Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 37 - 2.ª quiNceNa de marzo de 2013 E ste mes entrevista- mos a Helena Gómez Vecino, presidenta de CONFAPA-Galicia desde me- diados do ano pasado. Na conversa con ela debulla- mos as principais cues- tións de actualidade do ámbito educativo. Así, va- loramos con ela os catro primeiros anos de Jesús Vázquez como conselleiro, os recortes na educación pública ou o proxecto da Lei de mellora da calidade educativa (LOMCE). / PÁX. 8 Acordos no comercio de alimentación n Chegouse a un acordo na provincia de Pontevedra, que suspendeu a folga, e tamén a outro na Coruña SUMARIO 5 6 6 6 6 6 7 7 7 En Ferrol e Vigo esixen solucións para o sector naval Tragsa prescindiu de 200 persoas en Galicia, pero pagou por obxectivos Acordo para frear o ERE de Ence Acto de homenaxe e lembranza ao brigadista Higinio Vivas, falecido hai un ano no incendio de Castrelo do Val O comité de Alstom reuniuse co conselleiro de Industria Continúan as mobilizacións nos portos Milleiros de persoas participaron en Pontevedra nunha manifestación en defensa da sanidade pública Represión sindical en Maderas del Noroeste Piden desbloquear o convenio do téxtil-confección A Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comi- sións Obreiras de Galicia lo- grou que se chegase a acordos no sector do comercio de ali- mentación das provincia de Pontevedra e da Coruña. No primeiro dos casos, Comi- sións Obreiras, UGT e CIG che- garon a convocar unha folga de longa duración, entre os días 25 e 30 de marzo. A decisión fora adoptada pola maioría do per- soal do sector, e producíase como resposta á actitude da pa- tronal, que pretendía recortar dereitos e empeorar as condi- cións laborais. O empresariado tomou boa nota do seguimento masivo que tivo a primeira xornada de folga, e na madrugada da segunda xornada asinouse o devandito preacordo. Tanto para Pontevedra como para A Coruña, os novos conve- nios terán unha duración de catro anos e incluirán subas sa- lariais a partir de 2013, entre ou- tras conquistas. / PÁX. 4

Transcript of Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª...

Page 1: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 37 - 2.ª quiNceNa de marzo de 2013

Este mes entrevista-mos a Helena GómezVecino, presidenta de

CONFAPA-Galicia desde me-diados do ano pasado. Naconversa con ela debulla-mos as principais cues-

tións de actualidade doámbito educativo. Así, va-

loramos con ela os catroprimeiros anos de JesúsVázquez como conselleiro,os recortes na educaciónpública ou o proxecto daLei de mellora da calidadeeducativa (LOMCE). / PÁX. 8

Acordos no comercio dealimentaciónn Chegouse a un acordo na provincia de Pontevedra, que suspendeu a folga, e tamén a outro na Coruña

SUMARIO5

66

666

777

En Ferrol e Vigo esixen solucións para o sector navalTragsa prescindiu de 200 persoas en Galicia, pero pagou por

obxectivosAcordo para frear o ERE de EnceActo de homenaxe e lembranza ao brigadista Higinio Vivas,

falecido hai un ano no incendio de Castrelo do ValO comité de Alstom reuniuse co conselleiro de IndustriaContinúan as mobilizacións nos portosMilleiros de persoas participaron en Pontevedra nunha

manifestación en defensa da sanidade públicaRepresión sindical en Maderas del NoroestePiden desbloquear o convenio do téxtil-confección

A Federación de Comercio,Hostalaría e Turismo de Comi-sións Obreiras de Galicia lo-grou que se chegase a acordosno sector do comercio de ali-mentación das provincia dePontevedra e da Coruña.No primeiro dos casos, Comi-

sións Obreiras, UGT e CIG che-garon a convocar unha folga delonga duración, entre os días 25e 30 de marzo. A decisión foraadoptada pola maioría do per-soal do sector, e producíasecomo resposta á actitude da pa-

tronal, que pretendía recortardereitos e empeorar as condi-cións laborais.O empresariado tomou boa

nota do seguimento masivo quetivo a primeira xornada de folga,e na madrugada da segundaxornada asinouse o devanditopreacordo.Tanto para Pontevedra como

para A Coruña, os novos conve-nios terán unha duración decatro anos e incluirán subas sa-lariais a partir de 2013, entre ou-tras conquistas. / PÁX. 4

Page 2: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

GaLicia SiNdicaL Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Non lles abonda conempurrarnos a pade-cer os peores efectos

da crise –engordados coassúas receitas de recortes nosservizos públicos– nin consituar a cidadanía galega nospeores niveis de desem-prego e risco de exclusiónsocial que se lembran.

Viviamos por riba... de que?Non se cansan de nos re-

prochar que viviramos «porriba das nosas posibilida-des», e fano con especialsorna con quen viu mingua-dos os seus dereitos labo-rais e o seu salario, conquen perdeu o emprego emesmo con quen padeceu odesafiuzamento da casa pornon a poder pagar ou por seatrasar no pagamento.

BárcenasNon todos padecemos por

igual os efectos da crise.Curiosamente, o PP podepagar un soldo de 20.000euros mensuais «en dife-rido» ao seu ex-tesoureiro,

despedido hai tres anos; eeste pode demandalos por«despedimento improceden-te e por acoso laboral» emais reclamarlles unha in-demnización de 900.000euros. Todo isto adubadocunha presunta trama de fi-nanciamento ilegal do PP,pola que os seus dirixentescobraban cuantiosos sobre-soldos de empresas «agra-decidas».

ConfianzaE dime con quen vas… Se

en 1995 o viceconselleirode Sanidade tiña amizadecun recoñecido e conde-nado contrabandista e nar-cotraficante, que o convi-daba ao seu barco e a irena sitios «onde hai neve», en2013 o presidente da Xuntaha asumir que, por esa ami-zade, aínda que sexa pa-sada e «inxenua», non podeser digno da confianza dacidadanía galega. E, se non,que se pregunte a si mesmose confiaría en alguén conesas «amizades».

EDITORIAL

Merecemos algo mellor

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: B. Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Óscar Sánchez, Isabel Gómez, Isabel Castaño eBenxamín Vences (foto) / CONTACTO: [email protected] / PECHE DE EDICIÓN: 2/4/2013

SINDICATO NACIONAL DE CCOORúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8(Santiago de Compostela)981.551.800

A Coruña (sede comarcal)Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª981.145.197

Local sindical de CeeRúa Campo do Sacramento, 69981.746.930

Ferrol (sede comarcal)Rúa María, 42-44981.369.300

Local sindical das Pontes de G.ª R.Rúa da Capela, 2981.440.321

Santiago de Compostela (sede comarcal)Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre981.958.200

Local sindical de RibeiraRúa de Correos, n.º 5,baixo dereito981.872.413

Viveiro (sede comarcal)Rúa García Doriga, s/n982.561.001

Local sindical de BurelaRúa de Emilia Pardo Bazán, 5(Entrechán; Edificio Porches 2)982.585.732Local sindical de RibadeoAvda. de Galicia, s/n, 3.º982.130.506

Lugo (sede comarcal)Rolda da Muralla, 58982.231.975

Local sindical de Monforte de LemosRúa de Roberto Baamonde, s/n982.401.518

Ourense (sede comarcal)Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º988.391.727

Local sindical do Barco de ValdeorrasPraza de España, 2 - Baixo esquerdo988.322.034Local sindical de VerínAvda. de Portugal, 3-5988.410.641Local sindical de Xinzo de LimiaRúa Toural s/n988.462.510Local sindical do CarballiñoRúa de Martínez Avellanosa, 14 - 1.º988.275.360

Pontevedra (sede comarcal)Rúa Pasantería, 1-2.º986.866.276

Local sindical de LalínR/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán986.782.437

Vilagarcía de Arousa (sede comarcal)Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º986.502.000

Local sindical do GroveRúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq.986.732.618

Vigo (sede comarcal)As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)986.246.800

Local sindical da GuardaRúa Concepción Arenal, 44986.611.186Local sindical de PonteareasRúa Esperanza 13 entreplanta 36860 986.661.043Local sindical do PorriñoRúa Atarela, 2. Casa Sindical986.331.962

As dez estratexiasda manipulación

En este mundo traidor,nada es verdad, ni mentira,

todo es según el colordel cristal con que se mira.Ramón de Campoamor

As dez estratexias de ma-nipulación a través dosmedios, segundo Noam

Chomsky:1. Ocultar os problemas im-

portantes detrás de multitude deinformacións insignificantes.2. Crear problemas para que o

público demande solucións eacabe aceptando as medidas quese desexan aplicar.3. Unha medida inaceptable,

aplicada gradualmente, acaba porser aceptada.

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

4. Presentar esa medida comodolorosa e necesaria, pero queentrará en vigor no futuro.5. Dirixirse aos espectado-

res/lectores como se fosen cati-vos ou deficientes mentais.6. Inducir á emoción e non á

reflexión.7. Manter o público na igno-

rancia e na mediocridade.8. Fomentar a idea de que a

estupidez, a vulgaridade e a incul-tura están de moda.9. Facer que o individuo pense

que el é o culpable das súas des-grazas.10. Coñecer os individuos

mellor do que eles mesmos secoñecen.

Page 3: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

3

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 37 - marzo 2013 (2.ª quincena)

Os datos do paro de marzo son un«oasis no deserto do emprego»

O pasado 24 de marzo, oSindicato Nacional de CCOO deGalicia, UGT Galicia, CIG e aConfederación de Empresariosde Galicia asinaron unha revi-sión do Acordo interprofesional

galego sobre procedementosextraxudiciais de resolución deconflitos de traballo.Con esta sinatura, os axentes

sociais renovan a confianza noAcordo, asinado no ano 1992,

como instrumento útil para asolución dos conflitos colecti-vos laborais en Galicia baseadana negociación fronte á xudi-cialización máis lenta e concusto. Os case 800 expedientesiniciados, que afectaban a pretode 700.000 traballadores e tra-balladoras nos últimos vinteanos, reflicten un balance posi-tivo do AGA. O novo texto supón unha

adecuación aos cambios lexis-lativos producidos nos últimosanos e un recoñecemento queabre a porta á elaboración, du-rante a súa vixencia, dunhaproposta de procedementosextraxudiciais de solución deconflitos individuais.

A secretaria de Emprego deCCOO de Galicia, Maica Bouza,considera que os datos do parode marzo son «un oasis no de-serto do emprego».En Galicia, o paro baixou nos

servizos (1.570 persoas paradasmenos, o 0,91 %), a construción(206 persoas paradas e paradosmenos, o 0,43 %), e na industria(175 parados e paradas menos,un 0,43 %). Pola contra, segue asubir na agricultura (119 persoasparadas máis, un 1,25 %) e nocolectivo sen emprego anterior(196 parados e paradas máis, un

0,85 %). En comparación cosdatos de marzo de 2012, o des-emprego incrementouse nas ra-mas da agricultura (2.242 per-soas, o 30,26%), nos servizos(19.182 persoas, o 12,7%) e naconstrución (48 persoas, o 0,1%).En opinión de Bouza, os 1.636

parados e paradas menos que serexistaron en marzo en Galiciason consecuencia das contrata-cións estivais. Para a secretariade Emprego de CCOO, o au-mento da contratación temporale a concentración da baixa nosservizos anuncian a desaparición

Asinamentoda revisión do AgA

desas contratacións cando paraa estacionalidade.Por outra parte, o crecemento

do paro respecto do mesmo mesdo ano anterior «revela que a si-tuación de marzo é conxuntural»,polo que habería que agardar unmes, cando se publiquen os deabril, «para comprobar a reali-dade do desemprego».Por último, a secretaria de Em-

prego de CCOO insta a Xunta«apostar por Galicia», para o quedebe utilizar as súas competen-cias para desenvolver outras po-líticas e así reactivar a economía.

Acto do asinamento no Consello Galego de Relacións Laborais

n O novo texto supón unha adecuación aoscambios lexislativos producidos nos últimos anos

Xornadas decooperaciónXavier Dongil, de CCOO de Ga-

licia, interveu o 21 de marzo nunseminario sobre cooperacióntransfronteiriza na industria quetivo lugar en Valladolid. O sindi-calista galego falou como mem-bro do comité de pilotaxe dosconsellos sindicais interrexionais(CSIr), un órgano da Confedera-ción Europea de Sindicatos.Dongil avoga por desenvolver

o papel dos CSIr reforzando a co-operación transfronteiriza na ne-gociación colectiva, e lembra queo 37% da poboación europeavive en zonas de fronteira.

O AGA é un ins-trumento útilpara a resolu-ción dos confli-tos colectivoslaborais

Políticascaducas parafomentar anatalidadeUnha vez que o Consello da

Xunta aprobou o Plan de Dina-mización Demográfica 2013--2016, o Sindicato Nacional deCCOO lémbralle ao Goberno au-tonómico que a mellor maneirade fomentar a natalidade «é coacreación de emprego e o fo-mento da conciliación da vidapersoal, familiar e laboral».Esa mesma postura xa a de-

fendeu a responsable da Secre-taría da Muller de CCOO, MabelPérez, na comisión parlamentariacreada para tal efecto, en setem-bro de 2011. Para o sindicato,cómpre crear «máis e mellor em-prego», ademais de facilitar aconciliación e a «necesaria co-rresponsabilidade entre mullerese homes». Por esta razón, rexeitaas «políticas pronatalistas cadu-cas do século pasado, combina-das con retrocesos de dereitos naigualdade das mulleres» .

Page 4: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

GaLicia SiNdicaL Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

Acordos nos convenios docomercio de alimentación dePontevedra e da Coruñan No caso pontevedrés, o acordo púxolle fin a unha folga que iniciara cun apoio masivo

Na madrugada do pasado 26de marzo, as organizacións sin-dicais do sector do comercio dealimentación da provincia dePontevedra chegaron coa parteempresarial a un acordo na ne-gociación do convenio colectivo.Foi só unhas horas despois doremate da primeira das xornadasde folga, seguida masivamentepolos traballadores e traballado-ras do ámbito. Precisamente, aFederación de Comercio, Hosta-laría e Turismo de CCOO de Gali-cia destaca que o acordo nonsería posible sen a implicación dopersoal do sector. Cómpre lem-brar que a primeira e única xor-nada de folga tivo un seguimentodo 80%.

O acordo de PontevedraO acordo fixa a vixencia do

convenio entre os anos 2012 e

2015 e recolle a principal rei-vindicación dos sindicatos: in-cluír unha cláusula de ultra-actividade para garantir a con-tinuidade do convenio candoremate a súa vixencia mentresnon se asine o que o substitúa.Outra das demandas incluídasé un incremento salarial, que seproducirá a partir de 2013cunha suba do 0,25% e xa do1% para 2014 e 2015. Canto áantigüidade, limítase a un má-ximo de sete cuadrienios, cunhasuba do 6% cada un.No aspecto social, recupera-

ranse os días de vacacións nongozados en situacións de baixapor incapacidade temporal e re-

servarase o posto de traballopara as excedencias por coidadode fillos ou fillas e persoas de-pendentes. Finalmente, poderaseacumular a lactación en vinte díasnaturais.

Acordo na CoruñaNa provincia da Coruña, onde

CCOO ten a maioría sindical, oconvenio terá tamén unha dura-ción de catro anos, entre 2012e 2015, ben que un incrementosalarial maior respecto das tá-boas do ano 2011: do 0,75%para 2013 e do 1% nos dousrestantes. Canto á clasificaciónprofesional, implantarase a par-tir do 1 de xaneiro do 2014. No

que atinxe a desprazamentos etraslados, os primeiros quedanlimitados ás situacións en que adistancia entre dous centros detraballo sexa inferior aos 40 km,mentres que os traslados serána máis de 40 km. As horas ex-traordinarias bonificaranse un50%, mentres que as realizadasen datas festivas serano un100%. Por último, non se pode-rán realizar contratos de forma-ción para cubrir vacantes dedespedimentos obxectivos nintampouco para o persoal docuarto grupo do convenio co-lectivo.O texto definitivo e articulado

asinarase o vindeiro 8 de abril.

A folga do comercio de alimentación na provincia de Pontevedra comezou cun seguimento masivo

Tanto na Coruñacomo en Ponte-vedra, os conve-nios duraráncatro anos e re-collen incre-mentos salariaisa partir do 2013,ademais de pro-texer varios as-pectos sociais

Page 5: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

5

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 37 - marzo 2013 (2.ª quincena)

O naval de Ferrol denuncia a«morte» do sectorn Máis de 3.000 persoas participaron o 21 de marzo nunha manifestación en defensa de Navantia

Máis de 3.000 persoas parti-ciparon o 21 de marzo na mani-festación convocada para apoiaros estaleiros públicos con queconta Navantia na ría ferrolá econcentráronse diante da dele-gación da Axencia Tributaria.Cortaron as entradas e saídasda cidade para protestar polaausencia de carga de traballo,contra os despedimentos epolos cambios organizativos naempresa.CCOO denuncia que no mo-

mento actual, sen carga de tra-ballo, a dirección de Navantiapretende modificar o modelo derelacións laborais, un modelo«que nos serviu durante moitotempo e que nos permitiu cum-prir prazos de entrega e calidadede produto». Instaron os diri-xentes a dedicarse ao impor-tante: buscar carga de traballo.A concentración diante da

Axencia Tributaria debeuse ásdeclaracións do ministro de Fa-cenda, Cristóbal Montoro, quenasegurou que Ferrol estaba atraballar «a plena capacidade».

Como sinal de protesta, traba-lladores e traballadoras conmáscaras do ministro, de Cos-pedal e Feijóo, cortaron unhachapa metálica na que se podíaler «flotel xa». Con esta acción,chea de simbolismo, denuncia-

ron tamén que se trataba doúnico corte de chapa que sefacía neses momentos en todaa ría.Segundo Ignacio Naveiras, de-

legado de CCOO, os cadros depersoal están moi molestos polas

últimas declaracións efectuadaspolo presidente de Navantia, JoséManuel Revuelta, nas que res-ponsabiliza os traballadores dacrise que están a sufrir, e advertiude que se o que pretende a em-presa é un novo axuste, «aquí es-taremos».

Procesión paródicaUnha semana despois, opera-

rios do sector realizaron en Ferrolunha procesión para insistir nosproblemas de Navantia. IgnacioNaveiras explicou que a parodiapretendía amosar que o persoal«non leva unha semana de pai-xón, senón dous anos, nos quealertaron con protestas de que seesgotaba a carga de traballo. Na-vantia Ferrol e Fene finalizará enoutubro o único barco que ten enconstrución: o segundo megabu-que para Australia».Para o responsable sindical,

«parece que os nosos dirixentesestán a esperar un milagre, e istosoluciónase con determinación,apoio político, acción comercial eapoio institucional».

CCOO, UGT e CIG anunciarono 21 de marzo en Vigo unhacampaña de mobilizacións e de«concienciación social» en de-fensa do sector naval da co-marca. A primeira acción foiunha manifestación simbólica naque participaron medio cento detraballadores e que rematoudiante da delegación territorial daXunta de Galicia.

Instan o Goberno autonómicoa que conxuntamente co estatal,dea «solucións», e reprochoullesaos dirixentes galegos e do Es-tado que se escondan tras os«supostos contratos» coa petro-leira mexicana Pemex.Os sindicatos tamén critican a

actuación das empresas do sec-tor, comparando a preocupaciónda que facían gala o ano pasado

coa situación actual, «na que ninse queren reunir nin fan pro-postas».Cómpre lembrar que CCOO,

UGT e CIG solicitaron a comezosde marzo unha reunión coa pa-tronal do sector para analizar asituación. Porén, foron remitidosa unha xuntanza co presidente eo xerente de Aclunaga, oferta querexeitaron porque entenden que

non representa o naval da ría deVigo. O presidente do comité deempresa de Vulcano, ‘Sesé’ Fer-nández, de CCOO, sostén que osempresarios son «tan responsa-bles» da situación como as Ad-ministracións, especialmente po-lo seu «silencio» ante os proble-mas de aplicación do sistema debonificacións fiscais e as dificul-tades de atopar financiamento.

O naval de Vigo inicia unha campaña de mobilizaciónse de «concienciación social»

O persoal de Navantia continúa coas mobilizacións

Page 6: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

GaLicia SiNdicaL Número 37 - marzo 2013 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Tragsa prescindiu de 200 persoas enGalicia, pero pagou por obxectivosCCOO denuncia que o Grupo

Tragsa prescindiu no último anode case 200 traballadores e tra-balladores en Galicia, un 19 %, aotempo que se nomean novos di-rectivos e se pagan complemen-tos por obxectivos.As seccións sindicais de CCOO

no grupo explican que a direcciónda empresa procedeu hai unsdías ao pagamento da chamadadirección por obxectivos, queperciben algúns traballadores porlograr obxectivos por produción,marxe directa, carteira de pedi-dos ou produción pendente de

facturar. A situación «é aíndamáis grave» se se ten en contaque co nomeamento de novosdirectivos se está a incrementaro organigrama da empresa, aotempo que o persoal de Tragsa ede Tragsatec viu reducido o sala-rio pola aplicación do Real de-creto 20/2012. Isto provocou queCCOO interpuxera as correspon-dentes demandas de conflito co-lectivo contra unha medida queconsidera «ilegal».Grazas a esta redución salarial,

o Grupo Tragsa puido pechar o2012 con beneficios, pero as pre-

O comité de empresa daConsellaría do Medio Rural edo Mar de Ourense convocouo pasado 26 de marzo, nabase de helicópteros de Vila-maior (Verín), un acto de lem-branza e homenaxe ao briga-dista Higinio Vivas. Este ope-rario falecera un ano antes noincendio que asolou a locali-dade de Castrelo do Val.

Lembranza ao brigadistaHiginio Vivas

O 27 de marzo, o comité deempresa de Alstom Wind Gali-cia reuniuse na Consellaría deIndustria, en Santiago de Com-postela, co alcalde das Somo-zas, Manuel Candocia, e coconselleiro de Economía e In-dustria, Francisco Conde. Ex-puxéronlle ao conselleiro a rees-truturación formulada pola em-presa, que inclúe o peche da

planta que posúe no concellodas Somozas, e trasladáronlleas razóns polas que consideranque a factoría debe continuar.Pola súa banda, o conselleiro

explicou que, aínda que é difícilmodificar os plans dunha em-presa multinacional, porá os«medios posibles» para axudara que continúe a actividade nasSomozas.

Reunión do comité de Alstomco conselleiro de industria

Tras as da Coruña e Marín, o21 de marzo houbo mobiliza-cións nos portos de Ferrol e Vila-garcía de Arousa, antesala da queterá lugar o próximo 4 de abril enVigo. Con estas mobilizacións, ossindicatos esixiranlle ao Ministe-rio de Fomento que aplique oacordo asinado entre Portos doEstado e CCOO, UGT e CIG o pa-sado mes de xuño.

Mobilizacións nos portos deFerrol e Vilagarcía de Arousa

A dirección de Ence e os sin-dicatos chegaron a un principiode acordo polo que a empresase compromete a retirar o ex-pediente de regulación de em-prego (ERE). Simultaneamente,as organizacións sindicais des-convocaron a folga.As dúas partes comprometé-

ronse por escrito a fixar unprazo de dous meses para dia-

logar sen presións sobre aexistencia ou non de exceden-tes de persoal e, se fose ocaso, pactar as condicións desaída.De existir acordo entre as

partes, constituirase unha co-misión negociadora con repre-sentación de todos os centroscon que conta Ence no Estadoespañol.

Principio de acordo parafrear o ERE de Ence

visións para o 2013 é de perdasde varios millóns de euros. Parasalvar a situación, a empresa«quere aplicar medidas de flexi-bilidade interna e, se é necesario,de flexibilidade externa», o quesuporía máis perda de postos detraballo en Galicia e no conxuntoda empresa.CCOO non aceptará que se

pretendan aplicar medidas trau-máticas ao tempo que se aboanincentivos por obxectivos, que entodo caso se pagan á custa da di-minución do poder adquisitivo dopersoal do Grupo Tragsa.

CCOO non acep-tará despedi-mentos mentresse paguen estescomplementos,logrados á custado poder adqui-sitivo do persoal

Page 7: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

7

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLNúmero 37 - marzo 2013 (2.ª quincena)

Represiónsindical enMaderas delNoroesteA Federación de Construción,

Madeira e Afíns de CCOO de-nuncia que a «represión sindi-cal» que practica a dirección deMaderas del Noroeste, na co-marca de Ferrol.No que vai de 2013, a em-

presa alegou causas obxectivasde tipo económico e produtivonos oito despedimentos indivi-duais que se realizaron, mesmo«agardando o tempo necesario»para evitar que se poida falar dedespedimento colectivo. Contodo, CCOO fai notar que o ca-dro de persoal pasou, nun ano,dun cento de persoas a case se-senta. O sindicato tamén denun-cia a empresa non aceptoureunirse co comité, nin tam-pouco a darlle información.CCOO destaca que entre as

persoas despedidas está unhatraballadora que só un día antessolicitara redución de xornadapara coidar dun fillo menor deoito anos cunha minusvalía do57%. Outra das persoas despe-didas é Francisco Fabeiro, quefoi delegado de CCOO, que xafora despedido pola empresa en2009, pero a xustiza condenaraa empresa a readmitilo.

Pontevedra, coasanidade públican So o lema «a sanidade non se vende, deféndese»

Milleiros de persoas desafia-ron a choiva e participaron o 21de marzo na manifestación endefensa da sanidade públicaque ateigou varias rúas de Pon-tevedra.Convocadas pola Plataforma

SOS Sanidade Pública, da queforma parte Comisións Obrei-ras, a cidadanía pontevedresaclamou consignas contras osrecortes e a privatización desdea céntrica praza da Ferrería ataa Subdelegación do Goberno.Ademais da situación xeral de

Galicia, as persoas que se su-

maron á manifestación taménlembraron os problemas espe-cíficos de Pontevedra e a súacomarca. O voceiro da plata-forma, Manuel Martín, advirtede que «non está previsto cons-truír» o hospital de Monte Ca-rrasco anunciado pola Xunta,polo que a bisbarra quedará ex-posta a padecer un «déficit hos-pitalario inaceptable». Canto aoactual complexo hospitalario,atópase «fraccionado en dous»,ao que cómpre sumar ausenciade recursos e as «insoporta-bles» listas de espera.

A de Pontevedra foi a terceiramanifestación convocada porSOS Sanidade Pública enmarzo, tras encher as rúas deMonforte de Lemos e Vigo osdías 14 e 16, respectivamente.

Antes de Pontevedra, SOS Sanidade Pública xa enchera as rúas de Monforte de Lemos e Vigo

Pontevedra ex-ponse a sofrerun déficit hospi-talario

CCOO gaña as eleccións noHostal dos Reis CatólicosCCOO gañou as eleccións

sindicais do Hostal dos ReisCatólicos, en Santiago de Com-postela, que pertence á rede deParadores do Estado. CCOOpasa a ser o primeiro sindicato,con catro membros no comité.A CUT pasou de seis a tres re-

presentantes, mentres que UGTe CIG só obtiveron un. CCOOagradécelles aos traballadorese traballadoras do hostal a con-fianza depositada na candida-tura de Comisións, que validao papel do sindicato no conflitodos paradores públicos.

Desbloquear o conveniode téxtil-confecciónCCOO organizou o 20 de mar-

zo unha concentración na Co-ruña, diante das oficinas da Con-federación de Empresarios deGalicia, para esixir o desbloqueodo convenio de téxtil-confección.CCOO denuncia que a patronaldo téxtil está a deixar pasar o

tempo para que o convenio perdaa vixencia, polo que a partir dexuño poderían aplicar a reformalaboral. Isto provocaría que opersoal se pase a rexer unica-mente polo estatuto dos traballa-dores, co que empeorarían assúas condicións.

Page 8: Acordos no comercio de alimentación · A Coruña (sede comarcal) Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª 981.145.197 Local sindical de Cee Rúa Campo do Sacramento, 69 981.746.930 Ferrol

Número 37 - 2.ª quiNceNa de marzo de 2013

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Falaba hai dúas semanassobre a importancia de«ser boa persoa», un con-

cepto que máis ben deberíaser un precepto. Acompa-ñaba as miñas reflexións dal-gúns exemplos, tirados doámbito empresarial, nos queo de «ser boa persoa» bri-llaba pola súa ausencia. Per-doen que me repita, peroapós ter coñecemento duncaso que se comenta nestapublicación, non puiden re-sistir a tentación a volver ácarga.No ano 2009, a empresa

Maderas del Noroeste des-pediu a Francisco Fabeiro,delegado de CCOO. A direc-ción apoiou a decisión encuestións do máis pere-grino. Tan pouco xeito tiñanque a xustiza non tivo nin-gunha dúbida: despedimentonulo e obriga de readmitir oafectado no seu posto de tra-ballo.Os delegados e delegadas

non poden ser obxecto dedespedimento ata pasado unano de cesaren nas súasfuncións de representación.Non se sabe se por disimularou porque cadrou así, pero apenas tres meses despois definalizar ese período de ga-rantías, a dirección de Made-ras del Noroeste comuni-coulle a Fabeiro que, outravolta, estaba despedido.A Federación da Constru-

ción, Madeira e Afíns de CCOOdenuncia que se trata duncaso de represión sindical, decastigo a unha persoa que sesignificou na defensa dos de-reitos dos seus compañeirose compañeiras.Á falta dun Manual para ser

boa persoa, hai quen poderíaescribir un funesto Manual dobo represor.

Perdoen que merepita

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

«A Constitución garante o dereito áeducación, que non pode ser un negocio»

Como ve CONFAPA os sucesi-vos recortes no ensino público?Con moita preocupación. Em-

pezaron hai anos no que se refireao profesorado e ao aumento daratio de alumnos por aula, maisnestes momentos o ensino pú-blico está a sufrir algo máis querecortes: pensemos na reducióndo transporte, na última decisiónsobre comedores escolares...Faise para beneficiar a educa-ción privada?É un feito a aposta do Goberno

do PP polas empresas privadasde educación. Os concertos soncada vez maiores e iso vai en de-trimento da escola pública. As fa-milias non temos por que mantercos nosos impostos empresasde educación que segregan porsexo nin colexios relixiosos. AConstitución garante o dereito áeducación, pero debe ser unhaeducación de todos e para todos.E unha educación laica.Que representa a LOMCE para

o ensino público?Só en Galicia, recollemos máis

de doce mil sinaturas contra o

anteproxecto. Enviámosllas áCEAPA, que llas fará chegar aoMinisterio. Cremos nunha educa-ción inclusiva, por motivos dexustiza. A lóxica da LOMCE é que,como hai diversos talentos, debehaber distintas traxectorias e unsistema que canalice os estudan-tes nas distintas traxectorias se-gundo os seus talentos. Esteanteproxecto está a falarnos doRH do talento, pero a intelixenciatamén se adquire e aprende, noné algo estático, e se non axuda-mos a desenvolvela, cada vez oalumno terá menor capacidadede aprendizaxe. A educación in-fantil é determinante canto á ad-quisición de competencias, e nonatopamos nin unha soa mención.A nova lei aparece, suposta-

mente, para mellorar e evitar oabandono escolar, pero taménmoitas veces o sistema escolar équen abandona os rapaces e ra-pazas. A segregación cara aunha formación profesional bá-sica (FPB) parécenos un clarí-símo exemplo.Sobre a relixión, apostamos

por unha educación laica. Wertnon se reúne coa comunidadeeducativa, pero si coa Conferen-cia Episcopal, e introduce valoressociais en primaria e valores éti-cos e culturais en secundaria,cando no primeiro borrador xaeliminara a ética de 4.º de ESO, eelimina educación para a cidada-nía e os dereitos humanos.As ANPA e as familias deben

participar nos consellos escola-res, pero xa desde o comezo daelaboración do texto. Cremos fir-memente que debe haber undeate social e público e un pactosocial educativo.Que valoración fan dos catro

anos de Jesús Vázquez comoconselleiro de Educación?Moi negativa. O PP non cre

nunha educación pública e está apoñer os medios para privatizar efavorecer os centros concertados.Subxace a idea de fomentar na ci-dadanía o concepto de «excelen-cia igual a pagar», cando todossabemos que o ensino públicoconta cos mellores docentes.CONFAPA forma parte da Pla-

taforma en Defensa do EnsinoPúblico e da Alianza Social Ga-lega. Hai relación entre a de-fensa do ensino público e unhasaída xusta á crise?Esa crise, da que non somos

culpables, non pode converternosen vítimas. A crise non pode nindebe ser desculpa para os ata-ques e os recortes na educaciónpública. Estase a perder unha xe-ración, e esta xeración actual tanben preparada está marchando,sen posibilidade de retorno.Por outro lado, quero sinalar

que as familias que levan aosseus fillos e fillas á escola concer-tada, no momento en que teñenque pagar, pasan aos IES. Comonon imos defender o ensino pú-blico por riba de todo e esixir aretirada dos concertos?

DANDO A CARA · con Helena Gómez, presidenta de CONFAPA-Galicia

Presidenta de CONFAPA-Galicia desde mediados do 2012,Helena Gómez Vecino comezou a súa andaina como docentenun centro privado xa desaparecido, o Colexio Videlba deMontrove (Oleiros), onde foi delegada sindical de CCOO a partirde 1991. En 1995 pasou ao ensino público e ensinou Filosofíaen moitos centros da provincia da Coruña. Xa no 2004, iniciouseno movemento asociativo de pais e nais.