Achegamento ao tema

36
ACHEGAMENTO AO TEMA Un ferreiro primitivo O ferro necesitou moito máis tempo para ser fundido co cobre e o bronce (Idade dos Metais). Non se conseguiu no vello continente de Europa ata o ano setecentos antes de Cristo, mentres en China facíase dende tempos ancestrais.

Transcript of Achegamento ao tema

Page 1: Achegamento ao tema

ACHEGAMENTO AO TEMA

Un ferreiro primitivo

O ferro necesitou moito máis tempo para ser fundido co cobre e o bronce (Idade dos Metais). Non se conseguiu no vello continente de Europa ata o ano setecentos antes de Cristo, mentres en China facíase dende tempos ancestrais.

Page 2: Achegamento ao tema

O ferreiro tivo en Galicia unha longa tradición;os ferreiros galegos son herdeiros dos fundidores do bronce. En Galicia a aparición dos primeiros instrumentos de ferro coinciden coa época castrexa, polo que os xacementos atopados nos devanditos lugares acadan a maior antigüidade. A pezas achadas son: cravos, fouces, ferraduras… máis tarde, coa aparición de escouras dabondo, amosan que a forxa do ferro debeu de ser unha tarefa a cotío en moitos destes poboados. A medida que o home foi facéndose sedentario e co avance da agricultura (Neolítico) tivo a pouco a forxa do ferro, malia as súas dificultades, acabou por ter en Galicia grande relevancia sobre todo en Lugo tanto nas montañas como na súa propia costa. Durante a romanización (Idade Antiga)moitos castros situáronse preto dos xacementos de ferro que existían nas montañas orientais, e xurdiron pequenas poboacións que se dedicaron á extracción do metal. Na Idade Media o traballo do ferro acadou en Galicia un importante pulo grazas a que se aplicou a forza hidráulica e as ferrerías situáronse no fondo dos vales galegos, a carón dos ríos onde a auga adquiriu case a mesma importancia que o propio ferro e o carbón. Estas ferrerías mantivéronse en Galicia ata o século XIX, na maioría dos casos eran propiedade dos mosteiros. Os ferreiros galego foron os primeiros e principais fabricantes de todo tipo de apeiros non tan só para o rural galego senón para boa parte da Península Ibérica, sobre todo para Castela onde había moita demanda das fouces para a sega

Page 3: Achegamento ao tema

dos seus inmensos campos. Hai máis de medio século en calquera núcleo de poboación contaba co seu ferreiro que remendaba ou arranxaba o máis diversos obxectos metálicos, sobre todo no noroeste da provincia de Lugo preto da cunca do río Eo , na fronteira entre Galicia e Asturias. As pezas estaban enmangadas polos mesmos ferreiros en pezas de madeira. As árbores usadas para facer os mangos eran o bidueiro, o chopo ou a queiroga.

Page 4: Achegamento ao tema

Etapas da Historia

Prehistoria (2 000 000 a. C ao 3 500 a.C). Apareceu

o ser humano e distínguense o Paleolítico, Mesolítico

Neolíto e a Idade dos Metais. Pasou dunha economía

depredadora a unha economía produtora.

Idade Antiga (do 3 500 a. C. ao século V d. C.).

Primeiras cultura e cultura greco­latina.

Idade Media (do 476 d. C ao século XV).

Feudalismo. Arte Románico e Gótico.Descubriuse

América, caeu Constantinopla e inventouse a

Imprenta.

Idade Moderna (do século XV ao XVIII). Primeiros

estados. Guerras de relixión. Absolutismo.

Renacemento e Barroco.

Idade Contemporánea (Desde Revolución francesa

ao século XXI…)

Page 5: Achegamento ao tema

POBOS DOMINADORES DO FERRO

Hititas:Os hititas, foron unha poboación de orixe indoeuropea que se desenvolveu na península de Anatolia central entre os séculos XVIII e XX. C. Pare que falaba una lingua indoeuropea utilizando os seus propios xerogíficos. Os hititas chegaron a crear un influínte e poderoso imperio grazas a súa superioridade militar e as súas grandes habilidades diplomáticas, e tornándose o poder de "terceiro" en Oriente Medio (xunto coa Babilonia e Exipto). Eles ñe atribuíble un dos primeiros usos de ferro en Oriente Medio para desenvolver armas e artigos de luxo.

(Fonte: Historia Universal SALVAT)

Celtas: Grupo de sociedades tribais e aldeas que falaban linguas celtas , unha rama das linguas indoeuropeas e estaban ubicadas en Europa, que compartiron cultura

Page 6: Achegamento ao tema

material e comezaron na Idade do Ferro (1200 ­ 400 a. C.) ao redor dos Alpes (período de Hallstatt) e, posteriormente, na etapa do Ferro (La Tène período).Pódese dicir que os celtas son a base da Galicia actual e dos ferreiros en particular. Tiñan un gran coñecemento da forxa ata obter o produto final. Os celtas desenvolveron unha importante metalurxia e orfebrería introduciendo innovacións técnicas.

http://www.taringa.net/posts/info/14626449/El­ejercito­celta.html

Page 7: Achegamento ao tema

MATERIA PRIMA (MADEIRA, CARBÓN, FERRO,

ACEIRO)

A madeira é empregada e traballada polo propio ferreiro para a elaboración dos mangos.

Toda a ferramenta que fai van enmangadas, ocúpase el mesmo de todo o proceso,dende a recollida ata o barnizado.Este proceso enriquécese moi considerablemente cando falamos dun navalleiro,xa que a navalla tradicional da zona (Conforto,Mousende…) recibe tratamento especial,sendo o seu mango obxecto dunha decoración ,que non existe no caso do mango do fouciño ou do coitelo.

O carbón é o material que serve de combustible na forxa. Ata o século XIX empregábase unicamente carbón vexetal para fundir e traballar o ferro. Por iso as ferrerías e mazos eran construídos onde había bosques e monte de uz.

Page 8: Achegamento ao tema

Para temperar é aconsellable usar carbón vexetal xa que quenta máis lentamente (moi importante á hora de temperar). Este carbón acostúmase facer de uces nun furado excavado no chan. Énchese o furado de ramas e troncos de uz e préndeselle lume deixandoo

arder ata que se formen tizóns e despois cúbrense con terra ata que se apague, posteriormen apártase a terra e sácase o carbón.

O carbón obtíñase mediante unha combustión anaeróbica de leña,roble, cepos e uz.

Habitualmente os mesmos ferreiros carbonaron o seu propio carbón do monte e cando se prohibiu facer lume no monte,recurrían a facer ese traballo de noite.

O ferro: O ferro é un metal moi dútil e maleable que o ferreiro emprega nas ferramentas que non precisan fío. O ferro non existe en estado libre agás en pequenos

Page 9: Achegamento ao tema

xacementos en Grenlandia e Irlanda.As menas de ferro son as seguintes: magnetita, olixisto, limonita, siderita, pirita. Sempre foi moi abundante en Galicia. Para as ferramentas de corte precísase aceiro.O ferro cada vez se usa menos, agora úsase máis o aceiro. Na forxa, o aceiro é o que corta, o ferro, o que aguanta e o soporta. Éstas son as diferenzas que teñen máis claras os ferreiros. Esta diferencia ven dada en que o aceiro ten un pequeno contido de carbono, que é o que permite que a ferramenta forxada colla corte pero ten dunha menor dureza e resistencia. O ferro, pola contra resulta moi duro e en navallas e coitelos, aínda que na ferramenta bruta sí utilizan o ferro pola súa resistencia e dureza.

Page 10: Achegamento ao tema

FORMAS DE TRABALLAR O FERRO

Distínguense dúas clases de ferro de fundición: fundición branca,resultado dun enfriamento rápido e a fundición gris,resultado dun enfriamento lento e na que o carbono atópase en forma de grafito.Para obter o aceiro a partir desta mesturar hai que separar a maior parte do carbono das demais impurezas non metálicas usando diferentes métodos.

Coñécese como ferro doce e ferro forxado o ferro que contén menos do 0,02% de carbono.Como o seu nome indica,pódese golpear e forxar ao roxo para mergullalo a continuación na auga sen que se endureza.

O ferro presenta propiedades mecánicas moi interesantes:é duro, dútil maleable en frío, vólvese plástico a partir dos 800 ºC e pódese forxar, laminar e soldar consigo mesmo. Pertence á familia dos metais de transición e pode unirse de forma directa a maioria do non metais. O osíxeno en frío non exerce acción ninguha sobre o ferro, a non ser que se atope dividido. Exposto ao aire húmido, corróese de maneira notable. Hai diferentes métodos para protexelo da corrosión.

O ferro, ainda que usado desde a idade dos metais, é un metal que adquiriu gran importancia co desenrolo da industria metalúrxica no século XX.

Page 11: Achegamento ao tema

CENTROS DE PRODUCIÓN

ferrería,mazo e forxa Ferrería: Eran as siderurxias de base.Transforma o mineral en barras de ferro.Como por exemplo: A vilaseca (Riotorto).

Unha ferrería era o edificio no que se calcinaba, fundía ou reducía o mineral, para despois machacalo por medio dun mazo ata formar un lingote ou vergallón.

Mazo: Estira as barras, adelganzándoas e facilitando o traballo posterior con eles. Como por exemplo: Bogo(A Pontenova) ou o mazo da Fraga (Ferreiravella).

Os mazos era o edificio no que se aloxa o mazo. A súa

localización precisa da proximidade dunha corrente fluvial e da existencia dun desnivel que permita crear un salto de agua de certa importancia. Por outra parte é necesario pensar na infraestrutura que permitira desviar o caudal do río. Despois hai que canalizala ata o lugar onde se atopa o mazo; Por último, almacenala ata dispoñer

Page 12: Achegamento ao tema

dunha cantidade suficiente para asegurar o bo funcionamento durante o maior tempo posible.

Forxa: Pode considerarse a cociña do ferreiro. Acostuman a vir herdadas de pais a fillos. Ocúpase dos labores máis delicados, dándolle forma e rematando totalmente a peza. Como por exemplo Soutelo (Riotorto)

A forxa é un proceso de conformado por deformación plástica que pode realizarse en quente ou en frío no que a deformación do material se produce pola aplicación de forzas de compresión. Hai que destacar que é un proceso de conformación de materiais no que se produce arranque da viruta, con o que se produce un importante aforro de material . A forxa é un arte e lugar de traballo do forxador e do ferreiro, cuxo traballo consiste en dar forma ao metal por medio de fogo e martelo. Debe estar nun lugar que reciba pouca luz para poder apreciar, sen dificultade, a cor que colle o ferro.

Page 13: Achegamento ao tema

A FORXA E AS FERRAMENTAS

A forxa é o lugar onde o ferreiro se encarga de traballar o ferro. Debe estar nun lugar que teña pouca luz para poder apreciar perfectamente o color que colle o ferro. Para facelo necesita unha serie de ferramentas e accesorios.

“DESTAJADOR” FORXA DE VENTILADOR ELÉCTRICO

ELEMENTOS IMPRESCINDIBLES

FORXA DE FOL

Page 14: Achegamento ao tema

As ferramentas non sufriron moitas variacións ao longo dos séculos, moi semellantes ás que usaban na Idade Media. As básicas eran catro: tenaces (curvas e chas dependendo do contorno da peza que se deba traballar)), marras, martelos e talladeiras.

Martelos Chas

Outro xeito de clasificalas é o seguinte:

Ferramentas de trazado: Son bastante sinxelas,unha regla graduada,calibre,escuadra e granete ou punzón.

Ferramentas de corte: Comprende a cizala de man,serra de man, tixeiras, buril, escopilo, chairas de ingre,etc. Actualmente tamén se usa a tranzadora e a desbardadora.

Ferramentas de taladrado: Son accionadas eléctricamente nos nosos días, xa que antes accionábanse coa man, entre elas destacan o taladro de man e o taladro de columna coas brocas correspondentes.

Ferramentas de acabado:Que se usan para darlle o “toque”

Page 15: Achegamento ao tema

final ás pezas. Neste grupo englóbase as diferentes limas (redondeada, recta, media caña, triangularete) así como os cinquillos de púas metálicas,xa sexan manuais ou eléctricas.

Con todas estas ferramentas realízanse unha gran variedade de obxectos para diferentes usos agrícolas, para pesca ou para decoración.

Page 16: Achegamento ao tema

O MAZO

O mazo é un artiluxo formado por un eixe de madeira que xira sobre uns espigóns. Nos seus extremos leva unha roda, que está formada por pelas de madeira

sobre as que cae a auga desde un alxibe. O mazo necesita auga para funcionar.

A velocidade depende do número de turbulencias de malugreiros e da velocidade do rodicio,sendo o valor regulador polo ferreiro. todos os que se coñecen en Galicia reciben a auga de arriba, ende o banzado. Antes do seu descubrimento a elaboración do ferro facíase a base de martelos. A primeira constancia da existencia de este artiluxio procede do Bierzo e está datada no ano 1245. Eran hidráulicos . Os último foron trocados por mazos eléctricos. Os mazos eran moito máis pequenos cas ferrerías.

Os mazos , ao igual que as ferrerías, podían ser propiedade dun mosteiro, fidalgo ou empresario, pero predominan os de propiedade “comunitaria” de varios ferreriros que se turnaban por quendas . O da Fraga ( Ferreiravella, Riotorto) pertencía a once. Usábano para

Page 17: Achegamento ao tema

forxar o ferro e darlle forma a fouces e fouciños e despois remátabano nas súas forxas. Cada un tiña que levar as súas ferramentas, ferro, carbón e deixalo cada un na súa carboneira, bodego ou “casiña”.

Antigo mazo da Fraga ( imaxe de Forxas hidráulicas,mazos ou machucos no norte galego, Justino

Fernández.Edicios do Castro. Páx.83)

Actualmente o traballo que realizaba o mazo, faise co martinete ou martelo mecánico que é accionado por un motor eléctrico.

Page 18: Achegamento ao tema

Bodegos reconstruídos

PROCESO DE TRABALLO DUN

FERREIRO

No caderno nº 17 (1994) publicado pola asociación “xermolos”, os pasos que debe dar un ferreiro desde que inicia o seu traballo ata que o finaliza son os seguintes:

1­ Buscar o ferro axeitado para a peza que queremos facer.

2­ Cortalo a medida que queremos darlle á peza coa cizalla, a tronzadora, a serra…

3­ Quentalo coa tenaza máis axeitada e erguelo ata a incre, ou ata o outro útil para darlle a forma que queremos, para isto utilizaremos o tipo de martelo axeitado. As operacións máis comúns neste paso da feitura dunha peza son:

Page 19: Achegamento ao tema

­ dobrado.

­ estirado.

­ achaflanado.

­ curvado.

­ perfilado.

­ acanalado

­ redondeado, etc.

5­ E como o ferro nestas operacións xa se enfriou algo, hai que volver a poñelo ó roxo vivo, porque é o xeito de traballalo para que non se produzan grietas ou fisuras…, ata acadar a peza que queremos. Para iso pode facer falta actuar sobre o ferro con algunha destas operacións:

­ soldado. ­ remachado. ­ taladrado. ­ temperado, etc.

6­ Para rematar o traballo, e debido á facilidade de oxidación do ferro sempre hai que darlle algún tipo de protección, xa sexa pintado cos productos axeitados ou darlle un tratamento a base de aceite de linaza ou dalgún tipo de ácidos corrosivos.

Page 20: Achegamento ao tema

DIFERENTES TIPOS DE

FERREIROS

Ferreiro de forxa. É o ferreiro que desenvolve o traballo nunha forxa.

Ferreiro ferrador. Ferreiro especializado en ferrar animais: cabalos,burros, mulos…

Page 21: Achegamento ao tema

Ferreiro de cravo. Ferreiro que se dedicaba preferentemente a fabricación de cravos.

Ferreiro de navalla. Ferreiro especializado en fabricar navallas,coitelos e polo tanto con un enorme coñecemento sobre o tempre.

Ferreiro de mazo. Traballa e coñece toda a técnica necesaria para operar co mazo ,tanto no forxado como no

Page 22: Achegamento ao tema

mantemento da instalación.

Ferreiro de ferrería. Estaban especializados no traballo do ferro e na súa reducción. Había unha especialización dentro da ferrería; o mestre ferreiro de mazo traballaba con oficial e aprendiz e economicamente era o máis acomodado.Todos coñecían a técnica para usar o mazo tanto no forxado como no mantemento da instalación.

Page 23: Achegamento ao tema

A FORXA NA ACTUALIDADE

Novas ideas, novas tecnoloxías, novos conceptos e novos mercados inspiran a actual xeración de ferreiros a plasmar nas súas obras tradición e modernidad.

Compre orientar a forxa hacia outra vertentes alonxadas da fabricación de ferramentas de corte. Debe, como o están facendo moitos ferreiros no seu proceso de adaptación, orientarse hacia un plano máis artístico. A escultura sería outro campo a desenvolver. Deste xeito convertiríase nunha posibilidade profesional atractiva para as novas xeracións.

Dentro do municipio de Riotorto existe unha mostra desa incorporación de xente nova ao oficio. Óscar Villada vai introducindo novedades; ademais de fabricar fouciños de herba ( maioritariamente van para Pontevedra), coitelos de xamón, etc. tamén deseña e confecciona obxectos de adorno. O proceso a seguir no traballo, segundo Óscar, é o mesmo, agás que o ferro procede de barras máis pequenas e recibe unha capa de tinta e outra de barniz para conseguir o acabado que desexa. O importante é facer que a actividade sexa competitiva. O mango das fouces fabrícase con madeira de chopo e os de coitelos con madeira de cerdeira.

Page 24: Achegamento ao tema

http://media.lavozdegalicia.es/

default/2009/11/08/0012_2652622/Foto/l8c14f1.jpg

O seu lugar de traballo

Page 25: Achegamento ao tema

A LITERATURA E O FERRO

Existe literatura ambientada na historia e nos ferreiros. Por exemplo o poema de Cesáreo Popariña Mourelle:

Nas falda dunha montaña

nun regato o sol espella,

alí é Ferreiravella,

un pobo que hai no val (...)

Xentes de terra luguesa

axuntamento de Riotorto

pouco laboran no horto

que e sitio de ferreiros.

Cada fogar unha forxa;

son case todos os ferreiros

Page 26: Achegamento ao tema

herdanza dos devanceiros

i enden de caldear.

Abundan as cantigas ambientadas no mundo dos ferreiros, coma o seguinte que fai referencia ao desazón dos cregos cando os ferreiros traballaban en Domingo.

Moito se enoxaba o crego

porque o ferreiro petaba

os domingos de mañá.

E non cataba o moi cego

que mentre un bate o ferro

bate outro na campá

O ferreiro foi a misa

non soupo decir o Credo

cando tocaron a santos

acordouselle o martelo

A golpes das badalada do campaneiro

o Crego chama a misa a xente

pero ao escoitar o martelo do ferreiro

Page 27: Achegamento ao tema

mellor acuden a fornalla para estar ao quente.

Outras fan referencia a suciedade do oficio

Non te cases cun ferreiro

que ten moito que lavar

cásate cun mariñeiro

que ven lavado do mar

Meniña non te cases cun ferreiro

que sempre estase a luxar

casate cun carniceiro

que tripas ache de dar

Ou ao perigo do lume

Non te cases cun ferreiro

que te quiman as músicas

casate cun carpinteiro

que che fai cousas bonitas

Page 28: Achegamento ao tema

Sen esquecer un famoso refrán que se usa a cotío en moitas situacións:

Na casa do ferreiro todos aprenden a petar para poder o ferro estricar.

Se queres ter ferramentas para labrar onda o ferreiro tes que ir a buscar.

Ollo de ferreiro e compás de carpinteiro. O ferreiro da maldición, cando ten ferro, non ten carbón e

cando o ten, non ten devoción. De ferreiro a ferreiro non pasa diñeiro. Nunca un ferreiro lle negou un cravo a outro ferreiro. O ferreiro con barbas e as letras con babas. O ferreiro sen carbón é coma o ano sin razón. Quen polo aprendiz deixa ao ferreiro gasta o ferro e perde

diñeiro. Ser coma o ferreiro de moito estronicio que de tanto

machacar esquecese do oficio. Meniña se te casas cun ferreiro telo que lavar primeiro. Mentras haxa carbón na fornalla o ferreiro ten traballo

para a xornada. Macheta de carpinteiro, filla de taberneiro e calzóns de

ferreiro non os quero por ningún diñeiro.

Moitos galegos, como reflicte Rosalía, marcharon aos campos de Castela e empregaban os fouciños elaborados polos ferreiros (moitos deles de Riotorto) para gañarse o pan soportando duras condicións. Aquí había que esperar ata os meses de xullo e agosto para que estivesen de volta eses xornaleiros para poder facer as segas na zona.

Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro

Castellanos de Castilla,

tratade ben ós galegos;

Page 29: Achegamento ao tema

cando van, van como rosas;

cando vén, vén como negros.

Cando foi, iba sorrindo,

cando ven, viña morrendo;

a luciña dos meus ollos,

o amantiño do meu peito

Aquel máis que neve branco,

aquel de dozuras cheo,

aquel por quen eu vivía

e sen quen vivir non quero.

Foi a Castilla por pan

e saramagos lle deron;

déronlle fel por bebida.

peniñas por alimento.

Déronlle, en fin, canto amargo

ten a vida no seu seo…

¡Casteláns, casteláns,

tendes corazón de fero

Page 30: Achegamento ao tema

LOCALIZACIÓN DE FERRERÍAS NAS ZONAS PRÓXIMAS

No concello de A Pontenova está a de Vilaboa ou de Bogo (esta parroquia é de recente creación polo que na documentación sempre se fai referencia ao nome de Vilaboa). Pódese situar cara ao 1534. Segundo relata Clodio González Pérez na súa obra A producción tradicional do ferro en Galicia, no século XVIII non funcionaba, xa que no catastro do Marqués de La Ensenada, consta que había dous mazos que existiron ata non hai moitos anos no lugar do Machuco.

En 1798 acordaron restaurala. Seguramente o mineral procedía da zona ( as minas de Vilaodriz entraron en explotación entre o 1903­1904 dando orixe á vila de A Pontenova). Un incendio acabou para sempre con esta factoría. De todo o conxunto sobresaía o banzado.

páx. 195 ,A producción tradicional do ferro en Galicia

Page 31: Achegamento ao tema

GLOSARIO ABALAR. Accionar o barquín repetidas veces para insulfar unha corrente continua de auga ao lume.As mulleres dos ferreiros ian o mazo a abalar.

ABRIR. Quitarlle curva á folla dun fouciño,a golpe de mazo ou de martelo na forxa.

ACARBONADO. Carbón de pedra xa usado polo ferreiro e que ao ir queimado, queda máis limpo, empregando aquel en ocasións como sucedáneo do carbón vexetal.

ACEIRO. Ferro con certa porcentaxe de carbono e doutros elementos,especialmente se é inoxidable.

AFIADOR. O que afía na moa. Traballa sobre todo con aceiro ao carbono (F114), máis barato , máis axeitado para ferramenta de corte e mellor de traballar na forxa que o inoxidable , aínda que co incoveniente da súa oxidación se permanece mollado . É bo aceiro cando descubre ben na templa e corta ben.

AFIAR. Rebaixar , púir e facer fío a unha ferramenta para que corte mellor.

ANCLA. Parte do fouciño que, sen fío e xeito de pescozo, une a folla co mango, e que pode presentar variacións na súa lonxitude e forma,en función do modelo.Pode ser recta,torta ou levantada,de puxavante….

Page 32: Achegamento ao tema

ÁRBOL. No mazo hidráulico, eixe de duramadre de carballo nomque vai a roda e tamén os catro malogreiros encargados de erguer o mango do mazo transformando así o movemento de rotación en movemento de persución.

ARGOLA. Nos coitelos e fouciños, pequena peza metálica destinada a reforzar os mangos e mellorar a apariencia.

BANZADO. En instalacións hidráulicas como o mazo ou a moa, depósito no que se acumula a auga , e que se sitúa ao pé do enxeño mesmo, onde o salto ou desnivel é maior.

BAÑO. Na forxa depósito cheo de auga e situado a man, para temperar, arrefriar, mollar ou lavar unha ferramenta. Adoita situarse na parte baixa do regazal.

BARNIZ. Mestura de verniz para a madeira e gasolina ou disolvente que o afiador fai e aplica aplica sobre a ferramente despois de afiada e secada.

BARQUÍN. Fol de grandes dimensións que,instalado na forxa a un lado do regazal e accionada por medio dunha vara, permite proporcionar aire para avivar a combustión.

BORRA.Restos de ferro, aceiro e carbón que se mestura e acumulan no fondo do regazal coas altas temperaturas formando unha pasta útil na operación do caldeado.

CAL/CANLE. Nas moas hidráulicas , tramo feito co tronco dunha árbore ou pedras polo que a auga da presa

Page 33: Achegamento ao tema

chegaba ata un rodicio con palas, facéndoo xirar e accionando así todo o enxeño.

CALDA. Parte do ferro que o ferreiro logra quentar nunha soa vez , para modificalo a continuación co martelo sobra a incre, O número de caldas variará en función do tamaño da peza e da súa complexidade.

CALDEAR. Técnica de forxa , complexa en desuso, que consistía en soldar ferro e aceiro a base de sucesivas caldas no lume e golpes de mazo.

CARBÓN. Combustible que o ferreiro precisa para quentar o ferro.

CHAS. Tenaces do ferreiro, de brazos máis ben longos, para agarrar o metal en quente, e que varían na forma das pinzas, en función daquilo que pretenden agarrar.

CHIFRÓN. Conduto vertical baixo o banzado, polo que, unha vez accionada a vara da trompa, cae a auga destinada a xerar unha corrente de aire que avive o lume do regazal.

CISCO. Capa de fume e cinzas que se vai adherindo á parede.

COTA. Contrafío, parte grosa e oposta ao corte nunha ferramenta feita para este propósito.

CRAVUÑAR. Na forxa, técnica que segue ao espalmado e antecede á templa, que consiste en adelgazar ben o fío.

Page 34: Achegamento ao tema

DAR Á UÑA. Proba que se fai co coitelo unha vez afiado na moa para comprobar que leva o fío axeitado: duro pero algo flexible.

EMPAVONAR. Rematar o afiado, pulindo a peza e acabando o fío na moa indicada para iso.

ESPALMAR. Na forxa operación que antecede ao cravuñado e que segue ao estirado. Consiste en dar a forma ao fouciño no mazo, a partir dunha pequena tira moi estirada de aceiro.

ESTIRAR. Sacar fouciños a partir dunha tira ou platina de aceiro que é quentada e golpeada no mazo en caldas sucesivas.

FERREIRO. Persoa que labra o ferro e o aceiro nunha foxa, a lume e martelo, para facer ferramentas variadas, especialmente fouciños, navallas…

FÍO. Parte cortante dun fouciño, coitelo ou ferramenta de corte. A sona dos ferreiros de Riotorto procede en gran medida do excepcional corte que acadaban como resultado do labrado tradicional do aceiro na forxa e o afiado a conciencia nas moas.

FORXA. Espazo ou taller no que o ferreiro traballa o ferro e o aceiro.

INCRE. Base voluminosa de aceiro sobre a que bate o mazo, ou o ferreiro co martelo na súa forxa e que debe ir

Page 35: Achegamento ao tema

agarrado a un cepo convenientemente soterrado para ter firmeza e estabilidade.

MACHUCO. Mazo hidráulico.

MALUGREIROS. Son as catro levas coas que conta o árbol para levantar o mango do xigantesco martelo e deixalo caer con todo o seu peso sobre a incre.

MARCA. Letras ou símbolos postos na ferramenta e que serven para identificar ao ferreiro que a fixo.

MAZO. Enxeño hidráulico que, aproveitando a forza e enerxía da auga dos ríos, permitía accionar repetida e velozmente un martelo ou mazo de grandes dimensións e peso, co que os ferreiros podían estirar e adelgazar grandes pezas de ferro ou aceiro unha vez quentadas no regazal.

MOA. Pedra circular,de grao, que o afiador emprega, sempre en contacto con auga, para desbastar, afiar e puír as ferramentas de corte que o ferreiro fai na forxa..

RODICIO. Roda do mazo ou da moa hidráulica.

TALLADEIRA. Ferramenta que emprega o ferreiro para cortar o aceiro en quente.

TEMPLAR/TEMPERAR. Técnica que segue ao cravuñado e que consiste en meter ao roxo a peza forxada nun baño de auga, para que o cambio brusco de temperatura lle dea dureza ao corte da ferramenta.

Page 36: Achegamento ao tema

TORNO. Máquina eléctrica que, mediante un movemento de rotación, fai virar a gran velocidade a peza de madeira que o ferreiro debasta ata sacar o mango.

TORNEAR. Labrar no torno a madeira dos mangos ata deixalos redondos e suaves

TROMPA. No mazo hidráulico, sistema, que accionado desde o interior do edificio polo ferreiro, permite xerar unha corriente de aire a partir da caída dun chorro de auga desde o banzado, coa finalidade de avivar o lume no regazal.

VARILLA. Parte do fouciño que serve de brazo entre a folla e o mango.

Definicións extraidas de “A FALA DO FERRO: VOCABULARIO DOS FERREIROS, AS MULLERES, AFIADORES E OUTRAS XENTES DE RIOTORTO (LUGO). Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.