ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro...

35
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO PLENO O DÍA 8 DE MARZO DE 2017 ASISTEN: Preside a Alcaldesa Don MARÍA RAMALLO VÁZQUEZ (PP) Concelleiros/as asistentes Don MANUEL SANTOS COSTA (PP) Dona Mª ANTONIA SANMARTIN GARCIA (PP) Dona MARÍA JOSÉ DE PAZO ALLARIZ (PP) Don FRANCISCO JOSE ESTÉVEZ SALAZAR (PP) D. ANTONIO TRABA MIÑONES (PP) D. PABLO NOVAS CABALLERO (PP) Dona CRISTINA ACUÑA GONZÁLEZ (PP) Dona BEATRIZ RODRÍGUEZ GÓMEZ (PP) Don BENITO TOURIÑO TOURIÑO (PP) D. JOSE CIDRÁS ROSALES (PP) Dona LUZ SANTIAGO SUÁREZ (PSdeG-PSOE) Dona Mª DOLORES GONZÁLEZ RECAMÁN(PSdeG-PSOE) Don IVÁN PASTORIZA PAZOS(PSdeG-PSOE) Don CONSTANTE J. MURADAS RAMOS(PSdeG-PSOE) Dona M. PILAR BLANCO LÓPEZ (BNG) Dona LUCIA SANTOS OMIL (BNG) Don ALFONSO FERNÁNDEZ POSE (BNG) Dona SANDRA PESQUEIRA PÉREZ (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Don AARÓN FRANCO OUTÓN (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) Don JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ DOPAZO (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON) En Marín, e no Salón de Sesión da Casa Consistorial, sendo as vinte horas do día 8 de marzo de 2017, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa, dona María Ramallo Vázquez, coa presenza dos corporativos que máis arriba se sinalan, en primeira convocatoria, celebrouse sesión ordinaria do Concello Pleno. Da fe do acto a Sra. Secretaria, dona Paula Costas Romero A) PARTE DISPOSITIVA 1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DAS SESIÓNS ORDINARIAS CELEBRADA O 18 DE XANEIRO E 8 DE FEBREIRO DE 2017. * Sometidos a votación os borradores das actas das sesións ordinarias celebradas o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás mesmas, quedan aprobadas por unanimidade dos 21 concelleiros/as que integran a Corporación, sen modificación algunha. Neste momento auséntase do salón de sesións o Sr. González Dopazo. 2.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE DEPORTES E XUVENTUDE EN RELACIÓN COA PROPOSTA DE RESOLUCIÓN, POR MUTUO ACORDO ENTRE O CENTRO RECREATIVO DE SEIXO E O CONCELLO DE MARÍN, DA DOAZÓN MODAL DA LEIRA “TRAS LA DEVESA”, SITA EN SEIXO - (EXPTE.: 515/00). Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, emitido na súa sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe. O Sr. Traba Miñones indica que o Centro Recreativo de Seixo solicitou, o pasado 15 de

Transcript of ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro...

Page 1: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADAPOLO CONCELLO PLENO O DÍA 8 DE MARZO DE 2017

ASISTEN: Preside a AlcaldesaDon MARÍA RAMALLO VÁZQUEZ (PP)Concelleiros/as asistentesDon MANUEL SANTOS COSTA (PP)Dona Mª ANTONIA SANMARTIN GARCIA (PP)Dona MARÍA JOSÉ DE PAZO ALLARIZ (PP)Don FRANCISCO JOSE ESTÉVEZ SALAZAR (PP)D. ANTONIO TRABA MIÑONES (PP)D. PABLO NOVAS CABALLERO (PP)Dona CRISTINA ACUÑA GONZÁLEZ (PP)Dona BEATRIZ RODRÍGUEZ GÓMEZ (PP)Don BENITO TOURIÑO TOURIÑO (PP)D. JOSE CIDRÁS ROSALES (PP)Dona LUZ SANTIAGO SUÁREZ (PSdeG-PSOE)Dona Mª DOLORES GONZÁLEZ RECAMÁN(PSdeG-PSOE)Don IVÁN PASTORIZA PAZOS(PSdeG-PSOE)Don CONSTANTE J. MURADAS RAMOS(PSdeG-PSOE)Dona M. PILAR BLANCO LÓPEZ (BNG)Dona LUCIA SANTOS OMIL (BNG)Don ALFONSO FERNÁNDEZ POSE (BNG)Dona SANDRA PESQUEIRA PÉREZ (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON)Don AARÓN FRANCO OUTÓN (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON)Don JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ DOPAZO (MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON)

En Marín, e no Salón de Sesión da Casa Consistorial, sendo as vinte horas do día 8 de marzo de 2017, baixo a presidencia da Sra. Alcaldesa, dona María Ramallo Vázquez, coa presenza dos corporativos que máis arriba se sinalan, en primeira convocatoria, celebrouse sesión ordinaria do Concello Pleno.

Da fe do acto a Sra. Secretaria, dona Paula Costas Romero

A) PARTE DISPOSITIVA

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DAS SESIÓNS ORDINARIAS CELEBRADA O 18 DE XANEIRO E 8 DE FEBREIRO DE 2017.

* Sometidos a votación os borradores das actas das sesións ordinarias celebradas o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás mesmas, quedan aprobadas por unanimidade dos 21 concelleiros/as que integran a Corporación, sen modificación algunha.

Neste momento auséntase do salón de sesións o Sr. González Dopazo.

2.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE DEPORTES E XUVENTUDE EN RELACIÓN COA PROPOSTA DE RESOLUCIÓN, POR MUTUO ACORDO ENTRE O CENTRO RECREATIVO DE SEIXO E O CONCELLO DE MARÍN, DA DOAZÓN MODAL DA LEIRA “TRAS LA DEVESA”, SITA EN SEIXO - (EXPTE.: 515/00).

Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, emitido na súa sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

O Sr. Traba Miñones indica que o Centro Recreativo de Seixo solicitou, o pasado 15 de

Page 2: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

setembro, a resolución da doazón modal da parcela “Tras la Devesa”, que foi aceptada, o 5 de febreiro de 2017, por mutuo acordo, trala proposta presentada por este Concello á citada sociedade. Explica que a doazón foi elevada a público o 24 de maio de 2010, se ven, o acordo plenario de aceptación da doazón data de 8 de marzo de 2002. O informe xurídico, de 31 de outubro de 2016, di que “as posibilidades para deixar sen efecto a doazón, unha vez perfeccionada, son as seguintes: primeiro, un acordo entre o doantes e o donatario, outorgando escritura pública de revogación da doazón, ou, en segundo lugar, ante falta de acordo, a demanda xudicial instando, xa non a revogación da doazón, senón a resolución do contrato, quedando pendente este feito de que se acredite ante o órgano xudicial competente, en procedemento contraditorio e con audiencia de ambas partes, se existe ou non causa de resolución do contrato ou se se cumpriu ou non a condición”. Indica que o acordo plenario de aceptación da doazón incluía a obriga do Concello de realizar unha serie de obras, algunhas das cales fixéronse, no período que mediou entre o acordo plenario de 2002 e a elevación a público de 2010, como foi o caso dos vestiarios, sen embargo, a falta de mantemento e de actividade deportiva na citada parcela, levou a un deterioro total dos mesmo. Non obstante, aínda que non se pode falar dun ánimo de incumprimento do acordo plenario, dende o Concello e dende o Centro Recreativo, aceptaron de mutuo acordo a resolución da citada doazón. Comenta que era idea do actual grupo de goberno construír o, tan demandado, pavillón na citada parcela, que foi doada para usos deportivos, aínda que a ídea era facer un campo de fútbol. Tras falar coa directiva da citada sociedade, esta comunicou que aceptaba calquera infraestrutura deportiva sempre que alí se fixese algo, e, así, con esa declaración, puxéronse a traballar, presentando un proxecto de pavillón e solicitando a Xunta de Galicia os fondos necesarios para a súa construción. Engade que o proxecto non quedaría só na construción do pavillón, senón na construción dun campo de fútbol sete e outras pistas polideportivas. Indica que, antes de todo isto, foi encargado un estudo para analizar as posibilidades de “encaixar” un campo de fútbol once nesa parcela e un pavillón nos terreos propiedade do Concello que están a continuación do Colexio de Seixo. Nese estudo pódese comprobar que o campo de fútbol, cunhas mínimas dimensións, de 90 x 45, que é o aceptado para o fútbol rexional, sáese dos lindes na parte Noroeste e na parte Sudeste da parcela, e que o pavillón non cabe nos terreos propiedade do Concello, ademais de ter outras implicacións sectoriais para poder construír o pavillón sen ocupar os terreos do patio do Colexio de Seixo, por iso, dende o Concello, quixeron ofrecer unha infraestrutura deportiva máis ampla, con cabida a todos os deportes demandados, para dar servizo, non só á parroquia de Seixo, senón a todo Marín. Engade que, coa renovación da directiva da citada sociedade e a súa negativa de seguir adiante con este proxecto, levou á situación en que hoxe atópanse. Di que a proposta que se trae ao Pleno da Corporación se basea nese análise, ante a imposibilidade de poñer a disposición os terreos do campo de fútbol para facer o pavillón e, a imposibilidade técnica, de poder executar un campo de fútbol coas medidas regulamentarias, por iso pide o apoio a esta proposta.

A Sra. Santiago Suárez expón que o grupo Socialista vai a votar en contra desta proposta, non porque non crea no dereito da Sociedade Recreativa e Deportiva de Seixo de pedir a reversión dos terreos ante o manifesto incumprimento, polo actual grupo de goberno, do convenio de cesión dos terreos para habilitar un campo de fútbol na parroquia, senón, porque significa a perda dunha gran oportunidade para conseguir uns equipamentos deportivos, que son totalmente necesarios, no que é o segundo casco urbano de Marín, e que darían servizo a unha parte moi importante da cidadanía. Di que é perda dunha oportunidade que custou moito traballo proxectar e atar, pois conseguir facer realidade a cesión destes terreos custoulle ao Concello anos de traballo para lograr plasmar no notario a cesión. Engade que parecía todo feito, unha vez aprobado o Plan de Ordenación Urbana, só había que conseguir financiamento para facer realidade os dous proxectos deportivos en Seixo, tanto o pavillón, para o que se compraron uns terreos que se cualificaron para equipamento deportivo, como o tan demando campo de fútbol, nos terreos que, de maneira altamente altruísta, os membros do antigo “Timonel” doaron para todos e todas as veciñas de Seixo. Di que cando entrou o grupo de goberno do PP, perdeu a subvención de 60.000 €, que o anterior alcalde conseguiu do Consello Superior de Deportes, por non executar as obras a tempo, e aí rematou toda a xestión deportiva, na parroquia, do grupo de goberno do PP, que preferiu gastar 700.000 € nun campo de fútbol de herba sintética nun terreo privado, en Santomé, cos informes dos técnicos en contra, cando con eses cartos habería xa campo de fútbol en Seixo. Respecto ao que din, de que nin o campo de fútbol, nin o pavillón,

Page 3: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

caben nas súas respectiva parcelas, di que iso significa, simplemente, que non fixeron os seus deberes, e que non lles importa este tema, pois, recorda que no Concello hai un proxecto de como quedaría o campo de fútbol. Di que precioso. Sempre din que non o atopan, pero xa realizaron moitos proxecto coa empresa que fixo aquel anteproxecto. En canto a que se o pavillón non cabe no terreo que se mercou, dilles que xestionen, que amplíen a area deportiva, que modifiquen o PXOM, e que o saquen do caixón. Engade que, como van a facer unha modificación puntual do PXOM, poden aproveitar para facer a modificación en Seixo, tamén. Dilles que crearon un problema onde había un acordo firmando, e orixinaron un conflito onde había e hai unha oportunidade de deseño urbano a partir dun área para equipamento, modo barrio deportivo, sanitario, e educativo. Un enfoque para orientar na dirección adecuada un núcleo urbano ordenado con servizos para todo o municipio. Di que o que se necesita é futuro, o demais son programas electorais, escusas e frustración, e que non sabe, exactamente, quen son os culpables, se os concelleiros/as do PP ou os seus votantes. Di que é necesario un concurso público para encadrar solucións, xa que o grupo do PP non ten nin a iniciativa para arranxar este entorto, nin idea de urbanismo, só traen conflitos abertos e caída de brazos, sen iniciativa e sen ideas, están en fase de creación de inimigos, non saben traducir os seus votos en solucións para a maioría, nin saben xestionar problemas, se non é a vella usanza, “con mando e ordeno, e a calar”, incapaces de impulsar nada novo sen arriscar algo propio. Están desesperados no seu labirinto e prefiren tirar a toalla. Engade que sacan a bandeira de que “con Seixo non poden” e todo se debe a que só saben manexar o “clientelismo cego”. Manifesta que para solucionar hai que traballar, chegar a acordos, ceder, moitas veces, só así se avanza. Dilles que non lles boten a culpa aos veciños ou as veciñas, nin a oposición, senón que xestionen, xa que “un planito”, onde hai un rectángulo, que din que non cabe en ningún sitio, non é un proxecto, e, que si se usan terreos do Colexio, os principais beneficiados serán os nenos e as nenas de Seixo, pero tamén o resto da cidadanía, como ocorre co uso compartido que hai nos demais pavillóns municipais. Non hai que esquecer que os terreos do Colexio son propiedade do Concello, non do Colexio. Remata dicindo que o anteproxecto que din que presentaron non ten, nin sequera, informes técnicos, senón que simplemente é unha folla onde hai un cadrado que o van colocando nun plano e van dicindo onde cabe, e onde non, pero as cousas non se fan así, polo menos en temas de urbanismo.

O Sr. Fernández Pose anuncia que o grupo municipal do BNG-AA vai a votar a favor desta proposta da Alcaldía, porque non lles parece normal que se tivera que chegar ata este punto, no que, a directiva desta entidade, tivese a obriga de pedir a reversión da cesión deste terreos, debido a que o grupo de goberno non quixo cumprir coas obrigas derivadas do acordo plenario polo cal a Entidade Recreativa de Seixo cedía eses terreos, deixando claro que o Concello tiña que executar, nun período de 5 anos, as obras de peche perimetral, acceso á parcela e explanación do fondo Noroeste para uso polideportivo e a construción dos vestiarios. Indica que estas actuacións xa estaban encouzadas cando o PP chegou ao goberno, porque o anterior goberno bipartito conseguira unha subvención de 60.000 €, procedentes do 1% da recadación das quinielas, que o grupo de goberno do PP perdeu por non xustificar as actuacións en tempo e forma. Actuacións que nunca se fixeron e que intentaron xustificar con outras que xa estaban feitas no campo de fútbol de San Pedro. Di que tamén conseguíranse outros 200.000€ que se comprometera a investir a Secretaria Xeral para o Deporte, cando era dirixida por Lete Lasa, cartos dos que nunca volveuse a saber nada máis. Por outro lado, quere salientar que o grupo de goberno di que non se pode facer o pavillón nos terreos, mercados para tal fin, a carón do Colexio, por ser insuficiente, pero neste momento están facendo a modificación puntual do PXOM e poden aproveitar para ampliar esa zona de chan dotacional e mercar os terreos necesarios para a construción do pavillón e así non tería que desbotar a idea de facer un pavillón nese lugar.

O Sr. Franco Outón anuncia que Marea Veciñal de Marín vai a votar a favor deste asunto, pero parécelle curioso que, dende o 2010, este Concello non tivera tempo suficiente a dar cumprida conta do que se asinou no seu momento, pois pasaron 7 anos e ningunha das condicións, baixo as cales o Centro Recreativo e Cultural de Seixo cedía ese terreo, as cumpriu este Concello, nin o peche perimetral, nin a explanación da parte Noroeste, nin os vestiarios, nin o acceso á parcela, sen embargo, o grupo de goberno, facendo unha interpretación bastante torticera do asinado no seu momento, pretendía construír un pavillón, que nin os propietarios da

Page 4: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

parcela, nin todos os veciños de Seixo querían que se construíse aí, porque eses terreos foron doados cun claro obxectivo, a de construír neles un campo de fútbol. Dille ao Sr. Traba Miñones que Marea molestouse en ir a medir eses terreos, e non sabe se é que o metro que ten é distinto do deles, ou se é a “vara de medir”. Di que isto debe ser porque están acostumados a non cumprir o acordado, a que teñen unha visión totalitaria da política e a non escoitar. Di que, malia que esta proposta da Alcaldía suponse que é dunha reversión deses terreos, de mutuo acordo, faise unha exposición dos feitos bastante tendencioso. Reclama que deixen de culpar aos grupos da oposición e ao Centro Cultural e Recreativo de Seixo, de que non se faga o pavillón de Seixo nesa parroquia, cando iso é mentira, xa que o pavillón non se vai a facer en Seixo porque o actual grupo de goberno non quere, e, non quere, porque ven equipado cun déficit democrático, de gran calibre, que levan no seu ADN, porque, senón, non se entende. Di que, dende un primeiro momento, Marea instoulles a que se sentaran coa veciñanza, cos movementos sociais de Seixo, que falaran e dialogaran, que se chegara a un entendemento, pero non quixeron, e a actitude, en todo momento, foi a de “todo, ou nada”, o se facía o que quería o grupo do PP, ou o PP castigaría á parroquia de Seixo sen pavillón, que foi o que finalmente pasou. Di que, o que está vendendo o grupo do PP é que Seixo se queda sen pavillón porque algúns non o queren, e iso é unha gran mentira. Pide que deixen de botarlle a culpa aos grupos da oposición, así como aos propietarios deses terreos, xa que Seixo se queda, única e exclusivamente, sen pavillón, polo totalitarismo e absolutismo da Sra. alcaldesa, do Sr. concelleiro delegado e do resto dos/as compañeiros/as do grupo municipal do PP, que asisten e consenten o que se está facendo con esa parroquia. Critica que por parte do grupo do PP, en nome deste Concello, dous días antes de traer este asunto a Pleno, convocase unha xuntanza veciñal -suponse que en nome do Concello de Marín, xa que non se sabe se convoca a Sra. alcaldesa e o Sr. Traba, concelleiro delegado-, o que considera de pouco respecto institucional, xa que foi, única e exclusivamente, do PP e non como grupo de goberno, dado o carácter ideolóxico, e, aínda que dicían que era unha xuntanza veciñal, non todos os veciños de Seixo puideron tomar a palabra, o que levou consigo que tiveran que suspender a xuntanza, e, maila iso, manipularon a medios de comunicación, mentindo, aínda que, afortunadamente, non a todos. Reitera que se Seixo queda sen pavillón é porque o grupo municipal do PP concibe a democracia con votar cada catro anos, e non se trata diso, xa que a democracia é moito máis que votar cada catro anos, ou que convocar unha xuntanza veciñal, dous días antes de vir a debater no Pleno este punto, culpabilizando aos grupos da oposición e ao Centro Cultural, porque, parece ser que a antiga directiva era “boísima”, e a actual é “o demo”. Engade que eses foron os termos nos que se falou nesa xuntanza veciñal, seica que da institución. Di que tiñan mil solucións. Pregunta por que non convocaron unha consulta cidadá, aos veciños e veciñas de Seixo, para que decidiran. Di se é porque, ao mellor, non lles gustaba o que puidera saír desa consulta, ou ¿é que non ían a acatar o resultado desa consulta se non era o que lles viña ben? Dilles que están a tempo de estudar alternativas, e máis, tendo en conta que se está a facer unha modificación puntual do PXOM, polo tanto, pódese aproveitar para estudar alternativas para chan dotacional, para ver unha nova ubicación, e para sentase e falar, pero non só cos concelleiros/as, senón coa veciñanza de Seixo e cos sectores sociais, xa que é imprescindible. Remata solicitando que, por respecto á institución deste Concello, os terreos sexa revertidos ao Centro Cultural no perfecto estado en que os entregou, no seu día, e iso implica que se lles entreguen cunha certa limpeza.

O Sr. Traba Miñones di que o Sr. Franco quere que se faga unha consulta veciñal, sen embargo, non lle parece ben que se faga unha xuntanza, convocada polo Concello de Marín, tal como pon nos carteis. Dille que cando a xuntanza a fai Marea, non pon Sra. Pesqueira ou Sr. Franco, senón Marea Veciñal de Marín. Engade que alégrase de saber que un dos carteis que desapareceron o ten o Sr. Franco Outón. Respecto á subvención de 60.000 €, aclara que, para recibila, había que gastar 600.000 €, dende xuño de 2011 a outubro de 2011, que é cando chegou ao goberno o grupo do PP atopouse con iso, e cun proxecto que dicía que o campo non cabía nese terreo. Dille ao Sr. Franco que eles non van cun metro, ou cunha “vara de medir”, como dixo, senón que van con técnicos, e hai un estudo que di que o campo non cabe, e por iso repite a palabra “encaixar”. Engade que queren “encaixar” o que non cabe, e o grupo do PP quere instalacións e infraestruturas amplas. Respecto á insistencia de que se faga o pavillón nos terreos do Colexio, di que non cabe alí e que nestes momentos non están en disposición de comprar máis terreo, nin ocupar terreo do Colexio. Di que non queren deixar ao Centro

Page 5: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

Recreativo, nin a ninguén, de “malos da película”, pero, simplemente, imposibilitan construír o proxecto do pavillón con pistas polideportivas, e un campo de fútbol sete, no que tamén se pode xogar ao fútbol, cando, ademais, tamén, hai o campo de fútbol once en Santomé. Engade que, ante esa imposibilidade, á vez que tampouco se pode construír un campo de fútbol alí, e como piden a devolución do terreo, antes de meterse en xuízos, devólvese.

A Sra. Santiago Suárez di que é unha pena, e que a conclusión de todo isto é que Seixo, a pesar de ter o PXOM aprobado, de comprar uns terreos e de que uns veciños deron un terreo para o Concello, se queda sen ningunha infraestrutura deportiva, xa que o grupo de goberno non o vai a intentar, nin vai a buscar máis terreos, só din, na prensa, que un campo de herba artificial non cabe, cando ninguén pediu un campo de fútbol de herba artificial, senón que o que se pediu foi arranxar a zona para que os rapaces e os grupos de sénior podan ir a xogar alí. Engade que cos 60.000€ puideron facer un acceso, e cos 700.000 €, que se gastaron no campo privado de Santomé, houberase feito o campo de fútbol no segundo casco urbano de Marín. Reitera que é unha pena que, a estas alturas do mandato, haxan renunciado a facer algún equipamento deportivo en Seixo, e que digan, tendo en conta, ademais, que o grupo do PP ten maioría absoluta, que a culpa e de todos e todas, menos do PP.

O Sr. Fernández Pose di, respecto a que para ter a subvención de 60.000€ había que gastar 600.000 €, que non lle saen a conta, pois, sumando o custo do peche perimetral, os vestiarios e catro actuacións máis, ascende a 112.000 ou 115.000 €, e cos 60.000 € e os 200.000 € que prometera a Secretaría Xeral para o Deporte, daban de sobra para facer un campo de fútbol, pero o que hai que ter é vontade e gañas de facer as cousas.

O Sr. Franco Outón dille ao Sr. Traba, que cando Marea fai xuntanzas veciñais, as fai en nome da Marea e non en nome do Concello, que foi o que fixo o grupo municipal do PP o luns, facer unha utilización da institución. Pregunta se fixeron o campo de fútbol de herba sintética en Santomé porque un membro do grupo de goberno do PP saía beneficiado, se foi por favoritismo. Di que o grupo do PP, ao chegar ao goberno, retorceu o documento de cesión dese terreo, pero, afortunadamente, o pobo de Seixo non é parvo. Comenta que o Sr. Traba non di que o Centro Recreativo de Seixo “torpedee”, senón que di que o Centro Recreativo “inhabilita”. Indica que o Centro Recreativo non inhabilita nada, senón que pasaron os 5 anos sen que se fixera o investimento que se tiña que facer, e pide a reversión, pero o que non se entende é que o grupo de goberno renuncie a facer eses investimentos, dado que se vai a modificar o PXOM e pódese falar. Pregunta ao Sr. Traba e á Sra. alcaldesa por que se negan a falar e a mercar terreos a carón do Colexio, como estaba proxectado, xa que dá, perfectamente, para facer un pavillón. Dilles que non se escuden en que querían facer, case, un “PortAventura” en Seixo, ou un centro temático. Dilles se están de broma, pois se están rindo deles, e, o que é máis grave, da veciñanza.

A Sra. alcaldesa pecha a quenda de intervención dicíndolle ao Sr. Franco, dado que aludiuna en dúas ocasións, que supón que poden ter reunións cos veciños, como equipo de goberno do Concello de Marín, ás que acoden, incluso, membros do grupo de Marea, o que non tolera é que non os deixen terminar a reunión, pero si é verdade que puideron dar toda a información precisa, neste momento, precisamente, para ter informados aos veciños e veciñas de Seixo deste acordo plenario. Como tamén aludiu a un membro do grupo de goberno, dille que, cando houbo a oportunidade de facer un campo de fútbol de herba sintética coa Deputación de Pontevedra, o único terreo que se podía ofrecer era o campo de fútbol de Santomé, por dúas cousas, porque o campo existía como tal e porque tiña actividade, hai equipos de Marín que xogan todos os fins de semana, tendo unha ocupación, todo o fin de semana, ese campo de fútbol de herba sintética facía moita falta en Marín. Engade que, a día de hoxe, hai a posibilidade de facer un pavillón, e os únicos terreos dispoñibles, agora mesmo, para poñer a disposición da Xunta de Galicia, son os do campo de fútbol de Seixo. Comenta que si no programa electoral do PP, do ano 2015, fixeron esa proposta, é porque a tiñan falado coa anterior xunta directiva, que o que quería é que se fixera algo, respectando a posibilidade de ter un campo de fútbol sete, e así foi. Manifesta que, a día de hoxe, non renuncian a nada, pero o que si hai que ter claro é que, neste momento, non hai terreos para poñer a disposición da Xunta de Galicia para un convenio para poder construír un pavillón, porque hai unha petición desta nova xunta directiva, que quere

Page 6: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

que se faga o campo de fútbol, si ou si, e pide a reversión dos terreos, e, polo tanto, alí non se pode facer un pavillón, entón haberá que buscar terreos noutra parte.

A continuación, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude en relación coa proposta de resolución, por mutuo acordo, entre o centro recreativo de Seixo e o Concello de Marín, da doazón modal da leira “TRAS LA DEVESA” sita en Seixo - (Expte.: 515/00), que é aprobado con dezaseis (16) votos a favor dos/as concelleiros/as, presentes, do grupo municipal do PP (11), do BNG-AA (3) e de Marea Veciñal de Marín-SON (2), ao ausentarse da sesión o Sr. González Dopazo antes de iniciarse a deliberación deste asunto e non estar presente no momento da votación, e catro (4) votos en contra dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PSdeG-PSOE, adoptándose, en consecuencia, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

PRIMEIRO.- Resolver, por mutuo acordo entre o “Centro Recreativo de Seixo” e o Concello de Marín, o contrato de doazón modal da leira “TRAS LA DEVESA”, sita na par roquia de Se ixo , do munic ip io de Mar ín , con re ferenc ia ca tas t ra l 36026A033001160000LZ, inscrita (aínda a nome do doante) no Rexistro da Propiedade núm. 2 de Pontevedra, ao Tomo 842, Libro 174, Folio 1, Finca número 14.762, libre de cargas e gravames, cunha extensión superficial de setenta e dúas áreas aproximadamente, formalizado en escritura pública autorizada polo notario de Marín, don José Jesús Rodríguez Yebra, o día 24 de maio de 2010, nº 220 de protocolo, recuperando en consecuencia o “Centro Recreativo de Seixo" o pleno dominio da leira descrita, libre de servidumes, cargas, arriendos e calquera situacións posesorias, de feito ou de dereito,correndo o Concello en exclusiva cos gastos e impostos inherentes a esta resolución.

SEGUNDO.- Declarar que non ha lugar a reclamación de cantidade algunha por parte do Concello nin da Entidade doante e que, en todo caso, o eventual detrimento sufrido polo ben, ou os danos e prexuízos causados, han de demostrarse e reclamarse en vía xurisdicional.

TERCEIRO.- Publicar edicto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Taboleiro de Edictos deste Concello, ao obxecto de que quen poida considerarse afectados poidan presentar as correspondentes alegacións durante o prazo dos 15 días hábiles seguintes ao de publicación no BOP.

CUARTO.- Transcorrido o prazo indicado sen que se haxan presentado alegacións, pola Alcaldía procederase á formalización da revogación da doazón en escritura pública; no caso de que se presenten alegacións, as mesmas serán elevadas ao Concello Pleno para o seu estudo e resolución.

QUINTO.- Que se practiquen as rectificacións que procedan no Inventario de Bens deste Concello.

SEXTO.- Facultar á Alcaldía para a subscrición dos documentos que sexan pertinentes e para a adopción dos actos necesarios para a execución do disposto no presente acordo.

SÉTIMO.- Notificar o presente acordo ao interesado indicándolle que o mesmo pon fin á vía administrativa, quedando expedita a vía xudicial civil.

Neste intre, incorpórase ao salón de sesións o Sr. González Dopazo.

3.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, FACENDA E PERSOAL EN RELACIÓN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Nº 2/2017.

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, na súa sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2017, en relación co expediente de “Recoñecemento extraxudicial de crédito nº 2/2017”.

Page 7: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

O Sr. Santos Costa indica que este recoñecemento extraxudicial de créditos inclúe facturas do 2016 e unha factura de final do 2015 que quedou pendente, que se corresponden coa prestación de servizos e adquisición de materias, efectivamente realizados, que se pretenden recoñecer para proceder ao pago o antes posible. O importe do recoñecemento é de 92.487,30 €, moi acorde coa absoluta normalidade, sendo o importe máis baixo, dos últimos 15 anos. Engade que o número de facturas tamén é moi pequeno, e foron explicadas, unha a unha, na Comisión Informativa.

A Sra. Santiago Suárez anuncia que o grupo Socialista vai a votar en contra deste recoñecemento extraxudicial de crédito, que non será o último, porque só hai unha factura de decembro, cando as de finais de decembro soen vir no mes de xaneiro, febreiro, ou marzo. Manifesta que van a votar en contra deste recoñecemento extraxudicial de crédito e a todos os que se presenten con estas características e co informe do Sr. interventor do Concello en contra, xa que está cheo de discrepancias. Indica que, dende o grupo de goberno pídese a este Pleno da Corporación que as resolva, pero non o van a facer cos votos do partido Socialista. Di que xa sabe que o Sr. Santos Costa, para defender este expediente, vai a aludir a que sempre se fixo así, que as anteriores corporacións o facían moito peor, por iso non se cansa de dicirlle, nos plenos, que o partido Socialista perdeu as eleccións por facelo tan mal, pero é que o PP o ía a facer moitísimo mellor, sen embargo do dito, cando estaban na opoisión, nada, pois traen este expediente co informe en contra do Sr. Interventor e para o que hai que levantar o reparo. Di que os grupos da oposición aprenderon, dende a súa bancada, que hai que facer as cousas moito mellor, e que así non se fan. Indica que hai recomendacións ás que se fai caso omiso, e “tiróns de orellas” continuos, ao delegado de Facenda, nos informes do Sr. interventor, e cando se lle pregunta ao Sr. Santos, na Comisión Informativa de Facenda, por que nunca fai caso a eses informes, ten o atrevemento de dicirlles que son informes tipo e que as discrepancias non teñen importancia. Di que o que si ten claro é que, non por reincidir, día a día, o Sr. Interventor municipal, nos seus informes, sobre a falta de legalidade das contas, ou da falta de procedementos necesarios para unha boa fiscalización e dos escasos medios municipais, non os converte en informes tipo, senón en informes necesarios e reiterados, por non seguir as recomendacións, para unha óptima xestións dos caudais públicos. Engade que neste Pleno hai varios exemplos de este tipo de expedientes, que teñen informes do Sr. Interventor contrarios á xestión económica do grupo de goberno, como é o informe de avaliación do Plan de axuste do 4º trimestre do pasado ano, ou o informe de discrepancias do mes de febreiro, onde todos os expedientes que esixen fiscalización están reparados, como por exemplo a Resolución das nóminas, horas extras e produtividade do persoal funcionario, todas as relación de factura, a selección de persoal interino etc. No que respecta a este expediente hai varias recomendación que se incumpren permanentemente e reiteradamente, como son que, nalgunhas dos supostos, respecto a algunhas das facturas fiscalizadas, non queda acreditado o interese municipal, é dicir, pretenden pagar facturas que non lle corresponde ao Concello, senón a outras administracións, ademais de non estar acreditada a necesidade urxente, habendo duplicidade administrativa. En outras facturas non existe constancia de habilitación profesional, por parte dos prestadores dos servizos ou subministradores, outras facturas, presentadas a fiscalización, carecen de autorización e compromiso previo por parte do grupo de goberno, existindo gastos, que superan os 3.000 €, sen que conste autorización e disposición previa da do gasto. Di que, o que lle parece máis grave, porque se fai dunha maneira moi ruda, case unha tomadura de pelo, son as que se identifica unha prestación reiterada, da que pode deducirse un fraccionamento irregular na contratación, eludindo os requisitos de publicidade ou os relativos aos procedementos de adxudicación, sen que se xustifique a súa división en lotes. Engade que se refire ás facturas que se corresponden coa execución da obra dos baños do estadio de San Pedro, unha obra de 34.273 € que a repartiron en catro facturas, dous de material, unha para o baño dos chicos por importe de 611€, outra para a das chicas de 611€, e, pola execución, pola mesma empresa que aporta os materias, unha de 12.000 € e outra de case 21.000 €, todas presentadas coa mesma data, o mesmo día e para a mesma obra. Son facturas de febreiro e sen asinar por ningún funcionario. Algunha das facturas ten a firma exclusiva do concelleiro responsable, o que desvirtúa o control sobre a realidade da prestación, xa que sempre se ten que acreditar o obxecto facturado polo responsable do servizo para poder acreditar que está prestado o servizo,

Page 8: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

realizadas as obras, ou verificadas as subministracións detalladas nas facturas, conformes, con cantidade e prezos. Indica que faltan os expedientes que avalen as facturas que aquí se pagan. Manifesta que se lle pide ao Pleno que avale esa xestión, pero o grupo Socialista non a vai a avalar, e pide que, por favor, fagan caso as recomendacións de Intervención e deixen de facer “chapuzadas” nos expedientes, se é que existen, porque a maioría dos pagos non se sustentan en expediente algún.

A Sra. Blanco López manifesta que este expediente de recoñecemento de crédito non destaca pola cantidade, senón pola calidade, e o que o señor concelleiro de Facenda cualifica como de total normalidade, analizando e recorrendo ao traballo de oposición que leva facendo o grupo municipal do BNG dende que o PP goberna, resulta que, agora, tal vez, sen querer, ou tal vez, sen poder evitalo, acaba de dar resposta ás preguntas que, reiteradamente, facía o grupo municipal do BNG con relación ás obras que fan en instalación públicas, reiteradamente, sobre todo as dependentes da concellaría de Deportes, sen ningún tipo de proxecto, sen ningún tipo de informe dos técnicos, sen ningún tipo de conformación das facturas por parte de estes, e, ademais, poñendo en risco o que é a asistencia de público a este tipo de instalación que, loxicamente, requiren para ser reformados, como mínimo, dunha memoria ou dun proxecto para levalas a cabo. Di que non se trata, como acaba de dicir o Sr. Santos, de adquisición e prestacións de servizos, senón de obras en toda regra, obras que, ademais, fai dous anos e pico que se fixeron, o cal tampouco entra dentro da normalidade dun recoñecemento de crédito, que, normalmente, o que se recoñecen son facturas que non entraron no orzamento vixente cando se tiñan que facturar. Di que, lonxe de iso, refírense a obras que o grupo de goberno fixo hai dou anos, que tiveron aí retidas, ben, porque aconsellaron á empresa que fixo as obras que non as rexistrara esperando a oportunidade de traelas a este Pleno a través dun recoñecemento de crédito, para acompañalas doutras facturas, que non teñen maior importancia e de pouco importe, que foron rexistradas no último trimestre do ano pasado e que si tería a súa lóxica e a súa normalidade que foran presentadas. Lembra que o BNG preguntou, en agosto de 2014, polas obras que se estaban realizando no campo de fútbol de San Pedro, non porque non foran obras necesarias, senón porque en Secretaría non había ningún tipo de expediente, referido a las citadas obras, o cal non ten nada que ver coa normalidade, cando se trata de obras nunha instalación pública. Engade que como non recibiron resposta, presentaron unha pregunta por escrito, que contestou a Sra. alcaldesa, tamén por escrito, no Pleno de outubro de 2014. Di que as obras do estadio de San Pedro, se refiren obras nos cuartos de baño e que coincide coas facturas que presentan agora e que foron rexistradas no ano 2016. Engade que, en concreto, a Sra. alcaldesa dicía: “as facturas estanse presentando, seguiran a súa tramitación para posteriormente ser conformadas polos servizo correspondentes, así como polo concelleiro que decidiu facelas, para formar parte de relación de facturas que se aprobaran, posteriormente de ser fiscalizadas, por Resolución da Alcaldía”. Engade que isto entraría dentro da normalidade, pero o que non entra dentro da normalidade é que se realicen obras nunha instalación pública deportiva, que non veñen conformadas polo técnico, nin polo concelleiro que decidiu facelas e que incumpren a lei de cabo a rabo. Di que, por riba, o señor delegado de Facenda evita, a toda costa, que os grupos da oposición pidan explicación ao Sr. interventor en Comisión Informativa, pois el mesmo confirmou que non se solicitou a súa asistencia, e da por contestadas as preguntas que lle fan na Comisión dicindo que son obras necesarias, o cal ninguén pon en dúbida, pero se son necesarias e son previsibles, e, polo tanto, o que ten que facer, despois de tanto como alardeaban cando estaba na oposición, é cumprir cos mínimos requisitos. Di que, por non haber, non hai nin orzamentos, non se sabe que concelleiro encargou as obras, nin que técnicos supervisáronas, e isto forma parte dunha colección de reparos que ten, o grupo de goberno, Pleno tras Pleno, algo que non o di ela, senón que o di o Consello de Contas, no informe que emitiu no ano 2016, sobre os datos que teñen do ano 2013, no que inclúen a Marín entre os 5 concellos, de entre 25.000 e 100.000 habitantes, con máis reparos de Intervención. Indica que no exercicio de 2013 acumularon 76 reparos, 42 deles relacionados con contratos. Supón que algo terá que ver co expediente de recoñecemento de créditos que ven, hoxe, a este Pleno, en 72 omiten os requisitos esencias, que se reiteran Pleno tras Pleno, e iso acada a cantidade de 6.560.081,11€, o cal supón que para o Sr. Santos tamén entrarán dentro da normalidade. Remata dicindo que por todo isto e por moito máis o grupo municipal do BNG-AA vai a votar en contra deste recoñecemento de crédito, porque non é un recoñecemento de facturas que se presentaron fora de prazo, senón que están tratando de regularizar unhas obras

Page 9: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

que se fixeron de maneira totalmente irregular.

O Sr. González Dopazo di que traer a Pleno un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito non debe estrañar a ninguén, porque é algo habitual, todos os anos e en todas as corporacións, pero o que si estráñalle é que non estea presente o Sr. interventor municipal, pois xa non asistiu á Comisión Informativa, a pesar de que moitas das preguntas, relativas aos reparos, deberían dirixirse a el, e el tería que relacionar o reparo coa factura. Di que aos grupos da oposición non se lles deu pe a contar con ese funcionario relevante nese tema tan importante. O di porque os reparos que pon o Sr. Interventor son importantes, e non hai máis que ler o apartado E) do punto sexto, do seu informe, onde di “nalgún suposto sometido a fiscalización se identifica unha prestación reiterada da que pode deducirse que presupón un fraccionamento irregular na contratación coa posibilidade de eludir os requisitos de publicidade ou os relativos aos procedementos de adxudicación, sen que se xustifique a súa división en lotes (...)” . Engade que cando se fala de “fraccionamento irregular” hai que pensar mal, xa que a obra do estadio de San Pedro, para arranxar o acceso e facer uns lavabos novos para homes e para mulleres, supón cerca de 50.000 €, pero a fraccionaron obviaron así os requisitos de publicidade e libre concorrencia. Indica que, neste recoñecemento de crédito, aparecen catro facturas de “Saneamentos Rosales” que soamente están asinadas polo Sr. Santos Costa e que suman, con IVE, a cantidade de 34.000 €, e tramitouse un recoñecemento de crédito o pasado ano no que tamén aparecían facturas de “Saneamento Rosales” relacionadas co arranxo do estadio de San Pedro. Indica que esa obra non ten un expediente aberto, non hai proposta de gasto, nin hai orzamento, nin contrato que recolla os pormenores da obra a realizar. Di que a explicación que deu, na Comisión Informativa, o concelleiro delegado, sobre porque non se cumpriron eses requisitos, é que a obra estaba asinada polo anterior arquitecto técnico municipal, rematando as obras antes de que se incorporara o novo arquitecto técnico. Di que, polo tanto, ninguén supervisou as obras, nin levou un control económico dunha obra tan importante. Engade que esas explicacións parécenlle inverosímiles e non as cre. Pregunta por que todo o que ten que ver con instalacións deportivas, encárgano, sempre, á mesma empresa, sen concorrencia, nin publicidade, é a “dedo”. Engade que non sabe se ten que ver isto co concelleiro delegado de Deportes, ou se é só cousa do Sr. Santos. Respecto aos reparos que pon o Sr. Interventor a varias facturas, dun mes, referidas á compra de xornais e revistas, pois sempre o fan na mesma librería, co nome comercial “Revistas Colón”, e que no mes de novembro ascende a 657 €, por revistas e xornais destinados practicamente todo á Biblioteca, di que, aínda que esa compra non supera o máximo de 18.000€, o feito de que se produza, ano tras anos, á mesma librería incumpre un requisito dos contratos menores, que é a duración, pois esta non pode ser superior a un ano, e estanlle mercando, sempre, os xornais ao mesmo provedor, cando en Marín hai máis dunha librería. Engade que a culpa de isto é do Concello, por non permitir que outras empresas ou outros autónomos poidan competir. Engade que o mesmo ocorre coa a empresa de desratización “COSAPLAG”, xa que, mes tras mes, encárganlle o mesmo traballo, que dura máis dun ano, incumprindo un dos requisitos dos contratos menores, que é que non pode superar un ano. Manifesta que, debido ao exposto, o grupo municipal de Marea Veciñal de Marín, vai a votar en contra deste recoñecemento de crédito, porque lle parece un escándalo ese fraccionamento encuberto das facturas de “S.R.” que aparece na relación de facturas de 92.000 € deste recoñecemento de crédito.

O Sr. Santos Costa opina que algo deben de estar facendo ben cando un expediente deste tipo, que debe ser a imaxe da xestión dun equipo de goberno, ven con estas cantidades e este tipo de facturas, pensa que non fala mal deles, aínda que, para os grupos da oposición, parece que é todo o contrario. Engade que, ao final, parece que todo se reduce á reforma dos baños do estadio de San Pedro, pero xa explicou, na Comisión Informativa, o motivo polo que non estaban asinadas as facturas. Di que os grupos da oposición presupoñen que o informe do Sr. Interventor, relativo ao fraccionamento, é relativo a esas facturas, pero é presupoñer moito, porque, realmente, non específica nada. Recoñece que as cousas pódense facer mellor e que deben mellorar, pero o fin e o obxectivo que se busca son as melloras dos servizos, as melloras das infraestruturas dos veciños de Marín, e como exemplo, só hai que mirar esta reforma dos baños do estadio de San Pedro, que levaban moitísimos anos nun abandono absoluto, e, tamén, os vestiarios, xa que, pouco a pouco, na medida das posibilidades do Concello, foron traballando neles e á vista está o cambio que se deu ao estadio de San Pedro. Opina que para a reforma

Page 10: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

dos baños non era necesario un proxecto, porque era unha reforma na que non houbo nin cambio de distribución, nin incremento de volume, aínda que se cambiara a instalación da fontanería, a canalización eléctrica, a distribución de auga, e na que hai un remate con materiais de calidade con urinarios, inodoro e lavabos, espectaculares, que é a imaxe que queren dar aos veciños de Marín e aos que visitan todos os fins de semana ao estadio de San Pedro. Sobre se son facturas que non son de competencia municipal, pregunta cales son, xa que el considera que todas son de competencia municipal. Respecto á habilitación, di que son provedores que levan traballando moitísimo tempo co Concello, e pensa que todos teñen habilitación para levar a cabo estes servizos e subministros. Sobre que as facturas non estean firmadas polos técnicos, di que xa comentou que son facturas puntuais, sobre temas deportivos e culturais, para as que non hai técnicos que poidan asinalas, pero as asina el, porque realmente se executan. Engade que non teñen que ir ao xulgado como foron facturas de mandatos anteriores, que non as asinaban, e logo, ao final, houbo que pagalas, ademais de ter que pagar os gastos. Lembra que o equipo de goberno do PP tivo que levar recoñecemento de máis de tres millóns de euros, relativo a facturas de outros mandatos que estaban sen pagar, mentres que agora queixasen aquí por 92.000 €. Engade que asinaron as facturas porque, realmente, non debe haber un enriquecemento inxusto da administración, e hai que pagar polos servizos que se reciben. Respecto a que o Pleno ou a Alcaldía levante os reparos, di que á algo legal, senón non se levantaría.

A Sra. Santiago Suárez di que quedoulle claro que ten que ir a ver eses “marabillosos baños”, e tamén que o Sr. Santos non pensa facer caso ao que di o Sr. Interventor, porque a súa súa anterior intervención estaba baseada no informe do Sr. interventor, que di o que di, pero non só neste recoñecemento de crédito, senón en todos, sen embargo, o Sr. Santos di que está todo ben feito. Engade que lle vai a dicir ao Sr. interventor que o grupo de goberno non vai a facerlle caso a eses informes, que o Sr. Santos cualifica de “informe tipo”. Dille ao grupo do PP que ten mala memoria pois só hai que lembrar o que dicían, cando estaba na oposición, e traíase calquera tema deste tipo ao Pleno. Lembra que, entre outras cousas, dicían o que ían a facer coa dependencia de Intervención, que ía a haber moita xente traballando e que ía a haber un dinamismo total, pero só fai falta entrar nesa dependencia para ver como está. Recoñece que, cando o partido Socialista estaba na Alcaldía, había moitas facturas porque estaban xestionando millóns de euros de todas as axudas que conseguían, pero agora o traballo brilla pola súa ausencia, hai poucas facturas e poucos expedientes, ou ningún.

A Sra. Blanco López di que, efectivamente, son obras necesarias, e debe ser que, cando se fan obras abrindo un expediente, elaborando un proxecto, someténdoo a informes dos técnicos, sobre todo si realízanse nunha instalación pública, non son obras necesarias, pero estas, como eran obras necesarias, o grupo do PP, faias desta maneira. Di que unha cousa é o que fai o grupo do PP, outra o que predica, e outra o que contestan cando se lles fan preguntas sobre este tema. Engade que vai a repetir a contestación que a Sra. alcaldesa deu no ano 2014, que é cando se fixeron estas obras, aínda que se facturaron o ano pasado e vanse a pagar agora, algo que non é normal. Reitera que a Sra. alcaldesa, referíndose a esas facturas, dicía “Seguirán a súa tramitación para posteriormente ser conformadas polos servizos correspondentes, así como polo concelleiro que decidiu facelas, para formar parte da relación de facturas que se aprobaran posteriormente de ser fiscalizadas por Resolución da Alcaldía”. Pregunta onde está esa conformación, ou é que fuxiron todos os técnicos, ou é que están tan mal feitas que non puideron conformalas, nin ningún técnico, nin ningún concelleiro quere facerse cargo delas obras, ou é que non saben quen decidiu facelas. Di que, a raíz de isto, a pregunta é ¿por que fan as obras sen ningún tipo de informe, de proxecto, sen pedir orzamentos?, a través dunha empresa de subministros, que, efectivamente, aínda que leva moitos anos subministrando ao Concello, xamais fixera obras subcontratadas, aínda que non figura en ningún lado a subcontrata, e nin saben quen as fixo, non aparece en ningún lado. Engade que non só fixo as de San Pedro, senón tamén as da Raña, as do Sequelo, e incluso obras subvencionadas pola Deputación as fixeron con esta técnica, algo que agora xa non poden facer, xa que resulta que hai unha Deputación que fai as cousas legalmente. Pregunta por que o fan, que teñen que ocultar, por que reiteradamente, sobre todo dende a Concellaría de Deportes, se fan as obras desta maneira, sen ningún tipo de transparencia e incumprindo absolutamente todo. Di que a iso é ao que teñen que contestar, xa que todo o demais xa o saben

Page 11: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

perfectamente. Dille ao Sr. Santos que estará moi contento da súa xestión económica, e tamén debe de estar moi orgulloso de ser un dos concellos que máis reparos acumula. Engade que xa se verá si os expedientes de crédito acaban aquí, porque, por certo, o grupo do PP, que tanto reclamaba un orzamento por ano, non sé capaz de sacar un por ano, e prorrogan o que teñen sen ningún tipo de explicación. Pregunta se a explicación é que non o necesitan, porque arrastran, continuamente, todo este tipo de recoñecementos e de tirar do gasto corrente, o cal está reparado. Engade que algún día falarán do Consello de Contas e do requirimento de información que lles dirixe e dos que non dan conta en ningunha comisión.

O Sr. González Dopazo, respecto a que os baños de San Pedro quedaron esplendorosos, di que por moi esplendorosos que quedasen non lles deron oportunidade aos veciños de Marín de pagar un importe inferior por eses baños, pois se pagan cos impostos. Di que se o grupo de goberno obvia os requisitos de publicidade e libre concorrencia, e danlle a unha empresa “a dedo” ese traballo, non poden saber se outra empresa faría ese mesmo traballo, tan ben, ou mellor, e por menos cartos. Di que non hai que esquecer que, a parte deste recoñecemento de crédito, no pasado mes de febreiro, hai unha resolución da Alcaldía na que se aproba a relación de xustificantes de gastos, por exemplo a nº 5/2017, que leva consigo un recoñecemento extraxudicial por unha cantidade de 364.316 €. Di que enténdese, que nesa relación, son de períodos sucesivos nesas facturas e que teñen un compromiso de gasto no 2016, cousa que non ocorre en relación con estes 92.000 € do recoñecemento extraxudicial de crédito, pero o Sr. Interventor, a este recoñecemento, ponlle o reparo de que existe prestacións reiteradas das que pode deducirse que presupoñen un fraccionamento irregular na contratación, coa posibilidade de eludir os requisitos de publicidade ou os relativos aos procedementos de adxudicación. Di que hai un feito sintomático, que ocorre todos os meses, que son os reparos que pon o Sr. Interventor ás facturas de pago a provedores dos servizos telefónicos, e pon reparo á legalidade do gasto, pois, por exemplo, non hai concorrencia competitiva, tratan con operadores coñecidos pero hai operadores que podían ofertar un servizo máis barato, pero non se lle da a oportunidade aos veciños de que paguen esa factura por un prezo inferior. O grupo de goberno, a eses reparos que pon o Sr. Interventor, ponlle a “coletilla” de “esta Corporación ten a intención de elaborar un Plan integral para a mellora da contratación administrativa municipal, e que a través dunha programación axustada ás dispoñibilidades materiais e de persoal, permita dotar de cobertura contractual a gran cantidade de prestacións que a día de hoxe carecen dela”. Engade que iso é reiterativo para levantar o reparo de Intervención, mes tras mes. Di que a el ocorréselle, que para levantar o reparo, poñan aquela frase gloriosa de José Mota, que di “si no es por no ir, que si hay que ir se va, pero ir pa na, es tontería”.

O Sr. Santos Costa responde ao Sr. González Dopazo, respecto a que sempre encargan á mesma empresa todas as reformas, que é mentira, xa que se fan moitísimas obras nas diferentes instalacións deportivas que as fan outras empresas. Por exemplo no Sequelo, pediron tres presupostos e se adxudicou a esta empresa, pois cumpría todos os requisitos e está habilitada para facela, pero na Cañota foi outra empresa, por dúas veces. Respecto á compra dos periódicos nesa librería, á que aludiu, dille que, por exemplo, en Seixo, cómpranos á “librería Begoña”. Engade que son provedores que levan moito tempo subministrando e seguen a facelo, porque son contratos menores e pódense adxudicar a calquera empresario que conte con habilitación profesional necesaria. Dille á Sra. Santiago Suárez que, actualmente, os expedientes de recoñecemento de crédito son os que son, mentres que antes había expediente de modificación de crédito todos os meses, durante moitísimos anos. Engade que esa é a diferencia entre a xestión do grupo de goberno do PP e a que facía o partido Socialista, que xestionaba, pero non pagaba, mentres que, agora, xestiónase e págase. Dille á Sra. Blanco que eles fanse responsables do que firman, e que se Marín é dos concellos que máis reparos ten, hai un, aí ao lado, gobernado polo BNG, que ten o récord, do récord, cerca de 500 reparos, e que a todo hai quen gañe. Respecto ao presuposto, dille que o ano pasado houbo presuposto e este ano, tamén vai a habelo, está preparado para saír. Opina que, aos grupos da oposición, o que lles molesta, realmente, é que este grupo de goberno estea facendo as cousas ben en materia deportivas, e que invista nas infraestruturas deportivas, no fomento do deporte base, en eventos, en campionatos autonómicos, nacionais e internacionais e en distintas modalidades, xa que están a investir o triplo do presuposto que investían os outros gobernos municipais.

Page 12: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

* A continuación, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, en relación ao Recoñecemento Extraxudicial de Crédito nº 2/2017, que é aprobado con once (11) votos a favor dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PP, e dez (10) votos en contra, dos concelleiros/as do grupo municipal do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e de Marea Veciñal de Marín-SON (3), adoptándose, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

PRIMEIRO.- Resolver as discrepancias manifestadas pola intervención e aprobar o recoñecemento de créditos Nº 2/2017, correspondente a gastos do exercicio anterior, que se relacionan no Anexo I, adxunto ao expediente, por importe de 92.487,30 €

SEGUNDO.- Aplicar con cargo ao Orzamento do exercicio 2017 os correspondentes créditos, polos conceptos que se relacionan no citado Anexo I.

4.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, FACENDA E PERSOAL EN RELACIÓN COA PROPOSTA DE RECOÑECEMENTO DE COMPATIBILIDADE PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE PRIVADA DE “MANUALIDADES, ARTESANÍA E PINTURA” (EPÍGRAFE IAE 8559) A Dª ANA BELÉN MEIRA BARCALA - (EXPTE.: 75/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, na súa sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

Neste asunto non se producen intervencións.

* A continuación, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal, en relación coa proposta de recoñecemento de compatibilidade para a realización da actividade privada de “manualidades, artesanía e pintura” (epígrafe IAE 8559) a Dª Ana Belén Meira Barcala – (Expte.: 75/17) que é aprobado por unanimidade dos/as 21 concelleiros/as que integran a Corporación Municipal adoptándose o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

PRIMEIRO.- Reducir, segundo o disposto na Resolución de 20 de decembro de 2011 da Secretaría de Estado para a Función Pública, a contía do complemento específico de dona Ana Belén Meira Barcala, DNI 53111746-C na contía precisa coa finalidade de adecualo ao disposto no artigo 16.4 da Lei 53/1984. De acordo co previsto na devandita Resolución de 20 de decembro de 2011, dita redución do complemento específico deberá manterse durante alomenos seis meses.

SEGUNDO.- RECOÑECER, a dona Ana Belén Meira Barcala, DNI 53111746C a compatibilidade para o desempeño do posto de funcionario, coa categoría de peón operario do servizo de limpeza, co exercicio da actividade privada, como persoa física, actividade privada de manualidades, artesanía e pintura “outra educación n.c.o.p., epígrafes IAE 8559, ao tratarse dunha actividade que non se atopa directamente relacionada coas que desempeña o funcionario no seu departamento, e non atoparse entre as previstas no artigo 12 da Lei 53/1984.

Dita actividade realizarase fora da xornada de traballo do funcionario no Concello de Marín e non poderá requirir a presencia da mesma durante un horario igual ou superior a metade da xornada ordinaria de traballo nas Administracións públicas.

A funcionaria, de acordo co artigo 15 de Lei 53/1984, non poderá invocar ou facer uso da súa condición pública para o exercicio da actividade mercantil.

TERCEIRO.- O recoñecemento de compatibilidade quedará automaticamente sen efecto en caso de cambio de posto de traballo no sector público.

CUARTO.- Que se notifique o presente acordo á interesada, ao servizo de Intervención e a Persoal, debendo incluírse no expediente persoal da funcionaria.

5.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP, SOLICITANDO A

Page 13: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

ADOPCIÓN DE ACORDO PLENARIO, INSTANDO Á XUNTA DE GALICIA, EN COORDINACIÓN E COA COLABORACIÓN DA FEGAMP, A PROMOVER UN PACTO POLA CONCILIACIÓN E A CORRESPONSABILIDADE NO ÁMBITO DA VIDA LABORAL E FAMILIAR E PERSOAL NOS CONCELLOS GALEGOS – (EXPTE 108/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, emitido na súa sesión ordinaria de 2 de marzo de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

A Sanmartín García expón que a conciliación é a corresponsabilidade constitúen uns dos grandes retos do século XXI. A falta de corresponsabilidade no coidado da familia e nas tarefas domésticas, e as dificultades para conciliar vida persoal, familiar e laboral, contribúen á discriminación laboral e salarial das mulleres, sendo unha das principais barreiras para o seu desenvolvemento profesional. Ata agora, as medidas de conciliación se dirixían, fundamentalmente, ás mulleres, contribuíndo a que a conciliación considerarase como un problema exclusivo das mulleres, e, polo tanto, se as medidas van dirixidas só a elas, perpetúase a discriminación e as empresas seguiran percibindo que o feito de contratar a unha muller leva consigo máis custos. A conciliación ten beneficios, como máis produtividade, menos absentismo laboral, máis implicación do persoal, mellor ambiente no traballo, reduce a rotación dos traballos e os custes da reincorporación, mellora a imaxe das empresas, ante o seu persoal, ante os provedores, a clientela e a sociedade en xeral, como unha empresa familiarmente responsable, de maneira que pode repercutir positivamente nos seus resultados comerciais, e, o máis importante, promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. A conciliación e a corresponsabilidade é a participación equilibrada de mulleres e homes na vida persoal e familiar e no mercado de traballo, é dicir, compartir o traballo existente, compartir o poder, compartir as responsabilidades públicas e propiciar a presenza de mulleres nos ámbitos de decisión política e económica. Polo tanto, é necesario que as administracións públicas, empresas, sindicatos e tecido asociativo, se impliquen, non só en axudar ás mulleres para que poidan traballar e levar o fogar, senón que se trata de repartir tarefas e responsabilidades para que, tanto homes, como mulleres, gocen e exerzan os mesmo dereitos e as mesmas responsabilidades. O incremento da esperanza de vida, o número de fogares onde traballan os dous membros, as familias monoparentais e monomarentais, as longas xornadas de traballo e a escasa flexibilidade, dificultan a homes e mulleres, pero por desgraza, especialmente as mulleres, a facer compatible os tempos que poden dedicar ao emprego, á familia e ao lecer. Avanzouse moito, pero queda moito por facer, e, por iso, piden o apoio para promover este pacto pola conciliación e a corresponsabilidade no ámbito da vida familiar, laboral e persoal nos concellos galegos.

A Sra. Santiago Suárez anuncia que o grupo Socialista vai a votar a favor da moción, xa que son as políticas, sobre todo, da esquerda, as que levan, dende fai moitos anos, intentando conseguir. Engade que, de feito, non se avanzou nada, a pesar de que a poñente falou de que, cada vez, avánzase un pouco máis, pois enseguida danse pasos para atrás e vólvense a encontrar, a veces, como fai 40 anos. Di que lle agrada que o grupo municipal do PP lle esixa á Xunta, gobernada polo PP, que vexa a necesidade de esas medidas e que as impulse, pero, por outro lado, gustaríalle que se esixiran a eles mesmo e que nesta moción houberan proposto algunha medida concreta para que se materialice neste Concello. Engade que a Sra. Sanmartín aludiu ao aumento da esperanza de vida, e dille que fai uns anos era verdade, pero, agora, estase a retroceder debido aos recortes sanitarios e que, incluso, aumente a mortalidade infantil. Di que gustaríalle que tamén houberan recollido unha nova tendencia, quizás un pouco máis feminista, que é a de que os homes irrompan nos fogares e que tomen as rendas, e que as mulleres vaian á vida pública. Opina que iría un pouco máis enfocado, porque, ao final, ás mulleres sempre lles deixan, como mínimo, a metade das tarefas do fogar, e, a veces, é importante que se poidan dedicar soamente á vida pública ou ao que consideren, por iso hai esa nova tendencia, que está facendo ruído, de que os homes, por fin, irrompan no fogar e na crianza dos fillos e sexan eles os abandeirados disto.

A Sra. Blanco López indica que o grupo do PP traen esta moción a Pleno, presentada como urxente, fora da orde do día, na Comisión Informativa de Medio Ambiente, onde tratouse co voto da maioría absoluta do grupo do PP. Engade que esa é unha técnica que utiliza o PP, e pensa que, en aras a outra maneira de proceder, ao consenso, a outro talante e a non molestar,

Page 14: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

estes temas deberíanse de falar, pois hai mocións que se presentan, por parte dos outros grupos políticos, en tempo e forma, que non son tratadas na Comisión Informativa en base, loxicamente, a criterios políticos e, logo, utilizan a maioría absoluta para introducir temas fora da orde do día. Di que, a maiores, a urxencia, xustificouse en base a que hoxe é o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller traballadora, cando todo o relacionado con ese día tratase no Consello Municipal da Muller, de feito houbo, polo menos dúas reunións, para decidir o texto consensuado dunha moción co motivo dese día. Engade que por ese motivo, o grupo do BNG-AA, cortouse á hora de presentar unha moción sobre ese tema, porque hai un Consello Municipal da Muller onde se consensúa a moción, pero o grupo do PP rompe ese acordo e presentan, en base ao día 8 de marzo, unha moción por urxencia na Comisión Informativa. Opina que o tema, aínda que é, loxicamente, importante, non ten unha actualidade de hoxe, nin de onte, senón que é un tema a debater de aquí en adiante e de aquí para atrás, puido presentala o grupo do PP e consensuala entre todos, como se fixo co texto do Consello Municipal da Muller e coa moción que se trouxo ao Pleno. Indica que o grupo do BNG-AA presentou propostas a esa moción que non foran aceptadas, pero, en aras a ese consenso, votaron a favor da moción avalada polo Consello Municipal de Muller. Reclama que se sega cumprindo e respectando iso. Respecto ao texto da moción, dilles que descubriron a pólvora, agora, xa que evidentemente hai que conciliar a vida laboral, pero iso hai que dicirllo ao goberno do PP que non fai máis que aprobar medidas en contra da clase traballadora, e, especialmente, en contra das mulleres, ao recortar servizos que asumen maioritariamente elas. Di que non sabe a que ven esta moción, pois buscou na FEGAMP e non aparece ningún pacto deste tipo, e, realmente, como non falan con claridade, e non se sabe o que propoñen, nin concretan nada, o grupo municipal do BNG-AA vaise a abster, á espera, xa que instan á Xunta de Galicia, pois, ultimamente, no Parlamento estanse a debater temas deste tipo e non sabe moi ben a que ven isto, e, sobre todo, polas formas. Reitera o rogo que fixo na Comisión Informativa, de que, cando se considere, por parte dun grupo político, que unha moción é importante e urxente, non custa nada falar, e, cando se considere que outra non é importante, en lugar de apartala e non tratala no Pleno, tamén pódese reunir a xunta de portavoces e, entre todos, valorar que mocións son máis importantes para vir a un Pleno, porque a explicación que se deu era que hai moitísimos temas que tratar e non caben todos na orde do día do Pleno. Di que o BNG ofrécese a sentarse e utilizar a xunta de portavoces, que para iso está, en lugar de impoñer, reiteradamente, a maioría absoluta para que se traten, prioritariamente, temas cun criterio meramente político, por parte da maioría absoluta que o grupo do PP ostenta neste Pleno.

A Sra. Pesqueira Pérez indica que o grupo municipal do PP solicita, nesta moción, un pacto pola conciliación e a corresponsabilidade na vida laboral, familiar e persoal nos concellos galegos en coordinación e colaboración coa FEGAMP, e que, despois de estudar a parte dispositiva da moción, onde destacan a necesidade de traballar nese eido, non pode estar máis de acordo, mais, non só nese ámbito, senón noutros, como eliminar a brecha salarial, que xa chega a un 22 %, ou en medidas para acadar a igualdade de oportunidades, ou contra a violencia machista, entre outros. Considera que está ben o que propoñen, mais non suliñan o fondo da cuestión. Engade que na moción din que a conciliación da vida persoal, familiar e laboral constitúe unha problemática complexa e conflitiva para unha parte da cidadanía, as mulleres, que viven en primeira persoa ese conflito, pero tamén din que para os homes, as familias, os concellos, as empresas, o mercado laboral e a sociedade en xeral. Opina que, o grupo do PP, erra, outra vez, na análise, pois as estadísticas din que as principais afectadas son as mulleres, non os homes, nin os concellos, nin as empresas, etc., xa que o rol que lle ten asignado, esta sociedade patriarcal, ás mulleres é o coidado dos maiores, dos nenos, do fogar etc. Opina que unha boa iniciativa, para incluír neste pacto, sería que o grupo do PP esixira que se cumprira a Lei de dependencia, a cal déronlle un tixeiretazo de tres millóns de euros nos orzamentos para estas prestacións, converténdoa en papel mollado. A norma cumpre dez anos, con 355.596 persoas agardando unha axuda que xa lle foi recoñecida e preto de 125.000 dependentes que faleceron sen recibir esa prestación. Indica que o PP eliminou, no 2010, o Servizo Galego de Igualdade, baixo o pretexto da crise, e xustificábano, daquela, como un dispendio de diñeiro. Engade que iso é un titular do Faro de Vigo, daquela época, “os orzamentos da Xunta destinados a favorecer a conciliación familiar descenderon un 77% dende a chegada do Sr. Feijoo.” No 2009 contaba cun orzamento de 5.147.370 €, e, no 2017, conta como orzamento para favorecer esta conciliación laboral e familiar, que propón o grupo do PP, con 1.202.000 €. Engade que, por outra banda, o presidente Feijoo, que acaba de ter un fillo,

Page 15: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

non se acolle ao dereito de permiso de paternidade, mentres que a súa parella vai a ser a que se encargue dos primeiros coidados do neno. Pregunta como o PP pretende falarlles de conciliación, cando o seu máxime responsable non se acolle aos seus dereitos, como pai, ¿que mensaxe están a transmitir?, ¿en realidade o grupo do PP quere conciliar algo?. Indica que a moción, tamén di, que non deben perder de vista o labor que os concellos veñen realizando respecto da consecución de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Engade que a Marea Veciñal de Marín quixera saber, ¿cales son as iniciativas que neste senso saíron deste Concello e cal é o orzamento empregado?, ¿en que consiste ese pacto pola conciliación ao que o grupo do PP apela? Indica que, en todo caso, a Asemblea da Marea Veciñal de Marín votará a favor desta moción, aínda que a considere que é puro artificio, pero agardaran a ver como se desenvolve ese pacto, e esperara que non entre a formar parte do caixón da Sra. alcaldesa, como ocorre con outras mocións deste tipo.

A Sra. Sanmartín García agradece o apoio, á moción, do grupo Socialista e de Marea Veciñal de Marín, e engade que non vai a entrar en cifras, xa que aquí trátase dun pacto. Indica que non comparte o que se acaba de dicir do Sr. Feijoo, xa que el está na súa liberdade e considerará, coa súa parella, o que debe facer, e cada un na súa casa, ou na súa familia, opera en función do que máis lle veña ben. Comenta que ela, cando deu a luz aos seu fillos, o seu home só puido coller o día do parto, porque no seu traballo non lle permitían coller nin un día máis. Engade que cada un sabe o que ten na súa casa, e, no caso do Sr. Feijoo, pensa que non é porque non lle deixan coller o permiso, senón porque está na súa liberdade, co cal, igual prefire, coller máis tempo libre para coidar o seu fillo ou atender o que necesite pero, igual, non está na necesidade de coller o permiso de paternidade, co cal non vai a entrar a valorar iso, porque cada casa é un mundo, e cada un sabe a súa casuística. Referente ao que di a Sra. Blanco López, de que, o grupo do BNG-AA, se vai a abster polas formas, dille que cada un vota o que o seu grupo considere, pero, na orde do día ían dous puntos, co mocións presentadas, incluso unha xa viñera a Pleno, que logo retirouse da orde do día, e, sen embargo, o BNG reservou o seu voto, co cal, o argumento non será que non lle deu tempo a mirala. Di que non vai a entrar no tema do talante, pero o grupo do PP non rompen ningún acordo, e respectan totalmente o Consello Municipal da Muller, pero parecíalle xusto que esta moción debía vir a este Pleno, e así o explicou, ademais están todos de acordo con que é un tema importante.

A Sra. Santiago Suárez dille á Sra. Sanmartín García que non facía falta que defendera ao Sr. Feijoo, xa que o sabe facer, pero, de todas formas, detrás disto está, o feito de que os permisos, como o de maternidade, deberían ser irrenunciables, porque é a única maneira de que todo o mundo os poida ter.

A Sra. Blanco López aclara que non é unha cuestión de tempo, nin baseou a abstención niso. Dille á Sra. Sanmartín se é que non a entendeu, nin na Comisión, nin agora. Aclara que a Sra. Sanmartín García trouxo a moción, de forma urxente, fora da orde do día, á Comisión, e xustificouno en que hoxe era o Día 8 de marzo. Dille que, tradicionalmente, e xa levan bastantes anos, todo o que ten que ver con ese tema, consensúase no Consello Municipal da Muller, e por iso se van a abster, porque non lle parece ben. Engade que os demais grupos políticos non presentan mocións, con motivo do Día 8 de marzo, porque entre todos acordan unhas propostas asumibles polo Consello Municipal da Muller, e a Sra. Sanmartín García, con esta moción, puido facer, exactamente, o mesmo, pero non o fixo. Supón que, a partir de agora, quedará isto aberto e haberá que volver a falalo,con respecto á celebración dese día, xa que, ao mellor, hai que volver ao principio, e que cada partido traia a súa moción, aínda que pensa que e moito mellor traelo a través do Consello Municipal da Muller e falar as cousas alí. Reitera que esta moción non pasou polo Consello Municipal da Muller, cando afecta directamente a un tema de muller. Engade que non está de acordo con esa forma de proceder, e pensa que se debe tratar os temas de muller onde debe ser, que para iso está ese órgano, independentemente do que despois se decida neste Pleno, pois o PP xa ten votado en contra de acordos aprobados no Consello Municipal da Muller.

A Sra. Pesqueira Pérez dille á Sra. Sanmartín que se non entra a falar das cifras é porque non lle convén, claramente, pois non se poden terxiversar, é o que é, é un 77% menos dende a chegada do Sr. Feijoo. Agora trae unha moción, coa que concorda, aínda que a parte dispositiva non explica nada, son palabras valeiras, pero é algo curioso, cando se aplican unhas políticas de conciliación, por parte do PP, cuxo orzamento descendeu nun 77%, e, agora, chegan

Page 16: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

con isto, que polo que escoitou ao Sr. Feijoo, esta maña, non se trata, tampouco, de dotar unha partida económica. Di que xa se verá en que consiste ese pacto, pero sen diñeiro non se arranxa nada. En canto que o Sr. Feijoo pode facer o que queira na súa vida, di que por suposto, pero é o presidente e ten que predicar co exemplo, e non se pode estar por conciliar, se logo non se fai, xa que, senón, que exemplo traslada á sociedade, pois el non é unha persoa calquera. Opina igual que a Sra. Santiago Suárez, e ese dereito tería que ser irrenunciable, porque así o marido da Sra. Sanmartín non tería ese problema que relatou. Engade que iso o ten o PP na súa man, se recolleran as iniciativas das feministas, ao mellor, non lles pasaba nada de isto a todas. Di que como a Sra. Sanmartín recoñece que tamén lle pasou ao seu marido e como é política, algo terá que facer respecto a ese tema, para que non lle volva a suceder a ninguén. Suxírelle que traslade ao seu partido este tema, porque parécelle bastante escandaloso que poña como exemplo a súa familia e recoñeza que isto pasa, que non se cumpren as leis que fan e que o saiba, e non o denuncie.

A Sra. Sanmartín García aclara que deu a luz no 2007 e no 2008, e, daquela, non gobernaba o PP. Engade que non o denunciou, aínda que ao mellor tería que denuncialo, pero hai que verse na situación. Di que ía a poñer como exemplo a Susana Díaz, pero tamén pode poñer a Soraya Saénz de Santamaría, ningunha colleu o permiso, íntegros, de maternidade, e tamén teñen cargos bastante relevantes, por iso di que o deixa á liberdade de cada un, porque cada un sabe as súas necesidades. Di que o que lle parece ben é que hai posibilidade de elixir. Dille á Sra. Blanco que, xa que di que cando unha moción é importante e urxente hai que falalo, espera que o tome en conta, dado que adoita presentar moitas moción urxentes antes do Pleno e, ao mellor, a partir de agora, cambia o talante.

*A continuación, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión de Medio Ambiente e Benestar Social en relación coa moción do grupo municipal do PP, solicitando a adopción de acordo plenario, instando á Xunta de Galicia, en coordinación e coa colaboración da FEGAMP, a promover un pacto pola conciliación e a corresponsabilidade no ámbito da vida laboral, familiar e persoal nos concellos galegos – (expte.:108/17), que é aprobado con dezaoito (18) votos a favor dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PP (11), do PSdeG-PSOE (4) e Marea Veciñal de Marín-SON (3), e tres (3) abstencións das/o concelleiras/o do grupo municipal do BNG-AA, adoptándose, en consecuencia, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

“O Pleno da Corporación do Concello de Marín insta á Xunta de Galicia, en coordinación e coa colaboración da FEGAMP, a promover un Pacto pola conciliación e a corresponsabilidade no ámbito da vida laboral, familiar e persoal nos concellos galegos.”

6.-DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL, EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A CREACIÓN DUNHA REDE AUTONÓMICA ESTABLE DE CENTROS DE INFORMACIÓN DA MULLER - (EXPTE.: 69/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame desfavorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, na súa sesión ordinaria celebrada o 2 de marzo de 2017, en relación coa moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a creación dunha rede autonómica estable de centros de información da Muller que na súa parte dispositiva propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1.- Instar á Xunta de Galicia a que configure unha rede autonómica integral, permanente, equilibrada e sostible de CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER para garantir a atención as mulleres en todos os concello de Galicia.

2.- Instar a Xunta de Galicia a que faga unha dotación económica suficiente para o bo funcionamento destes centros que garanta as necesidades de persoal e mantemento das instalacións que os concellos poñan a disposición dos CIM, e que teña continuidade e estabilidade mais alá do horizonte temporal, fixado para o ano 2020, do Fondo Social Europeo. Sobre todo cando se amplía a súa atención a outros colectivos.

3.- Dar traslada á Conselleira de Benestar Social e o Presidente da Xunta do acordo deste Pleno.

Page 17: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

A Sra. González Recamán da lectura á parte expositiva da moción co seguinte tenor literal:

“As políticas de apoio á muller e contra a violencia machista son unha competencia a administración autonómica que veñen sendo exercidas polas autoridades municipais en moitos concellos a través dos Centros de Información da Muller (CIM).

Dende estes centros as mulleres son informadas e asesoradas en diversos aspectos que van dende temas legais ate a asistencia de psicólogas/os. Estes centros dependen dos propios concellos aínda que contan cun sistema de axudas e subvencións que dependen do Fondo Social Europeo,nun 80% e da administración autonómica nun 20%, cantidades que varían dependendo de cada un dos orzamentos da Xunta.

As situacións creadas por unhas subvencións para o persoal e o mantemento do centro que varían de ano en ano, fan case que imposible o afrontar un servizo permanente que obriga a os concellos en moitas ocasións a cubrir o déficit do servizo con achegas propias dos seus orzamentos sen ser unha competencia municipal.

Dende o Partido Socialista vimos mantendo a necesidade de que as políticas de igualdade e atención as vítimas de violencia machista deben quedar fora dos recortes que nos últimos oito anos veñen sufrindo os orzamentos da Xunta en mans do Partido Popular. E igualmente consideramos que é a Xunta de Galicia a administración que debe desenvolver as súas competencias e non descargar sobre as entidades locais a responsabilidade de executalas.

De feito, a propia Xunta de Galicia a finais do ano pasado promulgaba un decreto que supón novas obrigas para os CIM, ao incluír atención asesoramento ao colectivo de persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais, e intersexuais, tanto individualmente como ás asociacións que o demanden. Isto suporá unha maior carga de traballo para estes centros pero, en ningún momento se regula unha ampliación de nova financiación para a contratación de persoal.

Por iso entendemos, necesario e urxente que se configure unha rede integral e equilibrada dos CIM en todos os concellos da Comunidade Autónoma para que todas as mulleres, independentemente de onde vivan, teñan acceso aos mesmos servizos e non corran riscos polas dificultades dos concellos para prestar un servizo básico como é a información e asesoramento á muller.

Asemade, a Xunta debe asumir completamente as súas competencias nesta materia asegurando o financiamento dos CIM existentes xa que, a día de hoxe, as axudas que lles chegan aos Concellos non teñen data fixa e varían a contía cada ano, xerando inseguridade no financiamento e dotando de escasos recursos para poder prestar un servizo adecuado que debería incluír inversión en dinamización e prevención da violencia de xénero.”

A continuación a Sra. Recamán di que esta moción tiña que vir o mes pasado, e que, como mínimo, na orde do día desta sesión, debería ir antes que a moción do PP que acaban de tratar. Indica que esta moción nace co desexo de que a rede do CIM, que xa existe en Galicia, non só se manteña no tempo, senón que ofreza un servizo de calidade que permita, a todas aquelas mulleres que o precisen, solicitar información non só nos caso de violencia machista, senón noutros moitos temas como son emprego, inserción, educación, e asesoramento legal. Di que, sen dúbida, para acadar este fin, é preciso, entre outras moitas cousas, dotar a estes centros de profesionais que desempeñen esta labor, e para iso fan falta cartos, moitos máis dos que a Xunta está a aportar neste intre. Pon de exemplo, o CIM de Marín que, no ano 2004, dispoñía de 4 traballadoras a tempo completo, unha psicóloga, unha avogada, unha traballadoras social e unha administrativa, sen embargo, actualmente só traballa unha psicóloga a tempo completo, unha avogada a tempo parcial e, ten entendido que, ultimamente, traballa unha rapaza cunha beca. Opina que son recursos totalmente insuficientes para levar a cabo o seu fin. Di que queren CIM e que precisan CIM, todos os datos así o demostran. Engade que quitou uns datos que, aínda que se escoitan todos os días nos medios de comunicación, cando se miran reflectidos nunha panorámica e vas véndoos, dende o ano 2003 ata o ano 2017, botas as contas, e morreron, pola violencia machista, neste pais, máis de 800 mulleres. Insiste en que o CIM é imprescindible e non poden privalo de todo o que necesita, dos traballadores que precisa para levar a cabo a súa labor. Indica que o CIM de Marín fixo moitísimos talleres, cursos, asesorou a moitísimas mulleres, e o sabe, porque traballou no CIM durante un ano, e é preciso que dende a Xunta doten a eses centros dunha cantidade de cartos suficientes para que estes/as profesionais que están nos CIM podan atender a todas as mulleres que se achegan alí, con calidade e ofrecéndolles todo o que eses profesionais teñen.

Page 18: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

A Sra. Sanmartín García dille á Sra. Recamán que se informe ben xa que este tema viña na orde do día do Pleno pasado pero a portavoz do seu grupo pediu que se retirara e que se tratara pola vía ordinaria. Di que o normal é que primeiro se traten os puntos do equipo de goberno, e que cada un, cando goberne, que o faga como vexa. Indica que este é un tema relacionado coa muller que tampouco pasou polo Consello Municipal da Muller, pero que tampouco pasa nada, xa que se trata no Pleno, que para iso está. Sinala que as políticas de apoio á muller e en contra a violencia machista son de competencia autonómica, pero os CIMs son recursos de titularidade municipal, polo tanto, son as entidades locais as que deciden poñer en funcionamento ese servizo no seu territorio. Tamén se indica na moción que os CIMs conta cun sistema de axudas e subvencións do Fondo Social Europeo o 80% e o autonómico o 20%, esta dotación económica estase a facer a través das ordes anuais de convocatoria para entidades locais, e a Secretaría Xeral de Igualdade publicou, a última, o 5 de setembro de 2016, cun orzamento de máis de 4 millóns de euros. Indica que si se revisan os orzamentos das entidades locais, dende 2005 a 2016, pódese ver o incremento, que non se corresponde, para nada, co que di a moción, de que se veñen sufrindo recortes nos últimos 8 anos por parte do PP. Por exemplo no ano 2005 era de 1.800.000 €, no ano 2009, 2.400.000€, no ano 2012, 3.100.000 €, no ano 2015, 4.000.000€, e no ano 2016, 4.235.000€. Di que a creación da rede integral, que se solicita na moción, xa está contemplada no decreto de CIMs, que regula a clase de atención que se debe dar, os horarios, as condicións do centro, a formación e a capacitación dos profesionais que forman parte do CIM, e a mellor atención aos usuarios e usuarias para toda Galicia. Indica que o decreto é o 130/16, de 15 de setembro, que establece os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos CIMs e para a modificación e extinción do seu recoñecemento. A Xunta regula, con este decreto, o procedemento dos CIMs, o que habilita para participar nas convocatorias de axuda e os requisitos materiais e funcionais que deben cumprir para poder recibir este financiamento, para o que se estableceron varios programas, sendo un, especifico, de apoio aos CIM, polo tanto, o voto do grupo do PP a esta moción vai a ser en contra, porque xa existe o decreto que regula os CIMs e non aporta nada novo.

A Sra. Blanco López felicita ao grupo Socialista por presentar esta moción que asume, practicamente, punto por punto, xa que entra dentro da filosofía do BNG que a Xunta asuma as súas competencias e os concellos as súas. Engade que o que non é de recibo é que se utilicen temas, como este, para facer esa “política rastreira” que moitas veces practica o PP. Engade que os CIMs teñen que ser estables, e un vicepresidente da Xunta non pode prestarase nun concello pequeno, con moitas dificultades económicas, como teñen todos os concello, a utilizar politicamente, un tema como este, de asesoramento ás mulleres, en contra dun alcalde que non é da súa cor político, e, sobre todo, dun alcalde que lle quitou a alcaldía a un alcalde do PP. Di que iso non se pode permitir, que é unha absoluta vergoña e é desprezable, e é o que practica o PP e é o que facían antes dende a Deputación. Manifesta que o normal é que os concellos saiban con que cartos van a contar e que a Xunta se faga cargo das súas competencias, ao igual que se fai agora, politicamente, dende a Deputación, pois os concellos saben que cartos lles van a corresponder, previamente, e a Deputación sabe en que os van a investir os concellos. Engade que iso é a forma transparente e democrática de funcionar, pero o que non pode ser é que se utilicen estes temas politicamente. Manifesta que, efectivamente, os CIMs son imprescindibles, sobre todo coas cifras de asasinatos que hai. Di que un exemplo de como funcionan é o Concello de Marín, que estivo sen asesoramento xurídico bastantes meses, pero si tivera unha estabilidade orzamentaria e si a Xunta asumira a súa competencia, probablemente, non estarían nesa situación. Di que o mesmo que dependen da Xunta os centros de saúde e outros, tan importante é un centro de información á muller como un centro de asistencia sanitaria, e, por iso, o grupo do BNG-AA vai a votar a favor desta moción. Di que as cifras que acaba de dar a Sra. Sanmartín son globais e habería que velas, concello, por concello. Indica que o grupo do BNG ten as cifras do CIM de Marín e, dende logo, non todos os anos sostívose o orzamento por parte da Xunta, e logo, o que fai reiteradamente o PP é utilizar este método e instar aos concellos a que os manteñan, repórtenlle orzamento, ou non, e, loxicamente, para un concello, é moi difícil tomar unha decisión en contra deses centros, a Xunta sábeo e xoga a esa chantaxe, igual que o fai con outros servizos que son absolutamente básicos e imprescindibles, por iso, a solución non é está nos decretos aos que aludiu a Sra. Sanmartín, asinados só polo PP, na Xunta, senón a

Page 19: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

través dunha estabilidade para todos os centros abertos e para os que non futuro ábranse.

A Sra. Pesqueira Pérez manifesta que a violencia machista é un dos principais problemas que sofren as mulleres no Estado, e que só hai que ver o número de asasinadas dende o 2003, en concreto 886 mulleres, e, no que vai de ano, xa hai que contar coa frioleira cifra de 17 máis, por non falar dos menores que non están recoñecidos nesas leis que fan. Con esas cifras é evidente que os CIMs son imprescindibles para intentar paliar esta lacra e non só para dar cobertura legal ou psicolóxica, senón tamén para desenvolver campañas de concienciación, prevención ou dinamización. Como engadido, estas profesionais tamén se ocupan da atención a outros colectivos, como LGTBI ou emigrantes entre outras. Estes centros desenvolven unha función primordial e deben ter suficiente seguridade a nivel orzamentario para poder realizar as súas funcións correctamente, así como estar implantados en todos os concellos, o que podería perigar no 2020, tal e como expón a moción. Neste contexto, a proposta do partido Socialista parécelle moi acaida, tanto instar a Xunta para configurar un rede autonómica integral, como a petición dunha dotación para o bo funcionamento destes centros. Indica que a Marea Veciñal de Marín vai a apoiar esta moción, e felicitar ao grupo Socialista por presentala, así como prodúcelle tristeza, que este día, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, sexa rexeitada esta moción, neste Pleno, o que é bastante lamentable.

A Sra. González Recamán manifesta que, aínda que coñecía o sentido do voto do grupo do PP na Comisión Informativa, non deixa de asombrarlle profundamente. Di que está claro que o grupo do PP cumpriu a súa función, polo que vai propoñer que lle cambien o título a súa moción anterior para que lle poñan “el queda bien” vamos a sacar unha moción “queda bien”, para tratar o día 8 de marzo, e, despois, cando se trata algo importante, como son os CIMs, votan que non. Di que resulta avergonzante que voten que non a intentar que estes centros teñan unha estabilidade orzamentaria, que lles garante o bo funcionamento. Parécelle incrible, e di que, hoxe, todos/as os concelleiros/as do PP poden ir ben contentos para casa. Agradece o apoio do grupo municipal do BNG-AA e de Marea Veciñal de Marín, pero xa non lle apetece debater nada máis, co grupo do PP, sobre isto, porque é un debate baleiro, e porque eses números impórtanlles ben pouco.

A Sra. Sanmartín García responde á Sra. Pesqueira que se en algo está de acordo con ela é que os CIMs son imprescindibles, pero xa deu a explicación da postura do seu grupo. Dille á Sra. González Recamán que non se asombre tanto, pois ten que ler ben a moción e ver os puntos que piden, pois a explicación lla deu e que a tome como queira. Di que, con isto, parece que queren cubrirse as costas e lanzar a pelota á Xunta, e, o grupo do PP, non está de acordo. A continuación dille á Sra. Blanco López, que estaría a dicir ou a facer ela, se o grupo do PP fixeran o que pasou en Pontecaldelas, ou calquera outro concello gobernado polo PP. Engade que estaría dicindo barbaridades, facendo barricadas ou folga de fame. Di que cada un fala en función de como lle vai, por exemplo, a Sra. Blanco, na moción anterior, recriminoulle que era un tema da muller e que non se levou ao Consello Municipal da Muller, mentres que, nesta, felicita ao partido Socialista por presentar esta moción. Reclamase que os temas da muller vaian ao Consello Municipal da Muller, e logo hai grupos que fan actos alternativos aos que se acordan nel. Di que cada un fai, un pouco, o que quere, e ela non pide permiso para votar, só pide respecto.

A Sra. Blanco López, responde á Sra. Sanmartín que nin barricadas, nin folga de fame, o que non hai que facer é hipocrisía, e que se esta moción non foi ao Consello Municipal da Muller é porque non a levou, porque está rexistrada o 7 de febreiro e houbo Concello Municipal da Muller, polo tanto, puido levar unha e a outra, e se non as levou foi porque non o considerou, xa que é a presidenta. Considera que esta moción non pódese comparar coa que presentou o PP, pois ten tres puntos que concretan perfectamente o que solicitan, e debe ser por iso que o PP non a vota, non é o que acaba de presentar o PP, que é un “quedar ben”, que é o que fan, quedar ben. Respecto ao que pasou en Pontecaldelas, pregúntalle se é que non a entendeu antes, pois Pontecaldelas é un concello que non se pode permitir, economicamente, ter o CIM aberto, pero iso non pasaría se o PP adoptara a medida que propón esta moción. Engade que non sabe o motivo polo que non a apoian dado que din que xa hai unha estabilidade, porque é o que se pide é que se configure unha rede autonómica integral permanente, equilibrada e sostible

Page 20: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

de CIM. Pregunta que é o que o grupo do PP ten contra de instar á Xunta de Galicia a que faga unha dotación económica suficiente para o bo funcionamento destes centros que garanta as necesidades de persoal, mantemento, e dar traslado á Consellería de Benestar, porque, ata agora, non o explicou. Di que parece que a Sra. Sanmartín non decatouse de que a Xunta ten as competencias, e aínda que as delegou nos concellos, é quen ten as competencias, e debe ser por iso que non queren aprobar a moción porque, reiteradamente, non reclaman da Xunta que cumpra o que ten que cumprir.

A Sra. Pesqueira Pérez di que efectivamente os CIM son imprescindibles, e que niso coincide coa Sra. Sanmartín, pero van a deixalos morrer. Parécelle bastante triste, e non sabe que dicir ante esa afirmación de “lanzar a pelota á Xunta”, xa que estase a falar da atención á muller, con 886 mortas, 17 este ano, sen contabilizar aos menores, e a Sra. Sanmartín García fala de “pasar a pelota á Xunta”. Felicita ao grupo Socialista por presentar esta moción, porque ten medidas concretas, e non instar á Xunta a un pacto abstracto, que non saben en que consiste. Di que non hai solución aos problemas, a esta problemática, sen asignación de partidas concretas, e parece que non lle queren pasar esta “pelota” á Xunta, pregunta se é moi importante de onde veñan esas partidas, ante 886 mulleres asasinada. Remata dicindo que non sae do seu asombro.

A Sra. González Recamán di que está tan asombrada, que parécelle incrible, porque a concelleira non ten argumentos para xustificar o voto en contra do grupo municipal do PP nesta moción. Di que con ese voto negativo se avergoñan todos e todas os/ass que votan que non. Engade que ten a esperanza de que, máis dun e dunha, que están aquí e que son do PP, por dentro, os cores, estéanlles a facer sofrer un pouco, porque non concibe semellante actitude.

* Seguidamente, sométese a votación ordinaria a moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a creación dunha rede autonómica estable de Centros de Información da Muller- (EXPTE.: 69/17) que resulta rexeitada, ao obter dez (10) votos a favor, dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3), e once (11) votos en contra, dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PP.

7.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON RELACIONADA COA PERDA DO CENTRO DE RECUPERACIÓN DE FAUNA SILVESTRE DE COTORREDONDO - (EXPTE.: 96/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame desfavorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Benestar Social, emitido na súa sesión ordinaria celebrada o 2 de marzo de 2017, en relación coa moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON relacionada coa perda do Centro de recuperación de fauna silvestre de Cotorredondo – (Expte.: 96/17) que na súa parte dispositiva propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1.- Informar A Xunta de Galiza da postura adoptada polo pleno da corporación, que manifesta o seu desacordo coa decisión tomada.

2.- O pleno da corporación non aproba, as xestións ou non xestión, feitas pola alcaldesa María Ramallo e pola concelleira delegada de Medio e Benestar Social María Antonia Sanmartín.

3.- Informar por escrito a todos os grupos municipais das xestións realizadas polo actual goberno municipal, ao respecto do Centro de recuperación de fauna silvestre.

O Sr. Franco Outón expón que o pasado mes de febreiro, a través do Diario Oficial de Galicia, coñeceuse a perda definitiva do Centro de recuperación de fauna silvestre de Cotorredondo, integrado no “Lago de Castiñeiras”, que, debido ao abandono dende hai moitísimos anos, está nunha situación bastante deplorable, o que é bastante público e notorio, de feito, é algo do que falan, con frecuencia, os veciños/as de Marín. Di que todas as administracións obvian a situación deste espazo natural, e o certo é que, o pouco que tiña Marín e que conservaba, acaban de perde o Centro de recuperación de fauna silvestre, aínda que tiña as súas deficiencias, a proba é que, cando aconteceu a catástrofe do Prestige, non foi suficiente

Page 21: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

para atender as especies afectadas e tiveron que ser atendidas, a gran maioría, nun polígono industrial de Pontevedra. Indica que se vai a perder un investimento de 700.000 € e a posibilidade de crear 15 postos de traballo directos, mellorando ese centro sobre o xa existente, máis semella que por cuestións políticas especulativas -coida que hai un pouco de todo-, trasladase ese centro a ese concello que se creou, que se chama “Cotodedo” ou “Dedocoto”. Di que semella que é para xustificar esa fusión, ante o pouco apoio social que hai dentro deses concellos, para que os veciños vexan que ten beneficios. Engade que, ante iso, o grupo de Marea Veciñal de Marín, así como moita xente, pregúntanse que xestión fixo o equipo de goberno para conservar ese centro, porque semella que non fixo ningún tipo de xestións, xa que na Comisión Informativa non se explicaron e dixéronlles que sería no Pleno onde ían a dicirlles as xestións que se fixeron. Di que este centro era dunha importancia vital, e que, na propia exposición de motivos, expón, con datos oficiais, que, nos primeiros 8 meses do ano 2015, o centro de Cotorredondo atendeu 728 exemplares silvestre, dos cales 88% era aves, o 7,7% mamíferos, entre eles corzos, nutrías e ourizo cachos, e un 4,5 réptiles. Di que as condicións do traballador que había alí eran bastante deplorables, xa que, durante 16 anos traballou un veterinario, que non estaba contratado, senón que era autónomo, cobrando mal e tarde, quen finalmente acabou traballando no zoo de Vigo. A continuación fai as seguintes preguntas: ¿que fixeron para conservar ese centro?, ¿téñenlle medo á Xunta, ou, dentro do PP, o Sr. Cubela ten máis influencia, para levar investimentos ao seu concello, que a Sra. Ramallo? Di que o propio alcalde de “Cotodedo”, o Sr. Cubela, fixo unha declaración, cando coñeceuse, no DOG, do 18 de febreiro, que o centro de Cotorredondo se ía para alí, non senso de que “conséguese ubicar este centro de referencia autonómica no noso concello” o que quere dicir que Marín perde un centro de referencia provincial e de pais; “un logro histórico”, co cal tamén será un feito histórico perder este centro de recuperación de especies; “potenciación da capitalidade do municipio”, aínda que Marín non é capital da comarca, pero si que perde importancia, porque o modelo do PP para Marín e da Xunta de Galicia para Marín, e a de converter a Marín nunha cidade dormitorio; “sitúanos como un centro loxístico e operativo de futuro”, logo Marín perdeu a oportunidade de contar cun centro loxístico e operativo de futuro, o que é un respaldo e un impulso do novo concello Cerdedo-Cotobade, con cal profúndase e evidenciase que é un investimento, sen atender a criterios técnicos e financeiros, para apoiar unha cuestión ideolóxica do PP, “un centro de traballo para 15 traballadores”, Marín perdeu un centro de traballo para 15 traballadores; “dinamización económica da zona”, Marín perdeu a oportunidade de dinamizar economicamente a zona, co cal vai a acontecer o contrario, a zona vai perder dinamismo; “un investimento nas instalación de preto de 700.000 €”, Marín perde un investimento de 700.000 €; “e aposta pola conservación da nosa natureza, das nosas especies animais e a súa protección e recuperación”, co cal ao PP de Marín, que non sabe que xestión fixo, e ao PP da Xunta de Galicia, non lles interesa, para nada, a conservación da natureza, do espazo natural do Lago de Castiñeiras e doutros moitos que hai en Marín, nin as súas especies animais, nin a lles interesa a súa protección e recuperación. Engade que o propio Sr. Cubela o argumenta perfectamente.

A Sra. Sanmartín García pídelle ao Sr. Franco respecto coa veciñanza de Cerdedo e Cotobade, que fixeron voluntariamente a fusións dos seus concellos. Anuncia que o voto para esta “nota de prensa – moción” vai a ser en contra, xa que, como nota de prensa, non dubida que pode ser un bo artigo, pero, como moción, pensa que non sorprenderá moito que vaian a votar en contra. Engade, que está claro, que está feita para conseguir o seu rexeitamento, polo tanto, saca a conclusión de que ao Sr. Franco Outón, este tema, non lle importa absolutamente nada. Expón que o centro de recuperación de Cotorrendondo comenzou en 1984 para cubrir unha demanda, asistir á fauna silvestre ferida ou enferma, xa que, naquel entón, non existía ningún centro desas características. Nese ano, a Comunidade de Montes de San Xulián asinou un convenio coa entón Consellería de Agricultura, por 29 anos, prorrogables, é dicir, ata o 2013, asumindo a Xunta a súa xestión e mantemento da zona, pola cesión dos terreos propiedade da Comunidade de Montes onde se asenta o actual Centro de Recuperación que, ademais, inclúe unha vivenda, onde habita un axente medio ambiental coa súa familia, un aula da natureza e un parque biolóxico. No ano 2013 venceu este convenio e, dende entón, o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra tentou a súa renovación pero a Comunidade de Montes só ofreceu a súa prórroga por un ano, xa que vinculou a renovación co financiamento da futura fundación coa que varias comunidades de montes querían xestionar o complexo. Houbo varios intentos de negociación pero, en outubro de 2015, a Comunidade de Montes enviou unha comunicación na

Page 22: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

que instaba abandonar as instalacións do Centro de recuperación de fauna e o resto de instalación da área recreativa do Lago de Castiñeiras. Nese momento, ante a imposibilidade de chegar a un acordo satisfactorio, a Consellería adoptou e comunico a decisión de trasladar ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, a unha finca, de titularidade propia, localizada no concello de Cotobade, e anexa ao Centro Ictioxénico de Carballedo, coa intención de agrupar ambas instalacións nun complexo medio ambiental. Mentres tanto os traballos no centro de Cotorredondo seguen desenvolvéndose con normalidade, chegando a acordos de investimentos, como contraprestación ou alugamento da instalación, e a Comunidade de Montes de San Xulián xa está xestionado resto. Respecto das xestión que se levaron a cabo polo grupo de goberno, di que foron, e continúan sendo, as de apoiar as comunidades de montes de Marín implicadas no tema, xa que son as propietarias dos terreos, e, polo tanto, facer os investimentos que lles solicitan, como veñen facendo cada ano, abrindo a aula da natureza, organizando charlas e visitas guiadas, tanto para visitantes como para centros educativos, colaborando coa implantación de novas especies arbóreas, co arranxo de camiños, co proxecto dos futuros asadores, que están pendentes de recibir os permisos necesarios, e, sobre todo, esixindo investimentos á Xunta, como sendeiros, camiños, sinalización, arranxo do embalse, etc. Di que é evidente que o traslado do centro de recuperación “non lles fai ningunha gracia”, e así o manifestaron á Consellería en numerosas reunións que tiveron con eles e coas comunidades de Montes, e, en todo momento, trataron de que se puidera chegar a un entendemento para que se asinara un novo convenio, pero, por desgracia, de momento, non foi posible. En canto a afirmación, que se fai na moción, de que van a sufrir a perda de 15 postos de traballo, di que non sabe en que se basea, xa que, en Carballedo vai a facer falta persoal e, polo tanto, vaise a trasladar o existente, do que lle consta que ningún é de Marín, senón que son de Pontevedra, Vigo e, incluso, un é de Carballedo, co cal vai a vivir a dous quilómetros, e seguramente estea ata contento. Para contestar á pregunta da Sra. Blanco, na Comisión Informativa, sobre a situación en que se atopa o traslado, dille que se atopa en licitación, pendente de adxudicar, e que o seu traslado está previsto para o verán de 2018. Remata dicindo que o grupo do PP vai a votar en contra desta moción por ser totalmente desconsiderada co tema e coas xestións feitas, que como dixo, foron moitas.

A Sra. Santiago Suárez manifesta que o grupo Socialistas vaise a abster na votación desta moción, en concreto, non pola parte expositiva, coa que está totalmente de acordo sendo un tema que se tratou neste Pleno e sempre o apoiaron, pero, sen embargo, pensa que a forma na que está formulada é máis dunha interpelación, e non saben como encaixar os catro puntos de acordo en algo que serva para cambiar este asunto, do que, ademais, pensa que xa non hai moito que facer. Di que lle sorprende oír, outra vez, ao grupo do PP, porque o teñen todo ben atado, todo o fan exquisitamente e de marabilla, pero, ao final, o resultado é o que é, Marín perde ese centro por outros motivos que non son, exactamente, os que se din, xa que sempre hai uns matices e a xente ponse sempre un pouco de perfil. Opina que é unha pena que non fora unha interpelación para que se pregunte e conteste o grupo de goberno. Di que lle gustaría que todas esas reunións que tiveron fosen máis públicas, que invitasen a alguén da oposición, xa que, ao mellor, na reunión poderían aportar o seu gran de area. Felicita ao poñente por preguntar, porque senón non se decatarían xamais desas reunións.

A Sra. Blanco López di que a maioría deles coñeceron que a Xunta quería trasladar o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo, en marzo de 2016, porque o anuncio a conselleira de Medio Ambiente que, o 4 de marzo de 2016, viu a Marín a anunciar a obra do Colector xeral de Marín -que aínda está pendente de facer- e, tamén, a anunciar que se trasladaba, de xeito inmediato, o Centro de Recuperación a Cotobade, co obxectivo de poñelo en marcha no 2017, aínda que, segundo acaba de informar a Sra. Sanmartín, non se vai a cumprir o anuncio, xa que vai a ser en 2018. Ese anuncio o fixo neste salón de Plenos, diante do presidente, daquela, de Augas de Galicia da Delegación de Pontevedra, e, que ela saiba, porque a eles non se lles convidou á presentación de aquel proxecto, nin por parte da Alcaldesa, nin da concelleira de Medio Ambiente, que estaban diante, respondéuselle a conselleira. Engade que, polo que dixo a Sra. Sanmartín, si que se fixeron xestións e, entende, que o grupo de goberno do PP preferiría que o centro de Cotorredondo non se fora de Marín. Indica que o grupo do BNG-AA, trasladou este asunto ao Parlamento, facendo preguntas sobre por que se trasladaba e, sobre todo, instando á Xunta de Galicia a que non trasladara o Centro de Cotorredondo, o cal,

Page 23: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

pola sucesión de acontecementos, non vai a ser así, senón que a situación cada vez está máis complicada, e o que se fai, neste momento, é responsabilizar ás comunidades de montes, que son as propietarias do terreo. Engade que, en favor deles, debe dicir que na relación dos feitos, que fixo a Sra. Sanmartín, hai unha imprecisión, o convenio coa Comunidade de Montes de San Xulián venceu no 2014, e, neses anos que van do 2014 ata o 2016, en que a Xunta anunciou o traslado, o goberno galego non fixo nada por renovar ese convenio, senón que deixouno ir e aproveitou a circunstancia para dicir que trasladaba ese centro, polo tanto, o interese da Xunta en mantelo en Cotorredondo parece que non é moito. Di que podía falar do estado do lago e de máis cousas, pero é evidente que a Xunta está cumprindo todos os anuncios con respecto a iso, e que o que se está facendo non é suficiente, de feito, o proxecto, que se votou a favor neste Pleno, de crear ese gran parque botánico, non se vai a facer a curto prazo, nin se están dando pasos para facelo. Con respecto á moción, e en base ao que acaba de expoñer e as palabras da concelleira, propón unha emenda en aras a que se adopte aquí un acordo asumible por todos. Di que hai aspectos da moción que non predispoñen para que o grupo do PP vote a favor, pero parece que si se fixeron xestións para que quede en Marín e que si están de acordo en solicitar á Xunta que quede en Marín, entón, solicita que a parte dispositiva se quede nun só punto, concretando que este Pleno insta á Xunta de Galicia a que non traslade o Centro de Cotorredondo para Cotobade, e que o manteña en Marín. Engade que cre que niso todos están de acordo, e se, maña, a Consellería anunciara que o Centro de Cotorredondo non se vai para Cotobade, e que todos eses investimentos, ou parte deles, fixéranse en Marín, pensa, que todos estarían de acordo, a pesar de que, polo visto, ían a complicarlle a vida a unha persoa que vive en Cotobade e na que tanto pensa a concelleira de Medio Ambiente. Remata dicindo que en aras a adoptar un acordo entre todos, propón esa emenda.

A Sra. alcaldesa aclara que segundo o Regulamento orgánico do Pleno da Corporación de Marín as emendas teñen que presentarse por escrito, e que esta xa é unha moción ditaminada pola Comisión Informativa.

O Sr. Franco Outón responde á Sra. Sanmartín que ten respecto absoluto aos veciños de Cotobade e de Cerdedo, outra cousa é que o seu alcalde non respectara a súa vontade, porque en ningún momento os veciños de ambos concellos votaron se querían fusionarse, ou non. Respecto as conversas que tiveron coas comunidades de montes, dille que, realmente, non afonda nas conversas coa Xunta, nin aportou información nova. Indica que xa sabía que a o goberno municipal estaban en contacto coas comunidades de montes, pero o que quere saber é en que termos falouse coa Xunta de Galicia. Di que o grupo do PP estará en desacordo con que se traslade ese centro de recuperación da fauna silvestre, pero o están cunha discreción total. Respecto a se Marea Veciñal de Marín foi desconsiderada con esta moción, di que nin moito menos, senón que desconsiderada é a Xunta de Galicia con Marín e co Lago de Castiñeiras. Respecto ao traballador que é de Cotobade, dille que el non é localista e que no hai ningún problema en que veña a traballar a Marín xente que non é do concello, aínda que, ao mellor, o grupo do PP quere levantar un muro. En canto á emenda que propón a Sra. Blanco, Marea Veciñal de Marín, di que a acepta, sen ningún problema, substituíndo o punto un e o dous, e mantendo o punto tres, e sempre e cando se adopte un acordo unánime, aínda que sospeita que o grupo do PP non quere aprobar nada.

A Sra. Sanmartín García dille que non é o PP quen ten que aceptar a emenda, senón o poñente da moción, pero o que dixo a Sra. alcaldesa é que non se pode votar a emenda por non estar presentala por escrito, con antelación. Agradece a visión que tivo desta moción tanto o PSdeG-PSOE como o BNG-AA, porque, realmente, está feita para o seu rexeitamento, pois ten mala intención. O grupo do PP vai a votar en contra dos tres puntos, pero deixa aberto ao que digan o resto dos grupos, en facer unha moción urxente, conxunta, de todos os grupos, informando á Xunta de Galicia do desacordo en que se traslade o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo ao concello de Cerdedo-Cotobade. Insiste en que o grupo de goberno, en todas as reunións que tiveron, así o manifestaron. Engade que non só estiveron en contacto coas comunidades de montes, senón que foron a numerosas reunións á Consellería, e, incluso, hóuboas aquí. Dille ao Sr. Franco Outón que, así como Marea ten contacto para outras cousas, o pode preguntar. Deixa o tema pendente do que digan o resto dos grupos, para instar ou informar do desacordo do Concello de Marín, xa que iso si que lle parece o correcto.

Page 24: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

A Sra. Blanco López cre que hai precedentes neste Pleno de adoptar acordos distintos á parte dispositiva da moción que se trae, e que se non lle queren chamar emenda, pódese chamar proposta ou como queiran, o conto é querer, porque, se non se quere, non hai nada que facer. Dille á Sra. Sanmartín que si se reclama respecto, tamén hai que practicalo, e quen tivo a iniciativa de traer esta moción ao Pleno é a Marea Veciñal de Marín, aínda que teña un escollo para aprobala hoxe aquí. Indica que se a Alcaldía non permite que se emende, outras solución é deixala sobre a mesa e redactar unha emenda por escrito, ou o que faga falta, pero o grupo do BNG o que non vai a facer é mandarlle unha carta “de amor” á Xunta, senón que á Xunta hai que instala a que faga algo, e o que propón, é instar á Xunta de Galicia a que non traslade o Centro de Recuperación de Cotorredondo. Engade que a Xunta de Galicia, a estas alturas, xa debe de saber que o Concello de Marín está en desacordo, aínda que o grupo municipal do PP o dixera en secreto, pero os demais si que o dixeron publicamente. Reitera que o acordo ten que ir no sentido de instar a que non se traslade, aínda que, despois, a Xunta vai a facer o que lle dea a gaña, porque xa o teñen decidido, facéndoo, por certo, sen respecto ningún polo Concello de Marín, pero é a Xunta que hai. Propón que quede sobre a mesa porque hai que respectar a iniciativa de quen presentou este tema.

O Sr. Franco Outón pregunta, ao grupo do PP, si votarían a favor, si retira o punto dous da moción, senón o grupo de Marea Veciñal de Marín propón que quede a moción sobre a mesa, e se queda sobre a mesa non vai a participar nunha moción urxente, porque se rin dos grupos da oposición. Engade que vai a retirar a moción.

A Sra. alcaldesa di que hai que votar a retirada da moción ou que quede sobre a mesa.

O Sr. Franco Outón propón, entón, que a moción quede sobre a mesa.

O Sr. Muradas Ramos formula unha cuestión de orden, e di que é básico, democraticamente, que calquera político, en calquera momento, poda retirar a súa moción.

A Sra. secretaria da lectura ao artigo 12 .2 do regulamento orgánico do Pleno do Concello de a Marín, do seguinte tenor literal, “Os/as concelleiros/concelleiras poderán solicitar durante o debate a retirada dun asunto incluído na orde do día a efectos de que se complete o expediente con novos documentos ou informes, ou pedir que quede sobre a mesas, aprazándose a discusión para a seguinte sesión, para o seu mellor estudo. Se a/o concelleiro/concelleira ou grupo municipal propoñente acepta a proposta de retirada ou de deixar sobra a mesa o punto, así se procederá, e continuarase coa orde do día fixada na orde de convocatoria. En todo caso, actuarase conforme ao artigo 92 do ROF. A continuación da lectura ao artigo 92 di ROF que literalmente di: “Cualquier Concejal podrá pedir, durante el debate, la retirada de algún expediente incluído en el orden del día, a efecto de que se incorporen al mismo documentos o informes y también que el expediente quede sobre la mesa, aplazándose su discusión para la siguiente sesión. En ambos casos, la petición será votada, tras terminar el debate y antes de proceder a la votación sobre el fondo del asunto. Si la mayoría simple votase a favor de la petición no habrá lugar a votar la propuesta de acuerdo”.

* Seguidamente, sométese a votación a petición, do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON e do grupo municipal do BNG-AA, para que esta moción quede sobre a mesa que obtén dez (10) votos a favor, dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3), e once (11) votos en contra, dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PP.

* Seguidamente, sométese a votación ordinaria a moción do grupo municipal Marea Veciñal de Marín - SON relacionada coa perda do Centro de recuperación de fauna silvestre de Cotorredondo - (Expte.: 96/17), que resulta rexeitada, ao obter tres (3) votos a favor, dos/a concelleiros/a do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON, once (11) votos en contra, dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PP, e sete (7) abstencións, dos concelleiros/as do grupo municipal do PSdeG-PSOE (4) e do BNG-AA (3) .

Page 25: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

8.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CULTURA, FESTAS E DINAMIZACIÓN EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL MAREA VECIÑAL DE MARÍN-SON PARA O PRONUNCIAMENTO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL A PROL DA RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO CASTRO DE MONTEALEGRE - (EXPTE.: 95/17).

Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, Festas e Dinamización, emitido na súa sesión ordinaria de 2 de marzo de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

O Sr. Franco Outón manifesta que é unha cuestión de solidariedade, que Marín, que pertence a comarca do Morrazo, igual que se fixo noutros Concellos como Bueu ou como Cangas, faga un pronunciamento, moi claro e moi forte, contra o que a Xunta está facendo co desdobramento do corredor do Morrazo, xa que está levándose por diante o castro de Montealegre, no concello de Moaña. Di que a Xunta está arrasando o patrimonio a conta dun desdobramento, que responde a un afán especulativo absoluto. Di que fan o corredor en dúas veces e así “chupan” dúas veces, e despois aparecen cuestión do 3% e esas historias. Indica que se está destruíndo unha muralla que ten unha datación de máis de 2.600 anos, en aras ao interese xeral que supón o desdobramento dese corredor. Engade que a situación do patrimonio deste país é lamentable en xeral, e pregúntase, mesmo no concello de Marín, canto patrimonio material destruiríase cando se fixo a variante de Marín. Manifesta que, dado que no Pleno pasado aprobaron un Plan de protección do patrimonio arqueolóxico, non ten moito sentido e non se entendería que esta moción non fora aprobada, por iso, da por feito que todos están por defender o patrimonio, independentemente do concello no que se sitúe, pois o patrimonio non deixa de ser un ben común.

A Sra. alcaldesa manifesta que a postura do grupo municipal do PP vai a ser de apoio á moción, e que, nun primeiro momento, puxéronse en contacto co Concello os responsables desa Plataforma da defensa do castro de Montealegre para intentar traer unha moción conxunta, pero xa lles comunicou que o grupo municipal de Marea Veciñal de Marín tiña presentada unha moción. Pensa que moción aínda non foi aprobado polo concello de Bueu, como di a súa exposición de motivos, pero si polo de Moaña, Vilaboa e de Cangas. Engade que esa é a información que ten de onte. Dille ao Sr. Franco que, obviando a súa exposición, onde fala de que “chuparon dúas veces”, os que decidiron desdobrar o corredor do Morrazo, aos que acusa de cobrar o 3% do financiamento das obras, con carácter irregular, polo tanto está imputando, non se sabe moi ben a quen, unha serie de delitos. Engade que non sabe se llos imputa á Consellería, ou a conselleira, ou ao director de Estradas, ou ao presidente da Xunta, e dille que non vai a ter en conta nada do que dixo, e o que si vai a ter en conta é o que pediu a asociación de protección do castro. Di que se vai facer un plan de protección que será financiado con cargo as obras do desdobramento do corredor do Morrazo, obras que son moi demandadas por concellos do Morrazo, reiteradamente, e que levaron moito tempo facer e moitos cartos, porque son obras moi importantes, ao igual que a da variante de Marín. Pídelle un pouco de seriedade ao facer esas declaracións “alegres” que está acostumado a facer, porque, como gústase escoitar, imputa delitos, a destro e sinistro, á bancada do grupo do PP. Indica que o grupo do PP comprométese a apoiar a moción, e oxalá pódase mellorar e facer unha boa zoa que se poida visitar, que ese castro se poña en valor e, sobre todo, que todos os arqueólogos que están alí traballando fagan un bo traballo. Engade que o Sr. Franco utiliza “palabras grosas” que non deben pasar desapercibidas, porque molestan.

O Sr. Pastoriza Pazos alegrase do apoio manifestado a esta moción. Engade que estase a falar dun poboado prerromano que estivo habitado ata o século V, que foi declarado, en 1974, ben de interese cultural, e coas obras perderíase un castro que é parte de nosa identidade e que pose a mesma protección que a catedral de Santiago. Indica que, actualmente, estanse a facer visitas guiadas para coñecer en detalle esa localización, e por iso alegrase do apoio doutros grupos, xa que as obras que vai a realizar a Xunta, no corredor, deberían salvar por completo a zona que se vería afectada polo segundo túnel, e que actualmente están sendo escavadas e que están catalogadas dende a primavera de 2016. Di que nese xacemento os arqueólogos encontraron 20.000 pezas, cun valor histórico incalculable, entre as que destacan dous esculturas de pedra, de entre o século I antes de Cristo e o século I despois de Cristo, unha presenta unha figura antropomorfa, sedente, e outra unha cabeza de cabalo. Engade que o que está claro é que non se deben producir máis agresións ao asentamento histórico, das que xa

Page 26: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

causou, no ano 2000, o actual corredor do Morrazo. Di que ten que prevalecer o castro de Montealegre como un dinamizador, un potenciador económico, patrimonial, histórico, turístico e educativo da zona, de feito está incluído en numerosas guías da comarca e é un elemento que está detallado como de interese, co cal, realmente, ten que prevalecer e debería ser protexido.

A Sra. Santos Omil di que se alegra de que o PP apoie a iniciativa de recuperar o castro de Montealegre e desexa que sexa realidade esa recuperación, pero no ano 2010, cando estaba en exposición pública o proxecto de desdobramento da vía rápida, dende o BNG de Moaña alegouse para que se fixera un novo estudo de impacto ambiental e patrimonial, que non se fixo, o PP dixo que non era necesario, xa que era válido o estudo ambiental que se fixera para a construción do corredor, algo intolerable, que ata podía ser xudicialmente discutible. Dende a Dirección Xeral de Patrimonio emitiron informes desaconsellando pasar o corredor polo castro, pero por criterios económicos pesou máis a decisión da Consellería de Infraestruturas e seguir adiante co proxecto, incumprindo condicionantes de posta en valor dalgún elemento que levara por diante, xa, na construción inicial do corredor. Sempre se pensou que o novo trazado de desdobramento discorría pola zona de extramuros do castro e que polo tanto tería pouca afección, pero a sorpresa é que atopan un camiño enlousado que supón unha estrutura de moito valor arqueolóxico e que se van a levar por diante. Por desgraza o goberno da Xunta do PP valora máis os criterios económicos, que os patrimoniais, á hora de deseñar unha vía que foi mal planificada e rexeitada, dende o principio, pola poboación de Moaña. Nesta zona non só se ve afectado o castro, pois hai máis dunha ducia de petróglifos que teñen unha afección severa, e hai que lembrar que todos os petróglifos teñen valor de ben de interese cultural, o maior nivel de protección que se lles pode dar. Di que é sorprendente como Patrimonio pon moitos condicionantes e limitacións a calquera veciño ou veciña cando ten que facer obras en zona de cautela xerada pola presenza dun cruceiro, dunha igrexa, e, sen embargo, permite, “sen ruborizarse”, que se leven por diante un castro e varios petróglifos, cando quen actúa é, precisamente, a administración pública. Manifesta que un servizo creado co único fin de protexer o rico patrimonio arquitectónico e arqueolóxico galego vai permitir un abuso deste calibre. Di que, en definitiva, o PP está visto que se vende ás grandes empresas para darlle obras que supoñan grandes beneficios, e para iso non dubidan en arrasar co patrimonio de todos os galegos e galegas.

O Sr. Franco Outón agradece o apoio de todos os grupos da Corporación. Respecto ao que dixo a Sra. Ramallo, di que non pensa contestarlle, despois dese sermón co que case o manda a rezar, pois non hai nada que dicir, ela mesma descualificouse.

* Ao non haber máis intervencións, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Cultura, Festas e Dinamización en relación coa moción do grupo municipal de Marea Veciñal de Marín-SON, para o pronunciamento da Corporación Municipal a prol da recuperación e posta en valor do castro de Montealegre – (expte 95/17), que é aprobado por unanimidade dos/as 21 concelleiros/as que integran a Corporación municipal, adoptándose o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

“ A Corporación de Marín e o seu Concello se pronunciará na defensa do castro de Montealegre, e así llo notificará á Xunta solicitando a esta a modificación do trazado, para, deste xeito, salvagardar o castro.”

9.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE TURISMO E COMERCIO EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA DE APOIO Á IXP RIBEIRAS DO MORRAZO - (EXPTE.: 97/17).

Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Turismo e Comercio, emitido na súa sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

A Sra. Blanco López indica que esta moción foi tratada na Comisión Informativa de Turismo pero considera que era máis apropiado tratala na Comisión Informativa de Medio Rural, xa que na Xunta de Galicia tramitouse dende a Consellería de Medio Rural. Engade que como todos os grupos municipais anunciaron o voto a favor, garante que se vai a aprobar. Di que, a veces, pregúntase se o que fan aquí ten algunha transcendencia, cando a estas horas seguen debatendo sobre o viño, o patrimonio etc; mentres a xente está celebrando, e chorando polos

Page 27: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

goles de non se sabe quen, pero, en todo caso, hai que tirar para adiante, e, neste caso, instar á Xunta e o goberno de Madrid de que se lembren de que existe unha comarca que se chama Morrazo, de que, felizmente, aínda hai moitas persoas que cultivan viño, que ademais esméranse en que ese viño sexa de calidade, que están empeñados en recuperar cepas que estaban, practicamente, perdidas, un pouco, por ese “auto-odio” que teñen os galegos cara ao seu, que pouco a pouco van superando, e que, no seu momento, supuxo cortar as cepas autóctonas e plantar variedades que non valen, absolutamente, para nada. Di que, felizmente, os viticultores están asociados e teñen ese obxectivo común de recuperar as cepas autóctonas. Engade que non é de recibo que, os que teñen menos medios, estean facendo o seu traballo, e que esta denominación estea paralizada por unha cuestión burocrática e de falta de máis interese polos gobernos da Xunta, de Madrid e de Bruxelas, a onde finalmente ten que ir, porque dependemos do que decidan outros por aí adiante, mentres a nosa xente fai esforzos como poden e practicamente sen medios. Espera que valga de algo que se estea aprobando esta moción en todos os concellos do Morrazo e no de Pontevedra, onde tamén hai viticultores asociados, e que saia adiante, definitivamente, esta denominación.

A Sra. Acuña González reitera o apoio do grupo do PP ao traballo que se está facendo de maneira coherente, profesional e de calidade por parte deste sector, tendo, ademais, coñecemento en que o Consello da Xunta aprobará un informe ao respecto deste tema, en poucas horas, e que están en permanente contacto coas distintas autoridades, que algo teñen que dicir ao respecto. Saben, tamén, que é un proceso complexo, longo, con moita burocracia administrativa e que ten unha tramitación que hai que levar a cabo. Espera que isto lle dea un impulso.

A Sra. González Recamán anuncia que o grupo Socialista vai a apoiar esta moción, para impulsar e para que saía para adiante a IXP de Ribeiras do Morrazo.

O Sr. González Dopazo felicita ao grupo municipal do BNG-AA por ter sensibilidade neste tema e traer esta moción, que se presentou noutros sete concellos, que tratan, baixo a IXP Ribeiras do Morrazo, de potenciar que non desaparezan as clases autóctonas de produción vitivinícolas especial desta zona, que son os cinco concellos do Morrazo aos que hai que engadir Pontevedra, Poio e Redondela. Manifesta que as denominacións de orixe corren perigo de desaparecer co tratado de libre comercio, aínda que, neste momento, iso está parado porque o Sr. Donald Trump, coa súa economía autárquica ou proteccionista, non está polo libre comercio. Di que hai que incidir na situación agrogandeira en Galicia, porque ten relación con este tema. Hai que dicir que nos derradeiros anos perdéronse en Galicia miles de postos de traballo no sector primario, destruíndose un de cada tres postos de traballo. Indica que, cando entrou o Sr. Feijoo na Xunta, no ano 2008, había no sector primario 71.000 persoas empregadas, e agora hai 45.000. Engade que hai que incidir en que o balance neto de Galicia é fortemente negativo na compra venda de alimentos, por exemplo, para a alimentación animal, Galicia ten un déficit de 900 millóns anuais, iso significa que se importa masivamente soia, centeo, trigo, millo e demais cereais. Comenta que en Marín hai un exemplo claro, xa que hai un importante consignatario que trae millo e outros cereais de Brasil, Arxentina, Romanía, Colombia e Ucrania, que non son, precisamente, comarcas galegas. Alude a que cando estaba o bipartito na Xunta, o Sr. Suárez Canal, concelleiro de Medio Rural, tratou de potenciar aquelas zonas especificamente agrarias, como era a comarca de Soneira, Bergantiños, na Coruña, Deza, en Pontevedra, a Limia, en Ourense, Terra Cha, en Lugo, pero aquel banco de terras quedou no esquecemento, e o que son os tres piares básicos da economía galega, neste eido, son un fracaso absoluto. Indica que o primeiro fracaso foi a ordenación do territorio, o aproveitamento de terras cultivables, o exemplo de banco de terras foi un fracaso clamoroso, e o Sr. Feijoo cando tomou posesión, aos poucos meses, dixo que quería incidir neste tema, porque recoñecía o seu propio fracaso. De feito, non hai máis que ver que se perderon 26.000 postos de traballo neste sector. O segundo fracaso prodúcese na transformación industrial, é dicir, darlle valor engadido á produción primaria, iso se ve claramente nos sector leiteiro, que supón un potente sector primario pero, logo, na industria leiteira, maioritariamente, o capital e foráneo, entón o I+D+I é fácil de perdelo porque basta que unha destas empresas se vaia de Galicia para que se perda ese valor engadido. Outro deses fracasos son os recortes, pois houbo un desmantelamento dos servizos públicos de asesoramento, como é a Misión Biolóxica de Salcedo, ou a de Abegondo, en Coruña, ou a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que cos recortes e co “slogan” de “facer máis con menos”,

Page 28: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

acabou co asesoramento, e agora a xente non se enteira de nada, e, a maioría dos viticultores non teñen idea do que teñen e non saben sacar rendemento ao que teñen, porque falta asesoramento, a consecuencia desa política da Xunta de “facer máis con menos”, é dicir recortes. Di que sabe por compañeiros, que se interesan e se preocupan, que nas plantas aromáticas Galicia ten un potencial enorme, como e plantar cilantro, ou lavanda, ou lúpulo, que na terra de Betanzos se cultivaba hai anos para aportarlle a "Estrella de Galicia", e todo iso, por falta de asesoramento por parte da Xunta de Galicia, esvaece. Neste tema da IXP é pesimista, xa que non houbo relevo xeracional no campo, e é imposible que se poida levar a cabo calquera actividade económica agrogandeira, polo tanto a ver se hai sorte, e esta IXP vai a diante e, dalgunha maneira, sácase rendemento á produción vitivinícola. Agradece ao BNG-AA que trouxera esta moción ao Pleno e ao resto dos grupos por apoiala.

A Sra. Blanco López di que, como se fai referencia ao grupo do BNG-AA, hai que lembrar que quen levou a iniciativa de todo isto foron os compañeiros e compañeiras de Vilaboa, que levan celebrando unha festa do viño dende hai xa algúns anos, que serviu de punto de encontro para a xente que se dedica a cultivar o viño e para propoñer esta denominación. Espera que o empuxón ao que se refería a concelleira do PP non teña nada que ver coa parálise na que está sometido este expediente tanto por parte da Xunta de Galicia como do Goberno de Madrid, xa que unha cousa é que algo sexa complicado burocraticamente e outra paralizalo, en todo caso espera que serva de algo aprobar a moción e que poidan celebralo na Festa do Viño de Vilaboa, por exemplo.

* Ao non producirse máis intervencións, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Turismo e Comercio en relación coa moción do grupo municipal do BNG-AA de apoio á IXP “Ribeiras do Morrazo” – (expte 97/17), que é aprobado por unanimidade dos/as 21 concelleiros/as que integran a Corporación municipal, adoptándose o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

1.- Reiterar o apoio deste Pleno ao recoñecemento da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo para os viños producidos nos concellos de Pontevedra, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Redondela e Vilaboa, mediante a colaboración coa Agrupación de Produtores e a implementación de campañas de difusión.

2.- Esixir á Unión Europea a máxima celeridade no recoñecemento definitivo da Indicación Protexida Ribeiras do Morrazo.

3.- Reclamar ao Goberno de España que asuma como prioritario o recoñecemento deste IXP e actúe en consecuencia diante da Unión Europea.

10.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CULTURA, FESTAS E DINAMIZACIÓN EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA SOBRE A SITUACIÓN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL “RAIMUNDO VIDAL PAZOS” - (EXPTE.: 99/17).

A Sra. secretaria da lectura ao ditame desfavorable da Comisión Informativa de Cultura, Festas e Dinamización, na súa sesión ordinaria celebrada o 2 de marzo de 2017, en relación coa moción do grupo municipal do BNG-AA sobre a situación da Biblioteca Municipal “Raimundo Vidal Pazos” que na súa parte dispositiva propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. Un estudo técnico que valora a idoneidade de trasladar a Biblioteca Municipal a outro lugar ou un estudo pertinente para realizar modificacións pertinente ao edificio dotándoa de todos os servizos que require unha biblioteca pública, ademais de valorar outras dotacións.

2. Que dito estudo unha vez feito sexa posto en coñecemento da Comisión informativa de Cultura.

3. Estudar a opción de trasladar o arquivo municipal e integralo no mesmo edificio da Biblioteca Municipal.

4. Por en valor o patrimonio depositado na Biblioteca Municipal de Raimundo Vidal Pazos,

Page 29: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

dotándoa de estantes e unha situación axeitada e digna.

A Sra. Santos Omil expón que todos os que están hoxe aquí son conscientes da necesidade que ten o Concello de Marín de máis espazos públicos para o desenvolvemento de actividades culturais, sociais, xuvenís e deportivas, sendo esta unha demanda que o BNG leva expoñendo dende hai moitos anos, como exemplo as propostas dunha nave para deportes náuticos, un centro social para a xuventude ou un centro cultural. Mentres esperan que o goberno municipal dea a solución a estas carencias, cóntase cun museo que se queda pequeno e con problemas de accesibilidade, incumprindo así a normativa, e cunha biblioteca cuxa construción data do ano 1972, sen ser ampliado o seu espazo. Nos últimos 30 anos, outros concellos foron remodelando ou cambiando a situación da súa biblioteca municipal adaptándoa aos novos tempos e a demanda social para poder ofrecer os servizos de lectura, de consulta ou de estudo, xa que ese é o fin dunha biblioteca. A Biblioteca Vidal Pazos quedouse pequena e, na actualidade, non pode dar os servizos necesarios que unha biblioteca pode e debe ofrecer, xa que só hai unha sala de lectura, tendo que ser compartida con estudantes, coas molestias que isto leva consigo. Dito espazo é utilizado tanto por universitarios como por estudantes de bacharelato ou infantís, e iso xera moitas molestias, posto que resulta ben difícil acadar o silencio preciso para poder estudar, ou, simplemente, ler a prensa, obrigando ao estudante universitario a ter que desprazarse á biblioteca de Pontevedra, ocasionando moitos máis problemas aos estudantes que viven no rural e non contan con servizo público de transporte, tendo que depender do transporte privado. Necesitase un espazo separado para desenvolver actividades para os máis cativos, como contacontos, teatro, obradoiros de manualidades, etc, pois, aínda que o piso superior conta coa sala de conferencias, non é o lugar idóneo para levar a cabo moitas destas actividades coa rapazada xa que, ao ter butacas fixas, non queda espazo para desenvolvelas. Precisamente por falta de espazo hai actividades ofertadas pola Xunta para promover a lectura, sobre todo nos máis mozos, que non se poden levar a cabo. Outra vella demanda para a mellora do servizo da Biblioteca é a ampliación do horario e a mellora de servizo informático. Carece de sala de audiovisual, na que se poida ver unha película, escoitar música, ou poñer a disposición de socios, videoxogos. Di que si se quere atraer á mocidade hai que renovarse e actualizarse. Outra deficiencia, pola falta de espazo, é que non todos os libros poden ser consultados de forma directa, carece dunha hemeroteca en condicións para a consulta de documentos, e habería que estudar a opción de trasladar o arquivo municipal e integralo no mesmo edificio. Por outro lado, a Biblioteca municipal dispón dun importante legado do xurista, líder do agrarismo galego, Raimundo Vidal Pazos, e que debería de contar cunha sala co material doado pola familia para súa consulta, o mesmo que para os obxectos persoais. Para poder dar estes servizos con calidade compre ampliar o persoal da Biblioteca. Por pór un exemplo, salvando as distancias, en Pontevedra contan con 28 traballadores, mentres que en Marín son 3. Por todo o exposto, dende o BNG-AA solicítase un estudo técnico que valore a idoneidade de trasladar a Biblioteca municipal a outro edificio ou a posibilidade de realizar modificacións ao edificio actual para dotala dos servizos que require unha biblioteca pública do século XXI, para unha vila como Marín e integrar as demandas expostas.

A Sra. de Pazo Allariz indica que o grupo municipal do PP vai a votar en contra desta moción, pero non porque careza de eivas o espazo da Biblioteca, senón porque non hai outro espazo dispoñible, e, polo tanto, sería como votar “fume”. Comparte coa poñente que sería moi conveniente contar con máis espazos para así diversificar as actividades, por franxas de idade, facer aula de estudo etc, pero, neste momento, como todos saben, non hai outro espazo dispoñible, e, polo tanto, non se pode facer un estudo, nin artellar actividades, só pódese optimizar o que hai. Engade que iso non quere dicir que, nun futuro, non se poida facer un estudo, pero cunha base real, non con bases hipotéticas. Di que valora en positivo a moción, pero van a votar en contra. Manifesta que a Biblioteca de Marín, cada ano, aumenta os socios, que non é que fagan o carné e o garden, senón que o préstamos de libros é bastante elevada. Tamén valora, de forma positiva, a situación actual da Biblioteca, que, a parte do uso normal que ten, abrangue outros usos dos que dispoñen moitos usuarios, como é sala de conferencias, reunións para asociacións, actos culturais, e, no caso de que se desprazase a outro espazo, mais lonxe, ía a ser negativo para os usuarios. Respecto ao aludido pola Sra. Santos Omil, sobre

Page 30: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

os usuarios do rural, pregúntalle onde a ubicaría, xa que no centro non hai doutro espazo dispoñible. Indica que a Biblioteca tamén alberga unha aula CeMIT, que goza de gran actividade de usuarios, non só de cursos, senón que tamén se fan actividades para nenos e para maiores. Manifesta que a actividade da biblioteca desenvolve a maioría dos mandatos da Xunta. Engade que descoñece, en concreto, que mandados da Xunta e que oferta cultural non se pode facer en Marín, de feito, moitos contacontos son xeralmente moi concorridos por nais e nenos, polo menos aos que asistiu ela, nas que, por certo, no ve a ninguén da oposición. Indica que tamén son frecuentas, para incentivar á lectura, as visitas de grupos de alumnos dos colexios, guiadas por técnicos que lles explican, detalladamente, o que significa a biblioteca e como poden aproveitar a súa oferta. Respecto ao puntos dous e tres da parte dispositiva da moción, di que responde na mesma liña, cando se dispoña doutro espazo realizarase un estudo ambicioso que abrangue e solvente as eivas que poidan existir e que existen na actualidade. Engade que, dende o Concello, estase a traballar na posibilidade de contar con espazos máis amplos, e, chegado o momento, pódese considerar esta moción e traballar en firme, todos, por ter unha biblioteca mellor. Di que a Biblioteca goza de boa saúde, na actualidade, e non lle parece xusto que se describa esa fotografía deplorable, aínda que é certo que se necesita máis espazo, xa que se comparte as áreas de lectura. Di que a visita cada semana e non percibe esa realidade tan deplorable que están a describir.

A Sra. Santiago Suárez pídelle á concelleira de Cultura se lle cambia as gafas, a ver se ve mellor coas dela, porque, coas que ten, ao entrar na biblioteca, deprímese. Di que este tema é como o “día de la marmota”, xa que, ano tras ano, tráense mocións para intentar mellorar a situación da Biblioteca, e, ano tras ano, o grupo do PP din que non, que é unha marabilla e que funciona moi ben. Engade que, como é o “día da marmota”, vai lembrar o que sempre di o grupo Socialista, que é que había un Padroado de Cultura, que o grupo do PP suprimiu, co argumento de que collería as súas rendas a concelleira da área, daquel momento, e empezaría a funcionar a Biblioteca de marabilla, que a ía a poñer no século XXI, sen embargo segue no ano 1972, porque pensa que está exactamente igual. Comenta que no recoñecemento de crédito, que se tratou anteriormente, van facturas das revistas, xa que, en lugar de subscribirse aos periódico, como fai todo o mundo, que, ademais, sae máis barato, na Biblioteca van os funcionarios a recoller a prensa, ou as revistas, e hai problemas para que haxa prensa en galego, utilízanse fichas, o que xa parece unha broma, sen embargo, logo, non faltan revistas como Fotogramas, Telva, Vogue, Vanity Fair, Elle, Saber Vivir, El Mueble, etc. Considera que o grupo de goberno, polo menos, podía aceptar a metade da moción e intentar facer algo, pero a resposta é que neste momento non hai espazo. Di que o grupo Socialista si que ten ideas para ter máis espazo, pero vainas a gardar para as eleccións.

A Sra. Pesqueira Pérez dille, a Sra. de Pazo Allaríz, que visitará a biblioteca cada semana pero non debe escoitar aos usuarios, porque se os escoitara sabería o que din. Di que, dende a Marea Veciñal de Marín veñen alertando desta situación en innumerables ocasións. As queixas dos usuarios da Biblioteca son continuas, non só polas instalacións, senón tamén coas actividades da biblioteca en si, a falta de dinamización, de actualización de exemplares e de todo o que comentouse anteriormente. Seguindo a liña que comentaba a portavoz do partido Socialista, esta eivas tamén foron detectadas polo goberno do PP que decide, no pasado mandato, suprimir o Padroado de Cultura porque era unha estrutura burocrática, que entorpecía o bo funcionamento, sen embargo, agora, non hai Padroado pero as cousas seguen igual de mal, ou peor. Opina que a Sra. de Pazo presenta unha visión idílica da biblioteca, que goza, cada ano, dun número crecente de socios e de usuarios, que non se queixan das instalacións, que abrangue outros usos a parte de biblioteca, e dille que non é un valor engadido que as asociacións utilicen as instalación da Biblioteca, xa que o motivo é que, a parte do Museo Torres, non hai outro lugar onde estar. Dille que, se hai tantos usuarios para un sito tan pequeno, non sabe como non cae a baixo con tal cantidade de xente que utiliza ese servizo. Dille que a aula CeMIT tamén é deficitaria, e que tería que ver as aulas CeMIT doutros concellos. Respecto a ese montón de actividade de dinamización da Biblioteca, pídelle, novamente, dous anos despois, que lle pase un listado das actividades organizadas directamente pola Biblioteca, dado que é responsabilidade da Sra. de Pazo. Remata dicindo que a Sra. de Pazo ten a valentía de dicir que

Page 31: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

non ve nas actividades culturais, aos concelleiros/as dos grupos da oposicións, cando hai xente que leva moitísimo tempo indo, mentres que, antes de ser concelleira, á Sra. de Pazo ela non a víu nunca. Di que non se pode explicar que a Sra. de Pazo non vexa as eivas que hai na Biblioteca.

A Sra. Santos Omil di que non dubida do número de socios ou do uso que se pode facer dela, cónstalle que é elevado, por iso urxe a nova ubicación. Engade que esta moción está feita con queixas reais, de usuarios da Biblioteca, e aclara que cando fala de usuarios do rural, refírese a que non é o mesmo desprazarse a Marín que ter que desprazarse a Pontevedra para ir a estudar. Di que o salón de actos está solicitado, precisamente, porque se carece de espazos para uso cultural, xa que a demanda de espazo non é cousa dos grupos da oposición, senón que son demandas reais da cidadanía. Comenta que hai unha película infantil que cada vez que os personaxe teñen que enfrontarse a un problema, cantan e todo é fabuloso, pois aquí parece que fan o mesmo. Pregunta onde se levan a cabo as actividades da Biblioteca para os rapaces, porque na maioría dos casos teñen que utilizar o Multiusos, na Praza de Abastos, precisamente, porque non hai espazo na Biblioteca. Di que, a realidade, é que o grupo do PP leva 6 anos de goberno municipal, con maioría absoluta, e o único que amosan é pasividade e falta de proxectos en firme, de feito, aínda non saben, ou non queren contar, onde situar o ansiado auditorio, ou centro cultural, non teñen as ideas claras; o Museo Manuel Torres segue incumprindo a normativa de accesibilidade; os locais municipais son absolutamente insuficientes para o importante asociacionismo cultural de Marín, pero iso dálles igual, o problema do grupo do PP é a falta de vontade política e a de enfrontarse a actuacións ambiciosas. Recorda que o que piden nesta moción é a realización dun estudo, por un grupo de técnicos, onde se valore a acción de adquirir un edificio para dar cabida a unha biblioteca en condicións e con servizos de calidade. Di que non hai máis que darse un volta polo centro de Marín e ver cantas edificacións poderían ser restauradas e contribuír na rehabilitación de edificacións antigas ou históricas. Engade que hai edificios que son de titularidade da Xunta ou do Estado, que se deixan de ser utilizados para a función actual poden ser aproveitados para dar cabida á Biblioteca, pero para facer, hai que querer, e, sobre todo, crer no que se fai. Di que hai exemplos de que, cando se quere, si se fai, por exemplo, en San Xulián, Santomé ou Ardán, comunidades de veciños buscaron vías de financiamento para ter casas de cultura, e agora contan con espazos para actividades. Pregunta como é posible que, sen embargo, o grupo de goberno non sexa capaz de dotar a Marín de espazos culturais. Engade que iso pasa cando hai vontade. Insiste en que Marín precisa dunha solución á falta de espazo na Biblioteca e que esta sexa desenvolva a medio prazo, pide ao grupo de goberno que sexa ambicioso e dote de servizos públicos e de calidade a Marín, que boa falta faille.

A Sra. de Pazos Allariz dille á Sra. Santiago Suárez que se ten tantas boas ideas e a “fórmula da coca cola”, compártaas, porque a sacan a ombros. Aclara que dicir os puntos positivos e favorables de Biblioteca, non quere dicir que negue as eivas. Dille Sra. Pesqueira que si coñece as queixas e, moitas veces, aténdeas persoalmente, e senón que lle pregunte a unha das súas compañeiras, que ían na lista de Marea, xa que reuniuse con ela nunha ocasión e atendeuna telefonicamente noutra. Polo tanto, coñece as queixas e, cando o seu traballo llo permite, gústalle falar persoalmente coa xente. Respecto ao Padroado, dilles que se poñan de acordo, porque fai un rato o Sr. Dopazo criticaba a forma na que se contrataba a compra de revistas e da prensa, pero ese sistema foi aprobado polo Padroado e nunca houbo queixas sobre onde se compraba ou se deixaba de comprar, e agora iso parece ser un problema. Respecto a se hai interese en comprar nun lado ou noutro, quere que conste en acta que o sistema é igual, dende fai anos, e que non o cambiaron as concelleiras de Cultura, nin deste goberno municipal nin doutros, e non sabe de onde ven. Pregúntalle ao Sr. González Dopazo se non será el quen teña un interese en que se cambie para alguén, porque as cousas formúlanse doutra maneira, non acusando, porque este sistema lévase facendo moitos anos. Di que o Sr. González Dopazo pode ter outro criterio e, por suposto, ser bo e dicilo, pero sen ofender, porque xa fartan eses comentarios, e non consisten que o faga, nin con ela, nin cos que estiveron detrás.

A Sra. Santiago Suárez dille á Sra. de Pazo que ninguén díxolle algo tan terrible, simplemente dixéronlle que as cousas parece que non se fan ben, e vólvelle a repetir que ao

Page 32: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

grupo Socialista os botaron do goberno municipal porque o facían moi mal, e agora será o PP quen ten que aprender, e se danlle unha boa idea poden intentar facela. Di que podía dar opcións, pero non as vai a dar porque, tampouco, as van a aceptar, de feito, a compañeira do BNG acaba de dar algunhas que se poden facer, e, xa que non van a facer o pavillón, o diñeiro que non van a gastar o poden investir nunha nova Biblioteca. Di que só fai falta entrar na Biblioteca para ver como está, ou falar coas poucas traballadoras que ten, que, como unha caia de baixa, teñen miles de problemas, e os teñen dende fai moitos anos, pero o PP dixo que o ían a arranxar todo, pero as cousas van a peor, porque, van pasando os anos, as cousas se van modernizando, van entrando na era dixital en todos os sitios menos aquí, que seguen en 1972.

A Sra. Pesqueira Pérez dille á Sra. de Pazo que as iniciativas que presentan, o PP as desbota. Respecto a que atende as queixa, dille que é a súa obriga, non é nada extraordinario, e se a súa compañeira da Marea, infórmalle e recoñece esas eivas, entón é que as hai, logo non pode presentar esa visión idílica e marabillosa da Biblioteca. Respecto ao Padroado, dille que o que argumentaba o PP o vai ler textualmente, “suprimiron o Padroado de Cultura alegando unha estrutura burocrática que entorpecía o bo funcionamento”, pero todo segue igual de mal, polo tanto, aí non estaba a eiva. Para aclarar o que dixo o seu compañeiro, o Sr. González Dopazo, vai ler a súa intervención “pero o feito de que se produza ano, tras ano, a compra de xornais á mesma librería incumpre un dos requisitos do contrato menor, a duración, pois esta non debería ser superior a un ano. En Marín, por certo, hai máis dunha librería”. Sabe que todo o que falan consta en acta, por iso non vai a pedir que conste, porque xa consta de por si. Dille, a Sra. de Pazo, que tampouco lle parece adecuado que lle contestara ao seu compañeiro dicíndolle “que el tiña intereses, tamén”, xa que se esixe, tan vehemente, ese respecto, dea unha lección de elegancia, se pensa que o seu compañeiro non a tivo. Engade que, ademais, entendeu unha cousa que el non dixo. Insiste, despois de dous anos, na petición de que se lles pase, por escrito, a relación das actividades organizadas, directamente, dende a Biblioteca, porque coa xente coa que fala, moitos deles son usuarios da Biblioteca, non comparten esa visión de dinamismo da Biblioteca. Remata dicíndolle á Sra. de Pazo que a ela tamén gustaríalle que lle pasara as súas gafas, para vivir un pouco máis feliz.

A Sra. Santos Omil di que é unha mágoa que todos os que están aquí estean de acordo na necesidade de dotar de máis espazo á Biblioteca e que Marín teña que seguir contando coas instalacións dunha Biblioteca de hai 40 anos. Engade que o problema, clarisimamente, é a falta de vontade política do goberno municipal.

* Seguidamente, sométese a votación ordinaria a moción do grupo municipal do BNG-AA sobre a situación da Biblioteca Municipal “Raimundo Vidal Pazos - (Expte.: 99/17), que resulta rexeitada, ao obter dez (10) votos a favor, dos/as concelleiros/as dos grupos municipais do PSdeG-PSOE (4), do BNG-AA (3) e Marea Veciñal de Marín-SON (3), e once (11) votos en contra, dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PP.

11.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CULTURA, FESTAS E DINAMIZACIÓN EN RELACIÓN COA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA PARA DECLARAR O 24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - (EXPTE.: 100/17).

Sra. secretaria da lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, Festas e Dinamización, emitido na súa sesión ordinaria de 2 de marzo de 2017, en relación co asunto que se sinala no epígrafe.

A Sra. Santos Omil manifesta que o BNG recolle a iniciativa da Asociación de Escritoras/escritores en Lingua Galega, para trasladala ao Pleno municipal, na que se propón declarar institucionalmente o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Dita asociación ven promovendo, dende o ano 2010, esta conmemoración na que se celebra o aniversario do seu nacemento con diversos actos e celebracións que están sendo aceptados e ben acollidos pola cidadanía. As súas accións céntranse, especialmente, nos centros educativos, xunto coa colaboración de asociacións culturais interesadas en participar en actos que serven para o coñecemento e divulgación da obra rosaliana. Dende o ano 2011, a Asociación de escritores/escritoras en lingua galega ven solicitando aos concellos a declaración institucional do Día de Rosalía e que se

Page 33: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

inclúa esa celebración nas programación culturais anuais, como xa fixeron uns 33 concellos, a Deputación da Coruña e a Deputación de Lugo. Por todo isto o BNG recolle a proposta para solicitar ao Pleno municipal de Marín declarar o 24 de febreiro, “Día de Rosalía” no noso Concello, e realizar actividades que impliquen á cidadanía, a asociacións culturais e centros escolares.

A Sra. de Pazo Allariz indica que o grupo do PP vai a votar a favor desta moción, porque dende este Concello, non só neste mandato, senón no anterior, sempre fixéronse actividades nos centros educativos para homenaxear, non só ese día, a nosa máis insigne escritora, Rosalía de Castro, e, polo tanto, é xa como institucionalizalo. Sinala que este ano realizáronse máis actividades porque coincidiu en venres e préstase máis para facer un concerto que outro día da semana. Di que a Asociación de Escritores en Lingua Galega, que propón esta moción, é coñecedora das actividades que se desenvolven, porque, moitas veces, a chaman, preguntan e buscan ideas. Engade que é un traballo de sinerxía.

O Sr. Pastoriza Pazos di que a idea que leva a cabo a Asociación de Escritores/escritoras de Lingua Galega trata de reproducir, dalgún modo, o éxito masivo da festa de San Jordi, que se celebra o 23 de abril en Cataluña, entón quérese facer algo similar. O 24 de febreiro de 2017, cumpríronse 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa e universal da lingua e da literatura galega, que iniciou un proceso de recuperación do galego, que fora excluído ao desaparecer dos usos escritos e orais, co obxectivo de devolverlle a dignidade, coa publicación do seu libro “Cantares galegos”, o primeiro escrito integramente en galego, que sinala o comenzo, de feito, da restauración dos escritos en galego, ante o final do século de esquecemento. Di que pode entenderse como lóxica esta moción, a petición de declarar o 24 de febreiro o “Día de Rosalía de Castro” no noso Concello, e o resto dos puntos de acordo, como comentou a concelleira delegada, xa se veñen facendo cousas, pero os actos dos colexios, non os fai o Concello, aínda que si que se van dando pasos. Engade que está totalmente de acordo con esta moción.

A Sra. Pesqueira Pérez manifesta que Marea Veciñal de Marín-SON vai a votar a favor desta moción, como non podía ser doutra maneira, de feito presentaron no rexistro do Concello un escrito, sobre este mesmo tema, dirixido á Concellería de Cultura, pero non tivo ningún tipo de comunicación, nin de resposta. Engade que o presentaron por rexistro porque parecíalle a mellor maneira para que a concelleira puidera recoller esta moción, que foi suxerida por un veciño, aos grupos políticos, e que é unha proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Di que non está de máis que se presente vía moción, porque referenda, dunha maneira máis potente, que para o vindeiro ano se realicen eses actos a nosa poeta nacional. Engade que para ela é unha satisfacción que se aprobe este día tan sinalado, como é o 8 de marzo, pois na vertente feminista de Rosalía, é moi significativo.

A Sra. Santos Omil agradece o apoio a esta iniciativa e que Marín pase a formar parte da lista de concellos que declaran institucionalmente o “Día de Rosalía”.

A Sra. do Pazo Allaríz aclara que hai actos que os fan os colexios, outros os fan os equipos de normalización lingüística que son moi dinamizadores, e tamén hai actos que promove o Concello, coa colaboración dos colexios, pero non todos os actos que se fan son realizados polos centros educativos. Dille ao Sr. Pastoriza que non se pode ser tan dogmático. Sobre o escrito que presentou Marea Veciñal de Marín, di que se deu conta, na Comisión de Cultura, ao Sr. Franco Outón. Engade que gustaríalle, xa que vai a institucionalizar ese día, que todos os que votan aquí e que están tan orgulloso, o próximo ano, o 24 de febreiro, asistan aos actos e que estean celebrándoo todos, non só algúns.

O Sr. Pastoriza Pazos manifesta que non intentou ser dogmático, simplemente tiña coñecemento de que algunhas das actividades as realizaban os colexios, por conta propia. En todo caso o importante non é quen as realiza, senón que as actividades saian adiante.

A Sra. Pesqueira Pérez di que a Sra. de Pazo Allaríz volve a pecar de “valentía” ao pedir asistencia para os seus actos, cando moitas xa levan celebrando a Rosalía moitos máis de dous anos. Dille que, por suposto, se non ten traballo, alí estará, pídelle que asista, tamén, a outros actos e responda aos mails que lle mandan as asociacións por certo tipo de actuacións. Engade

Page 34: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

que calquera dos seus compañeiros están concienciados, dende fai bastante tempo, neste tema.

* A continuación, sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Cultura, Festas e Dinamización en relación coa moción do grupo municipal do BNG-AA para declarar o 24 de febreiro “Día de Rosalía de Castro” - Expte.: 100/17) que é aprobado por unanimidade dos/as 21 concelleiros/as que integran a Corporación municipal, adoptándose o seguinte acordo, que literalmente e na súa parte dispositiva di:

1. Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso Concello2. Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción de obra da nosa

escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso Concello o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellería de Cultura no seu Calendario do Libro e da Lectura.

3. Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do Concello na que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL DO PLENO:

12.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DAS RESOLUCIÓNS DITADAS NO MES DE FEBREIRO DE 2017.

A Sra. secretaria da conta das Resolucións da Alcaldía ditadas durante o mes de febreiro de 2017, que van do número 190 ao 360, así como a resolución do 31 de xaneiro de 2017, número 189.

O Pleno queda sabedor.

13.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA CONTRARIAS AOS REPAROS DO MES DE FEBREIRO DE 2017.

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento do establecido no art. 218 do Texto refundido da Lei de Facendas Locais, na redacción dada por la Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, elévase ao Pleno da Corporación a información sobre as resolucións de Alcaldía contrarias aos reparos formulados no mes de febreiro de 2017, polos motivos de discrepancia que figuran en ditas resolucións.

O Pleno queda sabedor.

14.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME DE INTERVENCIÓN DE AVALIACIÓN DO PLAN DE AXUSTE 4º TRIMESTRE DE 2016.

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento do disposto no artigo 10 do Real Decreto-Lei 7/2012, de 9 de marzo, polo que se crea o Fondo para o financiamento dos pagos a provedores, dáse conta ao Pleno da Corporación do informe sobre a execución do Plan de axuste correspondente ao 4º trimestre de 2016.

O Pleno queda sabedor.

15.- POSTA EN COÑECEMENTO DO PLENO DA CORPORACIÓN DO INFORME TRIMESTRAL SOBRE O CUMPRIMENTO DOS PRAZOS PREVISTOS NA LEI 15/2010, DE 5 DE XULLO, DE MODIFICACIÓN DA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS - 4º TRIMESTRE DO 2016.

A Sra. secretaria informa que, en cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, dáse conta ao Pleno da Corporación da información trimestral sobre cumprimento dos prazos previstos na Lei 15/2010, referido ao 4º trimestre de 2016.

Page 35: ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO … · o 18 de xaneiro de 2017 e o 8 de febreiro de 2017, e non formulándose observacións ás ... Sra. secretaria da lectura ao

O pleno queda sabedor.MOCIÓN DE URXENCIA “IN VOCE” PRESENTADA POLA CONCELLEIRA DO

GRUPO MUNICIPAL DO BNG-AA SRA. BLANCO LÓPEZ, EN RELACIÓN A QUE OS GRUPOS DA OPOSICIÓN, NALGÚNS PLENOS, NON PODEN FACER ROGOS E PREGUNTAS.

Xustifica a urxencia en que, reiteradamente, en varios plenos, os grupos da oposición non teñen oportunidade de facer rogos e preguntas, tal e como ven na orde do día, e a moción ten que ver con iso.

* A continuación, sométese a votación o tratamento desta moción por vía de urxencia, que obtén dez (10) votos a favor, das/os concelleiras/os do grupos municipais de Marea Veciñal de Marín-SON (3), do PSdeG-PSOE (4) e BNG-AA(3), e once (11) votos en contra, dos/as concelleiros/as do grupo municipal do PP, en consecuencia non se declara a urxencia da moción.

A Sra. Alcaldesa da por rematada a sesión, as vinte e tres e cincuenta e tres minutos do día sinalado no encabezado desta acta, do que, como secretaria, dou fe.

A ALCALDESA-PRESIDENTE

Asdo.: María Ramallo Vázquez

A SECRETARIA

Asdo.: Paula Costas Romero