As irmás touza

14
As Irmás Touza

Transcript of As irmás touza

Page 1: As irmás touza

As Irmás Touza

Page 2: As irmás touza

As irmás Touza (Lola, Amparo e

Julia)  foron tres galegas

que axudaron aos xudeus (dende  1943 ata 1945) durante a II Guerra Mundial cando eran amenazados e perseguidos polos

nazis.

Page 3: As irmás touza

Vivían nun casino no que nos duros anos da posguerra daban de comer e

ofrecían roupa á xente que se vía obrigada a emigrar en busca de traballo. Tamén levaban

comida aos presos, polo que foron encarceladas durante a Guerra Civil.

Page 4: As irmás touza

Dirixían a cantina da estación do tren en Ribadavia, o que lles permitía estar ao tanto

da clandestinidade acaecida tras a guerra. Nela había unha excavación que, ao igual que

un soto situado na súa casa, permitía esconder aos xudeus.

Page 5: As irmás touza

Todo comezou cando un xudeu-alemán, chegado de Lyon, (de onde escapara do campo de

concentración) chegou a Ribadavia. Unha mañá, Lola achegouse a Francisco

Estévez mentres descargaba un vagón de ladrillos, xunto ao seu fillo e preguntoulle:

"cando ides de pesca?, necesito que me fagades un favor. Teño aquí unha persoa que quere pasar a Portugal, pero non quere facelo en tren nin por

estrada." Esa mesma madrugada, Francisco e Ramón Estévez acudiron á casa de Lola armados

coas súas canas de pescar. Déronlle unha cana ao home, e dixéronlle que non falase. Foron directos á beira do Miño, e botaron a

andar toda a noite. Horas máis tarde chegaron a Frieira, aldea galega que

linda con Portugal. O alemán díxolle a Ramón: “recordareite toda a vida, amigo” mentres lle daba un

duro de prata alfonsino, e botouse á auga, alcanzando pouco despois a beira portuguesa. No

antebrazo levaba tatuado o número 451, e dixo que se chamaba Abraham Bendayem.

Page 6: As irmás touza

As irmás Touza empezaron entón a tecer unha rede de fuga (din que a máis importante da península) que se iniciaba en Xirona, e nun primeiro tramo chegaba ata

Medina do Campo, e dende alí continuaba ata Monforte e

Rivadavia, onde adoitaban chegar os xudeus perseguidos. Na fase final, eran levados á fronteira portuguesa,

e dende o país veciño embarcaban rumbo a América ou África do norte, xa que o Cantábrico

era perigoso por estar máis controlado polos alemáns. Para este labor, rodeáronse de colaboradores: José

Rocha Freijedo e Javier Míguez Fernández (O Caveira), ambos os dous taxistas, Ricardo Pérez Parada

(O Evanxelista) que facía de tradutor, e o barqueiro Ramón Estévez. Segundo a ruta que elixira Lola (por sendeiros, por estradas

de terceira ou cruzando o Miño), actuaban os seus cómplices, héroes anónimos tamén.

Page 7: As irmás touza
Page 8: As irmás touza

O proceso empezaba coa chegada dun convoi sinalado á estación de Ribadavia. Lola esperaba coa súa cesta,

chea de rosquillas, caramelos e doces de améndoa, cando se encontraba

con alguén que lle anunciaba a chegada inminente dunha nova quenda de

xudeus. Os días de chegada, ela era a primeira en abandonar o quiosco

para auxilialos. Escondíaos na súa casa e dáballes aloxamento e manutención

coa complicidade das súas irmás. A mensaxe de que uns xudeus estaban a punto

de chegar corría aos oídos do Caveira, e no silencio da noite elixida consumábase a fuga a

bordo do seu taxi.

Page 9: As irmás touza

As tres irmás nunca comentaron aquela operación tan

arriscada a ninguén que non foran elas e os que formaban a

rede que teceran para evitar a morte de xudeus.

Page 10: As irmás touza

De feito, foi un vello xudeu neoiorquino o que a descubriu cando quixo saber

qué fora daquela muller que o levou ao outro lado da fronteira. Chamábase Isaac Retzmann e, como

tantos outros salvados pola cantineira ribadaviense, 

puido alcanzar América. Retzmann coñecera un emigrante galego na Gran Mazá, Amancio Vázquez,

e, sabendo que este volvía ao seu país natal de vacacións, pediulle encarecidamente que

preguntase polas irmás Touza. O encargo rematou chegando aos oídos dun libreiro de

Vigo, Antón Patiño Regueira, e foi nese momento cando empezou a iluminarse esta historia oculta que

Antón deixou escrita antes de morrer no seu libro Memoria de ferro.

Page 11: As irmás touza

O 7 de setembro de 2008 a labor humanitaria

das irmás Touza foi  conmenorada na súa 

Ribadavia natal, cunha  sinxela e emotiva homenaxe

póstuma brindada por amigos e veciños. Unha placa

gravada no seu nome co enunciado "Loitadoras pola liberdade"

mantén viva a xesta das irmás na fachada

da que fora a súa casa.

Page 12: As irmás touza

Nun outeiro de Xerusalén hai unha árbore plantada en

honor a Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez, as de Ribadavia, plantado por El Centro Peres pola Paz. O

Centro de Estudos Medievais de 

Ribadavia solicitou a Israel a

declaración de Xustas das Nacións para

as irmás.

Page 13: As irmás touza

Bibliografía http://casa-de-israel.blogspot.com.es

 http://www.laopinioncoruna.es

http://holocaustoenespanol.blogspot.com.es

Page 14: As irmás touza

Realizado por:

Margot BlaiteauMarta Sanabria

Alumnas de 1º BAC IES Xelmirez I