A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as...

24
Nº 78 - Outubro 2014 53 A INNOVACIÓN EDUCATIVA DENDE OS MOVEMENTOS E AS ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS DE RENOVACIÓN PEDAGÓXICA: A ASOCIACIÓN DE ENSINANTES DE CIENCIAS EN GALICIA (ENCIGA) 1 MANUEL RAMÓN VARELA LÓPEZ RESUMO Os Movementos de Renovación Pedagóxica (MRP) e as asociación de profesio- nais de profesorado son instrumentos importantes na renovación das prácticas escolares. En Galicia, encóntrase unha das asociacións máis importantes a nivel nacional de profesorado de ciencias: a ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) que neste ano celebra o seu XXV aniversario. Neste traballo realizase unha investigación documental da ENCIGA. A modo de introdución faise un resumo do que son os MRP para posteriormente pasar a analizar a asocia- ción mencionada anteriormente. Comezarase esta análise coa orixe e evolución da ENCIGA, e as súas características e obxectivos. Posteriormente farase unha relación das actividades programadas, centrándonos especialmente nas dúas prin- cipais: o Boletín das Ciencias e os congresos anuais. Estas dúas actividades servi- rán de base documental para analizar cales son as principais achegas da ENCIGA á mellora da calidade no ensino das ciencias. 1. INTRODUCIóN Os Movementos de Renovación Pedagóxica (MRP) e as asociación de profesionais de profe- sorado son considerados instrumentos importantes na renovación das prácticas escolares. Para contemplar esta importancia faremos un breve resumo da evolución destas organizacións dende o seu nacemento ata a actualidade, facendo fincapé no acontecido en Galicia. Tamén analizare- mos cales son as súas características e obxectivos. 1 Traballo de Fin de Máster dirixido por María del Carmen Morán Castro

Transcript of A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as...

Page 1: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 53

A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As AsoCiACións profesionAis de renovACión pedAgóxiCA: A AsoCiACión de ensinAntes de CienCiAs en gAliCiA (enCigA)1

manuel Ramón VaRela lóPez

resuMo

Os Movementos de Renovación Pedagóxica (MRP) e as asociación de profesio-nais de profesorado son instrumentos importantes na renovación das prácticas escolares. En Galicia, encóntrase unha das asociacións máis importantes a nivel nacional de profesorado de ciencias: a ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) que neste ano celebra o seu XXV aniversario. Neste traballo realizase unha investigación documental da ENCIGA. A modo de introdución faise un resumo do que son os MRP para posteriormente pasar a analizar a asocia-ción mencionada anteriormente. Comezarase esta análise coa orixe e evolución da ENCIGA, e as súas características e obxectivos. Posteriormente farase unha relación das actividades programadas, centrándonos especialmente nas dúas prin-cipais: o Boletín das Ciencias e os congresos anuais. Estas dúas actividades servi-rán de base documental para analizar cales son as principais achegas da ENCIGA á mellora da calidade no ensino das ciencias.

1. IntroducIón

Os Movementos de Renovación Pedagóxica (MRP) e as asociación de profesionais de profe-sorado son considerados instrumentos importantes na renovación das prácticas escolares. Para contemplar esta importancia faremos un breve resumo da evolución destas organizacións dende o seu nacemento ata a actualidade, facendo fincapé no acontecido en Galicia. Tamén analizare-mos cales son as súas características e obxectivos.

1 Traballo de Fin de Máster dirixido por María del Carmen Morán Castro

Page 2: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias54

Nun segundo momento, e de xeito máis preciso, centrarémonos no estudo do caso dunha asocia-ción de profesionais da ensinanza, dende o seu funcionamento ata as súas achegas. A elixida foi a ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia). A elección realizouse nun primeiro lugar porque esta asociación está formada por profesores de ciencias que se corresponde coa especialidade estudada durante este Máster. Ademais neste ano 2013 a ENCIGA celebra o seu XXV aniversario.

A realización deste traballo fundamentouse na súa maior parte nunha investigación bibliográfica e documental, procedendo ao análise da totalidade dos Boletíns das Ciencias publicados (un total de 77).

O traballo, ademais desta introdución conta con outros cinco apartados. O segundo dedicado á reflexión global sobre o significado e alcance dos Movementos de Renovación Pedagóxica. Os tres seguintes presentan a análise sobre ENCIGA, a súa traxectoria e achegas á calidade da ensinanza das ciencias. Finalmente ofrécense as conclusións xerais que se extraen do traballo realizado.

2. os MoVeMentos de renoVAcIón pedAgóxIcA

Neste capítulo trataremos de forma breve as orixes e evolución dos Movementos de Renovación Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade.

2.1. Orixe e evolución dos Movementos de Renovación Pedagóxica

Na década dos setenta do século pasado creáronse o que hoxe coñecemos como Movementos de Renovación Pedagóxica. Pero antes do nacemento dos MRP existiron outras institucións e mani-festacións que xa promovían cambios e renovacións en cuestións pedagóxicas e que serviron de precursores para a creación dos MRP.

Un século antes da aparición dos MRP en Europa comezaron a cobrar importancia os move-mentos obreiros. Entre as preocupacións destes movementos tamén se encontraba o tema de ensinanza. En España, durante os anos 70 do século XIX, en diversos congresos convocados por movementos obreiros se manifestou o valor da educación das clases proletarias. Crían que a edu-cación serviría como instrumento de concienciación e de loita da clase obreira (Escolano, 2002).

Esta corrente a favor da educación da clase obreira viuse paralizada na Restauración Española trala 1ª República, debido á forte represión que sufriron os movementos obreiros. A pesar de todo, a partires do 1881 volven a tomar forza as correntes anarquistas e as súas peticións en temas de ensinanza.

A comezos de século pasado, en 1901 o catalán Francisco Ferrer i Guardia fundou a Escuela Mo-derna en Barcelona. Esta escola está considerada a primeira experiencia pedagóxica anarquista en España. Ferrer i Guardia puxo en práctica innovacións comúns que xa se aplicaran en outras institucións renovadas anteriormente. Algunhas destas innovacións provocarían a persecución de numerosos sectores relixiosos e políticos máis conservadores. Estes acabarían provocando o peche definitivo da escola en 1909 (Escolano, 2002).

Nestes primeiros anos de século tamén se interesaron pola renovación educativa tanto partidos políticos coma sindicatos. Algunhas destas ideas renovadoras expuxéronse en diversos manifes-tos a prol da educación integral promovidos por PSOE e UXT.

Page 3: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 55

Nesta época a chegada de innovacións internacionais foron de gran axuda. Estas apareceron gra-zas en gran parte ao Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, o Museo Pedagógico Nacional e a Revista de Pedagogía. Estas innovacións xunto coas novas ideas que xurdiron no propio país supuxo que está época (finais do S. XIX – 2ª República) se coñeza hoxe en día como a Idade de Ouro da Pedagoxía Española.

Estas ideas innovadoras apareceron sobre todo en Cataluña. Xunto coa Escuela Nueva de Ferrer i Guardia, naceron novas institucións preocupadas pola renovación educativa. Unha delas foi a Escola de Mestres de Joan Badina, fundada en 1906. A súa función era a formación do profe-sorado. Tamén se puxeron en práctica novos modelos pedagóxicos como os promovidos, entre outros, por Rosa Sensat e Pere Vergés (Escolano, 2002).

Tras diversos acontecementos políticos, en abril de 1931 comezou en España a II República. As principais correntes innovadoras en educación desta época foron as promovidas pola Escola Única, da que existiron dúas versións: a francesa e a rusa, e a Escola Nova. (Escolano, 2002).

Ademais na II República a España produciuse un intento de innovación educativa dende o ám-bito político. Pero esta non se puido poñer en práctica debido ó curto período desta etapa. Estes intentos de innovación por parte dos políticos fomentou a interacción entre a clase política e os movementos de renovación educativa.

Outro dos avances nesta época moi importantes e que afectaría os movementos de renovación pedagóxica foi a incorporación da Pedagoxía á universidade o que promoveu numerosos estu-dios e investigacións neste campo.

Entre 1936 e 1939, España sufriu unha guerra civil que provocou a caída da II República e a o comezo da ditadura franquista. Durante a primeira etapa do franquismo os movementos sociais sufriron unha gran represión. Esta tamén afectou os movementos de renovación pedagóxica, que nesta época practicamente non se manifestaron.

Nos anos 60 isto empezaría a mudar debido a que en España produciuse o que se denomina “aperturismo”. Nestes anos comezaron a rexurdir diversos movementos sociais, e entre elas tamén os movementos que defendían unha renovación pedagóxica. Comezaron entón a aparecer modelos educativos alternativos ao sistema, sobre todo asociados e apoiados pola oposición.

Un feito importante nesta etapa foi a creación en Cataluña da “Asociación de Profesores Rosa Sensat”. Esta organización fixo de nexo cos movementos renovadores europeos, preocupouse pola formación continua do profesorado e defendeu un modelo de escola pública participativa e democrática (Costa, 2010).

Nos últimos anos da etapa franquista e os primeiros anos da Restauración Democrática os move-mentos de renovación pedagóxica, ao igual que moitos outros movementos sociais, sufriron un auxe que propiciaría o seu desenvolvemento nos vindeiros anos. Existen diferentes factores que influíron neste desenvolvemento dos MRPs nos anos 70. Hernández (2011) e Escolano (2002) sinalan os que seguen:

• Arealizacióndeeventospromotoresdarenovaciónpedagóxica:oscongresosde“Movi-miento de la Escuela Popular”, encontros do “Movimientos de Educadores Milanianos” e reunións da “Institución Rosa Sensat” por exemplo.

• Aapariciónde revistaspedagóxicasqueapoiabanocambioeducativo:Cuadernos de Pedagogía, Infancia y Aprendizaje, Perspectiva escolar e Reforma de la escuela.

• Apoiopolíticoqueseproduciunestaépocaequesetraduciuenfinanciacióndeescolasde verán e incorporación de experiencias renovadoras emprendidas pola administración.

Page 4: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias56

Tamén desde o ámbito da política, tal e como tamén aconteceu na II República, se promoveu unha innovación na educación española. En 1983 a Subdirección Xeral de Investigación e subs-tituída polo Centro Nacional de Investigación e Documentación Educativa (CIDE). Esta levou a cabo estudos de temática educativa, concedeu axudas para proxectos de investigación e relacio-nouse co mundo da educación internacional (Escolano, 2002).

Pero o apoio do Estado produciu tamén algunha que outra confrontación. A administración co-mezou durante esta época a situar aos lideres renovadores á fronte de organismos e institucións dedicados á renovación pedagóxica, para que coordinaran estes traballos dende a propia admi-nistración. Isto foi interpretado por moitos integrantes dos MRP como un proceso de domestica-ción. Como consecuencia disto, produciuse un renacemento dos MRPs debido a inconformidade cá situación (Escolano, 2002).

Antón Costa (2010) sinala o seguinte sobre os MRPs:

[…] Nos anos oitenta, consolidáronse diversas plataformas docentes como gru-pos estables de renovación pedagóxica, unhas atentas a un case exclusivo desen-volvemento profesional didáctico especializado, en diversos campos e materias, e outras que foron encadrando este desenvolvemento profesional especializado no contexto dunha xeral proposta de renovación educativa […] Estas plataformas docentes comezarían a coordinarse definíndose non só como estrutura profesio-nal, senón tamén como movementos sociais progresistas e independentes, pero colaborativos con outras instancias organizativas (Costa, 2010, p. 417).

Isto último que sinala Costa, o afán pola colaboración entre os diferentes organismos, acabou ca creación nos anos 90 da Confederación Estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica.

2.2. Os Movementos de Renovación Pedagóxica en Galicia

Unha das primeiras manifestacións de renovación pedagóxica en Galicia produciuse nas Escolas Agrícolas de Lugo. Nelas leváronse a cabo algúns proxectos de innovación educativa con Aveli-no Pousa Antelo como o membro máis destacado destes proxectos (Costa, 2007).

Nos anos 70 realizáronse diversas actividades de innovación educativa. Concretamente en Vigo, o Instituto Rosalía de Castro realizou nos veráns de 1972 e 1973 seminarios sobre formación pedagóxica. Estes foron o xermolo para a aparición dos MRP en Galicia debido o encontro de varios profesionais que levarían posteriormente a cabo a creación destes movementos.

En 1975 un grupo de profesoras e profesores redacta o “Manifesto dos Ensinantes Galegos”. Moitos deles estaban ligados á militancia política, maioritariamente de carácter nacionalista. Este grupo de ensinantes acabaría fundando o primeiro colectivo de renovación pedagóxica: Asociación ACIES (Asociación para a Correspondencia e a Imprenta Escolar) Galicia. Esta asociación pódese encadrar dentro da pedagoxía Freinet (Costa, 2010), levando a cabo novas experiencias pedagóxicas orientadas á galeguización escolar, integración da escola co contorno, a correspondencia escolar…

Este colectivo sofre unha crise no ano 1978 que acabou nunha rotura debido a posturas ideoló-xico-organizativas. Como consecuencia xorde un novo MRP: a “Asociación Socio-Pedagóxica Galega” (ASPG) e o cambio de nomenclatura da ACIES por “Movemento Cooperativo da Escola Popular” (MCEP) (Costa, 1998).

O MCEP crea a primeira revista pedagóxica galega “As Roladas-2”, publicación que sobreviviu durante un espazo curto de tempo (Costa, 2010).

Page 5: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 57

A parte destes dous MRP, tamén naceron nesta época moitos pequenos colectivos sectoriais de profesorado que levaban a cabo actividades para a formación do profesorado así como tamén creaban materiais didácticos para un ensino galego renovado.

Durante estes anos xurdiron tamén diversas actividades que servían de extensión e desenvolve-mento dos movementos de renovación pedagóxica: as Xornadas de Ensino, diversas escolas de verán, 1ª Universidade popular de Corcubión, ciclos de conferencias,….

Nos anos 80 e 81 prodúcese unha paralización das actividades dos MRP en Galicia debido á derrota das esquerdas nas elección, o que levou, segundo sinala Costa (1998) a que moitas plataformas entraran en crise e algunha delas incluso acabara desaparecendo. Tras esta crise, a maioría dos colectivos pedagóxicos existentes acordaron o reagrupamento nunha plataforma única, uníndose na creación, en xuño de 1983, de “Nova Escola Galega”.

Este MRP levou a cabo moitas iniciativas: cursos, encontros, táboas redondas, traballos en “Cua-dernos de Pedagogía”, integración na “Federación Internacional de Movementos de Escola Mo-derna”,… Ademais en 1986 publicou o primeiro número da “Revista Galega de Educación”.

A partir dos anos 80 ata a actualidade os diversos colectivos ligados a MRP seguiron realizando actividades relacionadas ca renovación pedagóxica que xa viñan facendo, como por exemplo escolas de verán, congresos,…

2.3. Características e obxectivos dos Movementos de renovación Pedagóxica

Dentro dos Movementos de Renovación Pedagóxica existe unha gran variedade de asociacións. Pero entre toda esta variedade existen unhas características que a gran maioría dos MRPs po-súen. A continuación citamos algunhas destas características:

Os Movementos de Renovación Pedagóxica teñen algunhas das seguintes características:

• Estánformadasporprofesionaisdoensinodetodasasetapaseducativas.

• OsMRPssonasociaciónsquenondependendaAdministraciónEducativa,movementossindicais e organizacións políticas. A pesar disto, moitos destes MRPs teñen unha ideo-loxía propia e incluso poden ter relacións moi próximas con partidos políticos e sindica-tos. Ademais, parte da financiación proveñen de fondos públicos.

• Haiunhagrandiversidadedentrodeles.Xasexabenpolaprocedenciaterritorialdecadaorganización ou polos distintos ideais. A pesar disto, existen grandes relacións entre as distintas organizacións grazas a encontros e congresos destes movementos e nos cales se manifesta a vontade de acción conxunta pero sempre conservando a independencia.

• Nonsosepreocupandarenovaciónpedagóxicaedatransformacióndosistemaeducati-vo, senón que tamén se preocupa polo perspectiva sociopolítica da educación.

A diversidade de movementos de renovación pedagóxica tamén supón que estes teñen diferentes obxectivos segundo os seus ideais. A pesar disto a maioría destes obxectivos están relacionados e son incluso moi similares. Os dous principais obxectivos que pretenden acadar todos estes movementos son os seguintes:

• Difusióndeteoríaseprácticaspedagóxicasinnovadorasatravésdediversosmedios,porexemplo boletíns e revistas.

• Formaciónpermanentedoprofesorado.

Page 6: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias58

3. A AsocIAcIón de ensInAntes de cIencIAs de gAlIcIA: encIgA

Neste capítulo levaremos a cabo unha descrición do que é a ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia). Primeiro abordaremos a historia desta organización para a continuación falar das súa características e obxectivos. Para finalizar o capítulo faremos un resumo das activi-dades que veu desenvolvendo esta asociación e que tiveron unha gran incidencia na renovación pedagóxica da ensinanza das ciencias experimentais.

3.1. Creación e Evolución

Segundo o publicado no número 00 da revista Boletín das Ciencias esta naceu o 18 de xaneiro de 1988, pero anteriormente xa se constituíra unha Comisión Xestora que sería a encargada de crear a asociación. A constitución tivo lugar un 11 de novembro de 1887 (Fernández, 2008), sendo o primeiro presidente Frutos Fernández González acompañado por outras 11 persoas, a maioría profesores de Bacharelato.

A idea da creación dunha asociación de ensinantes de ciencias en Galicia remóntase uns anos an-tes. Tal é como indica o propio Frutos Fernández (1997) el pasou a formar parte en 1983 da Asso-ciation da Sciencie Education (ASE), asociación de ensinantes de ciencias ingleses que contaba cun gran prestixio a nivel mundial. A lectura das publicación desta asociación pon de manifesto a importancia que unha asociación de ensinantes podía ter. A asociación permitía coa axuda das publicacións compartir as experiencias de cada docente a través de artigos así como informar ós compañeiros de profesión sobre as investigacións no campo da didáctica das ciencias. Ademais a ASE era unha asociación plenamente gobernada, administrada e formada por ensinantes das ciencias, onde as autoridades educativas só interviñan para financiar parte do funcionamento.

O descubrimento do funcionamento de ASE e as oportunidades que lles ofrecía aos seus mem-bros foi o principal motivo que impulsou a creación da ENCIGA segundo Frutos Fernández González, pero tamén influíron máis acontecementos.

En 1984 naceu a revista Ciencias: Revista de Enseñanza. Esta publicación era coordinada polo mestre do departamento de Química Física da Universidade de Santiago Albino Castro Martínez e colaboraba na coordinación o profesor Manuel R. Bermejo, catedrático de Química Inorgánica. A publicación contou con só 8 números, dando por finalizada a súa edición en 1986. Nesta revis-ta publicábanse os avances que se producían en Galicia no ámbito da didáctica das ciencias. Foi así que se pensou que unha asociación do estilo de ASE pero galega podería levar a cabo a fun-ción ata entón desenvolvida por Ciencias: Revista de Enseñanza na divulgación das experiencias educativas. Ademais serviría para que cada profesor fora protagonista dentro da súa mesma etapa educativa, intentando deixar atrás a idea de que os profesores de universidade tiñan que ensinar-lles aos de secundaria o xeito de impartir a ensinanza, e estes aos de primaria. Ademais a situa-ción de cambio educativo na que se atopaba España (en 1990 foi aprobada a LOGSE) influíu na creación da ENCIGA. Como exemplo disto, unha das primeiras actividades da ENCIGA foron unhas xornadas de debate nas que se trataba o tema das ciencias dentro da reforma educativa.

A culminación da idea de Frutos Fernández González foi a creación, tal e como xa menciona-mos, de ENCIGA en 1988. Os primeiros pasos desta organización foron a realización do primei-ro congreso os días 10, 11 e 12 de novembro do mesmo ano en Betanzos e a saída no mesmo ano do número 0 de Boletín das Ciencias.

En 1991, no IV Congreso Anual da ENCIGA celebrado en Tui constituíuse a Sección de Matemá-ticas da ENCIGA. Ademais durante este congreso tamén se levou a cabo a Asemblea Constituinte da Sección de Matemáticas da que Andrés Marcos García saíu como primeiro coordinador. Todos os profesores de matemáticas da ENCIGA pasaron a formar parte desta nova sección. Este nova sección pasou a formar parte da Federación Estatal de Sociedades de Profesores de Matemáticas.

Page 7: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 59

Na constitución da ENCIGA, o número de profesorado de física e química era máis da metade do total. Isto foi evolucionando e un ano despois da creación da Sección de Matemáticas, o nú-mero de docentes de matemáticas xa superaba o de física e química segundo se poden observar nas estatísticas proporcionadas pola ENCIGA no volume numero 14 do Boletín das Ciencias.

Durante estes 25 anos a ENCIGA contou con catro presidentes: o xa mencionado Frutos Fernán-dez González, Xosé Mendoza Rodríguez, José Manuel Facal Díaz e o actual presidente Paulino Estévez.

Na actualidade conta con máis de 650 socios, sendo a asociación de ensinantes de Galicia con maior número de asociados, ademais da asociación de profesores máis antiga de España e unha das máis veteranas de Europa (Estévez, 2012).

Neste ano 2013 a ENCIGA celebra o seu XXV aniversario, sendo o seu presidente o profesor de matemáticas Paulino Estévez.

3.2. Características e obxectivos

Esta é unha asociación sen ánimo de lucro tal é como se indica nos seus estatutos (2002). A súa sede encóntrase en Santiago de Compostela, na rúa Xeneral Pardiñas.

A estrutura deste asociación toma o modelo doutras asociacións de profesores de ciencias. No-meadamente a xa devandita ASE (Association for Sciencie Education) de Inglaterra e a esta-dounidense NTSA (National Scientific Association).

Dentro dos membros da ENCIGA pódense distinguir tres tipos:

• Osmembrosfundadores,quesonaquelesqueformanpartedaasociacióndendeodíadasúa fundación.

• Osmembrosnumerarios.Aquelesqueseintegraronnaasociaciónposteriormenteasúafundación.

• Osmembroshonorarios.EstessonaquelaspersoasquesegundoaopinióndaAsembleaXeral contribúen de xeito notable no desenvolvemento dos obxectivos da entidade.

A ENCIGA conta cunha estrutura similar a calquera outra asociación. Conta cunha directiva formada por un presidente, un vicepresidente un tesoureiro e un secretario. Esta xunta directiva ten a función de dirixir e administrar a asociación. A directiva e elixida polos propios membros da ENCIGA durante a realización dunha Asemblea Xeral. Esta asemblea ten que ser convocada polo menos unha vez cada ano.

A ENCIGA, tal é como menciona a súa páxina web, está aberta a colaboracións con outras asociacións e profesores doutros territorios españois e incluso de fora do estado. Ademais tamén forma parte da Federación Internacional de Asociacións de Ensinanzas da Ciencia (ICASE, In-ternational Council of Associations for Science Education).

Os obxectivos que pretende acadar esta asociación, segundo consta nos seus estatutos (2002) e se divulgan no portal web, son os seguintes:

• MelloraracalidadenoensinodascienciasnosniveiseducativosnonuniversitariosenGalicia, impulsando e impulsando a produción de material, feita polos profesores de ciencias.

• Impulsaredinamizartraballosdeinvestigacióneducativaeintercambiodeinformaciónentre os seus membros.

Page 8: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias60

4. Actividades

Para a súa consecución, ENCIGA recolle nos seus estatutos a proposta de diversas actividades entre as que destacan as que seguen:

• Publicacióndunharevistacientíficaquepermitaósmembrosdaasociacióncoñecerostraballos que se realizan no campo da didáctica das ciencias.

• Organizaciónduncongresoanualalternandoassedesendistintoslugaresdexeografíagalega. Incluso algúns destes congresos se realizaron no pais veciño, Portugal. Nestes congresos realízanse diferentes actividades relacionadas coa didáctica das ciencias: con-ferencias, mesas redondas, obradoiros, exposicións…

• Creacióndesecciónsegruposdetraballosobretemasespecíficosnoámbitodadidácticadas ciencias.

• Colaboraciónconoutrasasociaciónsdomesmocampotantoanivelestatalcomoconentidades estranxeiras.

• Creacióndunfondodepublicacións.

Seguidamente detállase o desenvolvemento e contido das iniciativas que ENCIGA veu desenvol-vendo desde a súa creación.

4.1. Boletín de Ciencias

O Boletín das Ciencias é a publicación institucional da ENCIGA que da cumprimento ao artigo nº2 dos estatutos. O Boletín ten como finalidade poder achegar ao profesorado os avances e inno-vacións neste ámbito que posibiliten mellorar a calidade do ensino das ciencias. Un boletín que cumprira co propósito de dotar ás e aos ensinantes galegos de numerosos recursos que puideran poñer en práctica nas súas aulas.

Na súa conformación tomouse como modelo de formato a revista Education in Sciencie2.

Nun principio, como sinala Fernández (2008) prevíase unha periodicidade de catro números por ano que verían a luz durante o período de curso escolar, concretamente nos meses de novembro, xaneiro, marzo e maio. Este propósito non puido ser acadado, polo que se redefiniu un novo obxectivo de tres números por curso académico.

En canto ás seccións que formarían o Boletín partiuse da idea de crear sete seccións fixas que serían as seguintes: Presentación, Secretaría, Seguridade no Laboratorio, Grupos de Traballo, Curiosidades, Novas e Ciencia e Ocio.

Tras a Presentación, a segunda sección, Secretaría, tería como propósito, tal e como se indica no primeiro número de Boletín das Ciencias: “ter informados a tódolos asociados dos asuntos rela-cionados coa Asociación: cambios na directiva, distribución de socios por sectores educativos e por materias, actualidade económica, asuntos administrativos, etc.”

A sección Seguridade no Laboratorio, tiña como propósito achegar información-formación pre-ventiva a seguir durante as clases que se impartían no laboratorio de ciencias de calquera centro, incidindo na seguridade tanto do alumnado, como do profesorado e dos distintos recursos a disposición.

2 Education in Sciencie é una revista que edita ASE (Association for Sciencie Education) trimestral que se lle envía ós membros da propia ASE. Nesta revista recóllense diferentes artigos sobre ciencia, a súa didáctica e ademais informáselle os membros da actualidade da asociación.

Page 9: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 61

A sección Grupos de Traballo tiña como obxectivo presentar a actualidade en canto a integrantes, obxectivos e actividades desenvolvidas nos distintos subgrupos de áreas, materias ou intereses acollidos en ENCIGA.

A sección Curiosidades, orientábase a informar sobre experimentos, actividades e resultados científicos interesantes que se poderían ser utilizados dentro da aula.

A sección Novas, de modo similar ao que sucede noutras publicacións, ten como obxectivo in-formar de novos libros, vídeos, revistas, etc. relacionados coas ciencias e a súa ensinanza.

Na última sección fixa, Ciencia e Ocio, a idea de Frutos Fernández, era crear unha sección de “carácter desenfadado e informal” similar á publicación Chem 13 News3. Exemplos destes con-tidos poden ser crucigramas, algúns problemas interesantes, etc.

A parte destas seccións fixas, en cada número poderían aparecer máis seccións, como é o caso do boletín número 0. A publicación tamén quería servir para dar a coñecer diferentes institucións re-lacionadas cas ciencias e a súa ensinanza, tanto de Galicia como de fora. As elixidas para estrear a publicación foron en Galicia a Casa das Ciencias de A Coruña e da comunidade galega a IU-PAC (International Union of Pure and Aplied Chemestry). Ademais este primeiro número conta cun artigo sobre os debates realizados pola propia ENCIGA sobre “As ciencias na reforma”.

Por último, na sección Colaboracións, á que se lle concedía grande importancia desde o grupo responsable, publicábanse os traballos realizados polos profesores asociados a ENCIGA. No primeiro número recollíanse catro: un sobre Xeoloxía, un sobre Bioloxía, un de Física e Química e o último sobre Matemáticas.

O numero 0 de Boletín das Ciencias foi imprimido nos talleres de La Voz de Galicia en Coruña en Maio de 1988. A partir deste publicáronse 76 números máis. Na maioría de cursos académi-cos tres números, agás nos cursos que van dende 1994 e 2000 no que se publicaron catro núme-ros, e nos cursos 2000/2001, 2004/2005, 2007/2008, 2008/2009, 2010/2011 e 2011/2012 nos que se publicaron dous números. No presente curso académico 2012/2013 viron a luz o número 75 en outubro de 2012, e o último publicado, o número 76 en novembro de 2012.

O número 14 do Boletín das Ciencias de decembro de 1992 trouxo unha importante novidade: a partires deste número as follas do boletín eran de papel reciclado. Isto só é unha mostra máis da preocupación da ENCIGA por temas de carácter medioambiental.

A previsión de sección fixas coas que se editou o número 0 foi desaparecendo, de modo que foron alternándose sen continuidade prefixada, agás a de Colaboracións , con artigos dos propios asociados e asociadas arredor de propostas didácticas, experiencias, etc. que se mantivo na maio-ría de boletíns publicados. Ademais foron aparecendo novas seccións, inda que estas tampouco chegaron a ser permanentes, como a Axenda, onde se publicaban distintos eventos que podían ser de interese para os asociados e para o seu alumnado. Tamén durante varios números apareceu a sección denominada A Tribuna do Invitado, onde se convidaba a publicar a unha persoa non asociada a ENCIGA. Nesta sección teñen colaborado numerosos profesores e profesoras da Uni-versidade ou científicos. Entre esas colaboracións hai que destacar a de dous premios nobeles: Jack Steinberger, Nobel de Física en 1998, e Sheldon Lee Glashow, Nobel de Física en 1979. Estas dúas colaboracións producíronse no mesmo número, o 70 de xullo de 2010.

3 Chem 13 News é unha revista publicada para profesores sobre introdución a química publicada polo depar-tamento de Química da Universidade de Waterloo, Ontario, Canada. Cada publicación conten 20 páxinas con artigos, prácticas de laboratorio, debuxos, pasatempos, …

Page 10: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias62

As publicacións da revista están na súa maioría en galego. Incluso aqueles artigos que envían os colaboradores en outros idiomas (castelán, inglés,…) son traducidos ao galego co previo permi-so do autor (Estévez, 2012).

Nas publicacións tamén se informaba sobre outras actividades que eran organizadas pola propia ENCIGA (Rallye matemático é un exemplo) ou iniciativas doutras organizacións que tiveran interese para o profesorado de ciencias, como pode ser a Olimpíada Matemática.

Tamén se incorporou ao Boletín de Ciencias a Historia da Ciencia, nalgúns casos centrados en Galicia. Un exemplo é o artigo de Mari A. Lires e Manolo Bermejo “Ciencias galegas e univer-sais na obra de Frei Martín Sarmiento” no número 50 de outubro de 2002.

Os boletíns de novembro (ou decembro dependendo da data de celebración do Congreso Anual) non seguen a estrutura nin os contidos habituais. O Congreso Anual sérvese do Boletín das Cien-cias para publicar as actas das relatorios de cada congreso. Nos últimos anos, debido o volume de información que proporcionaban todas as actas, no boletín só se publicaba un resumo dos relatorios. As actas axuntábanse nun CD que acompañaba a publicación do Boletín das Ciencias.

Algúns dos Boletíns son totalmente diferentes e excepcionais, organizados monograficamente arredor dun tema. O primeiro destes números especiais de Boletín das Ciencias foi o número 52. En novembro de 2002 aconteceu en Galicia unha das maiores catástrofes medioambientais da historia do noso pais: o afundimento do Prestige. Este é o tema no que se centrou este número publicado en Maio de 2003. Outras publicacións especiais foron a do número 60 de xuño de 2006 que era un monográfico sobre o lume coincidindo ca gran cantidade de incendios que se produciron durante o verán dese ano en Galicia; o número 63 centrado no cambio climático; o número 67 de marzo de 2009 dedicado a Mandaleev con motivo do 150 aniversario da publica-ción da táboa periódica; e o número 70 de xullo de 2007 na que todos os artigos están relacio-nados coa física.

Sen ter carácter de monográfico, tamén se publicaron no Boletín artigos relacionados con temas de actualidade relacionados coas ciencias e susceptibles de ser tratados polos asociados nas súas aulas. Un dos temas, a modo de exemplo, é un artigo relacionado co desastre ecolóxico no Parque Natural de Doñana como consecuencia do vertido tóxico de Aznalcóllar publicado no número 34 de xuño de 1998 por Manuel R. Bermejo e Marcelino Maneiro. Outro dos temas de actualidade foi o accidente de Fukushima tralos terremotos que asolou Xapón en marzo de 2011 no número 72 de abril de 2011 cun artigo de Xabier Cid Vidal.

Outra das publicacións do Boletín das Ciencias especial foi o número 75. Este número esta totalmente dedicado ao químico galego e reitor da Universidade de Santiago no S.XIX Antonio Casares. Todos os artigos deste número tratan sobre as contribucións que realizou o profesor ao longo da súa vida.

A extensión dos boletíns varía entre 11 e 17 artigos, contando cunha media de 12 artigos por boletín. Nesta conta de artigos excluímos os boletíns especiais e aqueles dedicados ó Congreso Anual.

O Boletín de Ciencias é distribuído para a súa lectura a sociedades de ciencias de España e ás bibliotecas das áreas das ciencias e educación das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Ademais, a maior parte dos seus números pódense consultar a través de Internet na páxina da propia ENCIGA.

Page 11: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 63

4.2. Congresos Anuais

Do mesmo xeito que para cumprir o artigo número 2 dos estatutos da ENCIGA se creou a revista Boletín das Ciencias, tamén era necesario celebrar un congreso anual. Así en novembro de 1988 celebrouse o I Congreso en Betanzos, no Instituto Francisco Aguiar.

Estes congresos tiñan por finalidade principal contribuír á formación dos ensinantes de ciencias a través de diferentes actividades. A conferencia inaugural deste primeiro congreso foi a cargo do Reitor da Universidade de Santiago naquela época, Carlos Pajares Vales, catedrático de Física.

Entre os eventos celebrados nos tres días dos que se compoñía o congreso (10,11 e 12 de no-vembro) desenvolvéronse dúas mesas redondas ademais de diferentes conferencia. O título da primeira mesa redonda, “ A formación do profesorado”, mostra claramente cal é un dos obxec-tivos da ENCIGA.

Durante os seguintes anos, este congreso seguiuse celebrando anualmente en distintos lugares da xeografía galega: Ribadavia, Monforte, Tui, Carballo, Ourense, Lugo, Pontevedra, Cee, Santiago de Compostela, O Barco de Valdeorras, Gondomar, Noia, Chantada, Verín, Cangas, Ribeira, Ribadeo, Sanxenxo, O Carballiño, Silleda, Narón e A Fonsagrada. Ademais no ano 2006, o XIX Congreso celebrouse no pais veciño, Portugal, concretamente en Póvoa de Varzim, querendo re-coñecer deste modo a numerosa afluencia de profesorado portugués aos encontros de ENCIGA.

Nestes congresos seguíronse realizando distintas actividades. Dende exposicións de debuxos e fotografías, comunicacións e obradoiros e mesas redondas sobre temas relacionados ca docencia das ciencias. Pero tamén se realizaban actividades máis lúdicas como eran visitas guiadas, ex-cursión didácticas e actos sociais.

Os propios membros da ENCIGA poden colaborar presentando á organización propostas que formen parte do congreso: experiencias didácticas, actividades de investigación, experiencias interdesciplinares, tratamento de contidos transversais, avaliacións, estratexias metodolóxicas, desenvolvemento curricular, materiais curriculares, recursos multimedia,etc.

Ademais, en cada congreso tamén se conta con distintas actividades (conferencias, exposicións, pósteres, mesas redondas…) levadas a cabo por invitados: profesores de universidades, catedrá-ticos, científicos, músicos, compañías de teatro, etc.

Cabe destacar que nalgún congreso alumnos teñen presentado traballos realizados por eles nal-gunha das materias de ciencias. Un exemplo produciuse no último congreso, o número XXV, celebrado en novembro de 2012 en Santiago de Compostela. Os alumnos do IES de Mugardos de 3º de ESO presentaron o seu traballo realizado na materia de matemáticas: O Rectángulo de moda fala galego: O “Reitangulo”.

O último celebrado foi o XXV Congreso celebrado no pasado mes de novembro, concretamente nos días 22, 23 24 no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela.

Nas últimas edicións a asistencia e notable, situándose arredor de 350 participantes. Estes prove-ñen da súa maior parte de Galicia, pero tamén como se indicou do pais veciño, Portugal, do resto de España e, en menor medida, do resto de Europa (Estévez, 2012).

No momento da realización deste Traballo Fin de Máster estase a organizar o XXVI Congreso que se realizará en Ourense, no IES Blanco Amor os días 21, 22 e 23 de novembro de 2013.

Page 12: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias64

4.3. Outras actividades

A parte destas actividades que están nos estatutos, a ENCIGA tamén leva a cabo outras iniciati-vas, entre as que se encontran diversos concursos. Un destes é o Rallye matemático. Segundo o Boletín de Ciencias (1993 e 1997) este comezou a celebrarse en 1993. O concurso consiste nun-ha serie de preguntas matemáticas que ten que ser resolta por un grupo de alumnos. Ademais as solucións a estas cuestións non só dependen da posta en práctica de coñecementos matemáticos, senón que tamén ten importancia a imaxinación e a agudeza ante novas situacións.

Este concurso está dirixido a estudantes de ensinanza secundaria e participan nel tanto estudan-tes de centros galegos como de centros franceses da zona de Aquitania e Midi-Pirineos e doutros lugares de España como Aragón, Asturias e Pais Vasco. A idea da celebración deste concurso partiu da Academia e o IREM de Bordeos (Francia). De feito no pais veciño esta actividade comezouse a celebrar dous anos antes que en Galicia. A primeira edición galega correspondese ca terceira francesa. O premio para o gañador en Galicia era dunha viaxe a Francia. A ENCIGA quería con esta proposta fortalecer lazos entres dúas comunidades de dous estados distintos, favorecer o traballo en equipo dunha clase buscando o ben común, tanto na realización da proba como dentro da aula e crear unha actitude positiva e familiar coas matemáticas.

Ademais a ENCIGA apoiou organizativamente na celebración en Galicia da Olimpíada Matemá-tica, que comezou a realizarse no ano 1995 (ENCIGA,1995).

A ENCIGA tamén ten organizado varias edicións do “Concurso Enciga - Matemáticas de Uni-dades Didácticas”. Neste concurso os participantes terían que presentar unha unidade didáctica orixinal sobre calquera contido de matemáticas dirixido a alumnado da ESO ou Bacharelato.

No ano 2000, e coincidindo co Ano Mundial das Matemáticas, a sección de Matemáticas cele-brou o I Concurso de Enxeño e Entretemento Matemático que tivo lugar en Santiago de Com-postela durante o mes de maio dese mesmo ano.

Este concurso consistiu no seguinte: cada centro podía enviar un grupo de seis alumnos e alum-nas. Neste grupo debería haber dous pertencentes ao primeiro ciclo da ESO, outros dous do segundo ciclo e os restantes terían que estar cursando bacharelato. O equipo tería que realizar dez actividades, na súa maior parte de carácter manipulativo, relacionadas con todas as ramas das matemáticas impartidas neses cursos. Aos tres grupos gañadores entregáronselle premios vales de unha certa cantidade para poder gastar nuns determinados comercios. Ademais tódolos participantes recibiron un diploma.

Ademais das propias conferencias e seminarios que forman parte do congreso anual, a ENCIGA tamén realiza de forma ocasional. Entre estas podemos destacar a conferencia que ofreceu o pre-mio Nobel de Química en 1991, o suízo Richard Ernst ou o seminario “Matemáticas generales para alumnos singulares” celebrado en decembro de 1992.

A ENCIGA tamén colaborou en outros eventos en moitos congresos, xornadas, reunións, simpo-sios, reunións ás que foi invitada para explicar a súa actividade (Estévez, 2012).

5. As AcHegAs de encIgA ás ensInAnzAs dAs cIencIAs

Neste capítulo centrarémonos en analizar o material producido por ENCIGA ao longo destes 25 anos, tanto no Boletín das Ciencias como no Congreso Anual, para valorar a súa contribución á mellora da calidade da ensinanza das Ciencias en Galicia.

Para iso faremos unha investigación documental do Boletín das Ciencias para realizar unha análise dos contidos publicados; a continuación faremos outra investigación documental dos congresos anuais da ENCIGA a través das actas dos congresos.

Page 13: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 65

5.1. Boletín das Ciencias

Desde a súa creación editáronse un total de 77 números dos que 46 son publicacións regulares, 6 son especiais de carácter monográfico e os 25 restantes conteñen as actas dos congresos anuais da ENCIGA.

Para este traballo desenvolveuse un proceso de investigación documental coa finalidade de saber que tipos de contidos se publican e a partires disto poder indicar cales son os problemas polos que se preocupa a ENCIGA e ademais observar que solucións se propuxeron. Deste proceso excluíronse os números monográficos e os que contiñan as actas dos congresos. A exclusión das publicacións monográficas débese a que o seu carácter extraordinario e centrado nun só tema inflúe no tipo de contidos que presentan eses números, polo que entendemos que non son unha mostra válida para a nosa análise. Por outro lado, os números que se corresponden cas actas dos congresos non foron analizadas nesta parte, senón que serán analizadas aparte dentro da análise dos congresos anuais.

Para a realización desta análise realizamos o seguinte: nun primeiro momento analizamos unha mostra de 10 publicacións de números de diferentes épocas. Este traballo realizouse para elabo-rar as áreas e categorías nos que encadrariamos os contidos presentes no Boletín das Ciencias. A continuación realizouse unha revisión dos 525 artigos das 46 publicacións (concretamente os números: 0, 2, 3, 5 , 6, 8, 9, 11, 12, 14, 15, 17, 18, 19, 21, 22, 23, 25, 26, 27, 29, 30, 31, 33, 34, 35, 37, 38, 39, 41, 42, 43, 45, 46, 47, 49, 50, 54, 55, 57, 59, 62, 65, 69, 72 e 74) para enmarcar cada un deles nunha das áreas e categorías que establecemos anteriormente.

Os criterios establecidos foron os seguintes:

Táboa 1. Criterios de clasificación de artigos do Boletín das Ciencias.

Criterios de análise

Contidos por áreas

• Matemáticas

• Ciencias naturais

• Física e Química

• Outras

Contidos por temas

• Propostas didácticas

• Experiencias

• Didáctica

• Outros recursos educativos

• Divulgación

5.1.1. Análise por áreas

O primeiro criterio de análise foi a distribución de artigos segundo as distintas áreas. Para reali-zar isto, como se indicou, construímos catro categorías:

• Matemáticas: englobamos todos os contidos relacionados cas matemáticas

• ciencias naturais: canten os contidos relacionados con bioloxía, xeoloxía e medio am-biente.

Page 14: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias66

• física e Química: contén tódolos temas relacionados con estas dúas ciencias incluíndo astronomía e tecnoloxía. Debido ós poucos artigos relacionados coa tecnoloxía, case todos de electricidade, cremos conveniente introducilos nesta categoría debido a que a física é a ciencia que máis se aproxima a estes temas.

• outras: todos os artigos o que non podemos encadrar nas tres categorías anteriores como por exemplo temas de ciencia en xeral, educación en xeral (lexislación, teoría,…), infor-mación sobre a propia ENCIGA...

A decisión de realizar esta clasificación tomámola tendo en conta que estas categorías pódense relacionar cas materias do mesmo nome da ESO e ademais é unha clasificación que a propia ENCIGA utiliza para os seus asociados segundo a especialidade científica a cal pertencen.

Nos gráfico 1 mostramos como se distribúen os contidos do boletín encadrados nas súas corres-pondentes categorías.

Gráfico 1. Distribución porcentual dos artigos do Boletín das Ciencias segundo a súa área.

Elaboración propia

Podemos observar pequenas diferenzas entre as distintas categorías agás na categoría de Outras (181 artigos) que si que ten un predominio maior. Isto é a causa de que na maioría dos números existen artigos que tratan temas de actualidade da propia revista (algo lóxico tendo en conta que este é o medio de comunicación oficial da ENCIGA); seccións como a de novas e curiosidades, ou temas de ciencia en xeral que non se poden englobar dentro doutras categorías.

Nas outras tres categoría podemos observar que apenas hai diferenzas inda que se aprecia un predominio da área de Ciencias da Natureza (135 artigos). Física e Química conta con 106 ar-tigos e Matemáticas con 103. Debido a que a distribución dos membros da ENCIGA segundo a rama das ciencias a cal pertenza foi variando co tempo, non podemos concluír que por exemplo os ensinantes de ciencias da natureza se impliquen máis na elaboración de artigos que o resto.

5.1.2. Análise por temas

Unha vez analizados de xeito global a presenza de cada área, procedeuse a analizar os tipos de contidos e cal é a súa presenza dentro de cada categoría. Para as áreas de Matemáticas, Ciencias da natureza e Física e química creáronse as seguintes cinco categorías:

Page 15: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 67

• propostas didácticas: neste apartado englobamos tadas aquelas unidade didácticas rea-lizadas para poñer en práctica nunha aula, prácticas de laboratorio, emprego das TICs dentro da aula, actividades… é dicir, todo aquilo que está publicado para que os docentes podan poñelo en práctica na súa aula.

• experiencias didácticas: esta categoría é moi similar a anterior. A diferenza radica en que neste caso o autor do artigo xa puxo esas actividades en práctica na súa aula e relata o acontecido.

• reflexión e acción: nesta categoría englobamos todos aqueles artigos que comenten te-mas relacionados coa ensinanza e aprendizaxe en cada materia: tipos de problemas dos alumnos, metodoloxías a empregar, investigacións didácticas, etc.

• outros recursos educativos: neste espazo englóbanse os artigos referidos explicitamen-te a recursos, medios e materiais educativos. Por exemplo itinerarios, excursións, exposi-cións, libros,…

• divulgación: neste último apartado catalóganse aqueles artigos que teñen por obxectivo a divulgación de cada campo. Por exemplo nesta categoría entran temas de historia de cada materia, biografía de científicos, curiosidades, organismos relacionados có campo, temas de actualidade …

Estas cinco categorías poderíanse englobar en só dúas. As catro primeiras categorías son temas propios da ensinanza das ciencias mentres que a última categoría trata sobre divulgación das ciencias. Debido a que este TFM está dirixido ao ámbito do ensino decidimos dividir a que sería a primeira categoría en catro máis, para ver dun xeito máis doado con que tipos de contidos con-tan os Boletíns das Ciencias. En cambio decidimos non subdividir a categoría de divulgación de cada materia debido a que isto ten menos importancia neste traballo.

ÁREA dE MATEMÁTICAs

O gráfico 2 amosa os datos porcentuais dos resultados obtidos.

Gráfico 2. Distribución porcentual dos artigos da área de Matemáticas segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Page 16: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias68

Podemos observar que os temas referidos á ensinanza na sección de Matemáticas son un 65% dos artigos mentres que o 35% dos artigos tratan sobre a divulgación das matemáticas. Vemos que a segunda categoría máis numerosa é a de Propostas didácticas (31 en total). Neste tipos de propostas didácticas podemos atopar distintos tipos: dende a utilización do corpo humano para aprender contidos de matemáticas, a utilización de contos matemáticos, o ensino destas relacionándoas con temas cotiás,… A seguinte categoría con máis presenza é a de Reflexión e acción (19 artigos en total) seguida das Experiencias didácticas con 9 artigos. Por último encon-trámonos que a categoría de Outros recursos didácticos é a menos presente. Con só 8 artigos, nesta categoría atópanse a comunicación de diversos concursos matemáticos así como algunha que outra exposición.

ÁREA dE CIEnCIAs dA nATuREzA

O gráfico 3 amosa os resultados obtidos nesta área segundo as categorías establecidas.

Gráfico 3. Distribución porcentual dos artigos da área de Ciencias da Natureza segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Novamente a categoría de Divulgación é a máis notoria cun 40% (54) do total de artigos deste área. A seguinte categoría con máis presenza é a de Outros recursos educativos. Nos 38 artigos que compoñen esta categoría podemos encontrar moitas actividades relacionadas con visitas e itinerarios escolares. Estas describen visitas con intereses de xeolóxicos e medioambientais como por exemplo excursións por cidades para observar os materiais de construción dos edifi-cios, visitas por observar a vexetación galega,… A continuación sitúanse as Propostas didácti-cas cun 18 % (25 artigos) e cun 10% (13 artigos) a categoría de Reflexión e Acción. Dentro das Propostas didácticas podemos resaltar os numerosos exemplos de lugares reais para estudar xeoloxía. No último lugar encontramos as Experiencias didácticas con só 5 artigos.

A ENCIGA, como ben mostran os números especiais por exemplo do Prestige e a edición dos boletíns en papel reciclado, mostrase moi involucrada en canto a problemas medioambientais e ecoloxía. Outro dato que corrobora isto é que 51 artigos dos 135 (38 %) de Ciencias da Natureza teñen relación con estes ámbitos. Nestes artigos van dende a importancia da reciclaxe, a artigos que falan sobre biocombustibles,…

Page 17: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 69

ÁREA dE FísICA E QuíMICA

No gráfico 4 sinala as categorías de artigos na área de Física e Química.

Gráfico 4. Distribución porcentual dos artigos da área de Física e Química segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Ao contrario que nos dous anteriores casos, a categoría máis presente en na categoría de Física e Química é a de Propostas Didácticas. Isto é debido a que existen dentro do Boletín multitude de ar-tigos que tratan sobre prácticas en laboratorio tanto para química como para física, inda que a maior parte para a primeira. En total son 36 as Propostas Didácticas. Practicamente á par (cun artigo menos) están as Propostas Didácticas, é os artigos de Divulgación (35 artigos). Nun segundo nivel de presenza estaría cun 14% Reflexión e Acción (15 artigos) e cun 12% Outros Recursos Educati-vos (13 artigos). A categoría con menos presenza é a de Experiencias Didácticas (7 artigos, 7%).

Analizando conxuntamente os datos das 3 áreas, poderiamos deducir que os docentes destas ma-terias teñen uns intereses distintos. Os matemáticos preocúpanse máis de temas teóricos (maior presenza de Reflexión e Acción), mentres que nas outras dúas materias, Ciencias da Natureza e Física e Química, os traballos propostos son máis prácticos. No caso de Física e Química me-diante prácticas de laboratorio e no de Ciencias da Natureza con itinerarios e visitas escolares.

Para cerrar a análise, mostramos a distribución das catro categorías que consideramos máis di-rectamente incidentes na ensinanza (exceptuamos Divulgación) nas tres áreas analizadas.

Gráfico 5. Distribución en termos absolutos dos artigos das áreas de Matemáticas, Ciencias da Natureza e Física e Química segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Page 18: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias70

O gráfico 5 é unha mostra do material didáctico que ofrece o Boletín das Ciencias. En total 219 artigos: 92 deles con propostas que calquera docente pode poñer en práctica na súa aula; 59 arti-gos con actividades na súa maior parte visitas e itinerarios; 47 artigos que tratan diversos temas de reflexión teórica e metodolóxica da ensinanza das ciencias e, por último, 21 experiencias de profesores que contan as súas vivencias e conclusións.

5.1.3. Análise da área outros

Para rematar coa análise do Boletín das Ciencias imos ver que tipo de contidos podemos atopar nesa primeira área que denominamos Outras. Esta foi a clasificación que realizamos:

• reflexión e acción: nesta categoría englobamos tódolos temas de reflexión e acción que non puidemos encadrar exclusivamente dentro de cada unha das outras tres áreas. A maioría destes artigos conteñen temas de didáctica das ciencias ou didáctica xeral.

• outros recursos didácticos: neste apartado englobamos tadas aquelas actividades, en xeral extraescolares, que non son propias de ningunha das 3 áreas debido a que tratan temas de ciencia en xeral. Exemplos destas actividades son información sobre libros, exposicións…

• encIgA: neste punto encontramos tódolos artigos con comunicacións de actividades para a súa divulgación, información sobre a actualidade da asociación, avisos para os membros…

• Actualidade e historia da ciencia: aquí aparecen todos os contidos que se refiren a actualidade do mundo da ciencia: descubrimentos, historia da ciencia.

• Miscelánea: neste último apartado englobamos distintos tipos de artigos que por si mes-mos non teñen a suficiente importancia dentro do Boletín como para contar cunha ca-tegoría propia. Exemplos deste tipo de artigos son curiosidades científicas, pasatempos, política educativa, información sobre outras organizacións…

Gráfico 6. Distribución porcentual dos artigos da área de Outras segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Page 19: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 71

Como podemos observar a categoría máis numerosa é a de Outros recursos educativos con 63 artigos. Isto é debido a que dentro desta categoría se encadraba a sección de Axenda que estaba presente en case tódolos boletíns que forman parte desta análise. A continuación con 43 artigos atopamos a categoría de ENCIGA. Neste apartado non consideramos a Presentación que forma parte do tódolos números. Con 33 e 25 artigos encontrámonos coas categorías de Actualidade e historia da ciencia e Miscelánea respectivamente. Salientable é este último dato, tendo en conta que esta categoría englobaba os pasatempos, sección que formou parte nos primeiros boletíns e que desapareceu co transcurso do tempo. Por último temos 17 artigos de Reflexión e acción.

Como conclusión desta análise, podemos afirmar que o Boletín das Ciencias proporciónalle ao profesorado un numeroso material de formación profesional e de uso didáctico, así como tamén se preocupa da divulgación das diferentes áreas científicas.

5.2. Congresos de EnCIGA

Realizouse tamén unha investigación documental similar nos Congresos anuais de ENCIGA, tomando como elementos de análise das actas dos relatorios e obradoiros dos 25 congresos ce-lebrados correspondentes os seguintes números de Boletín das Ciencias: 1, 4, 7, 10, 13, 16, 20, 24, 28, 32, 36, 40, 44, 48, 51, 53, 56, 58, 61, 64, 66, 68, 71, 73 e 76.

Comezaremos, ao igual que na análise anterior, dividindo os contidos segundo 4 áreas: Mate-máticas, Ciencias da natureza, Física e química e Interdisciplinares. Esta clasificación tomouse da propia establecida nestes encontros. Existía unha categoría máis, a de Tecnoloxía, pero neste grupo eran moi poucas as actividades (non chegaban a 10) polo que decidimos englobalas na categoría de Física e química como xa fixemos anteriormente.

Gráfico 7. Distribución porcentual dos relatorios e obradoiros dos Congresos Anuais segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Como podemos observar no gráfico 7 a área de Interdisciplinares é a que máis presenza ten. Isto demostra que a ENCIGA tivo un gran interese dende sempre de crear contidos interdisciplinares, tratando de relacionar as distintas ramas das ciencias entre si, pero tamén as ciencias con outras actividades.

Page 20: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias72

Ao igual que na anterior análise que se fixo anteriormente do Boletín das Ciencias non podemos asegurar que os profesores de Física e Química se implicaran máis que o resto na elaboración de material para o congreso debido a que a distribución de profesorado por áreas foi variando co tempo.

Ao igual que na análise do Boletín de Ciencias non vamos facer unha valoración da implicación do profesorado das distintas ramas de ciencias debido a que porcentaxe de cada rama foi varian-do no tempo.

A continuación veremos por que tipos de contidos se interesan cada ámbito das ciencias. Para iso usaremos as mesmas categorías anteriores: Propostas didácticas, Experiencias didácticas, Reflexión e Acción, Outros recursos educativos e Divulgación.

ÁREA dE MATEMÁTICAs

Gráfico 8. Distribución porcentual das relatorios e obradoiros da área de Matemáticas segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Comparando o gráfico 8 co gráfico 2 que mostra división da área de Matemáticas do Boletín de Ciencias, observamos moitas diferenzas. A categoría con máis presenza é a de Propostas didácticas (43 actividades). A continuación xa atopamos a categoría de Divulgación con 34 actividades e a de Reflexión e acción con 32. Nas últimas posicións atopamos a Outros recur-sos educativos con 26 actividades e Experiencias didácticas con 24 actividades. Como grandes diferenzas observamos a enorme presenza de Reflexión e acción e Outros Recursos educativos fronte a escasa das actividades de divulgación. Disto podemos deducir que nos congresos os te-mas educativos teñen máis importancia que o da divulgación da ciencia, polo menos no apartado de Matemáticas. Hai que destacar que nos últimos anos existe un crecemento das actividades que teñen que ver con ferramentas TICs. Exemplo disto son os numerosos obradoiros sobre o software GeoGebra.

Page 21: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 73

ÁREA dE CIEnCIAs dA nATuREzA

Gráfico 9. Distribución porcentual dos relatorios e obradoiros da área de Ciencias da natureza segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Centrándonos da área de Ciencias da Natureza (63 actividades) observamos que a categoría de Divulgación segue sendo a máis presente comparándoa ca mesma categoría da análise do Boletín de Ciencias (Gráfico 3)Inda así sufre gran baixada. De seguido atopámonos con Outros recursos educativos con 45 actividades (destaca o decrecemento de actividades extraescolares é unha maior presenza dos audiovisuais), Propostas didácticas con 44 actividades e Reflexión e acción con 43. Destaca o gran crecemento co que conta a categoría Didáctica. Nos congresos fixéronse multitude de actividades que trataban sobre as ideas preconcebidas do alumnado sobre temas de ciencia da natureza, deseño de actividades para a materia, … que no Boletín tiñan moi pouca presenza. A categoría menos presente, ao igual que no Boletín, é a de Experiencias di-dácticas con 28 actividades. Inda así, experimenta unha gran subida. Ao igual que na sección de Matemáticas, nos congresos nótase unha maior preocupación polo tema presenza das categoría de carácter educativo, baixando a cantidade de contidos de divulgación.

ÁREA dE FísICA E QuíMICA

Gráfico 10. Distribución porcentual dos relatorios e obradoiros da área de Física e Química segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Page 22: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias74

Na categoría de Física e química, gráfico 10, vemos algo que non acontecía nas dúas anteriores áreas: A categoría de Divulgación é a que maior presenza ten con 88 actividades. Inda así conta con multitude de propostas didácticas, 55, e con 47 relatorios ou obradoiros sobre da categoría de Reflexión e acción. Con 26 e 24 actividades sitúanse Outros recursos educativos e Experien-cias didácticas.

Gráfico 11. Distribución porcentual das relatorios e obradoiros da área de Interdisciplinares segundo a súa categoría.

Elaboración propia

Agora trataremos a distribución da categoría Interdisciplinares (Gráfico 11). Nesta área hai que salientar que é onde se encadran tódolos temas do ensino primario. A categoría con máis pre-senza é a de Divulgación con 129 actividades. De seguido situase Reflexión e acción con 92 actividades. A gran presenza desta categoría é debido a que aquí se inclúen tódolos temas de didáctica xeral e didácticas das ciencias. A continuación vemos a Outros recursos educativos con 67 actividades. Nesta categoría destacan as numerosas actividades que teñen que ver con proxectos como pode ser Climántica. Nos dous últimos lugares sitúanse Propostas didácticas e Experiencias didácticas con 53 e 39 actividades. A pesar destas últimas posicións hai que des-tacar a gran cantidade de actividades que ENCIGA presentou nos seus congresos de propostas e experiencias didácticas debido a que sempre son difíciles de elaborar ou poñer en práctica debido a que estas conteñen contidos de varias materias distintas.

REsuMO

Para rematar coas dúas análises faremos un resumo cuantitativo dos contidos que ENCIGA ela-borou durante 25 anos no Boletín das Ciencias e no Congreso Anual na táboa 5.1. os cales pon a disposición de toda a comunidade educativa.

Táboa 2. Resumo das principais achegas da ENCIGA.

Boletín das Ciencias Congresos anuais Total

Propostas didácticas 92 195 287

Experiencias didácticas 21 113 134

Didáctica 64 214 278

Outros recursos educativos 122 164 286

Divulgación 226 314 540

Total 525 1000 1525

Page 23: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Nº 78 - Outubro 2014 75

6. conclusIóns

Unha vez finalizada a investigación de campo sobre a ENCIGA podemos centrarnos en analizar conclusións. Para comezar creemos que a ENCIGA fixo e fai unha gran aportación a tódolos profesores de ciencias de Galicia, sexan membros ou non da entidade. Calquera profesor pode acceder a un material, grazas o Boletín das Ciencias, elaborado durante todos estes anos para poder poñelo en práctica nas aulas, tomalo de base e reelaboralos, informarse sobre temas de didáctica, psicoloxía, lexislación,…

En segundo lugar pensamos que este traballo dounos a coñecer como funciona unha asociación de ensinantes. Isto tamén nos permite ir adentándonos no mundo da educación e vendo dende fóra o traballo que realizan os que poden ser os nosos futuros compañeiros de profesión. Tamén observamos o enorme esforzo que custa manter unha asociación durante tanto tempo, e o labor voluntarioso e desinteresado dos membros na creación de material didáctico, divulgación de coñecementos,…

Todo este traballo que se leva a cabo tamén pensamos que é pouco recoñecido por gran parte da comunidade educativa: Pola propia administración, que son os primeiros en non apoiar for-temente a unha asociación que esta contribuíndo dun xeito moi directo na sociedade galega a través da mellora da calidade da ensinanza. Tampouco se salvan os pais/nais do alumnado que cren que os profesores só realizan o seu traballo durante o horario escolar e á vista de todo este material iso non é verdade. Igualmente moitos profesores que se despreocupan por coñecer todo este material que se lle ofrece de forma case gratuíta.

Ademais a revisión do material -actas dos congresos e os boletíns- serviunos para ler gran parte do seu contido o que contribúe dunha maneira significativa a afianzar e aumentar coñecementos que recibimos durante as materias do Máster.

Por último, debido ao tipo de titulación que estudei na miña traxectoria universitaria previa, unha enxeñería, a metodoloxía utilizada para a realización deste traballo era para min totalmente nova. Grazas a isto puiden aprender como se realiza un traballo de certa envergadura dentro das Ciencias Sociais.

bIblIogrAfíA

1. Aragón, M. A. (2003) “Los movimientos de Renovación Pedagógica y la transformación socieducativa” [Versión electrónica], Tabanque, 17

2. Bisquerra, R. (2004) Metodología de la investigación educativa, Madrid, Editorial La Mura-lla

3. Costa, A. (1988) ”O desenvolvemento do movemento de renovación pedagóxica en Galicia”, Revista Galega de Educación, 7, 37-39 55-59

4. (2007) ”A escola que mudou: Dinámicas, innovacións e experiencias na educación en Gali-cia (1961-200)” , Sarmiento,11, 7-36

5. (2010) “Movementos de Renovación Pedagóxica” en Diccionario galego de Pedagoxía, José Antonio Caride Gómez e Felipe Trillo Alonso, pp. 416-418

6. ENCIGA (1978) “Secretaría”, Boletín das Ciencias, 00, 4

7. (1992) “Secretaría”, Boletín das Ciencias, 14, 4-5

Page 24: A innovACión eduCAtivA dende os movementos e As ......Pedagóxica (MRPs), así como cales son as súas características e os seus obxectivos na actuali-dade. 2.1. Orixe e evolución

Boletín das Ciencias76

8. (1995) “Secretaría”, Boletín das Ciencias, 22, 5

9. (1997)”Rallye metemático”, Boletín de Ciencias, 30, 27-48

10. (2000) “Presentación”, Boletín das Ciencias, 42, 3 36-68

11. “ENCIGA: Quen somos” (s.d.) Consultado o 6 de xuño de 2013, en http://www.enciga.org/?q=node/2

12. “Estatuto da asociación de ensinantes de ciencias de Galicia, (ENCIGA)”, Consultado o 6 de xuño de 2013, en http://www.enciga.org/files/Estatutos_de_ENCIGA.pdf

13. Escolano, A. (2002) La Educación en la España contemporánea : políticas educativas, es-colarización y culturas pedagógicas, Madrid, Editorial Biblioteca Nueva

14. Éstevez, P. “ENCIGA: 25 anos publicando e vivindo en galego” en Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Xurxo Mariño Alfonso, Escribir da ciencia en galego, pp.151-155

15. Fernández, F. (1997)”ENCIGA: As orixes”[Versión electrónica], Boletín de Ciencias, 66

16. Hernández, J.M. (2011), “La renovación pedagógica en España al final de la transición. El encuentro de los movimientos de pedagógica y el ministro Maravall (1983), Educació i His-tòria. Revista d’História de l’Educació, Num.18, 81-105

17. Roguero, J. (2010) “Movimientos de Renovación Pedagógica y profesionalización docente”, Revista Latinoamericana de Educación Inclusiva, Vol.4 Num. 1, 141-166

No estudo revisáronse a totalidade dos Boletíns das Ciencias de ENCIGA que non se relacionan na bibliografía para non sobrecargar a presentación.