UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE...

18
UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 ESCOLA INFANTI DE TUI CURSO 2016/17

Transcript of UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE...

Page 1: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1ESCOLA INFANTI DE TUI

CURSO 2016/17

Page 2: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

INDICE

1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN

2. ALIMENTACIÓN

3. DESENVOLVEMENTO MOTOR

4. DESCANDO

5. HIXIENE

6. O XOGO E MATERIAIS DE XOGO

7. O ROL DO ADULTO

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 3: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 4: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

1.PERÍODO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Tempos progresivos.

Manter continuidade na persoa de referencia que permanece os primeiros días coas nenas e

nenos na aula.

Preparación dos espazos previo á incorporación das nenas e nenos á aula.

Materiais comúns e adaptados ao momento evolutivo de nenas e nenos.

Respectar os obxectos de transición. Respectar costumes familiares e incorporar

progresivamente ás rutinas da aula.

Xerar un ambiente tranquilo e relaxado.Coidar a temperatura (nin demasiado frío nin

demasiada calor).

Actitude atenta aos sinais das nenas e nenos que indiquen unha necesidade (durmir, cambiar

o cueiro, comer,...).

Os tempos das familias na aula, as acollidas e recollidas aproveitaranse para trasladar

información sobre o desenvolvemento do neno.

De ser/ter maiores inquedanzas as familias, emprazaremos a unha titoría.

A comunicación coas familias será de xeito individualizado, evitando dar información

sensible (estado de saúde, incidencias,..) que poidan escoitar terceiros.

Abanear ás nenas e nenos para durmir e consolar pero non empregar como recurso para

entretelos. O cambio de espazos, materiais e actividades para o xogo autónomo será

prioritario.

O uso do chupete limitarase á demanda da nena e neno; antes do seu uso excesivo, teranse

en conta outras estratexias (cambio de actividade, de espazo, de materiais,...).

A propia familia poderá entrar na aula para deixar ao neno no espazo de xogo, cando

camiñen poderán entrar por eles mesmos sen necesidade de que as familias invadan o espazo

de xogo. Que as familias entren na aula non supón que a educadora deixe o que está facendo

para atendela: a prioridade será sempre o neno que está connosco. A familia pode agardar.

Que a familia entre na aula non supón que o intercambio de información interrompa a

actividade que nese momento se desenvolva na aula.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 5: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 6: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

2. ALIMENTACIÓN

Colaboración e participación da figura de referencia.

Incorporación progresiva atendendo ao seu desenvolvemento evolutivo:

. No colo mentres non se senta por si mesmo e non mostra interese por asir a culler.

. Na trona cando se manteña sentado e teña interese pola culler. Técnica das dúas culleres.

. Na mesa cando teña interese por comer só.

O espazo da aula deberá coidarse para xerar un ambiente tranquilo e relaxado:

Material ordenado.

Diferenciar claramente o espazo para comer do espazo de xogo (nese mesmo espazo

tamén se lle ofrecerá a froita da media mañá).

Na aula no primeiro e segundo trimestres; en usos múltiples no terceiro trimestre.

Atención individualizada:

No primeiro trimestre será un adulto por neno e no colo.

Un adulto por neno e na trona.

En grupos de catro en mesa e trona: dous adultos.

En grupos de catro en mesa no comedor de usos múltiples: un educador.

Dinámica de alimentación:

Agardar a que o neno abra a boca para introducir o alimento.

Permitir que coma coa man.

Ofrecer a culler cando mostre interese.

Ofrecer o vaso para beber cando mostro interese (sempre visible).

Manter á nena e neno limpos (favorecer a autonomía non supón que se bañen en puré).

Manter o espazo limpo (limpar a trona, a mesa entre prato e prato, sempre que se estime

oportuno).

Respectar o apetito do neno.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 7: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 8: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

3.DESENVOLVEMENTO MOTOR

⁂ Respectar os ritmos e rutinas que as crianzas traen do seu fogar.

⁂ A posición inicial a adoptar na aula vai ser deitado e boca arriba, para que pequenas e

pequenos vaian adquirindo os diferentes movementos, posturas,... segundo as súas

necesidades e capacidades e seguindo a evolución natural de cada un/ha. No caso de ter

costumes da casa (sentado en hamaca, por exemplo) haberá que contemplar tempos curtos

ao inicio para non provocar angustia no neno/a.

⁂ Na aula permaneceremos descalzos.

⁂ Anticipar e verbalizar as accións. O adulto comunicará ao neno que é o que vai acontecer co

seu corpo (voute coller, voute soar, ven comer, imos durmir,...).

⁂ O traslado das nenas e nenos que non camiñan e non gatean será no colo. Cando gateen

favoreceremos que o fagan polos seu propios medios, aínda que lles leve máis tempo. Na

medida do posible evitaremos trasladar ao nenos que non camiñan da man.

⁂ Cando son pequenos, ao cargalos no colo evitaremos movementos bruscos da cabeza,

intentado sempre que a leve apoiada. A mellor postura para cargar ao lactante é coa cabeza

apoiada.

⁂ Evitaremos o uso colchonetas porque dificultan o movemento. Usaremos o propio chan ou

tapices.

⁂ Facilitaremos o desenvolvemento motor a través do xogo espontáneo, en diferentes espazos

e superficies: aula, patio, corredoiro, usos múltiples, camiños sensoriais,...

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 9: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

4. DESCANSO

Evitar situacións de angustia que alteren o descanso.

Mecedora para os nenos que precisen; progresivamente iranse incorporando á cama.

Dormen nas camas baixas para favorecer o contacto directo co educador e para favorecer a

autonomía de nenas e nenos.

Respectarase o ritmo de descanso de cada nena e neno. Non se espertan nin se manteñen

espertemos para comer.

Manter o espazo de durmir limpo, ordenado e ben ventilado. As mantas mándanse a lavar

cada quince días para a casa.

Respectarase o uso de chupetes e obxectos de transición. Identificar.

Anticipar a acción: agora imos durmir, recollemos e imos durmir, logo de comer imos

durmir,...

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 10: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

5. HIXIENE

Individualizada. Momento tranquilo e relaxado para o neno.

Na medida do posible, todas as educadoras manterán a mesma rutina no cambio:

Anticipar a acción (trasladarlle ao neno que o colles para levalo a cambiar, avisar cando

é máis pequeno e preguntar cando é máis maior).

Tombar con coidado no cambiador (cunha man na cabeza para tombalo).

Ter sempre as cousas necesarias antes de iniciar a actividade: roupa de cambio, luvas,

toalliñas, cueiro, crema,...

Quitar os zapatos (de telos postos) e logo o pantalón. Se é necesario, logo a camiseta e

body.

Solicitar a colaboración (estirar brazos, responder coa mirada, coa actitude relaxada,...) e

agardar por ela. Tanto no desvestido como no vestido. Na medida do posible, a

educadora verbalizará as súas accións e as anticipará.

Se está moi entretido no seu xogo pódese esperar a cambialo ou a que o propio neno

manifeste sinais de estar incómodo.

En canto se poñen de pé por si mesmo, lavan as mans antes e despois de comer na pila,

mentres a hixiene será na zona da bañeira sentados.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 11: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

6. O XOGO E MATERIAIS DE XOGO

O principal xogo vai ser o seu PROPIO CORPO.

Na medida do posible, trataremos de empregar materiais naturais para traballar as

sensacións a través do seu corpo: teas, botellas de sons, axóuxeres,...

NON SE LLES OFRECE O MATERIAL NA MAN.

O material de xogo será presentado en CESTOS para facilitar a orde e a accesibilidade libre

e voluntaria.

Comezaremos coa realización de masaxes unha vez as crianzas estén familiarizados.

Realizaranse individualmente, nun ambiente tranquilo e cunha toalla cálida colocada

debaixo da nena ou do neno.

Na medida do posible, o material e a proposta de xogo se manterá nos recantos, alfombras

ou tapices, para favorecer un ambiente ordenado.

Unha vez se advirta a dispersión da nena e neno co material proposto, recollerase e se fará

outra proposta.

Na medida do posible, á hora de recoller solicitamos o material ao neno, non llo retiramos

da man sen avisar.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 12: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

PROPOSTAS ESPECÍFICAS PARA 0-1

PROPIO CORPO TEAS

AXÓUXERESCESTO DOS TESOUROS (pedras, piñas,

flores, cabazas, cunchas, CD's,..)

CAIXAS E DADOS SENSORIAIS ARROLOS E ABANEOS

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 13: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

MASAXES BOTES E TAPAS

PELOTAS MÓDULOS DE PSICOMOTRICIDADE

TIPI (tenda campaña)EXPERIENCIAS, PANEIS E CAMIÑOS

SENSORIAIS

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 14: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

CUCU-TRAS. AGOCHADAS CONTOS

TRICICLOS E COCHES TRICICLOS

CONSTRUCIÓNS. ENCAIXABLES EAPILABLES.

HEURÍSTICO

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 15: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

AUGA AREA

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 16: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

DESENVOLVEMENTO DO XOGO NO PRIMEIRO ANO DE VIDA

IDADE COMO ACTÚA A NENA E NENO MATERIAIS

3-6 meses

Mira con curiosidade obxectoscolocados preto del.

Alcánzaos ou empúrraos ou intentacoller ditos obxectos.

Pasa os obxectos dunha man aoutra.

Tea suave e de cores.

Obxectos que se poidansuxeitar cunha soa man quesexan lixeiros.

6-9 meses

Descobre que pode facer ruídogolpeando os obxectos: contra ochan, un obxecto contra outro,...

Colle os obxectos con maiorhabilidade e déixaos caer.

Estírase, roda, arrástrase ougatexa para coller un obxecto.

Axóuxeres nos cales a nenae o neno poidan ver de ondeprovén o son.

9-12 meses

Deixa caer e coloca obxectos máispequenos dentro dun obxectomaior e con abertura, sácao evolve metelo.

Coloca, move e empurra obxectos.

Boles e tapas.

Cesto con obxectos.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 17: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

MOBILIARIO PICKLER

MATERIAL CARACTERÍSTICAS

A motricidade libre e a a posibilidade de despregar assúas iniciativas, propicia na nena e neno recurrir atodo o repertorio de movimentos que ten súadisposición, de acordo ao seu nivel dedesenvolvemento escolle o que mellor se adapta a súaacción.

O triángulo de Pickler é un elemento motriz quepermite moitas accións as nenas e nenos. Subir,baixar, trepar, saltar, xirar …

DADO

O descubrimento por parte dos bebés de que podendesprazarse, cara os sete u oito meses, representa ungran cambio na súa vida: ademais do cambio posturalque xa tiñan conseguido, poden ir a descubrir oespazo o un obxecto que lles chame a atención. Ocecrecemnto psicomotriz toma impulso e os bebésmostran unha gran satisfacción ao comprobar as súascapacidades.

A motricidade libre e a a posibilidade de despregar assúas iniciativas, propicia na nena e neno a posibilidadede recurrir a todo o repertorio de movementos queten a súa disposición, de acordo ao seu nivel dedesenvolvemento escolle o que mellor se adapta a súaacción.

O arco Pickler é un elemento motriz que permitemoitas accións as nenas e nenos. Subir, baixar, trepar,saltar, xirar …

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553

Page 18: UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 0-1 … · Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1 INDICE 1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN 2. ALIMENTACIÓN 3. DESENVOLVEMENTO MOTOR 4. …

Unha proposta pedagóxica para o grupo 0-1

7. ROL DO ADULTO

Atención aos sinais de comunicación da nena e neno.Os silencios e as miradas como formas

de comunicación. Anticipación das súas accións co corpo do neno ao neno (vouche limpar o

nariz, collereite,...)

Traballo en equipo.

Comunicación bidireccional coas familias.

Seguimento do desenvolvemento evolutivo da nena e neno a través do diario de aula.

Compromiso coa formación permanente.

Xerar espazos que estimulen o aprendizaxe autónomo.

Favorecer a autonomía da nena e neno. Autoregulación. Darlles tempos.

Facer propostas, solicitar, pedir axuda,... evitar dar órdenes.

Acompañamento respectuoso no caso dos conflitos ente iguais. Avaliación da situación.

Evitar xulgar.

Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700

[email protected]: 986 60 71 49 /638299553