HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas...

12
de3570202 1 HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS Índice 1. A medicina ao longo da historia 1.1 A medicina na antiga Grecia e Roma 1.2. A medicina na Idade Media 1.3. A medicina nos séculos XVI e XVII 1.4. A medicina nos séculos XVIII e XIX 1.5. A medicina nos séculos XX e XXI 2. As técnicas de diagnóstico e os avances tecnolóxicos 2.1. Análises de sangue 2.2. Análises xenéticas 2.3. Técnicas de rexistro da actividade eléctrica 2.4. Técnicas de diagnóstico por imaxe 2.5. Biopsia 3. Os avances nos tratamentos médicos 4. A saúde e a enfermidade 5. A sanidade nos diferentes países

Transcript of HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas...

Page 1: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 1

HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS

Índice

1. A medicina ao longo da historia

1.1 A medicina na antiga Grecia e Roma

1.2. A medicina na Idade Media

1.3. A medicina nos séculos XVI e XVII

1.4. A medicina nos séculos XVIII e XIX

1.5. A medicina nos séculos XX e XXI

2. As técnicas de diagnóstico e os avances tecnolóxicos

2.1. Análises de sangue

2.2. Análises xenéticas

2.3. Técnicas de rexistro da actividade eléctrica

2.4. Técnicas de diagnóstico por imaxe

2.5. Biopsia

3. Os avances nos tratamentos médicos

4. A saúde e a enfermidade

5. A sanidade nos diferentes países

Page 2: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 2

1. A medicina ao longo da historia

A existencia das enfermidades é tan antiga como a propia humanidade, o que fai pensar que os, máis ou menos éxitos de curalas tamén o son. Mesmo se cre que os neandertais xa posuían coñecementos ao respecto.

A medicina é pois unha ciencia que leva evolucionando dende a orixe do ser humano. No mundo primitivo, as enfermidades considerábanse castigos, motivados por un deus enfadado, un espírito maligno ou un diaño; polo que o diagnóstico e tratamento tamén requiría dunha medicina máxica e relixiosa. Os sacerdotes, feiticeiros e chamáns, esconxuraban os males mediante rituais que incluían sacrificios ou ofrendas e en moitos casos empregaban extractos de plantas e de animais; por iso en ocasións, estas prácticas funcionaban e transmitíanse.

Progresivamente, foise separando o compoñente máxico relixioso da medicina experimental. No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que se conservan sobre descrición de enfermidades, diagnóstico, tratamento prescrito a partir dunha farmacopea; así como cirurxía e tratamento para feridas de guerra.

1.1. A medicina na antiga Grecia e Roma

A medicina grega baseábase por completo no estudo da natureza do ser humano, sen a influenza de crenzas máxicas e relixiosas. A figura máis importante da medicina grega foi Hipócrates de Cos, que viviu no século V a.c. e para moitos autores é o pai da medicina. Foi o primeiro en empregar o termo medicina "librar do mal aos enfermos e calmar a súa dor" e creou a escola da chamada "medicina hipocrática", desenvolta por el e os seus seguidores, médicos profesionais.

Separou a medicina da relixión e defendía que a enfermidade non é un castigo divino, senón un proceso natural, consecuencia dos factores ambientais, a dieta e os hábitos de vida; polo tanto a saúde é o estado normal das persoas e a enfermidade é algo fóra do normal.

Hipócrates

Para os hipocráticos, as enfermidades produciríanse cando os "catro humores" (sangue, bile negra, bile amarela e flegma) se desequilibraban. O propio corpo tendía a recuperar a saúde e a labor do médico era facilitar este proceso natural co tratamento axeitado. O médico, trala realización dunha historia clínica e un exame físico do paciente, debía facer un diagnóstico e prognóstico acertados para administrar a terapia axeitada; a cal podía consistir nunha dieta, remedios naturais, repouso e mesmo certas intervencións cirúrxicas. A medicina hipocrática era en xeral, conservadora e

Page 3: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 3

pasiva, pero moi coidadosa co paciente e defendía a importancia da prevención para evitar as enfermidades.

De Hipócrates e os seus seguidores consérvanse na actualidade unha colección de 70 obras, denominadas "Corpus hipocrático", sobre temas médicos entre os que destaca o coñecido "xuramento hipocrático".

Posteriormente, a medicina romana recolleu os coñecementos da grega e desenvolveu máis o tratamento das enfermidades, sobre todo a cirurxía. Ademais os romanos realizaron importantes obras públicas que melloraron a saúde da poboación; como foron as redes de saneamento, baños públicos, acuedutos e mesmo hospitais. Na época romana, o médico máis importante foi Galeno (século II-III d.c.), cuxo referente era á súa vez Hipócrates. A súa principal obra "Sobre o arte da curación" exerceu unha enorme influenza na medicina durante máis de 1000 anos. Entre as súas contribucións á medicina destacan a descrición das válvulas cardíacas, as diferenzas estruturais entre veas e arterias, as funcións dos riles e da vexiga e diversas enfermidades infecciosas.

1.2. A medicina na Idade Media

Esta época supuxo un retroceso para a ciencia en xeral e para a medicina e cirurxía en particular. A medicina medieval baseábase nas obras gregas e romanas pero reintroduciuse o compoñente relixioso como causa das enfermidades e tamén como método de curación. As enfermidades, sobre todo as contaxiosas como a peste, estarían causadas polos pecados, a bruxería ou o diaño; mentres que a curación dependía en gran medida da intervención divina. Entre as escasa prácticas médicas que se realizaban estaban as sangrías; extraccións de sangue mediante cortes ou empregando samesugas, co obxecto de purificar o sangue do enfermo e mesmo dos individuos sans para evitalas enfermidades.

A cirurxía sen embargo, desenvolveuse independentemente da medicina; debido sobre todo á necesidade de tratar as feridas laborais e de guerra. Limpábanse as feridas, practicábanse suturas e tratábanse as fracturas. Cando as fracturas dos membros eran abertas e graves, frecuentemente se infectaban, polo que se procedía á súa amputación ante o risco de morte por infección xeneralizada.

Por outra parte, nas rexións baixo dominio musulmán a medicina adquiriu certo impulso. A partir da tradución dos escritos gregos e romanos e da medicina tradicional persa e árabe, desenvolveuse unha práctica médica rigorosa, apartada de crenzas místicas. Son coñecidos os traballos de Avicena (século XI), o seu "Canon da medicina" é unha enciclopedia médica na que recolle os coñecementos médicos e farmacéuticos da súa época, ademais de resaltar a importancia de poñer medios para conservar a saúde; o que hoxe coñecemos como medicina preventiva. Esta obra chegou a Europa a partir das cruzadas, influenciando tamén á medicina occidental durante séculos.

1.3. A medicina nos séculos XVI e XVII

O Renacemento trouxo novos aires o mundo científico en xeral e á medicina en particular, sobre todo ao estudo da anatomía humana. En 1543 o médico italiano Andreas Vesalio publicou o seu libro "Sobre a estrutura do corpo humano", considerada unha obra de referencia da medicina de tódolos tempos e no cal baseándose en diseccións de cadáveres, describiu a anatomía humana ao detalle.

Page 4: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 4

Miguel Servet, describiu a circulación sanguínea pulmonar ou menor e apuntou que a súa función sería eliminar "vapores tóxicos" na expiración.

No eido da cirurxía, destaca o francés Ambroise Paré, considerado o fundador da cirurxía moderna. Non tiña formación académica, senón que pertencía ao gremio dos cirurxiáns-barbeiros, pero o seu traballo como cirurxián de campaña permitiulle adquirir grandes coñecementos de anatomía, fisioloxía e cirurxía. Como as intervencións se debían practicar sen anestesia, dáballe moita importancia á rapidez coa que se facían. Desenvolveu novas técnicas cirúrxicas na amputación de membros e de tratamento de feridas e fracturas; ademais relacionou a limpeza das feridas coa súa curación, deseñou instrumental médico e próteses para os amputados.

No século XVII, o médico inglés William Harvey describiu por primeira vez de forma correcta o funcionamento da circulación sanguínea e as propiedades do sangue. Identificáronse os síntomas e curso de distintas enfermidades, o que permitiu tratar de buscar as súas causas e os tratamentos máis axeitados.

Nesta época tamén se inventou o microscopio, que posteriormente permitiu identificar os microorganismos causantes das enfermidades infecciosas.

William Harvey

1.4. A medicina nos séculos XVIII e XIX

No século XVIII realizouse un dos descubrimentos máis importantes da historia da medicina, as vacinas. A primeira vacina, débese ao médico inglés Edward Jenner, que elaborou unha vacina contra a varíola; unha das epidemias máis contaxiosas e mortíferas da época. Jenner, decatouse de que as leiteiras que coidaban das vacas enfermas de varíola vacún, sufrían unha variante menos grave desta enfermidade e xa non enfermaban de varíola humana. A partir desta observación, creou un preparado con soro da varíola vacún e inoculoullo a individuos sans; comprobando que efectivamente, contraían unha enfermidade leve pero quedaban protexidos fronte á varíola humana. Isto ten máis mérito, se consideramos que daquela non se relacionaba aínda as enfermidades infecciosas cos microorganismos.

Publicación do traballo de Edward Jenner

A vacina propagouse por todo o mundo, en gran parte grazas á expedición organizada polo goberno de España para levala vacina ás colonias de ultramar. A denominada "Real expedición filantrópica da vacina", que partiu da Coruña en 1803 e levou a vacina a América, Filipinas e China; empregando nenos como vectores vivos da mesma.

Tamén se realizaron no século XVIII o descubrimento da respiración como un proceso de combustión no que se consume osíxeno e se elimina dióxido de carbono, a descrición das enfermidades mentais como tales, a publicación dos primeiros tratados de patoloxía e de odontoloxía, a primeira medición da presión sanguínea, a construción do primeiro termómetro de mercurio...

Page 5: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 5

No século XIX, producíronse grandes avances tanto na medicina coma na cirurxía. O descubrimento da anestesia xeneral facilitou en grande medida as intervencións cirúrxicas, posto que xa non era necesario actuar con tanta rapidez para evitar a dor e puideron acometerse cirurxías máis complicadas. A antisepsia foi suxerida por Louis Pasteur, quen despois de refutar a xeración espontánea, propuxo que as bacterias podían causar enfermidades e un dos primeiros cirurxiáns que comezou a aplicar medidas de antisepsia foi o británico Joseph Lister. Establecéronse medidas de antisepsia como a limpeza das feridas con desinfectantes, o emprego de apósitos estériles, a esterilización do material cirúrxico e que os médicos debesen lavar as mans, empregar batas, máscaras e guantes estériles. Deste xeito incrementáronse moito as posibilidades de supervivencia despois dunha cirurxía, un parto ou unha ferida grave, ao evitarse moitas infeccións.

Este foi un dos principais descubrimentos do século; a teoría microbiana da enfermidade infecciosa, proposta por Pasteur e demostrada polo médico alemán

Robert Koch. Koch demostrou que a tuberculose era causada pola infección dunha bacteria, o Mycobacterium tuberculosis denominado tamén "bacilo de Koch". Estableceu unha serie de pasos experimentais, que o médico ou investigador debía seguir para comprobar se unha bacteria en concreto é a causante dunha enfermidade; os denominados "postulados de Koch".

Robert Koch

Con este descubrimento favorecéronse á súa vez outros avances; como a identificación de máis bacterias infecciosas (como a do tétano, a peste ou a difteria), o desenvolvemento de vacinas para varias enfermidades, desinfectantes e procedementos de esterilización. Impulsáronse as medidas de hixiene persoal e saúde pública como método efectivo para evitalo contaxio das enfermidades.

Durante o século XIX tamén se estableceu a teoría celular (entre outros por Ramón y Cajal), identificáronse as plaquetas dos sangue, no eido da bioquímica identificáronse tres das biomoléculas orgánicas (proteínas, lípidos e hidratos de carbono), as bases nitroxenadas, os cromosomas e describiuse a función das enzimas. No diagnóstico, inventouse o estetoscopio e descubríronse os raios X; que no século XX permitiron desenvolver a radioloxía e o radiodiagnóstico.

1.5. A medicina nos séculos XX e XXI

O século XX comezou cun grande impulso da cirurxía, motivado polos descubrimentos da anestesia e a antisepsia do século anterior. O deseño de novos instrumentais, o desenvolvemento de técnicas para intervir os órganos internos, o uso de novos anestésicos, etc.; aumentaron a seguridade das cirurxías e ampliaron as súas aplicacións a máis patoloxías. Así mesmo, o descubrimento dos grupos sanguíneos (sistema ABO en 1903 e factor Rh en 1940) permitiu a realización de transfusións de sangue seguras, diminuíndo a mortalidade debida ás hemorraxias.

Na actualidade a cirurxía moderna acomete complicadas técnicas cirúrxicas como o transplantes de órganos, sérvese das novas tecnoloxías para realizar intervencións complexas, emprega materiais biocompatibles...etc.

Page 6: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 6

Outro gran progreso para a medicina e práctica cirúrxica, foi o descubrimento dos antibióticos. Alexander Fleming descubriu a penicilina en 1928, pero o seu uso estendeuse durante a Segunda Guerra Mundial, cando se desenvolveu un método de síntese e purificación eficaz. A penicilina permitiu combater multitude de enfermidades infecciosas e as infeccións que a miúdo sobreviñan despois dunha intervención cirúrxica. Posteriormente desenvolvéronse moitos máis antibióticos, incrementándose a súa especificidade e eficacia.

Placa Petri mostrando o efecto da penicilina nun cultivo bacteriano, UK, 1944 – Science Museum. London

Por outra parte, os avances nas ciencias e na tecnoloxía, repercutiron positivamente no eido da medicina. Desenvolvéronse probas diagnósticas mediante aparatos tecnolóxicos cada vez máis precisos (que se describen no seguinte epígrafe), análises bioquímicos e microbiolóxicos (do sangue, urina, feces...), análises xenéticos que permiten identificar os xenes causantes de determinadas enfermidades, ou a predisposición a padecer certas patoloxías, fármacos cada vez máis efectivos etc...

2. As técnicas de diagnóstico e os avances tecnolóxicos.

O diagnóstico consiste na identificación da enfermidade que padece o

paciente. Para chegar a un diagnóstico correcto, o médico debe seguir unha serie de pasos; comezando por unha entrevista co paciente, co obxectivo de recoller a maior cantidade de datos útiles para o diagnóstico, como por exemplo os síntomas que presenta e o seu historial médico. A continuación procederase a realizar unha exploración física, que dependendo do tipo de doenza da que se sospeite pode consistir en observar o paciente, exploralo mediante o tacto, tomarlle a tensión, a temperatura ou auscultalo co fonendoscopio. En moitas ocasións, abonda coa exploración física para emitir un diagnóstico, pero noutros casos é necesario solicitar exploracións complementarias, para confirmar as sospeitas do médico, algunhas das técnicas de diagnóstico máis comúns son as análises de sangue, as radiografías ou os electrocardiogramas.

2.1. Análises de sangue

É unha das probas máis clásicas e empregadas no diagnóstico de moitas enfermidades ou nos controis rutineiros do estado da saúde. Realízase unha extracción de sangue do paciente e faise a análise bioquímica dunha serie de parámetros; que consiste basicamente no reconto das células sanguíneas e na medición da concentración de substancias como a glicosa, o ácido úrico ou o colesterol. Os valores obtidos compáranse co valor de referencia de cada parámetro,

Page 7: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 7

de forma que se revelen posibles valores anómalos, que poidan ser indicadores dun proceso patolóxico. En ocasións é necesario solicitar a análise bioquímica de parámetros diferentes, como por exemplo a concentración dunha hormona determinada.

2.2. Análises xenéticas

A partir dunha mostra de sangue, saliva etc. estúdanse cromosomas e os xenes do paciente, co obxectivo de detectar enfermidades xenéticas. Unha alteración na forma e no número dos cromosomas revela anomalías cromosómicas coma a Síndrome de Down. En ocasións, durante o primeiro trimestre dun embarazo os médicos recomendan realizar a extracción de líquido amniótico (amniocentese), para analizar os cromosomas das células do feto, ante a sospeita dunha anomalía cromosómica.

Cariotipo no que se observa unha trisomía no par 21 (Síndrome de Down)

O estudo dun xene en concreto, realízase cando se sospeita que o paciente é portador dunha mutación nese xene, a cal lle causa (ou pode chegar a causar) unha enfermidade.

2.3. Técnicas de rexistro da actividade eléctrica

- Electrocardiograma: Rexistra a actividade eléctrica do miocardio (o músculo do corazón). Fíxanse uns eléctrodos con forma de parches no tórax, brazos e pernas, conectados a unha máquina que transforma os sinais eléctricos do músculo cardíaco en liñas, que se van debuxando nunha tira de papel. Permite coñecer calquera dano no corazón.

- Electroencefalograma: Rexistra a actividade eléctrica das neuronas cerebrais. Neste caso, os eléctrodos fíxanse na cabeza e conéctanse a unha máquina que

transforma os sinais eléctricos en liñas, as cales se poden observar nun monitor ou imprimirse nunha tira de papel. Permite comprobar a actividade cerebral nos casos de coma.

Electroencefalograma

- Electromiograma: Tamén se denomina electromiografía. Rexistra a actividade eléctrica dos músculos e dos nervios que os controlan. Para realizalo débese introducir no músculo un eléctrodo en forma de agulla moi fina, que transmite a actividade eléctrica muscular a un monitor. Permite detectar as lesións dos nervios musculares.

Page 8: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 8

- Test de esforzo ou ergometría: Consiste en realizar un electrocardiograma e medir a tensión arterial e o pulso do paciente, mentres este realiza exercicio físico. Emprégase para controlar a pacientes que padecen unha enfermidade cardíaca, ou ante a sospeita de que poden padecela.

2.4. Técnicas de diagnóstico por imaxe

Permiten obter imaxes do interior do corpo. Algunhas empregan radiacións e outras ultrasóns ou gravan imaxes directas do interior.

- Radiografía: Tamén se chama "raios X", posto que emprega este tipo de radiación. Os raios X atravesan o corpo do paciente e impresionan nunha placa fotográfica que se coloca detrás a imaxe dos órganos internos; os ósos que son máis densos producen imaxes claras e nítidas, mentres que os órganos e tecidos brandos vense como sombras escuras. Foi a primeira técnica de diagnóstico por imaxe que se

empregou, (Marie Curie fixo centos nos hospitais de campaña da I Guerra Mundial), e segue a ser moi usada porque se trata dunha proba fácil e barata, que aporta información rapidamente. Aínda así, non é recomendable o seu abuso, posto que a radiación en exceso é canceríxena; así mesmo non se recomenda nos nenos e nas mulleres embarazadas.

Radiografía das mans

En ocasións realízanse estudos de contraste, que consisten en administrar ao paciente unha substancia, por vía oral ou intravenosa, que axude a revelar mellor nas radiografías as estruturas internas obxecto de estudo. Por exemplo, para o estudo do aparato dixestivo, é moi común recorrer ao tránsito gastrointestinal.

- Tomografía axial computerizada (TAC ou escáner): Consiste en realizar moitas radiografías dunha parte concreta do corpo, mediante un aparato de raios X rotatorio. Conéctase cun ordenador que combina as imaxes das radiografías e elabora cortes da zona obxecto de estudo, podendo observarse imaxes en 3D e en cor. Emprégase na detección de tumores, hemorraxias cerebrais, abscesos pélvecos...O inconveniente que presenta son as altas doses de radiación que emprega, polo que o seu uso debe estar moi xustificado.

- Resonancia magnética (RM): Realízase cunha máquina que consta dun gran imán e emite ondas de radio potentes. Ten forma de tubo, de maneira que o paciente se coloca dentro e a máquina crea un campo magnético arredor del, ao mesmo tempo que emite as ondas de radio. Isto xera a produción de fotóns de luz a partir dos órganos obxecto de estudo, que son detectados pola máquina. Finalmente un ordenador crea imaxes a partir da impresión destes fotóns. Esta técnica emprégase par detectar tumores, ver a estrutura e actividade dos órganos, etc. A vantaxe fronte ao TAC é que non emprega radiación, e polo tanto non presenta risco.

Imaxe do cerebro – RM

Page 9: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 9

- Gammagrafía ou Medicina nuclear: Consiste en introducir substancias marcadas radioactivamente (contrastes) a través dos vasos sanguíneos, para estudar o funcionamento dun órgano determinado. Os contrastes emiten raios gamma que son detectados por unha máquina.

As técnicas de diagnóstico por imaxe que non empregan radiación son:

- Ecografía: Tamén se chama ultrasón, posto que emprega ondas sonoras de moi alta frecuencia (que non podemos oír), para observar os órganos internos. Os ultrasóns rebotan nos órganos e o seu eco é recollido por un ordenador que crea imaxes a partir del. Son moi útiles para observar o desenvolvemento do feto durante o embarazo, posto que non supoñen ningún risco e incluso existen aparatos que xeran imaxes en 3D.

A ecografía é a técnica máis empregada no seguimento do embarazo

- Endoscopia: Permite ver imaxes reais do interior do corpo. Consiste en introducir un endoscopio (tubo fino e flexible, cunha pequena cámara e unha fonte de luz) a través dun orificio (natural ou unha pequena incisión), para tomar imaxes do interior; que se poden observar a tempo real e gravalas para o seu estudo posterior. Dependendo do órgano que se observa as endoscopias reciben un nome diferente: laparoscopia (cavidade abdominal), colonoscopia (colon), enteroscopia (intestino delgado), histeroscopia (útero)...etc.

2.5. Biopsia

Consiste na extracción dunha pequena mostra de tecido dun órgano en concreto, para estudala posteriormente no laboratorio co microscopio e detectar unha patoloxía, como por exemplo diferenciar entre un tumor benigno ou maligno. A súa complexidade depende de onde se debe tomala mostra, pode ser unha simple extracción mediante unha xiringa ou requirir unha pequena intervención cirúrxica.

3. Os avances nos tratamentos médicos

O tratamento médico, é o conxunto de procedementos físico, farmacolóxicos e psíquicos, que o médico emprega para combater, curar ou paliar unha enfermidade. Os avances nos tratamentos médicos, favorecen a curación máis rápida e con menos secuelas das enfermidades. Entre os avances máis significativos dos últimos tempos están:

Page 10: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 10

- A medicina personalizada: Consiste en administrar a cada paciente o tipo e a dose de fármacos, recomendables segundo as súas características: idades, sexo, peso, xenética...etc.

- Terapia xénica: Consiste en introducir nas células a copia correcta dun xene que o paciente ten alterado e polo tanto é defectuoso; desta maneira poderíase corrixir determinada enfermidade xenética causada polo xene defectuoso. Por exemplo, introducindo o xene que codifica a insulina no páncreas das persoas diabéticas, poderíase curar esta enfermidade. Polo de agora este tratamento está en fase experimental.

- A nanomedicina: Consiste na aplicación da nanotecnoloxía na medicina. Permitirá manipular células e mesmo moléculas (como o ADN), dentro do corpo do paciente; deste xeito poderanse reparar tecidos e órganos danados, dirixir medicamentos directamente ás células diana mediante microesferas, controlar a evolución de enfermidades mediante nanoproxectís que actúen selectivamente e destrúan as células afectadas, como por exemplo no cancro, etc... Tamén se desenvolverán biosensores, que se activen no corpo do paciente cando se precise a liberación dunha substancia para tratar un problema de saúde; como a insulina cando aumente a glicosa no sangue, ou un medicamento específico.

- A cirurxía a distancia: Mediante microrobots que operan ao paciente mentres son controlados por cirurxiáns que non se atopan no lugar da operación.

- A biónica: Emprega próteses artificiais e aparatos mecánicos para curar ou substituír aos órganos naturais. Por exemplo, as próteses de titanio que permiten a cura de fracturas óseas complicadas, como as de cadeira. Tamén existen mans e brazos mecánicos que se implantan no organismo do paciente e este pode controlalos.

4. A saúde e a enfermidade

A Organización Mundial da Saúde (OMS), define a saúde como o estado de completo benestar, físico, mental e social, e non só como a ausencia de enfermidade. Isto quere dicir que ter boa saúde implica facer a nosa vida de xeito normal, sen ningún tipo de traba ou obstáculo.

Manter unha boa saúde depende dunha serie de factores:

- Vivir nun ambiente san: É importante a salubridade da auga, do aire e do solo; así como a seguridade do entorno social dos individuos.

- A natureza humana: Características coas que nace o individuo, que veñen determinadas nos seus xenes e transmítense de pais a fillos (peso, talle, envellecemento, sistema inmunolóxico, etc.).

- Dispoñer dunha asistencia sanitaria eficaz, que se ocupe da prevención das enfermidades ademais da curación.

- Levar un estilo de vida saudable: Facer unha vida que non prexudique á nosa saúde, coidar o noso corpo e o noso entorno é a maior defensa que podemos ter fronte as enfermidades. Isto supón: facer exercicio físico, levar unha alimentación e unha hixiene corporal adecuadas, coidar a postura e non consumir substancias tóxicas como o alcol, o tabaco ou as drogas.

Page 11: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 11

Estes factores determinantes da saúde, son tamén factores de risco cando se desenvolven negativamente. Denomínase factor de risco, a calquera circunstancia ou característica dunha persoa, relacionada coa probabilidade de desenvolver unha enfermidade. Un factor de risco non ten por que ser a causa da enfermidade, pero contribúe a que apareza.

A enfermidade é unha alteración orgánica ou funcional que afecta negativamente ao estado de benestar dunha persoa.

Pódense clasificar en distintos tipos dependendo da súa orixe:

- Enfermidades traumáticas: Causadas por accidentes de tráfico, domésticos, deportivos, laborais, etc. Ex: fracturas de ósos.

- Enfermidades ambientais: Debidas a causas externas, é dicir, os axentes do medio (frío, calor, radiacións). Ex: queimaduras.

- Enfermidades tóxicas: Causadas pola inxestión o inhalación de produtos nocivos para o organismo. Ex: inhalación de produtos químicos.

- Enfermidades metabólicas: Alteracións do metabolismo por herdanza ou como consecuencia dunha alimentación inadecuada. Ex: diabete.

- Enfermidades dexenerativas: Alteración anatómica ou funcional dos tecidos dun órgano, aparato ou sistema. Ex: artrose.

- Enfermidades neoplásicas: Proliferación de células tumorais nun órgano. Ex: leucemia.

- Enfermidades autoinmunes: Debidas a un fallo do sistema inmunolóxico que ataca ao propio organismo, producindo lesións en tecidos e órganos propios. por exemplo a artrite reumatoide.

- Enfermidades mentais: Afectan ao comportamento psíquico do individuo e poden ser debidas a lesións orgánicas do cerebro, psicoses e demencias, ou non ter base anatómica coñecida como é o caso das fobias.

- Enfermidades infecciosas: son as causadas por microorganismos patóxenos (bacterias, virus, fungos, prións e protozoos). Estes son unha das causas máis frecuentes de enfermidades nos seres humanos. O seu crecemento nas células e os tecidos do hóspede é a infección. Son contaxiosas e dependendo do tipo de patóxeno o contaxio pode ser, por contacto directo cun individuo enfermo, ou indirecto (aire, auga, alimentos etc.). Tamén existen parasitos que son metazoos (animais) e causan enfermidades denominadas parasitoses, por exemplo a tenia, a triquina ou o anisakis.

5. A sanidade nos diferentes países

A ONU recoñece o dereito á saúde das persoas, pero na práctica existen moitas desigualdades entre os diferentes países; posto que un factor determinante da saúde moi importante, é o sistema sanitario do que dispoñen os cidadáns e a atención sanitaria ten un alto custo económico.

Page 12: HISTORIA DA MEDICINA E AVANCES ACTUAIS · 2015. 10. 28. · No antigo Exipto, coexistían as dúas concepcións da medicina e desa época, datan os primeiros tratados médicos que

de3570202 12

O sistema sanitario dun país reflexa o seu nivel de desenvolvemento, de xeito que nos países con baixo nivel ou en vías de desenvolvemento soen ser precarios e non cobren as necesidades sanitarias da poboación.

Por iso moitas veces a enfermidade vai unida á pobreza e tamén á ignorancia; coma un círculo vicioso, no cal a falta de medios económicos e de educación repercute negativamente na saúde da poboación. O baixo nivel de desenvolvemento implica baixa produtividade e salarios baixos, como consecuencia disto as persoas sofren educación insuficiente, alimentación deficiente, vivendas precarias, falta de hixiene e de roupa...todos estes son factores de risco para a aparición de enfermidades.

Ademais os escasos medios dos que dispoñen invértense en atención médica e gasto farmacéutico, polo que a promoción da saúde e a prevención das enfermidades quedan relegadas.

Cando mellora o desenvolvemento económico e o nivel educativo nun país, tamén mellora a saúde da poboación, o que se pode observar claramente nos gráficos que amosan a esperanza de vida nos diferentes países. Os países con maior esperanza de vida, son os dispoñen de medios para inverter en promoción e prevención, de centros de atención primaria e de hospitais ben dotados en canto a medios técnicos e persoal.

IMAXES:

Dr. Jenner´s House, Museum and Garden

elmundo.es

elsevier.es

Imperial College Healthcare – NHS

Robert Kock Institut. Berlin

Science Museum, London

Universidad de Alcalá