20 aniversario UMIA revista cno

20
15 XUÑO 9 Dúas décadas de piragüismo polo UMIA Complexo Nautico - Deportivo Cabanelas 36636 Ribadumia - Pontevedra [email protected] / www.omuiño.es 1995 2014 20 aniversario BAIXADA UMIA

description

revista conmemorativa de los 20 años de la prueba Baixada Río Umia

Transcript of 20 aniversario UMIA revista cno

Page 1: 20 aniversario UMIA revista cno

15XUÑO 9

Dúas décadas de piragüismo

polo UMIA

Complexo Nautico - Deportivo Cabanelas36636 Ribadumia - [email protected] / www.omuiño.es

1995

201420 aniversario

BAIXADA UMIA

Page 2: 20 aniversario UMIA revista cno

peluquería - estética

el

&

ella

descontos descontos

a sociosa sociosdescontos

a socios

c/ Condesa, 14 bajo 2 Barrantes_Ribadumia 634 527 368

www.cafelareka.comBarrantes_RIBADUMIA TLF.986 718 506

FÁBRICA - TIENDA Agruchave 16 | 36500 LALÍN (Pontevedra) T. 986 78 02 57 | 986 78 71 71 | F. 986 78 38 59

Page 3: 20 aniversario UMIA revista cno

Alcaldesa de Ribadumia

Saudo Como todos os anos no mes de xuño acollemos no noso concello os mellores palistas galegos na BAIXADA DO RIO UMIA que este ano celebra a súa XX EDICIÓN. Unha cita deportiva única e á vez diferente, chea de tradición, vivida polos veciños de Ribadumia con ilusión e entusiasmo.

Unha vez máis, Ribadumia volve a ser o centro do piragüismo galego o que supón un escaparate para mostrar a todos os que nos visitan os nosos recursos naturais, valores, costumes, así como a proxección dun municipio novo e dinámico. É tamén momento de reunir toda a ilusión, competitividade0440 e ánimo que demostre o traballo realizado durante toda a tempada.

O noso compromiso dende o Goberno Municipal é o de dinamizar a actividade deportiva de Ribadumia, traballando por e para os veciños do noso municipio. Apostamos por un deporte que sexa escola de vida e de cidadanía aberta a todos. Un espazo de encontro, unha práctica divertida e saudable que favoreza o respecto, a diversidade e a convivencia entre todos, porque o deporte tamén é participación, integración, convivencia, valores, ferramenta de cohesión social e mellora global da calidade de vida de todos os cidadáns.Como alcaldesa, síntome orgullosa do esforzo e dedicación de cada un dos deportistas integrantes deste club . Aproveito estas palabras para resaltar a importancia da labor do Club Náutico O Muíño fai en prol do piragüismo e o esforzo e compromiso co deporte base e agradecer a súa directiva e a todos os deportistas que compoñen o club, a formación e dedicación ao longo destas dúas décadas. Estamos convencidos de que traballando neste camiño, prestando atención ao individuo, a todos e cada un dos veciños de Ribadumia, conseguiremos que o deporte sexa un instrumento de integración social, de educación e de contribución á saúde pública, así como de apoio aos valores relacionados co respecto mutuo, a tolerancia e a deportividade. Estamos convencidos de que, por tanto, máis deporte é, sen dúbida, máis Ribadumia.

Salomé Peña MuñizExcma. Alcaldesa do Concello de Ribadumia

Page 4: 20 aniversario UMIA revista cno

Presidente DeputaciónPontevedra

SaudoDÚAS DÉCADAS DE PROMOCIÓN DEPORTIVA E TURÍSTICA

Para quen naceu, se criou e vive en Ribadumia, o Umia é moito máis ca un río, é un símbolo de identidade. De aí que, se como presidente da Deputación me enche de orgullo ver como nacen, medran e se consolidan eventos deportivos ó longo e ancho de toda a provincia, moito máis o fai aínda comprobar como a Baixada do Umia cumpre xa dúas décadas de vida.Vinte anos de historia que a consolidaron como unha proba central no Campionato Galego de Ríos e Travesías e que garante a participación dos mellores palistas desta modalidade, facendo das comarcas de Caldas e O Salnés un centro de referencia do piragüismo.Nada sería posible sen o empeño e o esforzo do Club Náutico O Muíño, que sempre soubo sacar forza de fraqueza e, desde 1995, non só foi capaz de refundarse, senón que comezou un camiño de dinamización deportiva da comarca que ten nesta Baixada do Umia a súa máxima –pero non única– representación.

Ós 20 anos de organización desta proba, que cada ano aglutina un maior número de participantes, súmase o Campionato Galego de Promoción de Slalom, que se disputará novamente en Ribadumia e que, sen dúbida, volverá ser un éxito.As dúas probas son un elo máis desa enorme cadea de eventos deportivos que non só contribúen a facer de Pontevedra a provincia do deporte por excelencia, senón que son un elemento central para a promoción turística e a dinamización dos concellos nos que se disputan.

A Baixada do Umia, que este ano agardo volva bater récords de participación, e o Campionato de Slalom, vanlles dar a oportunidade a centos de persoas de diferentes puntos de Galicia e, incluso, doutras partes de España, de coñecer unha das áreas máis fermosas do país: a comarca do Salnés e o seu contorno.Unha comarca cun gran valor paisaxístico, etnográfico, cultural, histórico e arquitectónico e que, sen dúbida, é tamén o centro neurálxico das Rías Baixas.

Por iso quero felicitar a todos os que se implicaron na organización, financiamento e impulso destas probas porque, co seu traballo e entrega, contribúen de forma directa a consolidar as Rías Baixas como un destino turístico de calidade, un destino para vivir e sentir, capaz de atraer e emocionar o turista máis esixente, de atrapalo na súa maxia e de convencelo para que volva.Animo a todos os que non coñecen O Salnés a achegarse ata esta Baixada do Umia, porque estou convencido de que toda a beleza que se van poder atopar no percorrido da proba, desde a praia fluvial de Portas ata a ponte de Cabanelas, os animará a repetir visita.

Rafael Louzán AbalExcmo. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Page 5: 20 aniversario UMIA revista cno

Presidente Federación GalegaPiragüismo

Saudo

Especialistas en envasado de vino y licores

FISI TERAPIA

Marcos Davila

C/ Rosalia de Castro 151 Carril -Vilagarcia de Arousa

Tlf. Citas 986 099 770

UN RÍO DONDE ME INICIEI O PIRAGÜISMO

Como presidente da FGP poucos saúdas ou escritos me solicitan para unha regata, neste caso é especial para min, por varios motivos, o primeiro e sen dúbida polo cargo que teño e que esta 20 Baixada do Río Umia será o Campionato Galego da modalidade, e segundo porque neste río foi a miña primeira competición como Infantil en canoa, chamada por aquel entonces Liga de Promoción e que organziaba o Umia de Caldas de Reis, polo que o río Umia sempre terá un grato recordo no meu corazón. Pero non deixa de ser certo que esta primeira regata non foi máis que o comenzo dunha fermosa relacción con este río na miña vida deportiva.

A Baixada do Río Umia, sempre no calendario ten un cor especial; non é o máis caudaloso, nin ancho, nin profundo pero sí un dos que máis afeccionados acerca o río e o máis entretido e emocionante de navegar que non só require unha boa condición física, senón tamén un gran control da piragüa e como non algo de sorte para poder sortear as presas sen complicación xa que ata os derrradeiros metros o triunfo ou a derrota pende dun fío. Sempre o remate do descenso as historias e experiencias son múltiples, e espero que como me pasou a min, que todos os que participen teñan un grato recordo desta Baixada. Non quero deixar a ocasión para darlle os meus parabéns ó Club Nautico O Muiño por manter vivo esta proba e que as piragüas galegas poidan seguir navegando por el canto menos outros 20 anos máis.

Non dubido que por parte de todos traballaremos para que este río siga enchendo de esperiencias os nosos deportistas e que este ano co 20 aniversario e ser Campionato Galego e o recoñecemento o todo o bo traballo nestes anos polo Nautico O Muiño

José Alfredo Bea GarcíaPresidente da Federación Galega de Piragüismo

Pol.Industrial Tremoedo - Parcela 9 36628 Vilanova de Arousa

T. 986 544 156 / M. 625 69 [email protected]

Page 6: 20 aniversario UMIA revista cno

20 ANOS DINSE MOI RÁPIDOS

Como presidente do Club Nautico O MUIÑO, sen dúbida e un gran honor poder decir que chegamos a vixesimo edición da Baixada do Río Umia, parece que non trascurriron tantos anos dende que no 1995 puxemos a primeira pedra dunha proba que en cada edición se consolida máis no panorama piragüistíco galego. Tamén e certo que a labor desta entidade e fundamental para que esto sigua adiante, pero tamén as aportacións da Deputación Provincial de Pontevedra que ven apoiando esta proba dende os seus inicios, e sen olvidar o Concello de Ribadumia que forma parte deses apoios que fan que se manteña ano a ano esta proba. Cando se chega a este punto de dúas décadas de pelexa continua por un deporte como é o piragüismo, pasan pola cabeza grandes momentos que sempre quedarán no meu corazón e de apostar por esta proba é un deles, tamén decir que estivo en varias ocasións na corda floxa por falta de apoio que finalmente se solucionaron. Este tipo de probas nunha entidade como a nosa que fai unha diversificación de actividade non só no piragüismo como en outros deportes (duatlon, carreira, mtb...) confirma a esta pequena entidade, a poder seguir loitando por este deporte.

Decía pequena entidade porque a pesar de todo seguimos pouco valorados e sen dúbida en desventaxa con outros clubes doutras localidades que con menor actividad e deportistas están máis apoiados tanto institucionalmente como privadamente, pero pode ser que ese sea un factor polo que loite con máis rabia por seguir adiante con todo esto ata que chegue o fin.

Durante estos 20 anos no referente a Baixada sempre queda no recordo o galardón de Mellor proba organizada e o recordo dos que xa non están, especialmente a Antonio Noya, un amigo que emprendeu conmigo fai 20 anos esta aventura de volver a fundar este club sendo este ano o 17 memorial deste amigo.

José Manuel Vázquez NúñezPresidente Club Nautico OMUIÑO

Presidente Club Nautico

O Muiño

Saudo

t a l l e r e s

Page 7: 20 aniversario UMIA revista cno

7

A Baixada do Río Umia cumpre 20 anos o vindeiro 15 de xuño. Estamos acostumados últimamente a ver desaparecer probas deportivas míticas ou outras que nacen con moita ilusión pero que enseguida se veñen abaixo. A maldita crise económica está facendo estragos no deporte. O Club Náutico O Muiño de Ribadumia non é axeno a esa situación e por iso ten cada vez máis mérito que siga podendo sacar adiante unha competición como esta, convertíndoa en todo un clásico e un referente do piragüismo galego.

A Baixada do Umia destaca por moitos factores: pola súa boa organización, pola masiva participación, polas emotivas homenaxes que se realizan a ex membros do club... pero quizais destaque principalmente pola extraordinaria simbiose entre deporte e natureza. En poucas competicións/regatas os deportistas e afeccionados poden disfrutar do deporte e natureza ao mesmo tempo e con tanto esplendor. Dende a saída na praia fluvial de Portas ao estilo Sella ata a meta en Cabanelas, diante do Club Náutico, todo o percorrido ten encanto suficiente para deixar a todos coa boca aberta. Sobre todo porque á beleza do entorno natural se suma nunha competición deportiva de moito nivel e na que se dan as condicións óptimas para que todos disfruten ao máximo deses 14 kilómetros inolvidables, os deportistas e os seguidores que os ven pasar desde as beiras do río. Nesta edición sen duda haberá unha bonita loita xa que disputarase o Campionato Galego, será a segunda vez na historia desta proba que leve este título que atraerá os mellores especialistas o Umia.

O Náutico O Muiño destaca por ser o club cunha actividade deportiva máis diversa, sobrepasando incluso os límites do piragüismo coa organización de carreiras populares no seu momento ou agora un duatlón. Pero a Baixada do Umia é a súa esencia. Difícil entender a un sin a outra e viceversa. Por iso, e a pesar dos moitos atrancos que se atopan porque todo custa cartos, o club ribadumiense pon todo da súa parte para que a Baixada siga viva. Para que esos 14 kilómetros de deporte e natureza sigan sendo os 14 kilómetros máis espectaculares do piragüismo galego.

14 kilómetros

inolvidables

por José Luis Chantrero (Jefe deportes Diario de Arousa)

Page 8: 20 aniversario UMIA revista cno

- Obrador de panadería e pasteleria- Tenda especializadadelicatessen

c/ Ramón Cabanillas, 436637 Mosteiro (Meis)

T. 986 090 033 M. 687 160 172www.adespensadepineiro.com

[email protected]

20 anos polo Umia

Equipo do Nautico O MUIÑO que disputou a Baixada na temporada 2005con saída en Caldas de Reis e Meta en Cabanelas

Cando falamos de piragüismo na comarca, sen dúbida falamos da BAIXADA DO RIO UMIA, unha regata que ano tras ano consolidades no calendario galego e este ano celebra o seu 20 aniversario, un aniversarío que terá un sabor especial xa que por segunda vez será CAMPEONATO GALEGO DE RÍOS. Coa refundación do Clube Náutico O MUIÑO de Ribadumia no ano 1995, que con apenas dous meses de vida, os seus membros encabezados polo Presidente Rafael Louzan, e actual presidente José Manuel Vázquez Núñez poñen en marcha a 1ª Baixada do Río Umia. Esta primeira edición ten a saída e meta no Refuxio de Pescadores de Cabanelas cunha ciaboga na ponte de Castrelo. A participación desta primeira edición contou con clubes de España e Portugal como Piragüismo Zamora e Nautico Crestuma de Portugal, entre outros, sen dúbida unha representación a altura para esta primeira edición que venceu o Kayak Tudense de Tui. En 1996 celébrase a 2º edición gracias ó éxito acadado na primeira, onde se repite o percorrido da edición anterior e incrementase a participación de clubes e participantes, vencendo na clasificación final por clubes o Náutico Crestuma (Portugal) seguido do Piragüismo Zamora e Náutico Prado de Portugal.

CREA O TEU NEGOCIO COA NOSA FRANQUICIA

Page 9: 20 aniversario UMIA revista cno

A 3ª Edición sería a confirmación desta proba, entrando no calendario da Liga Galega de Ríos e Travesías e modificandose o percorrido das primeiras dúas edicións, saída na Alameda de Caldas de Reis con meta no Refuxio de Pescadores. Neste percorrido descubrese o esplendor do rio Umia pola a súa beleza natural, vendo lugares como son As Aceñas, Rotrotoiro, Pte.Arnelas, Cabanelas etc... Nesta edición imponse o Nautico Firrete de Pontedeume. esta edición sería dedicada en memoria de José Antonio Noya Falcón, refundador do clube. En 1998 e 1999 o percorrido manteríase sendo tamén puntuable para a Copa Xunta de Galicia de Descenso e Travesías. Na 5ª Baixada impoñese José Del Valle de Vilaboa, mentras Ramón Ferro da Illa de Arousa na categoría C-1 e a súa compañeira de equipo Dolores Cores en Dama. No ano 2000, inclúese no programa de actos a celebración nas inmediacións do Refuxio de Pescadores de Cabanelas do I Trofeo de Kayak-Polo Concel lo de Ribadumia, en donde participarón o Náutico Umia de Caldas, Rodeira de Cangas, e Náutico O Muiño, sendo o vencedor o clube de Caldas. O vencedor por clubes foi o OPP-20 da Illa de Arousa sendo José Ramón Corral do Xuvenil de Endesa das Pontes que se impuxo nesta Baixada. Na 7ª Baixada do Rio Umia, pódese observar o incremento de participantes batindo o récord da edición anterior. Celebrouse o II Torneo de Kayak-polo Conce l l o de R ibadumia vencendo novamente o Náutico Umia de Caldas. O Piragüismo Vilaboa impoñeríase por clubes sendo Javier Conde o vencedor absoluto tamén do Vilaboa-Cabo de Peñas, Ramón Ferro e Dolores Cores repitirían victoria en C-1 e Dama respectivamente ambos do Piragüismo Illa de Arousa. Manuel Angel Oubiña do Náutico O Muiño vencería en C-1 Cadete. A partir da 8 edición volveríase a retocar o percorrido hata a data pasando a Saída a praia Fluvial de Portas, cunha saída “Tipo Sella” que incrementaría o espectaculo para os seguidores. Nesta edición sen

dúbida foi a máis dura xa que o percorrido pasou a ser un descenso-ascenso, no que para facer máis vistoso os participantes por Cabanelas, situouse unha ciaboga na ponte de Barrantes. Antonio Polo foi o vencedor desta dura Baixada, mentras MªVictoria Piñeiro do Breogán se impuxo en damas, o Kayak-Tudense foi o vencedor por clubes, a partir deste ano a meta fixaríase en Cabanelas sen ascenso. Nesta edición fíxose referencia cunha homenaxe a José Manuel Torres Falcón “Iño” un amigo e pa l is ta do Clube Náut ico O Muiño impoñendo unha Meta Volante no primeio K-1 en pasar pola liña de Meta en dirección Barrantes, sendo Antonio Polo o vencedor. A 9ª Baixada do Río Umia foi sen dúbida a mellor, logrando ser declarada mellor proba organizada da temporada 2003. Vencería Jesús Rodriguez do Fluvial O Barco, e Dolores Cores (Illa de Arousa) en damas. Outro dos momentos importantes deste evento será esta edición o ser declarada CAMPEONATO GALEGO DE RIOS , unha denominación coa que tamén foi galardonada na 14º edición. No ano 2007 chegaría coa 13 edición a victoria do Nautico O MUIÑO, e apartir desta edición o club organizador sempre es t ivo no pod io ou cerca , confirmando a consolidación da entidade organizando a proba e na competición.

Page 10: 20 aniversario UMIA revista cno

a proba depara grandes imaxeneso longo do percorrido

O percorrido polo río Umia o longo da súa historia deixa descubrirnos a beleza natural do entorno do río, así como atrae a veciños

o carón das augas para contemplar o espectaculo que solo esta proba pode

deixar.Lugares como As Aceñas, Pte de Bayón, Paradela, Rotrotoiro, Puente Arnelas e a

mesmas saída e meta da proba son lugares de gran beleza.

20 anos en imaxenes

Page 11: 20 aniversario UMIA revista cno

Outro gran momento da Baixada e a entrega da Meta Voante Jose Manuel Torres Falcón “Iño”, en memoria a

un palista e gran amigo de todos no clube e que aproveitamos este acontecemento deportivo para

recordalo e homenaxealo como merece.

A Baixada do Rio Umia ten un oco sen dúbida para recordar a memoria de grandes persoas dentro no clube que xa non nos acompañan, como e Jose Antonio Noya Falcón, gran amigo e fundador deste clube o cal leva o

seu nome esta proba.

4

Page 12: 20 aniversario UMIA revista cno

Unha das imaxenes que nos deixou a 16 ediciónIago Otero entrando en Meta.

Ana Valín e outra das integrantes do CNO que suma as súas participacións por podios.

Page 13: 20 aniversario UMIA revista cno

equipo do CNO que disputou a Baixada no 2012

equipo do CNO que disputou a Baixada no 2011

algúns dos integrantes na edición anterior 2013David Maquieira foi un dos fixos no podionas súas participacións o longo da historia

Lgar. Cruceiro Vello, 1 36636 RIBADUMIA (Pontevedra) Telf.: 610 32 78 88

FABRICA DE ASERRAR - MADEIRAS PARA A CONSTRUCCIÓN - VIRUTA DE MADEIRA - PELLETS - LEÑA

aquareipublicTelf.: 986 542 589 / Vilariño,19 36630 CAMBADOS

Page 14: 20 aniversario UMIA revista cno

podio por equipos no 2007 con victoria do CNO

Paulino Otero vencería o K1 Cadete no 2007

David Maquieira coa victoria do C1 Junior

Borja Bejo vence no k1 cadete no 2013

Page 15: 20 aniversario UMIA revista cno

Aurora González BalsaAgente de seguros

Exclusivo de Allianz

CO10935474678F

C/ Rabuñade, 14 bajo36636 Ribadumia

Telf./Fax. 986 710 343móvil: 628 757 474

Cruceiro Vello, 2 B 36630 RIBADUMIATelf. » 986 718 078

I Baixada do Rio Umia (15/7/1995) Clasificación final clubes:1º Kayak Tudense 2º Nautico Crestuma 3º Breogán O Grove Vencedores:K-2: German e Carral (Kayak Tudense)K-1: Artur Pinto (Nautico Crestuma)C-1: Marcelino Cacabelos (Breogán )

II Baixada do Rio Umia (20/7/1996) Clasificación final clubes:1º Nautico Crestuma - Portugal 2º Piragüismo Zamora3º Nautico Prado - Portugal Vencedores:K-2: Silva e Gomez (Nautico Crestuma)K-1: Artur Pinto (Nautico Crestuma)C-1: Félix Lamas (Breogán)

III Baixada do Rio Umia (13/7/1997) Clasificación final clubes:1º Nautico Firrete 2º Piragüismo Vilaboa 3º Nautico Prado - Portugal (46p) Vencedores:K-2: Silva e Gomez (Nautico Crestuma)K-1: Artur Pinto (Nautico Crestuma)C-1: Félix Lamas (Breogán)

IV Baixada do Rio Umia - (12/7/1998) Clasificación final clubes:1º Nautico Crestuma - Portugal 2º Piragüismo Zamora 3º Nautico Prado - Portugal

Vencedores:K-2: Jose Silva e Joao Gomez (Nautico Crestuma de O Porto)K-1: Artur Pinto (Nautico Crestuma)C-1: Félix Lamas (Breogán)

V Baixada do Rio Umia - (7/7/1999) Clasificación final clubes:1º OPP-20 Dorna Illa de Arousa13º Nautico O Muiño Vencedores:K-1: Jose Del Valle (Piraguismo Vilaboa)K-1 Dama: Dolores Cores (OPP20 Illa)C-1: Ramón Ferro (OPP20 Illa)

VI Baixada do Rio Umia - (25/6/2000) Clasificación final clubes:1º OPP-20 Dorna Illa 2º Piragüismo Vilaboa 3º Grupo Xuvenil Endesa 8º Nautico O Muiño Vencedores:K-1: Jose Ramon Corral (Xuvenil)K-1 Dama: Dolores Cores (OPP20 Illa)C-1: Ramón Ferro (OPP20 Illa)

20 anos de resultados

Page 16: 20 aniversario UMIA revista cno

13º Baixada do Rio Umia - (09/6/2007) Clasificación final clubes:1º NAUTICO O MUIÑO Ribadumia2º P.Illa de Arousa3º CPPortonovo Vencedores:K-1absoluto: Marcos Terrazo (P. Rio Verdugo)K-1Dama: Laura Rodriguez (Firrete)C-1: Ramon Ferro (Illa de Arousa)

14º Baixada do Río Umia - (053/07/2008) CAMPEONATO GALEGO Clasificación final clubes:1º P.Illa Arousa2º NAUTICO O MUIÑO Ribadumia 3º Nautico Firrete Pontedeume Vencedores:K-1: Jesus Rodriguez León ( O Barco)K-1 Dama: Raquel Rodriguez (ECPC)C-1: Ramón Ferro (P.Illa Arousa)

15º Baixada do Río Umia - (05/07/2009) Clasificación final clubes:1º P.Illa Arousa2º Piragüismo Vilaboa3º Real Club Nautico Rodeira5º Náutico O´Muiño Vencedores:K-1: Antonio Palmas (P. Vilaboa)K-1 Dama: Nuria Santiago (P.Illa Arousa)C-1: Ramón Ferro (P.Illa de Arousa)

16º Baixada do Río Umia - (16/05/2010) Clasificación final clubes:1º P.Illa Arousa2º Piragüismo Vilaboa3º Real Club Nautico Rodeira5º Náutico O´Muiño Vencedores:K-1: Jesús Rodriguez León (F.O Barco)K-1 Dama: Raquel Rodriguez (EPCP)C-1: Carlos Agra (P.Illa de Arousa)

17º Baixada do Río Umia - (05/06/2011) Clasificación final clubes:1º P.Illa Arousa2º Piragüismo Vilaboa3º Real Club Nautico Rodeira5º Náutico O´Muiño Vencedores:

K-1: Jesús Rodriguez León (Fluvial O Barco)K-1 Dama: Ana Valín (N. O MUIÑO)C-1: Tono Campos (Nautico Firrete)

18º Baixada do Río Umia - Memorial Antonio Noya (17/06/2012) Clasificación final clubes:1º Ciudad de Pontevedra2º NAUTICO O MUIÑO Ribadumia3º Piraguismo VilaboaVencedores:K-1: Antonio Palmas (P. Vilaboa)K-1 Dama: Raquel Rodriguez (EPCP)C-1: J.Ramón Bayón (NAUTICO O MUIÑO)

19º Baixada do Río Umia - Memorial Antonio Noya (17/06/2012) Clasificación final clubes:1º Ciudad de Pontevedra2º NAUTICO O MUIÑO Ribadumia3º Breogan O GroveVencedores:K-1: Antonio Palmas (P. Vilaboa)K-1 Dama: Tania Alvarez (Breogan O Grove)C-1: Diego Romero (Breogan O Grove)

Avenida Bouza Martín, 35 - Barrantes , 36636 , RIBADUMIA

[email protected]

Administración Administración Administración de Loterias Nº1de Loterias Nº1de Loterias Nº1

Page 17: 20 aniversario UMIA revista cno

20 anos de carteis

A historia da Baixada tamén se escribe en cada unha das súas 20 edicións polos seus carteis, donde cada un deles ten a súa pequena historia sempre tendo como obxetivo o conmemorar a edición anterior.

Dende o máis sinxelo dos carteis na 1º edición ata montaxes de varios momentos das probas e imaxenes espectaculares para cada vez atraer o afeccionado a acercarse o Río Umia a disfrutar da Baixada, unha proba sempre carazterizada pola colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra o cal leva o seu nome coa denominación "Gran Premio"

Os carteis tamen mostran os homenaxes que dende o Nautico O MUIÑO facemos, dedicado a tres personas especiais no club, Jose Antonio Noya, Jose Manuel Torres "Iño" e Jose Ramón Serantes "Peke".

Page 18: 20 aniversario UMIA revista cno

O espacio non nos deixa poder colocar os 20 carteis, e selecionamos estos máis significativos da gran historia deste evento deportivo na comarca.

Page 19: 20 aniversario UMIA revista cno

ribadumia

Domingo,17 agosto 2014

2

19952015OMUIÑOa n i v e r s a r i o

codeportecodeportecodeporte

O Concello deR i b a d u m i a

CO

LA

BO

RA

N:

Especialistas en envasado de vino y licores

#piragüismogalego

OR

GA

NIZ

AN

:

aquareipublicaquareipublicaquareipublicw w w . a q u a r e i . c o m

Page 20: 20 aniversario UMIA revista cno

LIG

A G

ALE

GA

DE

RIO

S E

TR

AV

ES

IAS

2014

2 15 15 15 1995

2015OMUIÑOa n i v e r s a r i o