A Narración en Prosa. Nacemento Do Relato Moderno

5
A NARRACIÓN EN PROSA. NACEMENTO DO RELATO MODERNO 1. A prosa humanística Durante o Renacemento desenvólvese unha prosa erudita na que se expoñen os novos ideais forxados polo humanismo. O principal representante é Erasmo de Rotterdam (1466-1536). Constituíu durante un cuarto de século o máis importante referente intelectual. A súa vida estará envolta nas polémicas e convulsións que sacudían á Europa do seu tempo. A pesar dos seus ataques a Roma e ás faltas de relixiosidade, non quixo romper coa Igrexa e estará en desacordo con algúns puntos básicos da doutrina luterana, sobre todo con respecto ao libre albedrío. A tarefa intelectual de Erasmo foi grandiosa: editou textos clásicos e cristiáns; foi tradutor e comentarista, e como redactor de gramáticas e manuais para a aprendizaxe do latín. Da súa inxente obra destacaremos polo seu influxo na época e valor literario: -Enchiridion (Manual del cabaleiro cristián): Propón o ideal de retorno ás escrituras manténdose lonxe de adherencias supersticiosas (reliquias, peregrinacións, cerimonias, culto externo oracións formularias…). Propugna sobre todo a relixiosidade interior, a oración mental e a procura do mesmo Cristo. -Eloxio da loucura: Preséntase como unha “declamatio” posta en boca da Loucura – autoeloxio- onde fai un panexírico do seu poder e da utilidade para a marcha do mundo, considerado este como o teatro da loucura. Erasmo combina a tradición medieval da barca dos tolos cos discurso paródicos de Luciano e vai pasando revista aos efectos beneficiosos da insensatez para a boa marcha do mundo. Eloxio da loucura é unha burla dos falsos valores sociais e relixiosos, das ridiculeces dos falsos sabios e dos hipócritas relixiosos. Remata cunha exaltación da loucura do cristianismo seguindo o modelo de San Pablo. Maquiavelo (1469-1527). Ocupou cargos políticos e diplomáticos na república de Florencia ata a caída dos Médicis. A súa obra máis popular é O Príncipe, obra que popularizou o adxectivo maquiavélico para indicar condutas sinistras, astutas e traizoeiras e deu del unha falsa imaxe. Non obstante, a obra é unha lúcida reflexión, a través da súa experiencia política e 1

description

Prosa do Renacimiento

Transcript of A Narración en Prosa. Nacemento Do Relato Moderno

Page 1: A Narración en Prosa. Nacemento Do Relato Moderno

A NARRACIÓN EN PROSA. NACEMENTO DO RELATO MODERNO

1. A prosa humanística

Durante o Renacemento desenvólvese unha prosa erudita na que se expoñen os novos ideais forxados polo humanismo.

O principal representante é Erasmo de Rotterdam (1466-1536). Constituíu durante un cuarto de século o máis importante referente intelectual.

A súa vida estará envolta nas polémicas e convulsións que sacudían á Europa do seu tempo. A pesar dos seus ataques a Roma e ás faltas de relixiosidade, non quixo romper coa Igrexa e estará en desacordo con algúns puntos básicos da doutrina luterana, sobre todo con respecto ao libre albedrío.

A tarefa intelectual de Erasmo foi grandiosa: editou textos clásicos e cristiáns; foi tradutor e comentarista, e como redactor de gramáticas e manuais para a aprendizaxe do latín.

Da súa inxente obra destacaremos polo seu influxo na época e valor literario:-Enchiridion (Manual del cabaleiro cristián): Propón o ideal de retorno ás escrituras manténdose lonxe de adherencias supersticiosas

(reliquias, peregrinacións, cerimonias, culto externo oracións formularias…). Propugna sobre todo a relixiosidade interior, a oración mental e a procura do mesmo Cristo.

-Eloxio da loucura:Preséntase como unha “declamatio” posta en boca da Loucura –autoeloxio- onde fai un

panexírico do seu poder e da utilidade para a marcha do mundo, considerado este como o teatro da loucura. Erasmo combina a tradición medieval da barca dos tolos cos discurso paródicos de Luciano e vai pasando revista aos efectos beneficiosos da insensatez para a boa marcha do mundo.

Eloxio da loucura é unha burla dos falsos valores sociais e relixiosos, das ridiculeces dos falsos sabios e dos hipócritas relixiosos. Remata cunha exaltación da loucura do cristianismo seguindo o modelo de San Pablo.

Maquiavelo (1469-1527). Ocupou cargos políticos e diplomáticos na república de Florencia ata a caída dos Médicis. A súa obra máis popular é O Príncipe, obra que popularizou o adxectivo maquiavélico para indicar condutas sinistras, astutas e traizoeiras e deu del unha falsa imaxe. Non obstante, a obra é unha lúcida reflexión, a través da súa experiencia política e dos exemplos tomados da historia do seu tempo, sobre a eficacia do poder autoritario e unha defensa da razón do estado.

A obra consta de vinte e seis capítulos nos cales o autor expresa a súa ambición de construír un Estado forte rexido por un soberano cunha suma de poder absoluto, como noutros Estados europeos da época, para lograr a ansiada unificación e o fortalecemento das institucións.

Seguro das limitacións intelectuais e políticas do pobo, entende que o gobernante necesita ser un mestre da manipulación e a sedución, elementos que debe utilizar para manexar a vontade, preferencias e opinións do pobo, e así asegurarse a súa adhesión. A pesar dos seus detractores, Maquiavelo asocia este fin ao ben común e o fin do poder non sería o fin en si mesmo senón que unha vez logrado e establecido, o Estado debe ofrecer leis xustas ao pobo, e este asumir a defensa e seguridade da nación.

A súa revolucionaria concepción dun Estado separado da relixión creoulle a inimizade da Igrexa católica que se manifestou basicamente na declaración de obra impía e libro maldito que recibiu O Príncipe, o que implicou a súa prohibición.

1

Page 2: A Narración en Prosa. Nacemento Do Relato Moderno

Thomas More ou Tomás Moro (1478-1535) é considerado o máximo representante do humanismo británico. A súa obra máis coñecida é Utopía.

Esta obra con aparencia de novela, na que se nos describe o estado ideal dunha illa imaxinaria (u-topia=non-lugar) na liña das descricións de Platón (en As Leis ou A República), pertencen máis ao pensamento político que á literatura. Nas propostas deste estado ideal, xunto ás que podemos considerar progresistas como a abolición da propiedade privada, a universalidade do traballo (6 horas laborais) ou a licitude da eutanasia, hai outras reprobables como a existencia de escravos. Moro propón o descrédito da riqueza e exalta unha relixión natural e unha tolerancia de clara filiación erasmista.

Castiglione (1478-1529)O mantuano Baltasar de Castiglione é, xunto con Maquiavelo, un dos autores máis decisivos

na formación do ideal de home renacentista. Formouse humanisticamente en Milán, onde iniciou a súa carreira diplomática. O papa Clemente VII enviouno como nuncio apostólico á corte española de Carlos V, para que mediase nos litixios entre o papado e o emperador. Cando as tropas imperiais saquearon Roma en 1527, Castiglione foi acusado de non conseguir evitar o desastre. Este revés minou a súa saúde, e morreu en Toledo.

Aínda que escribiu algunhas obras poéticas, a súa influencia e a súa fama débense a O cortesán, tratado de bos costumes no que traza o retrato do perfecto cabaleiro da corte. Este debe cultivarse nos exercicios nobres -manexo da espada, caza...-, pero tamén noutras actividades distinguidas como a música, a danza ou a composición literaria. Debe, ademais, observar un comportamento adecuado cos demais membros da corte, especialmente co seu soberano. Nun interesante apartado do libro, Castiglione ocúpase da educación das mulleres.

No estilo do cortesán destaca a sinxeleza da súa prosa, acorde co principio renacentista de fuxir da afectación.

2. A novela

François Rabelais

A personalidade e a obra de Rabelais figuran certamente entre as máis curiosas e apaixonantes da súa época, síntese de vellas tradicións medievais e proxección cara ao futuro, cunha sólida base nos ensinos de Erasmo.

Rabelais naceu cara a 1485, na rexión de Turena. Tras ser monxe en distintas ordes relixiosas, dedicouse á medicina, sendo un dos primeiros en practicar a disección de cadáveres, segundo o exemplo de Leonardo da Vinci.

Rabelais flutuou entre a fidelidade á Igrexa e as novas ideas calvinistas. El tamén gozou da protección de Margarita de Navarra e morreu en 1553. A súa obra componse dos cinco libros que escribiu ao longo de moitos anos acerca dos avatares do xigante Pantagruel e o seu pai Gargantúa nos dous primeiros libros, xunto cos dun terceiro personaxe nos libros postremeiros chamado Panurgo.

Gargantúa e Pantagruel é unha xigantesca sátira da vida e costumes sociais, culturais, relixiosas e educativas dunha sociedade envellecida nas súas fórmulas aínda escolásticas. Nos dous primeiros libros, os máis coñecidos, sen dúbida, nárrasenos paralelamente o nacemento, infancia, educación e fazañas de ambos os personaxes, conferindo á obra un carácter grotesco cheo de situacións festivas e inverosímiles, dada a súa condición de xigantes, a súa alimentación, o seu vestido, o seu aloxamento, etcétera.

Logo dunha guerra que estas pacíficos e vitais criaturas sosteñen co malvado Picrocole, Rabelais descríbenos, nun dos seus máis belas pasaxes, a instauración dunha sociedade de homes selectos: a abadía de Theléme, na cal rexe o principio de «obra como queiras», e un ideal de vida con sacra á procura da felicidade.

2

Page 3: A Narración en Prosa. Nacemento Do Relato Moderno

O terceiro e cuarto libro nárrannos as inquietudes intelectuais de Panurgo, que o levan a emprender unha viaxe a terras remotas en busca do saber. Ao final do quinto libro o heroe obtén un oráculo da deusa botella: Trink, é dicir: Bebe.

Gargantúa é unha obra que malgasta imaxinación, vitalidade, sátira corrosiva e humor carnavalesco, mestura de epopea burlesca e novela alegórica; pero é non menos, e sobre todo, un experimento sobre os límites e posibilidades da linguaxe semellante a outros de tanta importancia como o Tristhan Samdy de Sterne, na Inglaterra do século XVIII, ou o Ulysses de Joyce, xa no noso século.

Rabelais mestura latinismos, neoloxismos, parodia da linguaxe médica ou escolástica, inventando palabras ou parágrafos.

3. O ensaio

Michel Montaigne O ciclo do humanismo atopa nos Ensaios “Essais” de Montaigne a súa culminación e o seu termo. Michel Eyquem naceu en 1533 nunha familia de comerciantes recentemente ennobrecidos. Logo de estudar dereito desempeñou tamén tarefas públicas. Viaxa á corte sen manifestar interese por lá política, ata que en 1570 se retira definitivamente á súa torre, dedicándose o estudo e á composición dos seus Ensaios, a primeira edición dos cales apareceu en 1580. Morreu en 1592.

O estoicismo e o escepticismo antigos están na base da obra de Montaigne, unidos a unha curiosidade universal, a unha enorme capacidade de introspección e a un profundo coñecemento dos homes; Montaigne odia o dogmatismo e o fanatismo, e abandona as doutrinas para recluírse nunha opción vital e intelectual de índole persoal.

Os seus Ensaios son un autorretrato espiritual:Quero que nel me vexan cos meus xeitos sinxelos, naturais e ordinarias, sen disimulo nin artificio, pois píntanme a min mesmo.

Montaigne escribe para coñecerse, el mesmo é o tema principal da súa obra: analízase, obsérvase e descríbese para «gozar finalmente do seu ser».

Trátase de chegar a ser o que verdadeiramente se é, dando curso ao propio eu e deste xeito, «compracerse cun mesmo.»

A experiencia fíxolle remiso ao cambio:Desgústame a novidade, calquera que sexa a aparencia que presente; e teño motivos, pois vin consecuencias moi prexudiciais.

Pero sempre busca a súa liberdade e a súa independencia, tanto vital como de opinión. Montaigne desconfía da civilización e da moral: a súa ética baséase na autenticidade e a natureza; a súa exaltación dos indios americanos colócanlle nunha posición claramente precursora do Romanticismo; pero Montaigne, ao contrario que Rousseau, retírase pero non se illa.

Publicados en tres diferentes entregas, os ensaios tratan dos temas máis variados: «Da constancia», «Da diversión», «Da vaidade», «Da ociosidade», «Dos prognósticos»,«Da experiencia», «Dos homes máis excelsos»..., aínda que en cada un deles o discurso poida ir flutuando dun tema a outro, mesturando anécdotas e experiencias persoais con bo número de citas de autores latinos. Tamén a súa extensión é moi variable, desde uns poucos parágrafos á moi extensa «Apoloxía de Raimundo Sebund».

En suma, a obra de Montaigne é unha das máis actuais, persoais e agudas de todo o seu tempo, e ofrécenos o retrato dun tempo e dun alma como ningunha outra obra da súa época nos legou.

3