11c o antigo exipto

16
O ANTIGO EXIPTO 1º ESO Roberto López

description

1º ESO, Ciencias Sociais Exipto

Transcript of 11c o antigo exipto

Page 1: 11c o antigo exipto

O ANTIGO EXIPTO

1º ESO

Roberto López

Page 2: 11c o antigo exipto

1. O PAÍS DO NILO

A historia do antigo Exipto vai desde o 3.100 a.C. ata o ano 31 a.C.

A poboación concéntrase nas beiras do río Nilo.

Os exipcios distinguen entre:

As terras negras (terras sobre as que o Nilo, despois da súa crecida, deixa un limo que as fai moi fértiles)

As terras vermellas (o deserto) defensa natural contra as invasións doutros pobos.

Page 3: 11c o antigo exipto

AS ENCHENTES DO NILO

O Nilo abastecía de auga as persoas, servía de vía de comunicación e regaba os campos de cultivo

As enchentes do río eran fundamentais, xa que despois da crecida os campos de cultivo quedaban cubertos dunha capa de limo que os fertilizaba.

Page 4: 11c o antigo exipto

2. A TERRA DO FARAÓN

O Faraón concentra nas súas mans todo o seu poder: dictaba leis, gobernaba o país, posuía gran parte das terras , controlaba o o comercio e mandaba no exercito.

Cando un faraón morre sucédeo o seu fillo: dinastías

Os exipcios crían que os faraóns eran deuses.

Coroas do Baixo (1) e Alto (2) Exipto. Ambas as dúas convertéronse nun atributo do faraón (3).

Page 5: 11c o antigo exipto

ETAPAS DA HISTORIA DE EXIPTO

3.100 a.C. O rei Menes unificou todos os territorios en torno ao Nilo

31 a.C. o país é conquistado polos romanos

Capital en Menfis.

Establécense as bases do estado.

Principais faraóns: Keops, Kefrén e Micerinos.

Capital en Tebas.

Creación obras públicas e ampliación terras cultivables.

Capital en Menfis.

Época de esplendor.

Principais faraóns: Amenofis III, Tutancamón e Ramsés II

Page 6: 11c o antigo exipto

3. A SOCIEDADE EXIPCIA

NOBRES SACERDOTES ESCRIBAS

CAMPESIÑOS ARTESÁNS COMERCIANTES SERVINTES

FARAÓN

PRIVILEXIADOS

RESTO POBOACIÓN

MULLERES

ESCRAVOS Campesiños Mulleres

Príncipes exipcios

Escriba

Page 7: 11c o antigo exipto

4. A RELIXIÓN. OS TEMPLOS

• Politeístas: crían en varios deuses.

• Os ritos relixiosos son necesarios para manter o equilibrio do universo

•Cada deus ten un templo na que se garda a súa estatua.

•Os sacerdotes ocúpanse de limpar, vestir e facer os ritos a cada deus.

•Fan procesións e ofrendas aos deuses todos os días.

DEUSES

Page 8: 11c o antigo exipto

AMÓN-RE (RA) ANUBIS APIS HATHOR

O seu nome significa “o

oculto”. Era o deus do Sol.

Tiña aspecto humano.

Presidía as

momificacións e era o gardián das necrópoles.

A súa imaxe era a cabeza de chacal.

Era o boi sagrado. Representábase como

un touro e o disco solar entre os cornos ou como un home con cabeza de touro.

Hathor era unha deusa

celeste. Aparecía como muller

ou como vaca, co disco solar entre os cornos.

Deuses exipcios (1)

Page 9: 11c o antigo exipto

HORUS ISIS OSIRIS

Deus do ceo. Represéntase como un

home con cabeza de falcón ou como un falcón que leva posta a dobre coroa de Exipto.

Era o símbolo da semente,

crecemento e seguridade da vida.

Tiña aparencia humana e o disco solar entre uns cornos sobre a cabeza.

Era o deus dos mortos. Representábase como unha

momia con cetro e látego.

Deuses exipcios (2)

Page 10: 11c o antigo exipto

Arquitectura: características

Caracterizouse pola utilización de pedra.

Foi alintelada, é dicir, que non usaban nin o

arco nin a bóveda.

Destacou polas súas dimensións colosais.

OS TEMPLOS: A MORADA DOS DEUSES.

Page 11: 11c o antigo exipto

O templo de Luxor

Page 12: 11c o antigo exipto

Templo de Abu Simbel

Templo de Karnak Templo de Debod

Templo de Dehir El-Bahari

Page 13: 11c o antigo exipto

5. A VIDA DESPOIS DA MORTE. AS TUMBAS

• Os exipcios crían na vida despois da morte. • Convertíanos en momias, que gardaban en sarcófagos rodeados dun enxoval, que enterraban en tumbas. • As dos faraóns eran as tumbas máis grandes.

•As pirámides de Guiza son as tumbas máis espectaculares. • No Val dos Reis e no Val das Raíñas as tumbas están escavadas baixo terra.

Page 14: 11c o antigo exipto

Eran as tumbas máis antigas. Forma exterior de prisma. Cámara funeraria subterránea no interior.

TIPOS DE TUMBAS EGIPCIAS

Enormes tumbas de forma piramidal. Enterraron faraóns no Imperio Antigo.

Pirámides de Guiza.

Tumbas escavadas no interior dunha montaña. Tras enterrar ao defunto cerrábase o burato.

Val dos Reis. Val das Raíñas

Mastaba

Pirámide

Hipoxeo

Page 15: 11c o antigo exipto

6. A ARTE EXIPCIA

Edifican templos como vivenda dos deuses. Constrúen tumbas para os defuntos. Decoran ambos con esculturas e pinturas

Influída pola relixión e pola crenza na vida despois da morte. A maioría das obras de arte exipcio tiñan unha utilidade e un sentido máxico e relixioso.

Outras obras de arte tiñan un sentido político.

Facían enormes estatuas e pinturas dos faraóns para demostrar o seu poder.

Estatua do faraón Kefrén

Pintura mural na tumba de Nefertari

Page 16: 11c o antigo exipto

PINTURA E ESCULTURA

A arte cambiou pouco durante los 3000 anos de civilización exipcia. Seguía unhas normas e uns principios moi estrictos.

• A falta de perspectiva (sen sentido de profundidade). • A frontalidade (cada parte do corpo dunha maneira). • A idealización (representaban o corpo como debería ser). • A inmobilidade e a rixidez (as figuras son estáticas).

Ramsés II

Ramsés II loitando contra os hititas