián-Ourense sexa de características similares ó de Cataluña e Valencia.

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

2.- Que a Deputación Provincial de Ourense lles inste ós gobernos autonómico e central para que a parada de pasaxeiros do tres de alta velocidade (AVE) en Ourense sexa na Estación Empalme". O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, explica o contido da moción e considera que tamén é moi importante, aínda que eso depende do Concello de Ourense, que no PXOM se prevexa xa a instalación da parada do tren de alta velocidade na Estación Empalme. A moción resulta dictaminada favorablemente cos votos do Grupo Mixto, Grupo Popular e BNG, e coa abstención do PSdeG.-PSOE". Na deliberación nesta sesión, o Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, manifesta que cada

día están de actualidade as comunicacións con Galicia, porque en cada problema que xorde, como

ocorre neste momento coa marea negra, se evidencia a necesidade de comunicacións rápidas,

porque Galicia depende das comunicacións terrestres co resto de España, e expón este problema

na Deputación porque non ten representación noutros foros. Explica o contido da moción e fai

consta-la necesidade de que o Concello de Ourense solicite unha comisión de seguimento do tren

de alta velocidade, para tratar as cuestións relativas a esta provincia e cre que a Deputación debe

estar tamén presente nesa comisión. En todo caso, se non o pide o Concello de Ourense, debe

pedilo a Corporación Provincial. Por iso formula os pedimentos que se conteñen na proposta da

moción, e considera que debe figurar tamén no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense o

destino da estación Ourense Empalme, para o tren de alta velocidade, porque o barrio da Ponte o

merece e sempre estivo ligado ó ferrocarril.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, manifesta que o seu grupo está de acordo co contido da

moción.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, anuncia a abstención do seu grupo.

O Sr. Martínez González, do Grupo Popular, considera que a moción é aceptable, polo

que anuncia tamén o voto favorable.

Intervén o Sr. Troitiño López para agradece-lo anuncio de voto favorable do BNG e do

Grupo Popular, e para lamentar que o PSdeG.-PSOE manteña a súa decisión de absterse nun

asunto de tanta transcendencia para Ourense.

Intervén o Sr. Vázquez Fernández, do PSdeG.-PSOE, para aclarar que a abstención do

seu grupo é consecuencia de que non queren participar nos debates do actual Grupo Mixto da

Deputación, porque consideran que ese escano lles corresponde ós socialistas, e non queren

utilizar outras fórmulas raras para manifesta-lo seu parecer.

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

Finalmente o Sr. Presidente somete a votación o dictame antes transcrito, que resulta

aprobado co voto favorable do representante do Grupo Mixto, dos 16 representantes presentes na

sesión do Grupo Popular, e dos 3 do BNG, e coa abstención dos 3 representantes presentes do

PSdeG.-PSOE.

8), 9) e 10).- MOCIÓNS DO BNG, DO PSdeG.-PSOE E DO SR. TROITIÑO LÓPEZ DO

GRUPO MIXTO, SOBRE A REFORMA DA LEI REGULADORA DAS FACENDAS

LOCAIS.- Dáse conta dos seguintes dictames da comisión informativa Especial de Contas,

Facenda e Economía:

MOCIÓN DO BNG "Dáse conta da seguinte moción: "EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.- Existe un amplo consenso sobre a insuficiencia dos recursos cos que contan os concellos para atende-los servicios que lles prestan ós seus cidadáns e ás súas cidadás. Son factores responsables desta situación, entre outros: - O nivel de competencias asumidas e non financiadas adecuadamente. - A complexidade crecente nas demandas dos/as cidadáns/ás, que obrigan ás facendas locais

a un sobreesforzo. - A asunción de gastos doutras administracións como vía para a obtención de servicios de

titularidade daquelas -conservatorios, bibliotecas ..- - A reducción dos ingresos municipais, ben porque a evolución tecnolóxica erosiona as

bases fiscais, ben polas exencións, de facto, determinadas pola administración central. De igual xeito, é evidente a necesidade dunha reforma integral do sistema de financiamento local, que tivese en conta, sobre todo, a actividade económica local e o reforzamento dos principios de autonomía e suficiencia financeira das corporacións locais. Porén, o proxecto de Lei de Reforma, presentado polo PP, lonxe de darlles resposta a estes criterios, condena á asfixia económica a maior parte dos concellos galegos. Así, a sempre reivindicada, polo BNG, eliminación do IAE para os pequenos e medianos empresarios/as e autónomos non leva aparellada a compensación para os concellos de menos de 100.000 habitantes, ou de capitais de provincia, marxinando así ós/ás habitantes de 310 concellos de Galicia. Tampouco ten en conta as demandas do municipalismo galego, canalizadas a través da FEGAMP, acerca dos criterios para determina-la transferencia na participación nos ingresos do Estado (PIE). E mentres, para facerlles fronte ás necesidades do gasto, permite o incremento de impostos locais, como o Imposto de bens inmobles (IBI) ou o Imposto sobre construccións, instalacións e obras (ICO). É dicir, traslada a carga fiscal dunha boa parte dos/as contribuíntes polo IAE a toda a cidadanía en xeral, en canto que suxeitos pasivos do IBI e dos outros impostos municipais. Tendo en conta, pois, que estamos ante unha lei que, ademais de incrementa-la presión fiscal sobre a cidadanía, non vai corrixi-las graves deficiencias dos sistemas de financiamento municipal, presentámoslle ó Pleno a adopción do seguinte acordo: 1.- Solicitar do Goberno do Estado que tódolos concellos, calquera que sexa a súa poboación, poidan participar, en compensación pola eliminación do IAE, na cesión de recadación de impostos do Estado - IRPF, IVE e impostos especiais - ata agora reservada ós concellos de máis de

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

100.000 habitantes e capitais de provincia. 2.- Solicitar do Goberno do Estado que nos criterios para determina-la transferencia pola participación nos ingresos do Estado (PIE), se teñan en conta a superficie do concello, o asentamento disperso da poboación e que se pondere o peso relativo da poboación envellecida. 3.- Instarlle ó Parlamento Galego a elaboración e aprobación dunha lei galega de facendas locais. 4.- Enviárlle-lo presente acordo ós grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados, do Parlamento Galego e á Xunta de Galicia". O Sr. Xardón Dacal, do BNG, explica o contido da moción e ante as dúbidas xurdidas noutros grupos políticos aclara que no punto primeiro se pide a compensación e ademais a participación na recadación de impostos do Estado, facendo constar que as últimas noticias son que se rebaixaron de 100.000 habitantes a 75.000 habitantes a poboación dos concellos que determina a participación neses impostos. O Sr. Presidente manifesta que en principio o grupo de goberno podería estar de acordo co punto segundo e explica que a cesión na recadación de impostos non resolve o problema para os municipios pequenos, tendo en conta as bases financeiras que se toman e cre que é un asunto complexo, polo que resultará difícil que tódolos grupos políticos se poñan de acordo. O Sr. Vázquez Fernández, do PSdeG.-PSOE, manifesta que efectivamente se trata dun problema de gran complexidade e que a moción do PSOE non coincide coas outras, e incluso poden existir diferencias de criterios entre os partidos. O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, considera tamén que o asunto é complexo, pero estima que a súa moción contén propostas moi claras e concretas, aínda que tampouco rexeita a do BNG. Finalmente a moción resulta dictaminada desfavorablemente, votando a favor o BNG, en contra o Grupo Popular, e a reserva de voto do PSdeG.-PSOE". MOCIÓN DO PSdeG.-PSOE: "Dáse conta da seguinte moción: "EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.- O proxecto de lei, de reforma da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, que se aprobou no Consello de Ministros o último 11 de outubro, non garante o principal mandato constitucional (artigo 142), respecto á facenda local: a suficiencia financeira e a estabilidade dos recursos municipais. Os cambios realizados empeoran a situación actual, xa que se pretende rebaixa-la presión fiscal municipal vía supresión dunha parte substantiva do IAE, trasladando a tributación a outros impostos xa que o devandito proxecto non menciona ningún mecanismo compensador da reducción de ingresos municipais. O goberno central aproveita o novo sistema para pórse a medalla quitar un imposto (o IAE), que paga o pequeno sector da poboación para reduci-los ingresos dos concellos ou obrigar a estes a trasladar a toda a poboación e ás familias a subida ou ó establecemento de novos impostos. Se o goberno central, mercé á promesa do Sr. Aznar, quere suprimi-lo IAE, o cal non nos opoñemos, que o faga a custa dos propios ingresos da administración central, posibilitando a compensación do IAE das cotas dos impostos estatais do IRPF e o IBS. En definitiva, empeora a situación financeira dos concellos e deputacións e a distribución de carga tributaria local resultando "menos impostos para uns poucos e máis impostos para o conxunto dos veciños". Por outra parte, o proxecto de lei ignora o gasto que afrontan os concellos por prestar servicios de

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

titularidade doutras administracións (servicios sociais, educación, e un longo etcétera), que representan un 30% do seu gasto actual. Mentres a administración local en España é a que ten menor porcentaxe no gasto público en Europa e ten que afronta-la Lei de estabilidade presupostaria que fai imposible afrontar investimentos, este novo proxecto supón un novo golpe contra a administración local. É inaudito que este proxecto de lei se tramite sen diálogo cos representantes dos concellos a través da FEMP e a súa tramitación por urxencia, que demostran a falta de lealdade institucional, atacando a autonomía dos concellos recoñecida na Constitución. Por isto, o grupo do PSdeG.-PSOE nesta Deputación Provincial propón ó pleno a adopción dos seguintes acordos: 1.- Rexeita-lo Proxecto de lei de reforma da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais. 2.- Expoñer que o novo modelo de financiamento local deberá ter en conta os seguintes principios: a) O sistema de financiamento debe garanti-la suficiencia financeira, o equilibrio territorial, a autonomía e a estabilidade das facendas locais. b) O estado debe ter en conta o gasto adicional contraído polos concellos por prestar servicios de titularidade da administración central e autonómica. c) Derrogación da Lei xeral de estabilidade presupostaria. d) Eliminación do IAE vía deducción para autónomos, comerciantes, Pymes, xoves profesionais e emprendedores, aplicando criterios de progresividade e equidade fiscal. A modificación das figuras tributarias reguladas na Lei de facendas locais vixente non debe supoñer incrementos na presión fiscal que soportan os cidadáns nin diminución dos recursos das administracións locais, xa que os beneficios fiscais a un colectivo non poden ser financiados polo conxunto das familias e contribuíntes. e) Transparencia e lealdade: o establecemento de novas transferencias en concepto de participación en tributos do Estado (a chamada cesta de impostos do IVE, IRPF, impostos especiais), deberá respecta-los principios de solidariedade, equilibrio territorial, suficiencia, estabilidade e autonomía e non suporá diminución nos recursos que actualmente perciben as corporacións locais do Estado. f) A situación de provincias como a de Ourense, en caída demográfica e con amplas zonas nun proceso paulatino de abandono e empobrecemento. 3.- Instarlle ó goberno central a que proceda a abrir un diálogo e negociación coa FEMP e coas distintas forzas políticas con representación parlamentaria, para acadar un consenso sobre a necesaria reforma do financiamento local, sen prexuízo de que provisionalmente se elimine o IAE vía deducción dos impostos estatais IRPF e IBS". A moción dictamínase desfavorablemente, votando a favor o PSdeG.-PSOE, en contra o Grupo Popular e a reserva de voto do BNG". MOCIÓN DO SR. TROITIÑO LÓPEZ, DO GRUPO MIXTO: "Dáse conta da seguinte moción: "Exposición de motivos: o Goberno da Nación pretende, no Proxecto de lei de reforma as facendas locais a supresión do imposto de actividades económicas. Esta modificación, en principio moi favorecedora, esconde sen embargo un talón de Aquiles para o financiamento dos concellos. A supresión do IAE supón para tódolos municipios unha baixa moi significativa nos seus ingresos. Esta medida crea a "necesidade" de que o Estado supla esta diminución mediante compensación a

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

través dos orzamentos xerais do Estado, pero estes xa foron aprobados polo goberno, sen que figure ningunha partida para esa compensación, mediante a creación dunha nova figura tributaria; ou ben que sexan os propios concellos quen se faga cargo deste detrimento mediante a suba moi acusada dos impostos e taxas existentes. Enténdese, dende o Grupo Mixto, que unha vez máis o goberno do PP está na política de favorecer ó que máis ten, esta vez encuberta mediante a fórmula de protexer ó pequeno empresario ou ás persoas que traballan por conta propia. É evidente que a medida afectaralles negativamente a aqueles municipios menos desenvoltos, que carecen de importantes polígonos industriais ou grandes parques empresariais. A abolición do IAE supón un aumento da presión fiscal no resto dos impostos como son o IBI ou ó imposto de vehículos de tracción mecánica e das taxas, como a taxa pola recollida do lixo, a taxa de vertidos .. etc., taxas que nun principio non atenden ó poder adquisitivo do seu beneficiario. A solución está, pois, en que sexa o propio goberno o que arbitre a forma menos gravosa para que os concellos non vexan diminuídos os seus ingresos, e non traten de equilibra-la falta do recadado a través do IAE coa suba das taxas e impostos ou coa creación dun novo imposto. É polo que, o Grupo Mixto, somete á consideración do Pleno da Deputación Provincial de Ourense a adopción do seguinte acordo: 1.- Que a Deputación Provincial de Ourense inste ó Goberno da Nación para que se comprometa, ó suprimi-lo IAE, a crear unha partida orzamentaria nos orzamentos do estado de cada no na que os concellos sexan beneficiarios dunha cantidade en compensación do deixado de recadar en concepto de IAE. 2.- Que a Deputación Provincial de Ourense inste ó Goberno da Nación para que se comprometa a elaborar un novo modelo de financiamento local coa participación de tódalas institucións e axentes sociais afectados". A moción dictamínase desfavorablemente, votando en contra o Grupo Popular, e a reserva de voto do PSdeG.-PSOE e do BNG". O Sr. Presidente propón que o debate se realice sobre a totalidade das mocións,

expoñendo cada grupo político o que estime pertinente, sen prexuízo de realiza-la votación por

separado, manifestando a súa conformidade tódolos grupos políticos.

Na deliberación nesta sesión o Sr. Xardón Dacal, do BNG, manifesta que a moción do

BNG recolle propostas que se están discutindo neste momento, pero sería necesario concreta-los

parámetros que se manexan, para coñecemento das entidades interesadas, porque ós concellos se

lles está forzando a resolver problemas sen o adecuado financiamento, con atraso incluso no

pagamento de subvencións concedidas, e cre que os proxectos de lei actuais empeoran a situación

para Galicia ó non ter en conta a dispersión da poboación, nin está claro como se compensará a

supresión do IAE para os pequenos concellos, e o que pide claramente o BNG é que exista

compensación para todos. Refírese tamén ós restantes apartados da moción, explicando o seu

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

contido, e considera que están claros nela, e faise unha referencia expresa ó envellecemento da

poboación en Galicia.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, considera que no estado das autonomías se

produciu unha descentralización financeira a favor da Comunidade Autónoma, pero que non lles

chegou ós concellos. Está claro que existe unha demanda social que presiona e obriga a máis e

mellores servicios en educación, cultura, seguridade cidadá, rede viaria, etc. Agora o goberno

suprime o IAE, que é unha medida acertada, pero o problema é que non se garante a

compensación nin a suficiencia financeira das entidades locais. Por todo isto formulan a proposta

dos catro acordos que contén a moción, explicando o contido de cada un e considera que debe

facilitárselle-lo suficiente financiamento ás entidades locais para que poidan atender unha serie de

servicios que están prestando, porque resulta necesario para atende-las necesidades cidadáns,

sendo necesario tamén aplicar un principio de solidariedade e incluso sería necesaria unha

discriminación positiva con Galicia, preguntándolle á Presidencia se realizou algunha xestión con

outras deputacións similares en tal sentido. Ce necesario tamén o diálogo coa FEMP e potencia-la

autonomía local. Por todo isto solicita o voto favorable para a moción presentada.

O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, anuncia o seu voto favorable para as tres

mocións, porque considera que en todas elas se conteñen propostas interesantes.

O Sr. Martínez González, do Grupo Popular, manifesta que o seu grupo está de acordo

coa necesidade de que o financiamento das entidades locais sexa suficiente, pero non está de

acordo coas mocións, porque con posterioridade á súa presentación xa se realizaron xestións e

trámites, como o acordo entre o Goberno e a FEMP, formalizado o día 21 do actual, que resolve

moitas das cuestións expostas, e está claro que a FEMP é a representación legal das entidades

locais, e incluso a Xunta de Galicia adoptou decisións relativas ó Fondo de Cooperación Local.

Por iso anuncia o voto en contra das mocións, sen prexuízo de seguir presentando reivindicacións,

non só da dispersión da poboación, senón tamén polo seu envellecemento e outros aspectos que

poidan favorecer a Galicia, e lembra tamén que por primeira vez a FEMP presentou unha proposta

que supón recoñece-los problemas propios dos pequenos municipios e a diferencia existente cos

grandes, explicando detalladamente ese informe. Fai constar, non obstante, que o Grupo Popular

acepta o punto 2 da moción do BNG, sempre que este grupo político acceda a unha votación

separada.

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

O Sr. Xardón Dacal, do BNG, manifesta que acepta ese sistema de votación e cre que a

lei non resolve o problema da compensacións, porque crea un fondo pero non garante que,

alomenos, se respecte a mesma cantidade que se viña percibindo. Considera que a moción do

PSOE non recolle a situación específica de Galicia e reitera que o pertinente é que tódolos

concellos teñan dereito á compensación, debendo recollerse ese criterio na lei, de xeito uniforme

para tódolos concellos. Cunha asignación de 10 puntos á situación territorial de Galicia

produciríase un incremento de ingresos de máis do 60% e quere deixar claro que os alcaldes das

grandes cidades galegas non está en contra destas propostas, porque cidades como Vigo ou

Pontevedra teñen un amplo medio rural e polo tanto tamén sairían favorecidas. En canto ó pacto

da FEMP e o Goberno cre que non é solución, porque afectaría a tódolos concellos de España e

só ó compoñente de poboación, pero non á diseminación, sistema de núcleos e envellecemento.

Mostra a súa conformidade coa moción presentada polo Sr. Troitiño López do Grupo Mixto.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, lembra que a provincia de Ourense só ten un

municipio de máis de 75.000 habitantes, existindo no resto concellos con dependencia dos

ingresos do IAE (maiores de 4.000 habitantes), e outros que non teñen tanta dependencia (os de

menor poboación). Xa no seu día presentou unha moción que beneficiaba a tódolos municipios,

relativa á posibilidade de elimina-lo endebedamento, que foi desestimada pola Deputación. Cre

que nada se resolve cos acordos Deputación-Estado e cre que a Lei de estabilidade presupostaria

acentúa a dependencia económica das entidades locais en relación co Estado e no futuro a

dependencia política. Considera que a moción máis completa é a do PSOE e pide que exista

vontade política para a súa aprobación. Anuncia que votarán a favor tamén da moción do BNG, e

en canto á do Grupo Mixto xa quedaron explicadas as razóns polas que o PSOE non trata as

propostas deste grupo.

O Sr. Martínez González, do Grupo Popular, manifesta que aínda que a situación actual

non lle satisfai plenamente, cre que se está avanzando por bo camiño, e é bo que a FEMP xa

contemple a existencia de diferencias entre municipios de distinta poboación. O Grupo Popular

sente preocupación e por isto está realizando tódalas xestións oportunas, que espera que sexan

máis eficaces que estas mocións, máis que nada para a galería.

O Sr. Presidente manifesta que realizou xestións con outras deputacións similares, pero

cren que non existe ningunha posibilidade de obter resultados, e tampouco ten moita esperanza

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

nas últimas propostas da FEMP. Cre que falta un municipalista de prestixio que coordine os

pequenos concellos para facerlles fronte ós intereses das grandes poboacións.

Finalmente somete a votación as mocións presentadas, co seguinte resultado:

- MOCIÓN DO BNG.- O punto segundo resulta aprobado por unanimidade dos 23

membros corporativos presentes na sesión. Os puntos primeiro, terceiro e cuarto, resultan

desestimadas cos 16 votos en contra do Grupo Popular e os 3 votos favorables do BNG,

3 do PSdeG.-PSOE e 1 do Grupo Mixto.

- MOCIÓN DO PSdeG.-PSOE.- Resulta desestimada ó obte-los 3 votos favorables do

PSdeG.-PSOE e 1 do Grupo Mixto, e os 16 votos en contra do Grupo Popular e 3 do

BNG.

- MOCIÓN DO SR. TROITIÑO LÓPEZ, DO GRUPO MIXTO.- Resulta desestimada

ó obter 1 voto favorable do Grupo Mixto e 3 do BNG, os 16 votos en contra do Grupo

Popular e as 3 abstencións do PSdeG.-PSOE.

11) REGULARIZACIÓN DE PARCELAS NO PREDIO MIRAMÓN.- Dáse conta do

seguinte dictame da comisión informativa de Patrimonio:

"Unha vez visto o expediente tramitado e os acordos adoptados pola Corporación Provincial en sesión de 24 de novembro de 2000, tendo en conta o escrito presentado pola empresa o 11 do actual e o informe do arquitecto provincial, proponse, coa abstención do PSdeG.-PSOE e o voto en contra do BNG, acceder ó interesado pola empresa Promotora Fercrusa, SL, para a regularización e permuta dos terreos que se mencionan, autorizándose á Presidencia para formalizar no seu día os documentos que procedan. A regularización e permutas son as seguintes: En relación cos acordos corporativos de 20 de decembro de 1996 e 24 de novembro de 2000, sobre regularización e permuta de terreos no predio Miramón, resulta o seguinte: 11) Con motivo do trazado das rúas Nosa Señora da Saínza, Nosa Señora das Ermidas, Nosa Señora do Cristal e Portalón do Casar, queda delimitado un anaco de terreo coa seguinte descrición: predio que linda ó norte coa rúa Nosa Señora do Cristal, ó sur coa rúa Nosa Señora das Ermidas, ó leste coa rúa Portalón do Casar e ó oeste coa rúa Nosa Señora da Saínza. Este predio ten unha superficie total de 2.089 m2. Perténcelle á Deputación Provincial a zona sur, con superficie de 1.601 m2, e á empresa Promotora Fercrusa, SL a zona norte, con 488 m2. A liña divisoria entre as propiedades é irregular e oblicua en relación cos eixes das rúas, na forma que se expresa nos planos (parcelas C e A respectivamente). Preténdese, en primeiro lugar, regularizar este linde, de forma que a liña divisoria sexa perpendicular ás rúas Nosa Señora da Saínza e Portalón do Casar, e polo tanto paralela ás rúas Nosa Señora do Cristal e Nosa Señora das Ermidas. Esta liña divisoria queda trazada a 20,24 m do linde norte do predio que lle corresponde a Promotora Fercrusa, SL, e 64,76 m do linde sur do predio da Deputación Con isto os predios quedan regularizados coa seguinte descrición:

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

- Predio A, propiedade de Promotora Fercrusa, SL.- Terreo de 488 m2, que linda: ó norte coa rúa Nosa Señora do Cristal; ó sur co predio da Deputación; ó leste coa rúa Portalón do Casar, e ó oeste coa rúa Nosa Señora da Saínza.

- Predio C, propiedade da Deputación Provincial.- Terreo de 1.601 m2, que linda: ó norte, co predio propiedade de Promotora Fercrusa, SL, ó sur coa rúa Nosa Señora das Ermidas, ó leste coa rúa Portalón do Casar, e ó oeste coa rúa Nosa Señora da Saínza.

21) A Deputación Provincial é tamén propietaria doutro terreo na zona, prolongación do predio C anterior, e separado deste pola rúa Nosa Señora das Ermidas. No linde noroeste destoutro terreo da Deputación a empresa Promotora Fercrusa, SL é propietaria dunha parcela de forma triangular, de 105 m2, que linda: ó norte coa rúa Nosa Señora das Ermidas; ó oeste coa rúa Nosa Señora da Saínza, e ó leste e ó sur co expresado terreo da Deputación. Interésalles a ámbolos dous propietarios que esta parcela pase a ser propiedade da Deputación, para regulariza-lo predio, e para isto permútanse eses terreos con outros de igual superficie, propiedade da Deputación, no linde norte da parcela C antes descrita, co que se segregan da parcela C 105 m2 no seu linde coa parcela A de Promotora Fercrusa, SL, pasando a ser propiedade da devandita empresa. Esta franxa é de 25 m en dirección leste-oeste e de 4,20 m en dirección norte-sur. Con isto os terreos permutados son de igual superficie. 31) Unha vez realizada a regularización e as permutas mencionadas, os predios A e C quedan coa seguinte descrición definitiva: - Predio A, propiedade de Promotora Fercrusa, SL.- Terreo de 593 m2, que linda: ó norte

coa rúa Nosa Señora do Cristal; ó sur co predio da Deputación; ó leste coa rúa Portalón do Casar, e ó oeste coa rúa Nosa Señora da Saínza.

- Predio C, propiedade da Deputación Provincial.- Terreo de 1.496 m2, que linda: ó norte, co predio propiedade de Promotora Fercrusa, SL, ó sur coa rúa Nosa Señora das Ermidas, ó leste coa rúa Portalón do Casar, e ó oeste coa rúa Nosa Señora da Saínza.

O predio situado ó sur da rúa Nosa Señora das Ermidas, antes mencionado, ten agora 105 m2 máis, como consecuencia de obterse a parcela triangular que antes era de Promotora Fercrusa, SL. Para os efectos de constancia fíxase o valor do metro cadrado dos terreos permutados en 1.730,91 euros, cun total de 181.745,55 euros". Na deliberación nesta sesión o Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, anuncia o seu voto

favorable porque cre que se trata dunha cuestión técnica e formal.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, anuncia o voto en contra do seu grupo, porque considera

que nunha permuta debe existi-lo interese público e a equivalencia de valores, considerando o

BNG que neste caso non se dan estes requisitos; polo contrario hai un interese privado de

Fercrusa, que se fai cun soar de edificación directa, e en cambio a Deputación entra nun área de

reparto, non se concretando no expediente a valoración urbanística, cargas, etc., facendo constar

tamén que as valoracións non coinciden cos aplicados no expediente de Flager.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, considera que xa no ano 1996 existía un

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

interese público e o certo é que existe unha cuña ou anaco de terreo nun dos predios da

Deputación, que se regulariza coa proposta formulada. Non ve clara a equivalencia de valores,

polo que considera que sería necesario un estudio de equilibrio financeiro e poden existir dúbidas

sobre a cualificación dos terreos no PXOM.

O Sr. Martínez González, do Grupo Popular, lembra que sobre este expediente xa existe

un acordo do ano 1996, e xa se adoptou tamén un acordo definitivo o 24 de novembro de 2000.

Entón xa se estudiaron e valoraron tódalas vantaxes e inconvenientes posibles, polo que agora non

se trata máis que de confirmar aquel acordo, coa aceptación da empresa, informe favorable do

técnico provincial e que supón regularizar bens tanto de Fercrusa como da Deputación.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, reitera que desde o ano 1996 ó ano 2002 se produciron

numerosos feitos e circunstancias que motivan un cambio de criterio no BNG, e incluso a

superficie afectada non era igual entón que agora, reiterando as dúas condicións antes

mencionadas para a permuta, as dúbidas sobre a valoración e os problemas que se poidan

ocasionar na área de reparto.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, reitera que mantén a mesma decisión adoptada

na sesión do 24 de novembro de 2000.

O Sr. Presidente manifesta que hai cousas tan claras que lle parece absurdo discutilas, e

neste caso, segundo resulta dos planos que constan no expediente, evidénciase que existe interese

para ámbalas dúas partes, ó consegui-la regularización das respectivas parcelas. Nada cambiou

desde a situación anterior, xa que segue igual e a existencia desas liñas irregulares esixe, en

interese de ambas partes, unha regularización na que ámbalas dúas saian beneficiadas. En canto á

valoración está claro que non se pode aplica-lo mesmo criterio a unha horta de 20 m2 que a un

predio de 20 hectáreas.

Finalmente somete a votación o dictame antes transcrito, que resulta aprobado cos 16

votos favorables dos representantes presentes do Grupo Popular e 1 do Grupo Mixto, votando en

contra os 3 representantes do BNG e coa abstención dos 3 representantes do PSdeG.-PSOE.

12) CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE SINALIZACIÓN HORIZONTAL, VERTICAL

E BALIZAMENTO NA REDE DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE

OURENSE.- Dáse conta do seguinte dictame da comisión informativa de Planos, Vías e Obras e

Cooperación:

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

"Tendo en conta o convenio no seu día formalizado coa Xefatura provincial de Tráfico, para a execución de obras de seguridade vial, proponse, cos votos favorables do Grupo Popular e coa reserva de voto do PSdeG.-PSOe e do BNG, a aprobación do proxecto técnico de "sinalización horizontal, vertical e balizamento na rede de estradas da Deputación provincial de Ourense", redactado polos servicios técnicos da Deputación, con orzamento de 300.506,05 euros, e a contratación delas mediante subhasta pública, con suxeición ó prego de condicións para o efecto redactado, autorizándose á Presidencia para os trámites oportunos. A Xefatura de Tráfico executa pola súa conta obras por igual importe ó deste proxecto". Na deliberación o Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, anuncia a súa abstención.

O Sr. Xardón Dacal, do BNG, manifesta que o seu grupo está a favor da execución das

obras e solicitan que exista un plan priorizado para a rede viaria, considerando que algunhas das

estradas que se inclúen neste proxecto xa están ben sinalizadas.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, anuncia a abstención do seu grupo.

Finalmente o Sr. Presidente somete a votación o dictame antes transcrito, que resulta

aprobado cos 16 votos favorables dos representantes presentes na sesión do Grupo Popular e dos

2 do BGN, e coa abstención dos 3 representantes presentes do PSdeG.-PSOE e a do

representante do Grupo Mixto.

13) EXPROPIACIÓN FORZOSA DE BENS AFECTADOS POLAS OBRAS DO CP 3

ALLARIZ-XUNQUEIRA DE AMBÍA, N.11 100/PB/2001.- A Corporación provincial, na

sesión do 26 de abril de 2002, aprobou o proxecto técnico do CP 3 Allariz-Xunqueira de Ambía,

n.1 100/PB/2001, redactado polo servicio de Vías e Obras provinciais, con orzamento de contrata

de 180.303,63 euros e prazo de execución de 5 meses, así como a documentación relativa ó plano

parcelario, relación de bens afectados, valoración e demais detalles dos bens que resulte necesario

expropiar. Tanto o referido expediente como o acordo de aprobación do proxecto técnico

estiveron expostos ó público na forma regulamentaria, segundo anuncio no BOP do día 3 de maio

e no diario La Región do día 4 do mesmo mes, practicándoselle-la pertinente notificación ós

interesados.

Formuláronse as seguintes alegacións:

ALLARIZ.-

- Parcela 52, por dona Pilar Aldemira Requejo, que solicita maior valoración, informando o

enxeñeiro director de Vías e Obras o seguinte: "En relación co escrito de dona Pilar Aldemira

Requejo, no que estima insuficiente a valoración que fixo a Deputación do seu predio n.1 154 do

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

polígono n.1 2, con número catastral 71317, que resulta necesario expropiar para levar a cabo a

obra de acondicionamento do CV Xunqueira de Ambía-Allariz, infórmolle o seguinte: a

valoración fíxose atendendo ás características do predio e ós valores usuais de casos similares.

Polo que entendemos que non procede acepta-las alegacións da propietaria".

- Parcela 61. Tendo en conta que a propiedade correspóndelles a Josefina Bahamonde

Álvarez e ós seus 4 irmáns, segundo o Catastro, e escrito remitido pola interesada, procede

continua-lo expediente, sen prexuízo de comunicarlles no seu día ós interesados o prezo resultante

para o pagamento ás persoas que determinen, ou ben o seu ingreso na Caixa Xeral de Depósitos.

XUNQUEIRA DE AMBÍA.-

- Parcelas 02 e 02a, de Ramón Vázquez Conde, que formula alegacións relativas á

superficie das parcelas, lonxitude de balados e valoración, informando o enxeñeiro director de

Vías e Obras o seguinte: "En relación co escrito de reclamación presentado por don Ramón

Vázquez Conde, contra as medicións e valoracións das parcelas números 02 e 02a (sitas no

termo municipal de Xunqueira de Ambía), que son obxecto de expropiación na obra n.1 100 do

Plan Base de 2001, CP 3 Xunqueira de Ambía-Allariz, informo o seguinte: a) Unha vez

efectuada unha mellor medición, observouse que había algunhas diferencias no relativo ó

número de árbores e de brotes, que non foran tidos en conta. b) Tamén existen algunhas

diferencias nas medicións dos balados, que se fan constar nas fichas. c) Reafirmámonos nas

valoracións por metro cadrado de terreo que figuran no expediente, así como do balado. Como

consecuencia da reclamación efectuada elaboramos novas fichas de expropiación das referidas

parcelas 02 e 02a, reflectindo o número exacto de árbores e brotes existentes e m2 de balado; e

mantendo inalterados o resto das medicións e os prezos unitarios das fichas primitivas.

As fichas modificadas de ámbalas dúas parcelas son as seguintes:

Número parcela: 02 Concello: Xunqueira de Ambía Paraxe: Mollón Núm. polígono (Catastro): 9 Núm. parcela (Catastro): 201 (en plano n.1 3017) Núm. identificación catastral: 320370000000900201BH Propietario (expediente): Ramón Vázquez Conde Enderezo (expediente): Xunqueira de Ambía Propietario (Catastro): Ramón Vázquez Conde

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

DNI: Enderezo (Catastro): Xunqueira de Ambía Tipo parcela: Cultivo: monte baixo Lindeiros: ó norte, máis da leira; ó sur, estrada; ó leste, Ramón

Conde; e ó oeste, descoñecido.

Medicións Unidades Prezo unitario Valoración

Monte baixo con acceso m2

255,22 1,44 367,52

Carballos (D=10 a 50 cm)

13 36,06 468,78

Carballos (D=10 cm)

7 6,00 42,00

Valado (muro m2)

58x0,70= 40,60

9,02 366,21

Brotes carballo 20 1,00 20,00

Piñeiro mediano 2 4,80 9,60

Suma 1.274,11

Número parcela: 02a Concello: Xunqueira de Ambía Paraxe: Mollón Núm. polígono (Catastro): 9 Núm. parcela (Catastro): 201 (en plano n.1 3017) Núm. identificación catastral: 320370000000900201BH Propietario (expediente): Ramón Vázquez Conde Enderezo (expediente): Propietario (Catastro): Ramón Vázquez Conde DNI: Enderezo (Catastro): Xunqueira de Ambía Tipo parcela: Cultivo: prado regadío Lindeiros: ó norte, máis da leira; ó sur, estrada; ó leste, estrada; e ó

oeste, Ramón Vázquez.

Medicións Unidades Prezo unitario Valoración

Prado regadío (m2)

347,63 2,88 1.001,17

Valado (muro 15x1,00= 9,02 135,30

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

m2) 15,00

Bidueiro (D= ata 10 cm)

2 6,00 12,00

Amieiro (D=ata 10 cm)

6 2,40 14,40

Brotes amieiro 40 1,00 40,00

Suma 1.202,87

Por todo isto, a Corporación, de conformidade co dictame favorable da comisión

informativa de Planos, Vías e Obras e Cooperación, acorda, por unanimidade dos vintedous

membros corporativos presentes, o seguinte:

11) Aprobar definitivamente o mencionado proxecto técnico así como a relación de bens e

planos parcelarios, coas modificacións propostas polo enxeñeiro director de Vías e Obras das

parcelas 02 e 02a de Xunqueira de Ambía, desestimándose as alegacións formuladas polos

titulares das parcelas 52 e 61 de Allariz.

21) Declarar definitivamente a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens.

31) Acordar definitivamente a expropiación con carácter de urxencia.

41) Solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens, conforme

co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

51) Continua-lo expediente de expropiación forzosa urxente, autorizándose á Presidencia

para os trámites oportunos, debendo comunicaráselles ós interesados que poden percibi-lo prezo

da valoración dos bens cando o estimen oportuno, tramitándose noutro caso as pezas separadas

de prezo xusto, no seu día.

14) CONCURSO PARA SUBMINISTRACIÓN DE ÁRIDOS, LIGANTES,

FORMIGÓNS, BARREIRAS DE SEGURIDADE E MARCAS VIARIAS PARA O 111

SEMESTRE DO ANO 2003.- Tendo en conta as necesidades dos servicios, a Corporación, de

conformidade co dictame favorable da comisión informativa de Planos, Vías e Obras e

Cooperación, acorda, cos 16 votos favorables dos representantes presentes do Grupo Popular e a

abstención dos 2 representantes presentes do PSdeG.-PSOE, dos 3 do BNG e o do representante

do Grupo Mixto, a convocatoria de concurso para a subministración de áridos, ligantes,

formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias, para o primeiro semestre de 2003, con

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

suxeición ó prego de condicións, para o efecto redactado, autorizándose á Presidencia para os

trámites oportunos.

15) RECURSO EN EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN FORZOSA DE BENS

AFECTADOS POLAS OBRAS DO CV 317 A MOREIRAS POLAS AIRAS, N.11

174/POL/2001.- A Corporación Provincial, nas sesións do 28 de xuño e 27 de setembro de 2002,

aprobou o expediente de expropiación forzosa dos bens afectados polas mencionadas obras; entre

os mencionados bens figuran as parcelas números 9, de propietario descoñecido, e a n.1 14 de

propiedade, segundo o expediente e o Catastro, de Luis Cid Sieiro. Realizáronse os trámites legais

pertinentes en relación coa parcela de propietario descoñecido, que resultou ser de Luis e María

Celia Cid García, segundo a información obtida, notificándoselles ós interesados os mencionados

acordos. Os devanditos interesados formularon recurso de reposición no que manifestan que non

aceptan a declaración de urxencia, que existen diferencias nas medicións das parcelas, e que se

causa un notable prexuízo ó resto dos predios non expropiados, debendo ser valorados outros

elementos como árbores, plantacións, muros de pedra, etc.

O enxeñeiro director de Vías e Obras informa o seguinte:

"En relación co escrito que remite o letrado don Ángel Pazos Huete, en representación de don

Luis Cid García e dona María Cid García, alegando en contra dun expediente expropiatorio de

dúas propiedades que posúen no CV a Moreiras polas Aires, informo o seguinte:

a) Polo que respecta ó que representan as superficies expropiadas sobre o total dos

predios: na n.1 9 exprópianse 142,35 m2 e quedarían sen expropiar 420,00 m2. NO

predio n.1 14 expropiaríanse 123,18 m2 e quedarían sen expropiar 346,82 m2. As

dimensións son, polo tanto, moi exiguas en ambos casos.

b) Polo que respecta á cualificación urbanística das parcelas: é de solo rústico de

protección forestal, tal como se indica no certificado expedido polo aparellador

municipal de Barbadás.

c) Polo que respecta ás árbores e muros: non existen".

Por todo isto a Corporación, de conformidade co dictame favorable da comisión

informativa de Planos, Vías e Obras e Cooperación, acorda, por unanimidade dos vintedous

membros corporativos presentes na sesión, desestima-lo recurso de reposición formulado,

continuándose os trámites do expediente, debendo comunicarlles ós interesados que poden

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

percibi-lo prezo da valoración dos bens cando o estimen oportuno, tramitándose noutro caso as

pezas separadas de prezo xusto, no seu día.

16) CONCURSO DE ALUGUER DE MAQUINARIA CON CONDUCTOR PARA O

ANO 2003.- Tendo en conta as necesidades dos servicios, a Corporación, de conformidade co

dictame favorable da comisión informativa de Planos, Vías e Obras e Cooperación, acorda, cos

16 votos favorables dos representantes presentes do Grupo Popular e a abstención dos 2

representantes presentes do PSdeG.-PSOE, dos 3 do BNG e do representante do Grupo Mixto, a

convocatoria de concurso para aluguer de maquinaria con conductor para traballos nas vías

provinciais e cooperación durante o ano 2003, con suxeición ó prego de condicións, para o efecto

redactado, e autorizándose á Presidencia para os trámites oportunos.

17) CONTRATACIÓN DE PROXECTO MODIFICADO DE ACONDICIONAMENTO

ÁREA DE SERVICIO NO EMBARCADOIRO DE SAN ESTEVO DE RIBAS DO SIL.-

Dáse conta do seguinte dictame da comisión informativa de Planos, Vías e Obras e Cooperación:

"Por decreto da Presidencia do día 9 de novembro de 1998 se lle adxudicaron á empresa Proyecon, SA as mencionadas obras, na cantidade de 296.779,32 euros, máis 11.991,39 euros de redacción do proxecto, cantidade anticipada polo Inorde e ó que se lle reintegrará o importe. As obras foron suspendidas por problemas de libre disposición de terreos e normativa urbanística, e fináncianse con subvención de Augas de Galicia. Resultou necesario, ademais, realizar un estudio técnico de seguridade na ladeira do monte e modifica-lo proxecto co fin de adaptalo á normativa urbanística correspondente. Por todo isto encargóuselle-la redacción dun proxecto modificado ó enxeñeiro de camiños Sr. Durán Fuentes e á arquitecto Sra. Carregado Pazos, que importa un total de 479.198,11 euros, pero tendo en conta o crédito dispoñible para o actual exercicio, proponse, cos votos favorables do Grupo Popular e a reserva de voto do PSdeG.-PSOE e do BNG, aproba-lo proxecto modificado e adxudicarlle as obras á mesma empresa adxudicataria do proxecto primitivo, procedéndose á execución da primeira fase por importe de 296.779,32 euros, con cargo á subvención concedida por Augas de Galicia, para o ano actual, sen prexuízo de xestiona-las subvencións pertinentes para a finalización do mencionado proxecto no próximo exercicio. Todo isto de conformidade co disposto nos artigos 146 e concordantes do RDL 2/2000, do 16 de xuño, texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas". Na deliberación nesta sesión o Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, anuncia a súa

abstención.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, anuncia tamén a abstención do seu grupo.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, manifesta que o seu grupo vota en contra

porque cren que non debe ser esa entidade, Augas de Galicia, a que financie as obras, porque

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

existen moitas necesidades en abastecementos, saneamentos e depuracións de auga, que non se

atenden pola Xunta de Galicia, que tamén cobran un canon polos abastecementos, que non

invisten na mellora dos servicios. Refírese tamén ó incremento do orzamento, que é unha subida

considerable e, aínda que tódalas obras son necesarias, só deberían ser atendidas cando estean

resoltos os os problemas de abastecementos e saneamentos.

O Sr. Martínez González, do Grupo Popular, refírese ó convenio formalizado xa no ano

1998, e lembra que a Xunta de Galicia ten máis competencias que os abastecementos e

saneamentos, incluso cando resulta necesario utilizar fondos europeos.

O Sr. Presidente aclara que a entidade que no seu día concedeu a subvención se

denominaba "Portos e Augas de Galicia", e que Ourense conseguiu ese diñeiro para unha

finalidade, que naturalmente non podía se-la de porto marítimo. Explica as incidencias que

xurdiron e os problemas de estabilización da ladeira do monte, deixando constancia de que se trata

de resolver problemas técnicos e consegui-lo investimento de subvencións e a execución de obras

importantes para o desenvolvemento turístico da zona. Tamén fai referencia ó atraso producido

polos problemas urbanísticos de actuacións nesa zona, xa que as obras non se puideron iniciar ata

que se obtivo a pertinente licencia municipal, tralos trámites previos oportunos ante as autoridades

urbanísticas da Xunta de Galicia.

Finalmente somete a votación o dictame antes transcrito, que resulta aprobado cos 16

votos favorables dos representantes presentes do Grupo Popular, a abstención dos 3

representantes do BNG e a do Sr. Troitiño do Grupo Mixto e o voto en contra dos 3

representantes presentes do PSdeG.-PSOE.

18) MOCIÓN DO BNG RELATIVA ÁS DEFICIENCIAS NA A-52.- Dáse conta do

seguinte dictame da comisión informativa de Planos, Vías e Obras e Cooperación:

"Dáse conta da seguinte moción: "A autovía Rías Baixas (A-52), que enlaza as cidades galegas de Vigo e Ourense coa meseta, á altura de Benavente, ata desembocar na N-VI, presenta diversas deficiencias e insuficiencias de equipamento. Unhas carencias que, con toda seguridade, teñen relación directa coa falta de previsión coa que a infraestructura se levou a cabo, sen esquece-los continuos recortes orzamentarios durante a execución desta vía que, sen ningunha dúbida, son as responsables das deficiencias que presenta a A-52. A A-52, podería confundirse facilmente cunha autovía en estado de construcción: os seus enlaces coa N-525 carecen de iluminación, posúe unha deficiente sinalización ó longo de moitos quilómetros, tampouco conta cun orzamento destinado ó mantemento da autovía. Asemade da

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

inexistencia de elementos obrigatorios, tal e como establecen as normas de tráfico: as liñas continuas e discontinuas da calzada, que actualmente están borradas. Este feito obriga ós usuarios e usuarias a circular por unha vía cuns carrís que non están delimitados en numerosos tramos, co conseguinte perigo de seguridade viaria que isto supón. Outra cuestión que merece destacarse é que non se utilizan os antigos tramos da N-525 para acondicionalos como áreas de servicio, nin tampouco se crean novas áreas (cuestión xa reclamada polo BNG neste organismo provincial a través dunha moción presentada no Pleno de data 22 de decembro de 2000). Por todo o anterior exposto, o grupo provincial do BNG solicita do Pleno da Deputación a adopción dos seguintes acordos: 1.- A Deputación instaralle ó Ministerio de Fomento a que corrixa as carencias e deficiencias que presenta a autovía A-52, en canto á conveniente sinalización, en tódolos seus tramos, da áreas de servicio precisas para o descanso dos transportistas e usuarios/as desta vía de alta capacidade, asemade da imprescindible sinalización das liñas continuas e discontinuas sobre a calzada e mellora da iluminación nos enlaces coa N-525. 2.- A Deputación Provincial instaralle ó Goberno Central para que, en colaboración cos concellos afectados, realice un plano de utilización dos antigos tramos da N-525, pobos e vilas que conten coa dotación suficiente como áreas de servicio da autovía. 3.- A Deputación Provincial instaralle ó Goberno Central para que dote orzamentariamente partidas que permitan a mellora do acceso da A-52 ó centro da cidade de Ourense. 4.- A Deputación instaralle ó Goberno Central para que dote orzamentariamente partidas que permitan facer un mantemento periódico e nas debidas condicións da autovía." O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, explica o contido da moción, considerando que deben adoptarse as medidas oportunas para corrixi-las deficiencias sinaladas. O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, fai constar que o seu grupo xa presentou unha moción que foi aprobada por unanimidade na sesión do 26 de novembro de 1999, relativa a deficiencias da autovía, e que non recibiu ningunha contestación, contestándolle o Sr. Presidente que no seu momento se lle deu curso ó acordo adoptado, e remitíuselle ó Ministerio de Fomento, polo que averiguará se se recibiu algunha contestación sobre este asunto. En relación coa moción presentada polo BNG o Sr. Iglesias Sueiro manifesta a reserva de voto do seu grupo e a Presidencia fai constar que o grupo de goberno votará en contra dela, tendo en conta que nin a autovía está tan mal como din nin considera pertinente que se tramite a moción sen ningunha base técnica nas observacións formuladas, sen prexuízo de someterlla á Corporación Provincial". Na deliberación nesta sesión, o Sr. Xardón Dacal, do BNG, explica o contido da moción,

manifestando que non se teñen en conta as solicitudes no seu día formalizadas para aproveitar

como áreas de servicio os antigos tramos de estrada que cruzaban os pobos desas zonas. É

evidente que, por exemplo, no tramo Xinzo-Ourense, non se aprecian as raias centrais que separan

os carrís, circunstancia que incluso poñen de manifesto os propios axentes de tráfico. Con isto

formúlanse esas catro propostas de acordo, para corrixi-las deficiencias e completa-la sinalización

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

e demais obras necesarias.

O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, manifesta a súa conformidade co contido da

moción.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, anuncia tamén o voto favorable do seu grupo.

O Sr. Martínez González, do Grupo Popular, manifesta que se reitera no voto en contra

do Grupo Popular, porque cre que se trata de actuacións sen eficacia que non serven máis que

para saír nos medios de comunicación. Xa se adoptaron as medidas oportunas e cre que agora

Galicia non se pode queixar das súa autovías, especialmente en relación con outras comunidades

autónomas.

O Sr. Xardón Dacal, do BNG, reitera que o que manifestou é a realidade, os

entroncamentos están sen iluminar, é moi deficiente a sinalización horizontal e se hai outras

comunidades que están mal, iso non debe ser xustificación para Galicia.

Finalmente sométese a votación o dictame antes transcrito, que resulta desestimado ó

votar a favor os 3 representantes do BNG, os 3 do PSdeG.-PSOE e o do Grupo Mixto, votando

en contra os 16 representantes presentes do Grupo Popular.

19) CESIÓN Á XUNTA DE GALICIA DOS CV 108 E 346.- Trala ratificación da inclusión

deste punto na orde do día, que non foi dictaminado pola comisión informativa, conforme co

artigo 82.3 do ROF, adóptase o seguinte acordo:

Tendo en conta o acordo adoptado, por razóns de urxencia, pola Comisión de Goberno

desta Deputación, na sesión do día 15 do actual, relativo a cesión á Xunta de Galicia dos CV 108

e 346, e tendo en conta a conveniencia de tramita-la expresada cesión, co fin de que a Xunta de

Galicia poida executa-las obras de acondicionamento e reformas necesarias, a Corporación

acorda, por unanimidade dos vintetrés membros corporativos presentes na sesión, a ratificación

polo Pleno Provincial do expresado acordo da Comisión de Goberno, co seguinte contido:

"Unha vez solicitada a pertinente información ó servicio de Vías e Obras Provinciais, sobre a posibilidade e conveniencia de cesión á Xunta de Galicia das referidas vías provinciais, o enxeñeiro director do mencionado servicio emite o seguinte informe: "O itinerario Trives-Viana do Bolo, constituído polas vías provinciais CV 108 Cabalar-Raigada e o CV 346 Raigada-Viana do Bolo, representa un eixe de comunicación fundamental, nunha zona deprimida socio-economicamente e onde as vías de comunicación adquiren relevancia estratéxica dada a súa orografía. Este eixe parte da estrada autonómica OU-536 a uns dous (2) quilómetros da Pobra de Trives

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

(capitalidade do Concello de Trives), e remata na tamén autonómica OU-536 no núcleo de Viana do Bolo, capitalidade do Concello do mesmo nome, tras un percorrido de 40,18 quilómetros. Neste percorrido, comunica as capitalidades dos Concellos de Manzaneda e Vilariño de Conso, ademais dos dous xa mencionados e unha quincena máis de núcleos de poboación de forma directa, así como indirectamente o resto das aldeas dos catro concellos devanditos. O itinerario alternativo é por vías autonómicas e significa salvar dificultades como a baixada á ponte Bibei, os "codos" de Larouco ou a subida ó Alto do Covelo. Polo anteriormente exposto consideramos que o mencionado eixe Cabalar-Raigada-Viana do Bolo ten a suficiente importancia estratéxica como para ser unha vía autonómica representando esta posibilidade unha alternativa dinamizadora fundamental da zona, o que lle comunico a V.I. para os efectos oportunos". Por todo isto, acórdase, por unanimidade solicitar da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, que se faga cargo das expresadas vías provinciais, tendo en conta as circunstancias que concorren. Este acordo, adoptado por razóns de urxencia, someterase a ratificación da Corporación Provincial". 20) ADXUDICACIÓN DO CONCURSO DE SUBMINISTRACIÓN DE PENSOS,

FERTILIZANTES MINERAIS E SEMENTES PARA O ANO 2003.- Dáse conta do

seguinte dictame da comisión informativa de Agricultura:

"Unha vez visto o concurso tramitado para subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes, para o ano 2003, segundo acordo da Corporación provincial do 27 de setembro último e pregos de condicións publicados no BOP do día 30 do mesmo mes e anuncio no DOG do 8 de outubro, realizándose a apertura de plicas e documentación o día 24 de outubro, tendo en conta o informe do enxeñeiro técnico agrícola desta Deputación e a proposta da mesa de contratación do día 14 do actual, proponse a adxudicación do concurso na seguinte forma: 1) PENSOS: A "Suministros Coren, SA", co seguinte detalle: - Crecemento tenreiros, 0,2749 euros/kg, IVE incluído. - Vacas leite, 0,2245 euros/kg, IVE incluído. - Recría novelas, 0,2374 euros/kg, IVE incluído. - Engorde tenreiros, 0,2480 euros/kg, IVE incluído. - Coellos, 0,2252 euros/kg, IVE incluído. - Leite en po, 1,91; 1,38-AC; 0,64-V18; 0,72-V10 euros/kg, IVE incluído. - Cabalos: 0,2425 euros/kg, IVE incluído. 2) FERTILIZANTES MINERAIS: A "Antonio Rodríguez Piñeiro", co seguinte detalle: - Complexo 8-15-15: 0,24 euros/kg, IVE incluído. - Complexo 8-24-16: 0,25 euros/kg, IVE incluído. - Complexo 15-15-15: 0,24 euros/kg, IVE incluído. - Calcarias magnesianas: 0,08 euros/kg, IVE incluído. - Nitramón cálcico: 0,22 euros/kg, IVE incluído. 3) SEMENTES: A "Antonio Rodríguez Piñeiro", co seguinte detalle: - Pratenses F.2.: 3,76 euros/kg, IVE incluído.

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

- Pratenses F.4.: 3,10 euros/kg, IVE incluído. - Avea: 0,30 euros/kg, IVE incluído. - Cebada: 0,24 euros/kg, IVE incluído. - Veza: 0,80 euros/kg, IVE incluído. - Millo: 3,60 euros/kg, IVE incluído. O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, considera que nalgúns casos observa que a proposta non se atén ós prezos máis económicos, sinalando supostos concretos nos que é mellor a oferta de Almacenes Rivera, SL. O Sr. Presidente manifesta que en xeral se tivo en conta o lote completo en cada unha das subministracións (pensos, fertilizantes e sementes), aínda que dentro deses lotes pode ocorrer que non tódalas cantidades sexan as máis económicas, pero non convén diversificar máis a adxudicación, e considera que se teñen en conta os productos de maior consumo que determinan a vantaxe económica, pero que en todo caso solicitará a pertinente información do técnico desta Deputación". Na deliberación o Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, manifesta que agradece o

informe complementario que se lle facilitou, pero que a súa abstención obedece ós criterios

expostos como norma xeral nestes concursos.

Finalmente o Sr. Presidente somete a votación o dictame antes transcrito, que resulta

aprobado cos 16 votos favorables dos representantes presentes do Grupo Popular e a abstención

dos 3 representantes presentes do PSdeG.-PSOE, dos 3 do BNG e do representante do Grupo

Mixto,

21) DACIÓN DE CONTA Ó PLENO DA RELACIÓN DE DECRETOS DA

PRESIDENCIA DO MES DE SETEMBRO DE 2002.- En relación co establecido no artigo

62 do vixente Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades

Locais (aprobado por Real Decreto 2.658/1986 do 28 de novembro, e publicado no B.O.E. do 22

de decembro), a Presidencia deulle conta ó pleno das relacións de decretos asinados no mes de

setembro (236) de 2002.

Entregándoselles copia das devanditas relacións a tódolos compoñentes que integran a

Corporación.

22) ASUNTO DE URXENCIA I.- MOCIÓNS DO BNG, DO PSdeG.-PSOE E DO SR.

TROITIÑO LÓPEZ DO GRUPO MIXTO, SOBRE A CATÁSTROFE DO ACCIDENTE

DO PETROLEIRO "PRESTIGE".- O Sr. Presidente manifesta que o BNG, o PSdeG.-PSOE

e o Grupo Mixto, presentaron mocións sobre o vertido de hidrocarburos do "Prestige", co

seguinte contido:

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

- MOCIÓN BNG:

"Exposición de motivos. O sinistro do buque "Prestige" nas costas de Galicia volve formula-lo problema da seguridade do tráfico marítimo que circula polo corredor de Fisterra. O litoral galego é o máis afectado do mundo pola contaminación derivada de accidentes marítimos destas características, pois nos últimos 32 anos houbo catro buques que provocaron importantes vertidos de hidrocarburos ó mar (Plycomander, Urquiola, Aegean Sea, Prestige), ós que se lles deben sumar outros sinistros nos que tamén houbo unha importante contaminación mariña polo vertido de productos altamente contaminantes (Erkowitz, Cason). Por outra banda, o número de emerxencias do corredor de Fisterra é o máis alto do Estado español. Nunha resposta de data 4 de xuño de 2001, do Goberno do Estado ó BNG, recoñecíase que no 2000 o número de emerxencias producidas no corredor ascendeu a 733. Así mesmo, noutra resposta emitida polo Goberno en data 7 de maio de 2001, tamén a preguntas do BNG, o Goberno insistía en que a propósito da posibilidade de estende-lo dispositivo actual de Fisterra, e tomando como base a análise dos datos de tráfico de buques de tránsito, así como dos que navegan nas proximidades, considérase que a situación actual do dispositivo, unido á dispoñibilidade dos sistema de control de tráfico marítimo existente, satisfai de maneira adecuada a seguridade da navegación. O sinistro do "Pretige" por en evidencia, por desgracia, que o dispositivo de separación non é suficiente no caso de transporte de mercadorías perigosas por mar no corredor de Fisterra, ademais de que os controis sobre os barcos non son eficientes nin en porto nin en tránsito, e tamén que os medios de salvamento e prevención de catástrofes ambientais despregados nas costas galegas deixan de ser suficientes e adecuados para encarar situacións de risco e combate-la ameaza de contaminación. A todo isto débeselle engadi-la falta de vontade política para atalla-la grave situación da flota mercante, guiada pola descomedida ansia de optimiza-lo beneficio das compañías armadoras e petroleiras a custa da seguridade no mar e a prevención de catástrofes ecolóxicas, con barcos moi antigos e sen adecuarse ás mínimas medidas de seguridade no mar, tripulacións con escasa preparación e desenvolvemento do seu traballo en condicións de explotación. Esta falta de vontade demóstrase, sobre todo, na actitude compracente do Goberno español e galego, que non actúan nas instancias nas que están representados para protexe-los intereses dos galegos, vencellados directamente á actividade pesqueira no mar, que constitúe a principal fonte de riqueza de moitas comarcas costeiras de Galicia. A principal evidencia desa complicidade é o atraso na incorporación ó ordenamento xurídico do paquete de medidas aprobadas a nivel comunitario por mor do accidente do buque "Erika" cara ás costas de Bretaña, así como os nulos intentos por reducírense os prazos de entrada en vigor desa normativa para acelera-la imposición obrigatoria de medidas encamiñadas a garantir unha maior seguridade no transporte de mercadorías perigosas por mar. Por todo iso, o Pleno da Corporación Provincial insta: 1.- Ó Goberno do Estado a actuar con dilixencia á hora de reparar e indemniza-los danos provocados polo "Prestige" e solicitar deste o pagamento de percepcións salariais, a exención no pagamento das cotizacións á Seguridade Social, desgravacións fiscais, moratoria no pagamento de créditos hipotecarios e persoais e a cobertura do sistema público de seguros para a actividade pesqueira polo tempo no que duren as consecuencias deste sinistro.

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

2.- Ó Goberno do Estado para establecer controis e inspección adecuados, tanto sobre os barcos que recalan nos portos galegos como sobre os que transitan polo dispositivo de separación de Fisterra, para asegura-lo cumprimento das condicións de seguridade a aplicar unha política preventiva, especialmente no relativo ó transporte marítimo de mercadorías perigosas. 3.- Ó Goberno do Estado a que leve a cabo a prolongación e distanciamento do dispositivo de separación do tráfico marítimo nas costas de Galicia, especialmente para os buques que transporten mercadorías perigosas. 4.- Ó Goberno do Estado para aumenta-los medios materiais e humanos do dispositivo e seguranza e salvamento marítimo operantes desde Galicia, para que se poidan realizar debidamente os labores de prevención e control, ademais das de salvamento e loita contra a contaminación. 5.- Á Unión Europea para que se dote de forma inmediata o fondo de indemnización dos danos causados pola contaminación por hidrocarburos en augas europeas (Fondo COPE), previsto no paquete de medidas Erika II; e a recorta-los prazos máximos previstos para a entrada en vigor das normas incluídas nese paquete de medidas; e así mesmo, para adaptalas con urxencia ó ordenamento xurídico estatal. 6.- Á Xunta de Galicia, para que, no ámbito das súas competencias, adopte tódalas medidas necesarias para minimiza-lo impacto ambiental do vertido, e asegura-la recuperación en breve prazo dos recursos marisqueiros e pesqueiros da zona afectada, así como a concesión directa de axudas e a actuar ante as instancias competentes para depura-las responsabilidades do sinistro e procura-la rápida e xusta satisfacción das perdas ocasionadas. 7.- Ó Goberno do Estado para establecer un organigrama de salvamento marítimo en Galicia, que conte coa participación da Xunta de Galicia e da Dirección Xeral da Mariña Mercante, para icrementa-la eficacia dese servicio. 8.- Apoiar tódalas accións e mobilizacións tendentes a conseguir estes acordos, poñendo a disposición de veciños e veciñas autobuses para acudir á manifestación convocada pola plataforma cidadá "Nunca Máis", que partirá da Alameda de Santiago de Compostela, o próximo domingo día 1 de decembro, ás 12:00 da mañá". - MOCIÓN PSOE: "Exposición de motivos.- A situación xeográfica da Costa da Morte faina especialmente sensible ós accidentes marítimos. Durante o último cuarto de século máis de cinco accidentes graves, nos que se viron implicados buques que transportaban petróleos ou os seus derivados, botaron por terra o esforzo de moitos homes e mulleres e puxeron en cuestión proxectos de investimento nun territorio sometido a unha profunda crise económica, laboral e social. O último produciuse o pasado día 13, como consecuencia do accidente do petroleiro "Pretige". Unha vez máis as costas da Costa da Morte sofren en carne propia un desastre ecolóxico como consecuencia de actuacións irresponsables por parte de organismos e empresas alleas a esta: armadores sen escrúpulos, bancos abandeirados en paraísos fiscais, tripulacións que exercen o seu traballo en condicións infrahumanas, etc. A pesca, o marisqueo e a agricultura son a base da economía do conxunto da Costa da Morte. A crise da flota de baixura ten ocasionado un éxodo sen precedentes de traballadores do mar nos últimos anos, que algún estudio cuantifica en máis de sete mil cincocentas persoas. Xunto con isto,

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

o sector turístico, o conserveiro e o medio ambiente terán que pagar, durante bastante tempo, as consecuencias da marea negra do Prestige. É por isto que o Grupo Socialista Provincial lle propón ó Pleno da Deputación: 1.- Poñer a disposición dos concellos afectados o persoal técnico e medios materiais de que dispón esta Deputación que sexan necesarios. 2.- Instarlles á Xunta de Galicia e ó Estado: A) Habilitar fondos extraordinarios, con carácter inmediato, que garantan a percepción dun salario mensual digno a tódolos traballadores do sector pesqueiro e actividades vinculadas a este. B) A elaborar un plan de reactivación económica da comarca en colaboración cos concellos, empresas, organizacións sindicais, confrarías, asociacións de mariscadores e outros axentes sociais co fin de senta-las bases para un desenvolvemento sostido e prolongado no tempo. C) A elaborar un plan especial, en colaboración cos concellos afectados, de recuperación biolóxica e paisaxística no menor tempo posible. 3.- Instarlles, igualmente, ás institucións comunitarias e ó Estado a: A) Dota-las costas galegas das infraestructuras e medios en materia de seguridade e salvamento marítimo acordes á súa situación xeográfica e o tráfico que a diario navega polo corredor marítimo internacional, situado a 21 millas das costas galegas. B) Do mesmo xeito que demandar da administración programas de limpeza das praias. C) Poñer en práctica unha regulamentación estricta que lles impida ós buques con pavillón de conveniencia eludir normas e controis estrictos en materia de seguridade marítima e laboral. D) Asistir legalmente ás persoas que se consideren prexudicadas. E) Adianta-las datas nas que tódolos petroleiros deban ser construídos con dobre casco. f) Situa-la sede da Axencia Europea de Seguridade Marítima en Galicia. G) Revisar e aplicar estrictamente as normas internacionais relativas á formación das tripulacións e ás condicións de traballo e vida a bordo. H) Adoptar medidas urxentes para a reparación dos danos no sector productivo e no medio ambiente. I) Mobilizar, con carácter de urxencia, o Fondo Europeo Especial para Catástrofes, creado neste mes de novembro pola Comisión e o Parlamento Europeo, co fin de axudar ás empresas afectadas, e moi particularmente ós profesionais do mar. L) Ampliar de inmediato o Memorando de París, para a inspección do 100% dos buques que transportan mercancías perigosas." - MOCIÓN DO GRUPO MIXTO "Exposición de motivos: O pasado mércores día 13, a traxedia asomou de novo a Galicia, despois dos desastres provocados polos petroleiros Mar Exeo, Erika e Urkiola, unha nova catástrofe orixinada polo vertido de fuel do petroleiro "Prestige" quebranta as nosas costas. Non podemos culpar ó Goberno do accidente do petroleiro, pero temos que ter en conta que non actuou coa celeridade e coa contundencia que esperabamos ante unha situación tan adversa. Entendemos que os intereses económicos son moi fortes (navieiras, mariña mercante ...), pero non se poden antepor ós intereses de toda Galicia. A descoordinación foi a nota máis destacada no tratamento desta crise. Por todo o anteriormente exposto, o representante do Grupo Mixto na Deputación Provincial de

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

Ourense, somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte, acordo: 1.- A Deputación Provincial de Ourense expresa a súa solidariedade coas poboacións directamente afectadas polo vertido. 2.- Instarlle á Xunta de Galicia para que adopte as medidas preventivas necesarias para evita-la descoordinación e a mala previsión nas tarefas de limpeza das nosas costas. 3.- Instarlle á Xunta de Galicia para que solicite ante o organismo correspondente as medidas mínimas de afastamento das costas galegas dos buques que transportan mercadorías perigosas." O Sr. Presidente propón que se traten todas en conxunto, e concédelles ós portavoces a

palabra para que xustifiquen a urxencia.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, considera que a urxencia está clara e xustificada, porque

algo deberiamos facer en solidariedade coa costa galega, para supli-las deficiencias do goberno

central.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, cre tamén que está xustificada a urxencia, pola

alarma e a indignación social existente como consecuencia do accidente dese petroleiro.

O Sr. Presidente aclara que desde o primeiro momento a Deputación estivo en contacto

coa Xunta de Galicia, para ofrecerlle tódolos medios de que dispoñía a Corporación Provincial, e

que se axustarían ás instruccións da Xunta, pero sen acordar actuacións por libre, porque poderían

ser contraproducentes. Refírese a un grupo de profesores e alumnos que esta semana solicitaron

da Deputación o transporte para prestar servicios voluntarios nas praias, e contestóuselles que se

facilitaría sempre que existise o oportuno permiso da Xunta ou dos concellos afectados, de forma

que esta viaxe estivese debidamente organizada. Non existe inconveniente nun comunicado

institucional, por consenso dos grupos políticos, pero todo isto debe ser tratado nunha comisión,

polo que o grupo de goberno está en contra da declaración de urxencia das mocións.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, lémbralle á Presidencia que pasado mañá está

convocada unha manifestación baixo o lema "Nunca Máis" e pide o apoio da Deputación a esta

reivindicación. O Sr. Presidente contéstalle que este asunto non se arranxa con manifestacións nin

con desprestixiar a partidos políticos e aproveitarse da situación de calamidade como ocorreu na

época das vacas tolas, aínda que lembra que a continuación o PP volveu gaña-las eleccións. A

Deputación está disposta a exercer solidariedade cos afectados, pero en forma seria e coordinada.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, intervén para aclarar que lle agradece ó Sr. Iglesias

Sueiro a lembranza á mobilización, aínda que ese pedimento consta, precisamente, na moción do

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

BNG e non na do PSOE e cre que o BNG non pretende desprestixiar ó goberno, que debería

tomar medidas ante a situación actual, porque xa se desprestixian sós.

O Sr. Presidente reitera o seu ofrecemento de trata-lo asunto en comisión para un

comunicado institucional, ou medidas que se acorden, pero os portavoces manteñen a solicitude

de que se vote a urxencia das mocións.

O Sr. Presidente somete a votación a declaración de urxencia das tres mocións antes

transcritas, que resulta desestimada ó obte-los 3 votos favorables dos representantes do BNG, 3

do PSdeG.-PSOE e o do Grupo Mixto, votando en contra os 16 representantes presentes do

Grupo Popular.

23) ASUNTO DE URXENCIA II.- MOCIÓN DO BNG SOBRE O CONVENIO

DEPUTACIÓN-CONCELLO-FLAGER E PREGUNTA DO PSdeG.-PSOE SOBRE O

PLAN DIRECTOR DO SERGAS.- O Sr. Presidente manifesta que o BNG presentou unha

moción sobre o convenio Deputación-Concello-Flager, co seguinte contido:

"Exposición de motivos.- O Plano director do Sergas, presentado publicamente o 29 de novembro de 2000, prevía, cun investimento preto dos 80 millóns de euros, a ampliación do complexo hospitalario en varias fases. Por outra banda o acordo asinado entre a Deputación Provincial de Ourense e o Concello orixinou que na redacción final do PXOM se reducise notablemente a superficie destinada a uso sanitario en 16.000 m2, permitindo que tralo acordo da Deputación coa Inmobiliaria Flager se poidan construír un hotel, un centro comercial e 1.400 vivendas, na zona que inicialmente estaba prevista para a ampliación do complexo hospitalario. Incorporado o convenio ó Plan Xeral o Sergas presenta unha alegación contra do convenio porque parte das instalacións previstas no Plano director invaden terreos correspondentes a Flager, tendo que verse obrigada a reducir considerablemente a Consellería de Sanidade as previsións iniciais. O Concello de Ourense infórmalle á Deputación da alegación presentada polo Sergas, procedendo a Deputación Provincial a formalizar unha contraalegación sen que os grupos de oposición foramos informados sobre a cuestión. O Sergas solicita a licencia do Concello para a construcción da 10 fase do Plano director. O técnico municipal de licencias e disciplina urbanística, así como o técnico xeral do concello, informan negativamente no sentido de que non procede conceder licencia porque hai unha clara contradicción entre o que solicita o Sergas e o que permite o PXOM de Ourense. Dende o BNG entendemos que calquera institución pública debe ter, como norma básica e elemental de funcionamento, a busca do ben colectivo por enriba de intereses privados. Por todo o anterior exposto, o grupo provincial do BNG solicita a adopción polo Pleno da Deputación dos seguintes acordos: 1.- A revisión de oficio do acordo polo que se aprobou o convenio entre a Deputación Provincial e o Concello de Ourense, así como do acordo entre a Deputación e Inmobiliaria Flager, SA, e a

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

súa anulación. 2.- Instarlle ó Concello de Ourense para que tome en consideración a alegación presentada polo Sergas, de xeito que permita levar adiante o Plano director. 3.- A Deputación Provincial dirixirase ó Concello de Ourense para que o Plano director do Sergas teña cabida na revisión do PXOM en marcha". Manifesta así mesmo o Sr. Presidente que existe unha pregunta do PSdeG.-PSOE sobre

o Plan Director do Hospital, co seguinte contido:

"Tendo coñecemento da paralización da ampliación do antigo Hospital Provincial, Santa María Nai, prevista no Plan director do Hospital e xustificándose por parte do Concello de Ourense a necesidade de efectuar correccións no proxecto e tendo coñecemento de que existen presións alleas ó interese público para impedi-la dita ampliación, solicitamos: Teña a ben informar no vindeiro Pleno, )Cal é a postura desta Deputación e o compromiso que se adquire para garanti-la ampliación prevista, e se o convenio suscrito coa Inmobiliaria Flager e o Concello de Ourense hipoteca a dita ampliación a outras obras recollidas no proxecto urbanístico? Considera que estes dous puntos se refiren ó mesmo tema, polo que se poden tratar

conxuntamente e fai constar que neste caso o Grupo Popular está de acordo coa urxencia, porque

quere deixar clara a actuación deste grupo de goberno sen trámites dilatorios, declarándose a

urxencia por unanimidade, e concédelle-la palabra ós grupos políticos para a deliberación

oportuna.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, explica o contido da moción, manifestando que parece

que faltan 16.000 m2 para que se poida executa-lo Plan Director do Sergas e que o Concello de

Ourense denegou a licencia de obras. Cre que hai que busca-lo ben colectivo e acabar con este

grave problema de descoordinación, alomenos, entre as administracións. Por todo isto solicita os

tres puntos anteriores que constan na moción.

O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, considera que a ampliación dos servicios

sanitarios debe ser unha das prioridades do destino dos predios da Deputación, como son tamén o

polideportivo, o parque, o centro cultural, etc. No momento actual é prioritario que se facilite a

posibilidade de execución dese Plan Director e ten entendido que no expediente xa existe

constancia de que hai acordo co Sergas para permitir esta actuación. Por iso solicita que o Sr.

Presidente informe de como está o asunto para decidir en consecuencia.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, refírese ás actuacións anteriores e ás previsións

que existían no anterior plan de ordenación. Á vista das necesidades o sergas presentou un

proxecto no ano 2001, que, ó parecer, ten algúns problemas técnicos, polo que o Concello de

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

Ourense paralizou as obras, que afectaban ós predios Miramón e Casar. Alguén interveu en

defensa de Flager, con carácter particular, para instalar un hotel e un centro comercial que afectan

a esa programación, coñecendo informe do Secretario do Concello de Ourense de que o convenio

non vincula en canto non exista aprobación definitiva. Tamén se referiu a unha interpelación no

Parlamento Galego sobre este asunto. O que parece claro é que o PXOM e o convenio

formalizado sobre os predios lle afectan ó Sergas, e por iso pregunta tamén cal é a postura da

Deputación e como pode afectar outros intereses particulares.

O Sr. Martínez González, do Grupo Popular, cre que a referencia á alarma social será a

provocada polos grupos políticos de oposición, xa que nunca se paralizaron as obras, e ata agora

non existe solicitude oficial do Sergas á Deputación pedindo os terreos para estudia-las cesións

necesarias, as compensacións, etc., deixando claro que en nada afecta ó convenio con Flager,

porque se sitúa nos predios Miramon e Casar, propiedade desta Deputación, e cre que nesta

entidade provincial o que se está a discutir é o Plan Xeral de Ordenación, que debe ser discutido

precisamente no Concello.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, refírese a que a Deputación formalizou un convenio con

Flager sen contar co Sergas, que xa presentara o Plan Director, e refírese a varios documentos

existentes no Concello de Ourense da zona 8 do Sector 12 nos que consta que se produce unha

ocupación masiva das parcelas, en detrimento de espacios libres, aparcamentos, etc. Alomenos

está claro que non hai sintonía entre o Plan Director do Sergas e o PXOM. Refírese tamén a que o

investimento previsto en Ourense é menor que o de Lugo e da existencia dunha alegación da

Deputación, polo que pregunta se esta Corporación está en contra do Plan Director, e en

definitiva está claro que a paralización da licencia é un feito que se pode comprobar no Concello.

En resumo, da documentación existente evidénciase que o Sergas non pode executa-las obras, e

cre que no plan actual se rebaixa a superficie destinada ás finalidades sanitarias, xa que no ano

1986 estaban previstos 37.000 m2. Sorpréndeo esta situación, tendo en conta o talante da

Presidencia, polo que cre que este asunto terá unha solución adecuada, xa que non é lóxico que se

expoña un problema con tanto prexuízo para o interese público.

O Sr. Troitiño López, do Grupo Mixto, reitera que lle gustaría coñecer antes as

manifestacións da Presidencia para decidi-lo seu voto, pero ten claro que non se pode concede-la

licencia solicitada polo Sergas, por razóns urbanísticas. Outra cousa é como quedaría o PXOM en

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

trámite e cre que non concorda coa opinión do BNG tendo noticias de que xa existe un acordo

para solucionar este problema. Por todo isto anuncia a súa abstención.

O Sr. Iglesias Sueiro, do PSdeG.-PSOE, considera que existe contradicción co PXOM

entre a literatura e os datos que se facilitan, existindo dous convenios que impiden a execución das

obras. O convenio Deputación-Concello hipoteca o desenvolvemento das obras do Hospital, con

problemas de aparcamento, de tráfico, etc., e en cambio prevese a instalación dun hotel e dun área

comercial.

O Sr. Presidente explica que non cre que exista o problema que pretende presenta-lo

BNG, nin esa inquietude social de que falan. O certo é que non preguntaron na Deputación

porque non lles interesa coñece-la verdade senón que exista un debate público onde se poidan

embarulla-lo problemas. No plan de 1986 existen dúas zonas destinadas a equipamento sanitario

de 5.900 m2 e 2.900 m2 en números redondos, relativo a primeira á ampliación da residencia e a

segunda ó Hospital, e a referencia a 37.000 m2 comprende todo o que era o complexo sanitario

na zona. Manifesta tamén que no seu día o Sr. Camba lle entregou unha documentación do Sergas

relativa ó asunto, manifestándolle a Presidencia que llo remitise ó Concello porque na Deputación

non sabía da existencia de ningún problema, e que polo tanto a solución urbanística

corresponderíalle ó Concello de Ourense. Con sorpresa informouse de que o Sergas presentara

unha alegación na exposición ó público do Plan, sen preguntar nada nin informarse na Deputación.

Esta Deputación contestoulle ó escrito do Concello de Ourense, solicitando informe sobre esa

alegación e quere deixar constancia de que non existe ningún problema por parte da Corporación

Provincial, xa que o Sergas terá todo o que necesite e Flager nada perde nin gaña, porque non

afecta á zona do predio Santamarina. A Deputación Provincial está disposta a cede-los terreos que

sexan necesarios. A oposición non ten máis que pedir no Concello que faga as rectificacións

oportunas no PXOM, que necesite o Sergas, e cre que este organismo debe inicia-la súa actuación

presentando nesta Deputación a oportuna solicitude de cesión de terreos coas condicións e

compensacións que sexan pertinentes, pero cre que non é correcto que se proxecten unhas obras

que afectan a terreos da Deputación sen que esta teña coñecemento previo oficial delas, porque en

definitiva a resolución tampouco é competencia do Presidente, senón desta Corporación. Polo que

a esta Presidencia se refire xa se chegou a un acordo, e se ese acordo non serve modificarase

como sexa necesario. Isto xa o dixo o martes pasado, pero parece que non é boa noticia para os

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

medios de comunicación. Lembra como se xestou este problema "artificial" en reunión de

representantes dalgún partido político e medios de comunicación, ás veces con actuacións

"eufóricas" e sen a necesaria serenidade e manifesta expresamente que non se está referindo a

ningunha das persoas que integran os grupos políticos desta Deputación. Pregúntase como pode

existir alarma social, cando ninguén pode pensar que vai existir un problema entre a Deputación e

o Sergas. Iso non ocorrerá mentres de manteña a mesma Presidencia da Deputación, lembrando

outras actuacións como os terreos situados na parte posterior do edificio de Correos, de

propiedade desta Deputación, que un goberno do PSOE e do BNG no Concello lle cederon a

Fenosa, sen contar coa propietaria, pero respectouse a finalidade de beneficio para o pobo de

Ourense. No mesmo sentido o PSOE, que gobernaba o Concello de Ourense, no seu día negouse

a aboar obras adicionais no Colexio Universitario por máis de 200 millóns de pesetas e a

Deputación tivo que facerlle fronte a ese problema. Diríxese ó Sr. Iglesias Sueiro manifestándolle

que parece que só actúa cando le as noticias na prensa. Ningún representante da Deputación

estivo nesa reunión que citan en Santiago de Compostela e reitera que o Sergas terá todo o terreo

que necesite para executa-las obras. Non hai, polo tanto, ningún problema, o asunto está resolto e

modificarase todo o que sexa necesario modificar, só pide que antes de falar veñan á Deputación

para solicitar información.

Finalmente somete a votación a moción antes transcrita, que resulta desestimada ó obte-

los 3 votos favorables dos representantes do BNG, votando en contra os 16 representantes do

Grupo Popular e coa abstención dos 3 do PSdeG.-PSOE e a do Grupo Mixto.

24) ROGOS E PREGUNTAS.- Nesta quenda a Sra. Paz Franco, do BNG, pregunta que

ocorre co recurso presentado contra das probas selectivas do xerente do Inorde, trámite que o

Presidente consideraba legal, pero agora tivo que rectificar. O Sr. Presidente aclara que as razóns

de estima-lo recurso están moi claras na propia resolución: corrixir defecto administrativo pero

non razóns de fondo, e como sempre non se axusta á realidade o que manifestaron nos medios de

comunicación, de forma interesada, como ocorre, por exemplo, co problema dos terreos de

Benposta.

O Sr. Rodríguez Cid, do BNG, pídelle en primeiro lugar á Presidencia que lle agradecería

que non fose tan vehemente nas súas intervencións en contra do BNG, porque se realizan

algunhas afirmacións graves que non considera procedentes. Pregunta se na entrevista que tivo co

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

Ministro de Fomento se conseguiu unha partida concreta para Ourense, e o mesmo na Xunta de

Galicia. O Sr. Presidente contesta que non está alterado pero non é fácil aguanta-las acusacións

políticas que se están producindo en contra da súa persoa, con mentiras. Cando teñan razón lle

parece ben, pero non co que está ocorrendo na actualidade. Contesta á pregunta manifestando que

tratou asuntos como o convenio para continua-la autoestrada de Santiago ata Ourense, así como a

reparación da estrada do barco, e tamén a da N-540 a Portugal, solicitado en Interreg, e que se

incluirá tamén nos orzamentos da Xunta de Galicia. tamén se realizaron xestións sobre a estrada

do Carballiño a Pontevedra sobre a que se está realizando o estudio informativo. Todo isto

redunda en beneficio desta provincia.

O Sr. Rodríguez Cid pregunta tamén sobre os trámites de entrega de novelas de raza

rubia galega na zona do Macizo Central, que foi afectada pola brucelose. O Sr. Presidente informa

que precisamente se están realizando os trámites necesarios polos técnicos da Deputación para

determina-los animais dispoñibles e elabora-las normas de entrega ós interesados. Para tal fin

convocarase a pertinente comisión informativa.

Pregúntalle tamén o Sr. Rodríguez Cid á Presidencia se cre que mentiu en algo na

exposición realizada e deixa constancia de que sería unha sorpresa para el que a Deputación non

tivese en conta ó Sergas, e iso precisamente o dixo nos medios de comunicación. Por todo isto

sorpréndelle a actitude da Presidencia, cando o que está preguntando son as razóns ou motivos

polos que se produciron eses problemas. O Sr. Presidente contesta que a actitude do Sr.

Rodríguez Cid é sempre correcta, que nunca apreciou mentiras nas súas intervencións, que

efectivamente nunca estivo no ánimo da Presidencia crearlle problemas ó Sergas e que lle gusta

contestar aquí no salón e non na prensa, e que en canto ós problemas que poidan existir entre a

Deputación e o Sergas, efectivamente ninguén pode poñer en dúbida que se existen se resolverán.

Finalmente o Sr. Vázquez Fernández, do PSdeG.-PSOE, formúlalle a seguinte pregunta

á Presidencia: se nas conversacións e xestións nos trámites que levaron a finaliza-lo acordo con

Flager, SA, sobre o predio Santamarina, e convenio formalizado coa Deputación, se dirixiu nalgún

momento á Presidencia da Deputación, en representación dos intereses da mencionada sociedade

Flager, SA, don Isaac Vila Rodríguez. É dicir: se ó longo das conversacións que tiveron lugar

previamente á finalización do expediente, se dirixiu á Presidencia don Isaac Vila Rodríguez

interesándose polo convenio, polas xestións ou por outros aspectos do tema. O Sr. Presidente

Acta da sesión ordinaria do Pleno do día 29 de novembro de 2002

contesta: non, porque non llo permitín. O Sr. Vázquez Fernández solicita entón que pola

Presidencia se autorice ó Secretario para que certifique esta parte da acta co fin de poder facer uso

do seu contido, contestándolle a Presidencia que se concede esa autorización.

E, ás 14:15 horas, do expresado día vintenove de novembro do ano dous mil dous, o Sr.

Presidente deu por rematada a devandita sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense, da

que se redacta a presente acta, que se asinará segundo o legalmente establecido.

O PRESIDENTE, O SECRETARIO,