Á sombra da muralla 17
-
Upload
a-sombra-da-muralla-ies-xoan-montes -
Category
Documents
-
view
235 -
download
8
description
Transcript of Á sombra da muralla 17
Número 17 Á sombra da muralla
Editorial
Estimados lectores:
Un ano máis presentámosvos a revista Á sombra da muralla,
nun curso marcado pola crise socioeconómica, a gripe A, o
Plan Bolonia e dous comicios electorais.
Deixando á marxe estas menudencias, o acontecemento máis
relevante foi a creación da páxina web do IES Xoán Montes,
xa estamos na onda! Aí podemos atopar información de
tódalas materias, concursos e actividades que se levan a cabo
no Centro. Tamén facilita o envío de artigos para a revista a
todos aqueles que o desexen, ao tempo que permitiu a posta
en marcha da edición dixital da revista.
Agradecemos a colaboración de todos, en especial do
alumnado de Bacharelato, que enviaron as súas aportacións
a pesares de non formaren parte do consello de redacción.
Agardamos que o contido deste curso sexa do voso agrado (se
non é así, apuntádevos para o ano que vén e aportade as
vosas ideas).
Bó verán a todos/as e ata o próximo número.
Páxina 1
Á sombra da muralla número 17
O entroido de Laza Francisco Xabier Souto Ares
A Morena: é un home que suxeita por medio dun pau unha cabeza de vaca feita de madeira, tapado por unha manta. Sae o Luns pola tardiña do barrio de Cimadevila, acompañada por un séquito de xente con formigas, toxos, cobelleiros, o burro e a máquina trilladora de Souteliño. Cando chega á Praza da Picota arremete contra todo o mundo, pero principalmente contra as mulleres, ás que
tenta levantarlles a saia; estas, non poden máis que tentar fuxir, porque se a saia tenta baixar, cos toxos lles van dar. A Morena adoita sacala un home xa maior de Cimadevila. Moito se ten escrito e falado de que si é un rito de fertilidade, polo feito de arremeter contra as mulleres, pero a realidade é que a Morena era unha vaca tola que había no barrio do Solado. Botábase á xente, e cando os rapaces a vían chegar berraban "Aí ven a Morena", tratando de avisar aos veciños para que se puxeran a refuxio. Para o ano seguinte ao da súa morte, botáronse no Entroido os veciños cos seus cornos e unha cabeza de madeira á Picota ao berro de "Aí ven a Morena". Para os seguintes anos xa quedaría de tradición.
O Testamenteiro: é a persoa encargada de dicir o “Testamento do Burro”. Vai vestido cunha coroza de palla (ao igual que os seus súbditos), montado nun burro, e acompañado por dúas filas de Peliqueiros. Sube desde o Outeiro ata a Praza da Picota, entra na Aira onde está o palco, e alí comeza a dicir o sermón. O Sermón é unha composición satírica en cuartetos que riman, e na que se critica ou se exalta todo aquilo que sucedeu no pobo e aos seus veciños durante o tempo transcorrido entre os entroidos. Tamén se lle chama o "Reparto do Burro", pois o que se vai a facer en realidade é repartir ficticiamente un burro morto no pobo durante o último ano. E por que ficticiamente? pois porque o burro xa está ben enterrado. A un veciño determinado tocaralle un anaco do burro, iso si, antes o testamenteiro sacaralle as cores, a ben seguro, descubrindo algo que o agraciado non
Páxina 2
Número 17 Á sombra da muralla
quixera. O Testamento agora está preparado, pero hai anos era improvisado, o testamenteiro dicía as ocurrencias que lle parecía, iso si, xa coñecedor de tódolos sucesos, defectos, etc... dos veciños e veciñas da vila. Xeralmente a xente non se soe enfadar, pero xa non é a primeira vez que o testamenteiro se ve en apuros, ao cal replica "Sonche cousas do Entroido". Cada vez que o testamenteiro di algo que fai gracia, os Peliqueiros fan soar os chocos. O Testamento remata ofrecéndolle os "cagallóns" do burro a todos aqueles aos que non lles tocou nada e con "vivas" ao Entroido. Logo volve montar no burro e regresa por onde veu.
O Albardeiro: é unha persoa que leva unha albarda amarrada por un pau que pode ter arredor de dous metros de lonxitude. Trata de botarlla por riba aos que se atopan na farrapada do luns pola mañá, se están despistados mellor, porque case que sempre topan cos fuciños no chan. Quen leva a albarda debe ter un pouco de forza, pois a albarda xa por si soa pesa bastante, e logo co bulleiro da farrapada moi to mais. Últimamente tense sacado, pero xa había anos que ninguén era capaz.
Os Peliqueiros de Laza: o traxe está composto por var ias pezas (care ta , c h a q u e t a , z a m a r r a e pantalón). A careta é de madeira de bidueiro e a mitra de aluminio, para que pese menos. Leva uns pompóns (pondóns) a ámbolos lados. Normalmente vai adornada con motivos animais. Na man leva unha fusta (zamarra), que se usa contra os que non respetan aos peliqueiros e contra os que se interpoñen no seu camiño. A camisa é branca e leva gravata. Leva unha faixa por riba dos calzóns que son curtos. Normalmente a faixa e de cor azul mentres que a panilla é vermella. Leva tamén medias vermellas con ligas e zapatos
Páxina 3
Á sombra da muralla número 17
negros. Os seis chocos pendurados da súa cintura avisan da súa presenza. Están feitos de bronce e ferro e pesan un quilo e medio cada un. Van suxeitos a un cinto de pel. Seguramente xurdiron no século XVI como cobradores de impostos ou levantadores de caza do conde de Monterrei.
Os folións: son grupos de xente que percorren Laza e os lugares próximos tocando tambores, bombos, gadañas, etc.
As bromas, as ''guerras de fariña'', as ''guerras de farrapos'', e a tradición de botarse formigas por riba uns aos outros (incluso quentadas nunha tixola para cabrealas e que piquen máis) están presentes durante todo o carnaval, pero fanse máis frecuentes durante o Sábado de Cabritadas e o Domingo
Gordo.
O Luns de Entroido teñen lugar en Laza a farrapada, consistente en golpearse uns aos outros con sacos enlamados, e a xitanada, un desfile de burros. O Martes de Entroido finaliza o carnaval de Laza, coa lectura do testamento do burro.
Páxina 4
Número 17 Á sombra da muralla
O botellón Diego Graña Parga
Pasarse co alcol é moi perigoso e pode provocar algo máis que resaca. Dana o fígado, os riles e sobretodo o corazón. Ademáis, está vinculado ás enfermidades de transmisión sexual, porque os mozos e mozas que se emborrachan teñen menos probabilidades de protexerse
das infeccións.Moita xente bebe e conduce, mais todos sabemos que conducir pode matar: conducir borracho non só é ilegal, pode ser mortal. Nunca conduzas se bebiches, nin entres nun
coche que vaia conducir alguén que sobrepase o límite. Bélxica introduciu en 1995 a campaña “Bob”, na que se elixe a unha persoa do grupo para que sexa Bob, o condutor que leva aos demais e que non bebe. Agora hai outros catorce países da Unión Europea que teñen as súas
propias versións da campaña. Case todos os pa í ses teñen unha campaña ou asociación sobre o alcol e a condución dirixida á mocidade. Os mozos e mozas que beben moito ou fan botellón teñen un 60% máis de posibilidades de facerse adictos ao alcol
antes de cumprir os trinta anos. Tamén teñen un 90% máis de probabilidades de utilizar drogas ilegais e de sufrir problemas mentais, segundo un recente estudo. Polo teu benestar, non bebas.
Páxina 5
Á sombra da muralla número 17
Un fenómeno chamado Inditex Darío Fernández Abad
A historia desta productora téxtil comezou coa actividade empresarial en fabricación de prendas de roupa de Amancio Ortega entre os anos 1963 e 1974. No ano 1975 abre a primeira tenda de Zara, e a súa boa adaptación permítelle expandirse polas principais cidades españolas, así como no ano 1988 a apertura da súa primeira tenda fóra do territorio español, Oporto. A partir de entón, comeza a expandirse por todo o mundo e no ano 2000 abre a súa sede central no polígono de Arteixo (A Coruña).
O grupo Inditex conta cun total de 4.278 tendas en todo o mundo distribuídas en varias cadenas, estas son: Zara, Massimo Dutti, Pull&Bear, Bershka ou Stradivarius, entre outras. Dispón de catro centros loxísticos na nosa xeografía, o primeiro abriuse na Coruña no polígono industrial de Arteixo, seguidamente inaugurouse un en Zaragoza e logo en Madrid e León.
No apartado económico, o grupo pertence ao sector secundario e terciario simultáneamente, posto que transforma materias primas para logo distribuílas en forma de bens para todos os cidadáns do mundo. O seu titular e fundador foi, e segue sendo na actualidade, Amancio Ortega. Trátase dunha Sociedade Anónima. O seu capital social en Xaneiro de 2006 ascende a 93.499.560 € e está formado por 623.663.400 accións de 0,15 € de valor nominal cada unha, totalmente suscritas e desembolsadas. É de aquí de onde provén o capital da empresa para levar a cabo as súas actividades, é dicir, a súa fonte principal de financiamento. Destaca a forte xeración de caixa que permite ao grupo financiar o seu crecemento sen recurrir ao endebedamento.
Este ¨xigante da moda¨ comprométese a ofrecer a todos os seus clientes un alto estándar de excelencia, calidade e seguridade en todos os seus produtos. Tocante ao apartado de produción, elaboración e distribución do produto, a empresa trata de localizar grandes superficies que lle permitan levar a cabo a súa actividade. Un bo exemplo disto é o centro de distribución no polígono de Arteixo que conta cunha extensión de 500 km. cadrados divididos en varias plantas.
A clave do seu éxito é a singularidade do seu modelo de xestión baseado na innovación e a flexibilidade, así como tamén os seus exhaustivos estudos do mercado, que fixeron que a súa forma de entender a moda acabase permitindo unha rápida expansión internacional e unha excelente acollida
Páxina 6
Número 17 Á sombra da muralla
social. Por isto o Grupo Inditex se converteu nun dos maiores grupos de distribución de moda a nivel mundial.
PRODUCIÓN
A elaboración do produto, tanto de neno como de adul to , empeza nun primeiro momento en deseño, no que os deseñadores fan un bosquexo e cosen un primeiro modelo, posteriormente terá que darse a aceptación de dito deseño, a información de tallaxe, e a compra de teas a proveedores en colaboración co traballo dos country managers, que están en continua comunicación coas tendencias actuais. Unha vez levado a cabo este proceso, córtanse as pezas e cósense ata fabricar a prenda desexada, que despois se mandará ás respectivas tendas de todo o mundo tras pasar pola zona de embalaxe e distribución. Cabe mencionar a aportación nesta tarefa de distribución das empresas de transportes Azkar e Air France-KLM que lles garantizan un transporte rápido e seguro, clave do seu gran éxito, pois este rápido movemento das prendas permite que non se presente unha gran cantidade de gastos en almacenaxe.
Ao mesmo tempo que se envían as prendas, tamén son enviadas as fotos dos escaparates, para que sexan colocadas da mesma maneira en cada unha das tendas, pois estas son a única fonte de publicidade que utiliza o Grupo Inditex, e a principal atracción para os clientes, por isto Inditex dedica un especial cuidado ao seu deseño, cunha renovación frecuente que introduce novos elementos e modelos acordes coa oferta das tendas.
RECURSOS HUMANOS
O Grupo Inditex está formado por máis de 70.000 profesionais en todo o mundo. Destes, o 82,2 % son mulleres, e a parte restante homes, cunha media de idade de 26 anos. A súa cultura corporativa baséase no traballo en equipo, a comunicación aberta e un alto nivel de esixencia. Estes principios son a base do compromiso persoal cunha tarefa enfocada á satisfación dos seus clientes.
Páxina 7
Á sombra da muralla número 17
Tamén tenta ofrecer aos seus empregados un entorno dinámico e internacional onde se valoren as súas ideas.
TECNOLOXÍA
Utilízase unha tecnoloxía moi avanzada, tanto no deseño, coa utilización dunha gran cantidade de programas para a elaboración dos primeiros modelos, como nos seus modernos sistemas de distribución. Unha perfecta mostra do seu elevado uso tecnolóxico é a utilización da tecnoloxía acustomagnética para protexer os seus produtos contra roubos, estas pequenas etiquetas, dificilmente manipulables, fan que esta tecnoloxía sexa idónea para protexer as prendas.
RESPONSABILIDADE SOCIAL E IMPACTO MEDIOAMBIENTAL
A política medioambiental de Inditex céntrase no respecto ao entorno, para isto comprométense a cumprir a lexislación medioambiental e esfórzanse por non prexudicar o noso entorno. Levaron a cabo varios proxectos como o Inditex-ProKyoto, polo que se comprometeron a utilizar combustible biodiesel nos seus transportes, e vehículos eléctricos para o movemento dentro das plataformas loxísticas.
Para manter a paz social na empresa entre todos os seus compoñentes existe un código de conduta que todos os traballadores e directivos deben respectar. Entre algúns dos puntos recollidos neste código de conduta están o non emprego de persoas por debaixo da idade legal, a non discriminación por motivos de raza, relixión ou calquera outro motivo dos seus compoñentes, ou a prohibición de calquera tipo de abuso. Ademais, os seus traballadores reciben un salario acorde coa función que desempeñan e a empresa garántelles un lugar de traballo saudable e seguro.
CURIOSIDADES
Unha das grandes curiosidades é a extensión dos seus centros loxísticos, que no caso dunha das plantas de Arteixo chega a 500 km. cadrados, algo similar a 72 campos de fútbol. Noutras plantas, como a de Zaragoza, a súa extensión chega ata os 180 km. cadrados.
Outra cuestión interesante é que todas as súas tendas teñen unha única estructura, deseño e decoración, e poñen tamén a mesma música, que é en inglés. Este conxunto contribue a fixar a imaxe corporativa da empresa.
Páxina 8
Número 17 Á sombra da muralla
Entrevista ao equipo de debate Redacción
A liga de debate baséase na celebración
dunha serie de debates entre os equipos
presentados, de xeito semellante a unha
liga deportiva.
Un debate de competición consiste na
confrontación de argumentos por parte
de dous equipos que interveñen, un a
favor e outro en contra, sobre un tema
elixido pola organización e de acordo
con certas limitacións de tempo e de
forma.
O capitán é unha persoa designada
polo centro que desempeña a función
de adestrador, asesor e representante
do equipo cara a organización da liga
de debate.
O número de participantes por equipo
oscila entre 3 e 5.
No caso do noso centro, o equipo
estaba este ano capitaneado por Xosé
Manuel González Pérez e integrado
por: Alejandra Abuín Sixto, Iago
Meilán Sánchez, Violeta Núñez
Martínez e Manuel Mª Veiga
Lombardía. Tiveron unha brillante
participación, sendo eliminados nos
cuartos de fnal polo IES Rosalía de
Castro, vencedor fnal da liga.
Este ano a liga desenvolveuse en
Santiago de Compostela entre o 29 de
xaneiro e o 1 de febreiro. Uns días
despois, o consello de redacción de Á
sombra da muralla mantivo unha
entrevista co equipo, entrevista que
resumimos da seguinte maneira:
Á Sombra da Muralla (ASM): Cales
son os temas que tratades con máis
frecuencia na liga de debate?
Equipo de Debate (ED): Os temas
culturais, sociais e políticos.
ASM: En que se diferenciaba, nas dúas
ocasións en que participou, o equipo do
Páxina 9
Á sombra da muralla número 17
Xoán Montes doutros equipos
participantes?
ED: E n q u e i n t e r v i r o n
ponderadamente todos os seus
membros, a diferenza dos outros nos
que os oradores (os que falan) e os
investigadores (os que axudan) case
sempre eran os mesmos
ASM: Como se levaron a cabo os
debates?
ED: Ben, foron amenos e entretidos.
ASM: Ten valor didáctico a liga de
debate?
ED: Por suposto, apréndense moitas
cousas. Ademáis apréndese a traballar
mellor en equipo e a falar mellor en
público.
ASM: Que tal se pasa durante a
competición?
ED: Ao principio con nervios, porque
non sabes que posición che tocará
defender e tés que estar preparado para
todo, pero despois vaste afacendo.
Pásase moi ben e coñécese a moita
xente.
ASM: Cantos equipos participaron?
ED: O ano pasado 24 e este ano 48.
ASM: Moitas grazas pola vosa
colaboración na revista.
ED: Foi un pracer. Antes de rematar
quixeramos agradecer a colaboración
de María Romero, Santos Prado,
Beatriz López e Saleta González.
Páxina 10
Número 17 Á sombra da muralla
Quizais realidade Nair González RodríguezIES “A Piringalla”
intercambio de artigos de revistas escolares de Lugo
Non sei como, cando, nin por
que cheguei a aquela extraña
a l d e a , a p a r e n t e m e n t e
deshabitada. O único que eu
sabía, era que tiña moito frío, e
b a s t a n t e m e d o , p o l a
escuridade. Eu camiñaba sen
rumbo polos enlamados
camiños que non sabía a onde
me conducirían, tiña sono, e
estaba moi cansa, así que
intentei esquecer todo e
durmir baixo unha árbore que
había ao final dun daqueles
camiños, pero pouco despois
d e d u r m i r , e s p e r t e i
sobresaltada a causa dun dos
moitos ruídos que me
rodeaban, todo seguía escuro,
e o ruído estaba cada vez máis
cerca de min, o medo xa
invadira totalmente o meu
corpo, non era capaz de
moverme! Pero sen saber
como, o ruído desapareceu
levando con el parte do meu
medo e inda que xa se
esvaecera, non me pareceu
moi boa idea permanecer alí
moito máis tempo, así que me
puxen en marcha e andei,e
andei,... ata que por fin
amañeceu, nese instante, foi
cando puiden contemplar
aquela impactante aldea, na
que non parecía haber
ninguén mais ca min, pero a
pesar diso, había moitas
casas, todas elas de pedra con
algún detalle en madeira, os
inmensos prados verdes que
semellaban un mar sen fin, e
os camiños polos que eu non
deixara de camiñar toda a
noite. Eu non me lembraba de
nada, pero aquel ruído que
Páxina 11
Á sombra da muralla número 17
proviña das miñas tripas,
recordoume que era hora de
almorzar, así que non tiven
máis remedio que seguir
camiñando para atopar algo co
que facelas calar, pero non
atopei nada, por iso se me
o c o r r e u e n t r a r nu nha
daquelas casas. Xa dentro,
dirixinme á cociña, pero o
único que atopei foron pratos
rotos e mobles vellos, máis
tarde atopei uns chanzos que
levaban ós cuartos e nun del
atopábanse unha cama en bo
estado, así que sen pensalo,
dirixinme a ela, pero cando me
ía deitar nela, algo baixo as
sabas se moveu, e cos pelos de
punta saín correndo daquel
lugar; Como era posible, se
naquela aldea non había
ninguén? O caso é que preferín
non pensalo, máis tarde
cheguei ao bosque, no que
atopei uns cogomelos con moi
boa pinta, collinos gardeinos
no peto do meu xersei ata que
pudiera facelos. Pasei todo o
día camiñando sen rumbo, e
c o mo v í a qu e e s t aba
anoitecendo e non quería
pasar a noite alí fóra, armeime
de valor e entrei na casa de
antes, pero comecei a
asustarme cando comprobei
que a cama estaba feita,
intentei escapar antes de que
me ocorrese algo e baixei os
chanzos das escaleiras de tres
en tres e, cando ía abrir a
porta oín pasos xusto trás de
min, vireime co corazón nun
puño, unha persoa vestida de
negro suxeitaba unha gadaña,
e cando ía falar, un son moi
peculiar fixo que me atopase
na miña cama, e tras apagar o
despertador e prepararme para
ir á escola, metín a man no
peto do meu xersei e saquei
dela aqueles cogomelos que,
agás no meu pesadelo, eu
nunca antes vira, o medo,
volveu apoderarse de min…
Páxina 12
Número 17 Á sombra da muralla
As falsificacións Jonathan Lopes Expósito
Ultimamente houbo unha
e x p l o s i ó n d e p r o d u t o s
pirateados e falsificados. Non se
poden comprar falsificacións por
moitas razóns: poderías resultar
danado ti e tamén estás danando
aos negocios lexítimos. Por outra
parte, poderías estar apoiando a
delincuencia organizada ou o
terrorismo. A Unión Europea
incáutase de volumes cada vez
maiores de equ ipamento
electrónico, xoguetes, CDs,
DVDs, etc. Non é doado poñerlle
prezo ao coste real dos produtos
pirateados ou falsificados.
Calcúlase que supoñen uns
355.000 millóns de euros anuais.
No ano 2006, o servizo de
aduanas da Unión Europea
interviu produtos falsificados ou
pirateados de case todos os
sectores por valor duns 128
millóns de euros.
Ademáis dos medicamentos, que
aumentaron un 38% respecto do
2005, o incremento máis
preocupante está nos artículos
d e c o i d a d o p e r s o a l
interceptados, sobre todo se
Páxina 13
Á sombra da muralla número 17
pensamos que estamos a falar de
cremas, pastas de dentes e
maquinillas de afeitar.
A maior parte das falsificacións
estás feitas por entidades
anónimas que non se preocupan
de reunir os requisitos mínimos
de saúde e calidade, por iso os
produtos falsificados adoitan
ser de menor calidade e, en
ocasións, poden incluso chegar a
ser perigosos. Exemplos destes
perigos son as pastillas de freo
falsificadas que poderían causar
un accidente mortal en caso de
fallaren, o vodka falsificado que
contén anticonxelante ou os
cigarrillos falsificados con niveis
excesivos de alquitrán.
Hai delincuentes internacionais
que explotan aos traballadores,
utilizan o traballo infantil,
branquean diñeiro e se serven de
traballadores ilegais para vender
os seus produtos na rúa. Se
mercamos produtos falsificados
e resultan defectuosos será moi
difícil, por non dicir imposible,
conseguir que nos volvan o
diñeiro.
Lembra que se mercas unha
falsificación poderías estar
apo iando á de l incuenc ia
organizada e o terrorismo.
Páxina 14
Número 17 Á sombra da muralla
Normalización social, por favor!
Andrea López GonzálezNoelia Montecelos Madarro
IES Ánxel Foleintercambio de artigos de revistas escolares de Lugo
Tras o noso paso pola Asociación
Xitana de Lugo, adentrámonos no
tema social que repercute desde hai
anos neste país: a normalización da
sociedade galega tradicional e os
xitanos.
Neste centro puidemos contar coa
c o l a b o r a c i ó n d o x e f e d e
escolarización de nenos xitanos,
Xosé Manuel, que tamén se encarga
dos trámites e papeleo dos mesmos.
Contamos tamén coa colaboración
de dúas mestras, Sonia Mª e Alba
Sardá e coas anécdotas dunha das
traballadoras de etnia xitana do
centro.
Hai un descoñecemento mutuo
entre os xitanos e o resto da
sociedade, isto débese ao prototipo
que temos formado uns dos outros,
xa que tendemos a fxarnos máis no
negativo, esquecendo o positivo.
Nun principio pensábase
que os xitanos procedían
de Exipto, pero tras os
estudos realizados sobre a
súa lingua, o romanó,
demostrouse que proceden
do Punjab (India). Desde a
antigüidade o seu estilo de
Páxina 15
Á sombra da muralla número 17
vida era parcialmente nómada, o
cal os infuenciou notablemente.
Eles non se aferran a un territorio,
xa que non lle dan importancia á
posesión de terras e se teñen que
marchar, vanse sen ningún
problema, de aí o costume de levar
tantas xoias de ouro postas, xa que
é a súa principal peza de
intercambio á hora de marchar
cara a outro territorio ou país. Os
xitanos son recoñecidos polas
Nación Unidas como pobo, pero, ao
non teren territorio, non contan
con ningún estatuto. O primeiro
documento histórico que os
mencionou en Europa foi do 12 de
xaneiro de 1425. Sempre seguiron e
valoraron os seus costumes, pero
tamén foron evolucionando e
adaptándose nos diferentes países
nos que se foron asentando. Isto
manifestouse especialmente en
Andalucía, onde fxeron seus o
canto e o baile famencos.
Os xitanos do Sur están máis
adaptados na sociedade que os do
nor te , xa que estes non
sedentarizaron ata os anos 70.
Velaquí o motivo polo que aínda se
dan casos de nenos sen educación
escolar. Ademais a maioría dos pais
que nunca acudiron á escola non
deixan que os seus fllos asistan a
ela, en cambio aqueles que si
puideron gozar da escolarización
non dubidan á hora de levalos aos
colexios. Nalgúns casos é
Páxina 16
As autoras do artigoco coordinador de escolarización
Número 17 Á sombra da muralla
comprensible até o faltar á escola,
xa que as prioridades, loxicamente,
son “onde vivir ou que comer”.
As nenas xitanas son as máis
prexudicadas polos estereotipos
existentes: elas teñen que estar na
casa e facer as tarefas do fogar,
aínda que, moi pouco a pouco, iso
vai deixando de ser
así.
En Galicia hai un
choque de culturas
entre a sociedade
galega tradicional e
os xitanos, que, na
súa maior parte, tamén son galegos.
A infuencia mutua no vocabulario é
importante. Un exemplo de
trasvase do romanó (caló) para o
galego popular son estes vocábulos:
b u l o ( e n g a n o ) , c a m e l o
(enamoramento), menda (eu),
chungo (malo), sobar (durmir),
coba (persuasión), currar/curro
( t r a b a l l a r / t r a b a l l o ) , l i g a r
(establecer lazos de amizade),
parné (diñeiro), privar (beber),
tasca (taberna),etc, etc…
En fn, a instrución e a cultura xeral
está cada vez máis presentes no
mundo xitano. Os números non
enganan, hoxe en
día hai máis de 400
estudantes xitanos
de bacharelato e
ensino universitario
en España.
Nós desexamos que
todo isto sexa para ben e, sobre
todo, que nunca sirva para que eles
acaben perdendo a súa propia
cultura e aqueles sinais que os
identifcan como pobo. Trátase de
NORMALIZAR UNHA SITUACIÓN
máis que de INTEGRAR!
Páxina 17
Á sombra da muralla número 17
Excursión da clase de economíade 2º de bacharelato a INDITEX
Alejandra Abuín Sixto
O mércores 11 de Febreiro os
alumnos de economía de 2ºBAC
emprendíamos rumbo a Coruña, nun
microbús no que escoitaríanos
cantar, falar e rir a todos xuntos
xunto con Bea, a nosa profe, e
Santos, profesora de francés.
A primeira parada no camiño sería
en Arteixo, INDITEX, de onde
sairíamos cos ollos ben abertos da
alucinación despois de ver unha
empresa tal, un fenómeno que
moitos califcaron de “película”.
Puidemos facer un percorrido
por todo o proceso de
produción, dende os country
managers (ou persoas que
diar iamente intercambian
estilos, tendencias, peticións co
estranxeiro) á zona de deseño,
o laboratorio de escaparatismo,
tendas piloto... ata chegar ao
proceso de fábrica e acabado onde
nos agasallaron cunha camiseta,
despois dun tempo de preguntas e
inquedanzas. Dende logo, unha visita
que non deixou a ninguén
indiferente.
E, a continuación, a coller de novo o
bus para ir comer entre “peixes” no
acuario Finisterrae de A Coruña,
lasaña e polo con patacas fritidas,
menú que previamente elixiríamos
entre todos de forma democrática
como se pode apreciar na imaxe.
Páxina 18
Número 17 Á sombra da muralla
Despois dunha entretida comida,
dun merecido descanso visitando as
diferentes salas do acuario, facendo
fotos cos peixes, tiburóns, co mar...
unha visita moi didáctica ao DOMUS
onde houbo interesantes partidas
cun xogo electrónico que procesaba
a concentración mental de cada un,
ou oportunidades de medirmos a
forza, vernos en espellos
deformados... en defnitiva unha
visita entretida e divertida onde
cada un aprendeu algo novo!
E por último, e non por isto menos
importante, na miña opinión e na de
moitos, a visita que máis nos
enriqueceu e axudou foi a visita do
Forum Orienta, un recinto onde
cada universidade colocou uns
stands para informar ás persoas que
precisasen información, dando
charlas, documentación, amosando
probas... e tamén as distintas
escolas de FP… así moitos tivemos
oportunidade de traballar nun torno
de barro, ir á sección de
perruquería, facer ensaios de
laboratorio, ver espectáculos de
baile... neste lugar moitos de nós
puidemos resolver inquedanzas,
preguntas, dúbidas sobre os nosos
futuros estudos e polo tanto do noso
futuro profesional.
En defnitiva unha excursión
divertida, interesante e proveitosa
para todos, onde observamos
moitísimas cousas do estudado nas
clases de economía, onde o pasamos
ben compartindo o tempo cos
compañeiros e onde sacamos ideas
para o noso futuro máis próximo.
Páxina 19
Á sombra da muralla número 17
Premios “mobilízate pola lingua” Redacción
Dous alumnos do centro IES Xoán Montes, Iago Meilán Sánchez e Manuel
María Veiga Lombardía, de 2º BACH, participaron no II concurso de vídeos
“Mobilízate pola lingua. Polo dereito a vivirmos en galego”, organizado pola
Mesa pola Normalización Lingüística da zona Lugo centro, acadando o 2º e o
3º premio, polos vídeos “División” e “Zara, home, Zara” respectivamente.
O obxectivo deste concurso era fomentar entre a mocidade actividades que
chamasen á reflexión sobre a dificultade de vivir plenamente exercendo os
dereitos lingüísticos como galegos. Pretendíase que os rapaces de toda
Galiza gravasen cos seus teléfonos móbiles situacións da súa vida cotiá nas
que teñen problemas ou dificultades para poderen expresarse en galego. O
certame deste ano celebrouse o 14 de maio na sala de actos da Deputación
Provincial, sendo o prazo máximo para presentar os vídeos o 13 de maio.
Con esta convocatoria, buscábase afondar na relación entre a mocidade e o
galego a través das novas tecnoloxías. O xurado estivo formado polo
director de cine Jorge Coira, a directora teatral Tareixa Campo e o
presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística,
Nel Vidal.
Á sombra da muralla contactou con Iago e Manuel para saber como foi esa
experiencia:
ASM: Bo día, rapaces. Por que decidistes participar neste concurso?
I&M: Porque vimos nesta actividade unha oportunidade única para
reflectirmos a precaria situación que vive o galego na sociedade,
especialmente entre a mocidade. Ademais, os premios eran bastante
atractivos (risas).
Páxina 20
Número 17 Á sombra da muralla
ASM: Que ideas utilizastes nos vídeos?
I&M: No de vídeo de “Zara, home, Zara” expuxemos en ton humorístico a
situación do galego no ámbito laboral privado. E atopamos o máis claro
exemplo disto, por estraño que pareza, nunha multinacional galega: Zara.
Todos nós nos confundimos cando se instalou en Lugo “Zara Home”, que
non facía referencia á nosa palabra “home”, senón á inglesa “home”, fogar.
Así, obtivemos unha idea brillante que, a parte de reflectir a pouca
presenza da lingua neste sector, narraba unha anécdota que lle aconteceu á
meirande parte dos lugueses.
No de “División”, faise unha análise máis seria e profunda da situación
política e social do galego nos últimos anos, situación que é empeorada por
políticas lingüísticas como as prometidas polo novo Presidente da Xunta,
Alberto Núñez Feijoo. Aínda quedan moitos prexuízos que se derivan de
épocas anteriores e que a sociedade non deu eliminado. Ao vermos o
escudo franquista do masculino, ocorréusenos facer unha metáfora con este
símbolo e a face do presidente que aparecía no xornal.
ASM: Tivestes algún presentimento de poder gañar, xa non dous, senón
algún premio?
I&M: Realmente non. Pensabamos que algún podería caer, mais non era un
presentimento, era unha posibilidade. Non sabiamos o nivel dos
competidores pois non vimos os seus vídeos ata o día no que se celebrou a
entrega de premios. Evidentemente, xamais pensamos que poderiamos
facernos con 2 premios, foi unha sorpresa moi agradable.
ASM: E cales foron os premios?
I&M: O primeiro premio era unha cámara dixital, o segundo un teléfono
Páxina 21
Á sombra da muralla número 17
móbil e o terceiro un mp4. Nós recibimos estes dous últimos e, como
eramos dous, decidimos sortealos. A Manuel tocoulle o móbil e a Iago o
mp4.
ASM: Como foi a cerimonia? Respirábase bo ambiente?
I&M: A cerimonia foi gratificante. Vimos os vídeos dos participantes e,
ademais, un documental sobre o chamado “modelo Burela” de
normalización lingüística. Esta localidade, a pesar de ser un dos puntos do
país con máis inmigración, ten unha das maiores porcentaxes de
galegofalantes (86% da mocidade). Entre a proxección dos distintos vídeos,
intercaláronse as intervencións dos membros do xurado, que tocaron o
tema do galego no seus ámbitos artísticos e laborais. Máis tarde
desfrutamos dun concerto de Luís “o Caruncho” coa zanfona. Ao remate do
acto, realizouse unha cea na Taberna do Forno cos organizadores, xurado e
Páxina 22
Número 17 Á sombra da muralla
participantes, na que había un excelente ambiente e unha comida exquisita
(risas).
ASM: Que vos pareceu a experiencia?
I&M: A verdade é que foi moi enriquecedora. Participar nun concurso deste
tipo, e sobre unha cousa tan importante como a lingua, é algo no que se
aprende moito. Observando os distintos vídeos e escoitando aos membros
do xurado, concienciámonos un pouco máis da grave situación do noso
idioma. Ademais, gañando dous premios, a experiencia non pode ser mala
(risa).
ASM: Como valorades este tipo de concursos e o seu obxectivo?
I&M: É algo que se debe facer máis, que se debe impulsar, e non só por
organizacións como A Mesa, senón tamén as institucións públicas, pois é
mester protexermos algo tan importante e identificativo do noso país como
é a lingua. Xa que logo, calquera actividade co fin de promocionala e
potenciala, sobre todo nos sectores máis novos da sociedade, é algo que
non pode ser visto senón con bos ollos. A sociedade non só debe colaborar,
ten que implicarse... Vén á nosa mente o que dixo Nel Vidal na entrega de
premios: “Nun prato de ovos con touciño, a galiña colabora, pero o porco
implícase” (risa)...
ASM: Entón, vós aconselládeslles aos nosos lectores que participen neste
tipo de actividades e que pidan unha maior potenciación das mesmas?
I&M: Evidentemente, é o que cómpre.
ASM: Moitas grazas por todo, rapaces. Un pracer e sorte coa avaliación!!
Páxina 23
Á sombra da muralla número 17
Monólogos de Víctor e Nino Víctor Rodríguez FerreiroAntonino Gugliandolo López
Ola, somos Víctor e Antonino. Durante este curso pasamos unhas cantas horas dedicadas á edición desta revista que tedes nas mans, recopilando artigos doutras persoas, realizando entrevistas e redactando. En ocasións comezamos temas que quedaron inacabados por falta de tempo, por problemas informáticos ou porque perdemos o fío do que queriamos dicir. Con todo, queremos comunicar estas ideas, por inconexas que puideran parecer. Comezaremos por escribir uns refráns que dun xeito ou outro imos aplicando e por iso lembramos.
Máis vale o malo coñecido que o bon por coñecer.
Despois del virá quen bon o fará.
Can ladrador, pouco mordedor.
A avaricia rompe o saco.
oooO0Oooo
Estimados profesores, se nos permitides, hai algúns alumnos aos que non lles gustan os exames. Porque poñen a un nervioso e que xamais deberían ter existido nunca. Os alumnos non os soportan porque son moi difíciles pero á vez son bos para poder aprender. Os alumnos da universidade sofren moito cos exames porque teñen moitos exames acumulados e non soportan os suspensos. Incluso os adultos ás veces se desesperan cando teñen que facer algún exame. Así que... non habería maneira de aprender sen facer exames?
oooO0Oooo
A violencia xuvenil é un problema que lles afecta a moitos estudiantes no mundo. Este é un feito que hai que denunciar ou contar aos pais para que eles nos poidan axudar. O maltrato non só é fisico senón que tamén pode ser psicolóxico. O peor é o fisico por que lles soen dar palizas os rapaces máis brutos do instituto aos máis pequenos do instituto ou aos mais burros da súa clase. Se che pegan no instituto, nunca te quedes calado e non llo digas a ninguén, fala cos pais, cos profesores, coas autoridades...
Páxina 24
Número 17 Á sombra da muralla
Os videoxogos son un gran entretemento para os rapaces ou so é unha maneira tonta de gastar os cartos e, ao final, acabarte aburrindo deles? Realmente a cousa non está clara e hai moitas opinións contrarias sobre a cuestión. E iso non é todo, hai persoas que cren que viven nun videoxogo e acaban sen poder saír del e sen parar de xogar en todo o día. A xente comete asesinatos por culpa dos videoxogos como o que ocorreu en Estados Unidos, que por culpa dun videoxogo chamado DOOM uns rapaces mataron a profesores e alumnos. Un dos autores dixo que os mataran porque quixeran. Non obstante, os videoxogos tamén son bos porque axudan a aprender e a ter máis intelixencia para pensar que é só un videoxogo, non a realidade. Hoxe en día existe un sistema de recomendación chamado PEGI que indica a idade recomendada para xogar a cada un dos xogos. Con todo, ocorre que en moitas tendas non lles prestan atención e venden os videoxogos a calquer persoa, teña a idade ou non. Nós non temos solucións, pero quizá cada un deba reflexionar sobre o uso que fai destes xogos.
oooO0Oooo
E non queremos rematar esta pequena e inconexa sección sen lembrar, aínda que sexa brevemente, o accidente ocorrido o pasado mes de maio na rotonda do aeroporto de Santiago. Ningunha das rapazas, que viñan de quedar subcampioas no campeonato de España de voleibol, era alumna do noso instituto, máis sí temos entre nós compañeiros e compañeiras do mesmo equipo de voleibol e amigas e amigos tanto das rapazas falecidas como das feridas no accidente. Vaia a nosa lembranza e o desexo de que non se produzan accidentes, en especial tratándose de transporte escolar.
Que é a ONU? David Graña Parga
A ONU (Organización das Nacións Unidas) foi creada ao final da Segunda Guerra Mundial, en 1945, na cidade de San Francisco (EUA). Os seus obxectivos básicos son:
Promover o mantemento da paz e da seguridade internacional, así como fomentar as relacións amigables entre os países, baseándose no principio de
igualdade de dereitos e de autodeterminación dos pobos.Impulsar a cooperación internacional para a solución dos conflitos de carácter económico, social, cultural e humanitarioPromover e estimular o respecto polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais para todos, sen distinción de raza, sexo, lingua ou relixión.
Páxina 25
Á sombra da muralla número 17
Tan fráxil é a vida María da Saleta González Rodríguez1º premio de poesía do certame “Letras Galegas” (bacharelato)
Tan fráxil é a vida
Coma unha Pomba
Se a apertas moi forte morre esmagada
Se a apertas moi frouxo escapa sen que te deas conta
Equilibrio
Iso é a vida? Equilibrio
E cando chega o golpe desestabilizador
A Pomba fuxe
Onde estades agora?
Perdidas na escuridade, iso só foi un momento para ti
Agora sabedes o que eu aínda non sei
Tardarei? Tardarás ti? Quen o pode saber? Quen o decide?
As Parcas? Shiva? Iavé? Alá? Deus?
Sei o que sinto... confusión
Ou sentir confusión é non saber o que sintes?
Que son? Que sinto? Que gardo no meu interior? Ou a quen?
A Amor, profundo e puro, o mais intenso que xamais sentín,
A Morte, negra e incerta, que agora me desacougas...
Páxina 26
Número 17 Á sombra da muralla
Hoxe,
Morte levou a dúas antigas compañeiras,
Dúas antigas amigas
Recordo a unha nena, un ano menor ca min, na escola.
Recordo a unha nena, algo maior ca min, no primeiro ano de instituto
Hoxe,
Amor trouxo consolo, agarimo, refuxio
Teño unha voz cálida e doce, que arroupa o meu ser con palabras de mel e
azucre
Teño un corpo no que verquer as bágoas, uns brazos que me protexen
Si, Vida da medo
Porque non sabes cando remata e chega Morte
Pero non se pode temer
Se temes non coñecerás
A Amor, a Ledicia, a Amizade...
Os adorables fillos de Vida
Páxina 27
Á sombra da muralla número 17
Fuxir Isabel Alonso Vicente2º premio de narrativa do certame “Letras galegas” (bacharelato)
Fuxir, fuxir, fuxir, fuxir. Sempre fuxindo. Sempre escapando. Sempre a piques de rendirse, de pararse no medio dalgunha escura rúa, de esperar ao seo captor algún frío setembro, deses que anormalmente liquidan ata o máis pequeño raio de sol, tentando advertir de que o xeo do sono eterno atópase perigosamente preto.Xa non lembraba cantos anos deambulara sen máis rumbo que a supervivencia. Ás veces parecían séculos. Non lembraba o perfume fogareño da súa nai, nin a cor dos ollos do seu pai, cousas que doían ao saber que a xente normal debe recordalo. Incluso tiña serios e desesperanzadores problemas para lembrar o seu propio nome. Procuraba non pronuncialo, non o deixaba saír dos seus escuros beizos, conxelados polo tempo.Apenas durmía. Ela sentía que xa non o necesitaba. Ás veces botaba unha cabezada, máis por costume que outra cousa. Os seus pesadelos aterrábana. Vía imaxes horrendas mesturadas con recordos que nunca vivira.Non aparentaba máis de vinte anos, pero recordaba ás mozas histéricas berrando por Elvis, os grupos de estudantes melenudos fuxindo de policías opresores, o trauma de miles de adolescentes ante a morte do último heroe grunge.Pero tamén recordaba barcos de vela, feras furiosas, o idioma morto e as pirámides.Recordos vagos. Distorsionados. Ou non.O único que sabía con certeza era que desde sempre fuxía.Pero a falta de memoria, o olvido do seu obxectivo e do seu pasado acabaron por deixarlle a opción de deterse e considerar a súa situación.Era un día de tormenta. O ceo gris emitía certa sensación de tranquilidade inquietante. Ao seu redor non vía máis que un céspede verde escuro, que semellaba brillar ante os relampos por mor das pingas cristalinas que caían cada dous minutos.O horizonte estaba definido por bosques de altas arbores alí onde mirara. Pareceulle un lugar fermoso para esperar.Aquelas árbores lonxanas, susurrantes, serían testigos do seu inminente porvir.A situación resultáballe familiar. Pero iso non era nada novo. A súa vida enteira era unha especie de deja vu.De súpeto, ao mesmo tempo que un trono facía tremer ás nubes, unha figura indefinida e sinistra apareceu no claro polo fondo oeste. Avanzaba con paso lento pero firme.
Páxina 28
Número 17 Á sombra da muralla
Ela sorriu. Sentía que gañara a partida, que resistira ata o que quixera, que finalizaba cando o desexou. Era xogadora, pero era árbitro.A figura detívose a uns vinte metros dela. As gotas morrían no chan. O aire semellaba borroso.Só acadaba a ver que a misteriosa figura vestía de riguroso negro, moi de acordo co tinte que tomara o día.Durante dous ou tres minutos, o silencio reinou elegante tomando a chuvia como raíña.Pero entón a figura encapuchada falou con voz firme e inusualmente alta.-Cómo é o teu nome?-Non o sei- contestou ela con seguridade.-Non sabes quen es- non era unha pregunta.Ela esperou calada a que continuara.-Boteite de menos.Os ollos verdes da rapaza descompuxéronse momentáneamente para voltar á súa tranquila apariencia rápidamente.-Por qué me persegues?- quixo saber-Porque escapas.A seguinte pregunta soaba estúpida incluso na súa mente, pero era unha cuestión inevitable.-E… por qué escapo?A pesar de non poder verlle a cara, sabía que o misterio en persoa que se atopaba ante ela estaba sorrindo.-Porque te persigo.
Conta unha antiga lenda que a Lúa, na súa eterna soidade nos ceos, quixo ter unha compañía igual que tiveran os seres viciosos polos que velaba no seu dominio do ceo.E conseguiu crear unha flla. Fermosa coma as estrelas, fría como o ceo, branca como a súa nai, e salvaxe coma a escuridade.E o Sol non quixo ser menos. Na súa eterna rivalidade, na súa vinganza por matalo cada día, na súa envexa, creou un fllo de seu.Pero a mesma Fatalidade se encarnou neles, cando as súas miradas se atoparon, se encandilaron, e xuraron fdelidade eterna.A Lúa, colérica, entregou a súa flla a Olvido, e os amantes non volveron a verse. Endexamais. Dicen os anciáns que, o día que se atopen de novo, algo ocorrerá. Pero non saben que.
Ese día en que o xogo rematou, o cazador atrapou a presa, a presa deixouse cazar, os amantes atopáronse de novo.E o mundo detívose.
Páxina 29
Á sombra da muralla número 17
Confesións dun viaxeiro do tempo Isabel Alonso Vicente2º premio de poesía do certame
“Letras galegas” (bacharelato)
Xusto, dis?Non tes ningún dereito.
Ti non sabes que son eu!Ti non sabes que fun eu!
Atrapada nunha eterna xuventude,Xuventude dos Frankenstein do tempo!
Nin vella, nin vida.Sabes o que teño?Anacos de vidas.
Unha colección arrepiante.Lógobre.Noxenta.
Ti non sabes que son eu!Ti non sabes quen fun eu!
Nas súas ordes volvín no tempo.Pecado capital, o inferto, e o vento!
Conxeado.Noxento.Perfecto.
Ti non sabes que son eu!Ti non sabes quen fun eu!
Vin as feras rabiosas do Coliseo.Bailei na corte de Carlos III.
Surquei o Caribe co mar o co vento.O mar, sí, o mar.
Así era el, salvaxe e mortal.Ollos negros, sorrisa do demo.
Cicatrices máis que estrelas.Inocentes mortos por millares.
E sempre para min nos mais doces lugares.
Ti non sabes quen son eu!Ti non sabes quen fun eu!
Páxina 30
Número 17 Á sombra da muralla
Que quedou?Nada.
El está morto.E eu?
Non estou viva.Que foi el?
Que fun eu?Que son eu?
Dime que fun un soño.Dimo. Dimo. Un soño!
O zoolóxico María Losada Burgo2º premio de poesía do certame “Letras galegas” (ESO)
Cando ía camiñandopolo zoolóxico adiante,vía aos animais mirandopensaba: oxalá non salten.
Como salten hanme matar,pois posúo boa carne,eles ven todo un manxaronde non hai máis que sangue.
Non poden saltar, non ho,que por bastante que anden,como non vaian ao voo,dálles sempre un bo calambre.
Quedan ben escarmentadosse un bo calambre lles dá,parecen mentalizados,pois non volven a probar.
Pode que non o pareza,pero teñen gran talento,mesturado coa belezacombínano todo dentro.
Páxina 31
Á sombra da muralla número 17
Quero escribir un libro Isabel Alonso Vicente1º premio de narrativa do certame “Letras galegas” (bacharelato)
Quero escribir un libro.Teño un par de boas ideas, pero sempre son parecidas a algo. Recordan a algunha película famosa, ou a un bestseller.
Cando era nena, o meu soño era escribir un libro. Pero pouco a pouco ese soño cambiou.Non soño con escribir un libro, sei que podo facelo, e que o vou facer. Soño con publicar un libro. Soño con que centos de persoas gusten das aventuras da miña imaxinación. Con ser escritora. Pero claro, o meu traballo é outro.
Podería escribir sobre unha rapaza. Si, unha rapaza estaría ben. Sería independente e coas ideas claras. Gustaría do rock'n'roll, e posiblemente fumaría.A moza tería un accidente, digamos, na moto dun dos seus amigos, nada serio. No hospital propoñeríanlle facerlle unhas probas, probas que lle están a facer a todo o mundo, sen darlle moitas explicacións.Un par de días despois, aparecerían uns homes, un inglés, un par de alemáns, e algún outro. Diríanlle que o seu código xenético é o unico que atoparon en todo o mundo que faría que o seu corpo puidese resistir utilizar unha máquina que a faría viaxar no tempo.Ela faría bromas, buscaría a cámara oculta.Convenceríana, e sería a primeira viaxeira do tempo da historia.Os miles de millóns utilizados no proxecto serían de empresas privadas, que buscarían polos seus intereses, e decidirían a que tempo debería ir.Tería que borrar da súa mente todas esas absurdas ideas das viaxes no tempo que saen nas películas de Hollywood. Fixera o que fixera, non podería cambiar o rumbo da historia. Ela iría ao pasado, e como o pasado xa pasou, ela xa estivo alí. Fixera o que fixese, ela xa o tería feito. Era moi sinxelo, pero moi complicado.As normas que fixaran os científicos establecían que o período máximo que podería pasar nunha viaxe serían dous anos. Nin un día máis.Pero ela iría e volvería no mesmo segundo do presente. Estraría na máquina e sairía no mesmo minuto. Para o resto do mundo, a espera sería minúscula. Para ela, o tempo establecido. Dous días, dous meses, dous anos.Implantaríanlle cirurxicamente uns nanochips con todo tipo de información. Idiomas, historia, coñecementos necesarios. Era perigoso, e acurtaríalle a vida, pero, que serían uns anos na vida dunha moza a cambio do maior experimento da historia da humanidade?Faría a primeira viaxe. Ao século XV. Dous días. Volvería con todo tipo de información. Descubriron que podía portar obxectos con ela. Tamén descubriron que as súas células non envelleceran. O seu corpo non envellecera. No tempo que estivera no pasado, os días non pasarían por ela.Todo sería alegría, euforia, o proxecto marcharía ben.Un par máis de viaxes, e unha das empresas privadas mandaríaa a Troia. Dous anos. Nunca estivera tanto tempo nunha viaxe, pero non tería medo.Descubriría que realmente existiu, tanto a cidade coma a guerra. Chegaría no sétimo ano. Coñecería a
Páxina 32
Número 17 Á sombra da muralla
Aquiles. Vería morrer a xente. Tería que matar a un home para salvar a súa vida. Aí, a protagonista cambiaría a súa visión do mundo. Querería a Aquiles. Regresaría. A xente estaría impaciente, no mesmo estado que os deixara. Pero para ela pasaran dous anos que a fixeran cambiar.Un par de viaxes más, sen importancia para ela, sentíase coma se fose un traballo calquera.A seguinte viaxe sería de seis meses. Finais do século XVI. Debería descubrir que ocorrera cun conflito dunha poderosa familia.Sería secuestrada por piratas. Nesa época, os corsarios surcaban os mares do Caribe.Namoraríase do capitán do barco. Sería distinto. Ollos negros coma a noite, sorriso incriblemente arrebatador, pícaro, intelixente, sanguinario.Chegarían os seis meses. E non regresaría. Esperou un par de días, pensando que levara mal a conta. Pero pasaría un mes e seguiría alí. Enfadaríase, deprimiríase. Pero estaría namorada de seu home. O único do que se namoraría. Saberíao. Na súa experiencia tería coñecido centos de homes, de todos os tempos. A súa propia filosofía sobre a vida fixéralle pensar que poucas veces o amor é de verdade. Que en toda a humanidade, en todo o mundo, en todos os tempos, só hai unha persoa que é para outra. E se tiñas a mala sorte de nacer cen anos despois que esa persoa, teríaste que conformar con outra semellante, pero non igual. E ela atopárao.Pasarían os anos, e viviría como pirata. Saquearía, bebería, mataría. Eran outros tempos. Sería feliz. O seu pirata adoraríaa. E ela sempre sería nova, o seu pirata envellecía, pero daba igual.Pasarían quince anos, e sen previo aviso, volvería.Ninguén entendería o seu grito de dor. Eles esperaran uns segundos a que ela volvera contenta e chea de novas coma sempre. Pero a ela roubáranlle a vida por un fallo da máquina. Deixárana alí, tivera por fin unha vida feliz, e róubanlla.Sufriría moito. Non volvería a ver ao sou amado, morrera había xa séculos.A protagonista volvería a cambiar. Volveríase arisca, doída. Sentíase incompleta, morta. Quince anos que para o resto do mundo non tiñan máis valor que un soño. Nada.Resignaríase. Que máis tería? Asumía que a súa vida non estaba nas súas propias mans, se non nos monstros que a crearan.Faría un par de viaxes máis, sen ganas, sen conseguir todos os obxectivos. En certo modo dependían dela. Non había outra persoa no mundo que puidera facelo.Adoecería de terribles dores de cabeza.Os médicos da corporación informaríana de que nuns anos morrería. O seu corpo non envellecía, pero o seu cerebro si. Acumulaba recordos e recordos que o seu corpo parecera non vivir. Unhas cantas viaxes máis, e calquer cousa podería sucederlle. Pero non lle importaría. Vivira xa moitas vidas. Tivera xa que morrer moitas veces, a aínda seguía ahí.Si. Non é unha mala historia. Faltan detalles, personaxes, concretar algunha viaxe. Engadir unha pasaxe divertida. Unha batalla en Troia, unas cantas descricións detalladas. Atar un par de cabos. Escribir detalladamente a súa vida pirata. Os seus sentimentos. A súa dor.
Si. Non é unha mala historia. Debería facelo xa.
Pero se escribira iso, non sería unha novela. Sería unha autobiografía.
Páxina 33
Á sombra da muralla número 17
Quixen ser Neruda Isabel Alonso Vicente2º accésit de poesía do certame “Letras galegas” (bacharelato)
PODO ESCRIBIR.
Quixeches ser Prometeo.pero o lume roubadode deuses calcinados
encendeu o teu cigarroe non fuches castigado
OS VERSOS.
Quixeches ser Alexandre.pero as grandes conquistas
foron barras de barsó noites perdidas
e caladas prohibidas
MAIS TRISTES.
Quixeches ser Rodion.pero o crime non foi tal
crime pasionaltequila e sal
e falta de moral
ESTA NOITE.
Quixeches ser Dorian.pero el quedou pintado
e ti sen bágoassen sexo
e sen retrato
Podo escribir os versos máis tristes esta noite.Quixen escribirche os versos máis tristes esta noite.Podería escribirme os versos máis tristes esta noite.
Pero morro lentamentecigarro a cigarro
e todo por lembrar o sabor do teu tabaco.
Páxina 34
Número 17 Á sombra da muralla
Entre ecos Noelia Martínez Rey1º accésit de poesía do certame “Letras galegas” (bacharelato)
Inescrutable pasarela de cores,bébeda e inalterable,
que me arrinca, que me fere:sentimento, cansazo, morte;Aparece utópica e enraizada
nas sombras,nas pegadas e nas flores;
Aparece eternamente desdebuxada,esculpindo dozuras na alma,
inocencia nos infernose reencontros con xeados amores.
Nesta implorable súplica dos adentrose no imposible da existencia,indescritibles son os versos,escintilantes, as esencias.
Berro!Que deixen para min as bolboretas;
Que a chuvia salgada mollenun intre, un intre,
entre a lúa e o arco da vella;estás aquí? Non! Esperta!E a memoria volve verte,
cun espertar do esquecer,auxilio de min,
celos de ser… envidia de non terte.Volve!
Nesta fiestra dos ensoñosquéreme!
Tan sinxelos húmidos sentimentos…Son verbas,
inventadas por min para os teus beizos.Síntote tan preto que queima,
penetrante na pel,inefable nos segredos;
Cos ollos pechadose o corazón moi quedo,
o amor brota das entrañas……SILENCIO.
Un adeus retumba entre ecos.
Páxina 35
Á sombra da muralla número 17
Chámome libro Patricia Martínez Rey1º premio de narrativa do certame “Letras galegas” (ESO)
Teño amenceres, teño postas de sol.
Teño noites e tamén días, teño risa e satisfacción.
Teño hilaridade e sorriso, teño versos, romances, poesías e poetas.
Teño alegría e felicidade, teño sentimentos, paixón, sensibilidade.
Teño sobresaltos.
Teño aventuras, ousadía, andanza…
Teño música, melodías e baile. Teño festa, foliada, troula…
Teño aloumiño, afago e meco… Teño abrazos e apertas. Teño recordos,
reminiscencia e lembranza.
Teño solidariedade, fraternidade, respaldo…
Teño pensamentos e imaxinación.
Teño a historia de Eva e Xoán. Na que vivían un conto de amor chea de
agarimo, aloumiños, afecto, e cariño. Pensamentos de bondade, afán,
desexo de disfrutar unha vida xuntos, veleidade, fantasía, caprichos…e
amor.
Teño cancións e cantigas. Teño fábulas de animais, fantasía, lendas e
relatos.
Teño anécdotas e enredos.
Teño ciencia, matemáticas, lingua, idiomas e historia.
Teño cidades, capitais, países, pobos… Teño mares e ríos.
Teño contos de princesas e de fadas. Teño feitizos, bruxas e xacias...
Teño diálogos e conversas. Teño sensacións, de esperanza, paz, alento,
ánimo, confianza e ilusión.
Teño as promesas de moitos.
Teño a un Quixote que gaña a paz nas guerras, que coñece un amor, unha
Dulcinea a quen ama e lle adica os seus logros, e tamén teño un Sancho
que non coñece nin a paz nin a guerra e que non posúe logros para adicarlle
Páxina 36
Número 17 Á sombra da muralla
á súa namorada.
Un Quixote que loita contra muíños para gañar a batalla aos xigantes, e
soña, soña que é un cabaleiro; un Sancho que non coñece xigantes e só ve
muíños. E non soña dorme.
E…
Conto a historia de Raquel e Bruno,
que v iv ían unha re lac ión
“maquillada”.
Por diante víase agarimo, tenrura,
amparo, protección e bo trato. Pero
o segredo era outro: batía nela,
maltrato, discusións, rexeitamento,
desprezo, feridas, magoaduras,
pena, mágoa, golpes e máis
golpes…
Tamén teño…
Maltrato, pelexas, rexeitamento, suciedade, bazofia, lixo e porcallada.
Teño guerras, disputas, enfrontamentos, combates e discordia.
Teño poucas disculpas e perdón.
Teño indiferencia, e impotencia. Teño frío e choiva tempestade e tormenta.
Teño desánimo .
Teño pobreza, penuria, escaseza de bens e necesidade de todo.
Teño mendigos e arruinados, teño desamparados e miserables.
Teño empobrecemento… Teño países chamados o “ terceiro mundo”.
O teño TODO e a vez non teño NADA.
-E quen es ti para telo todo?
- Chámome LIBRO.
Páxina 37
Á sombra da muralla número 17
Lendas Francisco Xabier Souto Ares
Segundo a maioría das lendas celtas de Galicia, Brath, xefe escita, tivo un fillo
chamado Breogán, que chegou ao actual territorio galego partindo de Escitia (ao
norte do Mar Caspio). Breogán venceu en moitas batallas e asentouse na zona
onde actualmente se sitúan A Coruña e Betanzos. Alí, fundou a cidade de
Brigantia e ordenou construir unha torre (que posteriormente reestructurarían os
romanos e que se chamaría Torre de Hércules).
Breogán tivo dez fillos. Un deles, Bile, deulle un neto chamado Golam, que
decidiu regresar á súa zona de orixe. Partiu con catro embarcacións pasando por
Gatiam, Sicilia, o Mar Negro e o Mar Caspio e chegou a Escitia. O que daquela
gobernaba ese lugar era o rei Reffloir,
que o recibiu calorosamente e lle
ofreceu a man da súa filla Seng, coa
que tivo dous fillos: Eremon e Eber
Donn. Golam chegou a ser máis
popular que o Rei, o que fixo que lle
collese envexa e o retase a morte.
Golam loitou con Reffloir e
venceuno.
Despois diso, marchou coa súa familia a Exipto, onde foi acollido polo faraón
Nectonebus, que tamén o casou coa súa filla, Scota, coa que tivo outros dous
fillos.
Tras permanecer oito anos en Exipto, voltou para Brigantia e atopouse cun reino
destruído. Breogán morrera e estalaran varias guerras tribais. Golam, que dende
entón se chamou Mil (guerreiro), xuntou os guerreiros da súa liñaxe, e
reconquistou o territorio do seu avó e gobernou durante moitos anos, ata a súa
Páxina 38
Número 17 Á sombra da muralla
morte, por unha enfermidade.
Outro fillo de Breogán, Ith, que moitos anos antes vira desde a torre de seu pai
unha lonxana costa verde, partiu cara a aquel lugar, seguindo o consello do pai,
que lle dixera que, de ir aló, nunca baixara do seu cabalo. Cando chegou ao novo
territorio (a actual Irlanda) atopouse con tres reis que discutían sobre como
debían repartir entre eles as terras dun cuarto, que morrera. Ith quixo
convencelos de que asinaran a paz, pero os reis crendo que trataba de quedarse el
co territorio tendéronlle unha emboscada cando regresaba ao barco. Coa
impresión de velos aos tres xuntos detrás, caeu do cabalo e os tres reis
alcanzárono e déronlle morte.
Ao regresar a Brigantia co corpo de Ith os demais tripulantes da nave, os irmáns
de Ith e os fillos de Mil decidiron vingarse e partiron cara a Irlanda con 5 barcos
e 40 xefes guerreiros.
Os Tuatha de Danaan, habitantes de Irlanda, invocaron aos deuses para provocar
unha tempestade contra a frota milesia, da que se salvaron todos os barcos
excepto o de Eber Donn, que xurou que acabaría con tódolos habitantes da illa.
Amairgin, outro fillo de Mil, conseguiu
parar a tempestade invocando ao espírito da
terra de Irlanda e, tras ser vencidos, os
Tuatha de Danaan foron enviados ao
mundo subterráneo.
A illa de Irlanda quedou gobernada polos
fillos de Mil: Eremon e Eber Finn, que a
dividiron en dúas (norte e sur). Esta,
segundo o Lebor Gabála Érenn (Libro das
Invasións) foi a última invasión que sufriu a
illa.
Páxina 39
Á sombra da muralla número 17
InfanciaRamón Piñeiro López naceu no seo dunha familia labrega da parroquia de Armea, concello de Láncara (Lugo), en maio de 1915. Tivo outros sete irmáns, dos que tres morreron sendo nenos. Era fillo de Vicenta López Fernández e de Salvador Piñeiro García, quen sempre demostrou unha preocupación pola cultura e pola educación dos seus pequenos superior á habitual naquela época entre a xente humilde. Isto, e a incipiente curiosidade e intelixencia de Ramón, explica que xa antes de chegar, con seis anos, á escola, o neno soubese ler, escribir e resolver algunhas operacións matemáticas. Se a escola non supuxo dificultades intelectuais para Ramón Piñeiro, adiantado con respecto aos seus compañeiros grazas á axuda familiar, si que lle causou un forte impacto ao facerlle percibir en toda a súa crueza a diglosia presente na sociedade.Entre 1924 e 1928, Ramón Piñeiro cursou en Lugo o bacharelato elemental. Neses anos descubriu a literatura; tamén a literatura na súa lingua, que lle chegou da man dunha antoloxía de poetas nosos. Quedou impresionado ao decatarse de que o idioma de campesiños que a escola desprezaba era tan apto coma o castelán para as sutilezas da poesía.
Descubrimento do galeguismoA precaria situación económica da familia impediu inicialmente que Ramón Piñeiro puidese continuar os seus estudos, polo que este regresou á casa para dedicarse aos labores do campo. Mais, aconsellada polo fillo do secretario do concello de Láncara, a familia resolveu enviar a Ramón a Sarria, onde levaría a contabilidade do comercio dun amigo do pai. Alí tivo Piñeiro os seus primeiros contactos co galeguismo. Subscribiuse ao diario El Pueblo Gallego, onde escribían artigos na lingua de Rosalía destacados intelectuais, como Ramón Otero Pedrayo. Ademais, cando en 1931 se proclamou a II República, o galeguista Lois Peña Novo foi falar á vila nun mitin que acabou de espertar as simpatías do mozo de Armea polo movemento que o orador defendía.A finais daquel ano, Ramón Piñeiro volveu a Lugo para cursar o bacharelato superior axudándose da circunstancia de que unha súa irmá tiña traballo e casa naquela cidade. Alí medrou o seu sentimento galeguista, polo que fundou, canda os seus compañeiros de instituto, a Mocidade Galeguista de Lugo, da que foi secretario de cultura. A súa intelixencia e a súa entrega á causa levárono a relacionarse cos líderes do
Páxina 40
Número 17 Á sombra da muralla
Partido Galeguista (PG) e a recibir deles importantes encargos, a pesar de ser aínda moi novo. A súa traxectoria culminaría coa súa elección como secretario do Comité Provincial do partido, o que o levou a implicarse fondamente na campaña a prol do Estatuto de autonomía.
A guerraCando, o 18 de xullo daquel mesmo ano, se produciu o levantamento militar contra o goberno, Ramón Piñeiro participou como representante do PG na comisión asesora do gobernador civil en defensa da República. Dende o momento en que os sublevados tomaron o control da situación, o mozo de Láncara estivo en perigo. En diversas ocasións tivo que esquivar, só ou coa axuda de compañeiros de estudos ou amigos da familia afectos aos rebeldes, a detención e a morte. Finalmente, cando chamaron a súa quinta, incorporouse a filas, pois servir no exército dos sublevados semellaba a única opción de protexer a súa vida.Axiña descubriu que tampouco no exército estaba a salvo das denuncias e que, aos perigos normais da guerra, debía sumar os que derivaban da súa filiación política durante os tempos da República. Á súa insegura situación persoal uniu tamén Piñeiro a angustia que lle produciu comprobar como, a medida que se prolongaba o conflito bélico, as persoas que o rodeaban se ían insensibilizando e endurecendo. Agoniado ante a posibilidade de rematar coma elas, caeu na depresión. Desta experiencia xurdiu, unha vez superada a enfermidade, o seu interese pola filosofía, na que Piñeiro buscou a resposta á actitude deshumanizada que vira xeneralizarse ao seu arredor nos tres anos de guerra.
A loita clandestina
Así pois, rematada a contenda, Ramón trasladouse a Santiago de Compostela para estudar os anos comúns da carreira de Filosofía e Letras. En 1942 marchou a Madrid para cursar a especialidade de Filosofía.
En 1943 participou na reconstrución clandestina do PG e pasou a formar parte do seu Comité de Dirección. Aproveitou a súa estadía en Madrid para impulsar tres proxectos iniciais do part ido: tomar contacto cos galeguistas exiliados, cos nacionalistas cataláns e vascos e co resto das forzas antifranquistas clandestinas.
No ano 46, axudado por nacionalistas vascos, Ramón Piñeiro cruzou os Pirineos a pé e, dende a fronteira, viaxou a París para entrevistarse co presidente do goberno republicano no exilio, José Giral. A súa misión era dobre: por unha banda, conseguir que se incluíse un ministro galego no dito goberno e que este fose Castelao, tal e como acordaran todas as forzas democráticas galegas; por outra, informarse dos plans e medios que o goberno tiña para derrocar o réxime de Franco. Conseguiu ambos os propósitos, mais quedou desolado ao constatar que o proxecto de Giral para rematar co franquismo era inxenuo e irrealizable, froito do descoñecemento da verdadeira situación que se vivía en España.
De volta a Madrid, Ramón Piñeiro foi prendido nunha reunión na que ía informar os outros grupos clandestinos das súas xestións en Francia. Foi condenado a seis anos de cárcere, dos que cumpriu tres.
A loita culturalVista a fortaleza que fora adquirindo o réxime franquista e o seu progresivo recoñecemento internacional, ao saír da cadea Ramón Piñeiro creu inviable
Páxina 41
Á sombra da muralla número 17
continuar cunha decidida loita política na clandestinidade e optou pola loita cultural.
Tras operarse da vista, que se resentira dos tres anos de prisión, uniuse ao proxecto de levar adiante unha nova editorial, Galaxia, que lle dese cobertura legal ao galeguismo e permitirse facer públicas as súas ideas co fin de crear conciencia de país, especialmente entre as xeracións que estaban medrando baixo o férreo control ideolóxico do franquismo. Co mesmo propósito, tras instalarse en Santiago coa súa muller, Isabel López García, coa que casou en 1952, iniciaría o labor de entrar en contacto cos mozos que chegaban á cidade para cursar os seus estudos universitarios. Pola famosa mesa de braseiro da súa casa na rúa Xelmírez, 15 pasarían durante as dúas décadas seguintes moitos rapaces con inquietudes culturais e políticas.
Ramón Piñeiro foi o director literario de Galaxia e, dende ese posto, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega da posguerra. Un dos primeiros propósitos da editorial foi crear unha revista, Grial, para a que non se conseguiría autorización gobernamental ata o ano 1963. Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego dirixiríana dende esa data e nela o primeiro publicaría máis de corenta colaboracións. Mais, previamente, esta publicación periódica foi saíndo do prelo de forma encuberta, como colección de libros de autoría múltiple. Na Colección Grial, que editou catro números antes de que as autoridades a suspendesen, publicou Ramón Piñeiro o seu primeiro ensaio filosófico: "Significado metafísico da saudade" (1951), de grande impacto nos medios intelectuais galegos e portugueses. C on e s t a o b ra d em os t r a b a sobradamente o que o goberno e
moitos cidadáns poñían en dúbida: a capacidade da lingua galega para o xénero ensa ís t ico e para a e s p e c u l a c i ó n f i l o s ó f i c a .
Á saudade dedicaría Ramón Piñeiro outros catro traballos máis ("A filosofía e o home", "Para unha filosofía da saudade", "Saudade e sociedade, dimensións do home" e "A saudade en Rosalía") que, en 1984, reuniría no libro Filosofía da saudade. Dez anos antes, no volume Olladas no futuro, escolmara o máis significativo dos artigos que fora publicando dende o ano 49 en publicacións periódicas, nomeadamente en Grial. Ademais da creación orixinal, destaca no labor de Ramón Piñeiro a prol da cultura de Galicia e da dignificación da súa lingua a publicación de dúas traducións realizadas en colaboración con Celestino Fernández de la Vega: o Cancioneiro da poesía céltica, de Julius Pokorny, tradución que foi premiada pola editorial Bibliófilos Gallegos, e a conferencia de Martin Heidegger Da esencia da verdade. A significación que tiña a publicación en galego dun dos filósofos máis relevantes do momento, aínda non traducido ao castelán, non escapou ás autoridades, que puxeron reiterados atrancos á súa saída do prelo. A preocupación pola lingua galega de Ramón Piñeiro reflíctese tamén na súa dedicación á revisión e publicación do Diccionario gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, que finara en 1949 sen sacar á luz o seu traballo lexicográfico.
En resposta ao afogamento da cultura galega que o franquismo practicaba sistematicamente, Ramón Piñeiro redactou un documento de denuncia que foi asinado por diversos centros galegos de América e repartido na nosa lingua, en inglés e en francés na VIII Asemblea Xeral da UNESCO (1954), causando o desconcerto entre
Páxina 42
Número 17 Á sombra da muralla
a delegación española, presidida polo ministro de Educación. Xesús Alonso Montero deulle a este episodio o nome de "bata l la de Montev ideo".
A partir do ano 1966, Ramón Piñeiro foi convidado durante catro veráns ao Middelbury College de Vermont (EEUU) para impartir cursos sobre o a sociedade e o pensamento españois. En 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A linguaxe e as linguas, en que, en opinión de Henrique Monteagudo, poden atoparse ecos dos estudos de sociolingüística que estaban xermolando naqueles a n o s n a s u n i v e r s i d a d e s norteamericanas.
Volta á area políticaDurante os últimos anos do franquismo, Ramón Piñeiro ocupouse tamén de facilitar a creación dun partido socialista e outro de tendencia democristiá galegos, convencido de que "a maioría de idade política de Galicia tiña que consistir mesmamente en que deixase de existir un partido galeguista para que fosen galeguistas todos os partidos democráticos". Con todo, el non se integrou en ningunha destas formacións, pois coidaba que cumpría continuar facendo unha política cultural á marxe dos partidos que servise para galeguizar a parte da sociedade que non militaba en ningún deles.
A situación cambiou coa chegada da
democracia e, con ela, da posibilidade
da autonomía. Ramón Piñeiro comezou
por apoiar diversos manifestos a prol
da consecución dun auténtico
autogoberno para Galicia e por
participar na formación da sociedade
de estudos e opinións Realidade
Galega, que esixiu para o noso país un
estatuto que lle garantise niveis de
autonomía equivalentes aos do País
Vasco e Cataluña. Nas primeiras
eleccións democráticas foi candidato
ao senado por Lugo nunha candidatura
de unidade dos partidos que
propugnaban o federalismo. A pesar de
que a apoiaban o Partido Popular
G a l e g o ( d e m ó c ra t a - c r i s t i á n s
galeguistas), o PSG, o PSOE, o PC e o
Movemento Comunista de Galicia, os
seus resultados foron cativos.
Preocupado por asegurar a presenza
galeguista no primeiro Parlamento
galego, cando chegaron as eleccións
autonómicas aceptou a oferta do
PSdeG-PSOE de ir como independente
nas súas listas. Deste xeito, foi elixido
deputado autonómico, o que lle deu a
oportunidade de traballar a prol da Lei
de normalización lingüística, aprobada
por unanimidade en 1983. Nese
mesmo ano, Ramón Piñeiro foi elixido
presidente do primeiro Consello da
Cultura Galega, cargo que ocuparía ata
o seu pasamento en 1990.
Páxina 43
Á sombra da muralla número 17
A rede social galega Manuel María Veiga Lombardía
Internet está xerando, nos últimos anos,
moitos e moi diversos xeitos de
comunicación entre usuarios. Algunhas das
webs máis empregadas hoxe son as
chamadas redes sociais, que pouco a pouco
van ampliando as súas prestacións. Entre a
longa listaxe de redes creadas para estes
fins só unhas poucas chegan a acadar o
éxito, como o xigante internacional
facebook, mais tamén hai iniciativas moi
boas sen saír tan lonxe. Moitas veces, os
propios galegos descoñecemos as
posibilidades que a rede galega nos ofrece.
Esperemos que este artigo axude a
combater esta carencia de información,
detallando as características de varias das
páxinas máis representativas neste campo.
Cabozo.com
Cabozo, para algúns o facebook galego, é
unha comunidade web galega creada hai
máis de un ano por un galego emigrado en
Alemaña para manter contacto cos seus
familiares e amigos. Recentemente decidiu
abrila ao público e agora conta con máis de
700 usuarios. Entre as funcionalidades que
ofrece esta páxina podemos encontrar a de
compartir imaxes, vídeos ou calquera tipo
de arquivos. Existe a posibilidade de crear
grupos, de amizades ou para falar dun
determinado tema, que poden ser públicos
ou privados e son administrados polo seu
creador. Ademais, cada usuario posúe un
taboleiro no cal pode escribir o que queira
e recibir mensaxes e un álbum persoal de
imaxes. Pódese atopar xente cos mesmos
gustos musicais, cinematográficos ou
literarios. Se se “segue” un usuario, cada
vez que se escriba algo novo no seu
taboleiro, un aviso informa da novidade.
Cabozo é unha comunidade aberta a todo
tipo de suxestións e está en continuo
proceso de mellora. Está integramente
redactada na nosa lingua, baseada
exclusivamente en tecnoloxía aberta e
cumpre todos os requisitos que se
demandan nunha rede social actual... hai
algún motivo para non entrar?
Lareta.net
Lareta.net, microbloguexo dende Galiza, é
un sistema de microblogging. Permite
enviar mensaxes curtas que son enviadas a
unha liña pública e tamén aos amigos e fans
que teñas, empregando a web, RSS ou
Páxina 44
Número 17 Á sombra da muralla
mensaxería instantánea.
Nestas mensaxes (ou chíos) podes contar
algunha cousa que che acontecese, pór
unha ligazón a un sitio web de interese,
expresar a túa opinión sobre unha noticia
de actualidade ou responder a unha
mensaxe doutros usuarios. O seu
funcionamento é similar ao do twitter.
Sitios colaborativos de noticias
Na rede existen moitas páxinas de noticias
que están en galego (Vieiros, A nosa terra,
Galicia Hoxe...) ou parcialmente en galego
(Galiciaé, Xornal...). Nestes sitios, a
contribución que poden aportar os usuarios
é a de escribir comentarios á noticia en
cuestión. Porén, tamén existen webs nas
cales os propios usuarios publican a nova,
como en Chuza! ou o Openvieiros.
Chuza
Chuza! é un clon galego do americano digg
que ten imitacións practicamente en
calquera lingua e lugar do mundo
(Menéame en castelán, La Tafanera en
catalán ou digbuzz en chinés). As noticias
son enviadas polos usuarios, facendo
referencia a unha nova publicada en
calquera medio dixital, e son avaliadas
tamén polos usuarios, de xeito que só
chegan á portada as máis votadas. A nova
pode tratar calquera tema, con total
liberdade para o que a mandou, coa única
condición de que a descrición se faga en
galego.
M a i s Chuza! of rece moitas máis
funcionalidades: conta cun sistema de chíos
similar ao de Lareta e un Fedello, no cal se
pode observar toda a actualidade recente
d a web (novas publicadas, comentarios,
últimos votos...) e chatear cos outros
usuarios.
Openvieiros
O xornal dixital Vieiros creou un servizo
colaborativo para que os seus usuarios
puidesen publicar aquelas noticias ou
opinións que quixesen. O funcionamento é
diferente a Chuza! pois aquí as noticias
c é n t r a n s e e n a c t i v i d a d e s o u
acontecementos que non teñen tanta
difusión, como as de un colectivo social ou
tamén na opinión persoal do usuario sobre
Páxina 45
Á sombra da muralla número 17
algún tema de actualidade. As
contribucións son publicadas polos editores
de Vieiros periodicamente.
Aloxamento e comunidades de blogues
Conforme a Internet vai crecendo, vaise
facendo máis habitual contar cun blogue
persoal onde o internauta pode escribir as
súas reflexións, ou algunhas asociacións e
colectivos, difundir os seus proxectos. Ter
un blogue pode servir para os fins que o
blogueiro decida. Recentemente, por
exemplo, creouse neste mesmo instituto un
blogue da biblioteca e outro do
departamento de inglés.
Algúns sitios de blogues galegos son:
Blogaliza
Naceu en 2003 como comunidade de
blogues en galego, e agora ten un servizo
de aloxamento de blogues gratuíto e sen
publicidade que forma parte do proxecto
Algueirada, que traballa pola difusión da
cultura na rede. Baséase no sistema
Wordpress, e non fai falta ter
coñecementos informáticos avanzados para
crear e manter unha bitácora, só tempo e
ganas.
Ademais dos blogues albergados neste
sistema, Blogaliza conta cunha listaxe de
todos os blogues en galego, o chamado
blogomillo.
Blogoteca
A Blogoteca defínese a si mesma como “un
sistema gratuíto para a creación, xestión e
aloxamento de blogs, ideal para usuarios
con baixos coñecementos técnicos”. O
sistema está desenvolvido por Abertal
Networks S. L. e é diferente en varios
aspectos ao de Blogaliza. Ademais da
versión gratuíta, tamén hai unha de pago,
sen publicidade e con dominio propio, por
35 euros ao ano.
Blogalego
É un buscador de blogues en galego, mais
sen vocación de se converter nunha
comunidade. A súa función é a de facilitar
aos internautas galegos a información
recollida nos blogues en galego.
GalizaID
Para os usuarios das diversas redes galegas,
existe un sistema moi cómodo que permite
unificar todos os contrasinais. Cunha conta
d e GalizaID, xa non tes que lembrar os
nomes de usuario e contrasinal de cada
páxina, tendo acceso a Blogaliza, Lareta,
Chuza! e tamén moitas outras redes, como
Twitter, Flickr, Last.fm...
Páxina 46
Número 17 Á sombra da muralla
Índice
Páxina
Editorial...................................................................................................... 1
O entroido de Laza.....................................................................................2
O botellón................................................................................................... 5
Un fenómeno chamado Inditex.................................................................. 6
Entrevista ao equipo de debate................................................................. 9
Quizais realidade......................................................................................11
As falsificacións........................................................................................13
Normalización social, por favor!...............................................................15
Excursión da clase de economía de 2º de bacharelato...........................18
Premios “mobilízate pola lingua”..............................................................20
Monólogos de Víctor e Nino.....................................................................24
Que é a ONU?..........................................................................................25
Tan fráxil é a vida..................................................................................... 26
Fuxir......................................................................................................... 28
Confesións dun viaxeiro do tempo...........................................................30
O zoolóxico...............................................................................................31
Quero escribir un libro..............................................................................32
Quixen ser Neruda................................................................................... 34
Entre ecos................................................................................................ 35
Chámome libro.........................................................................................36
Lendas......................................................................................................38
Letras galegas 2009: Ramón Piñeiro.......................................................40
A rede social galega.................................................................................44
Páxina 47
Á sombra da muralla número 17
Director:
Francisco Xabier Souto Ares
Consello de redacción:
Antonino Gugliandolo López
Diego Graña Parga
Jonathan Lopes Expósito
Víctor Rodríguez Ferreiro
Tamén colaboraron:
Alejandra Abuín Sixto
Andrea López González (IES “Anxel Fole”)
Darío Fernández Abad
David Graña Parga
Isabel Alonso Vicente
Hilario Armesto Gómez (fotografías centrais)
Manuel María Veiga Lombardía
María da Saleta González Rodríguez
María Losada Burgo
Nair González Rodríguez (IES “A Piringalla”)
Noelia Martínez Rey
Noelia Montecelos Madarro (IES “Anxel Fole”)
Patricia Martínez Rey
Deseño portada:
Iván Mouronte Barreiro
Páxina 48