40 anos de Museo do Pobo Galego 40 anos MPG.pdf · Pilar Alonso, formada na Escola de Belas Artes...

16

Transcript of 40 anos de Museo do Pobo Galego 40 anos MPG.pdf · Pilar Alonso, formada na Escola de Belas Artes...

1

40 anos de Museo do Pobo Galego

En 1977 botou a andar o Museo do Pobo Galego (MPG), cando Galicia aínda non tiña recoñecida legalmente a súa personalidade e a democracia daba os seus primeiros e vacilantes pasos tras un tempo no que a nosa lingua e o noso xeito de ser foran marxinados. Nese marco nace unha entidade grazas ao concurso dalgunhas persoas de fondo compromiso coa terra, coas súas xentes e cos seus costumes como Xaquín Lorenzo, Antón Fraguas, Isaac Díaz Pardo, Rafael Baltar, Luciano García Alén ou o recentemente finado Fernando Acuña Castroviejo, que entre tantas outras persoas boas e xenerosas, contribuíron á grandeza de Galicia tamén a través deste Museo.

Desde a súa orixe o MPG quixo ser algo máis que un depósito de obxectos e un relato do pasado. Quixo tamén contribuír, na medida das súas posibilidades, á reflexión colectiva sobre os problemas actuais do país así como as vías posibles para a súa solución. Quixo manter a memoria viva coma un testemuño do noso presente e tentar ser un garante de futuro.

Corenta anos é pouco na historia do país, mais desde 1977 ata 2017 Galicia viviu a que, se cadra, é a transformación máis acelerada na súa historia. Nos próximos anos é probable que experimente unha transformación aínda maior. Mais iso non debe impedir que como galegos e galegas conservemos o cerne do noso propio xeito de ser, os sinos identitarios que nos

singularizan como comunidade. Formas de facer nas que podemos ter unha ferramenta para a construción do futuro colectivo onde o Museo do Pobo Galego volva celebrar outros corenta anos máis.

2

AXENDA ACTIVIDADES

Data Horario Actividade Observacións

11-14 Arte mural intramuros Claustro, Planta baixa

Mérc. 25 16-19 Arte mural intramuros Claustro, Planta baixa

11-14 Gravación sesións da memoria

xoves 26 16-19 Gravación sesións da memoria

11-14 Gravación sesións da memoria

Venres27 16-19 Gravación sesións da memoria

Sala de exp. temporais

Semana de portas abertas e horario continuado de 11 a 20h

12h00 Acto Institucional e Viño Auditorio e Claustro Sáb. 28

Tarde 19-20h Re-percutindo, Roberto Oliveira Claustro baixo

Dom. 29 Mañá 11 a 14 Cons.bioclimática, Álex Palicio e Manuel Caamaño Sala de exp. temporais

luns 30 Tarde 17 a 20 Obradoiro cestería contemporánea Idoia Cuesta Sala de exp. temporais

martes31 Tarde 17 a 20 .Miñasmanssonamiñapatria. La Canalla Sala exp. temporais

Mérc. 1 Tarde 17 a 20 Un prato na mesa. Verónica Pérez e Suso Dobao Salón Exp. temporais

Xoves 2 Tarde 17 a 20 Obradoiro náutico, Íñigo Echenique Salón exp.temporais

Cosendo Redes de Paula Carballeira Sala do Mar ( 5 pases de 15m. Máximo 7 persoas)

Venres 3

Tarde 17 a 20 Obradoiro degustación conservas Salón exp.temporais

MÉRCORES 25

Arte Mural Intramuros

11h00 - 19h00

O Museo convértese no estudo aberto de tres artistas que durante toda a xornada van interactúar coa colección. As propostas, realizadas a partir das súas lecturas particulares, van ofrecer olladas alternativas e distintas sobre os obxectos de uso cotiá na sociedade tradicional, o patrimonio inmaterial e a colectividade.

Pilar Alonso, formada na Escola de Belas Artes da Universidade de Sevilla,a artista é especialmente sensible as sinerxías con outras artes, desenvolvendo proxectos escenográficos como por exemplo a peza “Corpos son creación” da compañía Experimenta Danza. Ten obra en coleccións como a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Fundación Nova Caixa Galicia ou Caja de Segovia.

http://pilaralonso.es/

Federico Fernández, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, ilustrador que foi Premio Nacional de Ilustración en 2001 por “¿Dónde perdió Luna la risa?” (Kalandraka). Dirixe a galería de arte El Halcón Milenario.

http://www.kalandraka.com/es/autores/detalle/ficha/fernandez/

Marc Taeger, este deseñador gráfico suízo , hai anos que vive en Galicia, onde traballa, entre outras cousas como ilustrador para a editorial Kalandraka. Polo seu traballo de ilustración e deseño no álbum ‘A verdadeira historia de Carrapuchiña’ recibiu o premio Daniel Gil de deseño editorial no ano 2005.

http://www.marquski.com/

1

XOVES 26 E VENRES 27

Sesións da Memoria

11h00 - 19h00

As pezas, libros, espazos e accións que conforman o Museo do Pobo nestas catro décadas de andadura teñen detrás historias emocionantes, divertidas, curiosas que distintas persoas van contar diante dunha cámara para rexistrar e compartir ese outro relato colectivo do Museo. Acceso limitado. Consultar antes no Museo.

2

SÁBADO 28

Comeza a semana de portas abertas

(Do 28 de outubro ao 3 de novembro)

Entrada libre de 11h00 a 20h00

Acto institucional

Ás 12h00

Asemblea extraordinaria do Padroado aberta ao público con asistencia dos e das representantes do Museo e das distintas entidades e institucións que forman parte do seu Padroado. Tras o acto institucional haberá un viño no claustro do Museo.

Re-percutindo

19h00 -20h00

Roberto Oliveira é un percusionista especializado en música contemporánea, centrado no comisionado e interpretación de obras, especificamente para percusión, electrónica e arte visual sincronizado. Tomando como punto de partida a inspiración na diáspora galega, Roberto seleccionou unha serie de pezas nas que vai mesturar instrumentos tradicionais e técnicas musicais contemporáneas. Nunha sesión de 60´ de libre movemento polo claustro do Museo tentará contaxiarnos de sons e ritmos tan propios como alleos.

http://www.robertoliveira.es/

Temazcal (1984) Javier Álvarez, México.

A palabra Temazcal significa ‘Casa de Vapor’. Arpa, guitarra, pizzicato de contrabaixo e tambores de bambú manipulados electronicamente e arte visual sincronizada.

Duración. 8’03’’

Viaxe ao mundo dos espíritos (2016) Edson Zampronha, Brasil.

A lentísima xestualidade do percusionista anticipa sons que aínda non existen. Multipercusión, electrónica e arte visual sincronizada.

Duración. 5’21’’

Nunca tan lejos (2015) Jorge Variego, Argentina

Unha serie armónica que o vibrafonista revela gradualmente e no que o ordenador segue un proceso similar, introducindo transformacións microtonais e procedementos distorsivos que se acumulan, invitando a unha viaxe cara un mundo de sonoridades pouco familiares. Vibráfono, campás tibetanas, electrónica e arte visual sincronizada.

Duración. 11’08’’

DCajón (2017) Daniel Schachter, Argentina

Obra mixta interactiva para caixón peruano, procesamento en tempo real e sons electroacústicos.

Duración. 7’32’’

Akompaña (2016 ) Andrés Álvarez, Galicia

Os cans anuncian a súa visita ouveando, os gatos foxen arrepiados e, ao seu paso detense o batifundo dos animais da fraga. Faise un silencio sepulcral, interrompido polo son dunha campaíña e o rezo dun fúnebre rosario. Vibráfono, electrónica e arte visual sincronizada.

Duración. 14’37’’

Coena Rudimentalis (2016) Carlos Passeggi, Argentina

(A cea dos Rudimentos) Pequenos motivos rítmicos que son propios do “vocabulario” musical de todos os percusionistas, que se mesturan cun abano de sonoridades inusuais para un bombo.

Bombo e electrónica

Duración. 4’

1

DOMINGO 29

Construción bioclimática

11h00 a 14h00

Álex F. Palicio, arquitecto impulsor do colectivo Tecnoloxías Apropiadas que se ocupa de promover e realizar construcións no ámbito sostible, e organizar obradoiros de formación en bioconstrución.

Manuel Caamaño Suárez, arquitecto técnico, patrón do Museo do Pobo Galego e estudoso da arquitectura tradicional galega.

Nun obradoiro de construción con arxila e fibras naturais o diálogo entre ambos os dous convidados xirará ao redor da leccións que nos ofrece o patrimonio vernáculo para a construción actual de ámbito sustentable, e o rol dos materiais tradicionais dentro dunha perspectiva ecolóxica da arquitectura contemporánea.

https://tecnoloxiasapropiadas.wordpress.com/

Semana de de portas abertas

(Do 28 de outubro ao 3 de novembro)

Entrada libre de 11h00 a 20h00

2

1

LUNS 30

Obradoiro demostración de cestería contemporánea

17h00 a 20h00

Idoia Cuesta, nacida no País Vasco e afincada en Lugo, ten combinado mestría, tradición e experimentación, para ser quen de levar a Cestería a novos escenarios. Para este aniversario do Museo, Idoia vai construír unha peza no tempo que dura esta sesión, de xeito que poderemos admirar o proceso de creación e compartir con ela o contexto que a levou a traballar desde un saber secular, transformando este nun produto de deseño e creación contemporáneos.

http://www.idoiacuesta.com/

Semana de de portas abertas

(Do 28 de outubro ao 3 de novembro)

Entrada libre de 11h00 a 20h00.

2

MARTES 31

MiñasMansSonAMiñaPatria

17h00 -20h00

La Canalla é un proxecto integral, ético e sostible de creación téxtil desde hai 20 anos. Desenvolven pezas únicas ou series limitadas, vestiario escénico, laboral, instalación artísticas e roupa a medida. Senten paixón pola indumentaria desde calquera eido, e o téxtil en calquera aplicación. Traballan de xeito artesanal con tecidos ecolóxicos ou sobrantes de produción. Co obradoiro MiñasMansSonaMiñaPatria amosan a fonda ancoraxe do noso traballo na indumentaria tradicional e como trasladan a pezas de deseño contemporáneo a simpleza das súas estruturas, a trazabilidade dos seus materiais e o seu gusto polo ornamento coma elemento identitario.

http://lacanallavigo.blogspot.com.es/

Semana de de portas abertas

(Do 28 de outubro ao 3 de novembro)

Entrada libre de 11h00 a 20h00

3

MÉRCORES 1

Un prato na mesa

17h00 -20h00

Verónica Pérez Torres e Suso Dobao Abal, ceramistas e dúas personalidades creativas e propositivas, un equipo que vai tratar sobre a versatilidade do material cerámico e as súas múltiples aplicacións:escultura, cerámica utilitaria, aplicacións arquitectónicas, ornamentais ou performativas nunha sesión na que que interactuarán coas persoas asistentes traballando diante delas.

http://www.veronicaperez.net/

http://www.susodobao.com/

Semana de de portas abertas

(Do 28 de outubro ao 3 de novembro)

Entrada libre de 11.00h a 20.00h

4

XOVES 2

Obradoiro náutico

17h00 - 20h00

Íñigo Echenique é enxeñeiro naval. No ano 1987, con vinte e nove 29 anos e bastantes embarcacións deseñadas dicía: “ A Mar cárgase o que non é práctico". Agora, ven amosarnos unha proposta diferente na súa traxectoria a partir da tradición construtiva, xa que a Mar decide. Inspirado no deseño da gamela tradicional, Íñigo deseñou unha embarcación coa que poder navegar que pode ser construída nos centros de ensino por rapaces e rapazas baixo a coordinación dos docentes. Neste obradoiro propoñemos un reto aos e ás docentes de Galicia, o de introducir a construción naval como parte do currículo educativo.

Para este obradoiro é preciso reservar con antelación

Semana de de portas abertas

(Do 28 de outubro ao 3 de novembro)

Entrada libre de 11h00 a 20h00

5

VENRES 3

Último día da semana de portas abertas (Do 28 de outubro ao 3 de novembro)

Entrada libre de 11h00 a 20h00

Cosendo Redes de Paula Carballeira Unha intervención teatral sobre a identidade.

17h00 a 20h00 Teatro de inmersión. Cinco pases de 15´ Número máximo de persoas por pase, 7 É preciso reservar con antelación. Paula Carballeira é actriz e escritora que dedica parte do seu tempo á difusión do relato oral, debe preparar un personaxe de redeira para unha serie de televisión, comeza a reflexionar sobre quen somos. Somos o que lembramos, pero, sobre todo, o que esquecemos. Esquecemos artes, como as artes da pesca, porque non pertencemos a ese ámbito nin cremos que teña que ver connosco. Esquecemos palabras. Esquecemos tempos. Coser redes funciona como metáfora para zurcir as lagoas da memoria que nos proporcionan identidade, pertenza a un colectivo, a unha historia. As redeiras, mentres cosían, falaban, cantaban, contaban e así a lingua, e a cultura oral, sobrevivían.

Hoxe en día, coas redes sociais, as redeiras seguen a cumprir a función de cubrir os ocos para que non fuxan as lembranzas. http://www.cuentacuentos.eu/narradores/miembros/espana/PaulaCarballeira.htm

6

Cata e obradoiro de conservación de produtos mariños

17h00-20h00 Con Manuel Loureiro de Conservas Lou; Irmás Lojo de Conservas Sotavento e José Luis Escalante, “Peliso”, director do espazo museístico Salgadeiras de Moreiras no Grove.

A materia que o mar nos da consérvase desde tempos inmemoriais. Sorprende a actualidade dos procesos romanos tanto como a naturalidade coa que podemos innovar sen mudar nunca a súa esencia. Vai ser este un obradoiro de historias de saberes, de atrevementos e de sabores. Xunto ao produto estrela da nosa terra en Outono, o viño, imos ter unha boa fin de festa deste aniversario especial. http://imexgourmet.com/productos/conservas-lou/ http://www.conservassotavento.com/

É preciso reservar con antelación.

7

Museo do Pobo Galego

San Domingos de Bonaval s/n

15703 Santiago de Compostela

981583620

www.museodopobo.gal